Tema 5. a atmosfera. tempo e clima

972 visualizaciones

Publicado el

Material dixital elaborado pola profesora para acompañar as clases. Nel se traballan conceptos como tempo clima, vento presión atmosférica...

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
972
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
740
Acciones
Compartido
0
Descargas
3
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Tema 5. a atmosfera. tempo e clima

  1. 1. TEMA 5. A ATMOSFERA: TEMPO E CLIMA C.P.R. Plurilingüe Sagrada Familia Profesora María Nogueira Sixto
  2. 2. CONCEPTOS DO TEMA: Tempo Atmosférico É o estado da atmosfera nun momento determinado e nun sitio concreto da Terra Clima É o estado que presenta a atmosfera con máis frecuencia nunha rexión concreta e que se repite de forma cíclica. Meteoroloxía Ciencia que analiza a influencia dos fenómenos meteorolóxicos no tempo atmosférico, para realizar pronósticos ou predicións. Climatoloxía Ciencia que analiza os climas e organiza a superficie terrestre en diferentes rexións climáticas, cuxos climas teñen características comúns. Presión atmosférica É o peso do aire sobre unha zona concreta da Terra. Vento É unha masa de aire en movemento. Precipitacións Cantidade de auga que cae nun lugar determinado da Terra. Temperatura É a cantidade de calor que posúe unha determinada masa de aire atmosférico. Borrasca Son zonas de baixas presións provocadas por masas de aire quente. Anticiclón Son zonas de altas presións orixinadas por masas de aire frío. Isobara Son liñas que nun mapa unen puntos coa mesma presión atmosférica. Isoterma Son liñas que nun mapa unen puntos coa mesma temperatura.
  3. 3. TEMPO CLIMAVS 1.1. TEMPO ATMOSFÉRICO E CLIMA 1. A DINÁMICA ATMOSFÉRICA
  4. 4. ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA A) Temperatura B) Precipitación C) Presión Atmosférica D) Vento 1.2. ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA
  5. 5. A) Temperatura - Def. É a cantidade de calor do aire. Mídese co termómetro, exprésase en graos centígrados (ºC) e represéntase mediante isotermas (liñas que unen puntos coa mesme temperatura) - Factores - Latitude: A temperatura diminúe dende o Ecuador cara os polos. Xa que no Ecuador os raios solares inciden perpendicularmente. => Distintas zonas climáticas - Altitude: A temperatura descende coa altitude 6 ºC cada 1000m. - Distancia ao mar: As temperaturas son máis suaves na costa e máis contrastadas no interior porque o mar tarda máis tempo en arrefriarse e en quentarse que a terra
  6. 6. B) Precipitación - Def. É a auga que cae a superficie terrestre procedente das nubes en forma líquida ou sólida. Mídese co pluviómetro, exprésase en mm ou en litros por metro cadrado, e represéntase mediante isohietas (liñas que unen os puntos coa mesma precipitación) - Factores - Latitude: As precipitacións son máis elevadas na zonas máis próximas ao ecuador porque o aire conten máis vapor de auga. - Altitude: As precipitacións increméntanse coa altura porque o aire frío favorece a condensación do vapor de auga - Distancia ao mar: Precipitacións máis abundantes na costa que no interior debido á maior proximidade ás posibles fontes de evaporación.
  7. 7. CONDENSACIÓN NUBES Cirros Nimbos Cúmulos Estratos
  8. 8. TIPOS DE PRECIPITACIÓNS CHUVIAS DE CONVECCIÓN= A irradiación solar quenta o chan e este o aire co que está en contacto. Este ascende e ao arrefriar provoca chuvias intensas. Se o ascenso é moi rápido fórmanse tormentas CHUVIAS DE FRONTE = Danse cando se atopan dúas masas de aire con distinta temperatura. A masa de aire frío sitúase abaixo e a quente elévase. Neste ascenso arrefríase e condensa a humidade que contén. CHUVIAS DE RELEVO= Próducense cando unha masa de aire húmido Se atopa cun relevo que a obriga a ascende. Este aire perde tempera- tura ao elevarse e se produce a condensación e a precipitación da humidade contida.
  9. 9. C) Presión Atmosférica - Def. É o peso do aire sobre un lugar da Terra. Mídese co barómetro, exprésase en milibares (mb) e represéntase mediante isóbaras (liñas que unen puntos coa mema presión) - Factores - Altitude: A presión diminúe coa altura - Temperatura do Aire: O aire cálido tende a ascender e o aire frío tende a descender
  10. 10. D) Vento - Def. É o aire en movemento horizontal. A velocidade mídese co anemómetro e exprésase en km/h. A dirección determínase co catavento e represéntase con frechas - Diferenza de Presión: o vento sopra das altas as baixas presións e a súa velocidade aumenta se aumenta a diferenza de presión - Factores TIPOS DE VENTO - Ventos constantes: sempre posúen a mesma dirección e localízanse nas mesmas rexións. - Ventos estacionais: Varían segundo a aestación do ano. - Ventos rexionais ou locais: Localízanse en rexións específicas de reducida extensión e adoitan ter a mesma dirección.
  11. 11. FENÓMENOS METEOROLÓXICOS Son os procesos que teñen lugar na atmosfera como consecuencia da interacción dos elementos que a compoñen (humidade, presión atmosférica, vento, temperatura, precipitacións) En que capa da atmosfera teñen lugar os fenómenos meteorolóxicos?
  12. 12. Principais fenómenos atmosféricos - Relacionados co vapor de auga - Choiva - Neve - Saraiba - Provocados polo movemento do aire - Brisa - Vento - Furacáns - Provocados pola electricidade - Raio - Lóstrego - Trono - Efectos ópticos (arco da vella) - Relacionados coas partículas non acuosas en suspensión - Bruma - Po
  13. 13. 2. OS CLIMAS DA TERRA 2.1. AS ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA E TIPOS DE CLIMAS
  14. 14. ZONAS CLIMÁTICAS ZONA CÁLIDA ZONAS TEMPERADAS ZONAS FRÍAS Caracterízase por: Caracterízase por: Caracterízase por: - Localízase entre os trópicos de Cáncer e Capricornio. - Elevadas temperaturas medias (>18°C) - Elevada insolación - Climas: Ecuatorial, Tropical e Desértico - Localízanse entre os trópicos e os círculos polares - Temperaturas medias entre os 0°C e os 18°C - Fortes contrastes térmicos entre o verán e o inverno. - Climas: Oceánico, Mediterráneo, Continental - Localízanse entre os círculos polares e os polos e nas altas montañas da Terra. - Temperaturas medias >0°C - Insolación mínima - Climas: Polar e Alta Montaña
  15. 15. LOCALIZACIÓN TEMPERATURAS PRECIPITACIÓNS ECUATORIAL Rexións máis próximas ao Ecuador Altas todo o ano ( >25°) Oscilación térmica de 3° Regulares e abundantes, superando os 2000 mm TROPICAL Cara o norte e o sur do clima ecuatorial Media anual alta (>18°) Oscilación térmica 3° e 10° Dúas estacións: chuviosa (3 4 meses) e seca DESÉRTICO Zonas tropicais As temperaturas son elevadas durante o día, pero baixan moito pola noite Non superan os 200 mm anuais POLAR No norte das costas de América, Europa e Asia e na Antartida Baixas temperaturas Sobretodo no inverno (días moi curtos) Moi escasas < 250 mm, e prodúcense en forma de neve ALTA MONTAÑA Nas zonas elevadas de todos os continentes Invernos longos <0° Veráns curtos non superan 10° Caen en forma de neve ou saraiba MEDITERRÁNEO Nas beiras do Mediterráneo Fachadas occidentais dos Contientes Moderadas. Veráns cálidos e invernos temperados Escasas e Irregulares. Concentradas en primaveira e outono OCEÁNICO Nas costas occidentais Moderadas todo o ano. (20°-10°) Regulares e abundantes >800 mm CONTINENTAL Interior dos continentes Europa, América e Asia Gran oscilación térmica. Veráns >20° e Invernos <0° 500 mm. Verán (choivas torrenciais ) Inverno (neve)
  16. 16. FERRAMENTA: COMO ELABORAR UN CLIMOGRAMA? Representación gráfica das temperaturas e precipitacións dun clima - Obtención dos datos - Representación nun eixo de coordenadas
  17. 17. COMO ELABORAR UN COMENTARIO OU INTERPRETACIÓN DUN CLIMOGRAMA? FERRAMENTA: - Identificar o clima - Comentar as temperatura - Comentar as precipitacións

×