SlideShare a Scribd company logo
1 of 42
200 anos da  Guerra da Independencia   en Galicia 1808-2008 Presentación confeccionada a partir de información compilada polos alumnos de 4º da ESO
Manuel Godoy (Goya) O 27 de outubro de 1807 Manuel Godoy, primeiro ministro do rei Carlos IV, asinou o  Tratado de Fontainebleau  polo que España e Francia decidían a ocupación e partición de Portugal, no caso de que Lisboa non aceptase o ultimato de abandonar a súa alianza con Gran Bretaña. O tratado permitía a entrada en España de 40.000 soldados, pero ao abeiro deste tratado 100.000 franceses pasaron a fronteira procedendo a ocupar boa parte dos lugares estratéxicos do país.
Proclamación de Fernando VII  na Praza Maior de Madrid Motín de Aranjuez Instigado polo herdeiro da Coroa, o príncipe Fernando, o 17 e o 19 de marzo de 1808 produciuse o motín de Aranjuez, que provocou a caída e prisión de Godoy. O rei Carlos IV abdicou a prol do seu fillo Fernando, que foi proclamado rei de España, coas tropas francesas a piques de entrar en Madrid.
Carlos IV (Bayeu) Os franceses ocuparon Madrid o día 23, con grande entusiasmo do pobo que os cría aliados.  Malia as promesas que lle fixera o embaixador Beauharnais, Fernando non obtivo o recoñecemento do xeneral francés, Murat, polo que seu pai revocou a súa abdicación. Fernando VII (Goya)
Napoleón (Louis David) O 10 de abril Fernando marchou a Baiona coa intención de obter o apoio de Napoleón fronte ao seu pai,  pero este obrigouno a devolverlle a coroa o 1 de maio. Despois, Carlos IV será forzado a ceder todos os seus dereitos ao emperador de Francia. O 4 de xuño Napoleón proclamou rei de España ao seu irmán Xosé.
Xosé Bonaparte O 6 de xullo o novo rei promulgou o  Estatuto de Baiona , redactado por un grupo de colaboracionistas, no que presuntamente concedía algunhas liberdades aos españois. Malia esta exhibición de boas intencións e de pretender instaurar medidas reformistas como a abolición da Inquisición e da tortura ou dos dereitos señoriais, e a igualdade ante a lei para todos os cidadáns, o novo monarca carecerá de autoridade real fronte aos mariscais do exército do seu irmán. O seu reinado será pouco máis que a fachada propagandística dunha ocupación, que suporá o saqueo do país e o asasinato brutal de gran número dos seus súbditos. O propio estatuto de Baiona establecía unha supeditación perpetua de España a Francia.
Murat (François Gérard) Combates fronte o Pazo Real e no Paseo de El Prado de Madrid  (T.L. Enguidanos) Mentres, o 2 de maio, ante a noticia de que o último membro da familia real española ía ser conducido a Francia, comezara unha protesta que as tropas de Murat reprimiron cunha descarga de fusilería contra a multitude.
O dous de maio ou a carga dos mamelucos na Porta do Sol (Francisco de Goya) As protestas desembocaron nunha cruel batalla entre as tropas do exército francés e os madrileños, mentres que a maior parte das autoridades españolas permanecían inactivas.  Os combates máis violentos terán lugar na “Calle de Alcalá”, na “Carrera de San Jerónimo” e na “Puerta do Sol”. Entre os soldados que combatían no exército de Napoleón, encontrábanse os mamelucos, xinetes exipcios, pero había tamén numerosos italianos, alemáns ou polacos.
Malasaña loita con un coraceiro francés sobre o corpo da súa filla Manuela (E. Álvarez Dumont) No enfrontamento participaron persoas de todos os grupos sociais. Algunhas mulleres chegaron a guindar macetas ou aceite fervendo polas ventás. Entre as heroínas do día destacou Manuela Malasaña, quen morreu na loita. O Conde de Toreno, presente en Madrid ese día, calcula que as baixas de ambos os dous bandos sumaron aproximadamente 1.200 mortos.
Un dos lugares onde a loita resultou máis dura foi o parque de artillería de Monteleón, onde os capitáns Luis Daoiz e Pedro Velarde e o tenente Ruiz, axudados por numerosos paisanos, loitaron ata a morte contra os invasores. Defensa do parque de Monteleón (Sorolla)
A  represión da sublevación foi brutal.  O 3 de maio 43 persoas foron fusiladas por orde de Murat no lugar da Moncloa, ás aforas de Madrid. Entre eles o frade Francisco Gallego, que aparece no cadro pintado por Goya.  Só un dos condenados logrou fuxir . Os fusilamentos da Moncloa (Goya)
Pazo da Capitanía Xeral de A Coruña Acaudillada polo fabricante de selas de montar, Sinforiano López, a sublevación antifrancesa do 30 de maio na Coruña, dará paso a formación dunha Xunta de Defensa, que enviará embaixadores a Londres na procura de axuda económica e militar. Como consecuencia, formarase o Exército de Galicia, que partirá a combater en León e en Castela.
Rendición do xeneral Dupont ao xeneral Castaños tras a batalla de Bailén (José Casado del Alisal) A derrota do xeneral Dupont polo español Castaños na batalla de Bailén (19 de agosto de 1808) provocou que os franceses abandonaran os cercos de Zaragoza e Xerona e, asemade, fuxida de Madrid de Xosé Bonaparte.  Foi a primeira derrota do exército francés nunha batalla a campo aberto e acabou coa lenda de ser invencible. En novembro, Napoleón, co mellor das súas tropas, invadiu por segunda vez España.
Carga dun rexemento de dragóns británicos Sir John Moore (Thomas Lawrence) Atendendo a petición dos comisionados españois, o goberno británico enviara á Península un exército de 30.000 homes mandado por Sir John Moore, pero debido á súa inferioridade numérica, o 31 de decembro, decidiu retirarse á Coruña e Vigo para reembarcar cara a Inglaterra.
Retirada da Brigada Lixeira do Brigadier Craufurd co 95 rexemento de rifles e os 43 e 52 de infantería lixeira  (J.P. Beadle) A retirada baixo a chuvia e a neve a través das montañas de León e de Lugo, resultou moi penosa, tanto para o exército británico como para os seus aliados españois. Perseguidos polas tropas francesas dos mariscais Soult e Ney, os ingleses cometeron actos de indisciplina e saqueo, chegando o día 5 de xaneiro a Lugo. Tras un amago de combate, retiráronse durante a noite cara a Betanzos.
Sir John Moore (Thomas Lawrence) Xeneral Baird Xeneral Paget Ao chegar Á Coruña, Moore tivo que agardar pola maior parte da flota, que viña de Vigo, e atopara un temporal no Cabo Fisterra. Dispuxo parte do seu exército sobre o terreo para protexer o embarque, mentres os coruñeses lle proporcionaban aloxamento, comida, fusiles novos e pólvora seca.
Mariscal Soult (Louis Henri de Rudder) Xeneral Lefebvre-Desnouettes Xeneral Franceschi Despois de saquear brutalmente Betanzos, as tropas francesas de Soult, chegaron ás aforas da Coruña na tarde do 15 de xaneiro.
Na tarde do día 16 de xaneiro, temendo o embarque inglés, Soult ordenou o ataque.
Dragóns franceses e infantería francesa e inglesa en combate
O 42 de Highlanders loitando en Elviña Fusileiros dos rexementos 60 e 95
Moore cae ferido de morte na batalla da Coruña A aldea de Elviña foi tomada varias veces por ambos os dous bandos, que protagonizaron unha loita encarnizada con sensibles perdas, caendo no combate o propio sir John Moore e o xeneral francés Goulois. Ademais resultaron gravemente feridos o segundo xefe inglés, Baird, e o xeneral francés Lefebvre.
Moore foi trasladado á cidade, e aloxado no nº 16 do Cantón Grande, onde faleceu. Para non prexudicar o ánimo das tropas, será enterrado durante a noite.
Despois dunha dura xornada de combate, con cerca de 900 baixas por cada bando, o resultado da batalla ficou indeciso. O exército francés na batalla de Elviña (H. Lecomte)
Seguindo as instrucións de Moore, o xeneral Hope, ordenou o embarque, tras entregar a cidade ao xeneral español Alcedo.  Cando os franceses se decataron da retirada, bombardearon a flota británica, malia o cal, a meirande parte dos barcos lograron regresar a Inglaterra baixo o mando do vicealmirante Berkeley, no que constituíu a máis grande operación anfibia que se realizara ata entón. George Cranfield Berkeley  (1753-1818) Explosión dos depósitos de pólvora da Coruña.  (gravado sobre un deseño de sir Robert Ker Porter)
Arsenal de Ferrol Despois do embarque dos británicos, o xeneral Alcedo entregou A Coruña sen loitar. Entón, as tropas francesas dirixíronse a Ferrol para apoderarense do arsenal e da parte da flota española, alí ancorada. Pese ao desexo do pobo de Ferrol de combater, as autoridades decidiron renderse despois dunha resistencia de catro días.
José de Mazarredo Navío español de tres pontes entrando en Ferrol (Aledo) En Ferrol achábanse once navíos, catro fragatas e outros buques menores, que estiveron a piques de ser trasladados a Francia. O almirante Mazarredo, que se pasara ao partido dos franceses, logrou con todo que a maior parte dos barcos non saíran do porto.
Tras a ocupación das principais cidades de Galicia, Soult partiu á conquista de Portugal, no entanto Ney encargábase da represión dos insurxentes. Entre as localidades destruídas ou saqueadas estiveron Monforte, Muros, Corcubión, Betanzos e Verín.
Pedro Caro Sureda, Marqués de la Romana Mentres o Marqués de la Romana mantiña os restos do exército de Galicia nas montañas de Ourense, evitando unha batalla en campo aberto que acabaría con el, alentaba a loita das guerrillas contra os franceses. Para isto, enviou algúns oficiais de enlace a diferentes zonas de Galicia.
Infantes de marina e tripulantes da Royal Navy (Haythornewaite e Younghusband) Despois da retirada de Moore, a mariña británica fixo o posible por apoiar os insurxentes galegos.  O seu papel resultou especialmente importante na liberación das Rías Baixas e na fracasada insurrección de Corcubión.
Chafarotes (Cutlass) Fusiles (muskets) Ademais de diñeiro, o goberno británico proporcionou uniformes e armas, sobre todo, fusiles e chafarotes .
Vista de Vigo no século XIX Fragata británica Coa axuda de dúas fragatas inglesas o cura de Valadares logrou cercar a guarnición francesa de Vigo. Máis tarde varios oficiais do exército  asumiron o mando lográndose a rendición da praza. Vigo era a primeira cidade de Europa continental que se lle reconquistaba ás tropas de Napoleón.
Guerrilleiro galego de 1809 (Isidoro Brocos ) Guerrilleiro facendo a descuberta (Díaz) As guerrillas galegas foron gañando eficacia conforme pasaba o tempo, especialmente na captura de correos e acoso a columnas de tropas. Acaudilladas xeralmente por curas e fidalgos, lograron que as diversas guarnicións francesas ficaran illadas entre elas e que calquera desprazamento esixira gran cantidade de efectivos para ter éxito .
Recollendo as súas tropas da Coruña e Ferrol, o mariscal Ney tratou de reconquistar Vigo. En Pontesampaio, o exército español, integrado sobre todo por milicias galegas, mandado polo Conde de Noroña, derrotou os franceses que tiveron que dar volta, ao non seren quen de cruzar o río Verdugo .
Mariscal Ney (Eugène Bataille ) Monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio (Pontevedra) Despois da batalla de Pontesampaio, os franceses optaron por retirarse, deixando atrás un gran número de baixas, despois de só seis meses de ocupación. Galicia foi a primeira rexión europea en liberarse dos exércitos napoleónicos.
Como responsable das atrocidades cometidas contra a poboación civil, a xenreira contra Ney perdurará durante longo tempo. Dende aquela quedou en Galicia o costume de poñerlles aos cans o nome deste mariscal . Caricatura na que se critica a actitude servil de Ney respecto de Napoleón
1.- Coronel de Estado Maior.  2.- Cabo de Alarmas Galegas.  3.- Artilleiro das Alarmas Galegas. A loita contra os franceses no sur de Galicia deu como resultado a organización de varias unidades militares de notable eficacia, como a División do Miño ou o Rexemento de Lobeira.
Lord Wellington (Thomas Lawrence) A insurrección galega impediu que Ney apoiara a Soult no seu intento de conquistar Portugal e permitiu ao xeneralísimo inglés Wellesley (futuro Lord Wellington) reconquistar a cidade do Porto e expulsalo dese país. Wellesley incorporou parte das tropas galegas ao seu exército, chegando a dicir delas ao resto dos seus soldados: “ Guerreiros do mundo civilizado, aprendede a selo dos individuos do IV Exército español que teño a ledicia de mandar [...]  Españois dedicádevos a imitar os infatigables galegos”.
Na guerra participarán persoas de toda idade e condición.  Unha parte do clero loitará a carón de soldados e paisanos nas situacións máis desesperadas. Mesmo as monxas abrirán as súas clausuras para acoller os feridos na loita en cidades como Madrid ou Xirona. En Galicia, os franciscanos mostraranse particularmente activos no sitio de Vigo. Defensa do convento de Santa Engracia de Zaragoza (Lejeune)
Fame en Madrid (José Aparicio ) A guerra tivo efectos desastrosos sobre a poboación civil. Ademais dos saqueos e asasinatos, a fame afectou de xeito especialmente cruel ás cidades cercadas.
Los desastres de la Guerra (Goya) As mulleres participaron na loita contra a invasión, chegando en ocasións a combater. As violacións e abusos fixeron delas as vítimas máis vulnerables . Durante o ataque dos guerrilleiros a Pontevedra do 28 de febreiro de 1809 un grupo de mulleres do arrabalde da Moureira fixeron retroceder a croiazos a garda francesa que custodiaba a porta da muralla, e asaltaron o seu cuartel no convento de San Domingos, onde colleron un bo número de mochilas e fusiles.
O xuramento das Cortes de Cádiz (José Casado del Alisal) As Cortes reunidas en Cádiz  redactaron e promulgaron o 19 de marzo de 1812 a primeira Constitución da Historia de España, na que se recollían os fundamentos esenciais do réxime político liberal: soberanía nacional, división dos poderes do Estado (executivo, lexislativo, xudicial), e dereitos e deberes dos cidadáns (liberdade de opinión, reunión, participación política, etc.) A Guerra da Independencia trouxo consigo o inicio da loita dos españois polos seus dereitos como cidadáns, que se prolongaría de modo sanguento durante boa parte do século XIX.
Fernández de Moratín (Goya) Meléndez Valdés Francisco Cabarrús (Goya) A retirada dos exércitos napoleónicos de España supuxo a saída para o exilio dos españois que colaboraran cos Bonaparte, coñecidos co nome de afrancesados. Calcúlase que o seu número foi duns 14.000. Entre eles contábanse funcionarios, políticos, e escritores como Moratín ou Meléndez Valdés.

More Related Content

What's hot

Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Esodudashistoria
 
Guerra civil
Guerra civilGuerra civil
Guerra civilosky95
 
A guerra de sucesión 032 c10
A guerra de sucesión   032 c10A guerra de sucesión   032 c10
A guerra de sucesión 032 c10pati_89
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español. guest7c5a895
 
1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundial1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundialuxia95
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
Séculos xx e xxi en españa.
Séculos xx e xxi en españa.Séculos xx e xxi en españa.
Séculos xx e xxi en españa.luisamariaarias
 
España no século XVIII
España no século XVIIIEspaña no século XVIII
España no século XVIIIxosea
 
CARLOS IV
CARLOS IV CARLOS IV
CARLOS IV Cid22
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaDudas-Historia
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Santi Pazos
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquistaicoico1
 
Tema 5. o mundo entreguerras
Tema 5.  o mundo entreguerrasTema 5.  o mundo entreguerras
Tema 5. o mundo entreguerraspacovali
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 

What's hot (20)

Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
 
Guerra civil
Guerra civilGuerra civil
Guerra civil
 
A guerra de sucesión 032 c10
A guerra de sucesión   032 c10A guerra de sucesión   032 c10
A guerra de sucesión 032 c10
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 
1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundial1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundial
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Séculos xx e xxi en españa.
Séculos xx e xxi en españa.Séculos xx e xxi en españa.
Séculos xx e xxi en españa.
 
España no século XVIII
España no século XVIIIEspaña no século XVIII
España no século XVIII
 
CARLOS IV
CARLOS IV CARLOS IV
CARLOS IV
 
A reconquista sandra
A reconquista sandraA reconquista sandra
A reconquista sandra
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía Hispánica
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Historia3
Historia3Historia3
Historia3
 
A II Guerra Mundial
A II Guerra MundialA II Guerra Mundial
A II Guerra Mundial
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 
Tema 5. o mundo entreguerras
Tema 5.  o mundo entreguerrasTema 5.  o mundo entreguerras
Tema 5. o mundo entreguerras
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Historia2
Historia2Historia2
Historia2
 

Similar to 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

España no século XIX primeiraa parte.pdf
España no século XIX primeiraa parte.pdfEspaña no século XIX primeiraa parte.pdf
España no século XIX primeiraa parte.pdfloiscabreira
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalAgrela Elvixeo
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfBerta Campos
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCORosacidgalante
 
A batalla de Pontesampaio
A batalla de PontesampaioA batalla de Pontesampaio
A batalla de Pontesampaioxiztoria
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoAgrela Elvixeo
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réximexosea
 
Os reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiOs reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiJavier Parguina
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austriaxosea
 
Tema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos AustriaTema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos Austriarubempaul
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio españolroberto
 

Similar to 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809) (20)

España no século XIX primeiraa parte.pdf
España no século XIX primeiraa parte.pdfEspaña no século XIX primeiraa parte.pdf
España no século XIX primeiraa parte.pdf
 
Batalla de Elviña
Batalla de ElviñaBatalla de Elviña
Batalla de Elviña
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
 
A batalla de Pontesampaio
A batalla de PontesampaioA batalla de Pontesampaio
A batalla de Pontesampaio
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
 
Mitad tema 2
Mitad tema 2Mitad tema 2
Mitad tema 2
 
Ferrol 1936
Ferrol 1936Ferrol 1936
Ferrol 1936
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réxime
 
A idade moderna
A idade modernaA idade moderna
A idade moderna
 
Godoy olalla
Godoy olallaGodoy olalla
Godoy olalla
 
Os reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiOs reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe ii
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austria
 
Tema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos AustriaTema 10 O imperio dos Austria
Tema 10 O imperio dos Austria
 
José maría de torrijos y uriarte
José maría de torrijos y uriarteJosé maría de torrijos y uriarte
José maría de torrijos y uriarte
 
Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.
 
A IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPTA IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPT
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

  • 1. 200 anos da Guerra da Independencia en Galicia 1808-2008 Presentación confeccionada a partir de información compilada polos alumnos de 4º da ESO
  • 2. Manuel Godoy (Goya) O 27 de outubro de 1807 Manuel Godoy, primeiro ministro do rei Carlos IV, asinou o Tratado de Fontainebleau polo que España e Francia decidían a ocupación e partición de Portugal, no caso de que Lisboa non aceptase o ultimato de abandonar a súa alianza con Gran Bretaña. O tratado permitía a entrada en España de 40.000 soldados, pero ao abeiro deste tratado 100.000 franceses pasaron a fronteira procedendo a ocupar boa parte dos lugares estratéxicos do país.
  • 3. Proclamación de Fernando VII na Praza Maior de Madrid Motín de Aranjuez Instigado polo herdeiro da Coroa, o príncipe Fernando, o 17 e o 19 de marzo de 1808 produciuse o motín de Aranjuez, que provocou a caída e prisión de Godoy. O rei Carlos IV abdicou a prol do seu fillo Fernando, que foi proclamado rei de España, coas tropas francesas a piques de entrar en Madrid.
  • 4. Carlos IV (Bayeu) Os franceses ocuparon Madrid o día 23, con grande entusiasmo do pobo que os cría aliados. Malia as promesas que lle fixera o embaixador Beauharnais, Fernando non obtivo o recoñecemento do xeneral francés, Murat, polo que seu pai revocou a súa abdicación. Fernando VII (Goya)
  • 5. Napoleón (Louis David) O 10 de abril Fernando marchou a Baiona coa intención de obter o apoio de Napoleón fronte ao seu pai, pero este obrigouno a devolverlle a coroa o 1 de maio. Despois, Carlos IV será forzado a ceder todos os seus dereitos ao emperador de Francia. O 4 de xuño Napoleón proclamou rei de España ao seu irmán Xosé.
  • 6. Xosé Bonaparte O 6 de xullo o novo rei promulgou o Estatuto de Baiona , redactado por un grupo de colaboracionistas, no que presuntamente concedía algunhas liberdades aos españois. Malia esta exhibición de boas intencións e de pretender instaurar medidas reformistas como a abolición da Inquisición e da tortura ou dos dereitos señoriais, e a igualdade ante a lei para todos os cidadáns, o novo monarca carecerá de autoridade real fronte aos mariscais do exército do seu irmán. O seu reinado será pouco máis que a fachada propagandística dunha ocupación, que suporá o saqueo do país e o asasinato brutal de gran número dos seus súbditos. O propio estatuto de Baiona establecía unha supeditación perpetua de España a Francia.
  • 7. Murat (François Gérard) Combates fronte o Pazo Real e no Paseo de El Prado de Madrid (T.L. Enguidanos) Mentres, o 2 de maio, ante a noticia de que o último membro da familia real española ía ser conducido a Francia, comezara unha protesta que as tropas de Murat reprimiron cunha descarga de fusilería contra a multitude.
  • 8. O dous de maio ou a carga dos mamelucos na Porta do Sol (Francisco de Goya) As protestas desembocaron nunha cruel batalla entre as tropas do exército francés e os madrileños, mentres que a maior parte das autoridades españolas permanecían inactivas. Os combates máis violentos terán lugar na “Calle de Alcalá”, na “Carrera de San Jerónimo” e na “Puerta do Sol”. Entre os soldados que combatían no exército de Napoleón, encontrábanse os mamelucos, xinetes exipcios, pero había tamén numerosos italianos, alemáns ou polacos.
  • 9. Malasaña loita con un coraceiro francés sobre o corpo da súa filla Manuela (E. Álvarez Dumont) No enfrontamento participaron persoas de todos os grupos sociais. Algunhas mulleres chegaron a guindar macetas ou aceite fervendo polas ventás. Entre as heroínas do día destacou Manuela Malasaña, quen morreu na loita. O Conde de Toreno, presente en Madrid ese día, calcula que as baixas de ambos os dous bandos sumaron aproximadamente 1.200 mortos.
  • 10. Un dos lugares onde a loita resultou máis dura foi o parque de artillería de Monteleón, onde os capitáns Luis Daoiz e Pedro Velarde e o tenente Ruiz, axudados por numerosos paisanos, loitaron ata a morte contra os invasores. Defensa do parque de Monteleón (Sorolla)
  • 11. A represión da sublevación foi brutal. O 3 de maio 43 persoas foron fusiladas por orde de Murat no lugar da Moncloa, ás aforas de Madrid. Entre eles o frade Francisco Gallego, que aparece no cadro pintado por Goya. Só un dos condenados logrou fuxir . Os fusilamentos da Moncloa (Goya)
  • 12. Pazo da Capitanía Xeral de A Coruña Acaudillada polo fabricante de selas de montar, Sinforiano López, a sublevación antifrancesa do 30 de maio na Coruña, dará paso a formación dunha Xunta de Defensa, que enviará embaixadores a Londres na procura de axuda económica e militar. Como consecuencia, formarase o Exército de Galicia, que partirá a combater en León e en Castela.
  • 13. Rendición do xeneral Dupont ao xeneral Castaños tras a batalla de Bailén (José Casado del Alisal) A derrota do xeneral Dupont polo español Castaños na batalla de Bailén (19 de agosto de 1808) provocou que os franceses abandonaran os cercos de Zaragoza e Xerona e, asemade, fuxida de Madrid de Xosé Bonaparte. Foi a primeira derrota do exército francés nunha batalla a campo aberto e acabou coa lenda de ser invencible. En novembro, Napoleón, co mellor das súas tropas, invadiu por segunda vez España.
  • 14. Carga dun rexemento de dragóns británicos Sir John Moore (Thomas Lawrence) Atendendo a petición dos comisionados españois, o goberno británico enviara á Península un exército de 30.000 homes mandado por Sir John Moore, pero debido á súa inferioridade numérica, o 31 de decembro, decidiu retirarse á Coruña e Vigo para reembarcar cara a Inglaterra.
  • 15. Retirada da Brigada Lixeira do Brigadier Craufurd co 95 rexemento de rifles e os 43 e 52 de infantería lixeira (J.P. Beadle) A retirada baixo a chuvia e a neve a través das montañas de León e de Lugo, resultou moi penosa, tanto para o exército británico como para os seus aliados españois. Perseguidos polas tropas francesas dos mariscais Soult e Ney, os ingleses cometeron actos de indisciplina e saqueo, chegando o día 5 de xaneiro a Lugo. Tras un amago de combate, retiráronse durante a noite cara a Betanzos.
  • 16. Sir John Moore (Thomas Lawrence) Xeneral Baird Xeneral Paget Ao chegar Á Coruña, Moore tivo que agardar pola maior parte da flota, que viña de Vigo, e atopara un temporal no Cabo Fisterra. Dispuxo parte do seu exército sobre o terreo para protexer o embarque, mentres os coruñeses lle proporcionaban aloxamento, comida, fusiles novos e pólvora seca.
  • 17. Mariscal Soult (Louis Henri de Rudder) Xeneral Lefebvre-Desnouettes Xeneral Franceschi Despois de saquear brutalmente Betanzos, as tropas francesas de Soult, chegaron ás aforas da Coruña na tarde do 15 de xaneiro.
  • 18. Na tarde do día 16 de xaneiro, temendo o embarque inglés, Soult ordenou o ataque.
  • 19. Dragóns franceses e infantería francesa e inglesa en combate
  • 20. O 42 de Highlanders loitando en Elviña Fusileiros dos rexementos 60 e 95
  • 21. Moore cae ferido de morte na batalla da Coruña A aldea de Elviña foi tomada varias veces por ambos os dous bandos, que protagonizaron unha loita encarnizada con sensibles perdas, caendo no combate o propio sir John Moore e o xeneral francés Goulois. Ademais resultaron gravemente feridos o segundo xefe inglés, Baird, e o xeneral francés Lefebvre.
  • 22. Moore foi trasladado á cidade, e aloxado no nº 16 do Cantón Grande, onde faleceu. Para non prexudicar o ánimo das tropas, será enterrado durante a noite.
  • 23. Despois dunha dura xornada de combate, con cerca de 900 baixas por cada bando, o resultado da batalla ficou indeciso. O exército francés na batalla de Elviña (H. Lecomte)
  • 24. Seguindo as instrucións de Moore, o xeneral Hope, ordenou o embarque, tras entregar a cidade ao xeneral español Alcedo. Cando os franceses se decataron da retirada, bombardearon a flota británica, malia o cal, a meirande parte dos barcos lograron regresar a Inglaterra baixo o mando do vicealmirante Berkeley, no que constituíu a máis grande operación anfibia que se realizara ata entón. George Cranfield Berkeley (1753-1818) Explosión dos depósitos de pólvora da Coruña. (gravado sobre un deseño de sir Robert Ker Porter)
  • 25. Arsenal de Ferrol Despois do embarque dos británicos, o xeneral Alcedo entregou A Coruña sen loitar. Entón, as tropas francesas dirixíronse a Ferrol para apoderarense do arsenal e da parte da flota española, alí ancorada. Pese ao desexo do pobo de Ferrol de combater, as autoridades decidiron renderse despois dunha resistencia de catro días.
  • 26. José de Mazarredo Navío español de tres pontes entrando en Ferrol (Aledo) En Ferrol achábanse once navíos, catro fragatas e outros buques menores, que estiveron a piques de ser trasladados a Francia. O almirante Mazarredo, que se pasara ao partido dos franceses, logrou con todo que a maior parte dos barcos non saíran do porto.
  • 27. Tras a ocupación das principais cidades de Galicia, Soult partiu á conquista de Portugal, no entanto Ney encargábase da represión dos insurxentes. Entre as localidades destruídas ou saqueadas estiveron Monforte, Muros, Corcubión, Betanzos e Verín.
  • 28. Pedro Caro Sureda, Marqués de la Romana Mentres o Marqués de la Romana mantiña os restos do exército de Galicia nas montañas de Ourense, evitando unha batalla en campo aberto que acabaría con el, alentaba a loita das guerrillas contra os franceses. Para isto, enviou algúns oficiais de enlace a diferentes zonas de Galicia.
  • 29. Infantes de marina e tripulantes da Royal Navy (Haythornewaite e Younghusband) Despois da retirada de Moore, a mariña británica fixo o posible por apoiar os insurxentes galegos. O seu papel resultou especialmente importante na liberación das Rías Baixas e na fracasada insurrección de Corcubión.
  • 30. Chafarotes (Cutlass) Fusiles (muskets) Ademais de diñeiro, o goberno británico proporcionou uniformes e armas, sobre todo, fusiles e chafarotes .
  • 31. Vista de Vigo no século XIX Fragata británica Coa axuda de dúas fragatas inglesas o cura de Valadares logrou cercar a guarnición francesa de Vigo. Máis tarde varios oficiais do exército asumiron o mando lográndose a rendición da praza. Vigo era a primeira cidade de Europa continental que se lle reconquistaba ás tropas de Napoleón.
  • 32. Guerrilleiro galego de 1809 (Isidoro Brocos ) Guerrilleiro facendo a descuberta (Díaz) As guerrillas galegas foron gañando eficacia conforme pasaba o tempo, especialmente na captura de correos e acoso a columnas de tropas. Acaudilladas xeralmente por curas e fidalgos, lograron que as diversas guarnicións francesas ficaran illadas entre elas e que calquera desprazamento esixira gran cantidade de efectivos para ter éxito .
  • 33. Recollendo as súas tropas da Coruña e Ferrol, o mariscal Ney tratou de reconquistar Vigo. En Pontesampaio, o exército español, integrado sobre todo por milicias galegas, mandado polo Conde de Noroña, derrotou os franceses que tiveron que dar volta, ao non seren quen de cruzar o río Verdugo .
  • 34. Mariscal Ney (Eugène Bataille ) Monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio (Pontevedra) Despois da batalla de Pontesampaio, os franceses optaron por retirarse, deixando atrás un gran número de baixas, despois de só seis meses de ocupación. Galicia foi a primeira rexión europea en liberarse dos exércitos napoleónicos.
  • 35. Como responsable das atrocidades cometidas contra a poboación civil, a xenreira contra Ney perdurará durante longo tempo. Dende aquela quedou en Galicia o costume de poñerlles aos cans o nome deste mariscal . Caricatura na que se critica a actitude servil de Ney respecto de Napoleón
  • 36. 1.- Coronel de Estado Maior. 2.- Cabo de Alarmas Galegas. 3.- Artilleiro das Alarmas Galegas. A loita contra os franceses no sur de Galicia deu como resultado a organización de varias unidades militares de notable eficacia, como a División do Miño ou o Rexemento de Lobeira.
  • 37. Lord Wellington (Thomas Lawrence) A insurrección galega impediu que Ney apoiara a Soult no seu intento de conquistar Portugal e permitiu ao xeneralísimo inglés Wellesley (futuro Lord Wellington) reconquistar a cidade do Porto e expulsalo dese país. Wellesley incorporou parte das tropas galegas ao seu exército, chegando a dicir delas ao resto dos seus soldados: “ Guerreiros do mundo civilizado, aprendede a selo dos individuos do IV Exército español que teño a ledicia de mandar [...] Españois dedicádevos a imitar os infatigables galegos”.
  • 38. Na guerra participarán persoas de toda idade e condición. Unha parte do clero loitará a carón de soldados e paisanos nas situacións máis desesperadas. Mesmo as monxas abrirán as súas clausuras para acoller os feridos na loita en cidades como Madrid ou Xirona. En Galicia, os franciscanos mostraranse particularmente activos no sitio de Vigo. Defensa do convento de Santa Engracia de Zaragoza (Lejeune)
  • 39. Fame en Madrid (José Aparicio ) A guerra tivo efectos desastrosos sobre a poboación civil. Ademais dos saqueos e asasinatos, a fame afectou de xeito especialmente cruel ás cidades cercadas.
  • 40. Los desastres de la Guerra (Goya) As mulleres participaron na loita contra a invasión, chegando en ocasións a combater. As violacións e abusos fixeron delas as vítimas máis vulnerables . Durante o ataque dos guerrilleiros a Pontevedra do 28 de febreiro de 1809 un grupo de mulleres do arrabalde da Moureira fixeron retroceder a croiazos a garda francesa que custodiaba a porta da muralla, e asaltaron o seu cuartel no convento de San Domingos, onde colleron un bo número de mochilas e fusiles.
  • 41. O xuramento das Cortes de Cádiz (José Casado del Alisal) As Cortes reunidas en Cádiz redactaron e promulgaron o 19 de marzo de 1812 a primeira Constitución da Historia de España, na que se recollían os fundamentos esenciais do réxime político liberal: soberanía nacional, división dos poderes do Estado (executivo, lexislativo, xudicial), e dereitos e deberes dos cidadáns (liberdade de opinión, reunión, participación política, etc.) A Guerra da Independencia trouxo consigo o inicio da loita dos españois polos seus dereitos como cidadáns, que se prolongaría de modo sanguento durante boa parte do século XIX.
  • 42. Fernández de Moratín (Goya) Meléndez Valdés Francisco Cabarrús (Goya) A retirada dos exércitos napoleónicos de España supuxo a saída para o exilio dos españois que colaboraran cos Bonaparte, coñecidos co nome de afrancesados. Calcúlase que o seu número foi duns 14.000. Entre eles contábanse funcionarios, políticos, e escritores como Moratín ou Meléndez Valdés.