Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Introdución ao Mobile-Learning (Galego)

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio

Eche un vistazo a continuación

1 de 18 Anuncio

Más Contenido Relacionado

A los espectadores también les gustó (20)

Similares a Introdución ao Mobile-Learning (Galego) (20)

Anuncio

Más de Juan Marcos Filgueira (20)

Más reciente (20)

Anuncio

Introdución ao Mobile-Learning (Galego)

  1. 1. MMoobbiillee LLeeaarrnniinngg Introdución ao Mobile Learning Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015
  2. 2. FFoollllaa ddee rruuttaa 11.. IInnttrroodduucciióónn 22.. MMooddeelloo BBYYOODD 33.. CCaarraacctteerrííssttiiccaass 44.. PPrroobblleemmaass 55.. SSiisstteemmaass ooppeerraattiivvooss mmóóbbiilleess 66.. EEmmpprreeggaarr mmóóbbiilleess nnaa aauullaa 77.. CCoonncclluussiióónnss 88.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa
  3. 3. 11.. IInnttrroodduucciióónn Pódese definir o Mobile Learning de moitos xeitos, pero de entre todos eles o máis común vén de empregar dispositivos móbiles na aprendizaxe. Deste xeito o Mobile Learning ou mLearning será unha extensión do e-learning incorporando os novos dispositivos informáticos coma Smartphones ou teléfonos intelixentes, as Tablets e outros máis coma os e-readers ou lectores de ebooks. EE--LLeeaarrnniinngg ++
  4. 4. 22.. MMooddeelloo BBYYOODD Asociado ao concepto de Mobile-Learning está o do Modelo BYOD (en inglés Bring Your Own Device) ou trae o teu propio dispositivo. Neste modelo a aprendizaxe a pode realizar o estudante con calquera ferramenta ao seu alcance, xa sexa un ordenador de sobremesa, un portátil, un notebook/ultrabook, unha tablet, un smartphone ou calquera outro dispositivo que o permita facer uso das aplicacións e servizos web que conformen o modelo. ¿Como é que se poden incorporar estes novos dispositivos?
  5. 5. PPrriinncciippaaiiss ddiissppoossiittiivvooss Smartphones Tablets e-Readers Notebooks Ultrabooks Ultraportátiles ... Co uso de pantallas táctiles, o aumento do almacenamento e procesamento, así como a conexión permanente a Internet se converten en ordenadores de peto. Na liña dos Smartphones pero de maior potencia e tamaño de pantalla. Os lectores de libros electrónicos ou ebooks son os máis descansados na lectura ao empregar a tecnoloxía de tinta electrónica. Engaden teclado, touchpad, e algúns modelos permiten separar o monitor-tablet.
  6. 6. 11.. IInnttrroodduucciióónn
  7. 7. ¿QQuuee nnooss ppeerrmmiittee?? CCoommuunniiccaacciióónn bbáássiiccaa CCrreeaacciióónn ddee ccoonnttiiddooss AAcccceessoo aa iinnffoorrmmaacciióónn nnaa wweebb EEnnttrreeggaa ddee ttaarreeffaass
  8. 8. 33.. CCaarraacctteerrííssttiiccaass ● Ubicuidade. Ao ser portables pódense empregar dende calquera lugar, como por exemplo ao realizar actividades fóra da aula. ● Aplicacións ou apps. A instalación de aplicacións é equivalente a calquera programa dos ordenadores de escritorio e os converte en ordenadores de peto. ● Conectividade. Capacidade conectarse a Internet ou en rede con outros dispositivos e servizos na nube vía Wifi, 3G/4G, USB ou Bluetooth. ● Monotarefa. Forzan a traballar na ventá actual o que fai que os estudantes se poidan concentrar mellor na tarefa. ● Facilidade de uso. Pantallas táctiles, configuración adaptada ao usuario/a, usabilidade moi directa. ● Equipamento. Localizador GPS, cámara de vídeo e fotos, espazo de almacenamento, baterías, etc. ● Custe. Cando non os proporciona o centro, empréganse dispositivos que xa posúen os estudantes, sempre dentro do modelo BYOD. ● ¿Motivación?. É un aspecto moi subxectivo e en todo caso alleo á tecnoloxía.
  9. 9. 44.. PPrroobblleemmaass ● Accesibilidade. Incorporan elementos de tecnoloxías asistivas, pero non a garanten, con peores resultados se entramos a nivel de apps. ● Problemas de saúde. En liña coa accesibilidade, os contidos e actividades non están deseñadas para o uso continuado dos dispositivos, de xeito que por exemplo non se contemplan enfermidades como a epilepsia ou alerxias a determinados metais que abundan nestes dispositivos. Os efectos de antenas e campos electromagnéticos nos nenos/as tampouco están claros. ● Dependencia de determinadas tecnoloxías. Modelos que non soportan BYOD adoptan apps e solucións baseadas nunha determinada marca, o que dificulta a implantación dun modelo aberto e dificulta o seu uso. ● Falta de equipamento. Pantallas pequenas, ausencia de teclado, duración das baterías, capacidade de procesamento e pouco espazo de almacenamento. ● Distraccións. Empregar dispositivos persoais pode levar a que os estudantes acaben empregando apps ou visitando webs alleas á actividade. Aínda que isto é algo común coas TIC e sen elas. ● Custe de implantación. Se se busca que cada alumno/a teña o mesmo dispositivo e sexa unha tableta de última xeración si, pero un modelo BYOD reduciría os custes totais.
  10. 10. 55.. SSiisstteemmaass ooppeerraattiivvooss mmóóbbiilleess Os dispositivos móbiles máis habituais acostuman a ter instalado un sistema operativo equiparable en gran medida ao dos ordenadores de escritorio. Este sistema que vén por defecto depende do fabricante, de xeito que moitos veñen limitados ou con aplicacións con intereses comerciais pre-instaladas. Os sistemas operativos máis utilizados actualmente son: ● Android. O máis utilizado, en infinidade de dispositivos diferentes. Conta co soporte principal de Google e cun núcleo aberto. ● iOS. Exclusivo dos produtos Apple como iPad e iPhone. ● Windows Phone. O sistema de Microsoft, que se atopa en proxecto de unificar os seus sistemas tanto para equipos de sobremesa como móbiles. ● Outros. Existen aínda máis alternativas, como Firefox OS, un sistema completamente libre.
  11. 11. 55.. SSiisstteemmaass ooppeerraattiivvooss mmóóbbiilleess Os sistemas operativos móbiles permiten instalar programas, neste caso chamadas aplicacións ou apps. Para instalar as aplicacións teñen tendas de aplicacións ou Stores. Estas tendas permiten descargar e instalar aplicacións no noso dispositivo, tanto apps de pago como gratuítas. Por outra banda, como sempre teremos algunha app de tipo navegador web, sempre teremos a posibilidade de navegar por Internet e empregar servizos na nube cunha funcionalidade similar á destas aplicacións.
  12. 12. 66.. EEmmpprreeggaarr mmóóbbiilleess nnaa aauullaa Tendo en conta os problemas con estes dispositivos, e sempre buscando minimizalos podemos empregalos na aula para sacar proveito das súas vantaxes. Por outra banda, quedaría por resolver tamén o eterno debate de si empregalos ou non respecto do comportamento dos estudantes na aula e do uso que se lles dea na mesma.
  13. 13. 66.. EEmmpprreeggaarr mmóóbbiilleess nnaa aauullaa De entre os posibles usos que lles podemos dar estarían: ✔ Participar en tarefas colaborativas de forma máis próxima. ✔ Elaboración de contidos educativos. Un único dispositivo tipo navalla suíza. ✔ Deseño de novos tipos de actividades e contidos baseados en apps e a utilización táctil do dispositivo. ✔ Reforzo da comunicación e participación social. ✔ Soporte tecnolóxico e realidade aumentada en actividades fóra da aula. ✔ Monitorización e xeolocalización de actividades no exterior. ✔ Dispositivo informático sempre dispoñible fóra da aula.
  14. 14. 77.. CCoonncclluussiióónnss ¿Temos a obriga de empregar móbiles na aprendizaxe? ✔ Non, pero son unha ferramenta máis, con algunhas vantaxes das que podemos sacar proveito. ✔ Por outra banda, gusten máis ou menos son tecnoloxías que todo parece indicar veñen a quedarse, polo que é importante asimilalas nos seus primeiros pasos. ¿Podemos minimizar os problemas derivados do uso de dispositivos móbiles? ✔ Si, ata certo punto. Cómpre ter en conta que son unha ferramenta máis e non a única. Pódense usar pero sen abusar delas, minimizando o total de horas diarias diante dun dispositivo por parte dos estudantes. ✔ Convén empregalos en modelos abertos como o BYOD que eviten dependencias tecnolóxicas ou económicas que limiten a súa expansión e capacidades.
  15. 15. 88.. AAmmpplliiaannddoo aa bbiibblliiootteeccaa ➔ Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación. Ligazón: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/mobile-learning ➔ Revista online Mobile-Learning de Gabit. Accesible en: http://www.gabit.org/gabit/?q=gl/revista-mobile-learning ➔ Blog da EOI sobre mLearning. Sitio web: http://www.eoi.es/blogs/mlearning ➔ Presentación en Slideshare de Paz Gonzalo. Ligazón: Situando el aprendizaje móvil
  16. 16. Máis presentacións, aarrttiiggooss ee ppuubblliiccaacciióónnss:: Na web: http://www.gabit.org @ Facebook: https://www.facebook.com/pages/Gabit/420853864605648 @ Twitter: https://twitter.com/InfoGabit @ Slideshare: http://www.slideshare.net/marcosfilgueira
  17. 17. MMoobbiillee LLeeaarrnniinngg Fin Juan Marcos Filgueira Gomis, 2014/2015

×