DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES
EXQUISITOS IIEXQUISITOS II
DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES
EXQUISITOS IIEXQU...
A continuación transcribimos os
resultados dun CADÁVER
EXQUISITO feito cos alumnos do
IES DE MOS: a partir de palabras
sol...
Había unha vez unha catacumba
debaixo dun altar dunha igrexa con
dragóns e morcegos…
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con drag...
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con drag...
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dr...
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dr...
 
Ao mirar os restos da árbore observou que entre eles 
atopábase un mapa dun tesouro oculto. Manuel foi contarllo aos 
se...
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dr...
 
Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dr...
 
“Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con d...
  “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con d...
  “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con d...
“Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con dra...
 
“Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha
igrexa con d...
 
Eu son María, a catequista da igrexa. Por favor, pase.
  María ensinoulle toda a casa, baixaron ata a igrexa. Alí, Xoán ...
 
miralos máis de perto e, sen pretendelo, tocou un bastón, co que o 
altar comezou a se mover.
Pegou un chimpo cara atrás...
   o dragón e deu a volta.
Ao saír, pechou a entrada, correu ata a súa casa e curou á 
pobre criatura. Limpiulle as ferida...
 
 - Home, se é pacífico.- Comentou un fregués.
 - Si, si, asegúrollo no nome do Pai, do Fillo e do Espíritu 
Santo¡.- Con...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Cadáveres exquisitos II

251 visualizaciones

Publicado el

Cadáveres exquisitos inspirados en Dragal

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
251
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
38
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Cadáveres exquisitos II

  1. 1. DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES EXQUISITOS IIEXQUISITOS II DRAGÓNS E CADÁVERESDRAGÓNS E CADÁVERES EXQUISITOS IIEXQUISITOS II
  2. 2. A continuación transcribimos os resultados dun CADÁVER EXQUISITO feito cos alumnos do IES DE MOS: a partir de palabras soltas inspiradas polo libro de Dragal formamos frases que serviron de inspiración para os seguintes relatos. Esperamos que vos gusten...
  3. 3. Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos…
  4. 4. Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... Estaba a bastante profundidade da superficie, a uns 20 metros. Aínda que a igrexa era barroca as catacumbas tiñan un estilo moi diferente: eran romanas. No centro atopábase un jacuzzi pequeño recuberto de azuleixos moi desgastados. Polos lados, padiolas de masaxe bastante rudimentarias que nalgún momento estiveron decoradas e pintadas, e que agora se atopaban lisas e sen adornos. Noutro tempo, este lugar fora unha especie de antigo balneario baixo terra, máis agora estaba en ruinas e cun aspecto un tanto tétrico. Aquí estaba eu, buscando oco onde encaixar a chave que me levaría á tumba do primeiro gran lexionario da rexión. Normalmente en Francia, nesta rexión, non soia facer frío, máis tiven que por a chaqueta. Cando por fin atopei o pequeño burato, encaixei a chave e unha luz cegadora tiroume ó chan. Laura Morales Rejas, 1º ESO. IES Mos
  5. 5. Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... As paredes das catacumbas eran rosas e os teitos marróns. Os cuartos eran moi modernos, tiñan de todo: jacuzzis, televisións, portátiles, etc. Vivían moi ben, moi contentos pero no saían de alí. Comían, durmían e vían películas xa que tiñan un videoclube na igrexa. Tiña tamén unha colección de coches no segundo andar da igrexa. Non mercaban comida, a facían aparecer xa que tiñan poderes telepáticos. Tamén tiñan un ximnasio, posto que tiñan que exercitarse. A súa vida diaria era sempre ou case sempre a mesma. As oito da mañá almorzaban e as doce tomaban unha froita, poto que cada catro horas tiñan que alimentarse. As catro da tarde comían e despois facían as tarefas e se exercitaban. E por último ás oito da noite ceaban, vían unha película (pero só as veces) e as dez ían para a cama. Ceaban e comían sempre ou case sempre o mesmo. Para facer aparecer pizza dicían amarbabaqueropizza, para facer aparecer a tortilla dicían kumbakarocaquerotortilla. Se querían bistecs dicían kuchukambochuluquerobistecs. Alex Lorenzo, 1º ESO. IES Mos
  6. 6.   Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... de xoguete que un neno pequeno metera alí cando o cura non  miraba. Un día de noite caiu un raio sobre a igrexa dándolle vida aos  dragóns e aos dous morcegos. Despois de mil anos fixéronse rivais  reclutando aos humáns como o seu exército. Tamén tomaron a  outros coma se foran servos.  Loitaron durante anos sen que ninguén saira victorioso, ata que  os soldados de ambos exércitos sacaron as pilas aos seus xefes,  volvendo todo a normalidade despois de miles de anos. Ángel Bastos López, 1ºESO. IES de Mos
  7. 7.   Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... Éstes era os gardiáns dun tesouro oculto. Este estaba xunto a  bágoa da fada máis pura que nacera coa risa dun bebé con  poderes. Un día no País de Nuncaxamáis habían uns nenos perdidos  que xogaban ao fútbol cunha pelota feita de pedras de ouro, e de  repente apareceu un mono voador cun tutú rosa que saía nese intre  de clase de danza. Parouse e preguntoulle aos nenos: -Ola, podo xoga convosco? -Sí, claro, únete a nós. -Grazas. -Escomecemos¡¡¡ Comezaron a xogar e o número vinte dous que era tan grande  coma … un elefante deulle unha patada ao mono que saíu voando  polos aires e esnafrouse contra unha árbore diferente a todas as  demais, por ser a máis vella de todos. Esta árbore tiña o poder de  estoupar cando sentíase ameazada, pero Manuel, xa que así se  chamaba o mono, salvouse de miragre.
  8. 8.   Ao mirar os restos da árbore observou que entre eles  atopábase un mapa dun tesouro oculto. Manuel foi contarllo aos  seus novos amigos e entre todos decidiron ir á pescuda dese  misterioso tesouro.  Mercaron o necesario e ese mesmo día partiron cara á  aventura. Atravesaron sabanas, bosques, pobos, aldeas, … Despois  de dúas semanas de camiño chegaron ao seu destino, unha cidade  chamada Sprinfild chea de invasores alieníxenas que comían  cerebros de cans. Alí foron preguntando á xente por unha igrexa  habitada por animais fantásticos. Sen embargo as persoas ás que  lle preguntaban ríanse nas súas facianas.  Finalmente atoparon a igrexa, baixaron ás catacumbas e alí  estaba aquel cofre.  De súpeto ao abrilo saiu un raio cegador  do interior do mesmo.  No seu interior só había un carta. A abriron e leron as seguintes  verbas: -Ola e noraboa, atopaches o tesouro pero   xa é demasiado  tarde, eu cheguei primeiro. Sorte a próxima vez Os nenos, estupefactos, colleron as súas cousas e voltaron a  casa.   Nerea Méndez Toucedo, 1º ESO. IES de Mos
  9. 9.   Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...   Había unha vez unhas catacumbas debaixo dun altar dunha  igrexa con dragóns e morcegos. Eu, asustada avisei ao cura que viu  correndo a acompañarme nesta aventura. Entramos a modiño  alumeando coas nosas lanternas.  De súpeto unha bandada de morcegos asustáronnos e  tiráronnos as lanternas ao chan. Comezamos a apalpar para  atopalas, as recollimos e marchamos de alí prometendo non dicirlle  a ninguén e levar aos dragóns fóra da cidade a un barranco onde  non foran perigosos.   Paula Loureiro, 1º ESO. IES de Mos  
  10. 10.   Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos...   Os morcegos eran grandes e comían xente. Os dragóns  voaban con ás de fadas, cantaban e bailaban. Os morcegos  chamábanse darcegos, os dragóns draladas. Un día un morcego foi raptado por un OVNI. Os tripulantes do  ovni sorprendidos pola súa descuberta fixeron unha festa na súa  discoteca. Beberon e beberon tequila e xenebra e acabaron cun dor  de cabeza incrible. Pero coma sempre o dragón tivo que  estropearlles a festa, así que os tripulantes do OVNI o mataron e  comeron. Carlos Santoro, 1º ESO. IES de Mos
  11. 11.   “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "  Pensou Alexandra, a nena que imaxinaba todo isto e moitas  máis cousas fantásticas. Un día todo aquilo que ela imaxinara fíxose  realidade, e o caos tomou a cidade. A xente non saía das casas por  medo aos dragóns, ninguén excepto ela, a mesma Alexandra,  porque ela sabía con certeza que os dragóns só querían xogar e  que nunca farían nada a ninguén. A xente pensaba que estaba tola  e botaban a culpa de todo aos pais da nena por falárenlle deses  seres. Non entendían que os dragóns puideran ser amigos dela e  decidiron ir matalos.  Un día mentres Alexandra estaba a xogar con eles intentaron  por en marcha os seus pláns, pero a nena parounos. Un dos  dragóns achegouse a unha nena pequena que aínda que ao  principio pegou un chimpo logo encariñouse co animal. Os adultos  ao veren aquilo déronse conta de que non se podía xulgar a ninguén  polo seu aspecto.  Andrea Vila, 1ºESO. IES de Mos  
  12. 12.   “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "    Un día, nunha freguesía, na igrexa, xustamente no altar había  uns ovos de dragóns, eran tres exactamente, e os morcegos  coidábanos, hasta que un día naceron. O problema foi que os  dragróns eran agresivos e acabaron reventando toda a cidade, pero  os morcegos decidiron que tiñan que acabar con eles. Os morcegos xuntáronse e fixeron un morcego enorme.  Acabaron con todos os dragóns e volveu todo á normalidade. Yeray Cidanes, 1ºESO. IES de Mos  
  13. 13.   “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "  A catacumba era máxica pero só se collías unha escama de  dragón e unha cagada de morcego. Algúns rapaces do colexio xa o  intentaran pero non o conseguiran xa que non atoparan a escama.  Uns rapaces da vila xuntáronse un mércores pola tarde e foron as  catacumbas. Cando se fixo de noite algúns marcharon e só  quedaron dous. Eles seguiron buscando ata que atoparon un pasadizo e  atoparon a escama debaixo dunha pedra. Puxeron todo nunha bolsa  de tea e alí producíuse un resplandor. Despois pediron un desexo,  que aprobaran todos os exames. Pero non lles fixo moita ilusión, así que tirárono ao lixo. Outro  neno moi malo colleuno, pero non lle funcionaba, así que tirouno ao  chan e perdeu a escama que caíu ao auga e cobrou vida,  converténdose en dragón. O dragón andaba solto pola cidade asustando á xente ata que  os cazadores do pobo o mataron e todo volveu á normalidade.  Lorena Lorenzo Portela, 1º ESO. IES de Mos
  14. 14. “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... " Que o cura aínda non descubrira. Co paso do tempo foi  desconfiando do armario, pero tiña un pouco de medo de abrilo.  Cando por fin o abríu descubríu unhas escaleiras que foron dar ás  catacumbas. Só colleu o preciso, unha lanterna e o casco para  protexer a cabeza en caso de caír ao chan. Cando por fin baixaba as escaleiras non estaba seguro de ir,  pero dixo para sí que non se ía botar atrás. Cando por fin atopou o dragón tiña moito medo, pero co paso  do tempo fixéronse moi bos amigos. Canto atopou ós morcegos  tamén co paso do tempo fixéronse moi amigos. Todos foron felices e  os tres non mantiveron en segredo a catacumba, así que puxeron  carteis pola cidade para ir a visitala, pero como eran bos non  cobraron nunca a entrada a misteriosa catacumba.   Ariadna Lorenzo, 1º ESO. IES de Mos.
  15. 15.   “Había unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunhaHabía unha vez unha catacumba debaixo dun altar dunha igrexa con dragóns e morcegos...igrexa con dragóns e morcegos... "  Era unha estancia sombría e grande, cunha gran variedade de  animais: dende o lagarto de cores máis variadas ao dragón de dous  metros con enormes ás, de cor negra, que habitaba nun nicho.  Ninguén sabía da súa existencia, mais, ás veces, a xente oía  estranos ruídos que proviñan do chan ou, nas cerimonias da igrexa,  víanse interrompidos por fortes alaridos que se atribuían ao  estropeado e vello sistema de son. Aquel día chegaba o novo cura. O anterior tivera que irse dun  xeito inesperado a Panamá, nunha misión de converter a un pobo  indíxena. Este chamábase Xoán e estaba moi entusiasmado co seu  novo destino. Tiña 35 anos naquel momento, e ninguén que o vise  pensaría que era cura. Podían dicir facilmente que polo seu  vocabulario era científico ou, pola súa constitución física, bombeiro  ou garda civil, mais el xa elixira de pequeno a súa vocación, e todo o  mundo corroboraba que as súas misas eran moi animadas e  alegres, por iso, cando baixou do autobús e foi ata a casa rectoral,  ninguén pensou que era o novo cura ata que se presentou:   - Bos días¡ Son Xoán o novo cura. Dixo cando lle abriron a  porta. - Ah, xa chegou¡. Que puntual¡dade. Dixo a señora que abrira a 
  16. 16.   Eu son María, a catequista da igrexa. Por favor, pase.   María ensinoulle toda a casa, baixaron ata a igrexa. Alí, Xoán  quedou marabillado polas esculturas de dragóns que había. O que  máis lle chamou a atención foi o debuxo que había no teito, do que  María lle contou a seguinte historia:   - Este lugar, a igrexa de San Pedro, está construída sobre un  antigo templo celta, e a figura do dragón está moi presente aquí.  Non sei se o saberá, pero existe a lenda de que aquí vivía un dragón  que raptaba doncelas e as levaba ao seu escondrixo, nas  catacumbas que se di que hai baixo a cidade. Dise que unha  doncela está atrapada nas augas da Poza da Moura e que quen a  atope, poderá casar con ela. - Ben, pois espero non atoparme calquera día co dragón¡,  bromeu Xoán.   Logo de rematar coa visita, María deixou a Xoán a soas para  prepararse para a misa da mañá e díxolle que marchaba para a súa  casa, e que si precisaba algo, a chamase. El deulle as grazas e  comezou a rezar no altar, mais non puido concentrarse moito tempo.  Era tan fermoso aquel lugar¡. O chan de mármore brilaba con luz  propia e o altar estaba ricamente decorado no pé cuns debuxos de  guerreiros combatentes. Xoán agachouse para
  17. 17.   miralos máis de perto e, sen pretendelo, tocou un bastón, co que o  altar comezou a se mover. Pegou un chimpo cara atrás. O corazón latíalle a cen por hora.  Que pasara?. No lugar onde antes estaba a pedra había agora  unhas escaleiras que baixaban. "Será a entrada as catacumbas das que falou María?",  preguntouse abraiado. Tiña tanta curiosidade que non se puido resistir, e decidiu  baixar. Agarrou as velas que estaban preparadas para colocar,  encendeunas e descenceu ás profundidades. Cando chegou só aía estranos rídos e alaridos que viñan da  zona máis escura. Mais, cando os seus ollos se adptaron distinguíu  pequenos animais: Lagartos con ás, píntegas... pero o que máis lle  chamou a atención foi unha cría que había nunha esquina. Era un  dragón¡, de corpo vermello, tiña pequenas espirais negras e dúas ás  das mesmas cores. Apenas medía cincuenta centímetros, pero  Xoán dábase conta de que estaba agonizando: había un charco de  sangue ao seu redor. Non podía deixalo alí¡. Intentando non ocar a  ningún animal e sen poder evitalo, admirando a escalofriante  natureza das paredes negras da rocha e as estalagtitas e  estalagmitas, colleu
  18. 18.    o dragón e deu a volta. Ao saír, pechou a entrada, correu ata a súa casa e curou á  pobre criatura. Limpiulle as feridas e vendouno.   - Que vou facer contigo?. Aínda estás ben, pero creo que  podes estar agochao aquí ata mañá.- Díxolle o cura.   Á mañá seguinte, na misa, Xoán estaba preocupado por el,  mais nada ocorreu durante a primeira media hora. Todos os  presentes estaban contentos co amable e educado que era.   - Ben, agora imos dicir o Pai Noso.- Dixo.   Mais, ao comezar, a porta abríuse e o dragón apareceu  andando, dirixíndose cara Xoán. Os asistentes quedaron pasmados  e escoitáronse varios berridos. Ninguén sabía que era aquela  criatura. - Tranquilos¡. É pacífico¡.- Alertounos o cura. - Pero que é iso?.- Dixo alguén. Varios murmurios facían a  mesma pregunta. - Atopeino onte, nunha catacumba aquí debaixo. Non vos  preocupedes, non fai dano.- E amosoulles como o dragón lle lambía  a man.
  19. 19.    - Home, se é pacífico.- Comentou un fregués.  - Si, si, asegúrollo no nome do Pai, do Fillo e do Espíritu  Santo¡.- Contestou Xoán.   Ninguén se atrevía a contadecir ó cura, ao dicir iso. Entón  alguén propuxo que lle podían chamar Dragno e que fora a mascota  da igrexa, xa que tiña unha historia de dragóns. E, dende entón, unha nova lenda circula pola cidade, despois  de pasaren varios anos, a dun cura e o seu dragón que coidaban da  igrexa e que daban misas con contos draconianos, pero pasado o  tempo, o cura foise e o dragón non se volveu ver. Quen sabe se  voltará a estar agochado na Poza da Moura¡. Xiana Carrera Alonso, 1º ESO. IES de Mos.

×