Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

A ii guerra mundial

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
Crise e guerra
Crise e guerra
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 23 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Anuncio

Más reciente (20)

Anuncio

A ii guerra mundial

  1. 1. A II GUERRA MUNDIAL E AS SÚAS CONSECUENCIAS
  2. 2. INTRODUCCIÓN En 1939 estalou en Europa a Segunda Guerra Mundial. Produciuse polo expansionismo nazi e a incapacidade das democracias occidentais para frealo. Desde 1945 ata 1990, o mundo estivo dividido en dous bloques antagónicos: o socialista, dirixido pola URSS, e o capitalista, liderado por EUA. A tensión entre estes dous mundos levou a unha situación de constante confrontación, a Guerra Fría. Nos anos 60 inaugurouse a coexistencia pacífica.
  3. 3. En xuño de 1942, a situación da guerra virou cando a URSS e Estados Unidos reforzaron os aliados. Os estadounidenses frearon os xaponeses no Pacífico (Batalla de Midway) e os británicos aos alemáns no Norte de África (El- Alamein). O primeiro gran fracaso de Hitler tivo lugar en Stalingrado. A partir deste momento, os aliados comezaron a súa ofensiva. Co desembarco estadounidense en Normandía (1944) entraron en Europa moitos soldados. Os angloamericanos avanzaron desde o Oeste e os rusos polo Leste. Hitler suicidouse en 1945 e Alemaña capitulou. http://elpais.com/elpais/2015/04/30/album/1430406366_110448.h
  4. 4. AS CONSECUENCIAS DO CONFLITO: AS CONFERENCIAS DE PAZ Os tres grandes aliados (Gran Bretaña, Estados Unidos e a URSS) reuníronse por primeira vez na Conferencia de Teherán (1943). A segunda conferencia foi a de Ialta (febreiro de 1945), onde se decidiu a eliminación do réxime nazi en Alemaña. A terceira conferencia foi a de Potsdam (agosto de 1945), onde se estableceu a liña Oder-Neisse como a fronteira entre Alemaña e Polonia. Na Conferencia de París (1946) elaboráronse os tratados de paz co resto de aliados de Alemaña.
  5. 5. A ONU A ONU (Organización das Nacións Unidas) fundouse na Conferencia de San Francisco (1945) para substituír a Sociedade de Nacións. A nova organización contou con 46 Estados fundacionais e o seu obxectivo era o mantemento da paz e da seguridade internacional, así como a cooperación entre as nacións. Na ONU, todos os Estados membros están representados na Asemblea Xeral e para adoptar unha decisión é necesaria unha maioría de dous terzos. Tamén existe un Consello de Seguridade.
  6. 6. A FORMACIÓN DE BLOQUES ANTAGÓNICOS 1- A deterioración das relacións entre os aliados  Finalizada a Segunda Guerra Mundial, fíxose evidente o antagonismo entre os países occidentais e a URSS.  As Conferencias de Ialta e Potsdam dividiron Europa en dúas zonas de influencia.  As discrepancias eran sobre todo de tipo ideolóxico.  Para afianzar o control das súas zonas, Estados Unidos obrigou a expulsar os comunistas dos gobernos de coalición que se formaran en países da súa área de influencia.  A URSS propiciou que o Partido Comunista se fixese co control exclusivo do poder nos países baixo a súa influencia.
  7. 7. 2- A ruptura: o Pano de Aceiro A ruptura definitiva entre os dous bloques produciuse en 1947, cando o presidente estadounidense expuxo a Doutrina Truman. Nela denunciaba a creación de réximes comunistas nos países ocupados polo Exército Vermello e propoñía a intervención americana para frear a ameaza comunista en Europa. Para iso propúxose o Plan Marshall, unha axuda económica para reconstruír Europa. Como contrapartida, a URSS propuxo o Informe Jdanov, que denunciaba a actuación de EUA como vía de dominio de Europa. O mundo dividiuse en dous bloques polo Pano de Aceiro.
  8. 8. O primeiro escenario de enfrontamento entre os dous bloques tivo lugar en Alemaña. Finalizada a guerra, este país quedara dividido en catro zonas ocupadas por cada país vencedor. En 1948, os tres aliados occidentais decidiron unificar os seus territorios e crear un Estado federal alemán. Como resposta, a URSS ordenou o bloqueo de Berlín. A crise acelerou a división de Alemaña en dous estados: a República Federal, que se encadrou no bloque occidental, e a República Democrática, baixo influencia soviética.
  9. 9. A GUERRA FRÍA A Guerra Fría consistiu nun modelo de relacións internacionais que se desenvolveu despois da Segunda Guerra Mundial. Baseábase nun permanente antagonismo entre os bloques liderados por Estados Unidos e a Unión Soviética. Foi un enfrontamento tenso, sen chegar nunca a unha confrontación bélica entre as dúas potencias, pero no que estas desenvolveron unha gran carreira de armamentos.
  10. 10. A GUERRA FRÍA E OS SEUS EFECTOS A Guerra de Corea. Á fin da Guerra Mundial, o Norte de Corea foi ocupado polas tropas rusas, e o Sur, polas estadounidenses. Corea dividiuse en dous Estados. En 1950 Corea do Norte invadiu o Sur co apoio soviético, e as tropas estadounidenses defenderon Corea do Sur. O conflito finalizou coa Paz de Panmunjom (1953). A Guerra de Vietnam. Foi unha guerra que enfrontou Vietnam do Sur, coa axuda de Estados Unidos, e Vietnam do Norte entre 1958 e 1975. A crise dos mísiles. Despois de instalarse en Cuba o réxime de Fidel Castro, o goberno estadounidense boicoteou economicamente Cuba, que axiña recibiu axuda da URSS.
  11. 11. A COEXISTENCIA PACÍFICA A finais da década de 1950, o clima de tensión entre os bloques deu paso a unha nova etapa dominada pola distensión (coexistencia pacífica). As novas relacións entre os bloques viñeron propiciadas por unha nova xeración de dirixentes (Khruschev na URSS e Kennedy en EUA). A finais da década de 1970 producíronse novos focos de conflito que provocaron de novo as tensións da Guerra Fría. Os soviéticos invadiron Afganistán e os estadounidenses, a illa de Granada (Pequenas Antillas).
  12. 12. A DESCOLONIZACIÓN

×