SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 91
A ULLOA
A NATUREZA
da Dorsal Galega que lle fan de linde polo leste e sur. Ocupa un territorio chan resto dunha
antiga superficie de erosión formada por bloques afundidos, con suaves ondulacións e moi
incidido pola erosión dos ríos. Está rodeado en todo o seu contorno por serras de formas
suaves e alturas que non sobrepasan os 800 m.
O río principal é o Ulla que lle da nome á comarca e ten nela o seu curso alto e parte do
medio.
Acolle espazos de grande valor natural: a Serra do Careón, o canón do Ulla e en xeral todos os
cursos dos ríos e as serras.
SUPERFICIE:
417,9 km2
POBOACIÓN:
9.653 habitantes (2014)
CONCELLOS:
Antas de Ulla, Monterroso
e Palas de Rei
ESPAZOS PROTEXIDOS:
LIC Serra do Careón
CLIMA
Oceánico continental
A pesares de non ter moita altitude, no inverno as temperaturas nas terras da Ulloa baixan a miúdo dos cero graos
ACTIVIDADES
Gandaría de vacún, agricultura, sector forestal, servizos e pequenas
industrias relacionadas co sector agroalimentario e a madeira.
A elaboración de queixos está protexida pola Denominación de Orixe
“Arzúa-Ulloa”.
Serra do Farelo
Ecomuseo Arqueixal, un exemplo de actividade de
ecoturismo para poñer en valor a vida da aldea.
PATRIMONIO
O Camiño de Santiago cruza a comarca por Monterroso e Palas de Rei e en todo o seu
percorrido pódense atopar importantes mostras do patrimonio histórico-artistico e
etnográfico: pontes, igrexas, mosteiros, pazos...
Canastro en Antas de Ulla Hórreo en Arxona (Monterroso)
Castelo-pazo de Castro de Amarante (Antas de Ulla)
Casa-torre de Cumbraos
(Monterroso)
Torre da Pena (Monterroso)
casa en Verín (Antas de Ulla)
Castelo de Pambre (Palas de Rei)
Ponte romana sobre o río
Ferreira en Ferreira
Fonte en San Xusto de Repostería (Palas de Rei)
Fonte na igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei)Fonte en Albá (Palas de Rei), cun sartego
antropomorfo doble
Pozo en Vilareda (Palas de Rei)
Igrexa de Amoexa (Antas de Ulla) Igrexa de Arcos (Antas de Ulla)
Igrexa de Olveda (Antas de Ulla) Igrexa de Peibás (Antas de Ulla)
Igrexa de San Martiño de
Amarante (Antas de Ulla)
Igrexa de Vilanuñe
(Antas de Ulla)
Igrexa de Fental (Monterroso) Igrexa de Bidouredo (Monterroso)
Igrexa de Cumbraos
(Monterroso)
Igrexa de Esporiz (Monterroso)
Igrexa de Fente (Monterroso)
Igrexa de Frameán (Monterroso)
Igrexa de Lodoso (Monterroso)
Igrexa de Novelúa (Monterroso)
Igrexa de Penas (Monterroso)
Igrexa de Pol
(Monterroso)
Igrexa de Tarrío (Monterroso)
Igrexa de Sucastro (Monterroso)
Igrexa de Valboa (Monterroso)
Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei),
de estilo románico e gótico, construída a partir do
século XII. No interior conserva as mellores pinturas
murais do románico galego. Foi mosteiro de mulleres
adscrito á Orde de Santiago a finais do século XII.
Declarada monumento histórico-artístico en 1931.
Igrexa de San Cibrao de Repostería (Palas de Rei)
Igrexa de San Xusto de Repostería (Palas de Rei)
Igrexa de Berbetouros (Palas de Rei)
Igrexa de Albá (Palas de Rei)
Igrexa de Coence (Palas de Rei)
Igrexa de Curvián (Palas de Rei)
Igrexa de Ferreira
(Palas de Rei)
Igrexa de Fontecuberta
(Palas de Rei)
Igrexa de Marzá (Palas de Rei)
Igrexa de Pidre (Palas de Rei) Igrexa de Meixide (Palas de Rei)
Igrexa de Santo Tirso (Palas de Rei) Igrexa de Vilareda (Palas de Rei)
Igrexa de San Xiao do Camiño (Palas de Rei)
CONCELLOS
SUPERFICIE: 103,53 km2
POBOACIÓN: 2.152 habitantes
(2014).
PARROQUIAS: Agüela, Alvidrón,
Amarente (San Fiz e San Mariño),
Amoexa, Antas de Ulla, Árbol,
Arcos, Areas, Barreiro, Casa de
Naia, Castro de Amarante (Santa
Mariña e Santo Estevo), A Cervela,
Cibreiro, Cutián, Dorra, Facha,
Olveda, Peibás, Queixeiro,
Reboredo, O Rial, Santiso, Senande,
Terra Cha, Vilanuñe e Vilapoupre.
Paisaxe de Antas de Ulla
ANTAS DE ULLA
Está situado ao sur da comarca lindando con Taboada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). O
territorio ten dúas zonas diferenciadas. Ao leste e sur as serras da Dorsal (Serra do Farelo) cos
cumes de O Farelo, con 956 m, o máis alto do concello e da comarca, Castro de Hedra, Pena
Picota, Picolongo e Fontenla Seca. O resto é unha penichaira de formas suaves con altitudes
entre 200 e 500 m. O río máis importante é o Ulla que fai de linde no leste e norte cos
concellos de Chantada e Palas de Rei e recibe numerosos afluentes pola marxe esquerda:
Ribeiro, Fadal, Pequeno, Peizal...
As principais actividades son a gandaría
(vacún) e a agricultura.
Os lugares de interese natural atópanse nas
serras e no percorrido dos ríos.
Ten un rico patrimonio cultural no que
destacan o pazo de Torre Penela (Santa
Mariña do Castro de Amarante) e as igrexas
románicas de Amoexa, Alvidrón e Arcos.
Hórreo en Peibás Igrexa románica de Amoexa
Detalle do encintado da igrexa románica de Alvidrón
SUPERFICIE: 114,52 km2
POBOACIÓN: 3.601 habitantes
(2015).
PARROQUIAS: Arada,
Bidouredo, O Bispo,
Cumbraos, Esporiz, Fente, Os
Ferreiros, Frameán, Fufín,
Lavandelo, Leborei, Ligonde,
Lodoso, Marzán, Milleirós,
Novelúa, Pedraza, Penas, Pol,
Salgueiros, San Breixo,
Satrexas, Sirgal, Sucastro,
Tarrío, Valboa, Vilanova e
Viloíde.
Vista de Monterroso desde o monte de San Cristovo, na serra da Vacaloura
MONTERROSO
Está situado ao leste da comarca. O territorio está formado por unha ampla penichaira, máis
elevada cara ao leste onde acada unha altitude media de 600-750 m. Ao leste atópanse as
serras da Vacaloura, coa máxima altura no San Cristovo (830 m). A serra de Ligonde atravesa a
zona norte, de SE a NO, separando as cuncas do Ulla e do Miño, e ten a máxima altura na
Pena da Lebre, con 750 m. O río Ulla fai de linde polo sur e oeste coas terras de Antas de Ulla
e recibe pola dereita o Sirgal e o Rao. Polo norte discorre, no seu tramo alto, o río Irixe,
afluente do Ferreira, da cunca do Miño.
As principais actividades son a agandaría (vacún), a
agricultura e os servizos.
Ten importantes valores naturais asociados ás serras e
ao rio Ulla e conserva boas masas de carballos e
castiñeiros.
O Camiño de Santiago cruza o norte do concello
procedente de Portomarín. En canto ao patrimonio
histórico-artístico destacan as igrexas románicas de
Novelúa e Santa María de Tarrío.
Feira de Monterroso. A vila de Monterroso é un importante centro
feiral comarcal. A feira máis destacada é a de Santos. Cruceiro de Ligonde
SUPERFICIE: 199,6 km2
POBOACIÓN: 3.900 habitantes (2014).
PARROQUIAS: Albá, Ambreixo, Augas
Santas, Berbetouros, Cabana, O
Carballal (San Mamede e San Sebastián),
Carteire, Coence (San Mamede e San
Miguel), Covelo, Cuíña, Curbián, Felpós,
Ferreira de Negral, Filgueira,
Fontecuberta, Laia, Lestedo, Maceda,
Marzá, O Mato, Meixide, Merlán,
Moredo, Mosteiro de Devesa, Orosa,
Palas de Rei, Pambre, Pidre, A Puxeda,
Quindimil, Ramil, Remonde, Repostería
(San Cibrao e San Xusto), Ribeira, Salaia,
San Breixo, San Xiao do Camiño, Ulloa,
Vilar de Donas e Vilareda.
PALAS DE REI
Ocupa a zona norte da comarca. O territorio é moi irregular e divídese en tres zonas. Ao leste
a serra do Careón, que fai de linde na comarca coa provincia de Pontevedra cunha dirección
NE-SO ata o val do Ulla. No centro e sur unha penichaira con pequenas elevacións de formas
suaves que vai descendendo cara o val do Ulla que percorre o linde do concello polo sur,
facendo de fronteira natural con Antas de Ulla e A Golada. No nordeste os Montes de Ligonde
e unha sucesión de cumes que rematan na parroquia de Augasantas e forman unha aliñación
con dirección SE-NO e separan a conca do Ulla da do Ferreira (tributario do Miño).
Os ríos principais son o Ulla co Pambre e o Roxán, que circulan cara ao suroeste, e o Ferreira,
co Parada que circula cara ao leste.
Castelo de Pambre. Foi construído por Gonzalo Ozores de Ulloa arredor de
1375. É o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galiza. Foi
dos poucos que se salvaron da destrución nas Revoltas Irmandiñas do
1467. Está declarado Ben de Interese Cultural e convertido en museo.
As principais actividades son a gandaría (vacún de carne e leite), a agricultura e os servizos.
Os espazos naturais de maior valor atópanse na Serra do Careón (espazo protexido como LIC)
e nos canóns do Ulla e Pambre.
Acolle un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: numerosas igrexas románicas,
pazos e castelos. Polo concello de Palas de Rei pasan dúas rutas do Camiño Xacobeo: o
Camiño Francés e o Camiño do Norte.
Río Roxán. Pola súa
beira discorre un
paseo acondicionado
coñecido como “Paseo
do Colesterol”.
Igrexa de San Cibrao
de Repostería
RELEVO
Paisaxe característico da Ulloa, terras achairadas rodeadas de cumes suaves
A maior parte do territorio da comarca é unha superficie achairada resultado dunha antiga
superficie de erosicón e de bloques afundidos a distintos niveis. En toda a súa contorna está
rodeada de serras, en xeral de formas suaves, que non acadan grandes alturas.
Ao norte as estribacións do Careón e os montes de San Simón, ao leste as serras de Ligonde e
A Vacaloura, ao sur o Farelo e ao oeste o Farelo e o Careón. O cume máis alto é o Careón, con
798 m, no linde con Melide.
Picos de cuarcita e plantacións forestais entre as serras da Vacaloura e Ligonde
As rochas son moi variadas: granitos, lousas, neis, xistos, cuarcitas, serpentinas, gabros,
anfibolitas... o que, xunto coa varidedae morfolóxica, da lugar a unha gran riqueza vexetal.
Rochas graníticas nos cumes do Farelo
Vista sur do Careón desde terras de Palas de Rei
En xeral domina o mato de breixos, toxos e xestas e hai grandes superficies plantadas con
especies de repoboación, principalmente piñeiros. Nas zonas máis afastadas consérvanse
carballeiras. Na serra do Careón atópanse numerosas especies únicas adaptadas á especial
composición do solo.
A fauna é a propia dos matos con monte baixo e dos bosques; abondan os insectos, as arañas,
os paxaros, os coellos, os raposos, os miñatos...
Bidueiros xeados no inverno
Follas e landras de carballo (Quercus robur)
Distintos tipos de breixos na serra do Careón
Toxos
Herba de namorar (Armeria merinoi)
Lebre ibérica (Lepus granatensis)
Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus).
É habitual velo sobrevoar as áreas
despexadas e os cumes dos montes.
Cumes do Careón
desde Pena Armada
SERRA DO CAREÓN
Esténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de Lugo e A Coruña.
Únese polo norte aos montes do Corno do Boi e polo sur á serra do Farelo, da que a separa o
río Ulla.
É unha serra de alturas medias, coa cota máxima no Monte Careón, con 798 m. As rochas
dominantes son granitos de dúas micas e intrusivos, gneis “ollo de sapo”, xistos, e no sector
sudoeste afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas
piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...).
Nela nacen afluentes do Miño (Narla) e do Ulla (Pambre, Seco, Furelos...).
Corte de solo con
serpentinas e Santolina
melidensis, unha planta
endémica do Careón.
A Serra do Careón ten gran interese polas formacións rochosas ultrabásicas, que determinan á
súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do
solo.
Nos montes domina o mato de toxos, xestas, carqueixas e uces. Destacan o piorno espiñento
(Genista anglica) e o piorno de follas pequenas (Genista micrantha), e numerosos
endemismos.
Accedese desde Palas de Rei pola estrada que vai de Ferreira a Toques. Pódense percorrer os
cumes polas pistas do parque eólico.
Serra de Ligonde vista desde a Vacaloura
SERRA DE LIGONDE
Pequena serra con dirección NO-SE entre os concellos de Monterroso e Portomarín. As
máximas alturas son a Pena da Lebre (747 m) e a Pena do Rei (743 m).
Fai de divisoria de augas entre O Miño e o Ulla.
Accedese desde Monterroso, pola estrada a Lugo e desde Palas de Rei pola estrada de
Portomarín.
Cumes de Ligonde coroados de cuarcitas
Vista desde o cume de San Simín cara á Ulloa
MONTES DE SAN SIMÓN
Aliñación de cumes de formas suaves que se estenden con dirección NE-SO polos lindes entre
Palas de Rei e Monterroso. O cume máis alto é o San Simón, con 709 m. Están formados por
rochas moi variadas: neis “ollo de sapo”, cuarcitas, conglomerados feldespáticos...
Accedese desde a estrada de Palas de Rei a Lugo á altura do cruce que vai a Monterroso.
Desde os cumes hai unhas excelentes vistas de toda a comarca da Ulloa e Lugo.
Cume de San Cristovo, no linde entre Taboada e Monterroso
SERRA DA VACALOURA
Esténdese con dirección norte-sur facendo linde entre o concello de Monterroso e os de
Taboada (Comarca de Chantada) e Portomarín (comarca de Lugo).
É unha serra de cumes suaves coas máximas alturas no San Cristovo, con 830 m, Castelo de
Ambasvías, con 722 m, Montes de Bouzas, con 673 m e Couto de Ruxe, con 671 m. As rochas
dominantes son xistos e neis nos que se observan numerosos pregues e fallas de pequeno
tamaño. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares: comarcas de Chantada, Sarria e A
Ulloa, serras de Ancares, O Courel, Macizo Central, O Faro e O Farelo.
Accedese desde a estrada de Taboada a Lugo nun cruce no Torrón.
Cuarcitas coroando os cumes erosionados da Vacaloura
Montes da Vacaloura desde Antas de Ulla
O Farelo desde Antas de Ulla.
SERRA DO FARELO
Situada no nordeste da provincia de Pontevedra e ao suroeste da de Lugo, unida á serra do
Faro, con orientación NO-SE.
É unha sucesión de relevos suaves formada por granito de dúas micas e migmatitas na parte
norte e pelitas e migmatitas na oriental. A máxima altura é O Farelo, con 956 m. Séguenlle o
Castro de Hedra (894 m), Picolongo (768 m), Pena Picota (732 m) e Fontenla Seca (724 m).
Na vertente leste nacen varias cabeceiras do Ulla. Desde os cumes hai unhas boas vistas sobre
as serras limítrofes e as comarcas do Deza e A Ulloa. En San Fiz hai unha área con petroglifos.
Accedese desde a estrada de Lalín a Lugo, desde o Alto do Farelo, por unha pista que sobe ao
parque eólico.
Mato de toxos e breixos no Farelo
RÍOS
Pescador no Ulla. A asociación de pescadores desta comarca é unha das máis numerosas de Galiza.
A maior parte da comarca da Ulloa pertence á cunca do Ulla e só una pequena área, na
vertente leste da Serra de Ligonde e Vacaloura, verte cara ao Miño a través do río Ferreira e
os seus afluentes. En xeral os ríos teñen un discorrer maino, sen grandes desniveis. Só o Ulla
se encaixa nun tramo entre Palas de Rei e Antas de Ulla nunha área chea de rápidos e
fervenzas.
Pedras talladas polo traballo do río Ulla no seu curso alto
Bosque de ribeira no Ulla
Na contorna dos ríos consérvanse bosques de ribeira formados por salgueiros, amieiras,
bidueiros, freixos, olmos, sabugueiros, sanguiños… e una grande variedade de plantas que
viven no leito do río ou nas beiras como distintas especies de fentos e brións, oucas, pé de
boi, reina… Na fauna destaca a lontra e unha grande variedade de aves, anfibios e insectos.
O dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), o fento
máis grande das beiras dos ríos, perde as frondes
no inverno e agroma de novo na primavera.
Melampryum pratense, planta anual
semiparásita que florece en prados e bosques.
Selo de Salomón no verán
Troitas
Píntega (Salamandra salamandra, var. gallaica)
Muíño de Cumbraos, no rego do Rao (Ulla)
Arredor dos ríos conse´rvase un rico patrimonio artístico (pontes...) e etnográfico (muíños,
portos. pasos, caneiros...)
Muíño en Monterroso
Área de lecer da Peneda, en Monterroso.
RÍO ULLA
Nace no monte Picouzo, entre as parroquias de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros
(Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e
Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome ; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca
na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures. O Ulla atravesa a comarca polo sur con
dirección surleste-noroeste e cruza a Dorsal Galega entre as serras do Careón e do Farelo.
No primeiro tramo discorre mainamente para caer bruscamente no seu remate, encaixándose
nas Torrentes de Mácara. Antes de abandoar a comarca salva un desnivel de 100 m en dous
quilómetros.
Na comarca recibe pola dereita o Sirgal, Salgueiral, Bao, Ponte Vilela e Pambre. Pola esquerda
o Fadal e Pequeno.
O Ulla en Monterroso
O Ulla entre Monterroso e Antas de Ulla
Atranco e muíño no Ulla na ponte da Mercede, en Palas de Rei
Balneario de Frádegas, na actualidade abandoado.
As augas son bicarbonatado-sódicas, fluoradas e
sulfuradas e abrollan a 18ºC. Empregábanse
fundamentalmente para problemas do aparello
dixestivo e fígado e tamén para o reuma e a pel.
O Ulla en Frádegas
TORRENTAS E FERVENZAS DE MÁCARA
No lugar de Mácara, da parroquia de Ramil
(concello de Palas de Rei).
No alto Ulla hai un tramo comprendido
entre a confluencia co río Pambre e o
balneario de Frádegas onde o río forma un
canón en rochas graníticas con moitos
rápidos e pequenas fervenzas. A máis
grande é a de Mácara, duns 4 m de altura.
Pódese facer unha ruta completa a pé, río
abaixo, desde as ruínas do balneario de
Frádegas, ao que se chega desde Antas de
Ulla, seguindo o sendeiro de pescadores
que vai pola marxe dereita do río; e río
arriba desde Ramil.
Pilancóns escavados na canle do río polo
xogo entre auga e pedra.
A variación de caudal do río entre o verán e o
inverno modifica rotundamente o aspecto
das Torrentas. No inverno podemos gozar da
enerxía dun río bravo e tumultouoso e no
verán do encanto dos numerosos recunchos,
pozas e pequenas fervenzas que deixan ao
descuberto as formas traballadas polo río.
As Torrentas no verán
Curva do río no canón e castelo de Pambre
RÍO PAMBRE
É o principal afluente do Ulla na comarca. Fórmase con varios regos que baixan das serras do Careón e
Cordal de Ousá, entre os que destacan o Merlán e Roxán. Despois de 20 km de percorrido xúntase co Ulla
en Pambre, no lugar de Batán. No último tramo discorre encaixado por un profundo canón que salva en
poucos quilómetros case cen metros de desnivel.
Detalle dos rápidos no inverno
Salto e muíños no curso
alto do río Ferreira
RÍO FERREIRA
Nace en Sucastro, na Cordal de Ousá
(Augas Santas-Palas de Rei). Percorre
terras dos concellos de Palas de Rei, Friol,
Guntín e Portomarín e desemboca no
Miño no arranque do encoro de Belesar.
Na comarca recibe pola esquerda ao
Corda e Parada, e pola dereita o Camoira,
Pomeda e Irixe.
ÁRBORES
Freixos, castiñeiros, carballos e bidueiros. Na comarca da Ulloa hai numerosas masas arbóreas ocupando parcelas ou
sinalando os lindes.
Por toda a comarca da Ulloa atópanse numerosas carballeiras e soutos que forman pequenas
masas forestais entre as terras de cultivo ou nas abas das serras. A árbore máis representativa
da comarca é o carballo do país (Quercus robur) e aparece mesturada con rebolos (Quercus
pyrenaica), bidueiros, castiñeiros e acivros. Nas beiras dos ríos hai bosques de ribeira
formados por amieiras, salgueiros, freixos, olmos... Nas serras hai grandes espazos
repoboados con piñeiros e, en menor cantidade, eucaliptos. Nos xardíns dos pazos
consérvanse bos exemplares de especies ornamentais.
Carballo (Quercus robur)
ÁRBORES SENLLEIRAS
Carballo en Cabanas (Palas de Rei)
Carballo en Laia (Palas de Rei)
-4,96 m de perímetro. Carballo no castelo de Pambre (Palas de Rei)
Carballo en Chorexe (Palas de Rei) Carballo de Vilanuñe (Antas de Ulla)
-5,6 m de perímetro.
Carballo de Ligonde (Monterroso).
Atópase na área de descanso á entrada
de Ligonde, no Camiño de Santiago.
-6,50 m de perímetro
Carballo de Cumbraos (Monterroso)
- 4,50 m de perímetro.
Carballo de Cumbraos (Monterroso)
- 7 m de perímetro.
Carballo de Esporiz (Monterroso)
-4,71 m de perímetro.
Carballo de Sucastro (Monterroso)
-5,6 m de perímetro.
Castiñeiro (Castanea sativa)
Castiñeiros en Outeiro de Amoexa (Antas de Ulla)
Castiñeiro de Caldelas (Antas de Ulla)
-6,15 m de perímetro.
Castiñeiros de Santiso (Antas de Ulla)
-o máis groso mide 7 m de perímetro.
Castiñeiro en Regadío (Antas de Ulla)
-8,87 m de perímetro.
Castiñeiro de Frameán (Monterroso)
-8 m de perímetro
Castiñeiro da Igrexa de Fente (Monterroso)
-7,15 m de perímetro.
Grupo de castiñeiros na área recreativa de Carracacho en Monterroso
Castiñeiro de Filgueira
(Palas de Rei).
-7 m de perímetro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
Aparecen numerosos endemismos
típicos de terreos serpentínicos,
algunhas especies únicas desta zona:
Alyssum guitianae, Anthyllis melidiensis,
Herba de namorar (Armeria merinoi),
Asplenium adiantum nigrum var.
corunnense, Centaurea janeri susp.
gallaecia, Koeleria crassipes var. pilosa,
Santolina rosmarinifolia sups.
melidensis, Thlaspi oligospermum...
LIC SERRA DO CAREÓN
Inclúe a Serra do Careón, as Gándaras de Melide e o curso do río Furelos, 6.568 ha que nesta
comarca afecta a Palas de Rei, na aba leste do Careón.
Ten un gran interese polas características e a composicións das súas rochas. Na zona hai
afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros,
anfibolitas, xistos verdes...) que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi
especializada adaptada ás características químicas do solo.
Reina (Filipendula vulgaris),
planta rara en Galiza, asociada
aos terreos ultrabásicos.Santolina melidensis
Son roteiros que se estableceron ao longo do tempo para achegarse a Compostela. Hai
noticias de peregrinacións para visitar os restos do Apóstolo desde o século IX, aínda que a
época de maior explendor foi o século XII. Neste tempo Santiago era o máis importante
centro de peregrinacións cristiás do mundo. Ao longo do camiño atopábanse distribuídos
lugares de acollida, hospitais, hospederías... onde se atendía aos peregríns gratuitamente.
Actualmente son oito as rutas xacobeas que percorren o territorio galego.
Albergue de peregrinos
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Peregrinos na área de descanso de
Ligonde, no Camiño Francés.
Pola comarca da Ulloa pasan dúas rutas xacobeas, o Camiño Francés e o Camiño do Norte. Ao
longo do camiño atópanse importantes valores naturais e unha rica representación do
patrimonio histórico artístico e etnográfico: pontes, igrexas románicas, núcleos tradicionais,
pazos...
O Camiño Francés fixouse a partir do século IX. Iníciase na fronteira francesa e entra en Galiza polo
Cebreiro. Está declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Nesta comarca atravesa os concellos de
Monterroso e Palas de Rei. Entra pola aldea de Lameiros, continúa por Ligonde (Monterroso), segue por
Vilar de Donas, Palas de Rei, Meixide e Orosa e na serra do Careón intérnase no concello de Melide.
O Camiño do Norte entra en Galiza por Ribadeo e únese ao Camiño Francés en Melide. Atravesa o norte
do concello de Palas de Rei por Ferreira de Negral, Augas Santas e Merlán e cruza a serra do Careón polo
Couto do Hospital.
Igrexa de Merlán, no camiño do Norte Pinturas no interior da igrexa de Vilar de Donas
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
marzo 2017

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegalmonadela
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancaresmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Chamonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoiramonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 

La actualidad más candente (20)

Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Río Sil
Río SilRío Sil
Río Sil
 
Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Ortegal
Comarca OrtegalComarca Ortegal
Comarca Ortegal
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancares
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra ChaComarca: A Terra Cha
Comarca: A Terra Cha
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Serra da Faladoira
Serra da FaladoiraSerra da Faladoira
Serra da Faladoira
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 

Similar a Comarca A Ulloa

Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melidemonadela
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courelmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trivesmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 

Similar a Comarca A Ulloa (16)

Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Terra de Melide
Comarca Terra de MelideComarca Terra de Melide
Comarca Terra de Melide
 
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-CourelLIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
LIC Os Ancares-O Courel- 2-Courel
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca Terra de Trives
Comarca Terra de TrivesComarca Terra de Trives
Comarca Terra de Trives
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca A Ulloa

  • 2. da Dorsal Galega que lle fan de linde polo leste e sur. Ocupa un territorio chan resto dunha antiga superficie de erosión formada por bloques afundidos, con suaves ondulacións e moi incidido pola erosión dos ríos. Está rodeado en todo o seu contorno por serras de formas suaves e alturas que non sobrepasan os 800 m. O río principal é o Ulla que lle da nome á comarca e ten nela o seu curso alto e parte do medio. Acolle espazos de grande valor natural: a Serra do Careón, o canón do Ulla e en xeral todos os cursos dos ríos e as serras.
  • 3. SUPERFICIE: 417,9 km2 POBOACIÓN: 9.653 habitantes (2014) CONCELLOS: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei ESPAZOS PROTEXIDOS: LIC Serra do Careón
  • 4. CLIMA Oceánico continental A pesares de non ter moita altitude, no inverno as temperaturas nas terras da Ulloa baixan a miúdo dos cero graos
  • 5. ACTIVIDADES Gandaría de vacún, agricultura, sector forestal, servizos e pequenas industrias relacionadas co sector agroalimentario e a madeira. A elaboración de queixos está protexida pola Denominación de Orixe “Arzúa-Ulloa”. Serra do Farelo
  • 6. Ecomuseo Arqueixal, un exemplo de actividade de ecoturismo para poñer en valor a vida da aldea.
  • 7. PATRIMONIO O Camiño de Santiago cruza a comarca por Monterroso e Palas de Rei e en todo o seu percorrido pódense atopar importantes mostras do patrimonio histórico-artistico e etnográfico: pontes, igrexas, mosteiros, pazos... Canastro en Antas de Ulla Hórreo en Arxona (Monterroso)
  • 8. Castelo-pazo de Castro de Amarante (Antas de Ulla)
  • 9. Casa-torre de Cumbraos (Monterroso) Torre da Pena (Monterroso) casa en Verín (Antas de Ulla)
  • 10. Castelo de Pambre (Palas de Rei)
  • 11. Ponte romana sobre o río Ferreira en Ferreira
  • 12. Fonte en San Xusto de Repostería (Palas de Rei) Fonte na igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei)Fonte en Albá (Palas de Rei), cun sartego antropomorfo doble Pozo en Vilareda (Palas de Rei)
  • 13. Igrexa de Amoexa (Antas de Ulla) Igrexa de Arcos (Antas de Ulla)
  • 14. Igrexa de Olveda (Antas de Ulla) Igrexa de Peibás (Antas de Ulla)
  • 15. Igrexa de San Martiño de Amarante (Antas de Ulla) Igrexa de Vilanuñe (Antas de Ulla)
  • 16. Igrexa de Fental (Monterroso) Igrexa de Bidouredo (Monterroso)
  • 17. Igrexa de Cumbraos (Monterroso) Igrexa de Esporiz (Monterroso)
  • 18. Igrexa de Fente (Monterroso) Igrexa de Frameán (Monterroso)
  • 19. Igrexa de Lodoso (Monterroso) Igrexa de Novelúa (Monterroso)
  • 20. Igrexa de Penas (Monterroso)
  • 22. Igrexa de Tarrío (Monterroso) Igrexa de Sucastro (Monterroso)
  • 23. Igrexa de Valboa (Monterroso)
  • 24. Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei), de estilo románico e gótico, construída a partir do século XII. No interior conserva as mellores pinturas murais do románico galego. Foi mosteiro de mulleres adscrito á Orde de Santiago a finais do século XII. Declarada monumento histórico-artístico en 1931.
  • 25. Igrexa de San Cibrao de Repostería (Palas de Rei) Igrexa de San Xusto de Repostería (Palas de Rei)
  • 26. Igrexa de Berbetouros (Palas de Rei) Igrexa de Albá (Palas de Rei)
  • 27. Igrexa de Coence (Palas de Rei) Igrexa de Curvián (Palas de Rei)
  • 28. Igrexa de Ferreira (Palas de Rei) Igrexa de Fontecuberta (Palas de Rei)
  • 29. Igrexa de Marzá (Palas de Rei)
  • 30. Igrexa de Pidre (Palas de Rei) Igrexa de Meixide (Palas de Rei)
  • 31. Igrexa de Santo Tirso (Palas de Rei) Igrexa de Vilareda (Palas de Rei)
  • 32. Igrexa de San Xiao do Camiño (Palas de Rei)
  • 33. CONCELLOS SUPERFICIE: 103,53 km2 POBOACIÓN: 2.152 habitantes (2014). PARROQUIAS: Agüela, Alvidrón, Amarente (San Fiz e San Mariño), Amoexa, Antas de Ulla, Árbol, Arcos, Areas, Barreiro, Casa de Naia, Castro de Amarante (Santa Mariña e Santo Estevo), A Cervela, Cibreiro, Cutián, Dorra, Facha, Olveda, Peibás, Queixeiro, Reboredo, O Rial, Santiso, Senande, Terra Cha, Vilanuñe e Vilapoupre. Paisaxe de Antas de Ulla ANTAS DE ULLA Está situado ao sur da comarca lindando con Taboada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). O territorio ten dúas zonas diferenciadas. Ao leste e sur as serras da Dorsal (Serra do Farelo) cos cumes de O Farelo, con 956 m, o máis alto do concello e da comarca, Castro de Hedra, Pena Picota, Picolongo e Fontenla Seca. O resto é unha penichaira de formas suaves con altitudes entre 200 e 500 m. O río máis importante é o Ulla que fai de linde no leste e norte cos concellos de Chantada e Palas de Rei e recibe numerosos afluentes pola marxe esquerda: Ribeiro, Fadal, Pequeno, Peizal...
  • 34. As principais actividades son a gandaría (vacún) e a agricultura. Os lugares de interese natural atópanse nas serras e no percorrido dos ríos. Ten un rico patrimonio cultural no que destacan o pazo de Torre Penela (Santa Mariña do Castro de Amarante) e as igrexas románicas de Amoexa, Alvidrón e Arcos. Hórreo en Peibás Igrexa románica de Amoexa Detalle do encintado da igrexa románica de Alvidrón
  • 35. SUPERFICIE: 114,52 km2 POBOACIÓN: 3.601 habitantes (2015). PARROQUIAS: Arada, Bidouredo, O Bispo, Cumbraos, Esporiz, Fente, Os Ferreiros, Frameán, Fufín, Lavandelo, Leborei, Ligonde, Lodoso, Marzán, Milleirós, Novelúa, Pedraza, Penas, Pol, Salgueiros, San Breixo, Satrexas, Sirgal, Sucastro, Tarrío, Valboa, Vilanova e Viloíde. Vista de Monterroso desde o monte de San Cristovo, na serra da Vacaloura MONTERROSO Está situado ao leste da comarca. O territorio está formado por unha ampla penichaira, máis elevada cara ao leste onde acada unha altitude media de 600-750 m. Ao leste atópanse as serras da Vacaloura, coa máxima altura no San Cristovo (830 m). A serra de Ligonde atravesa a zona norte, de SE a NO, separando as cuncas do Ulla e do Miño, e ten a máxima altura na Pena da Lebre, con 750 m. O río Ulla fai de linde polo sur e oeste coas terras de Antas de Ulla e recibe pola dereita o Sirgal e o Rao. Polo norte discorre, no seu tramo alto, o río Irixe, afluente do Ferreira, da cunca do Miño.
  • 36. As principais actividades son a agandaría (vacún), a agricultura e os servizos. Ten importantes valores naturais asociados ás serras e ao rio Ulla e conserva boas masas de carballos e castiñeiros. O Camiño de Santiago cruza o norte do concello procedente de Portomarín. En canto ao patrimonio histórico-artístico destacan as igrexas románicas de Novelúa e Santa María de Tarrío. Feira de Monterroso. A vila de Monterroso é un importante centro feiral comarcal. A feira máis destacada é a de Santos. Cruceiro de Ligonde
  • 37. SUPERFICIE: 199,6 km2 POBOACIÓN: 3.900 habitantes (2014). PARROQUIAS: Albá, Ambreixo, Augas Santas, Berbetouros, Cabana, O Carballal (San Mamede e San Sebastián), Carteire, Coence (San Mamede e San Miguel), Covelo, Cuíña, Curbián, Felpós, Ferreira de Negral, Filgueira, Fontecuberta, Laia, Lestedo, Maceda, Marzá, O Mato, Meixide, Merlán, Moredo, Mosteiro de Devesa, Orosa, Palas de Rei, Pambre, Pidre, A Puxeda, Quindimil, Ramil, Remonde, Repostería (San Cibrao e San Xusto), Ribeira, Salaia, San Breixo, San Xiao do Camiño, Ulloa, Vilar de Donas e Vilareda. PALAS DE REI Ocupa a zona norte da comarca. O territorio é moi irregular e divídese en tres zonas. Ao leste a serra do Careón, que fai de linde na comarca coa provincia de Pontevedra cunha dirección NE-SO ata o val do Ulla. No centro e sur unha penichaira con pequenas elevacións de formas suaves que vai descendendo cara o val do Ulla que percorre o linde do concello polo sur, facendo de fronteira natural con Antas de Ulla e A Golada. No nordeste os Montes de Ligonde e unha sucesión de cumes que rematan na parroquia de Augasantas e forman unha aliñación con dirección SE-NO e separan a conca do Ulla da do Ferreira (tributario do Miño). Os ríos principais son o Ulla co Pambre e o Roxán, que circulan cara ao suroeste, e o Ferreira, co Parada que circula cara ao leste. Castelo de Pambre. Foi construído por Gonzalo Ozores de Ulloa arredor de 1375. É o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galiza. Foi dos poucos que se salvaron da destrución nas Revoltas Irmandiñas do 1467. Está declarado Ben de Interese Cultural e convertido en museo.
  • 38. As principais actividades son a gandaría (vacún de carne e leite), a agricultura e os servizos. Os espazos naturais de maior valor atópanse na Serra do Careón (espazo protexido como LIC) e nos canóns do Ulla e Pambre. Acolle un rico patrimonio etnográfico e histórico-artístico: numerosas igrexas románicas, pazos e castelos. Polo concello de Palas de Rei pasan dúas rutas do Camiño Xacobeo: o Camiño Francés e o Camiño do Norte. Río Roxán. Pola súa beira discorre un paseo acondicionado coñecido como “Paseo do Colesterol”. Igrexa de San Cibrao de Repostería
  • 39. RELEVO Paisaxe característico da Ulloa, terras achairadas rodeadas de cumes suaves A maior parte do territorio da comarca é unha superficie achairada resultado dunha antiga superficie de erosicón e de bloques afundidos a distintos niveis. En toda a súa contorna está rodeada de serras, en xeral de formas suaves, que non acadan grandes alturas. Ao norte as estribacións do Careón e os montes de San Simón, ao leste as serras de Ligonde e A Vacaloura, ao sur o Farelo e ao oeste o Farelo e o Careón. O cume máis alto é o Careón, con 798 m, no linde con Melide.
  • 40. Picos de cuarcita e plantacións forestais entre as serras da Vacaloura e Ligonde As rochas son moi variadas: granitos, lousas, neis, xistos, cuarcitas, serpentinas, gabros, anfibolitas... o que, xunto coa varidedae morfolóxica, da lugar a unha gran riqueza vexetal.
  • 41. Rochas graníticas nos cumes do Farelo
  • 42. Vista sur do Careón desde terras de Palas de Rei En xeral domina o mato de breixos, toxos e xestas e hai grandes superficies plantadas con especies de repoboación, principalmente piñeiros. Nas zonas máis afastadas consérvanse carballeiras. Na serra do Careón atópanse numerosas especies únicas adaptadas á especial composición do solo. A fauna é a propia dos matos con monte baixo e dos bosques; abondan os insectos, as arañas, os paxaros, os coellos, os raposos, os miñatos...
  • 43. Bidueiros xeados no inverno Follas e landras de carballo (Quercus robur)
  • 44. Distintos tipos de breixos na serra do Careón
  • 45. Toxos Herba de namorar (Armeria merinoi)
  • 46. Lebre ibérica (Lepus granatensis) Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus). É habitual velo sobrevoar as áreas despexadas e os cumes dos montes.
  • 47. Cumes do Careón desde Pena Armada SERRA DO CAREÓN Esténdese, con orientación N-S, facendo de linde entre as provincias de Lugo e A Coruña. Únese polo norte aos montes do Corno do Boi e polo sur á serra do Farelo, da que a separa o río Ulla. É unha serra de alturas medias, coa cota máxima no Monte Careón, con 798 m. As rochas dominantes son granitos de dúas micas e intrusivos, gneis “ollo de sapo”, xistos, e no sector sudoeste afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...). Nela nacen afluentes do Miño (Narla) e do Ulla (Pambre, Seco, Furelos...).
  • 48.
  • 49. Corte de solo con serpentinas e Santolina melidensis, unha planta endémica do Careón. A Serra do Careón ten gran interese polas formacións rochosas ultrabásicas, que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo. Nos montes domina o mato de toxos, xestas, carqueixas e uces. Destacan o piorno espiñento (Genista anglica) e o piorno de follas pequenas (Genista micrantha), e numerosos endemismos. Accedese desde Palas de Rei pola estrada que vai de Ferreira a Toques. Pódense percorrer os cumes polas pistas do parque eólico.
  • 50. Serra de Ligonde vista desde a Vacaloura SERRA DE LIGONDE Pequena serra con dirección NO-SE entre os concellos de Monterroso e Portomarín. As máximas alturas son a Pena da Lebre (747 m) e a Pena do Rei (743 m). Fai de divisoria de augas entre O Miño e o Ulla. Accedese desde Monterroso, pola estrada a Lugo e desde Palas de Rei pola estrada de Portomarín.
  • 51. Cumes de Ligonde coroados de cuarcitas
  • 52. Vista desde o cume de San Simín cara á Ulloa MONTES DE SAN SIMÓN Aliñación de cumes de formas suaves que se estenden con dirección NE-SO polos lindes entre Palas de Rei e Monterroso. O cume máis alto é o San Simón, con 709 m. Están formados por rochas moi variadas: neis “ollo de sapo”, cuarcitas, conglomerados feldespáticos... Accedese desde a estrada de Palas de Rei a Lugo á altura do cruce que vai a Monterroso. Desde os cumes hai unhas excelentes vistas de toda a comarca da Ulloa e Lugo.
  • 53. Cume de San Cristovo, no linde entre Taboada e Monterroso SERRA DA VACALOURA Esténdese con dirección norte-sur facendo linde entre o concello de Monterroso e os de Taboada (Comarca de Chantada) e Portomarín (comarca de Lugo). É unha serra de cumes suaves coas máximas alturas no San Cristovo, con 830 m, Castelo de Ambasvías, con 722 m, Montes de Bouzas, con 673 m e Couto de Ruxe, con 671 m. As rochas dominantes son xistos e neis nos que se observan numerosos pregues e fallas de pequeno tamaño. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares: comarcas de Chantada, Sarria e A Ulloa, serras de Ancares, O Courel, Macizo Central, O Faro e O Farelo. Accedese desde a estrada de Taboada a Lugo nun cruce no Torrón.
  • 54. Cuarcitas coroando os cumes erosionados da Vacaloura
  • 55. Montes da Vacaloura desde Antas de Ulla
  • 56. O Farelo desde Antas de Ulla. SERRA DO FARELO Situada no nordeste da provincia de Pontevedra e ao suroeste da de Lugo, unida á serra do Faro, con orientación NO-SE. É unha sucesión de relevos suaves formada por granito de dúas micas e migmatitas na parte norte e pelitas e migmatitas na oriental. A máxima altura é O Farelo, con 956 m. Séguenlle o Castro de Hedra (894 m), Picolongo (768 m), Pena Picota (732 m) e Fontenla Seca (724 m). Na vertente leste nacen varias cabeceiras do Ulla. Desde os cumes hai unhas boas vistas sobre as serras limítrofes e as comarcas do Deza e A Ulloa. En San Fiz hai unha área con petroglifos. Accedese desde a estrada de Lalín a Lugo, desde o Alto do Farelo, por unha pista que sobe ao parque eólico.
  • 57. Mato de toxos e breixos no Farelo
  • 58. RÍOS Pescador no Ulla. A asociación de pescadores desta comarca é unha das máis numerosas de Galiza. A maior parte da comarca da Ulloa pertence á cunca do Ulla e só una pequena área, na vertente leste da Serra de Ligonde e Vacaloura, verte cara ao Miño a través do río Ferreira e os seus afluentes. En xeral os ríos teñen un discorrer maino, sen grandes desniveis. Só o Ulla se encaixa nun tramo entre Palas de Rei e Antas de Ulla nunha área chea de rápidos e fervenzas.
  • 59. Pedras talladas polo traballo do río Ulla no seu curso alto
  • 60. Bosque de ribeira no Ulla Na contorna dos ríos consérvanse bosques de ribeira formados por salgueiros, amieiras, bidueiros, freixos, olmos, sabugueiros, sanguiños… e una grande variedade de plantas que viven no leito do río ou nas beiras como distintas especies de fentos e brións, oucas, pé de boi, reina… Na fauna destaca a lontra e unha grande variedade de aves, anfibios e insectos.
  • 61. O dentabrú ou palla real (Osmunda regalis), o fento máis grande das beiras dos ríos, perde as frondes no inverno e agroma de novo na primavera. Melampryum pratense, planta anual semiparásita que florece en prados e bosques. Selo de Salomón no verán
  • 63. Muíño de Cumbraos, no rego do Rao (Ulla) Arredor dos ríos conse´rvase un rico patrimonio artístico (pontes...) e etnográfico (muíños, portos. pasos, caneiros...) Muíño en Monterroso
  • 64. Área de lecer da Peneda, en Monterroso. RÍO ULLA Nace no monte Picouzo, entre as parroquias de Ansar (Taboada), Viloide e Os Ferreiros (Monterroso) e Olveda (Antas de Ulla) e forman as súas cabeceiras o Sucastro, Ribeira e Ermida. Percorre varias comarcas, ás que lle da nome ; a Ulloa, a Ulla e o Ullán e desemboca na ría de Arousa, entre Padrón e Pontecesures. O Ulla atravesa a comarca polo sur con dirección surleste-noroeste e cruza a Dorsal Galega entre as serras do Careón e do Farelo. No primeiro tramo discorre mainamente para caer bruscamente no seu remate, encaixándose nas Torrentes de Mácara. Antes de abandoar a comarca salva un desnivel de 100 m en dous quilómetros. Na comarca recibe pola dereita o Sirgal, Salgueiral, Bao, Ponte Vilela e Pambre. Pola esquerda o Fadal e Pequeno.
  • 65. O Ulla en Monterroso
  • 66. O Ulla entre Monterroso e Antas de Ulla
  • 67. Atranco e muíño no Ulla na ponte da Mercede, en Palas de Rei
  • 68. Balneario de Frádegas, na actualidade abandoado. As augas son bicarbonatado-sódicas, fluoradas e sulfuradas e abrollan a 18ºC. Empregábanse fundamentalmente para problemas do aparello dixestivo e fígado e tamén para o reuma e a pel. O Ulla en Frádegas
  • 69. TORRENTAS E FERVENZAS DE MÁCARA No lugar de Mácara, da parroquia de Ramil (concello de Palas de Rei). No alto Ulla hai un tramo comprendido entre a confluencia co río Pambre e o balneario de Frádegas onde o río forma un canón en rochas graníticas con moitos rápidos e pequenas fervenzas. A máis grande é a de Mácara, duns 4 m de altura. Pódese facer unha ruta completa a pé, río abaixo, desde as ruínas do balneario de Frádegas, ao que se chega desde Antas de Ulla, seguindo o sendeiro de pescadores que vai pola marxe dereita do río; e río arriba desde Ramil. Pilancóns escavados na canle do río polo xogo entre auga e pedra.
  • 70. A variación de caudal do río entre o verán e o inverno modifica rotundamente o aspecto das Torrentas. No inverno podemos gozar da enerxía dun río bravo e tumultouoso e no verán do encanto dos numerosos recunchos, pozas e pequenas fervenzas que deixan ao descuberto as formas traballadas polo río.
  • 71. As Torrentas no verán
  • 72. Curva do río no canón e castelo de Pambre RÍO PAMBRE É o principal afluente do Ulla na comarca. Fórmase con varios regos que baixan das serras do Careón e Cordal de Ousá, entre os que destacan o Merlán e Roxán. Despois de 20 km de percorrido xúntase co Ulla en Pambre, no lugar de Batán. No último tramo discorre encaixado por un profundo canón que salva en poucos quilómetros case cen metros de desnivel.
  • 73. Detalle dos rápidos no inverno
  • 74. Salto e muíños no curso alto do río Ferreira RÍO FERREIRA Nace en Sucastro, na Cordal de Ousá (Augas Santas-Palas de Rei). Percorre terras dos concellos de Palas de Rei, Friol, Guntín e Portomarín e desemboca no Miño no arranque do encoro de Belesar. Na comarca recibe pola esquerda ao Corda e Parada, e pola dereita o Camoira, Pomeda e Irixe.
  • 75. ÁRBORES Freixos, castiñeiros, carballos e bidueiros. Na comarca da Ulloa hai numerosas masas arbóreas ocupando parcelas ou sinalando os lindes. Por toda a comarca da Ulloa atópanse numerosas carballeiras e soutos que forman pequenas masas forestais entre as terras de cultivo ou nas abas das serras. A árbore máis representativa da comarca é o carballo do país (Quercus robur) e aparece mesturada con rebolos (Quercus pyrenaica), bidueiros, castiñeiros e acivros. Nas beiras dos ríos hai bosques de ribeira formados por amieiras, salgueiros, freixos, olmos... Nas serras hai grandes espazos repoboados con piñeiros e, en menor cantidade, eucaliptos. Nos xardíns dos pazos consérvanse bos exemplares de especies ornamentais.
  • 76. Carballo (Quercus robur) ÁRBORES SENLLEIRAS Carballo en Cabanas (Palas de Rei)
  • 77. Carballo en Laia (Palas de Rei) -4,96 m de perímetro. Carballo no castelo de Pambre (Palas de Rei)
  • 78. Carballo en Chorexe (Palas de Rei) Carballo de Vilanuñe (Antas de Ulla) -5,6 m de perímetro.
  • 79. Carballo de Ligonde (Monterroso). Atópase na área de descanso á entrada de Ligonde, no Camiño de Santiago. -6,50 m de perímetro
  • 80. Carballo de Cumbraos (Monterroso) - 4,50 m de perímetro. Carballo de Cumbraos (Monterroso) - 7 m de perímetro.
  • 81. Carballo de Esporiz (Monterroso) -4,71 m de perímetro. Carballo de Sucastro (Monterroso) -5,6 m de perímetro.
  • 82. Castiñeiro (Castanea sativa) Castiñeiros en Outeiro de Amoexa (Antas de Ulla)
  • 83. Castiñeiro de Caldelas (Antas de Ulla) -6,15 m de perímetro. Castiñeiros de Santiso (Antas de Ulla) -o máis groso mide 7 m de perímetro.
  • 84. Castiñeiro en Regadío (Antas de Ulla) -8,87 m de perímetro.
  • 85. Castiñeiro de Frameán (Monterroso) -8 m de perímetro Castiñeiro da Igrexa de Fente (Monterroso) -7,15 m de perímetro.
  • 86. Grupo de castiñeiros na área recreativa de Carracacho en Monterroso
  • 87. Castiñeiro de Filgueira (Palas de Rei). -7 m de perímetro.
  • 88. ESPAZOS PROTEXIDOS Aparecen numerosos endemismos típicos de terreos serpentínicos, algunhas especies únicas desta zona: Alyssum guitianae, Anthyllis melidiensis, Herba de namorar (Armeria merinoi), Asplenium adiantum nigrum var. corunnense, Centaurea janeri susp. gallaecia, Koeleria crassipes var. pilosa, Santolina rosmarinifolia sups. melidensis, Thlaspi oligospermum... LIC SERRA DO CAREÓN Inclúe a Serra do Careón, as Gándaras de Melide e o curso do río Furelos, 6.568 ha que nesta comarca afecta a Palas de Rei, na aba leste do Careón. Ten un gran interese polas características e a composicións das súas rochas. Na zona hai afloramentos de rochas ultrabásicas (serpentinitas, peridotitas, granulitas piroxénicas, gabros, anfibolitas, xistos verdes...) que determinan á súa vez a presenza dunha flora moi especializada adaptada ás características químicas do solo. Reina (Filipendula vulgaris), planta rara en Galiza, asociada aos terreos ultrabásicos.Santolina melidensis
  • 89. Son roteiros que se estableceron ao longo do tempo para achegarse a Compostela. Hai noticias de peregrinacións para visitar os restos do Apóstolo desde o século IX, aínda que a época de maior explendor foi o século XII. Neste tempo Santiago era o máis importante centro de peregrinacións cristiás do mundo. Ao longo do camiño atopábanse distribuídos lugares de acollida, hospitais, hospederías... onde se atendía aos peregríns gratuitamente. Actualmente son oito as rutas xacobeas que percorren o territorio galego. Albergue de peregrinos O CAMIÑO DE SANTIAGO Peregrinos na área de descanso de Ligonde, no Camiño Francés.
  • 90. Pola comarca da Ulloa pasan dúas rutas xacobeas, o Camiño Francés e o Camiño do Norte. Ao longo do camiño atópanse importantes valores naturais e unha rica representación do patrimonio histórico artístico e etnográfico: pontes, igrexas románicas, núcleos tradicionais, pazos... O Camiño Francés fixouse a partir do século IX. Iníciase na fronteira francesa e entra en Galiza polo Cebreiro. Está declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Nesta comarca atravesa os concellos de Monterroso e Palas de Rei. Entra pola aldea de Lameiros, continúa por Ligonde (Monterroso), segue por Vilar de Donas, Palas de Rei, Meixide e Orosa e na serra do Careón intérnase no concello de Melide. O Camiño do Norte entra en Galiza por Ribadeo e únese ao Camiño Francés en Melide. Atravesa o norte do concello de Palas de Rei por Ferreira de Negral, Augas Santas e Merlán e cruza a serra do Careón polo Couto do Hospital. Igrexa de Merlán, no camiño do Norte Pinturas no interior da igrexa de Vilar de Donas
  • 91. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta marzo 2017