SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 96
SUPERFICIE:
801,7 km2
POBOACIÓN:
21.649 habitantes
(2015)
CONCELLOS:
Baltar, Os Blancos, Calvos de
Randín, A Porqueira, Rairiz de
Veiga, Sandiás, Sarreaus,
Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar
de Santos e Xinzo de Limia
ESPAZOS PROTEXIDOS:
Parque Natural e LIC “Baixa
Limia-Serra do Xurés”; LIC Veiga
de Ponteliñares e ZEPA “A
Limia”.
A comarca de A Limia está situada no sur de Ourense e esténdese desde as abas da
Serra de San Mamede ata os lindes con Portugal, nas serras do Larouco, Seca e A
Pena. Xunto coa Baixa Limia, da que a separan os montes de Bande, forma parte
dun gran territorio artellado pola cunca do Limia.
A Limia Alta é unha comarca de marcado carácter rural que ten como núcleo
fundamental a vila de Xinzo de Limia.
Unha gran parte do territorio está ocupado pola chaira da Limia, unha depresión de
fondo chan, de orixe tectónica, cunha altitude media de 600 m e que noutros
tempos acollía a lagoa de Antela, que foi desecada para crear terreos de cultivo.
Liña de cumes que separa a chaira da Antela (á dereita) do val do Limia
As principais actividades son a agricultura (en especial o cultivo da pataca e os
cereais), a mineiría, as pequenas industrias e os servizos.
VACA LIMIÁ
A comarca acolle a raza autóctona de bovino máis escasa de Galiza. Atópase en
Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...
De tamaño grande, cor castaña, coa cabeza mediana, os cornos en gancho (curtos
nos machos e máis longos nas femias) e as orellas grandes e peludas. É boa para
producir leite e carne, e para o traballo.
É unha comarca cunha gran diversidade de hábitats, desde as veigas húmidas da
antiga lagoa da Antela, ata a alta montaña dos cumes que superan os mil metros.
Acolle varios espazos protexidos (de gran importancia, sobre todo, para as aves).
Conserva importantes restos histórico-artísticos e etnográficos e festas de interese
cultural como o Entroido.
CLIMA
De tipo oceánico de
transición e, nos cumes das
montañas, continental.
CONCELLOS
BALTAR
Está no sur-leste da comarca, nos lindes con Portugal. O territorio é de montañas con dúas
aliñacións de serras. Ao sur, no linde con Portugal, a serra do Larouco e Seca; ao norte os
montes do Cebreiro e Gomariz. Entre as serras fórmanse os vales dos ríos Salas, que circula
con dirección Oeste e recibe os regos Frouxín, Cancelo e Castelo; e o Faramontaos, que no
curso alto chámase Rousía, circula cara ao leste e recibe os regos Campelos, Forcadas e
Caneiro.
SUPERFICIE: 93,95 km2
POBOACIÓN: 1.002 habitantes
PARROQUIAS: Abades, Baltar, Garabelos do Bouzo, Niñodaguía, Texós, Tosende e Vilamaior
da Boullosa.
Monte Castro.
Baltar é un concello rural moi despoboado e coa poboación moi avellentada. As principais
actividades son a agrogandaría e os servizos.
Os principais valores naturais atópanse nas serras onde se poden facer rutas de
sendeirismo para contemplar as paisaxes ou internarse por bosques autóctonos onde
abondan os carballos e os pradairos. Tamén tén un rico patrimonio etnográfico; pontellas,
muíños, casas tradicionais, fornos comunais...
Parte do concello ocupa o territorio do antigo Couto Mixto,
Ponte sobre o río Faramontaos na Rousía.
Ara romana na capela da Asunción, en Baltar
OS BLANCOS
Está situado no centro-sur da comarca, no rebordo montañoso do sur da chaira da Limia. O
terreo é montañoso e está atravesado de oeste a leste polo río Airoa ou Mouril que forma un
val cunha altitude de 600 a 800 m. Ao norte atópanse alturas de 800 a 900 m no Castelo de
Ouvigo e o Outeiral e ao sur os cumes máis altos nos montes do Cebreiro (1.266 m), A Xorita
(1.150 m) e Fonte do Lobo (1.115 m).
SUPERFICIE: 47,54 km2
POBOACIÓN: 1.135 habitantes
PARROQUIAS: Aguís, Os Blancos, Covas, Covelas, Guntín, Nocedo e Peixeiros.
Nocedo, á beira do río Mouril. Detrás os montes da serra de
Gomariz, línde entre Os Blancos e Baltar.
Ovellas. A gandaría extensiva é unha das
actividades importantes dos concellos da área
montañosa da Limia.
Área recreativa dos Blancos na que hai varios castiñeiros
de máis de 6 m de perímetro.
Ouvigo: complexo paleocristián formado por
unha necrópole e unha edificación tardorromana
CALVOS DE RANDÍN
Está situado ao surleste da comarca, lindando con Portugal polo sur e polo leste. O terreo é
montañoso. Distínguense tres zonas: ao norte os montes de San Tomé e Aguioncha; no centro
o val do Salas e os seus afluentes (Nosa Señora, Fondón, Bouza, Barxa e Calvos); e no sur a
serra da Pena onde se atopan as maiores alturas do concello (Alto do Candal, con 1.424 m e
Monteagudo, con 1.363 m). A parte norte está drenada polo río Fírveda, un afluente do Limia
que circula con dirección norte e recibe o Mestas e Ponte Maior).
SUPERFICIE: 97,66 km2
POBOACIÓN: 922 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Calvos, Castelaus, Feás, Golpellás, Lobás, Randín, Rioseco, Rubiás dos Mixtos e
Vila.
Vista de Randín e do encoro de Salas desde a serra da Pena.
As principais actividades son a gandaría (vacún,
ovino e caprino), as explotacións forestais e os
servizos. É un concello que ten un rico
patrimonio natural (ríos, serras, bosques) e
etnográfico (casas, fornos, muíños, petos de
ánimas...).
Unha parte do territorio (a serra da Pena) está
incluído no LIC “Baixa Limia”.
Calvos de Randín.
Gando de razas
autóctonas (cachena e
rubia) en réxime
extensivo nas abas da
serra da Pena.
O Couto Mixto  foi un microestado (26,9 km²) 
independente formado polas aldeas de Santiago (a 
capital) e Rubiás (Calvos de Randín), e Meaus (Os 
Blancos). A súa orixe remóntase á baixa Idade Media e 
rematou coa sinatura do Tratado de Lisboa no 1868 que o 
integrou na súa maior parte no reino de España. Tiña 
organización propia, dereito de asilo, exención de 
impostos e de servizo militar, liberdade de comercio e 
cultivo, e opción a escoller a nacionalidade portuguesa ou 
española.
Rubiá dos Mixtos
A PORQUEIRA
Situada no centro-oeste da comarca, na marxe esquerda e ao sur do río Limia que lle serve de
linde polo norte. A capital municipal é A Forxa.
O territorio ocupa un estreitamento do val do Limia, na parte sur da chaira da Limia e elévase
cara ao sur, acadando as máximas altitudes nos montes dos Blancos e Gomariz, no linde cos
concellos de Calvos de Randín e Os Blancos (Monte de Candás, con 1.006 m, Mazaira, con 982
m, Couto, con 972 m e Penouzos con 908 m).
SUPERFICIE: 43,38 km2
POBOACIÓN: 901 habitantes
PARROQUIAS: Paradela de Abeleda, Porqueira, Sabucedo, San Lourenzo de Abeleda, San
Martiño de Porqueira e Sobreganade.
Eira de hórreos na praza principal da Forxa.
As principais actividades son a agricultura, a gandaría e os servizos. Ten importantes valores
naturais (fervenzas e canóns no río Fírveda, soutos e carballeiras con exemplares
monumentais), etnográficos (hórreos, casas, pontes) e histórico-artísticos (castelos,
igrexas...).
Na marxe esquerda do Limia atópase o LIC “Veigas de Ponteliñares” compartido con Rairiz da
Veiga. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
Ponte medieval sobre o Fírveda na Forxa.
RAIRIZ DE VEIGA
Situado ao oeste da comarca. O territorio ocupa, na súa maior parte, a depresión da Limia con
altitude de 600 a 900 m. As maiores alturas atópanse no norte (Penamá, con 910 m) e leste
(Congostro, con 910 m). O río Limia percorre o sur, no linde con A Porqueira.
SUPERFICIE: 72,08 km2
POBOACIÓN: 1.456 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Candás, Congostro, Guillamil, Lampaza, Ordes, Rairiz da Veiga, Sabariz e
Zapeaus.
Torre construída na Saínza para a celebración da
tradicional batalla de mouros e cristiáns que ten lugar
durante as festas da Mercede en setembro.
Peto de ánimas na Saínza.
As principais actividades son a agricultura e a gandaría.
O territorio de Rairiz da Veiga forma parte de varios espazos protexidos o LIC “Veigas de
Ponteliñares” chamado tamén Veigas da Limia; a ZEPA “A Limia”, a reserva da Biosfera “Área
de Allariz” e acolle o Monumento Natural “Carballa da Rocha”.
Conserva tamén importantes valores histórico artísticos: restos da Via Romana XVIII, igrexas,
xacementos prehistóricos...
Veigas de Ponteliñares
Carballo en Ordes. No concello de Rairiz da Veiga hai
bastantes carballeiras e nalgunhas exemplares de
carballos monumentais.
Santo André de Guillamil
SANDIÁS
Ocupa o centro norte da comarca. No territorio do concello distínguense dúas áreas. No
noroeste atópanse os terreos máis elevados, nas estribacións de Penamá, no linde con Allariz,
con altitudes de 700 a 900 m (Cantariños, Coalloso, Souteiro e Nogueira). O resto forma parte
da depresión da Limia, na antiga Lagoa de Antela, unha chaira aluvial desecada atravesada
pola canle de desaugue da lagoa e o rego de Piñeira. O Limia fai de linde polo sur con Xinzo de
Limia nun pequeno tramo.
SUPERFICIE: 52,80 km2
POBOACIÓN: 1.307 habitantes
PARROQUIAS: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás.
Restos do Castelo de
Sandiás (Torre do
Castro). Construído
sobre un antigo
castro arredor do
século XII.
As principais actividades son a agricultura (en especial o cultivo da pataca), a mineiría
(extracción de áridos) e os servizos.
Os principais valores naturais están asociados ao río Limia e ás lagoas naturalizadas que se
formaron ao quedar abandoadas as explotacións de áridos. Parte do territorio está incluído
na ZEPA “A Limia”. Conserva un importante patrimonio histórico-artístico (igrexas, castelos,
restos romanos...).
Sementeira de patacas.
Igrexa de San Estevo de Sandiás. Unha das
mellores representacións do renacemento galego.
Construída polo mestre canteiro Bartolomé de
Nosendo antes de 1520. Destaca a portada de
estilo manuelino.
Miliarios romanos en Vilariño das Poldras. Por aquí pasaba a
Vía Nova que unía Braga con Astorga. Nesta zona atopábase a
antiga Ponte das Poldras que foi derrubada ao desecarse a
lagoa de Antela.
Miliario romanos en Zadagós.
SARREAUS
Está situado no centro-norte da comarca, na beira da depresión da Limia. No territorio
distínguense dúas áreas diferenciadas: ao nordeste unha aliñación de montañas no linde con
Laza (serra da Requeixada) coas máximas altitudes no Talariño e Paradiña, con 986 m, e
Madosa, con 940 m. O leste e o sur forman parte da depresión da Limia, un terreo chan cunha
altitude media de 600 m. Os ríos forman parte das cabeceiras do Limia que nace no monte
Talariño: Lodoselo, Freixo, Pedroso e Valdelobos.
SUPERFICIE: 77,25 km2
POBOACIÓN: 1.283 habitantes (2015)
PARROQUIAS: Bresmaus, Codosedo, Cortegada, Freixo, Lodoselo, Nocelo da Pena, Paradiña,
Perrelos e Sarreaus.
Sarreaus, no val do Limia.
As principais actividades son a agricultura e os servizos.
Os valores naturais están asociados aos montes e aos ríos. No patrimonio cultural destaca o
xacemento prehistórico de Roufelo (Nocelo da Pena), o dolme “Pedra Alta da Antela” e as
igrexas románicas de Cortegada da Limia, Perrelos e Codesedo.
Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
Pedra do Arangaño, en Perrelos. Segundo a tradición os
nenos entarangañados facíanse fasar polo burato da pedra
para que curasen.
A Pedra Alta da Antela, un menhir situado no linde entre
Sarreaus, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia.
Igrexa de Perrelos.
Igrexa de Codosedo.
Igrexa de Cortegada.
TRASMIRAS
Situado no centro-leste da comarca no rebordo da depresión da Limia, no linde coa comarca
de Monterrei. A maior parte do territorio forma parte da chaira da Limia, cunha altitude de
650 a 700 m. No leste e sur atópanse as maiores alturas nas serras das Estivadas e Cualedro: O
Castelo (850 m), A Ermida, Pena Alta, Seixo, Alto do Picotiño...
Está atravesada de leste a oeste por varios afluentes da Limia: Rego da Veiga, Trasmiras e
Faramontaos.
Paisaxe agrícola.
SUPERFICIE: 56,72 km2
POBOACIÓN: 1456
habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Abavides,
Chamosiños,
Escornabois, Lobaces,
Trasmiras, Vila de Rei,
Vilar de Lebres,
Vilaseca e Zos.
As principais actividades son agricultura
(patacas, cereais), a gandaría e o sector
forestal.
Os principais valores naturais atópanse nas
Veigas da Limia e nas carballeiras das zonas
altas.
Acolle un impotante patrimonio cultural entre
o qu destacan as igrexas románicas de San
Salvador de Vilar de Lebres e Santa María de
Zos. Parte do territorio está incluído na ZEPA
“A Limia”. Detalle da igrexa de Zos.
Ponte medieval sobre o río Faramontaos,
entre Xinzo de Limia e Trasmiras.
VILAR DE BARRIO
Atópase na zona nordeste da comarca. No territorio distínguense tres zonas diferenciadas. Ao
norte e ao leste a serra de San Mamede, onde se atopan as maiores altitudes: San Mamede,
con 1.618 m e Penedos das Mazas, con 1.569. No centro, con orientacón oeste-surleste, o val
do Arnoia que descende desde os 800 m ata os 450 m abríndose cara a depresión de Maceda.
Ao oeste a depresión da Limia, separada do val do Arnoia por pequenos cumes que serven de
divisoria de augas.
SUPERFICIE: 106,69 km2
POBOACIÓN: 1.500 habitantes (2014)
PARROQUIAS: A Alberguería, Arnuíde, Bóveda, As Maus, Padreda, Prado, Rebordechao, Seiró
e Vilar de Barrio.
Vilar do Barrio desde os
montes da Requeixada.
As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos. Ten importantes
valores naturais asociados á serra de San Mamede e ao río Arnoia. O patrimonio etnográfico
está representado por muíños e pontes e o histórico-artístico por castros, pazos e igrexas.
Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
Ponte medieval sobre o Arnoia en Arnuíde.
VILAR DE SANTOS
Situado ao norte da comarca, no rebordo montañoso da depresión da Limia. No territorio
distínguente dúas unidades. Ao norte está ocupado por pequenas elevacións: a caída do
monte Cantariña (700 m), o Castro (842 m) e o Cubelo (736 m). As alturas van descendendo
cara ao sur e oeste ata a beira do río Limia que fai de linde polo sur do concello. O seu
afluente, Lameiras, percorre Vilar de Santos de norte a sur.
SUPERFICIE: 20,69 km2
POBOACIÓN: 894 habitantes
PARROQUIAS: Parada de Outeiro e Vilar de Santos.
Vilarde Santos.
As principais actividades son a agricultura, os servizos e pequenas industrias.
Os recursos naturais están asociados aos ríos e conserva carballeiras con exemplares
monumentais. O patrimonio cultural está representado na arquitectura popular e no Museo
da Limia que recolle as principais manifestación da cultura da zona.
Vilar de Santos forma parte da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” e está integrado na rede
de Centros Europeos de Intercambio, Arte, Cultura e Tradición. Parte do territorio está
incluído na ZEPA “A Limia”.
Mazadeiras do liño no museo da Limia.
Portada da igrexa de Vilar de Santos.
XINZO DE LIMIA
Situado no centro da comarca, ocupando gran parte da chamada depresión da Limia. A maior
parte as superficie do concello é unha chaira dunha altitude media de 600 m, coa zona máis
baixa cara ao suroeste, na antiga Lagoa de Antela. Ao nordeste atópanase os cumes de A Pena
(759 m) e ao sur, nos lindes cos Blancos e Baltar, As Cavadas (902 m), Castelo de Oubigo (006
m), Cruz (853 m) e a Serra de Cualedro (Pena Muller, con 1.026, no linde com Cualedro). O río
Limia atravesa o concello de leste a oeste e recibe o Nocelo e o Faramontaos.
SUPERFICIE: 132,61 km2
POBOACIÓN: 10.043 habitantes
PARROQUIAS: Boado, Cima de Ribeira, Damil, Faramontaos, Granade, Gudín, Guntimil,
Lamas, Laroá, Moreiras, Morgade, Mosteiro de Ribeira, Novás, Parada de Ribeira, A Pena,
Piñeira Seca, San Pedro de Laroá, Seoane de Oleiros, Solbeira de Limia e Xinzo de Limia.
de Limia, a capital do concello e da comarca, concentra a maioría dos servizos e os polígonos
industriais. A Natureza está asociada ao curso do río Limia e os seus afluentes.
É un concello cun importante patrimonio histórico-artístico (castelos, igrexas, mosteiros...) e
etnográfico. O camiño xacobeo coñecido como “Ruta da Prata” cruza o concello.
Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”.
O entroido de Xinzo de Limia é un dos máis importantes de Galiza (declarado Festa de
Interese Turístico Nacional).
Envasado de patacas. As patacas da Limia están protexidas
na denominación de orixe Pataca Galega.
Torre da Pena, situada nun dos cumes que separan a Antela do val
do Limia. Desde os montes que a rodean hai unhas vistas
excelentes sobre a Limia e pódense facer varias rutas de
Claustro do mosteiro de Trandeiras.
Igrexa de Xinzo de Limia.
Igrexa de Boado.
RELEVE
Na comarca da Limia Alta distínguense dúas zonas moi diferenciadas: a depresión achairada
de orixe tectónica da Limia e as serras que a rodean. Ao norte A Serra de San Mamede e unha
aliñación de alturas de 900 a 700 m (O Castro...) que separan a comarca das de Allariz-
Maceda, Terra de Caldelas e Verín. Ao leste e sur a serra do Larouco, ao sur as serras Seca e da
Pena e ao leste os montes de Bande. Entre os vales dos ríos Limia e Salas sitúase a serra do
Cebreiro.
As rochas dominantes son os granitos, que nos cumes dan lugar a formas acasteladas debido
á erosión diferencial.
A Limia.
Penas no monte do Arangaño. As montañas da Limia forman parte dun releve moi antigo e erosionado no que abondan,
coroando os cumes, os penedos graníticos con caprichosas formas creadas pola erosión da auga.
A vexetación das serras está dominada por matogueiras e pasteiros nas partes altas e algúns
bosques naturais (carballeiras, bidueirais) nas abas máis sombrizas e afastadas. Unha gran
parte do terreo forestal está repoboado con piñeiros e na proximidade das poboación
abondan os soutos.
Matogueira na serra da Pena.
Bidueiros.
SERRA DE SAN MAMEDE
Formada por xistos e areíscas que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves e nos
cumes por granitos de dúas micas que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes
penedos e algunha cuarcita. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. Esta serra
domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia e ten unhas boas vistas sobre as serras
da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión. Na vertente sur nace o río Arnoia e varios dos
seus afluentes. Accedese desde desde Vilar de Barrio por pistas de terra.
San Mamede.
As zonas altas, por mor das queimas sucesivas están cubertas por un mato de xestas, piornos, queirugas...
nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún teixo. Unha
parte está repoboada con piñeiros silvestres.
A fauna é tamén moi abundante e variada: lobos, raposos, corzos, xabaríns, lebres, perdices, aves de
rapina, réptis, anfibios...
Detalle dos cumes graníticos na primavera.
SERRA DO LAROUCO
É unha serra con orientación NE-SO de cumes suaves que van gañando altura cara ao sur. Fai
de límite entre A Limia e Portugal e prolóngase cara ao norte ata tocar coa serra de San
Mamede polo cordal que fai de divisoria entre as depresións de A Limia e Monterrei. Está
formada maioritariamente por materiais graníticos rotos por fracturas NNE-SSO e NNO-SSE, e
algunhas rochas metamórficas. O punto máis alto é o Coto Farelo (1.398 m), na intersección
de Portugal cos concellos de Baltar e Cualedro.
Serra de Larouco, vista oeste, desde Calvos de Randín.
Vista dos cumes máis altos do Larouco na fronteira portuguesa.
Unha grande parte da serra do Larouco está
cuberta de vexetación de mato e
repoboacións forestais de piñeiros.
Consérvanse zonas de bosques de cerquiño,
entre os que destaca o da Rousía en Baltar.
Desde as partes altas hai unhas vistas
espectaculares sobre toda a comarca.
Accedese desde Cualedro ou Baltar. Pódese
subir aos cumes polas pistas do parque
eólico.
Vista desde os cumes do Larouco cara a Baltar.
Bosque de cerquiños.
“Cortiñas da Casa da Neve” ou “Pozo dos Mouros”, un
neveiro datado no século XV. Nestas construcións
conservábase a neve convertida en xeo para empregala
durante o ano ou comercializala.
A serra Seca desde Baltar.
SERRA SECA
Aliñación situada no linde con Portugal entre as serras da Pena e o Larouco. Os cumes máis
altos son o Outeiro de Fonte de Chao, con 1.274 m e O Castro, con 1.230 m.
SERRA DA PENA
Ocupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín, con altitudes entre os 850 m no
val superior do Salas e máis de 1.400 nos cumios (na zona portuguesa). Hai unha grande área
de migmatitas e algún gneis glandular da serie ollo de Sapo, unha gran intrusión de granito de
dúas micas e algúns diques de aplita e pegmatita.
O punto máis alto é o Alto do Candal, con 1.424 m. Na vertente norte nacen varios regos que
van ao Salas. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares do toda a contorna.
Accedese desde Calvos de Randín.
Conserva bos bosques de
cerquiños e na vagoadas hai
bidueiros, salgueiros, acivros,
castiñeiros, escambróns...
Téñense contabilizado máis de
100 especies de vertebrados.
Forma parte do LIC“Baixa Limia-
Serra do Xurés.
Vacas no alto da serra da Pena.
Matogueiras e cumes graníticos.
As touzas, ou bosques de cerquiños ocupan unha boa
área ao sur de Vilar e Vilariño. Nas zonas dos cumes os
cerquiños non pasan de arbustos.
SERRA DO CEBREIRO
Chamada tamén Serra da Raíña Loba. Está situada entre A Limia e a Serra do Larouco, da que
a separa o val do río Salas. Formada pola Serra de Gomariz, co punto máis alto no Penedo da
Raíña Loba (1.161) e os montes do Cebreiro, cos puntos máis altos no Penedo das Fatigas, con
1.258 m e O Cebreiro con 1.265. Está constituída por granitos dos que sobresaen bolos,
formas acasteladas e penedos en equilibrio. Desde os altos hai boas vistas sobre A Limia, o
encoro de Salas e as serras do Larouco e A Pena.
Accédese desde Baltar, Os Blancos ou Calvos de Randín.
O Cebreiro.
Conserva boas áreas de bosques de
rebolos con bidueiros, pereiras bravas e
carballos; outra parte está repoboada con
piñeiros, e o resto vexetación arbustiva.
Vista xeral da cara sur da serra da Raíña Loba.
A Xorita.
Penedo das Fatigas (O Cebreiro)
O Cebreiro
Penedos na Raíña Loba
OS RÍOS
O río principal da comarca é o Limia que a percorre de leste a suroeste e recolle as augas das
serras que rodean a depresión da Limia. Só unha pequena parte da comarca pertence á conca
do Arnoia, nas abas da serra de San Mamede, en terreos de Vilar de Barrio.
Arredor dos ríos consérvase unha vexetación de ribeira de gran diversidade na que se atopa
unha variada fauna, en especial aves acuáticas que teñen nas veigas inundadas do Limia unha
importante área de cría e invernada.
Vexetación na canle da lagoa de Antela.
Fraga na ribeira do río Fírveda.
Parrulo cinsento (Anas estrepera). É invernante
común de esteiros e lagoas interiores.
Femia e crías de lavanco real (Anas platirhynchos).
Mergullón pequeno.
RÍO LIMIA
Nace no Monte Talariño (Sarreaus). As súas cabeceiras son o Freixo, Valdelobos, Sas de
Pedros e Lodoselo; e desemboca en Viana do Castelo (Portugal). No tramo galego o Limia
descende rápido desde o nacemento á depresión da Antela por onde discorre mainamente
ata encaixarse lixeiramente a partir de Ponteliñares. Desde este tramo entra na Baixa Limia
para precipitarse en fortes pendentes ata entrar en Portugal, despois de 75 km por territorio
galego. Na comarca recibe pola dereita o Antela (co Lameiros) e o Vidueiro e pola esquerda o
Lodoselo, Veiga, Trasmiras, Faramontaos, Nocelo, Grande, Fírveda e Salas.
Nesta comarca está protexido no LIC “Veigas de Ponteliñares” e na ZEPA “A Limia”.
O Limia en Sarreaus.
O Limia en Xinzo na primavera.
O Limia canalizado despois de unírselle o
desaugadoiro da Lagoa de Antela. Na Limia
atopábase a lagoa máis Grande de España,
cunha gran riqueza biolóxica. Foi desecada
polo IRYDA en 1958. Na actualidade, sobre
todo no inverno, consérvanse áreas
asolagadas e veigas, así como algunhas
lagoas de orixe antrópica formadas pola
extracción de area.
O Limia en Xinzo no verán.
O río sofre unha forte seca estival.
O Limia en Ponteliñares, no linde con Bande.
O RÍO DO ESQUECEMENTO
O mito clásico do río Leteo no que as almas dos mortos bebían o esquecemento á entrada dos felices Campos Elíseos
localízase en Galicia no río Limia. Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadealo perdería
a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non
se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu
primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.
A escasa profundidade das lagoas e da canle do Limia favorece o asentamento
de plantas acuáticas e bosques de ribeira que á súa vez serven de hábitat para
multitude de especies, especialmente aves, anfibios, insectos...
RÍO FÍRVEDA
É un afluente do Limia que nace na parroquia de Vila (Calvos de Randín). No concello de A Porqueira
forma un pequeño cavorco con varias fervenzas entre migmatitas que conteñen seixo, feldespato e algúns
minerais ricos en ferro e magnesio.
Fervenza do Fírveda Na Forxa (A Porqueira, no
linde cos Blancos). O río Fírveda salva un resalte
granítico con varias fervenzas.
Canón do
Fírveda.
RÍO NOCEDO
Chamado tamén río Mouril. Nace na serra de Gomariz e discorre por terreos de Os Blancos e Xinzo de
Limia, onde se xunta co Limia na capital do concello.
RÍO FARAMONTAOS
Nace na aba norte da serra do Larouco, percorre terreos de Baltar e Trasmiras e xúntase ao Limia un
pouco antes de Xinzo de Limia. No primeiro tramo chámase río da Rousía.
O río da Rousía na Rousía, en Baltar.
Ponte en Faramontaos (Xinzo)
RÍO SALAS
Nace na Serra do Larouco. Fai a primeira parte do seu percorrido na comarca da Limia, entre a serra da
Pena e os montes dos Blancos, por un val amplo e con pouca pendente. Comeza a encaixarse un pouco
antes de entrar en Portugal e, logo dun breve percorrido, entra na Baixa Limia onde o atranca o encoro de
Salas. Logo continúa nun descenso bastante pronunciado ata a súa entrada no Limia, no encoro de
Lindoso.
Veigas do Salas en Calvos de Randín.
O Salas en Calvos de Randín, pouco antes do encoro.
RÍO ARNOIA
Nace na serra de San Mamede pola unión do Bouzas, Canadas e Busteiro; na parroquia de
Rebordechao (Vilar de Barrio). Na comarca percorre terras dos concellos de Vilar de Barrio.
Desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia), despois dun percorrido de 87 km.
O Arnoia en Porto (Vilar de Barrio).
Unha ruta segue o río desde Arnuíde ou Vilar do Barrio até
Rebordechao pasando por Parada, Riobó, Arruás, Prado e
A Ermida
Aliviadoiro dunha levada en Arnuíde.
Pontella en Arnuíde.
Ponte medieval sobre o
Arnoia en Arnuíde.
A depresión da Limia orixinose pola relaxación posterior á Oroxénese Alpina na que se
ergueron e afundiron grandes bloques aproveitando antigas fallas primarias. A zona
deprimida está cuberta por un depósito aluvial areoso do Cuaternario de grande importancia.
Os sedimentos da antiga lagoa da Antela constituídos por areas, arxilas, turba e lignito acadan
nalgunhas zonas os 200 m.
AS LAGOAS
Na depresión da Limia atopábase a lagoa da Antela, a
máis grande de España con 9 km de longo, 5 de ancho
e 3 m de profundidade, uns 40 km2
de superficie, e
unha enorme riqueza biolóxica. Foi desecada polo
IRYDA en 1958 para aproveitar o espazo como terreo
agrícola. Na actualidade so quedan a canle de
desecación e algúns asolagamentos estacionais.
Ademais hai grandes pozas artificiais moi profundas
producidas polas explotacións areeiras, algunhas
acondicionadas como espazos naturais. Na lagoa da
Antela descubríronse poboados palafíticos con
achádegos de puntas de frecha datadas no 2600-2500
a.C. Hai numerosas mámoas e castros. Foi poboada
polos romanos, que fixeron varias canles para tentar
desecar a lagoa e construíron unha via que
comunicaba Braga con Astorga e discorría polas
beiras da Antela.
O Limia canalizado
Pozas de Sandiás, orixinadas polas
actividades de extracción de áridos.
Lagoa acondicionada para a observación e a cría de aves.
Lagoa estacional nas Veigas de Ponteliñares.
Lagoa en Sandiás. Lagoa en Sarreaus.
Tres plantas que viven nas augas pouco
fondas, quedas ou de correntes lentas.
Lirio amarelo.
Antela (Scirpus
lacustris), o xunco
que lle deu nome á
zona. Pode acadar 2
m de altura e máis de
2 cm de grosor.
Oucas.
Cabalos do demo (Pyrrhosoma nymphula).
Lavanco real (Anas platirhynchos). Crían habitualmente
na zona e pódense ver durante todo o ano.
Cegoñas (Ciconia ciconia) no niño.
AS ÁRBORES
Por toda a comarca, especialmente das beiras da depresión da Limia, atópanse pequenas
carballeiras formadas por carballo do país (Quercus robur) acompañado de rebolos, bidueiros,
castiñeiros... Nas veigas e beiras dos ríos hai bosques húmidos onde dominan as amieiras e os
salgueiros Nas proximidades das poboacións atópanse soutos con castiñeiros de gran porte.
Rebolos ou cerquiños na serra da Pena.
MONUMENTO NATURAL CARBALLA DA ROCHA (1 de marzo de 2007). A Saínza de Abaixo (Rairiz de Veiga).
Carballo (Quercus robur) con 33 m de altura e 6,90 m de perímetro. Forma parte do escudo municipal de
Rairiz da Veiga. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
ÁRBORES SENLLEIRAS
Carballo de As Lamas (A Porqueira). -5,23 m de
perímetro. Atópase ao pé da Estrada Xinzo-Bande,
despois de pasar A Forxa, á dereita.
Carballo Grande de Reboreda (A Porqueira). No bosque
da Caraveleira. -27 m de altura e 5,45 m de perímetro.
Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de
Galiza.
Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). Mide 7,50 m de
perímetro no toro. Atópase nunha carballeira onde
hai varios exemplares monumentais.
Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga).
-5,30 m de perímetro.
Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). -6,45 m de perímetro.
Carballos na Saínza (Rairiz de Veiga). Tres exemplares,
ao pé do cruce da estrada. O máis grande mide 4,83 m
de perímetro.
Carballo en Cortegada (Sarreaus).
-5 m de perímetro.
Carballos en Randín, a carón da capela. O máis
grande mide 6,30 m de perímetro no toro.
Carballo do adro da igrexa de Calvos de Randín:
-5,70 m de perímetro no toro.
Carballos en Loureses (Aguís, Os Blancos). No adro
da ermida do Santo Antonio. -Tres carballos de 3; 4
e 4,5 m de perímetro.
Castiñeiros de Peninvello. (Xinzo de Limia-Ourense).
Dous exemplares con case 500 anos. O máis grande ten 16 m
de altura e sobrepasa os 8 m de perímetro no toro. Castiñeiro na A Forxa (A Porqueira). Oito
ponlas, -8,30 m de perímetro.
Na parte alta da localidade, no camiño que
sobe á fervenza.
Castiñeiro de Maus (Vilar do Barrio). Atópase a
carón da estrada que baixa a Porto e Alemparte.
Mide 7,50 m de perímetro no toro.
Castiñeiros de Os Blancos. Mide 6,40 m de perímetro.
Están situado no centro da poboación nunha zona
acondicionada como área de lecer na que se atopan
varios exemplares que superan os 6 m de perímetro no
toro. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da
Xunta de Galiza.
Castiñeiro de Pexeiroos (Guntín, Os Blancos). -13,5
m de altura e 12 m de perímetro. Incluído no
Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
Castiñeiro de Pexeiros (Os Blancos).
-13,10 m de perímetro.
Castiñeiro en Loureses (Aguís, Os Blancos)
-10,85 m de perímetro.
Castiñeiro en Pexeiroos (Guntín, Os
Blancos). A carón da igrexa.
Castiñeiro en Lampaza (Rairiz da Veiga)
-10 m de perímetro.
Castiñeiro en Lampaza (Rairiz da Veiga)
Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga)
Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga)
-8,7 m de perímetro.
Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga)
-8 m de perímetro. Freixo en Cortegada (Sarreaus).
ESPAZOS PROTEXIDOS
LIC BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS
Espazo de 33.920 ha que nesta comarca inclúe a Serra da Pena en terreos de Calvos de
Randin. A maior parte da superficie é terreo de montaña no que se practica o pastoreo e
arredor dos asentamentos humanos as terras están adicadas á agricultura.
É un espazo cun gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico.
Chícharos dos raposos ou tremoceiros
(Lupinus ). Comúns na zona sur da provincia
de Ourense.Breixos, carqueixas, uces e rebolos.
VEIGA DE PONTELIÑARES
É unha pequena área nas veigas do río Limia (130 ha) pertencente aos concellos de Porqueira
e Rairiz de Veiga. Atópanse ao pasar a confluencia da canle de desecación do Limia e o río.
Son extensos pasteiros asolagados no inverno rodeados de vexetación de ribeira. A
vexetación da zona é a típica das áreas húmidas. A maior importancia deste espazo reside no
número de especies de aves acuáticas
ZEPA A LIMIA
É un espazo que abrangue as veigas do Limia e da canle da Antela e os terreos cultivados das
áreas próximas, 10.3383 ha en nove concellos da comarca. A maior importancia reside na gran
variedade e cantidade de aves acuáticas e terrestres. Destaca a presenza do sisón, a tartaraña
cinsenta e o pernileiro.
Galiñola (Gallinula chloropus).
Aliméntanse e crían entre a vexetación
das beiras dos ríos e lagoas.
Laverca (Alauda arvensis)
BRAÑAS DE GOLPELLÁS
Un espazo proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de
conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Abrangue as cuncas dos regos Lama da Veiga Pequena e Lama de Gustomeau nas cabeceiras
do Fírveda, un afluente do Limia, nos concellos de Calvos de Randín e Muíños.
É unha depresión entre as serras de San Tomé, polo norte e Lobás, polo leste ocupada por
brañas, pasteiros e matogueira. O máis interesante son as aves de lugares húmidos (avefría) e
de espazos abertos (laverca, cotovía...), os anfibios e os insectos.
Avefría (Vanellus vanellus). Invernante
común en Galiza que ten neste espazo un
dos escasos lugares de cría.
BRAÑAS DO RÍO CALVOS
Un pequeno espazo (292,2 ha) proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC)
e Zona especial de conservación (ZEC) que está pendente de aprobación.
É unha zona de brañas e pasteiros rodeada de pequenas elevacións. Destaca pola presenza de
ecosistemas húmidos.
Breixo das brañas (Erica ciliaris)Río Calvos
VEIGAS DO SALAS
Espazo de 723,1 ha proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona
especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
É unha ampla zona de veigas e brañas á beira do río Salas, limitada ao norte pola serra de
Gomariz e o Penedo dos Tres Condes e ao sur por unha sucesión de cumes nos que destaca o
alto da Frieira (1249 m). Acolle especies especies típicas de zonas húmidas.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Maio 2016

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Dezamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugomonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Deza
Comarca DezaComarca Deza
Comarca Deza
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca: Lugo
Comarca: LugoComarca: Lugo
Comarca: Lugo
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 

Similar a Comarca A Limia

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldasmonadela
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montesmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 

Similar a Comarca A Limia (12)

Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 
Comarca Umia-Caldas
Comarca Umia-CaldasComarca Umia-Caldas
Comarca Umia-Caldas
 
Comarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de MontesComarca Tabeirós Terra de Montes
Comarca Tabeirós Terra de Montes
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca A Limia

  • 1.
  • 2. SUPERFICIE: 801,7 km2 POBOACIÓN: 21.649 habitantes (2015) CONCELLOS: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia ESPAZOS PROTEXIDOS: Parque Natural e LIC “Baixa Limia-Serra do Xurés”; LIC Veiga de Ponteliñares e ZEPA “A Limia”.
  • 3. A comarca de A Limia está situada no sur de Ourense e esténdese desde as abas da Serra de San Mamede ata os lindes con Portugal, nas serras do Larouco, Seca e A Pena. Xunto coa Baixa Limia, da que a separan os montes de Bande, forma parte dun gran territorio artellado pola cunca do Limia. A Limia Alta é unha comarca de marcado carácter rural que ten como núcleo fundamental a vila de Xinzo de Limia.
  • 4.
  • 5. Unha gran parte do territorio está ocupado pola chaira da Limia, unha depresión de fondo chan, de orixe tectónica, cunha altitude media de 600 m e que noutros tempos acollía a lagoa de Antela, que foi desecada para crear terreos de cultivo.
  • 6. Liña de cumes que separa a chaira da Antela (á dereita) do val do Limia
  • 7. As principais actividades son a agricultura (en especial o cultivo da pataca e os cereais), a mineiría, as pequenas industrias e os servizos.
  • 8. VACA LIMIÁ A comarca acolle a raza autóctona de bovino máis escasa de Galiza. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ... De tamaño grande, cor castaña, coa cabeza mediana, os cornos en gancho (curtos nos machos e máis longos nas femias) e as orellas grandes e peludas. É boa para producir leite e carne, e para o traballo.
  • 9. É unha comarca cunha gran diversidade de hábitats, desde as veigas húmidas da antiga lagoa da Antela, ata a alta montaña dos cumes que superan os mil metros. Acolle varios espazos protexidos (de gran importancia, sobre todo, para as aves). Conserva importantes restos histórico-artísticos e etnográficos e festas de interese cultural como o Entroido.
  • 10. CLIMA De tipo oceánico de transición e, nos cumes das montañas, continental.
  • 11. CONCELLOS BALTAR Está no sur-leste da comarca, nos lindes con Portugal. O territorio é de montañas con dúas aliñacións de serras. Ao sur, no linde con Portugal, a serra do Larouco e Seca; ao norte os montes do Cebreiro e Gomariz. Entre as serras fórmanse os vales dos ríos Salas, que circula con dirección Oeste e recibe os regos Frouxín, Cancelo e Castelo; e o Faramontaos, que no curso alto chámase Rousía, circula cara ao leste e recibe os regos Campelos, Forcadas e Caneiro. SUPERFICIE: 93,95 km2 POBOACIÓN: 1.002 habitantes PARROQUIAS: Abades, Baltar, Garabelos do Bouzo, Niñodaguía, Texós, Tosende e Vilamaior da Boullosa. Monte Castro.
  • 12. Baltar é un concello rural moi despoboado e coa poboación moi avellentada. As principais actividades son a agrogandaría e os servizos. Os principais valores naturais atópanse nas serras onde se poden facer rutas de sendeirismo para contemplar as paisaxes ou internarse por bosques autóctonos onde abondan os carballos e os pradairos. Tamén tén un rico patrimonio etnográfico; pontellas, muíños, casas tradicionais, fornos comunais... Parte do concello ocupa o territorio do antigo Couto Mixto, Ponte sobre o río Faramontaos na Rousía. Ara romana na capela da Asunción, en Baltar
  • 13. OS BLANCOS Está situado no centro-sur da comarca, no rebordo montañoso do sur da chaira da Limia. O terreo é montañoso e está atravesado de oeste a leste polo río Airoa ou Mouril que forma un val cunha altitude de 600 a 800 m. Ao norte atópanse alturas de 800 a 900 m no Castelo de Ouvigo e o Outeiral e ao sur os cumes máis altos nos montes do Cebreiro (1.266 m), A Xorita (1.150 m) e Fonte do Lobo (1.115 m). SUPERFICIE: 47,54 km2 POBOACIÓN: 1.135 habitantes PARROQUIAS: Aguís, Os Blancos, Covas, Covelas, Guntín, Nocedo e Peixeiros. Nocedo, á beira do río Mouril. Detrás os montes da serra de Gomariz, línde entre Os Blancos e Baltar.
  • 14. Ovellas. A gandaría extensiva é unha das actividades importantes dos concellos da área montañosa da Limia. Área recreativa dos Blancos na que hai varios castiñeiros de máis de 6 m de perímetro. Ouvigo: complexo paleocristián formado por unha necrópole e unha edificación tardorromana
  • 15. CALVOS DE RANDÍN Está situado ao surleste da comarca, lindando con Portugal polo sur e polo leste. O terreo é montañoso. Distínguense tres zonas: ao norte os montes de San Tomé e Aguioncha; no centro o val do Salas e os seus afluentes (Nosa Señora, Fondón, Bouza, Barxa e Calvos); e no sur a serra da Pena onde se atopan as maiores alturas do concello (Alto do Candal, con 1.424 m e Monteagudo, con 1.363 m). A parte norte está drenada polo río Fírveda, un afluente do Limia que circula con dirección norte e recibe o Mestas e Ponte Maior). SUPERFICIE: 97,66 km2 POBOACIÓN: 922 habitantes (2015) PARROQUIAS: Calvos, Castelaus, Feás, Golpellás, Lobás, Randín, Rioseco, Rubiás dos Mixtos e Vila. Vista de Randín e do encoro de Salas desde a serra da Pena.
  • 16. As principais actividades son a gandaría (vacún, ovino e caprino), as explotacións forestais e os servizos. É un concello que ten un rico patrimonio natural (ríos, serras, bosques) e etnográfico (casas, fornos, muíños, petos de ánimas...). Unha parte do territorio (a serra da Pena) está incluído no LIC “Baixa Limia”. Calvos de Randín. Gando de razas autóctonas (cachena e rubia) en réxime extensivo nas abas da serra da Pena.
  • 18. A PORQUEIRA Situada no centro-oeste da comarca, na marxe esquerda e ao sur do río Limia que lle serve de linde polo norte. A capital municipal é A Forxa. O territorio ocupa un estreitamento do val do Limia, na parte sur da chaira da Limia e elévase cara ao sur, acadando as máximas altitudes nos montes dos Blancos e Gomariz, no linde cos concellos de Calvos de Randín e Os Blancos (Monte de Candás, con 1.006 m, Mazaira, con 982 m, Couto, con 972 m e Penouzos con 908 m). SUPERFICIE: 43,38 km2 POBOACIÓN: 901 habitantes PARROQUIAS: Paradela de Abeleda, Porqueira, Sabucedo, San Lourenzo de Abeleda, San Martiño de Porqueira e Sobreganade. Eira de hórreos na praza principal da Forxa.
  • 19.
  • 20. As principais actividades son a agricultura, a gandaría e os servizos. Ten importantes valores naturais (fervenzas e canóns no río Fírveda, soutos e carballeiras con exemplares monumentais), etnográficos (hórreos, casas, pontes) e histórico-artísticos (castelos, igrexas...). Na marxe esquerda do Limia atópase o LIC “Veigas de Ponteliñares” compartido con Rairiz da Veiga. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”. Ponte medieval sobre o Fírveda na Forxa.
  • 21. RAIRIZ DE VEIGA Situado ao oeste da comarca. O territorio ocupa, na súa maior parte, a depresión da Limia con altitude de 600 a 900 m. As maiores alturas atópanse no norte (Penamá, con 910 m) e leste (Congostro, con 910 m). O río Limia percorre o sur, no linde con A Porqueira. SUPERFICIE: 72,08 km2 POBOACIÓN: 1.456 habitantes (2014) PARROQUIAS: Candás, Congostro, Guillamil, Lampaza, Ordes, Rairiz da Veiga, Sabariz e Zapeaus. Torre construída na Saínza para a celebración da tradicional batalla de mouros e cristiáns que ten lugar durante as festas da Mercede en setembro. Peto de ánimas na Saínza.
  • 22. As principais actividades son a agricultura e a gandaría. O territorio de Rairiz da Veiga forma parte de varios espazos protexidos o LIC “Veigas de Ponteliñares” chamado tamén Veigas da Limia; a ZEPA “A Limia”, a reserva da Biosfera “Área de Allariz” e acolle o Monumento Natural “Carballa da Rocha”. Conserva tamén importantes valores histórico artísticos: restos da Via Romana XVIII, igrexas, xacementos prehistóricos... Veigas de Ponteliñares Carballo en Ordes. No concello de Rairiz da Veiga hai bastantes carballeiras e nalgunhas exemplares de carballos monumentais.
  • 23. Santo André de Guillamil
  • 24. SANDIÁS Ocupa o centro norte da comarca. No territorio do concello distínguense dúas áreas. No noroeste atópanse os terreos máis elevados, nas estribacións de Penamá, no linde con Allariz, con altitudes de 700 a 900 m (Cantariños, Coalloso, Souteiro e Nogueira). O resto forma parte da depresión da Limia, na antiga Lagoa de Antela, unha chaira aluvial desecada atravesada pola canle de desaugue da lagoa e o rego de Piñeira. O Limia fai de linde polo sur con Xinzo de Limia nun pequeno tramo. SUPERFICIE: 52,80 km2 POBOACIÓN: 1.307 habitantes PARROQUIAS: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás. Restos do Castelo de Sandiás (Torre do Castro). Construído sobre un antigo castro arredor do século XII.
  • 25. As principais actividades son a agricultura (en especial o cultivo da pataca), a mineiría (extracción de áridos) e os servizos. Os principais valores naturais están asociados ao río Limia e ás lagoas naturalizadas que se formaron ao quedar abandoadas as explotacións de áridos. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”. Conserva un importante patrimonio histórico-artístico (igrexas, castelos, restos romanos...). Sementeira de patacas.
  • 26. Igrexa de San Estevo de Sandiás. Unha das mellores representacións do renacemento galego. Construída polo mestre canteiro Bartolomé de Nosendo antes de 1520. Destaca a portada de estilo manuelino.
  • 27. Miliarios romanos en Vilariño das Poldras. Por aquí pasaba a Vía Nova que unía Braga con Astorga. Nesta zona atopábase a antiga Ponte das Poldras que foi derrubada ao desecarse a lagoa de Antela. Miliario romanos en Zadagós.
  • 28. SARREAUS Está situado no centro-norte da comarca, na beira da depresión da Limia. No territorio distínguense dúas áreas diferenciadas: ao nordeste unha aliñación de montañas no linde con Laza (serra da Requeixada) coas máximas altitudes no Talariño e Paradiña, con 986 m, e Madosa, con 940 m. O leste e o sur forman parte da depresión da Limia, un terreo chan cunha altitude media de 600 m. Os ríos forman parte das cabeceiras do Limia que nace no monte Talariño: Lodoselo, Freixo, Pedroso e Valdelobos. SUPERFICIE: 77,25 km2 POBOACIÓN: 1.283 habitantes (2015) PARROQUIAS: Bresmaus, Codosedo, Cortegada, Freixo, Lodoselo, Nocelo da Pena, Paradiña, Perrelos e Sarreaus. Sarreaus, no val do Limia.
  • 29. As principais actividades son a agricultura e os servizos. Os valores naturais están asociados aos montes e aos ríos. No patrimonio cultural destaca o xacemento prehistórico de Roufelo (Nocelo da Pena), o dolme “Pedra Alta da Antela” e as igrexas románicas de Cortegada da Limia, Perrelos e Codesedo. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”. Pedra do Arangaño, en Perrelos. Segundo a tradición os nenos entarangañados facíanse fasar polo burato da pedra para que curasen. A Pedra Alta da Antela, un menhir situado no linde entre Sarreaus, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia.
  • 30. Igrexa de Perrelos. Igrexa de Codosedo. Igrexa de Cortegada.
  • 31. TRASMIRAS Situado no centro-leste da comarca no rebordo da depresión da Limia, no linde coa comarca de Monterrei. A maior parte do territorio forma parte da chaira da Limia, cunha altitude de 650 a 700 m. No leste e sur atópanse as maiores alturas nas serras das Estivadas e Cualedro: O Castelo (850 m), A Ermida, Pena Alta, Seixo, Alto do Picotiño... Está atravesada de leste a oeste por varios afluentes da Limia: Rego da Veiga, Trasmiras e Faramontaos. Paisaxe agrícola. SUPERFICIE: 56,72 km2 POBOACIÓN: 1456 habitantes (2014) PARROQUIAS: Abavides, Chamosiños, Escornabois, Lobaces, Trasmiras, Vila de Rei, Vilar de Lebres, Vilaseca e Zos.
  • 32. As principais actividades son agricultura (patacas, cereais), a gandaría e o sector forestal. Os principais valores naturais atópanse nas Veigas da Limia e nas carballeiras das zonas altas. Acolle un impotante patrimonio cultural entre o qu destacan as igrexas románicas de San Salvador de Vilar de Lebres e Santa María de Zos. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”. Detalle da igrexa de Zos. Ponte medieval sobre o río Faramontaos, entre Xinzo de Limia e Trasmiras.
  • 33. VILAR DE BARRIO Atópase na zona nordeste da comarca. No territorio distínguense tres zonas diferenciadas. Ao norte e ao leste a serra de San Mamede, onde se atopan as maiores altitudes: San Mamede, con 1.618 m e Penedos das Mazas, con 1.569. No centro, con orientacón oeste-surleste, o val do Arnoia que descende desde os 800 m ata os 450 m abríndose cara a depresión de Maceda. Ao oeste a depresión da Limia, separada do val do Arnoia por pequenos cumes que serven de divisoria de augas. SUPERFICIE: 106,69 km2 POBOACIÓN: 1.500 habitantes (2014) PARROQUIAS: A Alberguería, Arnuíde, Bóveda, As Maus, Padreda, Prado, Rebordechao, Seiró e Vilar de Barrio. Vilar do Barrio desde os montes da Requeixada.
  • 34.
  • 35. As principais actividades son a agrogandaría, o sector forestal e os servizos. Ten importantes valores naturais asociados á serra de San Mamede e ao río Arnoia. O patrimonio etnográfico está representado por muíños e pontes e o histórico-artístico por castros, pazos e igrexas. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”. Ponte medieval sobre o Arnoia en Arnuíde.
  • 36. VILAR DE SANTOS Situado ao norte da comarca, no rebordo montañoso da depresión da Limia. No territorio distínguente dúas unidades. Ao norte está ocupado por pequenas elevacións: a caída do monte Cantariña (700 m), o Castro (842 m) e o Cubelo (736 m). As alturas van descendendo cara ao sur e oeste ata a beira do río Limia que fai de linde polo sur do concello. O seu afluente, Lameiras, percorre Vilar de Santos de norte a sur. SUPERFICIE: 20,69 km2 POBOACIÓN: 894 habitantes PARROQUIAS: Parada de Outeiro e Vilar de Santos. Vilarde Santos.
  • 37. As principais actividades son a agricultura, os servizos e pequenas industrias. Os recursos naturais están asociados aos ríos e conserva carballeiras con exemplares monumentais. O patrimonio cultural está representado na arquitectura popular e no Museo da Limia que recolle as principais manifestación da cultura da zona. Vilar de Santos forma parte da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” e está integrado na rede de Centros Europeos de Intercambio, Arte, Cultura e Tradición. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”. Mazadeiras do liño no museo da Limia. Portada da igrexa de Vilar de Santos.
  • 38. XINZO DE LIMIA Situado no centro da comarca, ocupando gran parte da chamada depresión da Limia. A maior parte as superficie do concello é unha chaira dunha altitude media de 600 m, coa zona máis baixa cara ao suroeste, na antiga Lagoa de Antela. Ao nordeste atópanase os cumes de A Pena (759 m) e ao sur, nos lindes cos Blancos e Baltar, As Cavadas (902 m), Castelo de Oubigo (006 m), Cruz (853 m) e a Serra de Cualedro (Pena Muller, con 1.026, no linde com Cualedro). O río Limia atravesa o concello de leste a oeste e recibe o Nocelo e o Faramontaos. SUPERFICIE: 132,61 km2 POBOACIÓN: 10.043 habitantes PARROQUIAS: Boado, Cima de Ribeira, Damil, Faramontaos, Granade, Gudín, Guntimil, Lamas, Laroá, Moreiras, Morgade, Mosteiro de Ribeira, Novás, Parada de Ribeira, A Pena, Piñeira Seca, San Pedro de Laroá, Seoane de Oleiros, Solbeira de Limia e Xinzo de Limia.
  • 39. de Limia, a capital do concello e da comarca, concentra a maioría dos servizos e os polígonos industriais. A Natureza está asociada ao curso do río Limia e os seus afluentes. É un concello cun importante patrimonio histórico-artístico (castelos, igrexas, mosteiros...) e etnográfico. O camiño xacobeo coñecido como “Ruta da Prata” cruza o concello. Parte do territorio está incluído na ZEPA “A Limia”. O entroido de Xinzo de Limia é un dos máis importantes de Galiza (declarado Festa de Interese Turístico Nacional). Envasado de patacas. As patacas da Limia están protexidas na denominación de orixe Pataca Galega. Torre da Pena, situada nun dos cumes que separan a Antela do val do Limia. Desde os montes que a rodean hai unhas vistas excelentes sobre a Limia e pódense facer varias rutas de
  • 40. Claustro do mosteiro de Trandeiras. Igrexa de Xinzo de Limia.
  • 42. RELEVE Na comarca da Limia Alta distínguense dúas zonas moi diferenciadas: a depresión achairada de orixe tectónica da Limia e as serras que a rodean. Ao norte A Serra de San Mamede e unha aliñación de alturas de 900 a 700 m (O Castro...) que separan a comarca das de Allariz- Maceda, Terra de Caldelas e Verín. Ao leste e sur a serra do Larouco, ao sur as serras Seca e da Pena e ao leste os montes de Bande. Entre os vales dos ríos Limia e Salas sitúase a serra do Cebreiro. As rochas dominantes son os granitos, que nos cumes dan lugar a formas acasteladas debido á erosión diferencial. A Limia.
  • 43. Penas no monte do Arangaño. As montañas da Limia forman parte dun releve moi antigo e erosionado no que abondan, coroando os cumes, os penedos graníticos con caprichosas formas creadas pola erosión da auga.
  • 44. A vexetación das serras está dominada por matogueiras e pasteiros nas partes altas e algúns bosques naturais (carballeiras, bidueirais) nas abas máis sombrizas e afastadas. Unha gran parte do terreo forestal está repoboado con piñeiros e na proximidade das poboación abondan os soutos. Matogueira na serra da Pena.
  • 46. SERRA DE SAN MAMEDE Formada por xistos e areíscas que orixinan un relevo de formas redondeadas e suaves e nos cumes por granitos de dúas micas que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos e algunha cuarcita. O cume máis alto, San Mamede, acada os 1.619 m. Esta serra domina as depresións ourensáns de Maceda e A Limia e ten unhas boas vistas sobre as serras da Queixa, Fial das Corzas e Altos do Samión. Na vertente sur nace o río Arnoia e varios dos seus afluentes. Accedese desde desde Vilar de Barrio por pistas de terra. San Mamede.
  • 47. As zonas altas, por mor das queimas sucesivas están cubertas por un mato de xestas, piornos, queirugas... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún teixo. Unha parte está repoboada con piñeiros silvestres. A fauna é tamén moi abundante e variada: lobos, raposos, corzos, xabaríns, lebres, perdices, aves de rapina, réptis, anfibios... Detalle dos cumes graníticos na primavera.
  • 48. SERRA DO LAROUCO É unha serra con orientación NE-SO de cumes suaves que van gañando altura cara ao sur. Fai de límite entre A Limia e Portugal e prolóngase cara ao norte ata tocar coa serra de San Mamede polo cordal que fai de divisoria entre as depresións de A Limia e Monterrei. Está formada maioritariamente por materiais graníticos rotos por fracturas NNE-SSO e NNO-SSE, e algunhas rochas metamórficas. O punto máis alto é o Coto Farelo (1.398 m), na intersección de Portugal cos concellos de Baltar e Cualedro. Serra de Larouco, vista oeste, desde Calvos de Randín. Vista dos cumes máis altos do Larouco na fronteira portuguesa.
  • 49. Unha grande parte da serra do Larouco está cuberta de vexetación de mato e repoboacións forestais de piñeiros. Consérvanse zonas de bosques de cerquiño, entre os que destaca o da Rousía en Baltar. Desde as partes altas hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca. Accedese desde Cualedro ou Baltar. Pódese subir aos cumes polas pistas do parque eólico. Vista desde os cumes do Larouco cara a Baltar. Bosque de cerquiños. “Cortiñas da Casa da Neve” ou “Pozo dos Mouros”, un neveiro datado no século XV. Nestas construcións conservábase a neve convertida en xeo para empregala durante o ano ou comercializala.
  • 50. A serra Seca desde Baltar. SERRA SECA Aliñación situada no linde con Portugal entre as serras da Pena e o Larouco. Os cumes máis altos son o Outeiro de Fonte de Chao, con 1.274 m e O Castro, con 1.230 m.
  • 51. SERRA DA PENA Ocupa o extremo meridional do concello de Calvos de Randín, con altitudes entre os 850 m no val superior do Salas e máis de 1.400 nos cumios (na zona portuguesa). Hai unha grande área de migmatitas e algún gneis glandular da serie ollo de Sapo, unha gran intrusión de granito de dúas micas e algúns diques de aplita e pegmatita. O punto máis alto é o Alto do Candal, con 1.424 m. Na vertente norte nacen varios regos que van ao Salas. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares do toda a contorna. Accedese desde Calvos de Randín.
  • 52. Conserva bos bosques de cerquiños e na vagoadas hai bidueiros, salgueiros, acivros, castiñeiros, escambróns... Téñense contabilizado máis de 100 especies de vertebrados. Forma parte do LIC“Baixa Limia- Serra do Xurés. Vacas no alto da serra da Pena. Matogueiras e cumes graníticos. As touzas, ou bosques de cerquiños ocupan unha boa área ao sur de Vilar e Vilariño. Nas zonas dos cumes os cerquiños non pasan de arbustos.
  • 53. SERRA DO CEBREIRO Chamada tamén Serra da Raíña Loba. Está situada entre A Limia e a Serra do Larouco, da que a separa o val do río Salas. Formada pola Serra de Gomariz, co punto máis alto no Penedo da Raíña Loba (1.161) e os montes do Cebreiro, cos puntos máis altos no Penedo das Fatigas, con 1.258 m e O Cebreiro con 1.265. Está constituída por granitos dos que sobresaen bolos, formas acasteladas e penedos en equilibrio. Desde os altos hai boas vistas sobre A Limia, o encoro de Salas e as serras do Larouco e A Pena. Accédese desde Baltar, Os Blancos ou Calvos de Randín. O Cebreiro.
  • 54. Conserva boas áreas de bosques de rebolos con bidueiros, pereiras bravas e carballos; outra parte está repoboada con piñeiros, e o resto vexetación arbustiva. Vista xeral da cara sur da serra da Raíña Loba. A Xorita.
  • 55. Penedo das Fatigas (O Cebreiro) O Cebreiro Penedos na Raíña Loba
  • 56. OS RÍOS O río principal da comarca é o Limia que a percorre de leste a suroeste e recolle as augas das serras que rodean a depresión da Limia. Só unha pequena parte da comarca pertence á conca do Arnoia, nas abas da serra de San Mamede, en terreos de Vilar de Barrio. Arredor dos ríos consérvase unha vexetación de ribeira de gran diversidade na que se atopa unha variada fauna, en especial aves acuáticas que teñen nas veigas inundadas do Limia unha importante área de cría e invernada. Vexetación na canle da lagoa de Antela.
  • 57. Fraga na ribeira do río Fírveda.
  • 58. Parrulo cinsento (Anas estrepera). É invernante común de esteiros e lagoas interiores. Femia e crías de lavanco real (Anas platirhynchos). Mergullón pequeno.
  • 59. RÍO LIMIA Nace no Monte Talariño (Sarreaus). As súas cabeceiras son o Freixo, Valdelobos, Sas de Pedros e Lodoselo; e desemboca en Viana do Castelo (Portugal). No tramo galego o Limia descende rápido desde o nacemento á depresión da Antela por onde discorre mainamente ata encaixarse lixeiramente a partir de Ponteliñares. Desde este tramo entra na Baixa Limia para precipitarse en fortes pendentes ata entrar en Portugal, despois de 75 km por territorio galego. Na comarca recibe pola dereita o Antela (co Lameiros) e o Vidueiro e pola esquerda o Lodoselo, Veiga, Trasmiras, Faramontaos, Nocelo, Grande, Fírveda e Salas. Nesta comarca está protexido no LIC “Veigas de Ponteliñares” e na ZEPA “A Limia”. O Limia en Sarreaus.
  • 60. O Limia en Xinzo na primavera. O Limia canalizado despois de unírselle o desaugadoiro da Lagoa de Antela. Na Limia atopábase a lagoa máis Grande de España, cunha gran riqueza biolóxica. Foi desecada polo IRYDA en 1958. Na actualidade, sobre todo no inverno, consérvanse áreas asolagadas e veigas, así como algunhas lagoas de orixe antrópica formadas pola extracción de area. O Limia en Xinzo no verán. O río sofre unha forte seca estival.
  • 61. O Limia en Ponteliñares, no linde con Bande.
  • 62. O RÍO DO ESQUECEMENTO O mito clásico do río Leteo no que as almas dos mortos bebían o esquecemento á entrada dos felices Campos Elíseos localízase en Galicia no río Limia. Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadealo perdería a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.
  • 63. A escasa profundidade das lagoas e da canle do Limia favorece o asentamento de plantas acuáticas e bosques de ribeira que á súa vez serven de hábitat para multitude de especies, especialmente aves, anfibios, insectos...
  • 64. RÍO FÍRVEDA É un afluente do Limia que nace na parroquia de Vila (Calvos de Randín). No concello de A Porqueira forma un pequeño cavorco con varias fervenzas entre migmatitas que conteñen seixo, feldespato e algúns minerais ricos en ferro e magnesio. Fervenza do Fírveda Na Forxa (A Porqueira, no linde cos Blancos). O río Fírveda salva un resalte granítico con varias fervenzas. Canón do Fírveda.
  • 65. RÍO NOCEDO Chamado tamén río Mouril. Nace na serra de Gomariz e discorre por terreos de Os Blancos e Xinzo de Limia, onde se xunta co Limia na capital do concello.
  • 66. RÍO FARAMONTAOS Nace na aba norte da serra do Larouco, percorre terreos de Baltar e Trasmiras e xúntase ao Limia un pouco antes de Xinzo de Limia. No primeiro tramo chámase río da Rousía. O río da Rousía na Rousía, en Baltar. Ponte en Faramontaos (Xinzo)
  • 67. RÍO SALAS Nace na Serra do Larouco. Fai a primeira parte do seu percorrido na comarca da Limia, entre a serra da Pena e os montes dos Blancos, por un val amplo e con pouca pendente. Comeza a encaixarse un pouco antes de entrar en Portugal e, logo dun breve percorrido, entra na Baixa Limia onde o atranca o encoro de Salas. Logo continúa nun descenso bastante pronunciado ata a súa entrada no Limia, no encoro de Lindoso. Veigas do Salas en Calvos de Randín. O Salas en Calvos de Randín, pouco antes do encoro.
  • 68. RÍO ARNOIA Nace na serra de San Mamede pola unión do Bouzas, Canadas e Busteiro; na parroquia de Rebordechao (Vilar de Barrio). Na comarca percorre terras dos concellos de Vilar de Barrio. Desemboca no Miño en Quinteiros (Arnoia), despois dun percorrido de 87 km. O Arnoia en Porto (Vilar de Barrio). Unha ruta segue o río desde Arnuíde ou Vilar do Barrio até Rebordechao pasando por Parada, Riobó, Arruás, Prado e A Ermida Aliviadoiro dunha levada en Arnuíde.
  • 69. Pontella en Arnuíde. Ponte medieval sobre o Arnoia en Arnuíde.
  • 70. A depresión da Limia orixinose pola relaxación posterior á Oroxénese Alpina na que se ergueron e afundiron grandes bloques aproveitando antigas fallas primarias. A zona deprimida está cuberta por un depósito aluvial areoso do Cuaternario de grande importancia. Os sedimentos da antiga lagoa da Antela constituídos por areas, arxilas, turba e lignito acadan nalgunhas zonas os 200 m. AS LAGOAS Na depresión da Limia atopábase a lagoa da Antela, a máis grande de España con 9 km de longo, 5 de ancho e 3 m de profundidade, uns 40 km2 de superficie, e unha enorme riqueza biolóxica. Foi desecada polo IRYDA en 1958 para aproveitar o espazo como terreo agrícola. Na actualidade so quedan a canle de desecación e algúns asolagamentos estacionais. Ademais hai grandes pozas artificiais moi profundas producidas polas explotacións areeiras, algunhas acondicionadas como espazos naturais. Na lagoa da Antela descubríronse poboados palafíticos con achádegos de puntas de frecha datadas no 2600-2500 a.C. Hai numerosas mámoas e castros. Foi poboada polos romanos, que fixeron varias canles para tentar desecar a lagoa e construíron unha via que comunicaba Braga con Astorga e discorría polas beiras da Antela. O Limia canalizado
  • 71. Pozas de Sandiás, orixinadas polas actividades de extracción de áridos.
  • 72. Lagoa acondicionada para a observación e a cría de aves.
  • 73. Lagoa estacional nas Veigas de Ponteliñares. Lagoa en Sandiás. Lagoa en Sarreaus.
  • 74. Tres plantas que viven nas augas pouco fondas, quedas ou de correntes lentas. Lirio amarelo. Antela (Scirpus lacustris), o xunco que lle deu nome á zona. Pode acadar 2 m de altura e máis de 2 cm de grosor. Oucas.
  • 75. Cabalos do demo (Pyrrhosoma nymphula). Lavanco real (Anas platirhynchos). Crían habitualmente na zona e pódense ver durante todo o ano. Cegoñas (Ciconia ciconia) no niño.
  • 76. AS ÁRBORES Por toda a comarca, especialmente das beiras da depresión da Limia, atópanse pequenas carballeiras formadas por carballo do país (Quercus robur) acompañado de rebolos, bidueiros, castiñeiros... Nas veigas e beiras dos ríos hai bosques húmidos onde dominan as amieiras e os salgueiros Nas proximidades das poboacións atópanse soutos con castiñeiros de gran porte. Rebolos ou cerquiños na serra da Pena.
  • 77. MONUMENTO NATURAL CARBALLA DA ROCHA (1 de marzo de 2007). A Saínza de Abaixo (Rairiz de Veiga). Carballo (Quercus robur) con 33 m de altura e 6,90 m de perímetro. Forma parte do escudo municipal de Rairiz da Veiga. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza. ÁRBORES SENLLEIRAS
  • 78. Carballo de As Lamas (A Porqueira). -5,23 m de perímetro. Atópase ao pé da Estrada Xinzo-Bande, despois de pasar A Forxa, á dereita. Carballo Grande de Reboreda (A Porqueira). No bosque da Caraveleira. -27 m de altura e 5,45 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 79. Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). Mide 7,50 m de perímetro no toro. Atópase nunha carballeira onde hai varios exemplares monumentais. Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). -5,30 m de perímetro.
  • 80. Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). -6,45 m de perímetro. Carballos na Saínza (Rairiz de Veiga). Tres exemplares, ao pé do cruce da estrada. O máis grande mide 4,83 m de perímetro.
  • 81. Carballo en Cortegada (Sarreaus). -5 m de perímetro. Carballos en Randín, a carón da capela. O máis grande mide 6,30 m de perímetro no toro.
  • 82. Carballo do adro da igrexa de Calvos de Randín: -5,70 m de perímetro no toro. Carballos en Loureses (Aguís, Os Blancos). No adro da ermida do Santo Antonio. -Tres carballos de 3; 4 e 4,5 m de perímetro.
  • 83. Castiñeiros de Peninvello. (Xinzo de Limia-Ourense). Dous exemplares con case 500 anos. O máis grande ten 16 m de altura e sobrepasa os 8 m de perímetro no toro. Castiñeiro na A Forxa (A Porqueira). Oito ponlas, -8,30 m de perímetro. Na parte alta da localidade, no camiño que sobe á fervenza.
  • 84. Castiñeiro de Maus (Vilar do Barrio). Atópase a carón da estrada que baixa a Porto e Alemparte. Mide 7,50 m de perímetro no toro. Castiñeiros de Os Blancos. Mide 6,40 m de perímetro. Están situado no centro da poboación nunha zona acondicionada como área de lecer na que se atopan varios exemplares que superan os 6 m de perímetro no toro. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza.
  • 85. Castiñeiro de Pexeiroos (Guntín, Os Blancos). -13,5 m de altura e 12 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza. Castiñeiro de Pexeiros (Os Blancos). -13,10 m de perímetro.
  • 86. Castiñeiro en Loureses (Aguís, Os Blancos) -10,85 m de perímetro. Castiñeiro en Pexeiroos (Guntín, Os Blancos). A carón da igrexa.
  • 87. Castiñeiro en Lampaza (Rairiz da Veiga) -10 m de perímetro. Castiñeiro en Lampaza (Rairiz da Veiga)
  • 88. Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga) Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga) -8,7 m de perímetro.
  • 89. Souto de Crespos (Lampaza, Rairiz da Veiga) -8 m de perímetro. Freixo en Cortegada (Sarreaus).
  • 90. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS Espazo de 33.920 ha que nesta comarca inclúe a Serra da Pena en terreos de Calvos de Randin. A maior parte da superficie é terreo de montaña no que se practica o pastoreo e arredor dos asentamentos humanos as terras están adicadas á agricultura. É un espazo cun gran interese xeolóxico, ecolóxico, etnográfico e histórico. Chícharos dos raposos ou tremoceiros (Lupinus ). Comúns na zona sur da provincia de Ourense.Breixos, carqueixas, uces e rebolos.
  • 91. VEIGA DE PONTELIÑARES É unha pequena área nas veigas do río Limia (130 ha) pertencente aos concellos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Atópanse ao pasar a confluencia da canle de desecación do Limia e o río. Son extensos pasteiros asolagados no inverno rodeados de vexetación de ribeira. A vexetación da zona é a típica das áreas húmidas. A maior importancia deste espazo reside no número de especies de aves acuáticas
  • 92. ZEPA A LIMIA É un espazo que abrangue as veigas do Limia e da canle da Antela e os terreos cultivados das áreas próximas, 10.3383 ha en nove concellos da comarca. A maior importancia reside na gran variedade e cantidade de aves acuáticas e terrestres. Destaca a presenza do sisón, a tartaraña cinsenta e o pernileiro. Galiñola (Gallinula chloropus). Aliméntanse e crían entre a vexetación das beiras dos ríos e lagoas. Laverca (Alauda arvensis)
  • 93. BRAÑAS DE GOLPELLÁS Un espazo proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Abrangue as cuncas dos regos Lama da Veiga Pequena e Lama de Gustomeau nas cabeceiras do Fírveda, un afluente do Limia, nos concellos de Calvos de Randín e Muíños. É unha depresión entre as serras de San Tomé, polo norte e Lobás, polo leste ocupada por brañas, pasteiros e matogueira. O máis interesante son as aves de lugares húmidos (avefría) e de espazos abertos (laverca, cotovía...), os anfibios e os insectos. Avefría (Vanellus vanellus). Invernante común en Galiza que ten neste espazo un dos escasos lugares de cría.
  • 94. BRAÑAS DO RÍO CALVOS Un pequeno espazo (292,2 ha) proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC) que está pendente de aprobación. É unha zona de brañas e pasteiros rodeada de pequenas elevacións. Destaca pola presenza de ecosistemas húmidos. Breixo das brañas (Erica ciliaris)Río Calvos
  • 95. VEIGAS DO SALAS Espazo de 723,1 ha proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. É unha ampla zona de veigas e brañas á beira do río Salas, limitada ao norte pola serra de Gomariz e o Penedo dos Tres Condes e ao sur por unha sucesión de cumes nos que destaca o alto da Frieira (1249 m). Acolle especies especies típicas de zonas húmidas.
  • 96. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Maio 2016