Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 26 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Similares a mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego) (20)

Más de Juan Marcos Filgueira (20)

Anuncio

Más reciente (20)

mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)

  1. 1. MMoobbiillee LLeeaarrnniinngg Ferramentas de avaliación e e-portfolios (#PLE) Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015
  2. 2. FFoollllaa ddee rruuttaa 11.. IInnttrroodduucciióónn aa aavvaalliiaacciióónn eenn mmLLeeaarrnniinngg 22.. PPoossiibbiilliiddaaddeess eenn ffeerrrraammeennttaass ddee aavvaalliiaacciióónn 33.. ee--PPoorrttffoolliiooss 44.. RRúúbbrriiccaass 55.. CCoonnttoorrnnooss ddee eennssiinnaannzzaa--aapprreennddiizzaaxxee 66.. CCoonncclluussiióónnss 77.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa
  3. 3. 11.. IInnttrroodduucciióónn aa aavvaalliiaacciióónn eenn mmLLeeaarrnniinngg A avaliación sempre é un tema difícil de enfocar en calquera das súas variantes. Pero a avaliación a través do traballo na aula con dispositivos móbiles e en contornos BYOD ten unha serie de requirimentos extra, e moito máis en tarefas colaborativas ou en grupo. Estes requisitos para o mLearning van a limitarnos as opcións dispoñibles. Entón, ¿como podemos facer para avaliar o traballo da aula?
  4. 4. IInnttrroodduucciióónn aa aavvaalliiaacciióónn eenn mmLLeeaarrnniinngg ¿Que necesitamos das ferramentas de avaliación? ✔ Que nos deixen consultar de xeito rápido e doado o traballo realizado por cada estudante. ✔ Que nos permitan aportar correccións e información de resposta ou indicacións de guía para levar a bo termo o traballo (feedback). ✔ Que o estudante teña información do proceso, coñeza os criterios de avaliación, prazos, indicacións de resolución, etc. ✔ Que nos permita xestionar de forma cómoda a información de avaliación para integrala nas aplicacións de xestión académica. ✔ Que se permita traballo colaborativo e avaliación por pares (outros estudantes) supervisada polo profesor/a. ¿E temos algunha ferramenta que nos permita realizar todo isto?
  5. 5. 22.. FFeerrrraammeennttaass ddee aavvaalliiaacciióónn Sen entrar a definir todo o que implicaría realmente a avaliación do alumnado, podemos seleccionar unha serie de aplicacións e servizos web que nos ofrecen moitas posibilidades de realizar avaliación parcial o total do traballo na aula. Por exemplo: ● e-Portfolios. Os portafolios electrónicos en todas as súas variantes permítennos recoller os logros, proxectos e resultados das actividades realizadas polos estudantes sempre que dispoñan de determinadas ferramentas que posibiliten establecer unha comunicación efectiva con eles. ● Rúbricas. A modo de matrices de avaliación nos permiten comunicarlle aos estudantes os criterios de avaliación e o proceso de resolución da tarefa. ● Contornos de Ensinanza-Aprendizaxe. Os LMS incorporan módulos cun grande número de tipos de actividades de avaliación almacenando os resultados xunto coa información de xestión do curso. ● Apps específicas. Dispoñemos de infinidade de apps para avaliar diferentes tipos de exercicios, xogos, ou leccións, que aínda que non teñan integración directa con outras ferramentas, poden servirnos como complemento para determinadas actividades.
  6. 6. 33.. ee--PPoorrttffoolliiooss Existen moitas definicións do que sería un e-portfolio, pero son formas de irlle dando voltas e voltas á máis sinxela. Un e-portfolio non sería máis que unha colección de notas, documentos, imaxes, vídeos e solucións de exercicios que rexistra o traballo realizado por un estudante. O ámbito de aplicación do e-portfolio varía segundo o queiramos considerar, poderíamos estendelo ao longo de toda a vida académica do alumno/a, para unha ensinanza, materia, ou mesmo para un único proxecto ou actividade, temos total liberdade de aplicación.
  7. 7. ee--PPoorrttffoolliiooss Un exemplo de aplicación de e-portfolios na aula sería por exemplo a través dunha metodoloxía de aprendizaxe por proxectos (ABP). O estudante pode ir rexistrando no seu e-portfolio todo o proceso de realización da actividade, reflexionar sobre o mesmo, repasar, e o que é tamén importante, pode facelo o educador/a e utilizalo na súa avaliación. Se son tarefas en grupo ou un proxecto colaborativo, todos os membros poden ir rexistrando os avances nun mesmo e-portfolio.
  8. 8. ee--PPoorrttffoolliiooss Isto nos exemplifica un enfoque moi pedagóxico dos e-portfolios que é que cada estudante constrúe a súa propia aprendizaxe. Presenta, planifica e elabora os seus propios contidos. A obriga do titor/a é seguir e guiar ao estudante en todo o proceso polo que a ferramenta de xestión que se empregue vai ser moi importante, xa que haberá que facelo para todos os estudantes do grupo.
  9. 9. Po E-Porrttffoolliiooss:: ttiippooss ddee ffeerrrraammeennttaass Dispoñemos de múltiples solucións para elaborar e manter e-portofolios. En esencia precisaríamos unha ferramenta de edición que lle permita ao estudante crear un caderno dixital, e ao que tivera acceso o profesor/a, pero pode completarse con máis opcións. Seguindo os enfoques anteriores para o modelo BYOD, poderían recomendarse as seguintes ferramentas: ✔ Blogs. Un xeito doado de que cada estudante teña o seu propio caderno, ordenado cronoloxicamente. Un dos inconvenientes que podemos atopar en certos contextos sería que tanto o acceso como a retroalimentación (feedback) son públicos. Ademais de acceder a través da web dispoñemos tamén de aplicacións nativas para publicación e xestión de blogs. ✔ Apps ofimáticas como Evernote, Google/One Drive, ou Dropbox. Con estas apps, teríamos en todo momento privacidade, aínda que con opción de compartir despois a información por outros medios, por exemplo pasando a limpo a información nun blog ou con ligazóns públicas aos documentos. Dispoñen de moitas opcións para traballo colaborativo que facilitarían o feedback por parte do profesor/a. ✔ Plataformas específicas para e-portfolios. Requiren que se dispoña dun servidor onde se atope instalada a plataforma, pero son opcións moi completas que poden á súa vez integrarse cos LMS.
  10. 10. E-PPoorrttffoolliiooss:: eexxeemmpplloo bbllooggss Artigos públicos, orde cronolóxica, e comunicación a través de comentarios. Cada entrada unha tarefa/actividade/fito. Entrada1 CCoommeennttaarriioo Comentario Comentario EEnnttrraaddaa22 Cualificacións
  11. 11. E-Portfolios: editores ddee tteexxttoo ccoollaabboorraattiivvooss Edición compartida do documento, comentarios en paralelo separados do texto. Cada apartado do documento é unha tarefa/actividade/fito. e-Portfolio Comentario Comentario Cualificacións Apartado1 (Tarefa) Apartado2 (Actividade) Apartado3 (Fito de control) Comentario
  12. 12. EE--PPoorrttffoolliiooss:: bbllooggss BBllooggggeerr Blogger é un servizo de blogs gratuíto de Google que en poucos pasos nos permite dispoñer dun blog en liña, podendo darnos de alta coa propia conta de Gmail/Google. É unha ferramenta moi intuitiva que destaca pola súa facilidade de uso, aínda que non nos permite tantas funcionalidades como outros servizos de blogs. Podemos publicar artigos con texto enriquecido, imaxes, ou outros elementos multimedia como vídeos de Youtube incrustados nos artigos, o que permite moitas posibilidades de publicación. Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder ao contorno de publicación e xestión a través da web, pero ademais dispón de apps nativas para os principais sistemas operativos móbiles, ou outras opcións como publicar enviando un correo electrónico.
  13. 13. EE--PPoorrttffoolliiooss:: eeddiittoorreess ddee tteexxttoo ZZoohhoo DDooccss Zoho Docs é unha das alternativas en edición de textos en liña máis completas comparable a Google Drive e OneDrive. É un paquete con moitas aplicacións e servizos: edición de documentos, chat, mail, planificación de proxectos, wikis, etc. Para facer uso das mesmas temos que darnos de alta no servizo pero podemos facelo con outras contas como as de Google ou Facebook. O editor de texto ten moitas opcións, sendo moi semellante aos procesadores de texto de escritorio. Unha das opcións máis interesantes para a aula é a posibilidade de traballar sen conexión, de xeito que ao volver a dispoñer de rede se sincroniza. Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder á contorno de publicación e xestión a través da web, pero ademais dispón de apps nativas para os principais sistemas operativos móbiles.
  14. 14. EE--PPoorrttffoolliiooss:: eeddiittoorreess ddee tteexxttoo QQuuiipp Outra alternativa aos servizos máis coñecidos é o editor Quip. O deseño de Quip está adaptado dende o inicio ao traballo en equipo e dende dispositivos móbiles, polo que fuxe un pouco do modelo tradicional de procesador de texto. Dende o rexistro permite crear grupos de usuarios con posibilidade de rexistro coa conta de Google, sen pasos adicionais. Ofrece unha guía de uso moi completa e sinxela. Mantén un fío de chat entre o equipo sempre dispoñible, podendo definir fíos paralelos para debates sobre partes concretas do documento. Pode funcionar sen Internet con sincronización unha vez volvamos a ter rede. Como tamén é un servizo web 2.0, podemos acceder á contorno de publicación e xestión a través da web, pero ademais dispón de apps nativas para Android e iOS.
  15. 15. 44.. RRúúbbrriiccaass As rúbricas son matrices de valoración que indican os criterios de avaliación na realización dunha actividade ou tarefa de aprendizaxe. Son ferramentas útiles tanto para os docentes coma para os estudantes. Axuda a ambos a enfocar a tarefa, coñecer as regras do xogo, e mesmo a intuír o proceso a seguir para levar a bo termo o traballo. ¿ Que me pide o profesor ? ¿ Como me vai avaliar ? ¿ Que pasos teño que dar ? ¿ Ata onde teño que chegar coa tarefa ?
  16. 16. RRúúbbrriiccaass:: CCaarraacctteerrííssttiiccaass • A matriz fai unha correspondencia entre cada obxectivo ou criterio a acadar e a súa valoración, polo que como ferramenta de avaliación permite definir un método obxectivo de valoración. • O propio estudante pode valorar o seu traballo previamente a envialo, podendo ver cousas que faltan o se poidan mellorar. • Ademais, os criterios de avaliación poden identificarse de xeito doado con competencias de aprendizaxe, no caso de querer enfocar a aprendizaxe cara metodoloxías que fagan uso das mesmas.
  17. 17. RRúúbbrriiccaass • Podemos aplicar as rúbricas a todo tipo de tarefas ou actividades de aprendizaxe: proxectos individuais ou colaborativos, participación nas actividades da aula, foros ou redes sociais, cuestionarios, obradoiros, etc. Escala de cualificación Criterios ou obxectivos de aprendizaxe Aspectos a avaliar
  18. 18. RRúúbbrriiccaass Dispoñemos de diferentes ferramentas para elaborar rúbricas. En esencia a información a almacenamos en táboas que temos que poder compartir cos estudantes, así que nos vale calquera ferramenta ou app que nos permita facelo. Seguindo os enfoques anteriores para o modelo BYOD, poderían recomendarse as seguintes ferramentas: • Ferramentas web. Das que temos algunhas específicas para elaboración de rúbricas como Rubistar. • Apps ofimáticas. Como Google/One Drive, onde teríamos sobre todo unha grande facilidade para compartilas cos estudantes. • LMS con módulos de rúbricas. Se dispoñemos dun LMS con opción de rúbricas, como as últimas versións de Moodle, podemos incorporar as matrices de valoración directamente a outras tarefas e actividades.
  19. 19. RRúúbbrriiccaass As rúbricas son un complemento doutras estratexias de avaliación como os e-portfolios. Neste tipo de actividades onde é o propio estudante o que constrúe a súa aprendizaxe cómpre aclarar os obxectivos, criterios de avaliación, así como ofrecer indicacións sobre a realización as tarefas, e nestes puntos as rúbricas achegan unha perspectiva moi completa. Exemplo do enunciado dunha tarefa con rúbrica en Moodle
  20. 20. 55.. FFeerrrraammeennttaass ddee aavvaalliiaacciióónn nnooss LLMMSS Os LMS como Moodle nos permiten dispoñer integrados na propia plataforma de módulos específicos para e-portfolios ou rúbricas, pero ademais ofrécennos moitas ferramentas de avaliación alternativas para tarefas específicas: • Foros. Como ferramenta de comunicación básica e avaliable. • Wikis, glosarios, bases de datos de recursos e outras actividades colaborativas. • Obradoiros e leccións. Cun enfoque orientado ao proxecto ou traballo a realizar nun proceso guiado. • Cuestionarios e xogos. Permiten a auto-avaliación e engaden un aspecto lúdico. • Scorms. Obxectos de ensinanza-aprendizaxe capaces de encapsular actividades, pílulas de aprendizaxe e unidades didácticas. • Máis...
  21. 21. Ferramentas ddee aavvaalliiaacciióónn nnooss LLMMSS Os LMS son ferramentas moi potentes que nos permiten dende un mesmo sitio concentrar recursos e actividades para a aula. Se ben, tamén atopamos un serie de atrancos: ✔ O principal problema dos LMS é que non dispoñemos de plataformas gratuítas para dispoñer deles ou están moi limitadas, polo que precisaríamos que a nosa institución educativa nos proverá un paquete completo con todos os módulos necesarios xa instalados e accesible dende Internet. ✔ Algúns dos módulos dispoñibles para blogs, wikis, edición de texto colaborativo, etc, ofrecen menos funcionalidades que outras ferramentas externas polo que teremos que adoptar solucións que fagan uso dos LMS e outras ferramentas para sacar o máximo proveito dos recursos dispoñibles na Web 2.0. Os LMS actuais dispoñen de temas de visualización a través do móbil, por tanto nos permiten acceder vía web dende calquera dispositivo e nalgúns casos tamén dispoñemos de aplicacións nativas para os principais sistemas operativos móbiles.
  22. 22. FFeerrrraammeennttaass ddee aavvaalliiaacciióónn nnooss LLMMSS MMooooddllee MMoobbiillee Moodle Mobile é unha aplicación nativa para móbiles que facilita o acceso á plataforma LMS Moodle que lle indiquemos. A interface é máis sinxela, con menos opcións, o que se debe en parte a que busca unha maior facilidade de acceso, pero por contra teremos opcións limitadas. Por outra banda, ten a vantaxe de que fai uso de opcións do dispositivo como para por exemplo obter imaxes coa cámara ou gravar vídeo/son e envialo á plataforma, contactar cos participantes do curso ou realizar anotacións de xeito doado. Moodle nas súas últimas versións ten varios temas para móbiles polo que é accesible vía web dende calquera dispositivo, ademais, dispón de apps nativas para Android, iOS e Windows Phone.
  23. 23. 66.. CCoonncclluussiióónnss ✔ Dispoñemos de varias solucións para utilizar a avaliación dentro do mLearning no modelo BYOD. Unha con moitas posibilidades é o uso de e-portfolios. ✔ Cos e-portfolios os estudantes crean a súa propia aprendizaxe, elaborando os seus propios cadernos dixitais. Ferramentas como blogs, editores de texto colaborativos e outras ferramentas ofimáticas Web 2.0 facilitan a elaboración de portafolios electrónicos. ✔ As rúbricas son outra das ferramentas de avaliación que podemos aplicar. Como complemento a outros métodos de avaliación nos ofrecen indicacións sobre os obxectivos, os criterios de avaliación e os pasos a seguir para completar unha tarefa. ✔ Os módulos de avaliación nos LMS ofrécennos unha ferramenta todo-nun onde dende a mesma plataforma podemos empregar, e-portfolios, rúbricas e outras actividades de avaliación. Son o xeito máis doado de integrar nun único contorno todos os procesos da aula, pero requiren dispoñer dunha plataforma específica instalada e dispoñible a través de Internet.
  24. 24. 77.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa ➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación. Ligazón: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning ➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning ➔ Blog da EOI sobre mLearning. Sitio web: http://www.eoi.es/blogs/mlearning ➔ 7 Aplicacións ofimáticas imprescindibles. Sitio web: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/node/200 ➔ Rubistar, ferramenta para elaboración de rúbricas. Sitio web: http://rubistar.4teachers.org/index.php ➔ Documentación oficial de Moodle: https://docs.moodle.org
  25. 25. Máis presentacións, aarrttiiggooss ee ppuubblliiccaacciióónnss:: Na web: http://www.gabit.org @ Facebook: https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648 @ Twitter: https://twitter.com/InfoGabit @ Slideshare: http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
  26. 26. Fin MMoobbiillee LLeeaarrnniinngg Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015

×