SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 32
Descargar para leer sin conexión
L e t R A s G A L e G A s 2 0 1 4
XUNTA DE GALICIA
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Secretaría Xeral de Política Lingüística
IES Perdouro, Burela (Lugo)
Coordinadora:
Edelmira María Parga Valiña
Equipo de profesores colaboradores:
Bernardo Penabade Rei
Karina Parga Chao
Antón Niñe Fernández
Autoría:
Cintia Castro Fernández
Ariel Alexandra Granda Márquez
Rodrigo Pereira Trillo
Sara Pernas Polo
Maura Barbosa Vicente
Gabriel Bermúdez Álvarez
José Carlos Díaz Lorenzo
Andrea Lorenzo Bahamonde
Damián Palou Fernández
Iván Pita Couto
María Prieto Casares
Dep. legal:
C 506-2014
O material que compón a exposición sobre Xosé María Díaz Castro para conmemorar o Día das
Letras Galegas 2014 consta de 10 carteis (ordenados do 0 ao 9) e unha guía didáctica. Con este
traballo pretendemos dar a coñecer a vida e a obra do poeta ao alumnado de educación secundaria
obrigatoria e bacharelato, mais tamén a todas aquelas persoas que teñan a oportunidade de contem-
plar a exposición.
Esta guía está artellada en dez unidades constituídas polas actividades correspondentes a cada cartel
e un apartado final de bibliografía, onde incluímos as obras consultadas para a realización da exposi-
ción, a xeral de referencia e unha selección de ligazóns web de interese que serven de complemento
para calquera interesado no quefacer do autor homenaxeado.
Para facilitar o labor dos docentes, as actividades propóñense cunha presentación diferenciada.
Aquelas que poden ser resoltas consultando unicamente os carteis aparecen inseridas dentro
dun cadro en cor. Deste xeito, o profesorado pode suxerirlles este tipo de tarefas aos rapaces cando
estes visitan a exposición e ter a seguridade de que atoparán a resposta nos paneis, sen necesidade
doutros materiais de consulta.
Se o obxectivo é ampliar información sobre o autor, a súa obra, o contexto histórico-cultural e o
medio natural no que desenvolveu a súa vida, o docente pode propor o resto de actividades, que
non aparecen dentro dos cadros.
O grupo de traballo que ideou o material da exposición está integrado por alumnos e profesores
do IES Perdouro de Burela. As rapazas e rapaces son de 1.º de bacharelato e cursan como optativaTIC
(Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
Para a elaboración do material utilizaron software libre e tomaron a maior parte dos datos da páxina
web www.poetadiazcastro.com, a cuxos responsables queremos mostrar un agradecemento especial.
Como tamén expresamos a nosa gratitude a Armando Requeixo polas súas observacións e consellos.
Miruca Parga Valiña
Coordinadora do grupo de traballo
Presentación
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
3
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Empeza a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).
En 1981 entra en vigor o Estatuto de autonomía de Galicia.
dez anos.
A Editorial Galaxia publica Nimbos.
Cronobiografía04-2014
1.	 Imos comprobar, para comezar, os teus co-
ñecementos previos sobre o autor home-
naxeado:
•	 Xa sabías algún dato sobre a súa vida e a súa
obra? Se a resposta é afirmativa, cales?
•	 Onde atopaches por primeira vez información
sobre Xosé María Díaz Castro?
•	 En que etapa literaria o situarías?
•	 Sabes que xéneros literarios cultivou?
•	 Cantas linguas cres que coñecía?
2.	 Xosé María Díaz Castro nace en 1914 e morre
en 1990. Fíxate no cartel e contesta:
•	 Cales foron os principais feitos históricos da épo-
ca na que viviu?
•	 En que etapa da literatura galega o situarías?
•	 Coñecido o dato anterior, que temas cres que
tratou na súa obra?
3.	 Fai un repaso da vida de Díaz Castro e res-
ponde:
•	 En que lugares residiu?
•	 Que profesións exerceu?
4.	 Completa o cadro cos datos biográficos co-
rrespondentes ás seguintes datas:
1929
1940
1946
1961
1973
1984
5.	Vai ao web http://www.poetadiazcastro.
com/plantilla.asp?id=174 e le a banda dese-
ñada sobre a vida de Díaz Castro.
•	 Elabora un guión narrativo no que destaques os
feitos máis relevantes no seu percorrido vital.
•	 Debuxa viñetas ilustrativas dos acontecementos
anteriores e complétaas con texto para crear a
túa propia banda deseñada sobre a biografía do
autor.
Cartel 0 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
5
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Casa natal de Xosé M.ª Díaz Castro.
Capela do Vilariño dos Cregos.
hidroavión Plus Ultra. Tamén
serra de Montouto. A
Axudaba nos labores do campo, sobre todo ía
Dende pequeno fai de acólito na capela do Vilariño e vai á
escola ao Buriz, pola beira do río Porto, ata que foi construída a
ao pé da
. O lugar recibía este nome
A infancia en Guitiriz04-2014
Alfonso Blanco Torrado, amigo e gran coñecedor da
vida e da obra de Díaz Castro, afirma:“Esta simbiose
afectiva do home coa súa terra emerxe decote na
súa obra”.
(http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.
asp?id=16)
Imos explorar logo o contorno do poeta:
1.	 Busca Guitiriz no mapa do cartel:
•	 A que provincia e comarca pertence este conce-
llo?
•	 Cantas parroquias o forman? Escribe o seu nome.
•	 Con que outros concellos limita?
•	 Pertencen a Lugo ou á Coruña?
2.	 “Toda a súa obra é rodear de luz e de eterni-
dade as súas lembranzas de neno neste re-
cantodopaís”diBlancoTorrado(http://www.
poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=16).
•	 Deseña un itinerario que pase polo Vilariño dos
Cregos, O Buriz, Bascuas e San Salvador de Par-
ga.
•	 Na obra de Xosé María Díaz Castro aparecen to-
pónimos en contadas ocasións. Recupera os dos
poemas “Remuíño” e “Vísperas” e sitúaos nun
mapa de Guitiriz.
3.	 Recorda a nenez de Xosé María:
•	 A que escolas asistiu en Guitiriz Xosé María Díaz
Castro durante a súa infancia?
•	 En que destacaba no ámbito académico?
•	 A que cres que se debe que a natureza sexa un
dos eixes temáticos da súa obra?
•	 Como era curioso de seu, que método emprega-
ba para poder recordar todas as respostas que
lle daban? Explica de que xeito poderías utilizar
ese procedemento nos teus labores escolares.
4.	 Le o seguinte texto:
“Serían os veciños dos Vilares emigrantes a Cuba,
entre eles dous tíos do poeta, os que mandarían os
cartos para face-la Escola da Conchada. Na illa de
América organizaran a sociedade“Juventud deVilla-
res” e quixeron colaborar deste xeito no progreso e
educación da súa parroquia”.
(A. Blanco Torrado http://www.poetadiazcastro.
com/plantilla.asp?id=16)
Entra na páxina web do Consello da Cultura Galega
e busca información sobre as escolas sustentadas
polos americanos e a exposición Luces de Alén Mar:
•	 Escribe a definición de indiano e de sociedade
de instrución.
•	 A escola da Conchada construíuse grazas a un
indiano ou a unha sociedade de instrución?
Cartel 1 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
7
DÍADASLETRASGALEGAS2014
•	 Investiga nesta páxina web se no teu concello
existe algunha escola levantada con fondos pro-
venientes de América.
•	 Escribe a utilidade e o estado actual destas esco-
las no teu municipio.
•	 Pregúntalle a alguén da túa rodeada e cita nome
e apelidos dalgunha persoa que asistise ou aín-
da asista a un destes centros educativos.
5.	 Xosé María Díaz Castro mostrou desde neno
interese pola historia de Guitiriz.
•	 Sobre que restos arqueolóxicos investigou coa
axuda de seu irmán?
•	 Onde están situadas estas pegadas da historia
guitiricense?
6. Imos afondar algo máis no patrimonio histó-
rico de Guitiriz:
•	 Escribe a definición de mámoa.
•	 Explica o que son as medorras ou medoñas.
•	 Cita algunhas das existentes no concello de Gui-
tiriz.
•	 Sitúa nun mapa a serra de Montouto e coloca nel
as mámoas citadas anteriormente.
7.	 Le o seguinte fragmento:
“As súas xenialidades e trasnadas de neno tamén
están ligadas á natureza, como cando nun verán
xuntou co seu irmán Serafín máis de 200 ovos de
paxaros das máis fermosas cores, que foron selec-
cionando, segundo a familia ornitolóxica: lagartei-
ro, buxato, peto, parrulo dos humidais lindantes a
súa aldea, etc. Tamén neste tempo disfrutaba cos
irmáns e veciños bañándose na presa do Río do
Muíño do Monte.
Os animais, sobre todo as aves, as plantas, as pe-
nas…, todo o facía vibrar e espertaba a súa curio-
sidade: as flores, un insecto, unha pedra capricho-
sa…, estudábaos e xa na aldea ou na casa pregunta-
ba aos máis vellos os seus nomes, e aínda acudía ao
libro correspondente para ampliar os seus coñece-
mentos sobre aquela criatura. Adicaríalles poesías
cando só tiña 12 anos”.
(http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.
asp?id=61)
•	 Busca a fotografía dun lagarteiro, dun buxato e
dun peto.
•	 Escribe as características principais de cada unha
destas aves.
•	 Cita especies ornitolóxicas que vivan na contor-
na do teu concello.
8
8.	 Busca na sopa de letras:
1.	 Proviña dunha familia…
2.	 O lugar de nacemento do poeta Díaz Castro
era…
3.	 Como se chamaba a súa parroquia?
4.	 En que destacaba na escola?
5.	 Quen dixo:“na súa palabra o galego intensífi-
case”?
6.	 Sobre que monumentos megalíticos lle axu-
dou a facer un estudo o seu irmán Serafín?
7.	 En que vila realizou os seus estudos?
8.	 Cal foi o alcume que lle puxeron no semina-
rio?
9.	 Un dos seus primeiros amigos no seminario
foi… (só o nome).
10. Palabra pola que empeza o título dos poe-
marios que permaneceron inéditos durante a
súa época do seminario.
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
9
DÍADASLETRASGALEGAS2014
En Mondoñedo
favoreceu á hora de crear poesía. Esta etapa tamén contribuíu a queO Poeta.
e abandonouno en xaneiro de 1940.
consérvanse diversos cadernos e poemas soltos que
conforman o resto da súa poesía inédita.
De súpeto, nas nèbras do camiño,
n-unéstasisd’anséio redentor,
levantóu-se un cruceiro, roïdiño
polas póutas do Tèmpo vencedor.
¡Amigos, tan grande èra o seu delor,
que destonzasquixèra eu ser espiño...
para ofrendár-lle, ô menos, unha flor!
Cerróu a tarde os òllos. Fói-se a lus.
Sintindo que m’ardía o corazón
diante o inmenso dolor d’aquela crus,
descubrín-me, e rezéi unha òración...
Cèrra ese libro, estudiante;
porque as doutrinas máis sábias
n-están nos libros escritas:
na Natureza se gardan.
04-2014
1.	 Le no cartel a información sobre a época de
seminarista de Díaz Castro.
•	 A que idade ingresou no seminario?
•	 Que linguas aprende durante esta etapa?
•	 De que xeito inflúe a súa estancia no seminario á
hora de crear poesía?
•	 Cando abandona este centro de ensino e por que?
2.	 Investiga sobre a importancia deste centro
educativo na formación dos mozos mindo-
nienses e do contorno.
•	 Cal é o nome que recibe o seminario?
•	 A que se lle chamou escola poética de Mondoñedo?
•	 Que escritores formaron parte dela?
•	 Busca a relación existente entre a revista Amen-
cer e o seminario.
•	 Pódense cursar estudos regrados hoxe neste
centro? Procura novas de xornais en que se dea
información arredor da continuidade ou cesa-
mento da súa actividade académica.
3.	Le o artigo “Díaz Castro no Seminario de
Mondoñedo” escrito por Blanco Torrado en
Amencer (http://www.poetadiazcastro.com/
plantilla.asp?id=23) e explica a relación do
poeta con:
•	 Aquilino Iglesia Alvariño
•	 Noriega Varela
•	 Francisco Fanego
•	 Cita o nome e apelidos doutras amizades que
Xosé María fixo en Mondoñedo durante a súa
estancia como seminarista e a dedicación profe-
sional posterior destas persoas.
4.	 Durante esta etapa Xosé María escribiu nu-
merosos poemas en galego.
•	 Escribe o nome que recibe cada un dos tres poe-
marios inéditos que se conservan e a data na
que os rematou.
•	 Explica a diferenza existente entre a primeira e a
segunda das súas obras inéditas.
•	 Que publicacións periódicas recollen os seus pri-
meiros poemas impresos en galego?
•	 En que vilas se editan as publicacións anteriores?
5.	 Investiga no libro de Armando Requeixo Vida
e obra de Xosé María Díaz Castro e contesta:
•	 Cantos poemas compoñen a súa primeira obra inédi-
ta?Dequesecciónsconstaecomosedistribúen?
•	 Busca e escribe os mesmos datos do segundo
poemario non publicado.
•	 Compara o número de composicións coas que
aparecen na súa única obra publicada en galego.
Debido a isto, pode considerarse Nimbos como
unha obra inaugural? Xustifica a túa resposta.
6.	 Le no cartel o primeiro fragmento poético:
•	 Sinala os versos nos que atopes trazos de relixio-
sidade e misticismo.
•	 Indica que elementos aparecen baixo a figura da
personificación nesta composición.
•	 Busca unha hipérbole no poema.
Cartel 2 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
11
DÍADASLETRASGALEGAS2014
En Vilagarcía de Arousa
profesores do Colexio León XIII. (Diario de Arousa, 11-VIII-2013)
IIIIII
Ven aos meus versos como vas á feira,
cantando e ríndo ao vento das Mariñas.
Ven, puño de cereixas cristaíñas,
entra no meu soneto, betanceira!
Como esborrexen pol-a carballeira
as anduriñas tras das anduriñas,
brinca, anduriña, pol-as rimas miñas
cal te dou Dios, enteira e verdadeira.
E xa feito de ti, louro e compreto
cos iambos dos teus pasos donaireiros,
co lume dos teus ollos tan profundo,
eu ceibaréi ao vento o meu soneto
pra que o teu nome suba antr’os loureiros
hastr’ás estrelas, prefumando o mundo!
Piséi a sombra viva dos guindeiros
e pidinlle auga fresca. Pró a garrida
doume unha auga tola i-acendida,
i-empezóu a falar... Ai betanceiros,
qué ollos aqueles, soles verdadeiros,
duasespranzas pra unha sola vida!
Qué ofrenda a porzolanarepolida
das mans, feitas pra tronos ou mosteiros!
I-aquel falar ardente cal non fora
un despertar de melrossob a aurora
i-aquel fuxir xogando d’anduriña!
Cantade ao sol i-ao mar, porque podedes,
vos os que arades i-os que tendes redes.
Qué aguinaldo dou Dios aos da Mariña!
Variña d’avelairo, pra ti fora
cativo o bronce i-a palabra escura,
noiva a tecer damascos de ternura,
nai, santa nai que canta cando chora!
Nácech’o sol nos ollos a cadora,
enterrouse en ti o sol hastr’ácentura!
Boca pra un anxo, ai Deus, guinda madura!
Ai Deus, surrisa aberta com’a aurora!
Sal do poema xa, céibate á ría
da Vida, corpo enteiro da alegría,
pés voandeiros, corazón sin lixo!
Así, sin versos, para qu’eu te queira,
ti, nascida dun sono, betanceira,
com’apermeira estrela que Dios fixo!
Alvariño solicítao para impartir clases no Colexio
seus estudos eclesiásticos obtidos no Seminario de Mondoñedo e
fora
NASCIDA D’UN SONO
04-2014
1.	 Busca información no cartel:
•	 Quen foi o responsable de que Xosé María exer-
cese como profesor no Colexio León XIII?
•	 Que ideoloxía tiña o seu fundador?
•	 Que clases impartía Díaz Castro neste centro
educativo?
•	 Que relación cres que mantiña co seu alumnado?
•	 En que data finaliza o seu traballo como mestre
en Vilagarcía?
2.	 Investiga sobre o Colexio León XIII:
•	 Busca información en internet sobre o labor edu-
cativo que desenvolve este centro en Vilagarcía
e na contorna arousá. Consulta o Diario de Arou-
sa citado no pé da primeira fotografía do cartel
(http://www.diariodearousa.com/articulo/vila-
garcia/leon-xiii-escuela-y-casa-ninos-desahucia-
dos/20130811001417036921.html).
3.	Procura datos sobre a vida de Celestino
Noya, compañeiro de claustro de Díaz Cas-
tro, e explica que motivos o levaron a impar-
tir clases no León XIII.
4.	Durante a súa estancia en Vilagarcía de
Arousa, o poeta continúa acrecentando a
súa obra:
•	 En que publicación periódica compostelá dá a
coñecer os seus poemas?
•	 Xosé María pasara algunhas vacacións estivais
en Betanzos e decide presentar dous poemas
aos Xogos Florais. En que data? Cal é o título das
composicións coas que concorre?
•	 Por que razón recibe o nome de tríptico a com-
posición transcrita neste panel?
5.	O xornal compostelán La Noche tivo unha
grande importancia no espallamento das
nosas letras.
•	 En que ano inicia a súa andaina? Cando a remata?
•	 Quen o dirixe?
•	 Cita escritores galegos que publicaran nas súas
páxinas.
•	 Cal era a liña editorial deste medio de comunica-
ción?
6.	 Le o tríptico titulado“Nascida d’un sono”.
•	 Xustifica por que se trata de sonetos.
•	 Escribe o esquema métrico e de rima destas
composicións.
•	 Cita as virtudes que se lle atribúen á muller be-
tanceira no poema.
•	 Explica a estrutura interna do tríptico especifi-
cando as partes en que pode dividirse tendo en
conta o seu contido.
•	 Busca as apóstrofes existentes e indica a quen
van dirixidas.
•	 Interpreta as seguintes metáforas: “anduriña” (v.
7),“porzolana repolida”(v. 21),“aguinaldo”(v. 28),
“guinda madura”(v. 35),“corazón sin lixo”(v. 39).
•	 Busca outras figuras literarias no plano morfo-
sintáctico e léxico-semántico.
Cartel 3 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
13
DÍADASLETRASGALEGAS2014
En Madrid
.
Piñeiro, responsables da Editorial Galaxia, insistían en que
con diversos pseudónimos.
Ínsula
En 1959, Ben-Cho-Shey convoca varios
Recital presidido por Ben-Cho-Shey no Centro Galego de Madrid.
04-2014
1.	 Le o cartel e responde:
•	 Que profesións exerce Xosé María en Madrid?
Cal lle require maior dedicación?
•	 Na capital española continúa en contacto coa
cultura galega, que supón para el a participación
na Festa da Poesía?
•	 Quen se encargara da organización do acto?
•	 Que outros intelectuais galegos toman parte no
recitado?
2.	Redacta un texto expositivo no que expli-
ques brevemente a biografía e a obra de:
•	 Ben-Cho-Shey
•	 Xosé Fernández Ferreiro
•	 Bautista Álvarez.
3.	 Investiga sobre o grupo Brais Pinto:
•	 Onde se funda?
•	 Cando desenvolve a súa actividade?
•	 Quen son os seus integrantes?
•	 Por que escollen este nome para o grupo?
•	 Cal é o seu principal obxectivo?
4.	 Mentres está en Madrid os seus textos foron
divulgados en varias publicacións.
•	 Cita o nome de cada unha delas.
•	 A que xénero pertencen os textos editados?
•	 Cal cres que é a razón de que asinara os textos
humorísticos con pseudónimos?
5.	 Durante a súa etapa na capital, sae á luz o
único dos poemarios que publicou.
•	 Que intelectuais galegos animan a Xosé María
para que acceda a editalo?
•	 En que ano e en que editorial se publica o libro?
•	 Cita algúns dos temas fundamentais de Nimbos.
6.	Busca información sobre Ramón Piñeiro e
Francisco Fernández del Riego.
•	 Que relación tiveron coa editorial Galaxia?
•	 En que institucións traballaron e que cargos ocu-
paron?
•	 Que xéneros literarios cultivaron?
•	 Procura datos na páxina www.poetadiazcastro.
com sobre a relación entre Ramón Piñeiro e Xosé
María Díaz Castro. Le as súas cartas e explica que
argumentos utiliza Piñeiro para convencer o
poeta guitiricense da necesidade de dar a coñe-
cer a súa produción poética.
Cartel 4 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
15
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Volta a Guitiriz
En 1989 recibe tres homenaxes en Euskadi, de onde era
a súa dona.
En 1987 sae á luz a primeira homenaxe en vídeo dedicada a un
estes anos nos festivais de Pardiñas, organizados pola asociación.
O funeral foi oficiado por Alfonso Blanco Torrado que lle dedicou
unhas agarimosas palabras de despedida e, sobre todo, de
sincero agradecemento.
04-2014
1.	 Busca a seguinte información no cartel:
•	 Con que asociación colabora estreitamente Xosé
María Díaz Castro cando regresa a Galicia?
•	 Quen coordina esta asociación?
•	 Que significou a agrupación cultural para o es-
critor?
2.	 Sigue a investigar sobre a asociación guitiri-
cense que tanto contribuíu ao coñecemento
do autor:
•	 Cando se crea?
•	 Redacta un breve texto no que expliques os
obxectivos da asociación.
•	 Que publicacións edita ao longo da súa historia?
•	 Que labores realiza?
•	 Que nome recibe o festival que organiza?
•	 Que actividades culturais se levan a cabo neste
evento? Podes consultar datos referentes ás úl-
timas edicións indo a http://www.xermolos.org/
index.php/festival/resena-historica.
3.	Responde:
•	 Que acto ten lugar o 9 de agosto de 1984?
•	 Por que é relevante na traxectoria poética de
Díaz Castro?
•	 Quen actuou como presentador?
•	 Onde tiveron lugar as homenaxes que recibiu o
autor?
•	 En que consistiron?
4.	 Para profundar máis nesta etapa, le no web
www.poetadiazcastro.com e contesta as se-
guintes preguntas:
•	 Díaz Castro realizou varias viaxes a Santiago para
reunirse con outros intelectuais galegos. A quen
nos estamos referindo?
•	 Tamén viaxaba a Monforte porque tiña amizade
cun poeta chairego que tiña alí a súa residencia.
A quen visitaba?
•	 O seu enterro foi outro acto de homenaxe. Quen
o oficiou e que escritores galegos o acompaña-
ron na súa despedida?
5.	 Comproba quen é o autor principal do web
anterior e redacta un breve texto expositivo
no que describas as súas ocupacións profe-
sionais e o seu quefacer como activista cul-
tural.
6.	 Busca no web do concello de Guitiriz, do IES
Poeta Díaz Castro e no da Asociación Xermo-
los, que actividades se están a realizar arre-
dor da figura do poeta homenaxeado no Día
das Letras Galegas 2014.
Cartel 5 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
17
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Nimbos
1961
1982
1989
2002
2006
2014
2014
A segunda, publicada en Madrid, é a única bilingüe en galego e
castelán.
Galaxia
Galaxia (en Poesía galega completa)
neovirxilianismo. Da posguerra recolle influencias de Cunqueiro,
malia a súa apararente naturalidade, se descobren numerosos
04-2014
1.	 Fíxate nos datos editoriais de Nimbos e con-
testa:
•	 Cantas edicións se coñecen da obra?
•	 A que ano se remonta a primeira edición?
•	 Que diferencia a segunda das restantes?
2.	 Ten en conta a estrutura e o contido da obra
e responde as seguintes cuestións:
•	 Cantas seccións presenta o poemario se consi-
deramos a súa estrutura externa?
•	 Cal é o título de cada unha delas?
•	 Divide as seccións anteriores en dous grupos se-
gundo acheguen trazos semánticos positivos ou
negativos.
•	 Con que conceptos da obra vincularías os trazos
positivos? E con cales os negativos?
3.	 Busca en Nimbos composicións que posúan
un esquema métrico e de rima determinado
e outras que estean escritas en verso libre, e
reflexiona:
•	 Que poesías che resultarían máis fáciles de com-
poñer?
•	 Cales teñen un ritmo máis marcado?
•	 Que recursos emprega o autor para dotar de rit-
mo os poemas en verso libre?
•	 Que vantaxes ofrece o versolibrismo á hora de
expresar as ideas fronte aos esquemas métricos
e rítmicos determinados?
•	 Cal dos dous tipos de poemas che gustan máis?
Por que?
4.	 A lingua de Nimbos combina diferentes solu-
cións de enriquecemento léxico e de escolla
para a conformación dun estándar. Relacio-
na cada concepto coa palabra que lle corres-
ponda. Todas pertencen á edición de 1989.
	Dialectalismo
da súa zona
	Dialectalismo
doutras partes
de Galicia
	Préstamo
5.	Xosé María Díaz Castro comeza a escribir
poesía xa na súa época do seminario, aínda
que non reúna parte da súa produción para
publicar ata a década dos sesenta. A súa es-
crita experimenta co paso do tempo unha
clara evolución na forma e no contido.
•	 En que grupo ou xeración podemos encadrar o
escritor?
•	 Que correntes literarias de preguerra se reflicten
nas súas creacións?
•	 Que tendencia poética de posguerra exerce in-
fluencia nos seus poemarios?
Cartel 6 · Actividades
•	 crus
•	 lus
•	 grau
•	 chuva
•	 oraciós
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
19
DÍADASLETRASGALEGAS2014
6.	 Busca en Nimbos un poema no que se advirta
a presenza de elementos propios de tenden-
cias literarias de preguerra e outro no que
prevalezan os das correntes de posguerra.
7.	 Completa a seguinte táboa colocando na pri-
meira columna autores que coma Díaz Cas-
tro participaron do paisaxismo humanista e
na segunda, aqueles que escribiron poesía
social.
PAISAXISMO
HUMANISTA
POESÍA
SOCIAL
8.	 O estilo do autor é aparentemente sinxelo.
Compróbao na seguinte composición e re-
dacta un breve comentario poético:
•	 Resume o contido de“Terra sucada”.
•	 Sinala o tema.
•	 Analiza a súa forma tendo en conta os recursos
existentes en todos os planos lingüísticos. Présta-
lles unha especial atención ás metáforas e perso-
nificacións para comprender o contido do texto.
•	 Expón en que corrente ou correntes literarias in-
cluirías o poema.
TERRA SUCADA
¡Terra sucada, poema
de cen versos na outonía!
Orballa na cal, no escuro
camiño de tantas vidas…
Ferve o grau, pulo enterrado
da espranza, nena dormida.
¡Terra do ceo arrincada!
Chora a terra desterrada,
terra arada, nai perdida.
20
9.	 Busca os sete apartados de Nimbos e cinco nomes de poemas que aparecen na seguinte sopa de
letras:
Z N U T E I S O V M
R D G A H A N C P E
B W L Z W D S I O K
Ñ U N N R I U T L F
S D I A D R N R P E
E J M R X E O O A J
R N B P J F I P D S
G G O S R U T R O G
A W S E Q K E Q R F
L O Ñ I U M E R I M
I E S M E R A L D A
M X X S O Ñ O Ñ A F
B Ñ P E N E L O P E
I T Q Q A M H D M S
Z K S M Z I Y G A I
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
21
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Os temas de Nimbos
NHA PADA
asoballada. Trátase dunha representación fiel de
Penélope, que tece e destece mentres agarda a Ulises. Galicia fai
o mesmo, dá un paso adiante e outro atrás, sen decidir o seu
futuro. Todo isto aparece no poema rodeado dun ambiente de
estatismo e de choiva, que reflicte o atraso de Galicia, a“agonía”
que estaba a sufrir a Chaira rural naquel tempo.
04-2014
1.	Le as palabras de Alfonso Blanco Torrado
que aparecen neste panel.
•	 Busca no dicionario a acepción do termo “nim-
bos”que mellor se adapte ao contexto da obra.
•	 Explica por que cada poema é un nimbo.
•	 Xustifica por que este concepto está relacionado
coa relixiosidade do autor e, asemade, coa súa
visión panteísta do mundo.
2.	 Le a información que contén o cartel sobre
os temas fundamentais de Nimbos.
•	 Cita os máis importantes.
•	 Explica o que agocha a expresión“paixón telúrica”.
•	 Dentro da preocupación existencial e relixiosa,
que simboliza a“lus”?
3.	 Escoita a versión musicada por Mini e Mero
de“Penélope”e indaga sobre a súa achega á
divulgación da literatura galega.
•	 Cal é o nome completo de cada un?
•	 A que grupos musicais pertenceron?
•	 Que outros poemas galegos musicaron?
•	 Que tipo de música e de letras compoñían?
•	 Fai un percorrido cronolóxico pola súa discogra-
fía e elabora unha listaxe dos títulos publicados.
•	 Redacta un breve texto explicativo no que ilus-
tres o significado social dos grupos musicais aos
que pertenceron no contexto da cultura galega.
4.	 Investiga sobre o mito de Penélope.
•	 De que cultura procede este mito?
•	 A quen agarda Penélope?
•	 Que fai durante a súa espera?
•	 Por que razón non quere rematar o seu labor?
5.	 Analiza o poema“Penélope”:
•	 Resume o contido.
•	 Enuncia o tema da composición.
•	 Clasifica o vocabulario do poema en campos se-
mánticos diferenciados.
•	 Identifica e explica os recursos empregados no
poema.
•	 Finalmente, cataloga o texto nunha das corren-
tes literarias cultivadas polo autor.
6.	 Elixe o poema de Nimbos que máis che agra-
de para elaborar un “videopoema”. Tráta-
se dunha recreación da composición con
imaxes, música e voz.
•	 Emprega un programa de edición de vídeo: Win-
dows Movie Maker, Openshot etc.
•	 Busca en internet unha fotografía ou ilustración
que represente cada un dos versos do poema. Se é
moi longo, podes usar unha para cada dous versos.
•	 Importa as fotografías para o programa de edi-
ción de vídeo.
•	 Crea unha diapositiva inicial co título do poema
e o nome do seu autor.
•	 Elabora outra diapositiva final co teu nome e o
do teu centro para que se coñeza a autoría do
vídeo.
•	 Busca unha música que lle acaia ao contido do poe-
ma e impórtaa tamén co programa de edición de
vídeo para a pista de audio. Modifica o volume de
xeito que se oia a música de fondo máis ben baixa.
•	 Grava outra pista de audio coa túa propia voz re-
citando o poema.
•	 Para concluír, vai á opción“finalizar película”.
Cartel 7 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
23
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Tradutor e investigador
terrestres, aéreos e marítimos, coa medicina e a bioloxía, coa
agricultura etc.
(3-1-1988):
Centro del
como encargado dos servizos de tradución
(logo Instituto del Frío), pertencente ao Instituto Científico y
Asemade traballaba para editoriais como Aguilar traducindo obras
nos anos 50 premiadas co Nobel ou nas Selecciones del Reader’s
Digest nos 60 e 70, ambas en castelán.
Verteu á lingua inglesa textos de Víctor Hugo ou Campoamor e
titulado técnico especializado e rematou como xefe do
Departamento de Investigación.
terrestres, aéreos e marítimos, coa medicina e a bioloxía, coa
agricultura etc.
(1975).
e rexístrase ademais na
Carta na que Díaz Castro solicita traballo como tradutor.
Portada da revista Dorna
e imaxe de R. M. Rilke
“O volume de traduccións literarias (…) ó longo da
súa vida (…) sobordaría amplamente as 3.000 páxinas.”
Como afirma o investigador Armando Requeixo:
Aínda hoxe está vixente a certeira opinión de Díaz Castro sobre o papel
que desempeña a tradución nun sistema literario como o galego:
04-2014
1.	 Xosé María Díaz Castro estudou idiomas des-
de moi novo.
•	 Onde toma contacto coas linguas clásicas?
•	 Cales foron os tres primeiros idiomas estranxei-
ros que aprendeu?
•	 Que nova lingua estudou cando marchou de Vi-
lagarcía?
•	 Entre que profesións dubidaba e cal elixiu final-
mente?
2.	 Unha vez que se dedicou á tradución, explica
que labor desenvolveu nas seguintes institu-
cións ou organismos.
•	 Ministerio da Gobernación.
•	 Instituto de Cultura Hispánica.
•	 Centro del Frío.
3.	Pescuda que outras tarefas realizou como
tradutor:
•	 na tradución científica.
•	 na tradución literaria.
4.	 XoséMaríaDíazCastrotrasladou,fundamen-
talmente, textos ao castelán, pero tamén ao
galego.
•	 A que autor traduciu?
•	 Que publicación recolleu esta tradución?
5.	Investiga sobre a figura de Rainer María
Rilke. Redacta un breve texto expositivo no
que detalles:
•	 o seu lugar de orixe.
•	 o idioma no que escribiu.
•	 os xéneros que cultivou.
•	 os temas tratados na súa obra.
6.	 O autor guitiricense levou a cabo un inxente
traballo como tradutor e achéganos atina-
das reflexións neste eido:
•	 Que xénero considera o máis difícil de traducir?
Estás de acordo? Xustifica a túa resposta.
•	 Que volume de traducións nos deixou?
•	 Por que cres que é considerado un dos máis des-
tacados tradutores españois do século XX?
•	 Cal propón como opción máis acertada no tocan-
te á tradución dentro do sistema literario galego?
7.	 Indaga no libro de A. Requeixo Xosé María
Díaz Castro. Vida e obra sobre os poemas
“Wozu?”e“Chanson”:
•	 En que linguas foron escritos?
•	 En que publicación e data viron a luz?
8.	 O labor de tradución é un dos grandes es-
quecidos nun sistema literario, malia ser im-
prescindible.
•	 Intenta xustificar a afirmación anterior. Reflexio-
na sobre o número de obras que liches escritas
nunha lingua que ti coñeces e que foron creadas
orixinariamente noutro idioma.
•	 Se te quixeses dedicar á tradución profesional-
mente, cal sería a institución e centro máis próxi-
mo a onde terías que dirixirte?
•	 Unha vez rematados os estudos de secundaria,
en que facultade galega poderías graduarte
como tradutor?
Cartel 8 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
25
DÍADASLETRASGALEGAS2014
O home poeta
Coas súas palabras, o guitiricense expón o seu amor pola
poesía, o seu afán de perfeccionismo e a súa escolla lingüística:
Deixounos versos como: “Alumarei con fachas
de palabras, / ancho herdo meu, o mundo
que me deron”. Tentou, con palabras de poesía, poñer luz
neste noso universo.
04-2014
1.	Indica que autores salientan a dimensión
humana de Xosé María Díaz Castro e como
manifestan o grao de repercusión desta na
súa obra.
2.	 Le poemas de Nimbos e intenta extraer tra-
zos biográficos que aparezan inseridos nos
seus versos.
3.	 Tendo en conta as palabras de Manuel María,
redacta unha breve descrición física e psico-
lóxica do poeta.
4.	 Con respecto ao coñecemento da lingua ga-
lega,
•	 Que opina o autor do feito de ser bilingüe?
•	 Que significa para el aprender novos idiomas?
•	 A que cres que se refire cando recomenda apren-
der“o noso idioma o máis a fondo posible”?
5.	 Procura información e elabora unha lista dos
beneficios que supón para o teu cerebro e
para a túa mentalidade o feito de ser bilin-
güe á hora de aprender idiomas.
6.	 Xosé María Díaz Castro era unha persoa moi
perfeccionista.
•	 De que xeito se reflicte isto na súa obra?
•	 Como aplicaba esta particularidade do seu ca-
rácter na súa forma de traballar?
•	 Esixíase a si mesmo de igual xeito ca aos demais?
Xustifica a túa resposta.
7.	Busca composicións que outros autores lle
dedicaron ao poeta guitiricense e elabora
unha listaxe dos atributos que lle confiren.
8.	Os últimos versos do cartel pertencen a
“Coma brasas”. Le o poema completo e in-
daga que obxectivo semella guiar o autor á
hora de poñerse a escribir.
Cartel 9 · Actividades
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
27
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Referencias bibliográficas das citas textuais dos carteis
Cartel 1: Méndez Ferrín, Xosé Luís: “Segunda Feira”, Faro de Vigo (30-IV-1990) e http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67
Cartel 4 (cita de Carballo Calero): Fernández del Riego, Francisco (1987): “A imperdible voz do poeta”, en AA. VV., Homenaxe X. M. Díaz Castro, Guitiriz-
Lugo, A. C. Xermolos, pp. 44-45.
Cartel 4 (cita de Óscar Sánchez): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA
Cartel 5 (cita de Manuel María): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67
Cartel 6 (cita de Ramón Lugrís): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66
Cartel 7 (cita de Claudio Rodríguez Fer): Diario Cultural da Radio Galega, 3-I-2014.
Cartel 7 (cita de Andrés Pociña): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66
Cartel 7 (cita de Alfonso Blanco Torrado): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA
Cartel 8 (1.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=64
Cartel 8 (cita de Armando Requeixo): Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R.
Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713.
Cartel 8 (2.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe
a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713.
Cartel 9 (cita de Otero Pedrayo): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=73 e http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66
Cartel 9 (cita de Ramón Lugrís): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66
Cartel 9 (cita de Alfonso Blanco Torrado): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA
Cartel 9 (texto de Manuel María): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=104
Cartel 9 (1.ª cita de X. M.ª Díaz Catro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66
Cartel 9 (2.ª cita de X. M.ª Díaz Catro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66
Cartel 9 (3.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67
Bibliografía xeral
AA. VV. (1987): Homenaxe a X. M. Díaz Castro, Guitiriz-Lugo, A. C. Xermolos.
AA. VV. (2005): Xosé M.ª Díaz Castro: Versos Guitiricenses. As nosas raíces. Cadernos Xermolos, vol. 10, abril.
AA. VV. (2011): Xosé M.ª Díaz Castro: Nimbos de luz da ínsua dos poetas, O Carballiño. Fundación Insua dos poetas. Deputación de Ourense. Xunta de
Galicia.
Blanco Torrado, Alfonso (1995): A ascensión dun poeta, Xosé María Díaz Castro, Santiago de Compostela, Fundación Novacaixagalicia.
Díaz Castro, Xosé María (1989): Nimbos, Vigo, Ed. Galaxia.
Dobarro Paz, Xosé María (1977): “Díaz de Castro, Xosé María”, Gran Enciclopedia Gallega, vol. IX, Xixón, Silverio Cañada Editor, pp. 75-76.
Requeixo, Armando (1996): “Unha aproximación a Nimbos de Xosé María Díaz Castro”, Revista Galega do Ensino, n.º 12, maio, páx. 101-120 (en Dialnet).
28
Requeixo, Armando (2001): “Xosé María Díaz Castro poeta de preguerra”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (Universidad Complutense), n.º 4, pp.
99-109 (en Dialnet).
Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade
de Santiago, pp. 705-713.
Requeixo, Armando (2013): Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, Vigo, Ed. Galaxia.
Vilavedra, Dolores (1995): Diccionario da literatura galega. T. I - Autores, Vigo, Ed. Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2000): Diccionario da literatura galega. T. III - Obras, Vigo, Ed. Galaxia.
Ligazóns web de interese
http://www.poetadiazcastro.com
Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/inicio
SXPL: http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro
http://www.xunta.es/linguagalega/galeria_fotografica_de_xose_maria_diaz_castro
(Imaxes cedidas por Luís González Tosar)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro (galería de imaxes)
http://gl.wikipedia.org/wiki/Cronobiograf%C3%ADa_de_Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro
http://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro
http://www.aelg.org/resources/didacticspace/units/didactic29/DW_didactic29_1.pdf
Asociación Cultural Xermolos: http://www.xermolos.org/
Concello de Guitiriz: http://www.concellodeguitiriz.com/localizacion.asp
Museo Pedagóxico de Galicia: http://www.edu.xunta.es/mupega
Escolas da emigración: http://mapas.consellodacultura.org/escolas/
“Penélope”
Poema “Penélope” na voz do poeta:
http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-21-03-2014-777052
Versión musicada de Mini e Mero: http://www.youtube.com/watch?v=LDQGYWPyeos
Outras Penélopes e Ulises:
http://www.xermolos.org/index.php/galerias/videos/265-xose-maria-diaz-castro
XOSÉMARÍADÍAZCASTRO
29
DÍADASLETRASGALEGAS2014
Recitado de poemas
Poemas do autor recitados polo seu amigo o poeta Manuel María:
https://www.youtube.com/watch?v=6La7YiqWlew&list=PLbnW1WE0nDqxm3mk3ozoLeGB7peOd662P
Poema “Penélope” na voz do poeta:
http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-21-03-2014-777052
https://www.youtube.com/watch?v=Brpbmeyi7To
Banda deseñada
http://www.poetadiazcastro.com/galeria/D%C3%ADaz_Castro_banda_dese%C3%B1ada.pdf
Artigos de prensa
http://praza.com/cultura/6551/diaz-castro-e-un-outsider-un-creador-cunha-estetica-unica/
http://www.xunta.es/linguagalega/recompilacion_de_webs_e_noticias_sobre_xose_maria_diaz_castro (IES de Teis).
30
IES Perdouro

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
Asnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
Asnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 

La actualidad más candente (20)

Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
 
Fina Casalderrey
Fina CasalderreyFina Casalderrey
Fina Casalderrey
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 

Destacado (7)

Penúltimas tendencias
Penúltimas tendenciasPenúltimas tendencias
Penúltimas tendencias
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Unidad didactica sobre los trabajos
Unidad didactica sobre los trabajosUnidad didactica sobre los trabajos
Unidad didactica sobre los trabajos
 
Mujeres importantes en la historia
Mujeres importantes en la historiaMujeres importantes en la historia
Mujeres importantes en la historia
 
Arturo y Clementina
Arturo y ClementinaArturo y Clementina
Arturo y Clementina
 
Ficha arturo y clementina
Ficha arturo y clementinaFicha arturo y clementina
Ficha arturo y clementina
 
Guía didáctica rosa caramelo
Guía didáctica rosa carameloGuía didáctica rosa caramelo
Guía didáctica rosa caramelo
 

Similar a Letras galegas2014 guiasecundaria

Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
capranta
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
satelite1
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Asnosasletras
 
Cuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverdeCuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverde
satelite1
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
Xenza
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegas
manugar
 

Similar a Letras galegas2014 guiasecundaria (20)

Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
fiadeiro .pdf
fiadeiro .pdffiadeiro .pdf
fiadeiro .pdf
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
 
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
O VOCEIRO DO PIÑEIRO MANSO 2013
 
Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017Revista cep-campolongo-2017
Revista cep-campolongo-2017
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014
 
Filgueira Valverde
Filgueira ValverdeFilgueira Valverde
Filgueira Valverde
 
Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
 
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilLetras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
 
Cuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverdeCuestionario filgueira valverde
Cuestionario filgueira valverde
 
Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universal
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018Roteiro cultural e literario 2018
Roteiro cultural e literario 2018
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegas
 

Más de satelite1

Más de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Letras galegas2014 guiasecundaria

  • 1. L e t R A s G A L e G A s 2 0 1 4
  • 2. XUNTA DE GALICIA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Secretaría Xeral de Política Lingüística IES Perdouro, Burela (Lugo) Coordinadora: Edelmira María Parga Valiña Equipo de profesores colaboradores: Bernardo Penabade Rei Karina Parga Chao Antón Niñe Fernández Autoría: Cintia Castro Fernández Ariel Alexandra Granda Márquez Rodrigo Pereira Trillo Sara Pernas Polo Maura Barbosa Vicente Gabriel Bermúdez Álvarez José Carlos Díaz Lorenzo Andrea Lorenzo Bahamonde Damián Palou Fernández Iván Pita Couto María Prieto Casares Dep. legal: C 506-2014
  • 3. O material que compón a exposición sobre Xosé María Díaz Castro para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014 consta de 10 carteis (ordenados do 0 ao 9) e unha guía didáctica. Con este traballo pretendemos dar a coñecer a vida e a obra do poeta ao alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, mais tamén a todas aquelas persoas que teñan a oportunidade de contem- plar a exposición. Esta guía está artellada en dez unidades constituídas polas actividades correspondentes a cada cartel e un apartado final de bibliografía, onde incluímos as obras consultadas para a realización da exposi- ción, a xeral de referencia e unha selección de ligazóns web de interese que serven de complemento para calquera interesado no quefacer do autor homenaxeado. Para facilitar o labor dos docentes, as actividades propóñense cunha presentación diferenciada. Aquelas que poden ser resoltas consultando unicamente os carteis aparecen inseridas dentro dun cadro en cor. Deste xeito, o profesorado pode suxerirlles este tipo de tarefas aos rapaces cando estes visitan a exposición e ter a seguridade de que atoparán a resposta nos paneis, sen necesidade doutros materiais de consulta. Se o obxectivo é ampliar información sobre o autor, a súa obra, o contexto histórico-cultural e o medio natural no que desenvolveu a súa vida, o docente pode propor o resto de actividades, que non aparecen dentro dos cadros. O grupo de traballo que ideou o material da exposición está integrado por alumnos e profesores do IES Perdouro de Burela. As rapazas e rapaces son de 1.º de bacharelato e cursan como optativaTIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Para a elaboración do material utilizaron software libre e tomaron a maior parte dos datos da páxina web www.poetadiazcastro.com, a cuxos responsables queremos mostrar un agradecemento especial. Como tamén expresamos a nosa gratitude a Armando Requeixo polas súas observacións e consellos. Miruca Parga Valiña Coordinadora do grupo de traballo Presentación XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 3 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 4. Empeza a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). En 1981 entra en vigor o Estatuto de autonomía de Galicia. dez anos. A Editorial Galaxia publica Nimbos. Cronobiografía04-2014
  • 5. 1. Imos comprobar, para comezar, os teus co- ñecementos previos sobre o autor home- naxeado: • Xa sabías algún dato sobre a súa vida e a súa obra? Se a resposta é afirmativa, cales? • Onde atopaches por primeira vez información sobre Xosé María Díaz Castro? • En que etapa literaria o situarías? • Sabes que xéneros literarios cultivou? • Cantas linguas cres que coñecía? 2. Xosé María Díaz Castro nace en 1914 e morre en 1990. Fíxate no cartel e contesta: • Cales foron os principais feitos históricos da épo- ca na que viviu? • En que etapa da literatura galega o situarías? • Coñecido o dato anterior, que temas cres que tratou na súa obra? 3. Fai un repaso da vida de Díaz Castro e res- ponde: • En que lugares residiu? • Que profesións exerceu? 4. Completa o cadro cos datos biográficos co- rrespondentes ás seguintes datas: 1929 1940 1946 1961 1973 1984 5. Vai ao web http://www.poetadiazcastro. com/plantilla.asp?id=174 e le a banda dese- ñada sobre a vida de Díaz Castro. • Elabora un guión narrativo no que destaques os feitos máis relevantes no seu percorrido vital. • Debuxa viñetas ilustrativas dos acontecementos anteriores e complétaas con texto para crear a túa propia banda deseñada sobre a biografía do autor. Cartel 0 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 5 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 6. Casa natal de Xosé M.ª Díaz Castro. Capela do Vilariño dos Cregos. hidroavión Plus Ultra. Tamén serra de Montouto. A Axudaba nos labores do campo, sobre todo ía Dende pequeno fai de acólito na capela do Vilariño e vai á escola ao Buriz, pola beira do río Porto, ata que foi construída a ao pé da . O lugar recibía este nome A infancia en Guitiriz04-2014
  • 7. Alfonso Blanco Torrado, amigo e gran coñecedor da vida e da obra de Díaz Castro, afirma:“Esta simbiose afectiva do home coa súa terra emerxe decote na súa obra”. (http://www.poetadiazcastro.com/plantilla. asp?id=16) Imos explorar logo o contorno do poeta: 1. Busca Guitiriz no mapa do cartel: • A que provincia e comarca pertence este conce- llo? • Cantas parroquias o forman? Escribe o seu nome. • Con que outros concellos limita? • Pertencen a Lugo ou á Coruña? 2. “Toda a súa obra é rodear de luz e de eterni- dade as súas lembranzas de neno neste re- cantodopaís”diBlancoTorrado(http://www. poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=16). • Deseña un itinerario que pase polo Vilariño dos Cregos, O Buriz, Bascuas e San Salvador de Par- ga. • Na obra de Xosé María Díaz Castro aparecen to- pónimos en contadas ocasións. Recupera os dos poemas “Remuíño” e “Vísperas” e sitúaos nun mapa de Guitiriz. 3. Recorda a nenez de Xosé María: • A que escolas asistiu en Guitiriz Xosé María Díaz Castro durante a súa infancia? • En que destacaba no ámbito académico? • A que cres que se debe que a natureza sexa un dos eixes temáticos da súa obra? • Como era curioso de seu, que método emprega- ba para poder recordar todas as respostas que lle daban? Explica de que xeito poderías utilizar ese procedemento nos teus labores escolares. 4. Le o seguinte texto: “Serían os veciños dos Vilares emigrantes a Cuba, entre eles dous tíos do poeta, os que mandarían os cartos para face-la Escola da Conchada. Na illa de América organizaran a sociedade“Juventud deVilla- res” e quixeron colaborar deste xeito no progreso e educación da súa parroquia”. (A. Blanco Torrado http://www.poetadiazcastro. com/plantilla.asp?id=16) Entra na páxina web do Consello da Cultura Galega e busca información sobre as escolas sustentadas polos americanos e a exposición Luces de Alén Mar: • Escribe a definición de indiano e de sociedade de instrución. • A escola da Conchada construíuse grazas a un indiano ou a unha sociedade de instrución? Cartel 1 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 7 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 8. • Investiga nesta páxina web se no teu concello existe algunha escola levantada con fondos pro- venientes de América. • Escribe a utilidade e o estado actual destas esco- las no teu municipio. • Pregúntalle a alguén da túa rodeada e cita nome e apelidos dalgunha persoa que asistise ou aín- da asista a un destes centros educativos. 5. Xosé María Díaz Castro mostrou desde neno interese pola historia de Guitiriz. • Sobre que restos arqueolóxicos investigou coa axuda de seu irmán? • Onde están situadas estas pegadas da historia guitiricense? 6. Imos afondar algo máis no patrimonio histó- rico de Guitiriz: • Escribe a definición de mámoa. • Explica o que son as medorras ou medoñas. • Cita algunhas das existentes no concello de Gui- tiriz. • Sitúa nun mapa a serra de Montouto e coloca nel as mámoas citadas anteriormente. 7. Le o seguinte fragmento: “As súas xenialidades e trasnadas de neno tamén están ligadas á natureza, como cando nun verán xuntou co seu irmán Serafín máis de 200 ovos de paxaros das máis fermosas cores, que foron selec- cionando, segundo a familia ornitolóxica: lagartei- ro, buxato, peto, parrulo dos humidais lindantes a súa aldea, etc. Tamén neste tempo disfrutaba cos irmáns e veciños bañándose na presa do Río do Muíño do Monte. Os animais, sobre todo as aves, as plantas, as pe- nas…, todo o facía vibrar e espertaba a súa curio- sidade: as flores, un insecto, unha pedra capricho- sa…, estudábaos e xa na aldea ou na casa pregunta- ba aos máis vellos os seus nomes, e aínda acudía ao libro correspondente para ampliar os seus coñece- mentos sobre aquela criatura. Adicaríalles poesías cando só tiña 12 anos”. (http://www.poetadiazcastro.com/plantilla. asp?id=61) • Busca a fotografía dun lagarteiro, dun buxato e dun peto. • Escribe as características principais de cada unha destas aves. • Cita especies ornitolóxicas que vivan na contor- na do teu concello. 8
  • 9. 8. Busca na sopa de letras: 1. Proviña dunha familia… 2. O lugar de nacemento do poeta Díaz Castro era… 3. Como se chamaba a súa parroquia? 4. En que destacaba na escola? 5. Quen dixo:“na súa palabra o galego intensífi- case”? 6. Sobre que monumentos megalíticos lle axu- dou a facer un estudo o seu irmán Serafín? 7. En que vila realizou os seus estudos? 8. Cal foi o alcume que lle puxeron no semina- rio? 9. Un dos seus primeiros amigos no seminario foi… (só o nome). 10. Palabra pola que empeza o título dos poe- marios que permaneceron inéditos durante a súa época do seminario. XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 9 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 10. En Mondoñedo favoreceu á hora de crear poesía. Esta etapa tamén contribuíu a queO Poeta. e abandonouno en xaneiro de 1940. consérvanse diversos cadernos e poemas soltos que conforman o resto da súa poesía inédita. De súpeto, nas nèbras do camiño, n-unéstasisd’anséio redentor, levantóu-se un cruceiro, roïdiño polas póutas do Tèmpo vencedor. ¡Amigos, tan grande èra o seu delor, que destonzasquixèra eu ser espiño... para ofrendár-lle, ô menos, unha flor! Cerróu a tarde os òllos. Fói-se a lus. Sintindo que m’ardía o corazón diante o inmenso dolor d’aquela crus, descubrín-me, e rezéi unha òración... Cèrra ese libro, estudiante; porque as doutrinas máis sábias n-están nos libros escritas: na Natureza se gardan. 04-2014
  • 11. 1. Le no cartel a información sobre a época de seminarista de Díaz Castro. • A que idade ingresou no seminario? • Que linguas aprende durante esta etapa? • De que xeito inflúe a súa estancia no seminario á hora de crear poesía? • Cando abandona este centro de ensino e por que? 2. Investiga sobre a importancia deste centro educativo na formación dos mozos mindo- nienses e do contorno. • Cal é o nome que recibe o seminario? • A que se lle chamou escola poética de Mondoñedo? • Que escritores formaron parte dela? • Busca a relación existente entre a revista Amen- cer e o seminario. • Pódense cursar estudos regrados hoxe neste centro? Procura novas de xornais en que se dea información arredor da continuidade ou cesa- mento da súa actividade académica. 3. Le o artigo “Díaz Castro no Seminario de Mondoñedo” escrito por Blanco Torrado en Amencer (http://www.poetadiazcastro.com/ plantilla.asp?id=23) e explica a relación do poeta con: • Aquilino Iglesia Alvariño • Noriega Varela • Francisco Fanego • Cita o nome e apelidos doutras amizades que Xosé María fixo en Mondoñedo durante a súa estancia como seminarista e a dedicación profe- sional posterior destas persoas. 4. Durante esta etapa Xosé María escribiu nu- merosos poemas en galego. • Escribe o nome que recibe cada un dos tres poe- marios inéditos que se conservan e a data na que os rematou. • Explica a diferenza existente entre a primeira e a segunda das súas obras inéditas. • Que publicacións periódicas recollen os seus pri- meiros poemas impresos en galego? • En que vilas se editan as publicacións anteriores? 5. Investiga no libro de Armando Requeixo Vida e obra de Xosé María Díaz Castro e contesta: • Cantos poemas compoñen a súa primeira obra inédi- ta?Dequesecciónsconstaecomosedistribúen? • Busca e escribe os mesmos datos do segundo poemario non publicado. • Compara o número de composicións coas que aparecen na súa única obra publicada en galego. Debido a isto, pode considerarse Nimbos como unha obra inaugural? Xustifica a túa resposta. 6. Le no cartel o primeiro fragmento poético: • Sinala os versos nos que atopes trazos de relixio- sidade e misticismo. • Indica que elementos aparecen baixo a figura da personificación nesta composición. • Busca unha hipérbole no poema. Cartel 2 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 11 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 12. En Vilagarcía de Arousa profesores do Colexio León XIII. (Diario de Arousa, 11-VIII-2013) IIIIII Ven aos meus versos como vas á feira, cantando e ríndo ao vento das Mariñas. Ven, puño de cereixas cristaíñas, entra no meu soneto, betanceira! Como esborrexen pol-a carballeira as anduriñas tras das anduriñas, brinca, anduriña, pol-as rimas miñas cal te dou Dios, enteira e verdadeira. E xa feito de ti, louro e compreto cos iambos dos teus pasos donaireiros, co lume dos teus ollos tan profundo, eu ceibaréi ao vento o meu soneto pra que o teu nome suba antr’os loureiros hastr’ás estrelas, prefumando o mundo! Piséi a sombra viva dos guindeiros e pidinlle auga fresca. Pró a garrida doume unha auga tola i-acendida, i-empezóu a falar... Ai betanceiros, qué ollos aqueles, soles verdadeiros, duasespranzas pra unha sola vida! Qué ofrenda a porzolanarepolida das mans, feitas pra tronos ou mosteiros! I-aquel falar ardente cal non fora un despertar de melrossob a aurora i-aquel fuxir xogando d’anduriña! Cantade ao sol i-ao mar, porque podedes, vos os que arades i-os que tendes redes. Qué aguinaldo dou Dios aos da Mariña! Variña d’avelairo, pra ti fora cativo o bronce i-a palabra escura, noiva a tecer damascos de ternura, nai, santa nai que canta cando chora! Nácech’o sol nos ollos a cadora, enterrouse en ti o sol hastr’ácentura! Boca pra un anxo, ai Deus, guinda madura! Ai Deus, surrisa aberta com’a aurora! Sal do poema xa, céibate á ría da Vida, corpo enteiro da alegría, pés voandeiros, corazón sin lixo! Así, sin versos, para qu’eu te queira, ti, nascida dun sono, betanceira, com’apermeira estrela que Dios fixo! Alvariño solicítao para impartir clases no Colexio seus estudos eclesiásticos obtidos no Seminario de Mondoñedo e fora NASCIDA D’UN SONO 04-2014
  • 13. 1. Busca información no cartel: • Quen foi o responsable de que Xosé María exer- cese como profesor no Colexio León XIII? • Que ideoloxía tiña o seu fundador? • Que clases impartía Díaz Castro neste centro educativo? • Que relación cres que mantiña co seu alumnado? • En que data finaliza o seu traballo como mestre en Vilagarcía? 2. Investiga sobre o Colexio León XIII: • Busca información en internet sobre o labor edu- cativo que desenvolve este centro en Vilagarcía e na contorna arousá. Consulta o Diario de Arou- sa citado no pé da primeira fotografía do cartel (http://www.diariodearousa.com/articulo/vila- garcia/leon-xiii-escuela-y-casa-ninos-desahucia- dos/20130811001417036921.html). 3. Procura datos sobre a vida de Celestino Noya, compañeiro de claustro de Díaz Cas- tro, e explica que motivos o levaron a impar- tir clases no León XIII. 4. Durante a súa estancia en Vilagarcía de Arousa, o poeta continúa acrecentando a súa obra: • En que publicación periódica compostelá dá a coñecer os seus poemas? • Xosé María pasara algunhas vacacións estivais en Betanzos e decide presentar dous poemas aos Xogos Florais. En que data? Cal é o título das composicións coas que concorre? • Por que razón recibe o nome de tríptico a com- posición transcrita neste panel? 5. O xornal compostelán La Noche tivo unha grande importancia no espallamento das nosas letras. • En que ano inicia a súa andaina? Cando a remata? • Quen o dirixe? • Cita escritores galegos que publicaran nas súas páxinas. • Cal era a liña editorial deste medio de comunica- ción? 6. Le o tríptico titulado“Nascida d’un sono”. • Xustifica por que se trata de sonetos. • Escribe o esquema métrico e de rima destas composicións. • Cita as virtudes que se lle atribúen á muller be- tanceira no poema. • Explica a estrutura interna do tríptico especifi- cando as partes en que pode dividirse tendo en conta o seu contido. • Busca as apóstrofes existentes e indica a quen van dirixidas. • Interpreta as seguintes metáforas: “anduriña” (v. 7),“porzolana repolida”(v. 21),“aguinaldo”(v. 28), “guinda madura”(v. 35),“corazón sin lixo”(v. 39). • Busca outras figuras literarias no plano morfo- sintáctico e léxico-semántico. Cartel 3 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 13 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 14. En Madrid . Piñeiro, responsables da Editorial Galaxia, insistían en que con diversos pseudónimos. Ínsula En 1959, Ben-Cho-Shey convoca varios Recital presidido por Ben-Cho-Shey no Centro Galego de Madrid. 04-2014
  • 15. 1. Le o cartel e responde: • Que profesións exerce Xosé María en Madrid? Cal lle require maior dedicación? • Na capital española continúa en contacto coa cultura galega, que supón para el a participación na Festa da Poesía? • Quen se encargara da organización do acto? • Que outros intelectuais galegos toman parte no recitado? 2. Redacta un texto expositivo no que expli- ques brevemente a biografía e a obra de: • Ben-Cho-Shey • Xosé Fernández Ferreiro • Bautista Álvarez. 3. Investiga sobre o grupo Brais Pinto: • Onde se funda? • Cando desenvolve a súa actividade? • Quen son os seus integrantes? • Por que escollen este nome para o grupo? • Cal é o seu principal obxectivo? 4. Mentres está en Madrid os seus textos foron divulgados en varias publicacións. • Cita o nome de cada unha delas. • A que xénero pertencen os textos editados? • Cal cres que é a razón de que asinara os textos humorísticos con pseudónimos? 5. Durante a súa etapa na capital, sae á luz o único dos poemarios que publicou. • Que intelectuais galegos animan a Xosé María para que acceda a editalo? • En que ano e en que editorial se publica o libro? • Cita algúns dos temas fundamentais de Nimbos. 6. Busca información sobre Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. • Que relación tiveron coa editorial Galaxia? • En que institucións traballaron e que cargos ocu- paron? • Que xéneros literarios cultivaron? • Procura datos na páxina www.poetadiazcastro. com sobre a relación entre Ramón Piñeiro e Xosé María Díaz Castro. Le as súas cartas e explica que argumentos utiliza Piñeiro para convencer o poeta guitiricense da necesidade de dar a coñe- cer a súa produción poética. Cartel 4 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 15 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 16. Volta a Guitiriz En 1989 recibe tres homenaxes en Euskadi, de onde era a súa dona. En 1987 sae á luz a primeira homenaxe en vídeo dedicada a un estes anos nos festivais de Pardiñas, organizados pola asociación. O funeral foi oficiado por Alfonso Blanco Torrado que lle dedicou unhas agarimosas palabras de despedida e, sobre todo, de sincero agradecemento. 04-2014
  • 17. 1. Busca a seguinte información no cartel: • Con que asociación colabora estreitamente Xosé María Díaz Castro cando regresa a Galicia? • Quen coordina esta asociación? • Que significou a agrupación cultural para o es- critor? 2. Sigue a investigar sobre a asociación guitiri- cense que tanto contribuíu ao coñecemento do autor: • Cando se crea? • Redacta un breve texto no que expliques os obxectivos da asociación. • Que publicacións edita ao longo da súa historia? • Que labores realiza? • Que nome recibe o festival que organiza? • Que actividades culturais se levan a cabo neste evento? Podes consultar datos referentes ás úl- timas edicións indo a http://www.xermolos.org/ index.php/festival/resena-historica. 3. Responde: • Que acto ten lugar o 9 de agosto de 1984? • Por que é relevante na traxectoria poética de Díaz Castro? • Quen actuou como presentador? • Onde tiveron lugar as homenaxes que recibiu o autor? • En que consistiron? 4. Para profundar máis nesta etapa, le no web www.poetadiazcastro.com e contesta as se- guintes preguntas: • Díaz Castro realizou varias viaxes a Santiago para reunirse con outros intelectuais galegos. A quen nos estamos referindo? • Tamén viaxaba a Monforte porque tiña amizade cun poeta chairego que tiña alí a súa residencia. A quen visitaba? • O seu enterro foi outro acto de homenaxe. Quen o oficiou e que escritores galegos o acompaña- ron na súa despedida? 5. Comproba quen é o autor principal do web anterior e redacta un breve texto expositivo no que describas as súas ocupacións profe- sionais e o seu quefacer como activista cul- tural. 6. Busca no web do concello de Guitiriz, do IES Poeta Díaz Castro e no da Asociación Xermo- los, que actividades se están a realizar arre- dor da figura do poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. Cartel 5 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 17 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 18. Nimbos 1961 1982 1989 2002 2006 2014 2014 A segunda, publicada en Madrid, é a única bilingüe en galego e castelán. Galaxia Galaxia (en Poesía galega completa) neovirxilianismo. Da posguerra recolle influencias de Cunqueiro, malia a súa apararente naturalidade, se descobren numerosos 04-2014
  • 19. 1. Fíxate nos datos editoriais de Nimbos e con- testa: • Cantas edicións se coñecen da obra? • A que ano se remonta a primeira edición? • Que diferencia a segunda das restantes? 2. Ten en conta a estrutura e o contido da obra e responde as seguintes cuestións: • Cantas seccións presenta o poemario se consi- deramos a súa estrutura externa? • Cal é o título de cada unha delas? • Divide as seccións anteriores en dous grupos se- gundo acheguen trazos semánticos positivos ou negativos. • Con que conceptos da obra vincularías os trazos positivos? E con cales os negativos? 3. Busca en Nimbos composicións que posúan un esquema métrico e de rima determinado e outras que estean escritas en verso libre, e reflexiona: • Que poesías che resultarían máis fáciles de com- poñer? • Cales teñen un ritmo máis marcado? • Que recursos emprega o autor para dotar de rit- mo os poemas en verso libre? • Que vantaxes ofrece o versolibrismo á hora de expresar as ideas fronte aos esquemas métricos e rítmicos determinados? • Cal dos dous tipos de poemas che gustan máis? Por que? 4. A lingua de Nimbos combina diferentes solu- cións de enriquecemento léxico e de escolla para a conformación dun estándar. Relacio- na cada concepto coa palabra que lle corres- ponda. Todas pertencen á edición de 1989. Dialectalismo da súa zona Dialectalismo doutras partes de Galicia Préstamo 5. Xosé María Díaz Castro comeza a escribir poesía xa na súa época do seminario, aínda que non reúna parte da súa produción para publicar ata a década dos sesenta. A súa es- crita experimenta co paso do tempo unha clara evolución na forma e no contido. • En que grupo ou xeración podemos encadrar o escritor? • Que correntes literarias de preguerra se reflicten nas súas creacións? • Que tendencia poética de posguerra exerce in- fluencia nos seus poemarios? Cartel 6 · Actividades • crus • lus • grau • chuva • oraciós XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 19 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 20. 6. Busca en Nimbos un poema no que se advirta a presenza de elementos propios de tenden- cias literarias de preguerra e outro no que prevalezan os das correntes de posguerra. 7. Completa a seguinte táboa colocando na pri- meira columna autores que coma Díaz Cas- tro participaron do paisaxismo humanista e na segunda, aqueles que escribiron poesía social. PAISAXISMO HUMANISTA POESÍA SOCIAL 8. O estilo do autor é aparentemente sinxelo. Compróbao na seguinte composición e re- dacta un breve comentario poético: • Resume o contido de“Terra sucada”. • Sinala o tema. • Analiza a súa forma tendo en conta os recursos existentes en todos os planos lingüísticos. Présta- lles unha especial atención ás metáforas e perso- nificacións para comprender o contido do texto. • Expón en que corrente ou correntes literarias in- cluirías o poema. TERRA SUCADA ¡Terra sucada, poema de cen versos na outonía! Orballa na cal, no escuro camiño de tantas vidas… Ferve o grau, pulo enterrado da espranza, nena dormida. ¡Terra do ceo arrincada! Chora a terra desterrada, terra arada, nai perdida. 20
  • 21. 9. Busca os sete apartados de Nimbos e cinco nomes de poemas que aparecen na seguinte sopa de letras: Z N U T E I S O V M R D G A H A N C P E B W L Z W D S I O K Ñ U N N R I U T L F S D I A D R N R P E E J M R X E O O A J R N B P J F I P D S G G O S R U T R O G A W S E Q K E Q R F L O Ñ I U M E R I M I E S M E R A L D A M X X S O Ñ O Ñ A F B Ñ P E N E L O P E I T Q Q A M H D M S Z K S M Z I Y G A I XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 21 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 22. Os temas de Nimbos NHA PADA asoballada. Trátase dunha representación fiel de Penélope, que tece e destece mentres agarda a Ulises. Galicia fai o mesmo, dá un paso adiante e outro atrás, sen decidir o seu futuro. Todo isto aparece no poema rodeado dun ambiente de estatismo e de choiva, que reflicte o atraso de Galicia, a“agonía” que estaba a sufrir a Chaira rural naquel tempo. 04-2014
  • 23. 1. Le as palabras de Alfonso Blanco Torrado que aparecen neste panel. • Busca no dicionario a acepción do termo “nim- bos”que mellor se adapte ao contexto da obra. • Explica por que cada poema é un nimbo. • Xustifica por que este concepto está relacionado coa relixiosidade do autor e, asemade, coa súa visión panteísta do mundo. 2. Le a información que contén o cartel sobre os temas fundamentais de Nimbos. • Cita os máis importantes. • Explica o que agocha a expresión“paixón telúrica”. • Dentro da preocupación existencial e relixiosa, que simboliza a“lus”? 3. Escoita a versión musicada por Mini e Mero de“Penélope”e indaga sobre a súa achega á divulgación da literatura galega. • Cal é o nome completo de cada un? • A que grupos musicais pertenceron? • Que outros poemas galegos musicaron? • Que tipo de música e de letras compoñían? • Fai un percorrido cronolóxico pola súa discogra- fía e elabora unha listaxe dos títulos publicados. • Redacta un breve texto explicativo no que ilus- tres o significado social dos grupos musicais aos que pertenceron no contexto da cultura galega. 4. Investiga sobre o mito de Penélope. • De que cultura procede este mito? • A quen agarda Penélope? • Que fai durante a súa espera? • Por que razón non quere rematar o seu labor? 5. Analiza o poema“Penélope”: • Resume o contido. • Enuncia o tema da composición. • Clasifica o vocabulario do poema en campos se- mánticos diferenciados. • Identifica e explica os recursos empregados no poema. • Finalmente, cataloga o texto nunha das corren- tes literarias cultivadas polo autor. 6. Elixe o poema de Nimbos que máis che agra- de para elaborar un “videopoema”. Tráta- se dunha recreación da composición con imaxes, música e voz. • Emprega un programa de edición de vídeo: Win- dows Movie Maker, Openshot etc. • Busca en internet unha fotografía ou ilustración que represente cada un dos versos do poema. Se é moi longo, podes usar unha para cada dous versos. • Importa as fotografías para o programa de edi- ción de vídeo. • Crea unha diapositiva inicial co título do poema e o nome do seu autor. • Elabora outra diapositiva final co teu nome e o do teu centro para que se coñeza a autoría do vídeo. • Busca unha música que lle acaia ao contido do poe- ma e impórtaa tamén co programa de edición de vídeo para a pista de audio. Modifica o volume de xeito que se oia a música de fondo máis ben baixa. • Grava outra pista de audio coa túa propia voz re- citando o poema. • Para concluír, vai á opción“finalizar película”. Cartel 7 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 23 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 24. Tradutor e investigador terrestres, aéreos e marítimos, coa medicina e a bioloxía, coa agricultura etc. (3-1-1988): Centro del como encargado dos servizos de tradución (logo Instituto del Frío), pertencente ao Instituto Científico y Asemade traballaba para editoriais como Aguilar traducindo obras nos anos 50 premiadas co Nobel ou nas Selecciones del Reader’s Digest nos 60 e 70, ambas en castelán. Verteu á lingua inglesa textos de Víctor Hugo ou Campoamor e titulado técnico especializado e rematou como xefe do Departamento de Investigación. terrestres, aéreos e marítimos, coa medicina e a bioloxía, coa agricultura etc. (1975). e rexístrase ademais na Carta na que Díaz Castro solicita traballo como tradutor. Portada da revista Dorna e imaxe de R. M. Rilke “O volume de traduccións literarias (…) ó longo da súa vida (…) sobordaría amplamente as 3.000 páxinas.” Como afirma o investigador Armando Requeixo: Aínda hoxe está vixente a certeira opinión de Díaz Castro sobre o papel que desempeña a tradución nun sistema literario como o galego: 04-2014
  • 25. 1. Xosé María Díaz Castro estudou idiomas des- de moi novo. • Onde toma contacto coas linguas clásicas? • Cales foron os tres primeiros idiomas estranxei- ros que aprendeu? • Que nova lingua estudou cando marchou de Vi- lagarcía? • Entre que profesións dubidaba e cal elixiu final- mente? 2. Unha vez que se dedicou á tradución, explica que labor desenvolveu nas seguintes institu- cións ou organismos. • Ministerio da Gobernación. • Instituto de Cultura Hispánica. • Centro del Frío. 3. Pescuda que outras tarefas realizou como tradutor: • na tradución científica. • na tradución literaria. 4. XoséMaríaDíazCastrotrasladou,fundamen- talmente, textos ao castelán, pero tamén ao galego. • A que autor traduciu? • Que publicación recolleu esta tradución? 5. Investiga sobre a figura de Rainer María Rilke. Redacta un breve texto expositivo no que detalles: • o seu lugar de orixe. • o idioma no que escribiu. • os xéneros que cultivou. • os temas tratados na súa obra. 6. O autor guitiricense levou a cabo un inxente traballo como tradutor e achéganos atina- das reflexións neste eido: • Que xénero considera o máis difícil de traducir? Estás de acordo? Xustifica a túa resposta. • Que volume de traducións nos deixou? • Por que cres que é considerado un dos máis des- tacados tradutores españois do século XX? • Cal propón como opción máis acertada no tocan- te á tradución dentro do sistema literario galego? 7. Indaga no libro de A. Requeixo Xosé María Díaz Castro. Vida e obra sobre os poemas “Wozu?”e“Chanson”: • En que linguas foron escritos? • En que publicación e data viron a luz? 8. O labor de tradución é un dos grandes es- quecidos nun sistema literario, malia ser im- prescindible. • Intenta xustificar a afirmación anterior. Reflexio- na sobre o número de obras que liches escritas nunha lingua que ti coñeces e que foron creadas orixinariamente noutro idioma. • Se te quixeses dedicar á tradución profesional- mente, cal sería a institución e centro máis próxi- mo a onde terías que dirixirte? • Unha vez rematados os estudos de secundaria, en que facultade galega poderías graduarte como tradutor? Cartel 8 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 25 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 26. O home poeta Coas súas palabras, o guitiricense expón o seu amor pola poesía, o seu afán de perfeccionismo e a súa escolla lingüística: Deixounos versos como: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Tentou, con palabras de poesía, poñer luz neste noso universo. 04-2014
  • 27. 1. Indica que autores salientan a dimensión humana de Xosé María Díaz Castro e como manifestan o grao de repercusión desta na súa obra. 2. Le poemas de Nimbos e intenta extraer tra- zos biográficos que aparezan inseridos nos seus versos. 3. Tendo en conta as palabras de Manuel María, redacta unha breve descrición física e psico- lóxica do poeta. 4. Con respecto ao coñecemento da lingua ga- lega, • Que opina o autor do feito de ser bilingüe? • Que significa para el aprender novos idiomas? • A que cres que se refire cando recomenda apren- der“o noso idioma o máis a fondo posible”? 5. Procura información e elabora unha lista dos beneficios que supón para o teu cerebro e para a túa mentalidade o feito de ser bilin- güe á hora de aprender idiomas. 6. Xosé María Díaz Castro era unha persoa moi perfeccionista. • De que xeito se reflicte isto na súa obra? • Como aplicaba esta particularidade do seu ca- rácter na súa forma de traballar? • Esixíase a si mesmo de igual xeito ca aos demais? Xustifica a túa resposta. 7. Busca composicións que outros autores lle dedicaron ao poeta guitiricense e elabora unha listaxe dos atributos que lle confiren. 8. Os últimos versos do cartel pertencen a “Coma brasas”. Le o poema completo e in- daga que obxectivo semella guiar o autor á hora de poñerse a escribir. Cartel 9 · Actividades XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 27 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 28. Referencias bibliográficas das citas textuais dos carteis Cartel 1: Méndez Ferrín, Xosé Luís: “Segunda Feira”, Faro de Vigo (30-IV-1990) e http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67 Cartel 4 (cita de Carballo Calero): Fernández del Riego, Francisco (1987): “A imperdible voz do poeta”, en AA. VV., Homenaxe X. M. Díaz Castro, Guitiriz- Lugo, A. C. Xermolos, pp. 44-45. Cartel 4 (cita de Óscar Sánchez): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA Cartel 5 (cita de Manuel María): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67 Cartel 6 (cita de Ramón Lugrís): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 7 (cita de Claudio Rodríguez Fer): Diario Cultural da Radio Galega, 3-I-2014. Cartel 7 (cita de Andrés Pociña): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 7 (cita de Alfonso Blanco Torrado): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA Cartel 8 (1.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=64 Cartel 8 (cita de Armando Requeixo): Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713. Cartel 8 (2.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713. Cartel 9 (cita de Otero Pedrayo): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=73 e http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 9 (cita de Ramón Lugrís): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 9 (cita de Alfonso Blanco Torrado): Conversa sobre Xosé María Díaz Castro no Culturgal 2013, http://www.youtube.com/watch?v=JoiOzQIoBiA Cartel 9 (texto de Manuel María): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=104 Cartel 9 (1.ª cita de X. M.ª Díaz Catro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 9 (2.ª cita de X. M.ª Díaz Catro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=66 Cartel 9 (3.ª cita de X. M.ª Díaz Castro, 2.ª columna): http://www.poetadiazcastro.com/plantilla.asp?id=67 Bibliografía xeral AA. VV. (1987): Homenaxe a X. M. Díaz Castro, Guitiriz-Lugo, A. C. Xermolos. AA. VV. (2005): Xosé M.ª Díaz Castro: Versos Guitiricenses. As nosas raíces. Cadernos Xermolos, vol. 10, abril. AA. VV. (2011): Xosé M.ª Díaz Castro: Nimbos de luz da ínsua dos poetas, O Carballiño. Fundación Insua dos poetas. Deputación de Ourense. Xunta de Galicia. Blanco Torrado, Alfonso (1995): A ascensión dun poeta, Xosé María Díaz Castro, Santiago de Compostela, Fundación Novacaixagalicia. Díaz Castro, Xosé María (1989): Nimbos, Vigo, Ed. Galaxia. Dobarro Paz, Xosé María (1977): “Díaz de Castro, Xosé María”, Gran Enciclopedia Gallega, vol. IX, Xixón, Silverio Cañada Editor, pp. 75-76. Requeixo, Armando (1996): “Unha aproximación a Nimbos de Xosé María Díaz Castro”, Revista Galega do Ensino, n.º 12, maio, páx. 101-120 (en Dialnet). 28
  • 29. Requeixo, Armando (2001): “Xosé María Díaz Castro poeta de preguerra”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos (Universidad Complutense), n.º 4, pp. 99-109 (en Dialnet). Requeixo, Armando (2002): “Xosé María Díaz Castro traductor”, en Ramón Lorenzo (coord.), Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza, Santiago, Universidade de Santiago, pp. 705-713. Requeixo, Armando (2013): Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, Vigo, Ed. Galaxia. Vilavedra, Dolores (1995): Diccionario da literatura galega. T. I - Autores, Vigo, Ed. Galaxia. Vilavedra, Dolores (2000): Diccionario da literatura galega. T. III - Obras, Vigo, Ed. Galaxia. Ligazóns web de interese http://www.poetadiazcastro.com Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/inicio SXPL: http://www.xunta.es/linguagalega/xose_maria_diaz_castro http://www.xunta.es/linguagalega/galeria_fotografica_de_xose_maria_diaz_castro (Imaxes cedidas por Luís González Tosar) http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro (galería de imaxes) http://gl.wikipedia.org/wiki/Cronobiograf%C3%ADa_de_Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro http://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_D%C3%ADaz_Castro http://www.aelg.org/resources/didacticspace/units/didactic29/DW_didactic29_1.pdf Asociación Cultural Xermolos: http://www.xermolos.org/ Concello de Guitiriz: http://www.concellodeguitiriz.com/localizacion.asp Museo Pedagóxico de Galicia: http://www.edu.xunta.es/mupega Escolas da emigración: http://mapas.consellodacultura.org/escolas/ “Penélope” Poema “Penélope” na voz do poeta: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-21-03-2014-777052 Versión musicada de Mini e Mero: http://www.youtube.com/watch?v=LDQGYWPyeos Outras Penélopes e Ulises: http://www.xermolos.org/index.php/galerias/videos/265-xose-maria-diaz-castro XOSÉMARÍADÍAZCASTRO 29 DÍADASLETRASGALEGAS2014
  • 30. Recitado de poemas Poemas do autor recitados polo seu amigo o poeta Manuel María: https://www.youtube.com/watch?v=6La7YiqWlew&list=PLbnW1WE0nDqxm3mk3ozoLeGB7peOd662P Poema “Penélope” na voz do poeta: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-21-03-2014-777052 https://www.youtube.com/watch?v=Brpbmeyi7To Banda deseñada http://www.poetadiazcastro.com/galeria/D%C3%ADaz_Castro_banda_dese%C3%B1ada.pdf Artigos de prensa http://praza.com/cultura/6551/diaz-castro-e-un-outsider-un-creador-cunha-estetica-unica/ http://www.xunta.es/linguagalega/recompilacion_de_webs_e_noticias_sobre_xose_maria_diaz_castro (IES de Teis). 30
  • 31.