Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Caderno que seagochatrasaue

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Que se agocha tras a  
Unión Europea? 
Unha aproximación crítica 
« « 
 "Orixe e desenvolvemento do proceso de   "A moeda ...
2 
Orixe e desenvolvemento do 
proceso de “construción europea” 
No marco da vixente crise e dos efectos que 
esta, combin...
Cartaz do Plan Marshall promovendo 
a "unidade de Europa". 
3 
Cronoloxía crítica do 
proceso de construción 
europea 
192...
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
ColeccióN 6
ColeccióN 6
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 32 Anuncio
Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Similares a Caderno que seagochatrasaue (20)

Anuncio

Más reciente (20)

Caderno que seagochatrasaue

  1. 1. Que se agocha tras a Unión Europea? Unha aproximación crítica « « "Orixe e desenvolvemento do proceso de "A moeda única, o Banco Central "construción europea” Europeo e os "rescates” « ”A democracia negada. Como funciona « "Un TLC entre EE.UU. e a UE para máis realmente a UE? neoliberalismo "A que chamamos Troika? "Soberanía nacional e popular dentro « « « da UE? "A UE e a globalización neoliberal: a Europa do capital « “O papel da Galiza na Unión Europea « e na zona euro “Papel xeo-estratéxico da UE como polo imperialista « Olladas críticas da UE e o euro
  2. 2. 2 Orixe e desenvolvemento do proceso de “construción europea” No marco da vixente crise e dos efectos que esta, combinadamente coas políticas impulsa-das desde o ámbito europeo para lle facer fronte, producen a nivel social e tamén territo-rial, o debate crítico arredor da propia Unión Europea e do euro desenvólvese a partir fun-damentalmente de dúas teses contrapostas. Dunha banda, baixo a focaxe do euro-peísmo oficial –subscrito entre outros pola socialdemocracia sistémica, que as máis das veces partilla posición coa dereita neolibe-ral– redúcese o alcance do problema á co-rrelación de forzas entre o que serían as correntes de carácter progresista e o bloque ultraliberal, hoxe hexemónico a nivel conti-nental. De aí que a partir desa tese se insista na invocación abstracta de Europa como es-pazo de progreso, liberdade, solidariedade e benestar. Unha proxección que enlaza coa percepción social de Europa xeraba en am-plas capas sociais por contraste, por exem-plo, coa ditadura fascista nacional-católica imperante no Estado español desde o 1939. Porén, a esquerda transformadora ou al-ternativa, sen negar que a hexemonía neoli-beral agrava os efectos, sitúa o problema europeo no deseño mesmo do chamado pro-ceso de construción europea. Desde esa óp-tica, as políticas de axuste e duros recortes impostas desde a Troika non só non represen-tan unha contradición coa folla de rota orixinal da UE, senón que responden precisamente ao seu deseño político desde o inicio. Presentadas sucintamente ambas as dúas grandes posicións, áchase que un breve per-corrido histórico, en chave crítica, das orixes e desenvolvemento da construción europea da que nacerán a CEE, logo a UE e máis tarde o euro, é o mellor método para discer-nir o fundamento que unha e/ou outra teñen. Aliás, este percorrido cronolóxico debe servir tamén para dar resposta a tres preguntas chave: Por que e para que nacen a UE e o euro? Quen promove e dirixe este proceso? A quen beneficia? As políticas de axuste e duros recortes impostas desde a Troika responden precisamente ao deseño político da UE. Tratado de París do 18 de abril de 1951 polo que nace a Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro
  3. 3. Cartaz do Plan Marshall promovendo a "unidade de Europa". 3 Cronoloxía crítica do proceso de construción europea 1920-1939 Os precursores ideolóxicos: O diplomático e político francés Aristide Briand e o aristócrata austro-francés Richard de Coudenhove-Kalergi son os principais va-ledores, nese período, da idea dunha federa-ción europea, no caso de Briand, e dun movemento paneuropeo no que respecta a Coudenhove-Kalergi. Pesan na súa arela de superar a división do continente, as terríbeis destrucións e perdas humanas producidas pola Grande Guerra (a Primeira Guerra Mun-dial causara arredor de 20 millóns de mortos e 22 millóns de feridos entre 1914 e 1918). Os precursores capitalistas: O 30 de setembro de 1926, constitúese o Cártel do Aceiro, unha alianza dos gran-des industriais da metalurxia de Francia, Ale-maña, Bélxica, Luxemburgo e Sarre. Son os mesmos industriais que, entre bastidores, ali-mentan a caixa B das organizacións de ex-trema dereita en toda Europa, a comezar polas de Alemaña e Francia. 1939-1945 O Gran Reich europeo: O nazismo constrúe un inmenso imperio europeo, co III Reich alemán como centro racista, expansionista e militarista, ao servizo dos grandes industriais que o financiaron nos anos 30 para confrontar “o perigo xudeo-bolxevique” e o pulo revolucionario das loitas obreiras do continente. Europa saíu devas-tada dunha guerra na que morreron entre 55 e 60 millóns de persoas. 1945-1957 A Europa americana: En xullo do 1947, reúnese en París a “Conferencia dos 16 para a coordinación da axuda americana á recuperación de Europa”. Entre as condicións dese préstamo de 13.000 millóns de dólares, coñecido popularmente como Plan Marshall, estaba a expulsión dos ministros comunistas nos gobernos de Eu-ropa beneficiarios do mesmo. Francia e Ho-landa usaron unha grande parte deses fondos para financiar as súas guerras colo-niais en Vietnam e Indonesia respectiva-mente. Europa devolverá con creces eses fondos aos Estados Unidos, que nesa xo-gada, penetran amplamente nos mercados europeos, colocan os seus excedentes nun momento de crise de sobreprodución da in-dustria norteamericana e aseguran a súa su-premacía militar coa constitución da OTAN en 1949. Robert Schuman, ministro de exteriores francés, presenta publicamente, o 9 de maio de 1950, o proxecto do que será finalmente a Comunidade Económica do Carbón e do Aceiro. Un proxecto aprobado de urxencia por un Consello de Ministros que só ten co-ñecemento da proposta ao chegar á reunión. A falta de transparencia e de democracia, e o poder absoluto dos tecnócratas marcarán a construción europea desde o comezo. A falta de transparencia e de democracia, e o poder absoluto dos tecnócratas marcarán a construción europea desde o comezo. Trincheira durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918)
  4. 4. 4 O Consello de Europa aproba o 8 de de-cembro de 1955 a definitiva bandeira de Eu-ropa. O seu deseñador, o artista alsaciano Arsène Heitz, recoñecerá posteriormente a inspiración mariana do deseño: as 12 estre-las amarelas da coroa luminosa da Virxe e o azul do seu manto. Esa simboloxía mariana xa estaba representada nunha vidreira da catedral de Estrasburgo e foi a fonte directa de inspiración. 1957-1973 A Europa en crecemento: En 1968, elimínanse totalmente as alfán-degas dentro da Comunidade Económica Eu-ropea. O Plan Mansholt (socialista holandés) establece a supresión de 5 millóns de hectá-reas de cultivos, a redución na metade da po-boación agrícola e a eliminación de 250.000 vacas leiteiras. 1973-2013 Europa en crise: Os alargamentos sucesivos da CEE (1973, 1981, 1986) son precedidos sempre “de vagas de reconversións industriais e agrarias (siderurxia, construción naval, pesca, agricultura, etc.), tanto nos Estados membro como nos aspirantes.” O 7 de febreiro de 1992, fírmase o Tra-tado de Maastricht, ou Tratado sobre a Unión Europea. Este significa un paso fundamental na desregulación e na financiarización da economía ao situar o novo horizonte dunha moeda única para a UE. Consolida igual-mente as transferencias de soberanía desde os Estados aos organismos e mecanismos da UE. Vía libre ao neoliberalismo, como dou-trina oficial. O 1 de xaneiro do 2002, ponse en circu-lación o Euro, provocando unha suba encu-berta dos prezos e unha perda real de poder adquisitivo da poboación traballadora. O do-minio total do Banco Central Europeo sobre as políticas monetarias impide que os gober-nos podan usar a moeda para gañar compe-titividade de cara ao mercado exterior, favorecendo o empeoramento das condi-cións salariais e laborais. O 1 de decembro de 2009, entra en vigor o Tratado de Lisboa, logo de sucesivos fraca-sos para facer aprobar o proxecto dunha Constitución Europea (a vitoria popular do non nos referendos en Irlanda, Francia e Ho-landa retrasou a axenda do proceso, mais non foi impedimento para que os gobernos pasaran por alto “a vontade popular expre-sada polo sufraxio universal”). A democracia non é benvida na Unión Europea. Os sucesivos alargamentos da CEE foron precedidos por vagas de reconversións industriais e agrarias. A posta en circulación do Euro provoca unha suba encuberta dos prezos e unha perda real de poder adquisitivo da poboación traballadora. Sinatura dos Tratados de Roma o 25 de marzo de 1957. A bandeira da UE está inspirada na imaxe da Virxe María.
  5. 5. Arredor dun 70% das decisións de carácter legal que afectan á cidadanía dos Estados inseridos na UE son adoptadas polas diferentes institucións da Unión. 5 A democracia negada Como funciona realmente a UE? Estímase que arredor dun 70% das deci-sións de carácter legal e normativo que afec-tan á cidadanía dos Estados inseridos na UE son adoptadas polas diferentes institucións da Unión. A normativa europea, naqueles asuntos de competencia exclusiva ou mesmo nos de competencia compartida cos Estados prevalece sobre a lexislación estatal. Quen toma as decisións? A UE articúlase en catro institucións principais: O Consello de Europa. Está integrado polos Xefes/as de Estado ou de Goberno dos países membro. Reúnese como mí-nimo cada seis meses. A pesar de non ter capacidade formal para a aprobación ou modificación de leis, é o organismo chave na medida en que é quen define a axenda política da UE. O Parlamento Europeo. Integrado por deputadas e deputados elixidos nos dife-rentes estados membro. Ten dúas sedes: Bruxelas e Estrasburgo. O Consello da Unión Europea. Nel están representados os gobernos dos Es-tados membros. A súa presidencia é ro-tatoria. A Comisión Europea. Representa, de feito, o executivo da Unión Europea. A súa composición é designada, de feito, polos Gobernos dos Estados membro. En función da axenda fixada desde o Consello de Europa, o Parlamento Europeo, o Consello da UE e máis a Comisión son as tres institucións que participan directamente na elaboración normativa ou lexislativa, to-mando as decisións través dun mecanismo denominado “procedemento lexislativo ordi-nario” (antes coñecido como “codecisión”), no que o Parlamento Europeo comparte a capacidade de decisión coas outras dúas ins-titucións, agás naquelas que ten reservado dereito a veto. Competencias A Unión Europea pode lexislar e adoptar actos vinculantes con carácter exclusivo, por riba da soberanía dos Estados membro, en as-pectos como: a unión aduaneira, as normas de competencia no mercado interior, a polí-tica monetaria da zona euro, a conservación biolóxica dentro da política pesqueira común, a política comercial común e a subscrición de acordos internacionais nestas materias. Existen ademais outras competencias compartidas, nas que os Estados poderán exercer a súa soberanía na medida en que a UE non exercera a súa competencia (isto é en aspectos non regulados a nivel comunitario), como son: política social (no referido aos tra-tados), a cohesión económica, social e terri-torial, a agricultura e a pesca, o medio ambiente, a protección dos consumidores, o transporte, as redes transeuropeas, a ener-xía, o espazo de liberdade, seguridade e xus-tiza, asuntos comúns de saúde públicas.
  6. 6. Amais das anteriores, a UE non impedirá aos Estados exercer as súas competencias en materia de investigación, desenvolve-mento tecnolóxico e o espazo, cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria. Con carácter especial a UE dispón de com-petencias tamén para apoiar, coordinar ou complementar a acción dos Estados en ma-teria de protección da saúde, industria, cul-tura, turismo, ensino, formación profesional, xuventude, deporte, protección civil ou coo-peración administrativa. Déficit democrático da UE Malia que os seus defensores subliñan a pretendida “vontade democrática” sob a que, na súa opinión, se edificou o proceso de construción europea, unha das principais eivas das que adoece -desde a súa xénese- a estrutura institucional da Unión Europea é o denominado déficit democrático. Por tal en-tendemos a carencia de suficiente lexitimi-dade democrática das diferentes institucións que conforman a UE, na medida en que a ci-dadanía dos Estados membro non posúe ca-pacidade efectiva para incidir na lexislación e actividade dos organismos comunitarios, malia que as decisións adoptadas por estes, como xa se sinalou, ten un impacto de grande relevo nas súas vidas. Académicos como Joseph Weiler, Andreas Føllesdal, Simon Hix, Fritz Scharpf ou Jürgen Habermas, entre outros, teñen analizado de maneira pormenorizada as principais falen-cias en termos democráticos da instituciona-lidade europea, que se poden sintetizar en catro eixos: Non división de poderes na UE. Funcionamento pechado da Comisión Eu-ropea e do Banco Central Europeo. Elección e funcionamento da institucionali-dade comunitaria con parámetros moi dife-rentes aos que se aplican para as institucións dos Estados. Debilidade do Parlamento Europeo, con base en: sEscasa participación electoral nos comi-cios dos que resulta elixida a Eurocámara. sAusencia de contraposición real de op-cións, por mor dos reiterados acordos entre os dous grandes grupos (Partido Popular Europeo e Partido Socialista Europeo) sNon elección da Comisión Europea nin da súa Presidencia (só dereito a veto). sIncapacidade para exercer o control sobre a Comisión Europea e o Consello da UE. A participación cidadá é obxectivamente indirecta e limitada apenas á elección cada cinco anos do Europarlamento. Unha institu-ción que lonxe de funcionar como “o maior lexislador democrático do mundo”, como o presentan os analistas menos críticos, non ten os poderes nin capacidades propias dun Par-lamento, xa que non pode aprobar por si pro-pio a lexislación comunitaria (directivas, normas, regulamentos...) e precisa da ratifi-cación do Consello da UE, unha institución que non é resultado da elección directa por sufraxio. Asemade, o Parlamento non ten ca-pacidade para fiscalizar nin controlar a actua-ción da Comisión nin do Consello da UE, que en contraste contan con importantes poderes. Mais, que efectos concretos ten o déficit democrático na cidadanía europea? A este respecto o profesor de Ciencias Políticas da Universidade Pompeu Fabra, Francesc Pau i Vall, achegaba a súa resposta a esta impor-tante cuestión nun artigo publicado no diario El País (18/04/2013) intitulado ¿Democracia Europea? no que afirmaba que “quen adopta as decisións estratéxicas é o Consello Euro-peo, que está formado polos xefes de Estado e de Goberno dos países membros e que non se debe confundir co Consello da Unión Eu-ropea xa referido. O Consello Europeo elixiu, na práctica a José Manuel Durão Barroso pre-sidente da Comisión Europea e a Mario Draghi presidente do Banco Central Europeo, e influíron decisivamente na elección de Christine Lagarde como presidenta do Fondo Monetario Internacional, todos baixo a su-pervisión de Angela Merkel, chanceler alemá. Estas persoas que nós non eliximos e que for-man o que se denomina a troika comunita-ria, deciden, desde a perspectiva económica o que deben facer países como España, Gre-cia, Italia ou Chipre“ 6 A cidadanía dos Estados membro non posúe capacidade efectiva para incidir na lexislación e actividades dos organismos comunitarios. A Eurocámara non ten os poderes nin capacidades propias dun Parlamento. Non pode aprobar por si propia a lexislación comunitaria.
  7. 7. O Capital pretende resolver as súas con-tradicións, agravadas pola presente crise sis-témica mais que son consubstanciais a este sistema fallido, a costa do maior empobre-cemento das clases populares que constitúen a maioría social. A disputa de plusvalía, agu-dizada por un capitalismo senil que se resiste a asumir o seu devalar –ilustrado polas enor-mes dificultades para a súa autorreprodución en ritmos e cantidades suficientes– desenvól-vese coma sempre a través da enaxenación (privada) da riqueza xerada polo traballo. A radicalización da loita de clases no marco da vixente crise do capitalismo ten efectos moi evidentes en Europa, onde o vir-tual “Estado do benestar” ten sido literal-mente derribado por unha vaga de recortes sen precedentes que afectan tanto a servi-zos públicos esenciais, como son o ensino ou a sanidade, como tamén a dereitos sociais, cunha agresiva precarización das condicións laborais e o masivo empobrecemento de sa-larios e pensións, e mesmo do xa ultralimi-tado réxime de liberdades e dereitos civís. No cerne desta ofensiva sitúase a denomi-nada Troika. Mais, a que chamamos Troika? O que hoxe se presenta como “Troika” é só unha nova expresión para definir un vello suxeito, estruturalmente imperialista e supeditado aos intereses xeoestratéxicos dos EUA. Con Troika nos referimos a unha tríada institucional, eri-xida sen ningún visado democrático sob a ar-ticulación da sección para Europa do Fondo Monetario Internacional canda dous dos prin-cipais órganos da Unión Europea: a Comisión Europea (o seu executivo) e o Banco Central Europeo (que representa de feito o seu brazo “armado” no ámbito financeiro-monetario). Esa Troika actúa sen reparos como verdadeira punta de lanza dos intereses do gran capital monopolista contra os intereses da maioría social e os pobos que hoxe fican integrados no espazo UE. Unha ofensiva especialmente dura no caso daqueles Estados integrados na zona euro, polos efectos dunha política mo-netaria que profunda nos desequlibrios terri-toriais existentes no seo da Unión ao se supeditar aos intereses das dúas principais potencias: Alemaña e Francia. É a Troika quen, actuando como outrora o fixeran as metrópoles dos vellos imperios colo-nias, impón durísimas condicións aos Estados membro a cambio de liñas de financiamento – que non son a fondo perdido– para os deno-minados programas de “rescate”, que en realidade se limitan a apuntalar a solvencia, Con Troika nos referimos a unha tríada institucional, erixida sen ningún visado democrático, sob a articulación do FMI, a Comisión Europea e o BCE. 7 A que chamamos Troika? Herman Van Rompuy (Presidente do Consello Europeo), Christine Lagarde (Directora do Fondo Monetario Internacional) e José Manuel Durão Barroso (Presidente da Comisión Europea)
  8. 8. asegurar o pagamento da débeda coa banca do centro do continente e salvar as contas de resultados do grande capital financeiro. O deseño destes programas resulta tamén na conversión en débeda pública, computábel a efectos de déficit dos Estados, o que era débeda privada con orixe no sis-tema de crédito interbancario (os préstamos e capital circulante entre as propias entida-des financeiras e co BCE). Extremo que fica demostrado no caso do Estado español, xa que os 41.000 millóns de euros solicitados polo Goberno de Mariano Rajoy para os in-xectar no sistema financeiro do Estado, foron recibidos co aval do Estado como garantía. Desta maneira e malia que existe o com-promiso formal de que as entidades financeiras que se serviron desa liña de crédito terán que devolver os recursos que se lle transferiron, operacións de venda como a de NovaGalicia- Banco ao banco privado venezolano Banesco (que só pagará 1.003 millóns dos preto de 10.000 millóns de axudas públicas e do fondo de garantía de depósitos que se inxectaron no banco galego), deixou en evidencia que non se producirá tal reversión e que polo tanto o pro-grama de rescate será financiado a conta de recursos públicos, o que sumado ás restricións impostas desde a UE ao Estado español provo-cará (a falta dunha reforma fiscal progresiva) que a vaga de recortes iniciada no gasto pú-blico continúe con carácter de permanencia (e non apenas conxunturalmente como se argu-menta oficialmente). Engádese tamén o factor da denominada “condicionalidade” deses programas de res-cate. As liñas de axuda fornecidas pola Troika están condicionadas a duros planos de axuste, que conculcando a vontade dos pobos constitúen a maior regresión en ma-teria de dereitos sociais e laborais da nosa historia recente. Así o ilustra o acontecido en Grecia (cun plano de recortes brutal e un empobrecemento xeneralizado da poboa-ción), en Italia, en Portugal, en Irlanda e tamén no Estado español. Se ben neste últi-mos casos os rescates foron intervencións máis matizadas, sobre todo no caso do Es-tado español pola dimensión (a nivel PIB) da súa economía no conxunto da zona euro, que puña en risco a propia viabilidade da moeda única. Laminación da democracia formal Constátase que a ofensiva do Capital non respecta nin os limites das democracias for-mais, e é cada día máis patente que o poder real radica moi lonxe de Parlamento e Go-bernos. Deixa ao descuberto tamén que no marco do capitalismo ningunha conquista social é permanente. Que todo, absoluta-mente todo, está en disputa, mesmo aquilo que foi logrado por décadas de loitas sociais e coa anuencia dunha correlación de forzas máis favorábel, grazas a existencia doutro bloque histórico (antagónico ao imperialista) hoxe desaparecido. É tamén a emerxencia da Troika, e o im-pulso desde esta instancia non-democrática dos paquetes de recortes -logo executados con total complicidade polos gobernos esta-tais da dereita neoliberal e da socialdemo-cracia sistémica-, un síntoma evidente de que o desenvolvemento do capitalismo pasa polo debilitamento, cando non negación, da so-beranía nacional e popular dos pobos. Todo o anterior verifica ademais que non cabe distinción conceptual entre o que cha-mamos Troika e o conxunto das institucións que vertebran a actual Unión Europea. Non son algo diferente, senón denominacións di-ferentes para un mesmo suxeito. Non se pode distinguir, xa que logo, Troika da propia UE. Tampouco existe unha desviación da UE dunha folla de rota que nunca tivo, a pesar de que existan actores políticos e sociais que insistan en proxectala como garante de be-nestar, desenvolvemento social e das liber-dades. Precisamente o contrario. A ofensiva antipopular que capitanea a Troika axústase plenamente ao deseño histórico, político, económico e tamén militar que a clase do-minante edificou en Europa tras a Segunda Guerra Mundial e que radicalizou tras a de-rrota da Unión Soviética a principios dos 90. 8 Non cabe distinción conceptual entre o que chamamos Troika e o conxunto das institucións que vertebran a actual Unión Europea. As liñas de axuda fornecidas pola Troika están condicionadas a duros plans de axuste que constitúen a maior regresión en materia de dereitos sociais e laborais da historia recente.
  9. 9. 9 A UE e a globalización neoliberal: a Europa do capital A globalización neoliberal dá folgos, como nunca antes, ao proceso de centralización (te-rritorial) e concentración (de clase) da riqueza e do poder. Nese proceso xogan un papel fun-damental os Estados Unidos e a Unión Euro-pea, e na actualidade tamén os BRICS, que cuestionan a hexemonía dos primeiros mais non o sistema económico e social dominante. Estes dous eixos do capitalismo aceleráronse coa crise, xa que esta é un profundo axuste no reparto da riqueza producida, a costa das cla-ses populares e dos territorios dependentes, que se sustenta exclusivamente na lei do máis forte. Esta tendencia xa existía previamente á crise, mais esta intensificouna. Por exemplo, no aspecto social, destaca o relatorio sobre salarios 2012-2013 da OIT que a produtivi-dade media 1999-2011 nos estados “desen-volvidos” medrou o dobre que os salarios, especialmente na última década, incluíndo o período da crise. Saliéntase neste informe que: “A tendencia mundial resultou nun cam-bio na distribución do ingreso nacional, cunha menor participación dos traballadores, men-tres que a participación do capital na renda aumenta nunha maioría de países. Ata en China, un país onde os salarios, a groso modo, triplicáronse durante a última década, o PIB aumentou a unha taxa maior que a masa sa-larial total; xa que logo, a participación do tra-ballo na renda diminuíu. A caída na participación do traballo débese ao avance tecnolóxico, á globalización do comercio, á ex-pansión dos mercados financeiros e á declina-ción en densidade sindical, o cal erosionou o poder de negociación dos traballadores. A glo-balización financeira, en particular, podería ter xogado neste aspecto un papel maior do que se pensaba anteriormente”. No extremo oposto están as 1.645 persoas que, segundo a revista Forbes, teñen unha fortuna superior aos 1.000 millóns de dólares no ano 2014 cun patrimonio total de 6,4 billóns de dóla-res; foron 219 máis que un ano antes. Este medre da desigualdade tamén se manifesta cun aumento do poder económico e político do centro na periferia. Concreta-mente, o investimento directo da Unión Eu-ropea na América Latina xa é a esta altura moito maior que o dos Estados Unidos (a po-tencia hexemónica na zona dende a segunda Guerra Mundial). No período 2006-2010, o investimento da UE representou o 40% (uns 30 mil millóns de dólares anuais) fronte ao 28,2% de Estados Unidos e Canadá. En total, na rexión, o investimento acumulado era no ano 2010 de máis de 500.000 millóns de dó-lares. O retorno dos beneficios aos países de orixe foi de promedio na América Latina, entre 2006 e 2011, de 92.000 millóns de dó-lares ano (tanto como a suma do PIB de Ecuador e a República Dominicana). En moi-tos casos, como na Arxentina, Chile e Perú, practicamente contrarrestaron a entrada de capitais. Joaquín Almunia, Vicepresidente e Comisario Europeo de Competencia
  10. 10. 10 O negocio da globalización Se analizamos o investimento mundial vemos a importancia da Unión Europea no proceso da globalización neoliberal. Os in-vestimentos da UE no exterior foron, no pe-ríodo 2006-2010, por rexións, os seguintes: 31,1% nos Estados Unidos; 24,6% noutros países de Europa; 5,9% en África; 12,6% en estados en vías de desenvolvemento de Asia; 6,1% en América Latina; e o 19,7% noutros estados. Neste período, os países da UE in-vestiron un 57,2% do total da exportación de capitais noutros estados da propia Unión (fonte: Cepal). Por investimento directo no exterior, no ano 2009, o primeiro é Estados Unidos, con 3.259.000 millóns de dólares, seguido de Francia 1.759.000 millóns, Reino Unido 1.643.000 millóns, Alemaña 1.403.000 millóns e Países Baixos 866.100 millóns. O Estado español figura en noveno lugar, por diante de China e Italia, con 633.300 millóns. No caso do investimento directo exterior recibido, están primeiro os Estados Unidos, e despois Francia, Alemaña e Reino Unido. E o Estado español no sétimo lugar con 663.100 millóns de dólares de in-vestimento foráneo. Como se pode ollar, no caso do estado español, unha cifra moi equi-librada en relación coa entrada de capital ex-terior (fonte: CIA). As corporacións transnacionais utilizan as grandes potencias para impoñer os seus in-tereses, mentres procuran a maior autono-mía dos mercados “estatais” para manter unha maior autonomía. Un exemplo témolo nas grandes empresas españolas. Nos nove primeiros meses de 2012, Telefónica, Iber-drola, Santander e BBVA obtiveron dous ter-cios dos seus lucros fóra do Estado español, especialmente en Brasil, México e Chile, na América Latina, e despois na Europa. Outras multinacionais, que cotizan no IBEX, como Endesa, obtiña fóra un 43,7%, e Gas Natural un 42,7%. No caso de Zara, para o primeiro semestre fiscal, os beneficios exteriores re-presentaban o 77,1%. Nas construtoras, as porcentaxes son aínda maiores, xa que ACS conseguiu un 82% da súa facturación fóra, Abengoa un 71%, etc. (Expansión, 20-11- 2012). O auxe do investimento exterior, co re-torno de importantes beneficios ao pais de orixe, está acompañado por un medre do co-mercio exterior, en boa medida entre as pro-pias corporacións e as súas filiais. A UE, segundo datos de 2011, importaba máis do que exportaba, cun desequilibrio duns 200 mil millóns de euros por ano. Se analizamos por países, no relativo ao comercio exterior da UE, Alemaña, Irlanda e os Países Baixos tiñan un saldo moi positivo, mentres que o Reino Unido, Francia, o Estado español, Italia, Grecia e Portugal, destacaban por todo o contrario. Amosando como lle afecta negati-vamente o valor do euro e as normas arance-larias en vigor. Os Estados Unidos mantiñan As corporacións transnacionais utilizan as grandes potencias para impoñer os seus intereses. Reunión do G8.
  11. 11. un déficit moi forte coa UE, mentres Rusia, China e Noruega eran os que conseguían os mellores resultados. Son cifras que xustifican o interese de Estados Unidos por mudar as nor-mas, e por que Alemaña só olla vantaxes no futuro TLC entre a UE e USA. Ofensiva imperialista A expansión exterior das potencias impe-rialistas vese moi favorecida pola eliminación das moedas “nacionais”, dos aranceis, xunto coa financiarización da economía, e agora os TLCs, que dan pulo ao proceso de globaliza-ción neoliberal, en beneficio das grandes em-presas (e fortunas), que son as únicas capaces de competir a ese nivel. Dáse así folgos ao mesmo tempo á especulación, á economía delituosa en todas as súas variábeis e á co-rrupción. A globalización debilita a capaci-dade de presión das clases populares e polo tanto a democracia e os mecanismos de con-trol institucional dos pobos. As grandes em-presas, que son as que marcan as accións dos gobernos burgueses (nesta correlación de for-zas), xa non dependen do mercado interno para colocar os seus produtos, xa que contan cun vizoso mercado internacional, polo que poden dislocar a produción alí onde custe menos, ou reducir os salarios locais (pola existencia dunha man de obra de reserva mundial), para así optimizar os lucros. En relación ao papel do capitalismo dinos Adrián Sotelo Valencia: “O capitalismo norteamericano, europeo e global, está che-gando a un estadio do proceso histórico da acumulación de capital e da división interna-cional do traballo onde produce menos valor, plusvalor e, polo tanto, tende a castigar as taxas de lucro e elevar o déficit financeiro dos Estados os que, como se olla na Unión Euro-pea, tamén intentan paliar recurrindo a unha maior explotación do traballo mediante au-mentos desmedidos do tempo de traballo sen compensación salarial, maior intensificación do traballo e un cúmulo de medidas de aus-teridade e da redución do consumo da pobo-ación” (Los rumbos de trabajo; Editora Miguel Ángel Porrúa; México) En calquera caso, o papel da Unión Euro-pea no escenario mundial non é máis que un reflexo lóxico da correlación de forzas e da súa evolución. Un proceso no que as clases dominantes fóronse fortalecendo en detri-mento do movemento popular, do move-mento obreiro, e das forzas de esquerda. Non é casual que a UE sexa o centro dos re-cortes sociais e democráticos, que se están a facer mesmo naqueles estados menos afec-tados pola crise e máis poderosos (como Ale-maña e Francia), e que nalgúns casos alente as posturas máis militaristas e intervencionis-tas. Ademais, todo indica que son cambios estratéxicos, e que no futuro haberá novas medidas regresivas. Este axuste entre clases e entre territorios abrangue ademais, da cuestión económica e laboral, todos os ámbitos da vida humana, dende o social até o militar, dende a cultura até a ecoloxía, dende a igualdade de xénero até a democracia. En poucas palabras: nin-gún país, actividade, e ningunha clase social fica á marxe desta confrontación. Polo tanto, é unha contradición que só se pode resolver no ámbito político, cunha mudanza na corre-lación de forzas e un cambio sistémico. E isto é fundamental especialmente para a periferia do sistema, tanto social como territorial. A globalización debilita a capacidade de presión das clases populares e, polo tanto, a democracia e os mecanismos de control institucional dos pobos. Non é casual que a UE sexa o centro dos recortes sociais e democráticos, que se están a facer mesmo naqueles estados menos afectados pola crise. 11 Milicias fascistas do denominado euromaidan na Ucraína.
  12. 12. A Unión Europea está asociada a un proxecto de control do mundo baseado no inmenso poder militar dos Estados Unidos. 12 O papel xeo-estratéxico da UE como polo imperialista O avance da globalización neoliberal, ou sexa, do capitalismo na súa etapa senil (como o caracteriza graficamente Samir Amin), non é mais ca unha nova forma de imperialismo, tal como se reflicte na álxida disputa polo reparto das áreas de influencia entre os Estados Unidos e os seus aliados da Unión Europea, Xapón, Corea do Sur, Ca-nadá, Australia, etc. e as potencias emerxen-tes, os chamados BRICS (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica). Entre estas últimas hai que salientar a China e a Rusia, polos seus recursos e poder militar; por esta razón con-céntranse nelas os ataques do vello imperia-lismo (Estados Unidos e aliados). Tampouco fican á marxe do conflito coas potencias he-xemónicas, aqueles países que queren man-ter a súa soberanía, como Siria, Irán, e fundamentalmente os que integran a ALBA. Neste último caso, quérese evitar o exercicio da soberanía por estas nacións e liquidar a construción dun modelo económico e social alternativo, favorábel ás clases populares e de respecto aos dereitos nacionais dos pe-quenos países. Mais, o preocupante, e moi importante para a análise da situación actual no mundo, é o papel da Unión Europea. Un bloque po-lítico económico onde as contradicións van a máis, a medida que o capitalismo se desen-volve. Todos os datos amosan que a UE aposta por un sistema que aumenta arreo as desigualdades sociais e entre territorios, no que desaparecen linguas e culturas, medra a especulación, a economía delituosa, a co-rrupción e a inseguridade cidadá. Non se dá solución a problemas da humanidade que ademais se agudizan co tempo, como o eco-lóxico, demográfico, o esgotamento de recur-sos enerxéticos e materias primas, e a desaparición de especies vexetais e animais. A resposta a estas eivas e atrancos é cada vez menos integradora, e máis excluínte e agre-siva coas clases subordinadas e os países máis débiles e/ou dependentes. De aí que a militarización dos conflitos, o recurso á vio-lencia sistémica, a supresión de dereitos de-mocráticos básicos, a espionaxe global e un control férreo dos medios de comunicación de masas, vaise convertendo na resposta nor-malizada dun sistema só funcional aos gran-des poderes económicos. Nesta etapa o capitalismo é un sistema destrutivo que traba calquera solución acorde coas necesidades da humanidade. O aliñamento atlantista En calquera dirección que ollemos, todo reflicte que a Unión Europea está asociada a un proxecto de control do mundo baseado no inmenso poder militar dos Estados Unidos. O militarismo é o que lle permite a Washington axer con total impunidade, dando carta de le-galidade á forza económica, á agresión e á ocupación, esmagando as regras internacio-nais vixentes, construídas con tanto sangue e sacrificio. Tamén utiliza a espionaxe para rou-bar no exterior patentes e pescudar na vida de dirixentes políticos e sociais. E de ser ne-cesario, invade os países co obxecto de se apropiar os seus recursos ou utilizalos como bases xeo-estratéxicas. Véxase que no refe-rente á espionaxe, malia afectar a grandes empresas europeas e presidentes/as de go-bernos aliados de Washington, para alén dal-gunha protesta, para saír do paso diante da sociedade, pasou axiña a ser unha anécdota. Isto amosa dous aspectos da asociación entre os Estados Unidos e a Unión Europea: que para as clases dominantes europeas esta alianza é fundamental, e que se dá nunha re-lación de subordinación. En relación co papel da Unión Europea no escenario internacional, afirma Samir Amin (http://marxismocritico.com /2013/05/24/ A UE aposta por un sistema que aumenta as desigualdades sociais e entre territorios, no que desaparecen linguas e culturas, medra a especulación, a economía delituosa, a corrupción e a inseguridade cidadá.
  13. 13. Todos os países da UE, coinciden nunha fronte común no exterior, así como no obxectivo da desregulación laboral, da privatización e da utilización do Estado para favorecer os intereses das grandes empresas. 13 la-implosion-del-sistema-europeo/): “A causa da aparición deste imperialismo colectivo é a necesidade de enfrontar unidos o desafío dos pobos e estados periféricos de Asia, África e América Latina, desexosos de fuxir da súa subordinación. O segmento imperia lista eu-ropeo en cuestión involucra só a Europa occi-dental, cuxos estados na época moderna foron sempre imperialistas, posuisen ou non colonias, xa que teñen e sempre tiveron unha participación na renda imperialista. Pola con-tra, os países de Europa do Leste non teñen acceso á mesma, xa que carecen de multina-cionais propias. Tragáronse a ilusión de que teñen dereito a ela só polo seu europeísmo. Al-gunha vez serán capaces de desfacerse desa ilusión? O imperialismo, ao se ter convertido en colectivo e permanecendo así no futuro, comparte en relación ao Sur unha política común –a da tríada–: unha política de agre-sión permanente contra os pobos e os Estados que se atreven a poñer en cuestión o seu sis-tema de globalización. Este imperialismo co-lectivo ten un líder militar, e unha potencia hexemónica: Estados Unidos. Enténdase, pois, que nen a Unión Europea nen os seus estados teñen unha política exterior. Os feitos demos-tran que non hai máis que unha soa realidade: a aliñamento detrás do que Washington de-cida (talvez de acordo con Londres). Visto desde o Sur, Europa non é máis que o aliado incondicional de Estados Unidos.” Hai quen fronte á evidencia imperialista da Unión Europea afirma que mesmo así, trá-tase dun capitalismo máis humano, alterna-tivo ao anglo-saxón, mais a práctica amosa que ten na potencia norteamericana o seu referente económico e social (a visita de Rajoy a Obama para conseguir o seu respaldo nos axustes que está a facer é clarificadora). Evidentemente iso non quere dicir que non existan diverxencias, mesmo confrontación de intereses, mais no fundamental forman un bloque común, tanto para frear o multila-teralismo (especialmente o ascenso de China e Rusia), como para agredir as nacións máis débiles que pretendan desenvolver políticas soberanas e un modelo económico e social alternativo (os casos de Siria, Venezuela e Cuba son de manual). Tampouco hai unha actitude diverxente, para alén de matices, entre a UE e os Estados Unidos en relación á globalización neoliberal e como tratar os bloques alternativos como a ALBA, e moito menos en relación ao modelo económico e social polo que se debe apostar. Todos os países da UE, coinciden nunha fronte común no exterior, así como no obxectivo da desregulación laboral, da privatización e da utilización do Estado para favorecer os intere-ses das grandes empresas. E escenifícanse cada vez menos as contradicións, para tirar vantaxes na mesa de negociación a favor dos grupos de poder europeos. É a UE unha potencia imperialista? Gloria Teresita Almaguer, analista do Centro de Estudos Europeos de Cuba, debu-llaba nun artigo o papel da Unión Europea no contexto internacional, e preguntábase se era ou non unha potencia imperialista, dando os seguintes argumentos (http://www.rebe-lion. org/noticia.php?id=174993):
  14. 14. 14 “– Como interpretar senón, que fose preci-samente na década dos 70, cando a Unión Eu-ropea decidiu institucionalizar a gran escala as súas relacións coas súas ex colonias en todo o mundo, creando para iso o Grupo África, Caribe, Pacífico? Lémbrese que daquela, o planeta enfrontábase a unha aguda crise, con significativos impactos a escala global e en consecuencia nos propios Estados do bloque, ¿non foi esta acción unha manobra estratéxica para asegurar posicións? – Como comprender cabalmente que fose xustamente na década dos 90 cando a Unión Europea iniciou un maior achegamento á América Latina, se non se toman en conside-ración as extraordinarias transformacións que desde finais dos 80 viñan producíndose na xe-opolítica mundial, e a necesidade dun reposi-cionamento estratéxico dos grandes poderes imperiais? – Como explicar que no 2006 a UE botase a andar unha moi agresiva “Estratexia de Com-petitividade” baseada nunha moi discutíbel e verdadeiramente falaz liberdade comercial con todos os seus “socios”, se non se analiza a si-tuación interna do bloque e a urxente necesi-dade de elevar os niveis de crecemento e emprego para evitar o agora moi evidente des-contento social dos seus poboadores? De facelo desde esta perspectiva, resulta evidente que non se trata máis que dunha estratexia imperialista de reposicionamento. – Como entender con toda claridade a ur-xencia da UE por impulsar os “Acordos de Aso-ciación Económica”, enténdase Tratados de Libre Comercio con todas as rexións, subrexións e nacións específicas do “Sur xeopolítico” se non se soubese da ameaza que supón para os seus intereses imperiais a, ate dagora, des-feita da Rolda de negociacións multilaterais de Doha? – Como explicar o “Plan de Actuación da Unión Europea en prol da seguridade e a so-lidariedade no sector da enerxía”, aprobado en novembro do 2008 no contexto da “Se-gunda Revisión Estratéxica” do devandito sec-tor, que proxecta o estabelecemento de fortes vínculos cos principais Estados e rexións pro-dutoras ou coas maiores reservas enerxéticas de todo o mundo, se non se parte da vulnera-bilidade que nesta esfera presenta o bloque? – Como interpretar o papel de acompaña-mento da Unión Europea a EE.UU. na súa es-calada de agresións no norte de África e no Medio Oriente, o seu incentivo á desestabili-zación nas eufemisticamente chamadas “pri-maveras árabes”, o seu papel na horrenda e inxustificada agresión a Libia, as súas san-cións a Irán, a súa nefasta actuación contra Siria? Son casuais estes actos ou responden aos intentos de recolonizar e manter a domi-nación sobre os valiosos e case incalculábeis recursos naturais estratéxicos destas rexións? – Como xustificar o silencio do liderado do bloque, enténdase Consello, Comisión e Par-lamento Europeo, así como a Alta Represen-tante para a Política Exterior, Catherine Ashton, ante a ofensiva agresión de varios Es-tados membros ao Presidente Evo Morais? Su-cedería o mesmo de se tratar de Barack Obama? Non son acaso, accións propias dunha vocación imperial dos devanditos Esta-dos contra un dos países máis saqueados na época colonial, e contra o primeiro presidente indíxena dunha América Latina que hoxe se resiste cada vez máis a ser tratada como patio traseiro de ningún Imperio trasnoitado? – É Imperialista a UE? Seguramente nin o seu propio liderado se atreve a dubidalo, e aínda que moito se empeñe en agochalo, son moi poucos aos que pode confundir...” Polo tanto, tendo en consideración o ca-rácter imperialista da Unión Europea e as súas consecuencias, tanto no exterior como no interior, e todo indica que esta será a ten-dencia dominante no futuro, é fundamental para o pobo galego responder correctamente algunha pregunta. É posíbel, con estas regras de xogo neoliberais e as que se irán acumu-lando, evitar que as nacións periféricas (espe-cialmente as que carecen de estado propio) sigan perdendo peso económico, poder polí-tico, e identidade cultural e lingüística?
  15. 15. 15 A moeda única: orixe e crise actual Que é o euro? O euro é a moeda única adoptada pola Unión Económica e Monetaria (UEM) que se emprega na chamada eurozona. A mesma está integrada fundamentalmente por países da Unión Europea máis tamén por outros que non fan parte desta. O euro fica regu-lado polo Sistema Europeo de Bancos Cen-trais (SEBC), baixo dirección do Banco Central Europeo (BCE), con sede en Ale-maña, que é a instancia facultada para fixar a política monetaria común. Dos 28 Estados que integran actualmente a UE, só 18 renunciaron á sua moeda pro-pia para converxer no euro. Son Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslove-nia, o Estado español, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia, Lu-xemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal. Canda estes, engádense outros seis Estados, non integrados na UE, como son Andorra, Mónaco, San Mariño, Cidade do Vaticano, Montenegro e Kosovo. En total son 24 os Es-tados do continente europeo no que o euro é a moeda corrente. Está previsto que outros 7 territorios poi-dan adoptar no futuro a moeda única: Litua-nia (despois de 2015), Polonia, Romanía e Bulgaria (despois de 2016); República Checa (despois de 2017); Hungría (despois de 2020) e Suecia (sen data). Dinamarca e Reino Unido teñen cláusulas de exclusión, polo que non prevén adoptar o euro. Como e para que nace a moeda única? Se ben o acordo polo euro estabeleceuse no Tratado de Maastritcht 1992, subscrito por doce países (entre eles o Estado español), o proxecto de moeda única na CEE ten a súa orixe na década dos anos 70. O 15 de de-cembro de 1995 os Estados que daquela fa-cían parte da UE acordan definitivamente a creación da moeda común baixo a denomi-nación euro. ECU (European Currency Unit) foi o nome que adoptou o sistema de conversión entre as moedas que se acabarían por unificar no euro. O 1 de xaneiro de 1999 entra en vigor, mais unicamente a efectos de anotación e transferencias. Será o primeiro día do ano 2002 cando se poña en circulación efectiva coa emisión de billetes e moedas, cos que se substitúen as anteriores moedas estatais. Nesa altura o euro cambiábase por 0,90 dó-lares norteaméricanos. En apenas 6 meses o euro sobrepasaría a paridade co dólar, diná-mica que se mantén no tempo. O seu má-ximo histórico foi en xullo de 2008 cando un euro atinxía equivalencia por importe de 1,59 dólares. A posta en marcha da moeda única co-rrespóndese coa terceira fase coa que cul-mina a Unión Económica e Monetaria, que representa a integración de varios Estados para promover a liberdade de circulación de mercadorías, servizos, persoas e capitais. Mais, no concreto para que nace a moeda única? Para dar resposta a esta cues-tión o economista portugués, Pedro Car-valho, apunta que se deben ter presentes dúas cuestións fundamentais: Primeiro, que o Euro e a União Económica Monetária não são instrumentos neutros, são instrumentos de classe, enquadrados no processo de classe que constitui a União Europeia ao serviço do grande capital e das grandes potências eu-ropeias. É necessário lembrar que este pro-cesso teve sempre o apoio activo das grandes confederações patronais europeias represen-tadas na UNICE e na ERT (mesa redonda dos industriais europeus), Segundo que o Euro e a União Económica e Monetária não são uma necessidade económica objectiva, mas sim uma decisão política no contexto da in-tegração [capitalista] no quadro da União Europeia1. Profundando a respecto dos obxectivos que persigue a posta en circulación do euro, Car-valho acrecenta que esta nova moeda visa principalmente [sacralizando o objectivo da estabilidade dos preços] promover a modera-ção salarial, reduzir [conter o crescimento] dos salários reais e garantir a transferência dos ganhos de produtividade para o patronato [é bom lembrar que o crescimento dos salários reais médios na zona Euro passou de 1,2% na década de 1990, para 0,4% desde 2000, tendo a produtividade do trabalho sido superior, o que implicou uma redução de 8,4% nos custos uni-tários do trabalho reais], engrossando os seus 1 CARVALHO, Pedro. Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal; ODiario.info. 23/11/2006 O Euro e a União Económica Monetária não são instrumentos neutros, são instrumentos de classe, enquadrados no processo de classe que constitui a UE ao serviço do grande capital opina Pedro Carvlho. Felipe González asinando o Tratado de Maastritcht.
  16. 16. lucros [é bom lembrar que o peso dos lucros na repartição do rendimento na União Euro-peia atingiu o seu máximo nos últimos 25 anos]2. Desta maneira para o autor o Euro serve os interesses do grande capital - das grandes empresas multinacionais europeias - ao re-duzir os seus custos de internalização e inter-nacionalização dos mercados e permitir uma maior unificação do mercado interno, garantido às grandes empresas multinacio-nais um acesso mais fácil [e com menores custos] aos mercados nacionais de cada Es-tado- membro3. O papel do euro na crise Os efectos que está a producir a actual crise sistémica, quer en termos económicos quer en termos sociais, teñen contribuído a abrir e estender socialmente o debate a res-pecto do papel que xoga o euro e mesmo sobre a conveniencia de abandonar a moeda única. Para o economista Jacques Sapir a po-lítica económica conducida pola UE desde 2009 (e en realidade mesmo desde o 2000 na zona euro) é causa do fraco crecemento europeo e da súbida astronómica do desem-prego na Grecia, no Estado español, en Por-tugal, e tamén en Italia e Francia4. Unha opinión partillada tamén por Maurice Decai-llot quen asegura que a acentuación brutal polo euro da concorrencia na Europa mer-cantil [na Europa dos capitais] aumentou for-temente en cada país os desequlibrios sociais e, de modo cada vez máis visíbel, cavou fosos entre os diferentes países5. Asemade, a reacción das institucións co-munitarias, da chamada Troika, fronte esta realidade en troca de a resolver tería agra-vado. Así o denuncian os economistas Costas Lapavitsas e Heiner Flassbeck, para quen as medidas de axuste simétrico (recortes sala-riais e deflación nos países debedores e sen cambios en Alemaña) que se están a imple-mentar na UEM parten da asunción de que Alemaña, o principal país acredor, aplicou as políticas axeitadas e de que os países debe-dores o fixeron todo mal6. Isto estaría a agudizar as contradicións centro-periferia que para Pedro Carvalho son intrínsecas ao propio proceso de construción europea e nomeadamente á posta en mar-cha do euro. Uma política monetária única não pode dar resposta às necessidades dife-renciadas de 12 [13 com a adesão à zona Euro da Eslovénia em 2007] economias dife-rentes, com níveis diferenciados de desenvol-vimento económico e social, com estruturas produtivas diferentes, com opções políticas e culturas administrativas diferentes, porque estas implicam respostas de política econó-mica e monetária diferenciadas. Quanto mais para 25 economias [27, com a Bulgária e a Roménia, em 2007], onde o alargamento da UE, se traduziu no crescimento das dispari-dades económicas, sociais e regionais. Esta política única irá sempre responder às neces-sidades das grandes potências7 asegura. Saír do euro? Até cinco premios nobel de economía va-loran para os países do Sur de Europa a hi-pótese de abandonar a moeda única como unha decisión que sería positiva para o com-bate da crise. Un deles, Paul Krugman, mós-trase certo de que se está a achegar un momento da verdade no que se terá que producir un grande cambio na política da zona euro ou planificar unha ruptura da moeda única. Krugman sostén que o Estado español estaría en mellor situación de non ter adoptado o euro. O sociólogo Vicenç Navarro insírese no crecente grupo de ex-pertos con posicións claramente cuestiona-doras do euro, e advoga porque se abra un debate no Estado español sobre o mérito ou demérito de saír do euro8. Desde Portugal, para Octavio Teixeira hoje é uma evidência que a União Monetá-ria fracassou (como não poderia deixar de ser) e se transformou num instrumento de re-gressão económica e social, que a zona Euro reduz o poder de compra dos trabalhadores, restringe os seus direitos sociais, promove a intensificação do trabalho e o desemprego, degrada os serviços públicos e condena paí-ses, como Portugal, à miséria9. Consello Europeo celebrado en Madrid en 1995. 16 2 Ibidem 3 Ibidem 4 SAPIR, Jacques. Saír do euro; Terra e Tempo. 27/04/2014 5 DECAILLOT, Maurice. Sair do euro, para sair do capitalismo; Resistir.info. 13/08/2013 6 LAPAVITSAS, Costas et FLASSBECK, Heiner. A crise sistémica do euro, as verdadeiras causas e as terapias efectivas; Revista Terra e Tempo, xullo 2012 - xuño 2014. 7 CARVALHO, Pedro. Reflexões sobre o Euro e seu impacto para Portugal; ODiario.info. 23/11/2006 8 NAVARRO, Vincenç. Saír do euro; Avantar. 05/11/2013 9TEIXEIRA, Octavio. A permanência no Euro não é um desastre irreversível; ODiario.info. 01/03/2013 Para Maurice Decaillot a acentuación brutal polo euro da concorrencia na Europa mercantil aumentou fortemente en cada país os desequlibrios sociais e, de modo cada vez máis visíbel, cavou fosos entre os diferentes países
  17. 17. A opacidade sobre a negociación do TLC entre a UE e os EEUU contrasta coa campaña mediática para xerar un ambiente favorábel ao acordo. 17 Un TLC entre EE.UU. e a UE para máis neoliberalismo Hai case que un ano, en xuño de 2013, aproveitando a reunión do G-8 en Lough Erne (Irlanda do Norte), os Estados Unidos e a Unión Europea anunciaron oficialmente as negociacións dun Tratado de Libre Comercio (TLC). Esperan que o chamado Acordo Transatlántico sobre Comercio e Investi-mento (Transatlantic Trade and Investment Partnership) estea concluído nesta primavera e plenamente vixente no ano 2015. O pri-meiro que chama a atención é que as reu-nións e temas a debate sexan practicamente un segredo. Segundo a activista Susanne Schuster: As negociacións son segredas para impedir aos pobos descubrir o que verdadei-ramente está en xogo. Por outro lado, 600 conselleiros oficiais das grandes empresas dispoñen dun acceso privilexiado a estas ne-gociacións para forxar o seu punto de vista. A opacidade sobre a negociación deste TLC contrasta coa pingueira de noticias e análises para xerar un ambiente favorábel a este acordo comercial, nos que se sacraliza o libre mercado. Tal é o caso do estudo da Fun-dación alemá Bertelsmann no que se asegura que o TLC axudará a criar entre 277.000 e máis dun millón de postos de traballo nos Es-tados Unidos, e varios centos de milleiros na Unión Europea. Para o Estado español augu-ran que se xerarán entre 36.000 e 143.000 empregos. Non din en que sectores, pasando por alto que, para que se cumpran estas pre-visións débense substituír na UE e nos USA importacións de terceiros países, esquecendo que este tipo de acordos tamén existen con outros estados. Algúns medios falan da ex-portación de automóbiles substituíndo impor-tacións de México. Mais, non semella un obxectivo tan doado cando non o logrou por exemplo este TLC con respecto a Corea do Sur, unha potencia no sector. As consecuencias do TLC Sobre o TLC transatlántico dinos Vicenç Navarro, tomando como referencia o NAFTA (entre Estados Unidos, México e Canadá): “destruíronse empregos tanto nos EE.UU. como en México (...) favoreceu empresas moi grandes, moi influíntes de Washington e da ci-dade de México. Porén danou as clases popu-lares (...) Tal experiencia repetiuse en todos os casos de TLCs (...) O TLC prohibirá os mono-polios dos servizos públicos, como a sanidade (...) todo iso co fin da “necesaria” competitivi-dade e libre comercio”. Hai valoracións que destacan que este TLC non se pode considerar un acordo comercial máis, xa que condicio-nará a economía e os investimentos, a cultura e a sociedade de todos os Estados da UE. Iso é o que afirma Raoul Marc Jennar, nunha va-loración sobre o documento base da negocia-ción: “Contrariamente ao que contan os vendedores de fume de todas partes, no TLC trátase moi pouco de comercio. Hai moito de elección de sociedade, de estilos de vida, de preferencias colectivas que son produto do
  18. 18. Os intercambios comerciais entre Galiza e os Estados Unidos non son significativos, e representan entre o 2 e o 5% do total de cada ano. O TLC trasatlántico é o último paso para que a UE se integre definitivamente na área de control de Washington. 18 combate que houbo nos nosos países, ao longo dos dous últimos séculos, nos ámbitos políticos, sociais, sanitarios e ecolóxicos”. Daniel Vaz de Carvalho analizando as consecuencias deste acordo (o Tratado de Livre Comercio EUA-UE: a grande galopada, Resistir.info) realiza a seguinte apreciación: “Se um país recusar produtos alimentares dos EUA com aditivos, hormonas, originários de OGM poderá ser penalizado: estará a pôr en-traves ao comércio livre. Democracia, crité-rios de saúde e regulamentação alimentar que cada Estado deveria poder definir se-gundo critérios próprios conforme a decisão dos seus cidadãos –assim se construiu e cons-trói o progresso – serão não apenas conside-rados nulos, mas poderão obrigar a pagar indemnizações como lucros que determinadas empresas alegarão ter deixado de receber (...) Um Estado pode ser acusado e processado por lhe pôr entraves ao livre comércio ou a investimentos, designadamente por normas de controlo sanitário, de qualidade, de biodi-versidade, ecológicas. A resolução de qual-quer litígio não é entregue a Tribunais soberanos nacionais, mas fica a cargo de um organismo dito regulador ou regulamentar (...)um tribunal dominado por uma pequena clique de advogados de negócios poderá lan-çar o anátema sobre Estados ou instâncias que infrinjam as disposições do acordo”. Dis-tintos analistas fan mención a casos nos que, sustentándose nestes TLCs, en caso de litixio, varias corporacións xa demandaron a países como Uruguai e Australia, ou a un Estado como Quebec, no Canadá, esixíndolle com-pensacións multimillonarias. No referente ao noso país, os intercam-bios comerciais da Galiza cos Estados Unidos non son hoxe significativos (representan só o 2-5% do total segundo o ano), porén como aconteceu noutros acordos semellantes o crecemento posterior pode ser exponencial (véxase o caso de México e Colombia e as súas consecuencias). Asemade, non se pode ignorar que dos últimos trece anos, oito teñen un saldo negativo para o noso país, e que os USA son unha gran potencia agrícola e gandeira (moi subsidiada), detentan o mo-nopolio das sementes (Monsanto), e son os maiores exportadores do mundo. Estes son sectores estratéxicos para Galiza, no ámbito económico e do emprego, mais tamén en as-pectos de tanta transcendencia como o cul-tural e identitario. Sería moi inocente pensar que, con novas supresións de aranceis e a modificación das normativas internas no re-lativo ás esixencias de calidade e as draco-nianas garantías aos investidores, todo vai seguir coma hoxe. O TLC transatlántico é o último paso para que a UE se integre definitivamente na área de control de Washington; aínda que hai tempo que falar da existencia dun proxecto europeo é pura fantasía. Non é casual que malia a espionaxe masiva dos Estados Unidos aos seus aliados na OTAN, para alén dalgún anoxo nos medios, co obxectivo de aparentar dignidade, esta grave inxerencia non tivese ningunha consecuencia práctica. As compli-cidades son cada vez máis evidentes, e como exemplos temos o papel da UE en Libia, Siria, a retención do avión do presidente Evo Mo-rales, o golpe de Estado en Ucraína, e o que acontece con Venezuela, etc. A gran burguesía europea ten moitos in-tereses comúns coa norteamericana, depre-dando e sometendo a terceiros países e confrontando coas potencias dos BRICS, gra-zas á hexemonía militar do Pentágono. Para as potencias dominantes, os TLCs, a globali-zación, axudan a eliminar competidores. Iso non quere dicir que cada Estado deste impe-rialismo atlantista, desta alianza neoliberal, non intente conseguir unha posición máis vantaxosa e que lle afecten negativamente algunhas medidas. Agora ben, o que beneficia aos grandes grupos económicos e fortunas, de ambas partes do Atlántico, demostrouse desvanta-xoso para as clases populares (como se com-proba nos propios Estados Unidos) e abafa aos países máis débiles, ou que carecen de soberanía, como Galiza. Pensemos nas con-secuencias da plena integración económica da nosa nación no mercado do Estado español e da Unión Europea, e teñamos a seguridade de que é máis do mesmo, multiplicado. Non é como para ignoralo.
  19. 19. O desenvolvemento do proceso de cons-trución europea, así como a súa regulación normativa a través de diferentes tratados e dun proxecto constitucional fracasado, estivo marcado por unha permanente tensión a res-pecto da capacidade de decisión. Cal foi o impacto na soberanía exercida polos Estados da súa pertenza á UE? O catedrático de De-reito Constitucional da Universidade de Oviedo, Benito Aláez, responde que “tras a creación da Unión Europea non cabe dúbida de que a soberanía dos Estados membros, non xa política senón principalmente xurídica, vese determinantemente afectada polo proceso de integración Europea até cotas nun principio pouco imaxinábeis”1. O mesmo autor asegura que “tanto o dogma da soberanía popular (...) como o contido do principio democrático poden verse afectados cando o ordenamento xurídico abre as súas portas á creación nor-mativa desde órganos e conforme a procede-mentos que o mesmo non creou (...).”2 A propia arquitectura política, institucio-nal, xurídica e económica da UE, ou o que é o mesmo o deseño da propia Unión neses termos, colida co exercicio pleno e efectivo da soberanía polos propios Estados. Unha di-námica agravada no marco da vixente crise, como exemplifica o feito de que de 2008 a 2010 o Estado español aumentase o seu en-debedamento por volta de 122.000 millóns de euros para costear a débeda, atendendo criterios marcados pola Troika. Ou a reforma expréss da Constitución española, pactada por PP e PSOE, para atribuíren prioridade absoluta ao pagamento da débeda e dos seus xuros. Prelación que motivou e motiva as sucesivas vagas de recortes en materia de dereitos sociais e servizos públicos esenciais. No caso europeo engádese a singulari-dade de que os efectos limitantes sobre a so-beranía, antes enunciados, proveñen dunha instancia, a Unión Europea, que non é nin unha organización internacional nin un Es-tado. En opinión da profesora da Universi-dade do País Vasco, Jasone Astola Madariaga, achámonos perante “un proceso de formación dunha nova estrutura xurídico política”3, que ten a capacidade de “crear de-reito obrigatorio para os seus membros”4. Unha instancia que non se pode definir como federal, por mor da “inexistencia dun pacto social ao respecto, como consecuencia, de que non existe un pobo europeo, debido á falta de homoxeneidade entre os europeos.”5 O deseño da UE colida co exercicio efectivo da soberanía polos propios Estados. 19 Soberanía nacional e popular dentro da UE? 1 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea” 2 ALÁEZ CORRAL, Benito. “Soberanía constitucional e integración europea” 3 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.204 4 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.205 5 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.224
  20. 20. 20 Primacía do dereito comunitario sobre a lexislación dos Estados Que significa no concreto a soberanía? Para Astola Madariaga esta ten dúas mani-festacións, “unha interna, é dicir a capacidade de cada pobo de organizarse politicamente sen inxerencias exteriores; e outra externa, é dicir, a posibilidade dun Estado organizado de iniciar e manter relacións diplomáticas e de toda orde con outros Estados e suxeitos inter-nacionais (...)”6 Neste senso a primacía do dereito comu-nitario fronte a propia lexislación dos Estados, así como a existencia dun marco competen-cial exclusivo para a UE (explicado breve-mente no apartado deste caderno referido ao funcionamento da Unión), é unha das principais trabes do crecente proceso de ce-sión de soberanía cara as institucións euro-peas. A este respecto a tese sostida por autores como Ophüls, Catalano e Lagrange, é de que esta primacía supón a substitución dos Dereitos estatais polo Dereito Comuni-tario. Unha substitución que fica verificada pola responsabilidade subsidiaria imposta aos estados na aplicación do Dereito Comu-nitario sendo susceptíbel de seren sanciona-dos por incumprimento do mesmo. Cesión de soberanía Malia existir discusión a respecto de se o crecente traspaso competencial supón a re-nuncia do exercicio da soberanía, o certo é que como apunta Ignasi Meda “a globaliza-ción [neoliberal] obrigou os vellos Estados a ceder unha parte das súas competencias a novas estruturas ‘supraestatais’”7 Unha cesión que lonxe de ficar culminada continúa en pleno desenvolvemento, alen-tada por unha ofensiva desde as institucións comunitarias que vai camiño de configurar a UE nunha caste de “SuperEstado” que, porén, carece de suxeito popular, de pobo. “A Comisión Europea será un día o Goberno e o Parlamento Europeo o lexislativo” para todo o territorio da Unión, afirmaba en novembro de 2013 a chanceler alemá, Angela Merkel. De feito, a crise da débeda rexistrada en diferentes Estados da UE, entre eles o espa-ñol, así como a crise específica que padece a moeda única, están a marcar a pauta dun proceso de “integración” que resultará nunha maior cesión de soberanía, nomeadamente de carácter económico. Así, á soberanía mo-netaria cedida ao adoptar o euro como moeda, engadirase a cesión de maiores cotas de soberanía fiscal (a través dos proce-sos de armonización rumo a un sistema fiscal unificadado), orzamentaria (sometendo as 6 ASTOLA MADARIAGA, Jasone. “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación demo-crática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.202 7 MEDA, Ignasi. “El declive de la soberanía nacional”
  21. 21. A transferencia de competencias, centralizándoas na Unión, supón unha dupla negación de soberanía naquelas nacións que carecen de Estado de seu –como Galiza– xa que ven furtada a súa capacidade de decisión propia, tanto polos Estados nos que fican forzosamente encadradas, como por Bruxelas. 21 administracións públicas dos Estados ao con-trol de institucións supraestatais e coa impo-sición de parámetros económicos, como o límite do déficit e a débeda), e tamén en ma-teria de regulación, no que atinxe precisa-mente á fixación de normas nos mercados regulados e cun indisimulado pretenso dunha maior “liberalización” dos mesmos. O Presi-dente do Banco Central Europeo, Mario Draghi, confirmaba esta folla de ruta ao afir-mar en outubro de 2012 que “para restaurar a confianza na eurozona, os países deben trans-ferir parte da súa soberanía a nivel europeo”. A transferencia de competencias, centra-lizándoas na Unión, supón unha dupla ne-gación de soberanía naquelas nacións que carecen arestora dun Estado de seu –como Galiza– xa que ven furtada a súa capacidade de decisión propia tanto polos estados nos que fican forzosamente encadradas como por Bruxelas. Amais a vixente realidade nos Estados xa constituídos motiva o cuestiona-mento a respecto da viabilidade –en termos de capacidade autogoberno efectivo– de propostas e procesos soberanistas en nacións sen Estado que aspiran a se culminar no seo da UE, mantendo a súa pertenza a esta. Asemade, esta cesión non é neutra en re-lación á dialéctica da loita de clases, que confronta os intereses do Capital dominante e das clases traballadoras explotadas. O eco-loxista e autor do libro “Goberno Mundial”, Esteban Cabal afirma neste senso que non se está a producir apenas unha cesión de so-beranía “cara a Alemaña”, como habitual-mente se simplifica, senón que asistimos a “un proceso no que todos os Estados, incluída Alemaña, ceden soberanía ás corporacións [transnacionais, que son as que na súa opi-nión 'gobernan realmente o mundo' capita-lista] consolidando un modelo cada vez máis parecido ao dos EUA”. Un proxecto que Cabal insire na denominada “Nova Orde Mundial”. Falla de lexitimidade democrática Para alén do máis, o proceso de integra-ción que inviabiliza o exercicio efectivo da so-beranía e que forza a súa cesión en beneficio das institucións comunitarias, estase a des-envolver cunha practicamente nula lexitimi-dade democrática. Un proceso que para Manuel Fondevila “opera segundo o principio de ‘todo para o pobo, mesmo contra o pobo’8 radicalizando –por acción do neoliberalismo– a máxima montesquiana (“todo para o pobo, pero sen o pobo”). 8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.236
  22. 22. Unha falencia que novamente non cons-titúe unha disfunción, como sosteñen os de-fensores da UE, senón que obedece ao deseño político sob o que se desenvolve his-toricamente a construción europea.Tal e como sinala a profesora Jasone Astola, “a distancia entre as institucións comunitarias e os pobos dos Estados que forman parte da Unión foi consubstancial ao propio proceso de integración”9 . Feito que estaría motivado en que “podería ser que se o proceso de inte-gración tivera sido democrático o máis pro-bábel é que non comezase”. Unha realidade que é cada vez máis percibida socialmente, como demostra o aumento en 10 puntos, até o 75%, na desconfianza cara á UE na cida-danía do Estado español nos últimos seis anos, segundo recolle o eurobarómetro. Datos equivalentes rexistráronse na en-quisa realizada en maio de 2013 polo think tank europeísta “Foro Europa Ciudadana”. Os resultados recollían que o 72,5% das per-soas enquisadas relacionan a UE con buro-cracia, fronte apenas o 43,8% que o fai con democracia. O 72% dos e das entrevistadas opinou que a grande cantidade de leis co-munitarias son unha traba para a creación de emprego e o desenvolvemento das em-presas e preto do 90% reclamaron un maior peso da cidadanía nas decisións políticas e económicas da Unión. 22 8 FONDEVILA MARÓN, Manuel. “A disolución da soberanía no ámbito estatal: os efectos da integración europea”, p.236 9 ASTOLA MADARIAGA, Jasone “De la legitimidad democrática de la Unión Europea u de la legitimación democrática de sus decisiones: una reflexión sobre el proyecto de Constitución europea”, p.209
  23. 23. A incorporación á UE consolidou e acelerou a centralización e concentración da riqueza e do poder, en prexuízo das clases sociais e dos territorios máis débiles, e recreou o carácter periférico de Galiza. O movemento nacional-popular galego definiu moi cedo con toda claridade o que representaba a Unión Europea. 23 O papel da Galiza na Unión Europea e na zona euro Non se sostén botarlle toda a culpa á Unión Europea a respeito das eivas e atran-cos que padece Galiza. Mais, sendo o noso un país costeiro e con tantas potencialidades, non ten xustificación que non supere o atraso secular, e continúe a perder peso económico e demográfico, e riqueza cultural, nas últimas décadas. O proceso que orixinou o subde-senvolvemento é anterior e nace da conquista polo Reino de Castela e da forzosa depen-dencia colonial. Mais, resulta evidente que a incorporación á UE consolidou e acelerou a centralización e concentración da riqueza e do poder, en prexuízo das clases sociais e dos territorios máis débiles, e polo tanto recreou o carácter periférico de Galiza. A histórica oposición do nacionalismo galego Esta é unha conclusión evidente hoxe para calquera que realice unha mínima aná-lise critica dos feitos, e que xa fora asumida polo movemento nacional-popular galego (mnpg) cando encetou a negociación para a integración entre o Goberno central e a Co-munidade Económica Europea. Unha valora-ción que se concretaba na consigna: “Mercado Común Europeo, Ruína do Pobo Galego”. Non todas as forzas do naciona-lismo galego facían esta análise ao conside-raren que, sendo a UE constituída por “democracias avanzadas” permitirían un maior grao de liberdade colectiva e individual e progreso social. As súas teses eran coinci-dentes coas da esquerda estatal, represen-tada maioritariamente polo PSOE e PCE. O movemento nacional-popular galego definiu moi cedo con toda claridade o que representaba a Unión Europea, como se re-flicte no seguinte texto publicado no xornal Terra e Tempo, órgano da UPG, do 15 de agosto de 1977, cando afirma: “cando se fala de entrar na Europa comunitaria, estase a falar da entrada na Europa dos monopolios. É por isto que... a burguesía monopolista do Estado Español está interesada en entrar no Mercado Común. A partir deste entramado po-lítico, estase conformando unha zona xeográ-fica no Estado Español, abranguendo o cuadrante nordeste da península, coa inclusión
  24. 24. 24 de Madrid, de características moi similares á Europa desenvolvida que vai ser defendida e potenciada á hora do Ingreso no Mercado Común. O prezo desta operación política re-caerá, sen paliativo posíbel en zonas xeográfi-cas que pola súa estrutura económica e de clase sexan marxinais e sen perspectivas pra o capital monopolista español” No Terra e Tempo do 15 de febreiro de 1978 valorábase moi criticamente a postura que tiña o PCE en relación coa UE: “baixo o disfrace eurocomunista, está a visión euro-céntrica do mundo. Na medida en que soñan con facer de Europa a terceira gran potencia, idealmente plantexada como unha alternativa antibloques, parécelles moi ben o Mercado Común, non cuestionando o seu carácter im-perialista, tanto respecto ao chamado Terceiro Mundo como no tocante ás nacións asoballa-das de Europa Occidental” Non a Maastritcht e á “Constitución” europea As forzas maioritarias da esquerda estatal puñan, cunha inocencia inaceptábel, a Acta Única como exemplo de cambio. Esta foi asi-nada en febreiro de 1986 e significou un paso máis na chamada construción da Unión, transformando o MCE na Unión Eu-ropea. Esta terá novas competencias no re-lativo a: cohesión económica e social, investigación e desenvolvemento tecnolóxico, e medio ambiente. Eran enunciados moi sentidos polos movementos populares, mais que serviron de envoltorio para unha nova dose de concentración e centralización da ri-queza e do poder nos monopolios e países máis poderosos. Non se mudaban as bases do sistema, nin se democratizaba o reparto do poder, nin se cuestionaba a dependencia político-militar de Washington. O Estado es-pañol e Portugal integráronse o 1 de xaneiro de 1986 na Unión. A acta tería vixencia dende xullo de 1987 e pretendía unificar o mercado interior antes de 1993, baixo as re-gras dos grupos hexemónicos. Encol dos resultados deste novo acordo, a INTG realizaba a seguinte reflexión no seu vo-ceiro Eixo de outubro de 1992: “Galiza, como todas as áreas menos desenvolvidas da CE su-friron desde a Acta Única un retroceso evidente no económico, que se complementou con leis máis represivas no social (Lei de Seguridade Ci-dadán) e no laboral (proxecto de Lei de Folga, modificación da Lei de Desemprego, posíbel cambio no proceso de Eleccións Sindicais) que pretenden lles garanta unha redistribución tran-quila, e máis inxusta, da torta.
  25. 25. O peso do PIB galego no Estado español pasou do 5,59% en 1986 ao 5,36% en 2012. O capital foráneo foise apropiando dunha gran parte do tecido empresarial galego. 25 O BNG valorou criticamente a Acta Única e o Tratado de Maastricht na súa XIII Asem-blea Nacional, como reflicte o seguinte pa-ragrafo: “A Unión Europea xogou e xoga un considerábel papel como impulsora da globa-lización capitalista e non exerce como bloque alternativo ao imperialismo dos EUA senón todo o contrario, sempre foi o seu aliado máis fiel. Especialmente coa instauración da Acta Única e do Tratado de Maastricht, a UE orien-touse pola creación dun espazo económico máis homoxéneo en termos de variábeis mo-netario- financeiras. O seu obxectivo foi e é ampliar os mercados, eliminar obstáculos ao libre comercio, permitir a liberdade absoluta dos movementos de capital e a supresión das regulacións e intervencións dos Estados nas súas respectivas economías. Estas medidas foron esixidas polos sectores dominantes do capital europeo, nomeadamente pola patro-nal UNICE e en particular pola ERT (“Mesa Re-donda Europea de Industriais”). Está integrada polos dirixentes das 45 máis importantes trans-nacionais europeas, concentradas nomeada-mente nos Estados centrais da UE”. O Tratado de Maastricht, asinado en fe-breiro de 1992, ademais de darlle compe-tencias á Unión Europea en materia de educación, política social, formación profe-sional, mocidade, saúde pública, protección dos consumidores, redes transeuropeas, in-dustria, cooperación e desenvolvemento, e fortaleceu as que esta tiña en materia eco-nómica e monetaria comúns. Así como a de regular a política exterior e de seguridade. A maioría do nacionalismo galego pronun-ciouse contra este acordo que, nunha edición especifica de 36 páxinas, a INTG-CIG carac-terizaba do seguinte xeito: “dificilmente Maastricht pode ser positivo para economía galega (…) é unha modificación global, porén continuista, do Tratado de Roma (…) A Europa que se está a construír practica unha política conservadora no económico e no social, segue sendo negadora dos dereitos nacionais, e acentúa a estratificación social e a des-igualdade entre nacións e rexións dentro de cada estado, e entre os propios estados que a integran”. Tanto a INTG como o BNG fixeron campaña en contra no noso país, mentres que CC.OO. e EU inclinábanse por apoiar a re-forma “pra evitar o mercado a pau seco”, e PSG-EG decidíase por un si crítico, na mesma liña que a Confederación Europea de Sindi-catos (CES)”. O nacionalismo tamén se opuxo á pro-posta dunha Constitución Europea no ano 2004 (aínda que unha das forzas internas, Esquerda Nacionalista, apostaba polo si crí-tico). Esta iniciativa terminou bloqueada pola oposición social nos referendos realizados en varios países. Seguiulle o sucedáneo do Tra-tado de Lisboa, no ano 2006, que por lóxica sería rexeitado polo nacionalismo, xa que, como afirmou o deputado do BNG, Francisco Jorquera, no Congreso o día da votación “O procedemento seguido escapando do refe-rendo, en base a diversos pretextos, revela o medo ao sentido de voto dos cidadáns euro-peos. Saben que o contido do “Tratado de Lis-boa” é a copia da referida Constitución Europea, á que mudaron o nome para tentar de enganar á poboación europea, o que re-presenta un auténtico fraude político. No que atinxe á arquitectura institucional, o Tratado de Lisboa reforza os poderes da Comisión (o executivo da UE) en detrimento do Parla-mento. O empobrecemento da democracia tamén é visíbel na Carta dos Dereitos Funda-mentais, máis restrinxida, aínda, que a esta-belecida no Tratado Constitucional” Os efectos da entrada na UE para Galiza Despois de repasar a postura do nacio-nalismo galego diante da UE, e dos sucesivos tratados que lle foron outorgando máis com-petencias a Bruxelas, agudizando tamén o carácter antidemocrático da Unión, cómpre facer algúns comentarios sobre cales foron os seus efectos sobre a sociedade galega. O máis evidente, xa que resume todos os efec-tos sectoriais, é a evolución negativa da de-mografía na Galiza. Dende o ano 1986 até o ano 2013 o noso país perdeu 78.532 habi-tantes mentres que o Estado español gañaba 8.656.365; pasamos de representar o 7,39% da poboación do Estado a termos o 5,86%, co que isto implica a nivel social e político. Dúas tendencias totalmente contrarias que non se poden obviar. Evidentemente, as cau-sas son económicas e políticas, xunto coa falta de emprego para absorber o excedente agrario e que o existente, en boa medida, fose precario e mal pago. Un exemplo desta evolución regresiva é que no Estado español no ano 1981, a diferenza de ingresos entre o 20% máis baixo e o 20% máis alto era de 5,89 veces e no ano 2011 de 7,5 veces; a máxima desigualdade da eurozona. Se analizamos o peso do PIB galego no do Estado español ollamos que dende o ano 1986 até o 2012, pasou do 5,59% ao 5,36%; unha caída pequena, polo que medrou a renda por habitante a maior ritmo que a
  26. 26. 26 media. Mais esta tendencia positiva foi a conta de expulsar para a emigración a pobo-ación ocupada nos sectores menos produti-vos dende a óptica capitalista, especialmente do agro, ou auto limitando o número de fillos e fillas por familia, sen lles dar outra saída. Na década dos noventa do século pasado, en épocas de “auxe económico”, a emigra-ción nunca baixou das sete mil persoas, e a principios deste século, antes da crise, mesmo atinxiu as vinte mil persoas por ano. En resumo, a mellora de infraestruturas, e o avance tecnolóxico das últimas décadas, non implicou o desenvolvemento real, equili-brado, do conxunto do país, xa que se fixo a costa de sacrificar sectores económicos e aquelas áreas que non eran rendíbeis ou funcionais para os intereses dos grupos de poder dominantes. Outro dos aspectos nos que se pode se comprobar este desenvolvemento depen-dente e irracional é na perda do control por parte do capital “galego” sobre a maior parte da actividade económica (banca, enerxía, ali-mentación, información, etc.), así como unha menor diversidade na produción de bens e servizos, facendo a nosa economía menos autocentrada e sustentábel. Neste aspecto cómpre salientar que o capital foráneo foise apropiando dunha gran parte do tecido em-presarial galego. Estas corporacións teñen especialmente a súa sede central en Madrid, así como en Barcelona e países da UE, e son contados os casos nos que non é así (por exemplo no caso de NGB, Endesa ou Barre-ras). Dentro do capitalismo de alén dos Pire-neos destaca o francés (Citroën, Orange, Alcampo, Carrefour, etc). O euro e a economía galega Con relación ao euro resulta evidente que non é unha moeda imparcial, xa que o seu valor depende dos intereses das clases dominantes da Unión; un euro moi apre-ciado fronte ao dólar e outras moedas im-portantes favorece a uns sectores e países e prexudica a outros, no comercio con terceiros países. Por exemplo, afecta negativamente á nosa construción naval, a produción de con-servas de peixe, etc, sectores chave na eco-nomía galega. Unha parte importante do comercio exterior galego faise fóra da UE. As importacións fóra da zona euro foron de 8.210 millóns no ano 2013 e as exportacións de 7.836 millóns de euros. Lembremos que se revalorizou en máis dun 30% dende o ini-cio da súa circulación como moeda, polo que o aumento da competitividade foi sobre todo consecuencia dun empuxe das potencias e países emerxentes e da OCDE, e en menor medida da deflación interna, xa que as ex-portacións practicamente se mantiveron es-tancadas no período 2009-2013 coa zona euro. Un euro máis barato diminuiría as im-portacións, permitindo a súa substitución con produtos locais e daría pulo ás exportacións. Fáltannos os datos do Estado español (co que realizamos un 50% das importacións-expor-tacións), xa que a última táboa input-output é do ano 2008. En calquera caso, co resto da zona euro as importacións baixaron un chisco e as exportacións aumentaron un pou-quiño, evidenciando que a deflación social non dá os resultados que se predican para recuperar a competitividade, máxime cando o resto dos estados da eurozona están a facer o mesmo. Sen dúbida o euro é un dos mecanismos de control da economía dos países que inte-gran a Unión. Agora ben, non é o único. Tamén teñen un papel relevante os aranceis para a importación e exportación de bens e servizos, as prioridades orzamentarias decidi-das pola UE, e as axudas a uns sectores men-tres as cotas limitan a produción doutros. Polo que, sendo a saída do euro algo positivo, xa que sería o inicio dunha andaina, temos que ser conscientes que non abondaría para des-envolver a economía nos países periféricos. Ademais, gañar o debate social sobre a saída da eurozona permite deixar patentes as con-tradicións de fondo, sempre que as incorpo-remos ao discurso. Nomeadamente, que tanto a globalización como o neoliberalismo son funcionais ao imperialismo nesta etapa da humanidade, e que iso é o que representa a Unión Europea como proxecto.
  27. 27. A expansión mundial do campo de ope-ración da OTAN tras a desaparición da su-posta “ameaza soviética”, deu lugar ao que analicei como o xurdimento do imperialismo colectivo da tríada (Estados Unidos, Europa e Xapón) (...) É unha transformación relativa-mente recente do sistema imperialista, que previa e, tradicionalmente, se baseou no conflito entre as potencias imperialistas. A causa da aparición deste imperialismo colec-tivo é a necesidade de enfrontar de xeito unido o desafío dos pobos e estados perifé-ricos de Asia, África e América Latina, ansio-sos por escapar da súa subordinación. O segmento imperialista europeo involucra só a Europa occidental, aqueles cuxos estados da época moderna foron sempre imperialis-tas, tivesen ou non colonias, xa que teñen e sempre han ter unha participación na renda imperialista. Pola contra, os países de Europa do Leste non teñen acceso á mesma xa que non teñen monopolios xeneralizados nacio-nais propios. Tragáronse a ilusión, con todo, de teren dereito a ela só pola súa “europei-dade”(...) O imperialismo, ao converterse en colec-tivo (...) comparte en relación ao Sur unha política común -a da tríada-: unha política de agresión permanente contra os pobos e os Estados que se atreven a poñer en cuestión o seu sistema especial de globalización. E o im-perialismo colectivo ten un líder militar, unha potencia hexemónica: os Estados Unidos. En-téndese, pois, que nin a Unión Europea nin os seus estados teñen xa unha “política exte-rior”. Os feitos demostran que non hai máis que unha soa realidade: a aliñación detrás do que Washington (talvez de acordo con Londres) decida. Visto desde o Sur, Europa non é máis que o aliado incondicional de Es-tados Unidos. E aínda que pode haber al-gunhas ilusións en América Latina –sen dúbida porque a hexemonía se exerce bru-talmente polos Estados Unidos e non polos seus aliados Europeos subalternos– , non ocorre o mesmo en Asia e África. Samir Amin Economista (Exipto) Fragmento de “ A implosión do sistema europeo”, publicado en setembro de 2012 en Monthly Review 27 Olladas críticas da UE e o euro Nun momento no que Europa fica nunha encrucillada de alcance histórico, a presente escolma pretende achegar unha breve serie de olladas perante o seu presente e sobre todo o seu futuro, en chave declaradamente crítica e por boca de persoeiros de indiscutíbel referencialidade, quer no plano económico, no político ou no intelectual. O papel xeoestratéxico de Europa Tropas coloniais francesas en Vietnam (século XIX)
  28. 28. Os eurófilos máis extasiados machúcano sen cesar: se non dispuxésemos do euro, din, as consecuencias da crise serían peores para moitos países europeos. Divinizan un euro “forte e protector”. É a súa doutrina e defen-den fanaticamente. Pero o certo é que terían que explicarlles aos gregos (e aos irlandeses, aos portugueses, aos españois, aos italianos e a tantos outros cidadáns europeos abane-ados polos plans de axuste) que entenden por “consecuencias peores”... De feito, estas consecuencias son xa tan insoportábeis so-cialmente que, en varios países da eurozona, está subindo, e non sen argumentos, unha radical hostilidade cara á moeda única e cara á propia Unión Europea (UE). Non lles falta razón a estes indignados. Porque o euro, moeda de 17 países e dos seus 350 millóns de habitantes, é unha ferramenta cun obxectivo: a consolidación dos dogmas neoliberais nos que se fundamenta a UE. Estes dogmas, que o Pacto de Estabilidade (1997) ratifica e que o Banco Central Europeo (BCE) sanciona, son esencialmente tres: esta-bilidade dos prezos, equilibrio orzamentario e estímulo da competencia. Ningunha preocu-pación social, ningún propósito de reducir o paro, ningunha vontade de garantir o crece-mento, e obviamente ningún empeño en de-fender o Estado de benestar. Co vórtice actual, os cidadáns van enten-dendo que tanto o corsé da Unión Europea, como o propio euro, foron dous engados para facerlles entrar nunha trampa neolibe-ral da que non hai fácil saída. Áchanse agora en mans dos mercados porque así o quixe-ron explicitamente os dirixentes políticos (de esquerda e dereita) que, desde hai tres de-cenios, edifican a Unión Europea. Eles orga-nizaron sistematicamente a impotencia dos Estados co fin de conceder cada vez máis es-pazo e maior marxe de manobra a mercados e especuladores. Ignacio Ramonet Director de Le Monde Diplomatique en Español (Francia) Fragmento de “Cambiar o sistema”, publicado en agosto de 2011 en Le Monde Diplomatique 28 A trampa neoliberal A Unión Europea (UE) adoptou nos últi-mos anos setenta e primeiros oitenta do sé-culo pasado a política económica neoliberal como deseño fundamental e exclusivo da súa actuación no ámbito económico e social. Esta opción non se alterou desde entón. Malia que en bastantes ocasións a UE ha ter que adoptar medidas contraditorias con tal deseño, a ortodoxia neoliberal mantense fe-rreamente en xeral, aínda que é selectiva-mente máis “comprensiva e pragmática” cando se enfronta a poderosos intereses económicos ou políticos. Segundo as elites europeas, poderes eco-nómicos e dirixentes políticos e sociais, os ci-dadáns xa non poden contar cunha asistencia estatal a longo prazo para remediar cambios súbitos e imprevistos nas súas vidas, para sos-telos prodúcese un corte na súa vida de tra-ballo ou autorizalos a perseguir os seus propios intereses non comerciais; ou simple-mente, non ter que aceptar calquera mal em-prego ofrecido no mercado de traballo. Ademais, os cidadáns tampouco poden contar co pensións públicas, ou polo menos non só con elas, e teñen que prepararse a pagar un prezo pola educación e os servizos sanitarios, convertidos agora en mercancías. En resumo, no poderoso capitalismo global do século XXI, non se pode esperar que os Estados, e aínda menos a Unión Europea, compensen polos problemas e trastornos inevi-tábeis nunha economía de mercado e as con-tradicións fundamentais dunha sociedade capitalista. É evidente que é imprescindíbel des-envolver potentes loitas colectivas contra un sis-tema económico e social que baixo ningún concepto está disposto a permitir unha socie-dade xusta e harmónica para con os traballa-dores e as clases populares. Retroceso social Miren Etxezarreta Economista (Catalunya) Fragmento de “A evolución perversa da política social da Unión Europea”
  29. 29. A moeda única en cuestión (I) Pertencer ao euro penaliza o crecemento económico O impacto das políticas de estímulo no crecemento dos países que se mantiñan fóra do euro (e integrados na UE) foi maior men-tres que a caída posterior, cando a austeri-dade deteriorou o clima xeral, foi menor, pois chegaron ao segundo trimestre de 2013 cunha taxa de crecemento positiva do 0,4%, e sen que apenas se rexistrase (salvo moi le-vemente en dous trimestres) unha taxa de crecemento negativa. A conclusión á que chega John Weeks é clara: pertencer ao euro supuxo unha pena-lización en termos de crecemento económico ás economías que forman parte da unión monetaria de 1,5 puntos porcentuais na fase de expansión e de 1,1 puntos na de crise. Aínda sabendo que hai que ter en conta outros factores, o certo é, xa que logo, que pertencer ao euro demostrouse como unha circunstancia que xera menor crecemento da actividade económica, mentres que perma-necer fóra está asociado a taxas máis eleva-das de crecemento das economías. Á luz dos datos pode afirmarse, pois, que non son cer-tas as virtudes que se din que son indiscuti-bles e intrínsecas á pertenza á unión monetaria europea. Ben porque está moi mal deseñada (por asimétrica e por favorecer só a algúns países), ben porque as políticas que se aplican son contraproducentes para a actividade e o emprego, o certo é que per-tencer a ela ten custos explícitos en termos de crecemento económico. Xa que logo, é moi posíbel que fóra do euro lle houbese ir mellor á economía espa-ñola no seu conxunto, aínda que non, desde logo aos grandes grupos empresariais, in-mobiliarios, industriais e financeiros españois e estranxeiros que teñen monopolizado as súas vantaxes. Parece entón evidente que é obrigado poñer sobre a mesa este tipo de datos e debater con rigor e pluralidade sobre onde nos convén máis estar porque as cou-sas non son tan evidentes como nos quixe-ron e nos queren facer crer. Juan Torres López Economista (Estado español) Fragmento de “Mellor dentro ou fóra do euro?” publicado o 11 de setembro de 2013 no diario Público. 29 A moeda única en cuestión (II) Poñer fin ao euro para permitir a recuperación do Sur Nunha comunicación colocada no sitio web do Partido de Esquerda do Parlamento alemán, Oskar Lafontaine non deixa de apuntar o dedo á Alemaña por baixar os seus salarios para protexer as súas empresas exportadoras. Unha crítica que varios subs-criben, a punto da Bélxica ter feito queixa xunto da Comisión Europea acusando Berlín de “dumping social”, nunha alusión á venda de bens abaixo do custo de produción que é prohibida na UE. Na Alemaña non existe unha política de salario mínimo e é posíbel aos traballadores con salarios máis baixos non pagar impostos nin contribuír para a seguridade social ou outro sistema de pensións. Ou sexa, hai va-rias empresas que pagan aos seus funciona-rios tres a catro euros por hora. “Merkel vai despertar do seu sono hipócrita cando, a su-frir por causa da política salarial alemá, os países europeos uniren forzas para facer un punto de viraxe na crise penalizando inevita-belmente as exportacións alemás”, avisa La-fontaine. Por estas razóns, o espírito do euro foi mi-nado e non ten condicións para proseguir, di o ex-ministro, porque non foi posíbel nos países do euro ter unha política de salarios coordi-nada en función da produtividade. Por iso, debe ser retomado un sistema como aquel que foi precursor da unión monetaria, o Sis-tema Monetario Europeo, que permite facer “desvalorizacións e valorizacións controladas” das moedas nacionais, defende, o que esixiría un control moi apertado sobre os fluxos de ca-pitais. Os países en situación máis débil cuxas moedas serían necesariamente desvalorizadas terían, nun período de transición, de ser axu-dados polo Banco Central Europeo, por exem-plo, para evitar o colapso. Oskar Lafontaine Ex ministro federal de finanzas (Alemaña) Referencia publicada o 6 de maio de 2013 no xornal Público (Portugal).
  30. 30. Octávio Teixeira Ex líder parlamentar do PCP (Portugal) Fragmento da entrevista publicada en www.ionline.pt (1 de marzo 2014) 30 A moeda única en cuestión (III) O euro foi um garrote que se abateu sobre os países menos desenvolvidos Aquilo que se designa crise da zona euro não é uma crise decorrente das dívidas sobe-ranas. É uma crise decorrente da heteroge-neidade dos países que formam a zona euro, que vieram ao longo dos anos a acumular desvios cada vez maiores de uns países em re-lação aos outros. Em vez de ter passado a existir aquilo que se prometia, que era a coe-são económica dos países, o que houve foi uma divergência. A moeda única foi aplicada a países com estruturas económicas comple-tamente diferenciadas, com necessidades me-diatas e imediatas completamente diferentes, com níveis de produtividade diferenciados uns dos outros, e que não podiam, objecti-vamente, sobreviver simultaneamente com a mesma moeda. A moeda única foi um ga-rrote que se abateu sobre os países menos desenvolvidos que estão na zona euro, por-que os impediu de crescerem mais rapida-mente que os outros países para atingirem a convergência, ou a coesão económica. Desde logo, dentro da zona euro, quando desapareceu o risco cambial, isso favoreceu os países que tinham especializações produtivas mais elevadas e mais sofisticadas e conduziu, designadamente, a que a industrialização se concentrasse nos países do centro, em parti-cular na Alemanha, assistindo-se à desindus-trialização dos países da periferia. Fora da zona euro, e fora da União Euro-peia, a própria evolução da moeda única em termos cambiais –aquilo que se pode designar euro forte ou euro caro– provocou uma perda de competitividade enorme nos países mais frágeis, nos países do Sul. A nossa capacidade de exportação está assente fundamentalmente em produtos em que há uma enorme conco-rrência em termos de preços (...) E há outro aspecto que é pouco referido: aquele processo de deslocalização de empre-sas que começou em Portugal há uns anos também foi desencadeado pelo euro caro. Há quem diga que é preciso arranjar condições para que o euro desvalorize. Não é provável por duas razões: segundo estudos de várias fontes internacionais, a chamada taxa de equilíbrio entre o euro e dólar, para a Ale-manha, é precisamente a de 1,30. E a Ale-manha é a economia central da União Europeia e isso tem de ser tida em conta.

×