Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio

Eche un vistazo a continuación

1 de 21 Anuncio
Anuncio

Más Contenido Relacionado

Similares a mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego) (20)

Anuncio

Más de Juan Marcos Filgueira (20)

Más reciente (20)

Anuncio

mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)

  1. 1. MMoobbiillee LLeeaarrnniinngg Construíndo o noso PLE Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015
  2. 2. FFoollllaa ddee rruuttaa 11.. IInnttrroodduucciióónn:: ttrraabbaallllaannddoo nnaa nnuubbee 22.. ¿QQuuee éé uunn PPLLEE?? 33.. AApplliiccaacciióónnss ooffiimmááttiiccaass ee ddee pprroodduuttiivviiddaaddee 44.. FFeerrrraammeennttaass ppaarraa ddeesseeññaarr uunn PPLLEE 55.. DDeesseeññaannddoo uunn PPLLEE ppaarraa aa aauullaa 66.. CCoonncclluussiióónnss 77.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa
  3. 3. 11.. IInnttrroodduucciióónn Unha das principais claves do modelo BYOD é o feito de estar enfocado a traballar na nube. ¿Isto que significa? Que o almacenamento da información e de gran parte das aplicacións e servizos web realizarase a través de Internet de forma que a información almacenarase en servidores externos. As vantaxes deste enfoque son que poderemos acceder aos datos dende múltiples dispositivos e que non teremos que preocuparnos das copias de seguridade pois é un servizo que xa se nos ofrece. Por contra teremos que esta información é susceptible de caer en mans de alguén que consiga obter os datos das nosas contas, coas que deberemos ter especial coidado. Nube
  4. 4. 22.. ¿QQuuee éé uunn PPLLEE?? Os PLE ou Contornos Persoais de Aprendizaxe representan un concepto moi amplo que busca dar nome e agrupar ao uso que facemos hoxe en día de múltiples ferramentas e servizos de Internet propios da Web 2.0. O PLE ven sendo o conxunto de elementos que empregamos para a nosa aprendizaxe a título persoal, e inclúe todo tipo de servizos dende aplicacións para correo electrónico ou ofimáticas, fontes de información, redes sociais, e un longo etcétera. Cada elemento que empregue un estudante sería susceptible de entrar a formar parte dun PLE segundo a importancia que se lle queira dar. PLE Fontes de información Aplicacións e servizos web Redes sociais Moitos máis!!
  5. 5. 22.. ¿QQuuee éé uunn PPLLEE?? EEssccrriittoorriioo cclláássiiccoo EEssccrriittoorriioo vviirrttuuaall ((PPLLEE))
  6. 6. 22.. ¿QQuuee éé uunn PPLLEE?? Para identificar os elementos que integrarán o noso PLE a mellor forma é identificar as categorías principais da nosa área de aprendizaxe e a partir de aí comezar a establecer elementos. Unha posible clasificación xeral, que nos valería case para calquera PLE, sería: ● Fontes de información. Buscadores, repositorios, bibliotecas en liña, ou calquera páxina web que nos permita acceder a novos coñecementos. ● Ferramentas de traballo. Aplicacións ou servizos web que poidamos empregar como ferramentas nos nosos procesos de aprendizaxe. ● Rede persoal de aprendizaxe. Elementos de comunicación e relacións persoais que integran a nosa rede persoal utilizada en educación ou PLN. Esta é unha das posibles agrupacións, pero podemos establecer moitas outras, como iremos vendo. A continuación veremos un exemplo con 6 categorías, baseada no modelo dos seis sombreiros de copa (un para cada ocasión).
  7. 7. 22.. ¿QQuuee éé uunn PPLLEE??
  8. 8. 33.. AApplliiccaacciióónnss oofifimmááttiiccaass Antes de empezar a deseñar un PLE cómpre botar unha ollada aos principais elementos que poden formar parte del. En primeiro lugar poderíanse considerar, por exemplo, as aplicacións ofimáticas e de produtividade. Trátase de aplicacións de propósito xeral útiles para calquera nivel educativo, materia ou para o seu uso persoal. Son aquelas que nos permiten ver, crear e modificar documentos, apuntes, organizar a información, e moitas máis operacións a título persoal ou de xeito colaborativo. Un exemplo deste tipo de aplicacións na súa versión de escritorio serían as suites ofimáticas como LibreOffice, OpenOffice ou Microsoft Office. A continuación veremos algunhas alternativas que se adaptan ao noso modelo BYOD, xa que: ✔ Están dispoñibles como apps, en contorno web ou aplicación de escritorio. ✔ Están dispoñibles para os principais sistemas operativos móbiles: Android e iOS.
  9. 9. 33.. AApplliiccaacciióónnss oofifimmááttiiccaass EEvveerrnnoottee Esta aplicación permítenos tomar notas en formato de texto enriquecido, coma nun editor de texto de escritorio, pero ademais a través de fotos, gravacións de son, como marcadores de páxinas web ou textos manuscritos directamente sobre a pantalla do dispositivo. As notas almacenaranse na conta que teñamos creada en Evernote e poderemos acceder a elas dende outros dispositivos. É moi completa e permítenos agrupar as notas por cadernos e asignarlles etiquetas, o que nos permitirá recuperalas de xeito doado a posteriori. Como inconvintes poderíamos poñerlle o limitado espazo dispoñible na súa versión gratuíta e que a interface para a aplicación de escritorio podería mellorarse. Polo demais, resulta unha das aplicacións para tomar notas máis completas.
  10. 10. 33.. AApplliiccaacciióónnss oofifimmááttiiccaass GGooooggllee DDrriivvee Permitiranos crear, consultar e almacenar documentos complexos como follas de cálculo, presentacións, diagramas, notas, debuxos, formularios, táboas ou documentos de texto. Permítenos traballo colaborativo, con varias persoas editando un documento á vez, pero tamén acceder ao documento dende a web ou da súa aplicación Android. Ademais podemos compartir un documento só para a súa lectura enviando unha ligazón a outra persoa. O editor de cada tipo de documento resulta moi completo, chegando a equipararse con aplicacións de escritorio moi potentes doutras suites ofimáticas de pago ou de software libre.
  11. 11. 33.. AApplliiccaacciióónnss oofifimmááttiiccaass DDrrooppbbooxx Esta aplicación permítenos sincronizar arquivos na nube cos equipos onde a teñamos instalada, desta forma teremos os mesmos ficheiros nos cartafoles que teñamos integrados no servizo, é dicir, marcadas para compartir. Nun móbil ou tableta podemos configurala para realizar copias de seguridade das nosas fotos e documentos, de xeito que estes se envíen directamente á nosa conta no servidor de Dropbox. A súa maior aplicación práctica será o almacenamento na nube e o intercambio de arquivos entre varias persoas.
  12. 12. 33.. AApplliiccaacciióónnss oofifimmááttiiccaass MMooiittííssiimmaass mmááiiss.... ✔ Almacenamento. Mega, Box, Mediafire, HiDrive, … ✔ Ofimática e edición de documentos. OneDrive/SkyDrive, Polaris Office, Docs to Go, … ✔ Xestión de correo. Gmail, Outlook.com, Pigeon, MailBox, myMail, ✔ Subscricións. Feedly, Readbility, Flipboard, … ✔ Gardar información. Pocket, Instapaper, … ✔ Xestión de tarefas. Wunderlist, Any.do, To do Reminder, … ✔ Utilidades. Calculadoras, compresión de ficheiros, navegadores de arquivos, Google Keep, CamScanner, ...
  13. 13. 4. Ferramentas ppaarraa ddeesseeññaarr uunn PPLLEE SSyymmbbaalloooo Esta ferramenta permítenos definir un escritorio virtual a partir dunha serie de lanzadores ou accesos directos a sitios, aplicacións e servizos web. Grazas a que este escritorio se almacena na nube podemos acceder a el a través do noso ordenador de escritorio ou dispositivos móbiles, dispoñendo dunha app que nos facilita este acceso. Podemos crear múltiples escritorios ou webmix e personalizar cada un deles, segundo a súa orientación educativa, incorporando os elementos máis axeitados en cada ocasión.
  14. 14. 4. Ferramentas ppaarraa ddeesseeññaarr uunn PPLLEE NNeettvviibbeess Outra ferramenta para crear escritorios virtuais personalizados. Ademais de lanzadores, nos permite engadir widgets ou mini-ventaniñas con páxinas web, blogs, diarios e revistas dixitais, a wikipedia, notas, o tempo, mini-buscadores, correo electrónico, e moitos máis. Neste caso teremos que acceder sempre a través dun navegador web, pero isto tamén nos dará integración total.
  15. 15. 4. Ferramentas ppaarraa ddeesseeññaarr uunn PPLLEE EEssccrriittoorriioo vviirrttuuaall eenn nnaavveeggaaddoorreess Outra opción interesante consiste en definir o escritorio virtual dentro do propio navegador. Os navegadores de tipo Chrome ou Chromiun permiten engadir aplicacións ou lanzadores integrados que nos van deixar configurar tamén o PLE. Por outra banda, agora que se están comezando a implantar en proxectos educativos solucións baseadas no Chrome OS como sistema operativo deseñado para traballar na web con terminais lixeiros, a posibilidade de integrar nel o PLE é aínda máis interesante. Por contra, o navegador na súa versión móbil, non permite esta función.
  16. 16. 4. Ferramentas ppaarraa ddeesseeññaarr uunn PPLLEE PPeeaarrllttrreeeess Unhas das alternativas máis doadas e intuitivas. Permite agregar ligazóns a sitios web, subir ficheiros, imaxes ou engadir notas. Déixanos agrupar os elementos en coleccións e compartilos en redes sociais, permitíndonos tamén traballar de xeito colaborativo. En versións anteriores permitía crear árbores cos diferentes elementos pero recentemente mudou a interfaz de xeito que agora é máis intuitiva para o seu uso dende dispositivos móviles, pero non deixa organizar as relacións entre nodos como árbore conceptual.
  17. 17. 55.. DDeesseeññaannddoo uunn PPLLEE ppaarraa aa aauullaa ¿Podemos adoptar o modelo de PLE personal para toda a aula? Trataríase de deseñar un modelo de entorno de aprendizaxe válido para cada un dos estudantes a nivel persoal, pero ao mesmo tempo que permita a realización de actividades colaborativas e facilite a comunicación dentro da aula. Pódese tomar como referencia para o PLE da aula o PLE personal, limitando aqueles elementos que non se adapten aos nosos estudantes e incorporando outros específicos para as nosas materias e niveis educativos. En resumo, estas serían as características xerais dun PLE para a aula: ✔ Sinxelo. ✔ Incorpora elementos específicos para a materia e o nivel educativo. ✔ Incorpora elementos para traballo colaborativo. ✔ Incorpora elementos que favorezan a comunicación e o intercambio de información entre o grupo. Por outra banda, de xeito similar ao PLE persoal, podemos incorporar elementos pertencentes ás categorías básicas xa comentadas: fontes de información, ferramentas de traballo, elementos de comunicación e outros.
  18. 18. 66.. CCoonncclluussiióónnss ✔ Dentro do modelo BYOD é chave a utilización de aplicacións e servizos na nube. ✔ Unha forma de organizar e definir as ferramentas que imos a empregar é perante os PLE ou Contornos Virtuais de Aprendizaxe. Os PLE nos permiten obter unha representación, incluso interactiva, para organizarnos nós e comunicar o modelo de traballo aos nosos estudantes. ✔ Podemos definir un primeiro PLE sinxelo a través da selección de ferramentas e aplicacións de ofimática e produtividade básicas e transversais. ✔ Dispoñemos de varias ferramentas que nos deixan deseñar un PLE, que teñen a forma de escritorios virtuais na nube: Symbaloo, Netvibes ou Pearltrees. ✔ Do mesmo xeito que podemos definir un PLE para uso persoal podemos definir un ou máis PLE para definir o modelo de traballo na aula. ✔ Os PLE da aula son formas sinxelas de comunicar aos estudantes as ferramentas e os procedementos de traballo, dun xeito eficiente e entendible.
  19. 19. 77.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa ➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación. Ligazón: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning ➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning ➔ Blog da EOI sobre mLearning. Sitio web: http://www.eoi.es/blogs/mlearning ➔ Castañeda. L. y Adell J. (2013). Entornos Personales de Aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en red. Alcoy: Marfil. ➔ 7 Aplicacións ofimáticas imprescindibles. Sitio web: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/node/200
  20. 20. Máis presentacións, aarrttiiggooss ee ppuubblliiccaacciióónnss:: Na web: http://www.gabit.org @ Facebook: https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648 @ Twitter: https://twitter.com/InfoGabit @ Slideshare: http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
  21. 21. MMoobbiillee LLeeaarrnniinngg Fin Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015

×