1. TAREFAS CON FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS (2016-17)
CURSO 6º Educación Infantil (5 anos). RAQUEL SAAVEDRA
ÁREAS Globalizado
TEMPORALIZACIÓN Terceiro trimestre.
Título CANTO ESPACIO !!!!
Descrición Investigamos sobre todo o que teña que ver co espacio.
Produto VIDEO RESUMO SOBRE O TEMA
Contexto Centro escolar, …
ACTIVIDADE MOTIVACIÓN
Os alumnos-as comezan cunha asamble na que aportan as súas ideas sobre o
tema; sobre todo:
- Que sabemos?
- Que queremos saber?
Indicador
Participa na planificación dos proxectos desenvolvidos na aula.
Fai propostas de actividades a realizar.
ACTIVIDADE 1
Imaxes entre aulas nas paredes e teito.
Decoramos o espazo entre aulas coas constelacións traballadas.
- Aclaramos as constelacións que ten cada neno-a segundo o seu día de nacemento e,
polo tanto, o horóscopo.
- Aclaramos constelacións da mitoloxía.
- Localizamos as constelacións na web.
- Unimos os puntos que definen as constelacións nunha ficha.
- Trasladamos as constelacións traballadas nun papel corrido negro.
- Colocamos nas paredes e no teito do espazo interaulas as constelacións.
Indicador
Gústalle participar nos proxectos e pequenas investigacións que se fan na aula.
ACTIVIDADE 2
Imaxes dos planetas.
Planetas colgantes.
- Reproducimos os principais planetas e satélites usando distintas técnicas.
- Recortamos os planetas feitos.
- Preparamos fíos ou tanzas para colgar os planetas no espazo entre aulas.
- Unimos os fíos aos planetas e colgámolos no teito entre aulas.
Indicador
Presenta unha boa motricidade fina.
Manexa as tesoiras axeitadamente.
2. ACTIVIDADE 3
Os planetas e satélites falan coas voces dos nenos-as.
APP. Chatterkid.
Planetas que falan de sí.
- Reproducimos os planetas con distintas técnicas.
- Fotografíamos os planetas traballados antes de recortalos na actividade anterior.
- Preparamos os principais datos que podemos contar de cada planeta.
- Falamos o que sabemos para gravar na app Chatterkid. Cada neno-a pon a súa voz
a un planeta.
Indicadores
As súas produccións plásticas son orixinais e creativas.
Explora as posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais …
Adecúa o seu ton de voz á situación.
Utiliza, naS súas posibilidades, ferramentas tecnolóxicas como medios de expresión.
ACTIVIDADE 4
Cohetes para viaxar polo espazo.
APP. Foldify + Imaxes dos cohetes.
Elaboramos o noso cohete.
- Cada neno-a deseña o seu cohete con figuras xeométricas que teñen nos xogos de
aula.
- Escollemos o cohete que máis nos gustou aos membros do grupo.
- Conseguimos os patróns necesarios para montar o cohete na app Foldify.
- Imprimimos os patróns e os decoramos ao noso gusto.
- Recortamos as figuras patróns xa decoradas.
- Plegamos as pezas como indica o patrón.
- Pegamos as pezas para montar finalmente o cohete.
Estándar-es – Indicadores
As súas produccións plásticas son orixinais e creativas.
Explora as posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais …
Explora ludicamente as propiedades e as características dalgúns corpos xeométricos
elementais.
ACTIVIDADE 5
Video final
Montar o video final que resume o traballado.
- Deseñar e montar o video (app iMovie) no que utilizamos os subprodutos das 4
actividades anteriores.
- Na medida do posible e coa guía do mestre-a.
Indicadores
Traduce o que observou ou experimentou á linguaxe verbal ou xestual.
Recorda feitos e situacións vividas na clase e participa na súa narracion.
Adecúa o seu ton de voz á situación.
Utiliza, na medida das súas posibilidades, as ferramentas tecnolóxicas como medios
de expresión.