SlideShare a Scribd company logo
1 of 117
TERRA DE LEMOS
A NATUREZA
A comarca de Terra de Lemos está situada no sur da Provincia de Lugo, entre os vales dos ríos
Miño e Sil e os contrafortes do Courel. No territorio distínguense varias unidades con
diferenzas de releve e climáticas. As serras do leste, no linde co Courel, onde se atopan as
maiores alturas, con clima oceánico de montaña. A despresión de Lemos, no centro, cunha
altitude media de 300 a 400 m, con clima oceánico continental. Os restos da chamada
superficie de erosión de Chantada, nos rebordo dos vales do Miño e Sil, cunha altitude media
de 500 a 700 m, cun clima oceánico de transición. Os canóns do Miño e Sil con altitudes de
100 a 200 m nos cursos dos ríos, e clima oceánico mediterráneo.
Esta diversidade morfolóxica e climática da lugar a unha grande variedade de ecosistemas con
especies atlánticas e mediterráneas e a paisaxes dun grande interese.
Monforte
SUPERFICIE:
940,4 km2
POBOACIÓN:
31.590 habitantes
CONCELLOS:
Bóveda, Monforte
de Lemos, Pantón,
A Pobra do Brollón,
O Saviñao e Sober.
ESPAZOS
PROTEXIDOS:
LICs “Canón do Sil”,
“Río Cabe” e
“Ancares Courel”.
CLIMA
A grande variedade morfolóxica, altitudinal e de orientación da lugar a climas diversos: clima
oceánico de montaña nas serras; oceánico continental na depresión de Monforte; oceánico
mediterráneo nos vales dos ríos Miño e Sil.
A Serra da Trapa e a depresión de Monforte cuberta
de néboa nunha mañán de inverno.
ACTIVIDADES
As actividades fundamentais son os servizos, a agricultura (destaca o cultivo das vides da
Denominación de Orixe Ribeira Sacra) e a industria.
Viñedos en Sober
PATRIMONIO
É unha comarca que acolle unha gran riqueza patrimonial con importantes mostras histórico-
artísticas (mosteiros, igrexas, castelos, pazos...) e etnográficas.
Torre medieval da fortaleza dos
condes de Lemos en Monforte.
Torre da Candaira (Rebordaos, O Saviñao)
Torre de Marce (Vilar de Ortelle). Formaba parte dunha grande fortificación medieval.
Muíño da Casa da Marquesa, no río Lor (Barxa de Lor. A Pobra do Brollón)
Sartegos antropomorfos do Preguntoiro (Pombeiro, Pantón)
Hórreo en Cibrisqueiros
(Pombeiro, Pantón)
Igrexa de Baamorto (Monforte)
Igrexa de Valverde (Monforte)
Igrexa de Ribas Altas (Monforte)
A RIBEIRA SACRA
Parte desta comarca está incluída na Ribeira Sacra, unha área situada nos canóns do Sil e do
Miño.
O nome de Ribeira Sacra probablemente ven da Idade Media, e podería ter a súa orixe na grande
cantidade de mosteiros e templos que se construíron nos canóns e escarpadas abas. Nesta comarca: San
Vitorio de Ribas de Miño, Diomondi, Santo Estevo de Ribas de Miño, A Cova... (O Saviñao); Eiré, Atán, San
Fiz de Cangas, Pombeiro, Ferreira... (Pantón); As Cadeiras, Bolmente, Lobio, Pinol, Proendos... (Sober).
San Vitorio de Ribas de Miño (O Saviñao)
Santo Etevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
Santuario de Guadalupe (San Vitorio de Ribas de Miño)
Recentemente (1997) descubreuse no lugar de O Cotillón (San Román de Acedre-Pantón) unha capela
excavada na rocha que estaba empregada como adega. Crese que foi un dos primeiros eremitorios da
Ribeira Sacra, da época altomedieval. Ten forma de cruz grega, con espazos de oración e vivenda. As
paredes están decoradas con grabados feitos na rocha.
http://patrimoniogalego.net/index.php/88415/2
016/08/eremitorio-de-o-cotillon/
A Cova (O Saviñao)
Diomondi (O Saviñao)
Eiré (Pantón)
Santo Estevo de Atán (Pantón)
San Vicenzo de Pombeiro (Pantón)
Pinturas murais en San Vicenzo
de Pombeiro (Pantón)
San Fiz de Cangas (Pantón)
Mosteiro de Ferreira de Pantón (Pantón)
Santuario de Augas Santas (Pantón)
Proendos (Sober)
Pinol (Sober)
Lobios (Sober)
CONCELLOS
SUPERFICIE:
91,07 km2
POBOACIÓN:
1.571 habitantes
(2014)
PARROQUIAS:
Bóveda, Freituxe,
Guntín, Martín,
Mosteiro, Remesar,
Ribas Pequenas,
Rubián (Santiago e
San Fiz), Teilán,
Tuimil, Ver, Vilalpape
e Vilarbuxán.
Bóbeda e a serra das Penas desde a serra da Trapa
BÓVEDA
Está situado ao norte da comarca, no rebordo montañoso da depresión de Monforte. Ocupa
unha extensión de e tén arredor de distrubuídos nas parroquias de O territorio é de releve
irregular, de transición entre a chaira de Monforte e os cumes que a rodean: serra das Penas
no norte e oeste e serra de Pedrouzos no sur. As máximas alturas atópanse no oeste, no
monte Couso, con 689 m.
Muíño no río Mao en
Ribas Pequenas
É un concello eminentemente rural onde os
principais recursos son a agrogadaría, os
servizos e pequenas industrias asociadas
aos recursos (madeira, cerámica...).
Os espazos de maior interese natural
atópanse nas beiras dos ríos Mao e os seus
afluentes Teilán-Penacova e Nocedo.
No aspecto histórico-astístico destaca os
pazos de Bóveda e Ver e as igrexas de Rubiá
(San Fiz e Santiago).
Ferrería de Penacova
SUPERFICIE: 199,44 km2
POBOACIÓN: 19.061 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
Baamorto, Bascós, Caneda, O
Chao do Fabeiro, Chavaga,
Distriz, Fiolleda, Gullade,
Guntín, Marcelle, Monforte de
Lemos, Moreda, As Nocedas, A
Parte, A Penela, Piñeira,
Reigada, Ribas
Altas, Rozavales, San Xillao de
Tor, Santa Mariña do
Monte, Seoane, Sindrán, Tor,
Valverde, A Vide, Vilamarín.
Vista do convento da Compañía co monte de San Vicente do Pino ao
fondo, no que se atopa a Torre dos Condes de Lemos e o convento de
San Vicente, na actualidade Parador de Turismo.
MONFORTE DE LEMOS
Está situado no centro da comarca. O principal núcleo de poboación é Monforte (segunda
cidade da provincia de Lugo), capital do concello e da comarca, onde se concentran a maior
parte dos servizos e das actividades comerciais e industriais.
O releve é maiormente chan. A depresión de Monforte ocupa a maior parte do territorio do
concello, cunha altitude de 300 a 400 m, percorrida no centro polo río Cabe e parte do curso
dos seus afluentes Mao e Cinsa. O Sil linda co concello polo sur. Os cumes máis importantes
atópanse no sur (Bidual, con 813 m, e Serra de Auga Levada), onde descende bruscamente
cara ao canón do Sil; no leste, no linde con A Pobra do Brollón (Moncai, con 531 m); e no
noroeste (san Cristovo, con 618 m), no linde con Bóveda e O Saviñao.
Monforte foi sempre un importante no
de comunicacións ferroviarias e por
estrada. Noutros tempos tiveron gran
importancia as actividades asociadas
ao ferrocarril. Na actualidade os
antigos obradoiro de Renfe están
convertidos nun museo onde se poden
visitar trens e máquinas de diferentes
épocas.
As principais actividades son os servizos, o
comercio, a industria a agricultura
(especialmente o cultivo do viñedo) e a
gandaría.
Os principais valores naturais atópanse no
Canón do Sil e no val do Cabe (protexido como
LIC).
É un concello que acolle un importante
patrimonio histórico artístico: castelo dos
Condes de Lemos, conventos de San Vicente
do Pino e A Compañía, igrexas románicas,
pazos...
Torre medieval da fortaleza dos condes de
Lemos no cume do monte de San Vicente do
Pino, un expléndido miradoiro sobre a
cidade e a comarca de Lemos.
SUPERFICIE: 143,18 km2
POBOACIÓN: 2.708
habitantes (2014)
PARROQUIAS: Acedre, Atán,
Cangas, Castillón, Deade
Eiré Espasantes, Ferreira de
Pantón, Frontón, Mañente,
Moreda, Pantón, Pombeiro,
Ribeiras de Miño, San Fiz de
Cangas, San Vicente de
Castillón, Santalla de Toiriz,
Santo Estevo do Mato,
Següín, Serode, Siós, Toiriz,
Toldaos, Tribás, Vilamelle,
Vilar de Ortelle.
Vides no canón do Miño
PANTÓN
Está situado ao suroeste da comarca rodeado polos ríos Miño, ao oeste, Sil, ao sur, e Cabe, ao
leste.
A capital do concello é O Castro de Ferreira, na parroquia de Ferreira de Pantón.
O releve do territorio está diferenciazo en tres zonas: unha parte chan situada ao leste, na
depresión de Monforte, cunha altitude media de 300 a 400 m; unha superficie de
palanamento de 500 a 600 m de altitude, e os canóns dos ríos, de paredes con grandes
desniveis. As alturas máis destacadas están situadas ao sur, oeste e norte: Montes de San
Paio, co Penapombeiro (707 m); Ortelle (675 m ), San Cibrán (571 m) e Castillón (659).
San Fiz de Cangas, mosteiro de monxas
benedictinas de orixe visigótica.
Pantón forma parte da comarca coñecida como
Ribera Sacra pola gran cantidade de igrexas e
mosteiros que acolle, entre as que destacan San
Salvador de Ferreira de Pantón, San Fiz de Cangas,
San Miguel de Eiré, San Estevo de Atán e San
Vicente de Pombeiro.
As principais actividades son a agricultura, es especial o cultivo da vide da D.O Ribeira Sacra
(máis de 600 hectáreas), a gandaría, os servizos e a industria.
É unha comarca con grandes valores naturais asociados aos canóns do Miño, Sil e Cabe onde
se atopa unha paisaxe espectacular cunha gran biodiversidade. Parte do territorio está
protexido nos LICs Canón do Sil e Río Cabe.
Acolle un importante patrimonio histórico-artístico: castros, mámoas, restos romanos,
prerrománicos e románicos, pazos, casas...
San Miguel de Eiré, “O Mosteiro”, de monxas
benedictinas fundado a comezos do século XII.
SUPERFICIE: 176,65 km2
POBOACIÓN: 1.794
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Abrence,
Barxa de Lor, Canedo,
Castroncelos, Castrosante,
Cereixa, Eixón, Ferreiros,
A Ferreirúa, Fornelas,
Lamaigrexa, Liñares,
Óutara, Parada dos Montes,
Pinel, Piño, A Pobra do
Brollón, Saa, Salcedo,
Santalla de Rei, Veiga e
Vilachá. Paisaxe da Pobra de Brollón desde a serra da Trapa.
A POBRA DE BROLLÓN
Está situada ao leste da comarca lindando co Courel. É un concello eminentemente rural con
pequenos núcleos de poboación. No territorio diferéncianse tres zonas. Ao leste e norte
sitúanse as máximas alturas, na serra da Trapa (Legua, con 2304 m) e Auga Levada (881 m).
No oeste parte da Depresión de Lemos e no sur unha superficie de erosicón que cae
bruscamente cara ao canón do Sil.
A rede fluvial é moi ampla. No sur un pequeno tramo do Sil, encaixado no Canón, ao leste o
Lor, no linde con Quiroga e O Courel e ao norte e leste o Cabe co seu afluente o Saa, que
atrevesa o concello de leste ao oeste.
A Pobra de Brollón desde a estación de
tren. Ao fondo a serra da Trapa.
As principais actividades son agricultura
(destaca o cultivo de viñedos no Canón do
Sil), a gandaría, as explotacións forestais e os
servizos.
Acolle importantes valores naturais e
paisaxísticos no entorno dos ríos e nas
serras. Parte do concello forma parte dos
LICs “Ancares Courel” e “Río Cabe”.
Ponte sobre o río
Saa en Saa.
SUPERFICIE: 297 km2
POBOACIÓN: 4.056 habitantes
(2015)
PARROQUIAS:
Abuíme, A Broza, Chave, A Cova,
Diomondi, Eirexafeita, Fión,
Freán, A Laxe, Louredo,
Marrube, Mourelos, Ousende,
Piñeiró, Rebordaos, Reiriz,
Rosende, San Vitorio de Ribas
de Miño, Santo Estevo de Ribas
de Miño, Segán, Deteventos,
Sobreda, Vilacaíz, Vilaesteva,
Vilasante, Vilatán, Vilelos,
Xuvencos.
Socalcos nas paredes do canón do Miño no encoro de Belesar
O SAVIÑAO
Está situado ao oeste da comarca lindandon co canón do Miño. A capital municipal está en
Escairón, o principal núcleo de poboación.
O territorio en xeral é de releve chan. Está integrado en grande parte na superficie de
aplanamento de Chantada e está repartido en dous niveis con altitudes de 600-700 m no
centro do concello, e 400-600 m no oeste, cunha caída brusca cara ao Miño. O cume máis alto
é o San Antonio, con 690 m. Os ríos principais son o Miño, que percorre o linde oeste do
concello de norte a sur nun val encaixado, e os seus afluentes que discorren con dirección E-
O: Zancoia, Pez, Sardiñeira e Saviñao.
San Estevo de Ribas de Miño, mosteiro románico do
século XII. Desde o adro da igrexa hai unhas vistas
espectaculares sobre o canón do Miño.
As actividades máis destacadas son agricultura (en especial os viñedos, acoollidos á
Denominación de Orixe Ribeira Sacra), a gandaría e os servizos.
Os lugares de maior interese natural sitúanse na ribeira do Miño, pola que se poden facer
varias rutas que percorren lugares con vistas panorámicas e cunha variada flora e fauna.
Acolle un rico e variado patrimonio histórico artístico de todas as épocas: mámoas e castros,
restos romanos, igrexas románicas e barrocas, castelos, pazos...
Detalle dunha porta lateral da igrexa
de San Paio de Diomondi, románica
do século XII.
SUPERFICIE: 133,28 km2
POBOACIÓN: 2.400
habitantes (2015)
PARROQUIAS: Amandi,
Anllo (San Martiño e Santo
Estevo), Arroxo, Barantes,
Bolmente, Brosmos, Bulso,
Canaval, Doade, Figueiroá,
Gundivós, Liñarán, Lobios,
Millán, Neiras, Pinol,
Proendos, Refoxo, Rosende,
Santiorxo e Vilaescura.
Socalcos canón do Sil
SOBER
Está situado no centro-sur da comarca, lindando co val do Sil, ao sur e co Cabe ao oeste.
No releve distínguense tres zonas. Ao norte forma parte da depresión de Lemos, no centro é
unha superficie de aplanamento e ao sur e leste os profundos canóns dos ríos Sil e Cabe, con
paredes con grandes desniveis. O cume máis alto é o Bidual, con 813 m, no linde co concello
de Monforte.
Os ríos máis importantes son o Sil, que rodea todo o concello polo sur, e o Cabe que o limita
polo oeste, co sue afluente o Sande.
Santuario das Cadeiras (Pinol) sobre a
beira da penichaira no canón do Sil.
As principais actividades son a agricultura, industrias relacionadas co agro (adegas) e os
servizos. Nos socalcos do val do Sil e do Cabe cultívanse viñedo acollidos á Denomización de
Orixe Protexida Ribeira Sacra. Varias parroquias (Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo,
Bolmente e parte das de San Martiño e Santo Estevo de Anllo) forman a subzona Amandi,
onde se cultivan unhas 200 ha de viñedo.
No Domingo de Ramos celébrase a Feira do Viño de Amandi en Sober.
É un concello dunha grande riqueza natural e paisaxística. Parte do territorio está protexido
nos LICs “Canón do Miño” e “Río Cabe”.
Olería de Gundivós.
En Gundivós e outros lugares de Sober mantense
viva a tradición dos oleiros ou cacharreiros que
elaboran pezas de barro con finalidade utilitaria
entre as que chaman a atención, por ser únicas,
as destinadas a conter viño, que levan un
tratamento interior con resina que se quenta ao
lume e dalles unha característica cor negra.Amboa para o viño
RELEVO
A Depresión de Lemos ou de Monforte, desde a serra da Trapa.
A Depresión de Lemos é unha cubeta de orixe tectónica que forma parte da chaira de Lugo Está situada a unha altitude
media de 300-400 m e rodeada de elevacións de distinta altura.
No territorio da Terra de Lemos podemos atopar un relevo moi variado: serras, depresións,
penichairas e canóns fluviais con paredes escarpadas.
As principais alturas sitúanse no norte e leste. Polo linde coa comarca de Sarria esténsese a
serra das Penas e A Trapa, onde se atopa o cume máis alto, o monte Legua, na confluencia
coa comarca de Quiroga. Ao sur e oeste, pequenas serras de altitudes que non superan os 900
m e caen cara aos Canón do Sil e Miño: Auga Levada, Canteira, San Paio, Ortelle... No interior
da depresión de Monforte atópanse pequenas elevacións como a serra de Moncai, entre
Pobra de Brollón e Monforte.
Vista da depresión de Lemos desde o monte de San Vicente do Pino en Monforte
Paredes graníticas no Canón do Sil
Os materiais son moi variados. No suroeste, norte e leste predominan as rochas
metamórficas. No sur e oeste abondan os granitos e no centro da depresión os materiais
sedimentarios, entre os que son comúns as arxilas.
Serra da Trapa
A vexetación é moi variada debido ás diferenzas altitudinais e climáticas. Nos cumes domina o
mato de uces e carqueixas e nas ladeiras hai grandes extensión repoboadas con piñeiros. Nos
vales máis escarpados das serras consérvanse carballeiras cunha gran diversidade botánica e
no Canón do Sil atópanse bosques autóctonos con mestura de especies mediterráneas
(sobreiras, érvedos, aciñeiras...)
Cerdeira e bidueiro
Bolboretas (Syntarucus pirithous)
A carqueixa (Chamaespartium tridentatum) forma
parte dos matos en terreos altos e secos.
Aba oeste da serra das Penas desde O Saviñao
SERRA DAS PENAS
Esténdese con dirección NO-SE no linde entre a comarca de Terra de Lemos (concellos de O
Saviñao e Bóveda) e Sarria (Concello de Paradela). É unha serra de formas suaves de alturas
comprendidas entre os 500 e 841 m no cume da Veitureira.
Accedese desde a estrada de Bóveda a Taboada.
Aba leste da serra das Penas
Vista desde a serra da Trapa. Ao fondo a depresión de Monforte nunha mañá de néboa
SERRA DE MONCAI
Esténdese con dirección NO-SE entre os concellos de Monforte e A Pobra do Brollón. É unha
serra de formas suaves que acada a máxima altura no pico Moncai, de 531 m. Está cuberta
case na súa totalidade de plantacións de piñeiros.
Accedese desde a estrada da Pobra de Brollón a Bóveda.
Cumes da serra da Trapa
SERRA DA TRAPA E PENA REDONDA
Serra de perfís Suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con
orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val
do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son
xistos e lousas, con importantes filóns de ferro que noutros tempos forn explotados en
numerosas minas que abastecían as ferrerías da comarca, do Incio e do Bierzo.
Os cumes máis destacados son o Legua, con 1.301 m, A Cima das Pías, con 1145 m, o Mioteira,
con 871 m e o Home Grande, con 824 m.
Unha gran parte está repoboada de piñeiros e nas abas máis abruptas conserva fragas dunha
gran biodiversidade.
Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca de Lemos, parte do val
do Sil, O Courel, Samos e O Incio.
Accedese desde Pobra de Brollón pola estrada que sube desde Saa aos cumes. Pódese facer a ruta tamén
desde o Incio ou desde O Courel.
Plantación de piñeiros
Pena dos Catro Cabaleiros na que coínciden os concellos do Courel, Pobra de Brollón, O Incio e Samos.
Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.
Unha das últimas poboación da Pobra do Brollón nas abas da serra da Trapa
Serra de Auga Levada desde a estrada de Rairos a Torbeo (Ribas de Sil)
SERRA DE AUGA LEVADA
É unha pequena serra con dirección NO-SE situada no linde entre A Pobra do Brollón e
Quiroga, entre o Canón do Sil (ao sur) e o do Lor (ao leste) onde se atopan os maiores
desniveis, con paredes case verticais que caen sobre os vales dos ríos. Está formada por xistos
moi alterados e pregados que nalgúns lugares quedan ao descuberto. O punto máis alto é o
Augalevada, con 879 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o Canón do Sil e o val do Lor.
Accedese desde Vilachá (A Pobra do Brollón).
Vista do monte do Bidual desde Torbeo, rodeado polo canón do Sil
MONTE DO BIDUAL
Pequeno macizo situado sobre o canón do Sil nos concellos de Monforte e Sober. Acada a
máxima altura no cume do Bidual, con 813 m. Accedese desde Doade.
Miradoiro do Castelo, entre o Bidual e Doade
As Canteiras vistas desde o mirador de Cabezoás (Parada de Sil). Unha das vistas máis difundidas do Canón do Sil.
Na beira atópanse os miradoiros coñecidos como a Cividade ou Cotarro 1 e Boqueiriños ou Cotarro 2, na parroquia de
Bolmente (Sober).
AS CANTEIRAS
Macizo granítico situado sobre o canón do Sil, e Sober, na parroquia de Bolmente. Os cumes
acadan 747 e 743 m de altitude. Accedese desde Bolmente.
Pena Pombeira
MONTES DE SAN PAIO
Esténdense con dirección N-S entre os vales do Miño e Sil, en territorio do concello de Pantón.
Os cumes máis altos son o Pena Pombeira con 709 m e San Paio, con 687 m. Os materiais
dominantes son os granitos.
Accedese pola estrada de Ferreira de Pantón a San Paio e Pombeiro.
Vista dos montes de Ortelle desde a outra banda do canón do Miño
MONTES DE ORTELLE
Situados sobre o canón do Miño, en terras do Saviñao. A máxima altitude é o pico Ortelle, con
675 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o canón do Miño.
Accedese desde Vilar de Ortelle.
OS RÍOS
Canón do Sil en Doade,
onde se atopa o
embarcadoiro do
catamarán turístco.
O río principal da comarca de
Lemos é o Miño, que percorre de
norte a sur o límite oeste ata a
confluencia co Sil nos Peares. O
Sil fai de linde polo sur e o Cabe
atavesaa de NE a SO.
Os vales dos ríos presentan
grandes diferenzas entre o
percorrido pola chaira de Lemos,
cun discorrer maino e sinuoso,
con amplas marxes e bosques de
ribeira e os canóns onde se
encaixan en paredes con
desniveis que acadan nalgúns
puntos máis de 500 m de altura.
Ponte romana sobre o Cabe en Monforte,
unha das mostras da riqueza patrimonial na
contorna dos ríos da comarca.
Os vales fluviais son o elemento máis
característico e que condicionan en grande
parte as riquezas naturais desta comarca:
impresionantes canóns, fervenzas, remansos,
bosques de ribeira, fragas con mestura de
especies atlánticas e mediterráneas e unha
rica flora e fauna asociadas á auga. A isto hai
que engadir o aspecto humano: os socalcos
traballados durante séculos para cultivar as
vides, os soutos e os múltiples
aproveitamentos (muíños, ferrerías, canles de
rego, áreas de lecer) e obras.
Un dos numerosos regos que
caen ao Sil desde as beiras do
canón, en Sober. Son ríos de
réxime moi variable que no verán
quedan case sen auga.
Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos, freixos, lidoiros e ailantos.
Próximos aos ríos e nas zonas máis secas hai grandes estensión de mimosas.
Espadana amarela (Iris pseudoacorus). Está
presente en regos, pozos e lagoas de todo o
país por baixo dos 700 m de altitude.
Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica).
Vive na beira das augas estancadas.
Aeshna, o máis grande dos cabaliños do demo.
Patinador ou zapateiro (Gerris lacustris). Vive na
superficie da auga estancada ou de corrente lenta
onde se alimenta doutros insectos.
Cegoña
(Ciconia ciconia)
O Miño entre O Saviñao e Taboada
Augas abaixo de Belesar e antes de volverse a
encorar en Os Peares o Miño ten un curto
percorrido de augas libres, que nas épocas de seca
se ven moi minguadas pola retención dos encoros.
RÍO MIÑO
Percorre a comarca de Lemos de norte a sur, facendo linde polo oeste coas terras de
Chantada, ata a confluencia co Sil nos Peares,
Forma un val profundo encaixado na penichaira de Chantada. Despois do levantamento do
Macizo Galaico o río tivo que volver escavar o seu antigo álveo no mesmo val polo que corre.
Recolle os pequenos afluentes que baixan das serras do Páramo, As Penas, Ortelle e San Paio:
Sardiñeira, Saviñao, Aguianza, e nos Peares, ao seu principal tributario, o Sil.
Practicamente todo o percorrido está afectado polos encoros de Belesar e Os Peares.
As escarpadas ribeiras do río por terras de O Saviñao
son unha zona produtora de viño grazas aos socalcos
construídos nas ladeiras.
O percorrido do miño ten un grande interese natural e cultural: paisaxes espectaculares,
biodiversidade, construccións para o cultivo das vides, igrexas e mosteiros… Varias rutas a pé,
en coche ou en barco permiten gozar de toda esta riqueza.
Canón do Miño entre O Saviñao e Chantada
CANÓN DO MIÑO
Zona entre os encoros de Belesar e os Peares. Tramo encaixado do río Miño entre xistos, cuarcitas, gneis...
de 20 km de lonxitude e ata 300 m de profundidade que se formou a finais do Período Terciario ao
elevarse o terreo como consecuencia da Oroxenia Alpina. Está rodeado de chairas, restos da antiga
superficie de erosión de Chantada.
O medio natural está alterado polo encoro dos Peares que cambiou a fisonomía do val do río.
O clima ten características mediterráneas e diferénciase claramente a vexetación das ladeiras expostas ao
sol, nas que se cultivan viñedos, das sombrías, ocupadas por bosques.
As abas dos montes están
cubertas dun mato de
toxos, uces e xestas e
nalgunhas zonas érbedos,
pequenos bosques de
sobreiras, loureiros e
sanguiños. Na beiras dos
ríos e regatos que
desembocan no Miño
consérvanse bosques de
ribeira con amieiras, freixos
e salgueiros. Nas partes
máis altas hai cerquiños e
carballos e nas
proximidades das
poboacións soutos de
castiñeiros.
Canón do Miño desde San Vitorio (O Saviñao)
A Ponte de Belesar
(Diomondi, O Saviñao)
O Cabo do Mundo desde o miradoiro da Cova. O Miño rodea o monte Navallo, en terras de Chantada e forma unha
curva pronunciada de impresionante beleza que se pode gozar desde o alto da Cova (O Saviñao).
Clube fluvial na Cova (O Saviñao)
Detalle do encoro no verán. A seca deixa ao descuberto
restos de antigas construcións hoxe asolagadas.
Vista do canón do Miño na zona de Pesqueiras (Pantón) desde Carballedo
Os Peares, lugar de encontro do Miño co Sil.
Os Peares, lugar de encontro do Miño co Sil
Os Peares. O Miño (á esquerda) e o Sil
O Sil en Cubelas.
A partir de
Augasmestas, o Sil
encáixase entre os
concellos de Ribas
de Sil e A Pobra de
Brollón.
RÍO SIL
Nace na Cordilleira Cantábrica (La Cueta) e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en
Galiza pola depresión de Valdeorras. A partir da Rúa comeza a encaixarse e discorre por
porfundos canóns ata xúntarse co Miño nos Peares.
Percorre o sur da comarca de Lemos (concellos de Pobra do Brollón, Monforte, Sober e
Pantón) facendo linde coa provincia de Ourense. Recibe pola marxe dereita o Lor e o Cabe e
pequenos regos: San Xoán, Rigueiro, rego de Camilo... que no verán quedan case sen auga.
O Sil desde o miradoiro do Castelo
O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (pregues, canóns), paisaxístico,
ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver
unha interesante avifauna) histórico e etnográfico.
Un tramo do río está protexidos no espazo “Canóns do Sil”.
O Sil en Amandi (Doade). Os viñedos gabean polas paredes do canón
Canón do Sil en Sober
O CANÓN DO SIL
Antes de se unir ao Miño o río Sil forma un
canón en rochas graníticas e xistos de 65
km de lonxitude (desde Os Peares ata a
confluencia co Lor en Augasmestas) que
en algunhas zonas acada os 500 m de
altura. A formación desde canón tivo a súa
orixe a finais do Período Terciario e
comezos do Cuaternario cando a chaira
erosionada se ergueu verticalmente e
obrigou aos ríos a aproveitar as fracturas
que racharon o terreo.
No curso do Sil hai dous encoros, o de San
Estebo (1955) e o de San Pedro (1959).
Paredes do canón do Sil desde Parada de Sil
Canón do Sil na zona de Bolmente vista desde o miradoiro das Gándaras (Parada de Sil)
Canón do Sil en Nogueira
Canón do Sil desde o barco Os Peares (Pantón)
Canón do Sil desde o miradoiro do Duque
Ao longo do percorrido do Sil hai numerosos miradores desde os que se pode gozar dunhas vistas
espectaculares do canón: O Duque (Monforte), O Castelo (Doade-Sober), Souto Chao (Doade-Sober), Os
Chelos (Amandi-Sober), As Cadeiras (Pinol-Sober), a Cividade ou Cotarro 1 e Boqueiriños ou Cotarro 2,
(Bolmente, Sober), Pena Pombeira (Pantón)...
Canón do Sil desde o miradoiro de
Soutochao ou da Ribeira Sacra
Canón do Sil desde o miradoiro da
Pena do Castelo
Canón do Sil desde o miradoiro dos Chelos
Canón do Sil desde o miradoiro das Cadeiras
Canón do Sil desde o miradoiro de Santiorxo
Canón do Sil desde o miradoiro de Boqueiriño
Canón do Sil desde o miradoiro da Cividade
Canón do Sil desde o miradoiro dos Chancís
Canón do Sil desde o miradoiro de Pena Pombeira
Miradoiro da Cruz
O Lor en Barxa de Lor
(A Pobra do Brollón)
RÍO LOR
Nace nos montes do Cebreiro e despois dun percorrido de 50 km por terreos do Courel e A
probra do Bollón desemboca no Sil en Augasmestas (Quiroga).
O Lor é un río que discorre case sempre encaixado no que se suceden rápidos e pequenas
fervenzas, entre ribeiras escarpadas cubertas dunha variada vexetación autóctona.
Os afluente máis importantes nesta comarca é o Parada.
Ponte medieval en Barxa de Lor
Ponte de orixe romana sobre o Cabe en Monforte
RÍO CABE
Nace no Incio, na aldea de Fontes. Percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do
Brollón e Monforte de Lemos. No curso alto, nos vales do Incio, vai encaixado, logo ten un
percorrido sinuoso pola depresión de Lemos e volve a encaixarse nun canón rochoso antes de
desembocar no Sil.
Recibe o Tornea, Mao (co Noceda), Cinsa (co Barrantes e Xunqueira), Carabelos e Ferreira pola
dereita; e o Acevedo e Saa pola esquerda.
Está protexido como LIC en dous espazos “Río Cabe” e “Canóns do Sil”. A proteción abrangue
tamén os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao.
Fervenza no Cabe, na Pobra do Brollón. Mide arredor
de 8 m de altura e está reforzada cun atranco.
O Cabe no parque de Monforte
Lagoa na volta da Pinguela (Monforte)
Atranco en Ribas Altas
para o sistema de regadío
O Cabe en Ribas Altas
O Cabe en Areas
O Cabe en Canabal
Desembocadura do Cabe no Sil
RÍO MAO
Nace na serra do Oribio e pasa polos
concellos de O Incio e Bóveda. Xúntase co
Cabe ao pouco de entrar no de Monforte.
RÍO SAA
Nace na serra da Trapa e percorre terreos do concello
da Pobra de Brollón. Xúntase co Cabe nas
proximidades de Fornelas. Os principais afluentes son
o Lebrón e e o Rubín pola marxe esquerda.
RÍO CINSA
Nace nos montes do Couso (Bóveda) e
xúntase co Cabe en Distriz, no linde entre
Monforte e Pantón.
RÍO FERREIRA
Nace nas Lamas de Eiré (Pantón) e xúntase
co Cabe en fronte a Santa Baia (Sober).
RÍO CARABELOS
Nace na Lagoela, preto de Escairón, e
xúntase co Cabe en Canabal.
REGO DE CAMILO
Nace en Arxemil e xúntase co Sil en Xábrega. Ten un curto percorrido no que se conservan
varios muíños e unha fervenza.
Fervenza de Xábrega
REGO DO REGUEIRO
Nace no monte de San Paio e ten
un curto percorrido con rápidos
e fervenzas ata cair no Sil.
As fervenzas pódense ver ao pé da
estrada dos Peares a Pombeiro
(Pantón).
RÍO SARDIÑEIRA
un afluente do Miño que nace na serra das Penas e desemboca no encoro de Belesar nas proximidades de
San Vitorio de Ribas de Miño.
Río Sardiñeira conxelado, na área de lecer de Xuvencos
O REGO DE MARCE OU DA AGUIANZA
Nace nos montes de Castillón e desemboca no
Miño formando un profundo canón no último
tramo entre granitos e neis.
Fervenza de Auga Caída
En Marce (Vilar de Ortelle, Pantón).
Salva un desnivel duns 30 m e máis adiante o río
forma varias fervenzas de menos altura e rápidos
rodeados dun bosque autóctono ben conservado e de
dificil acceso pola pendiente pronunciada do canón.
AS ÁRBORES
Fraga nas abas da serra da Trapa
As formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados
rebolos, sobreiras, érvedos, algúns bidueiros nas zonas máis húmidas e castiñeiros. As
mellores devesas atópanse na serra da Trapa e en Escairón. Arredor das poboacións, en
especial no val do Sil e Miño, hai soutos que se cultivan para aproveitar as castañas onde se
atopan exemplares monumentais.
Carballo (Quercus robur)
-Carballeira de Escairón (O Saviñao)
Castiñeiro (Castanea sativa)
-Souto de Valguaire (Sober)
-Lobios Sober
-AIRS Sober
-Vilariño (Pinol)
Souto de Valguaire (Sober). Atópase no camiño de Doade ao mirador do Castelo.
Hai numerosos castiñeiros de grande porte. Os máis grandes teñen 11, 7, 50 e 7,40 m de perímetro.
Castiñeiros en Lobios (Sober).. Situados ao pé da
estrada de Doade a Bolmente. O maís grande
mide 8,90 m de perímetro no toro.
Castiñeiro na área de interpretación da Ribeira
Sacra en Sober.
Castiñeiros de Diomondi (Sober).
O máis grande ten 6,10 m de perímetro.
Castiñeiros de Vilariño (Sober).. Situados ao pé
da estrada de Doade a Bolmente. O maís grande
mide 8,90 m de perímetro no toro.
Castiñeiros de Biduedo (A Pobra do Brollón)
Carballo (Quercus robur)
-Santuario das Cadeiras (Pinol, Sober)
O máis grande mide 4 m de perímetro no toro.
Sobreira (Quercus suber)
-Casa do Tristo (Santiorxo) San Cosme de
Liñares (A Pobra de Brollón). Ten perto de 500
anos, 16 m de altura, e un diámetro
considerable debido as nórregas que rodean o
toro. O interior está oco.
INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Freixa (Fraxinus angustifolia)
-Montepando. O Val. (As Nocedas. Monforte de Lemos).
-20,9 m de altura e 6,08 m de perímetro.
INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
Amieira á beira do rego das Veigas, ao pé do castelo
Monforte
Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa).
A Raíña, Bóveda, na estrada de Bóveda a Taboada, no
alto da serra das Penas. Mide 5,20 m de perímetro.
Nos parques e xardíns das poboacións e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas.
No pazo de Bóveda hai unha secuoia xigante e un liquidámbar, no castelo-pazo de Maside exemplares
monumentais de bidueiros, amieiras e cedros do Líbano.
Salgueiro chorón do xardín do Colexio da Compañía (Monforte)
Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens).
Mosteiro de Ferreira de Pantón.
-16,50 m de altura.
Pazo de Bóveda. (Bóveda)
-26 m de altura e 4,86 m de perímetro.
ESPAZOS PROTEXIDOS
As árbores gabean polas paredes verticais do canón
LIC CANÓN DO SIL
Espazo de 5.914 ha compartido coa provincia de Ourense. Inclúe a ribeira do Canón do Sil,
desde Os Peares ata Pinol e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil na zona
coñecida como Ribeira Sacra (concellos de Sober e Pantón).
É un espazo de gran interese xeolóxico e paisaxístico, polas impresionantes formacións
rochosas do canón que se aprecian desde diferentes lugares; ecolóxico pola mestura de
especies atlánticas e mediterráneas e cultural.
O Sil en Bolmente
LIC RÍO CABE
O espazo protexido comprende parte
do curso do río Cabe (desde o
nacemento ata Canaval), os seus
afluentes Carabelo, Cinsa e Mao, e os
vales e bosques do Incio, 1.787 ha
nos concellos de Bóveda, O Incio, A
Pobra de Brollón, Monforte de
Lemos, Pantón e Sober. O resto do
curso e as súas beiras están incluídos
no espazo Canóns do Sil. Os
ecosistemas protexidos neste espazo
son maiormente os cursos dos ríos,
coa vexetación acuática e de ribeira
onde atopamos unha gran
diversidade animal e vexetal.
O Cabe en Canabal
Albarizas
LIC OS ANCARES-O COUREL
É un gran espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con
León. Nesta comarca protexe parte do territorio de Pobra do Brollón na aba oeste da serra da
Trapa e o val do Lor.
Destaca polas súas formacións xeolóxicas e a riqueza da súa flora e fauna, unha das máis
completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión
eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos
rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies máis
diversas.
Bidueiros na serra da Trapa
O FERRO
A riqueza en minerais de ferro das serras do norte e leste da comarca de Lemos foi, noutros
tempos, a base dunha industria artesanal de forxas destinadas a fabricar aparellos para o
campo, ferramentas varias e llantas para as rodas dos carros. A etapa de maior intensidad foi
entre 1830 e 1850. O mineral calcinábase usando carbón de madeira de carballo e castiñeiro
dos montes da zona e reducíase con madeira de breixo.
Numerosas explotacións mineiras como a Veneira de Roques, Couso, Lagartosa ou O Busto
subministraron mineral de ferro para os mazos que se instalaron nos ríos próximos. Deses
tempos consérvanse os restos dalgunhas minas, mazos (Penacova) e topónimos como
Ferreiros, Ferreiruá, A Ferrería, Río do Mazo, Mazo de Santigoso...
Rego na serra da Trapa Mineral de ferro entre as rochas da serra. O ferro non aparece na
natureza en estado puro, atópase na composición de diferentes
minerais en forma de óxidos, silicatos, carbonatos, sulfuros...
Ferrería de Penacova en Bóveda. Hoxe
restaurada formando parte das instalacións
dunha casa rural.
As ferrerías son instalacións dedicadas ao
traballo e transformación do ferro. Naceron na
Idade Media e foron moi abundantes nas serras
galegas.
Utilizaban a forza da auga para mover grandes
mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para
avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar
para rematar as ferramentas, as prensas para dar
formas e os tornos para facer os mangos. As máis
recientes tiñan machucos máis lixeiros movidos
Mina de Ferro na Veneira de
Roques. Pobra do Brollón. Nos
mellores tempos tivo máis de
30 obreiros e abastecía a unhas
quince ferrerías.
As “veneiras” son
precipitacións de minerais de
ferro provocadas pola
circulación de augas ácidas e
osixenadas entre lousas
cargadas de pirita.
Mineral de ferro
A Cova da Choias atópase no concello da Pobra de
Brollón (parroquia de Óutara), nas estribacións da
serra da Trapa. É unha grande cavidade natural
agrandada polas actividade de explotación mineira
do ferro na que podemos apreciar as pegadas do
traballo das persoas que ao longo de centos de
anos, en épocas diferentes, foron modelando o
espazo mentras lle arrancaban o mineral co que
traballaban as distintas ferrerías da contorna.
O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do
terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que se aproveiten ao máximo as abas dos vales
orientadas ao sol construíndo muras para conter a terra en socalcos.
OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA
Un dos recursos económicos máis importantes da comarca de Lemos é o cultivo da vide para a
elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten
unha longa tradición, desde o tempo dos romanos e foi desenvolvida posteriormente arredor
dos abondantes mosteiros da ribeira. Despois dun anos de abandono o sector comeza a
recuperarse e a maior parte das explotación están en activo.
A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe
humanizada (especialmente coas cores do outono), visitar as adegas ou probar os viños. En
Monforte están as oficinas do Consello Regulador.
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Decembro 2016

More Related Content

What's hot

Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eumemonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Macedamonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Murosmonadela
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miñomonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 

What's hot (20)

Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca Eume
Comarca EumeComarca Eume
Comarca Eume
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-MacedaComarca Allariz-Maceda
Comarca Allariz-Maceda
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Comarca: Muros
Comarca: MurosComarca: Muros
Comarca: Muros
 
Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Comarca Baixo Miño
Comarca Baixo MiñoComarca Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 

Similar to Comarca Terra de Lemos

Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancaresmonadela
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiagomonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiromonadela
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condadomonadela
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeomonadela
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradantamonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meiramonadela
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloamonadela
 

Similar to Comarca Terra de Lemos (13)

Comarca Os Ancares
Comarca Os AncaresComarca Os Ancares
Comarca Os Ancares
 
Comarca Santiago
Comarca SantiagoComarca Santiago
Comarca Santiago
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca O Ribeiro
Comarca O RibeiroComarca O Ribeiro
Comarca O Ribeiro
 
Comarca O Condado
Comarca O CondadoComarca O Condado
Comarca O Condado
 
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do MandeoReserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
 
Comarca A Paradanta
Comarca A ParadantaComarca A Paradanta
Comarca A Paradanta
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca: Meira
Comarca: MeiraComarca: Meira
Comarca: Meira
 
Comarca A Ulloa
Comarca A UlloaComarca A Ulloa
Comarca A Ulloa
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Terra de Lemos

  • 1. TERRA DE LEMOS A NATUREZA
  • 2. A comarca de Terra de Lemos está situada no sur da Provincia de Lugo, entre os vales dos ríos Miño e Sil e os contrafortes do Courel. No territorio distínguense varias unidades con diferenzas de releve e climáticas. As serras do leste, no linde co Courel, onde se atopan as maiores alturas, con clima oceánico de montaña. A despresión de Lemos, no centro, cunha altitude media de 300 a 400 m, con clima oceánico continental. Os restos da chamada superficie de erosión de Chantada, nos rebordo dos vales do Miño e Sil, cunha altitude media de 500 a 700 m, cun clima oceánico de transición. Os canóns do Miño e Sil con altitudes de 100 a 200 m nos cursos dos ríos, e clima oceánico mediterráneo. Esta diversidade morfolóxica e climática da lugar a unha grande variedade de ecosistemas con especies atlánticas e mediterráneas e a paisaxes dun grande interese. Monforte
  • 3. SUPERFICIE: 940,4 km2 POBOACIÓN: 31.590 habitantes CONCELLOS: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober. ESPAZOS PROTEXIDOS: LICs “Canón do Sil”, “Río Cabe” e “Ancares Courel”.
  • 4. CLIMA A grande variedade morfolóxica, altitudinal e de orientación da lugar a climas diversos: clima oceánico de montaña nas serras; oceánico continental na depresión de Monforte; oceánico mediterráneo nos vales dos ríos Miño e Sil. A Serra da Trapa e a depresión de Monforte cuberta de néboa nunha mañán de inverno.
  • 5. ACTIVIDADES As actividades fundamentais son os servizos, a agricultura (destaca o cultivo das vides da Denominación de Orixe Ribeira Sacra) e a industria. Viñedos en Sober
  • 6. PATRIMONIO É unha comarca que acolle unha gran riqueza patrimonial con importantes mostras histórico- artísticas (mosteiros, igrexas, castelos, pazos...) e etnográficas. Torre medieval da fortaleza dos condes de Lemos en Monforte. Torre da Candaira (Rebordaos, O Saviñao)
  • 7. Torre de Marce (Vilar de Ortelle). Formaba parte dunha grande fortificación medieval.
  • 8. Muíño da Casa da Marquesa, no río Lor (Barxa de Lor. A Pobra do Brollón)
  • 9. Sartegos antropomorfos do Preguntoiro (Pombeiro, Pantón) Hórreo en Cibrisqueiros (Pombeiro, Pantón)
  • 10. Igrexa de Baamorto (Monforte)
  • 11. Igrexa de Valverde (Monforte) Igrexa de Ribas Altas (Monforte)
  • 12. A RIBEIRA SACRA Parte desta comarca está incluída na Ribeira Sacra, unha área situada nos canóns do Sil e do Miño. O nome de Ribeira Sacra probablemente ven da Idade Media, e podería ter a súa orixe na grande cantidade de mosteiros e templos que se construíron nos canóns e escarpadas abas. Nesta comarca: San Vitorio de Ribas de Miño, Diomondi, Santo Estevo de Ribas de Miño, A Cova... (O Saviñao); Eiré, Atán, San Fiz de Cangas, Pombeiro, Ferreira... (Pantón); As Cadeiras, Bolmente, Lobio, Pinol, Proendos... (Sober). San Vitorio de Ribas de Miño (O Saviñao) Santo Etevo de Ribas de Miño (O Saviñao)
  • 13. Santuario de Guadalupe (San Vitorio de Ribas de Miño)
  • 14. Recentemente (1997) descubreuse no lugar de O Cotillón (San Román de Acedre-Pantón) unha capela excavada na rocha que estaba empregada como adega. Crese que foi un dos primeiros eremitorios da Ribeira Sacra, da época altomedieval. Ten forma de cruz grega, con espazos de oración e vivenda. As paredes están decoradas con grabados feitos na rocha. http://patrimoniogalego.net/index.php/88415/2 016/08/eremitorio-de-o-cotillon/
  • 15. A Cova (O Saviñao) Diomondi (O Saviñao)
  • 16. Eiré (Pantón) Santo Estevo de Atán (Pantón)
  • 17. San Vicenzo de Pombeiro (Pantón)
  • 18. Pinturas murais en San Vicenzo de Pombeiro (Pantón) San Fiz de Cangas (Pantón)
  • 19. Mosteiro de Ferreira de Pantón (Pantón)
  • 20. Santuario de Augas Santas (Pantón)
  • 23. CONCELLOS SUPERFICIE: 91,07 km2 POBOACIÓN: 1.571 habitantes (2014) PARROQUIAS: Bóveda, Freituxe, Guntín, Martín, Mosteiro, Remesar, Ribas Pequenas, Rubián (Santiago e San Fiz), Teilán, Tuimil, Ver, Vilalpape e Vilarbuxán. Bóbeda e a serra das Penas desde a serra da Trapa BÓVEDA Está situado ao norte da comarca, no rebordo montañoso da depresión de Monforte. Ocupa unha extensión de e tén arredor de distrubuídos nas parroquias de O territorio é de releve irregular, de transición entre a chaira de Monforte e os cumes que a rodean: serra das Penas no norte e oeste e serra de Pedrouzos no sur. As máximas alturas atópanse no oeste, no monte Couso, con 689 m.
  • 24. Muíño no río Mao en Ribas Pequenas É un concello eminentemente rural onde os principais recursos son a agrogadaría, os servizos e pequenas industrias asociadas aos recursos (madeira, cerámica...). Os espazos de maior interese natural atópanse nas beiras dos ríos Mao e os seus afluentes Teilán-Penacova e Nocedo. No aspecto histórico-astístico destaca os pazos de Bóveda e Ver e as igrexas de Rubiá (San Fiz e Santiago). Ferrería de Penacova
  • 25. SUPERFICIE: 199,44 km2 POBOACIÓN: 19.061 habitantes (2015) PARROQUIAS: Baamorto, Bascós, Caneda, O Chao do Fabeiro, Chavaga, Distriz, Fiolleda, Gullade, Guntín, Marcelle, Monforte de Lemos, Moreda, As Nocedas, A Parte, A Penela, Piñeira, Reigada, Ribas Altas, Rozavales, San Xillao de Tor, Santa Mariña do Monte, Seoane, Sindrán, Tor, Valverde, A Vide, Vilamarín. Vista do convento da Compañía co monte de San Vicente do Pino ao fondo, no que se atopa a Torre dos Condes de Lemos e o convento de San Vicente, na actualidade Parador de Turismo. MONFORTE DE LEMOS Está situado no centro da comarca. O principal núcleo de poboación é Monforte (segunda cidade da provincia de Lugo), capital do concello e da comarca, onde se concentran a maior parte dos servizos e das actividades comerciais e industriais. O releve é maiormente chan. A depresión de Monforte ocupa a maior parte do territorio do concello, cunha altitude de 300 a 400 m, percorrida no centro polo río Cabe e parte do curso dos seus afluentes Mao e Cinsa. O Sil linda co concello polo sur. Os cumes máis importantes atópanse no sur (Bidual, con 813 m, e Serra de Auga Levada), onde descende bruscamente cara ao canón do Sil; no leste, no linde con A Pobra do Brollón (Moncai, con 531 m); e no noroeste (san Cristovo, con 618 m), no linde con Bóveda e O Saviñao.
  • 26. Monforte foi sempre un importante no de comunicacións ferroviarias e por estrada. Noutros tempos tiveron gran importancia as actividades asociadas ao ferrocarril. Na actualidade os antigos obradoiro de Renfe están convertidos nun museo onde se poden visitar trens e máquinas de diferentes épocas. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria a agricultura (especialmente o cultivo do viñedo) e a gandaría. Os principais valores naturais atópanse no Canón do Sil e no val do Cabe (protexido como LIC). É un concello que acolle un importante patrimonio histórico artístico: castelo dos Condes de Lemos, conventos de San Vicente do Pino e A Compañía, igrexas románicas, pazos... Torre medieval da fortaleza dos condes de Lemos no cume do monte de San Vicente do Pino, un expléndido miradoiro sobre a cidade e a comarca de Lemos.
  • 27. SUPERFICIE: 143,18 km2 POBOACIÓN: 2.708 habitantes (2014) PARROQUIAS: Acedre, Atán, Cangas, Castillón, Deade Eiré Espasantes, Ferreira de Pantón, Frontón, Mañente, Moreda, Pantón, Pombeiro, Ribeiras de Miño, San Fiz de Cangas, San Vicente de Castillón, Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Següín, Serode, Siós, Toiriz, Toldaos, Tribás, Vilamelle, Vilar de Ortelle. Vides no canón do Miño PANTÓN Está situado ao suroeste da comarca rodeado polos ríos Miño, ao oeste, Sil, ao sur, e Cabe, ao leste. A capital do concello é O Castro de Ferreira, na parroquia de Ferreira de Pantón. O releve do territorio está diferenciazo en tres zonas: unha parte chan situada ao leste, na depresión de Monforte, cunha altitude media de 300 a 400 m; unha superficie de palanamento de 500 a 600 m de altitude, e os canóns dos ríos, de paredes con grandes desniveis. As alturas máis destacadas están situadas ao sur, oeste e norte: Montes de San Paio, co Penapombeiro (707 m); Ortelle (675 m ), San Cibrán (571 m) e Castillón (659).
  • 28. San Fiz de Cangas, mosteiro de monxas benedictinas de orixe visigótica. Pantón forma parte da comarca coñecida como Ribera Sacra pola gran cantidade de igrexas e mosteiros que acolle, entre as que destacan San Salvador de Ferreira de Pantón, San Fiz de Cangas, San Miguel de Eiré, San Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro. As principais actividades son a agricultura, es especial o cultivo da vide da D.O Ribeira Sacra (máis de 600 hectáreas), a gandaría, os servizos e a industria. É unha comarca con grandes valores naturais asociados aos canóns do Miño, Sil e Cabe onde se atopa unha paisaxe espectacular cunha gran biodiversidade. Parte do territorio está protexido nos LICs Canón do Sil e Río Cabe. Acolle un importante patrimonio histórico-artístico: castros, mámoas, restos romanos, prerrománicos e románicos, pazos, casas... San Miguel de Eiré, “O Mosteiro”, de monxas benedictinas fundado a comezos do século XII.
  • 29. SUPERFICIE: 176,65 km2 POBOACIÓN: 1.794 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abrence, Barxa de Lor, Canedo, Castroncelos, Castrosante, Cereixa, Eixón, Ferreiros, A Ferreirúa, Fornelas, Lamaigrexa, Liñares, Óutara, Parada dos Montes, Pinel, Piño, A Pobra do Brollón, Saa, Salcedo, Santalla de Rei, Veiga e Vilachá. Paisaxe da Pobra de Brollón desde a serra da Trapa. A POBRA DE BROLLÓN Está situada ao leste da comarca lindando co Courel. É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. No territorio diferéncianse tres zonas. Ao leste e norte sitúanse as máximas alturas, na serra da Trapa (Legua, con 2304 m) e Auga Levada (881 m). No oeste parte da Depresión de Lemos e no sur unha superficie de erosicón que cae bruscamente cara ao canón do Sil. A rede fluvial é moi ampla. No sur un pequeno tramo do Sil, encaixado no Canón, ao leste o Lor, no linde con Quiroga e O Courel e ao norte e leste o Cabe co seu afluente o Saa, que atrevesa o concello de leste ao oeste.
  • 30. A Pobra de Brollón desde a estación de tren. Ao fondo a serra da Trapa. As principais actividades son agricultura (destaca o cultivo de viñedos no Canón do Sil), a gandaría, as explotacións forestais e os servizos. Acolle importantes valores naturais e paisaxísticos no entorno dos ríos e nas serras. Parte do concello forma parte dos LICs “Ancares Courel” e “Río Cabe”. Ponte sobre o río Saa en Saa.
  • 31. SUPERFICIE: 297 km2 POBOACIÓN: 4.056 habitantes (2015) PARROQUIAS: Abuíme, A Broza, Chave, A Cova, Diomondi, Eirexafeita, Fión, Freán, A Laxe, Louredo, Marrube, Mourelos, Ousende, Piñeiró, Rebordaos, Reiriz, Rosende, San Vitorio de Ribas de Miño, Santo Estevo de Ribas de Miño, Segán, Deteventos, Sobreda, Vilacaíz, Vilaesteva, Vilasante, Vilatán, Vilelos, Xuvencos. Socalcos nas paredes do canón do Miño no encoro de Belesar O SAVIÑAO Está situado ao oeste da comarca lindandon co canón do Miño. A capital municipal está en Escairón, o principal núcleo de poboación. O territorio en xeral é de releve chan. Está integrado en grande parte na superficie de aplanamento de Chantada e está repartido en dous niveis con altitudes de 600-700 m no centro do concello, e 400-600 m no oeste, cunha caída brusca cara ao Miño. O cume máis alto é o San Antonio, con 690 m. Os ríos principais son o Miño, que percorre o linde oeste do concello de norte a sur nun val encaixado, e os seus afluentes que discorren con dirección E- O: Zancoia, Pez, Sardiñeira e Saviñao.
  • 32. San Estevo de Ribas de Miño, mosteiro románico do século XII. Desde o adro da igrexa hai unhas vistas espectaculares sobre o canón do Miño. As actividades máis destacadas son agricultura (en especial os viñedos, acoollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra), a gandaría e os servizos. Os lugares de maior interese natural sitúanse na ribeira do Miño, pola que se poden facer varias rutas que percorren lugares con vistas panorámicas e cunha variada flora e fauna. Acolle un rico e variado patrimonio histórico artístico de todas as épocas: mámoas e castros, restos romanos, igrexas románicas e barrocas, castelos, pazos... Detalle dunha porta lateral da igrexa de San Paio de Diomondi, románica do século XII.
  • 33. SUPERFICIE: 133,28 km2 POBOACIÓN: 2.400 habitantes (2015) PARROQUIAS: Amandi, Anllo (San Martiño e Santo Estevo), Arroxo, Barantes, Bolmente, Brosmos, Bulso, Canaval, Doade, Figueiroá, Gundivós, Liñarán, Lobios, Millán, Neiras, Pinol, Proendos, Refoxo, Rosende, Santiorxo e Vilaescura. Socalcos canón do Sil SOBER Está situado no centro-sur da comarca, lindando co val do Sil, ao sur e co Cabe ao oeste. No releve distínguense tres zonas. Ao norte forma parte da depresión de Lemos, no centro é unha superficie de aplanamento e ao sur e leste os profundos canóns dos ríos Sil e Cabe, con paredes con grandes desniveis. O cume máis alto é o Bidual, con 813 m, no linde co concello de Monforte. Os ríos máis importantes son o Sil, que rodea todo o concello polo sur, e o Cabe que o limita polo oeste, co sue afluente o Sande.
  • 34. Santuario das Cadeiras (Pinol) sobre a beira da penichaira no canón do Sil. As principais actividades son a agricultura, industrias relacionadas co agro (adegas) e os servizos. Nos socalcos do val do Sil e do Cabe cultívanse viñedo acollidos á Denomización de Orixe Protexida Ribeira Sacra. Varias parroquias (Doade, Amandi, Lobios, Pinol, Santiorxo, Bolmente e parte das de San Martiño e Santo Estevo de Anllo) forman a subzona Amandi, onde se cultivan unhas 200 ha de viñedo. No Domingo de Ramos celébrase a Feira do Viño de Amandi en Sober. É un concello dunha grande riqueza natural e paisaxística. Parte do territorio está protexido nos LICs “Canón do Miño” e “Río Cabe”. Olería de Gundivós. En Gundivós e outros lugares de Sober mantense viva a tradición dos oleiros ou cacharreiros que elaboran pezas de barro con finalidade utilitaria entre as que chaman a atención, por ser únicas, as destinadas a conter viño, que levan un tratamento interior con resina que se quenta ao lume e dalles unha característica cor negra.Amboa para o viño
  • 35. RELEVO A Depresión de Lemos ou de Monforte, desde a serra da Trapa. A Depresión de Lemos é unha cubeta de orixe tectónica que forma parte da chaira de Lugo Está situada a unha altitude media de 300-400 m e rodeada de elevacións de distinta altura. No territorio da Terra de Lemos podemos atopar un relevo moi variado: serras, depresións, penichairas e canóns fluviais con paredes escarpadas. As principais alturas sitúanse no norte e leste. Polo linde coa comarca de Sarria esténsese a serra das Penas e A Trapa, onde se atopa o cume máis alto, o monte Legua, na confluencia coa comarca de Quiroga. Ao sur e oeste, pequenas serras de altitudes que non superan os 900 m e caen cara aos Canón do Sil e Miño: Auga Levada, Canteira, San Paio, Ortelle... No interior da depresión de Monforte atópanse pequenas elevacións como a serra de Moncai, entre Pobra de Brollón e Monforte.
  • 36. Vista da depresión de Lemos desde o monte de San Vicente do Pino en Monforte
  • 37. Paredes graníticas no Canón do Sil Os materiais son moi variados. No suroeste, norte e leste predominan as rochas metamórficas. No sur e oeste abondan os granitos e no centro da depresión os materiais sedimentarios, entre os que son comúns as arxilas.
  • 38. Serra da Trapa A vexetación é moi variada debido ás diferenzas altitudinais e climáticas. Nos cumes domina o mato de uces e carqueixas e nas ladeiras hai grandes extensión repoboadas con piñeiros. Nos vales máis escarpados das serras consérvanse carballeiras cunha gran diversidade botánica e no Canón do Sil atópanse bosques autóctonos con mestura de especies mediterráneas (sobreiras, érvedos, aciñeiras...)
  • 40. Bolboretas (Syntarucus pirithous) A carqueixa (Chamaespartium tridentatum) forma parte dos matos en terreos altos e secos.
  • 41. Aba oeste da serra das Penas desde O Saviñao SERRA DAS PENAS Esténdese con dirección NO-SE no linde entre a comarca de Terra de Lemos (concellos de O Saviñao e Bóveda) e Sarria (Concello de Paradela). É unha serra de formas suaves de alturas comprendidas entre os 500 e 841 m no cume da Veitureira. Accedese desde a estrada de Bóveda a Taboada.
  • 42. Aba leste da serra das Penas
  • 43. Vista desde a serra da Trapa. Ao fondo a depresión de Monforte nunha mañá de néboa SERRA DE MONCAI Esténdese con dirección NO-SE entre os concellos de Monforte e A Pobra do Brollón. É unha serra de formas suaves que acada a máxima altura no pico Moncai, de 531 m. Está cuberta case na súa totalidade de plantacións de piñeiros. Accedese desde a estrada da Pobra de Brollón a Bóveda.
  • 44. Cumes da serra da Trapa SERRA DA TRAPA E PENA REDONDA Serra de perfís Suaves, situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con orientación NO-SE, separada da serra de Lóuzara polo río do mesmo nome e rodeada polo val do Lor polo leste e sur, polo Cabe, no oeste e o Antiga no norte. Os materiais dominantes son xistos e lousas, con importantes filóns de ferro que noutros tempos forn explotados en numerosas minas que abastecían as ferrerías da comarca, do Incio e do Bierzo. Os cumes máis destacados son o Legua, con 1.301 m, A Cima das Pías, con 1145 m, o Mioteira, con 871 m e o Home Grande, con 824 m.
  • 45. Unha gran parte está repoboada de piñeiros e nas abas máis abruptas conserva fragas dunha gran biodiversidade. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca de Lemos, parte do val do Sil, O Courel, Samos e O Incio. Accedese desde Pobra de Brollón pola estrada que sube desde Saa aos cumes. Pódese facer a ruta tamén desde o Incio ou desde O Courel. Plantación de piñeiros
  • 46. Pena dos Catro Cabaleiros na que coínciden os concellos do Courel, Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.
  • 47. Unha das últimas poboación da Pobra do Brollón nas abas da serra da Trapa
  • 48. Serra de Auga Levada desde a estrada de Rairos a Torbeo (Ribas de Sil) SERRA DE AUGA LEVADA É unha pequena serra con dirección NO-SE situada no linde entre A Pobra do Brollón e Quiroga, entre o Canón do Sil (ao sur) e o do Lor (ao leste) onde se atopan os maiores desniveis, con paredes case verticais que caen sobre os vales dos ríos. Está formada por xistos moi alterados e pregados que nalgúns lugares quedan ao descuberto. O punto máis alto é o Augalevada, con 879 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o Canón do Sil e o val do Lor. Accedese desde Vilachá (A Pobra do Brollón).
  • 49. Vista do monte do Bidual desde Torbeo, rodeado polo canón do Sil MONTE DO BIDUAL Pequeno macizo situado sobre o canón do Sil nos concellos de Monforte e Sober. Acada a máxima altura no cume do Bidual, con 813 m. Accedese desde Doade.
  • 50. Miradoiro do Castelo, entre o Bidual e Doade
  • 51. As Canteiras vistas desde o mirador de Cabezoás (Parada de Sil). Unha das vistas máis difundidas do Canón do Sil. Na beira atópanse os miradoiros coñecidos como a Cividade ou Cotarro 1 e Boqueiriños ou Cotarro 2, na parroquia de Bolmente (Sober). AS CANTEIRAS Macizo granítico situado sobre o canón do Sil, e Sober, na parroquia de Bolmente. Os cumes acadan 747 e 743 m de altitude. Accedese desde Bolmente.
  • 52. Pena Pombeira MONTES DE SAN PAIO Esténdense con dirección N-S entre os vales do Miño e Sil, en territorio do concello de Pantón. Os cumes máis altos son o Pena Pombeira con 709 m e San Paio, con 687 m. Os materiais dominantes son os granitos. Accedese pola estrada de Ferreira de Pantón a San Paio e Pombeiro.
  • 53. Vista dos montes de Ortelle desde a outra banda do canón do Miño MONTES DE ORTELLE Situados sobre o canón do Miño, en terras do Saviñao. A máxima altitude é o pico Ortelle, con 675 m. Desde os cumes hai boas vistas sobre o canón do Miño. Accedese desde Vilar de Ortelle.
  • 54. OS RÍOS Canón do Sil en Doade, onde se atopa o embarcadoiro do catamarán turístco. O río principal da comarca de Lemos é o Miño, que percorre de norte a sur o límite oeste ata a confluencia co Sil nos Peares. O Sil fai de linde polo sur e o Cabe atavesaa de NE a SO. Os vales dos ríos presentan grandes diferenzas entre o percorrido pola chaira de Lemos, cun discorrer maino e sinuoso, con amplas marxes e bosques de ribeira e os canóns onde se encaixan en paredes con desniveis que acadan nalgúns puntos máis de 500 m de altura.
  • 55. Ponte romana sobre o Cabe en Monforte, unha das mostras da riqueza patrimonial na contorna dos ríos da comarca. Os vales fluviais son o elemento máis característico e que condicionan en grande parte as riquezas naturais desta comarca: impresionantes canóns, fervenzas, remansos, bosques de ribeira, fragas con mestura de especies atlánticas e mediterráneas e unha rica flora e fauna asociadas á auga. A isto hai que engadir o aspecto humano: os socalcos traballados durante séculos para cultivar as vides, os soutos e os múltiples aproveitamentos (muíños, ferrerías, canles de rego, áreas de lecer) e obras. Un dos numerosos regos que caen ao Sil desde as beiras do canón, en Sober. Son ríos de réxime moi variable que no verán quedan case sen auga.
  • 56. Nas proximidades dos ríos hai salgueiros, amieiras, chopos, freixos, lidoiros e ailantos. Próximos aos ríos e nas zonas máis secas hai grandes estensión de mimosas.
  • 57. Espadana amarela (Iris pseudoacorus). Está presente en regos, pozos e lagoas de todo o país por baixo dos 700 m de altitude. Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica). Vive na beira das augas estancadas.
  • 58. Aeshna, o máis grande dos cabaliños do demo. Patinador ou zapateiro (Gerris lacustris). Vive na superficie da auga estancada ou de corrente lenta onde se alimenta doutros insectos. Cegoña (Ciconia ciconia)
  • 59. O Miño entre O Saviñao e Taboada Augas abaixo de Belesar e antes de volverse a encorar en Os Peares o Miño ten un curto percorrido de augas libres, que nas épocas de seca se ven moi minguadas pola retención dos encoros. RÍO MIÑO Percorre a comarca de Lemos de norte a sur, facendo linde polo oeste coas terras de Chantada, ata a confluencia co Sil nos Peares, Forma un val profundo encaixado na penichaira de Chantada. Despois do levantamento do Macizo Galaico o río tivo que volver escavar o seu antigo álveo no mesmo val polo que corre. Recolle os pequenos afluentes que baixan das serras do Páramo, As Penas, Ortelle e San Paio: Sardiñeira, Saviñao, Aguianza, e nos Peares, ao seu principal tributario, o Sil. Practicamente todo o percorrido está afectado polos encoros de Belesar e Os Peares.
  • 60. As escarpadas ribeiras do río por terras de O Saviñao son unha zona produtora de viño grazas aos socalcos construídos nas ladeiras. O percorrido do miño ten un grande interese natural e cultural: paisaxes espectaculares, biodiversidade, construccións para o cultivo das vides, igrexas e mosteiros… Varias rutas a pé, en coche ou en barco permiten gozar de toda esta riqueza.
  • 61. Canón do Miño entre O Saviñao e Chantada CANÓN DO MIÑO Zona entre os encoros de Belesar e os Peares. Tramo encaixado do río Miño entre xistos, cuarcitas, gneis... de 20 km de lonxitude e ata 300 m de profundidade que se formou a finais do Período Terciario ao elevarse o terreo como consecuencia da Oroxenia Alpina. Está rodeado de chairas, restos da antiga superficie de erosión de Chantada. O medio natural está alterado polo encoro dos Peares que cambiou a fisonomía do val do río. O clima ten características mediterráneas e diferénciase claramente a vexetación das ladeiras expostas ao sol, nas que se cultivan viñedos, das sombrías, ocupadas por bosques. As abas dos montes están cubertas dun mato de toxos, uces e xestas e nalgunhas zonas érbedos, pequenos bosques de sobreiras, loureiros e sanguiños. Na beiras dos ríos e regatos que desembocan no Miño consérvanse bosques de ribeira con amieiras, freixos e salgueiros. Nas partes máis altas hai cerquiños e carballos e nas proximidades das poboacións soutos de castiñeiros.
  • 62. Canón do Miño desde San Vitorio (O Saviñao)
  • 63. A Ponte de Belesar (Diomondi, O Saviñao)
  • 64. O Cabo do Mundo desde o miradoiro da Cova. O Miño rodea o monte Navallo, en terras de Chantada e forma unha curva pronunciada de impresionante beleza que se pode gozar desde o alto da Cova (O Saviñao).
  • 65. Clube fluvial na Cova (O Saviñao)
  • 66. Detalle do encoro no verán. A seca deixa ao descuberto restos de antigas construcións hoxe asolagadas.
  • 67. Vista do canón do Miño na zona de Pesqueiras (Pantón) desde Carballedo Os Peares, lugar de encontro do Miño co Sil.
  • 68. Os Peares, lugar de encontro do Miño co Sil
  • 69. Os Peares. O Miño (á esquerda) e o Sil
  • 70. O Sil en Cubelas. A partir de Augasmestas, o Sil encáixase entre os concellos de Ribas de Sil e A Pobra de Brollón. RÍO SIL Nace na Cordilleira Cantábrica (La Cueta) e, despois de cruzar a comarca do Bierzo, entra en Galiza pola depresión de Valdeorras. A partir da Rúa comeza a encaixarse e discorre por porfundos canóns ata xúntarse co Miño nos Peares. Percorre o sur da comarca de Lemos (concellos de Pobra do Brollón, Monforte, Sober e Pantón) facendo linde coa provincia de Ourense. Recibe pola marxe dereita o Lor e o Cabe e pequenos regos: San Xoán, Rigueiro, rego de Camilo... que no verán quedan case sen auga.
  • 71. O Sil desde o miradoiro do Castelo O río e a súa contorna teñen un grande interese xeolóxico (pregues, canóns), paisaxístico, ecolóxico (bosques de ribeiras e zonas remansadas creadas polos encoros onde se pode ver unha interesante avifauna) histórico e etnográfico. Un tramo do río está protexidos no espazo “Canóns do Sil”.
  • 72. O Sil en Amandi (Doade). Os viñedos gabean polas paredes do canón
  • 73. Canón do Sil en Sober O CANÓN DO SIL Antes de se unir ao Miño o río Sil forma un canón en rochas graníticas e xistos de 65 km de lonxitude (desde Os Peares ata a confluencia co Lor en Augasmestas) que en algunhas zonas acada os 500 m de altura. A formación desde canón tivo a súa orixe a finais do Período Terciario e comezos do Cuaternario cando a chaira erosionada se ergueu verticalmente e obrigou aos ríos a aproveitar as fracturas que racharon o terreo. No curso do Sil hai dous encoros, o de San Estebo (1955) e o de San Pedro (1959).
  • 74. Paredes do canón do Sil desde Parada de Sil
  • 75. Canón do Sil na zona de Bolmente vista desde o miradoiro das Gándaras (Parada de Sil)
  • 76. Canón do Sil en Nogueira
  • 77. Canón do Sil desde o barco Os Peares (Pantón)
  • 78. Canón do Sil desde o miradoiro do Duque Ao longo do percorrido do Sil hai numerosos miradores desde os que se pode gozar dunhas vistas espectaculares do canón: O Duque (Monforte), O Castelo (Doade-Sober), Souto Chao (Doade-Sober), Os Chelos (Amandi-Sober), As Cadeiras (Pinol-Sober), a Cividade ou Cotarro 1 e Boqueiriños ou Cotarro 2, (Bolmente, Sober), Pena Pombeira (Pantón)...
  • 79. Canón do Sil desde o miradoiro de Soutochao ou da Ribeira Sacra Canón do Sil desde o miradoiro da Pena do Castelo
  • 80. Canón do Sil desde o miradoiro dos Chelos Canón do Sil desde o miradoiro das Cadeiras
  • 81. Canón do Sil desde o miradoiro de Santiorxo
  • 82. Canón do Sil desde o miradoiro de Boqueiriño
  • 83. Canón do Sil desde o miradoiro da Cividade
  • 84. Canón do Sil desde o miradoiro dos Chancís
  • 85. Canón do Sil desde o miradoiro de Pena Pombeira Miradoiro da Cruz
  • 86. O Lor en Barxa de Lor (A Pobra do Brollón) RÍO LOR Nace nos montes do Cebreiro e despois dun percorrido de 50 km por terreos do Courel e A probra do Bollón desemboca no Sil en Augasmestas (Quiroga). O Lor é un río que discorre case sempre encaixado no que se suceden rápidos e pequenas fervenzas, entre ribeiras escarpadas cubertas dunha variada vexetación autóctona. Os afluente máis importantes nesta comarca é o Parada. Ponte medieval en Barxa de Lor
  • 87. Ponte de orixe romana sobre o Cabe en Monforte RÍO CABE Nace no Incio, na aldea de Fontes. Percorre terreos dos concellos de O Incio, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos. No curso alto, nos vales do Incio, vai encaixado, logo ten un percorrido sinuoso pola depresión de Lemos e volve a encaixarse nun canón rochoso antes de desembocar no Sil. Recibe o Tornea, Mao (co Noceda), Cinsa (co Barrantes e Xunqueira), Carabelos e Ferreira pola dereita; e o Acevedo e Saa pola esquerda. Está protexido como LIC en dous espazos “Río Cabe” e “Canóns do Sil”. A proteción abrangue tamén os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao.
  • 88. Fervenza no Cabe, na Pobra do Brollón. Mide arredor de 8 m de altura e está reforzada cun atranco. O Cabe no parque de Monforte
  • 89. Lagoa na volta da Pinguela (Monforte) Atranco en Ribas Altas para o sistema de regadío O Cabe en Ribas Altas
  • 90. O Cabe en Areas O Cabe en Canabal Desembocadura do Cabe no Sil
  • 91. RÍO MAO Nace na serra do Oribio e pasa polos concellos de O Incio e Bóveda. Xúntase co Cabe ao pouco de entrar no de Monforte. RÍO SAA Nace na serra da Trapa e percorre terreos do concello da Pobra de Brollón. Xúntase co Cabe nas proximidades de Fornelas. Os principais afluentes son o Lebrón e e o Rubín pola marxe esquerda.
  • 92. RÍO CINSA Nace nos montes do Couso (Bóveda) e xúntase co Cabe en Distriz, no linde entre Monforte e Pantón.
  • 93. RÍO FERREIRA Nace nas Lamas de Eiré (Pantón) e xúntase co Cabe en fronte a Santa Baia (Sober). RÍO CARABELOS Nace na Lagoela, preto de Escairón, e xúntase co Cabe en Canabal.
  • 94. REGO DE CAMILO Nace en Arxemil e xúntase co Sil en Xábrega. Ten un curto percorrido no que se conservan varios muíños e unha fervenza. Fervenza de Xábrega
  • 95. REGO DO REGUEIRO Nace no monte de San Paio e ten un curto percorrido con rápidos e fervenzas ata cair no Sil. As fervenzas pódense ver ao pé da estrada dos Peares a Pombeiro (Pantón).
  • 96. RÍO SARDIÑEIRA un afluente do Miño que nace na serra das Penas e desemboca no encoro de Belesar nas proximidades de San Vitorio de Ribas de Miño. Río Sardiñeira conxelado, na área de lecer de Xuvencos
  • 97. O REGO DE MARCE OU DA AGUIANZA Nace nos montes de Castillón e desemboca no Miño formando un profundo canón no último tramo entre granitos e neis. Fervenza de Auga Caída En Marce (Vilar de Ortelle, Pantón). Salva un desnivel duns 30 m e máis adiante o río forma varias fervenzas de menos altura e rápidos rodeados dun bosque autóctono ben conservado e de dificil acceso pola pendiente pronunciada do canón.
  • 98. AS ÁRBORES Fraga nas abas da serra da Trapa As formacións autótonas máis representadas son as carballeiras nas que hai mesturados rebolos, sobreiras, érvedos, algúns bidueiros nas zonas máis húmidas e castiñeiros. As mellores devesas atópanse na serra da Trapa e en Escairón. Arredor das poboacións, en especial no val do Sil e Miño, hai soutos que se cultivan para aproveitar as castañas onde se atopan exemplares monumentais.
  • 99. Carballo (Quercus robur) -Carballeira de Escairón (O Saviñao)
  • 100. Castiñeiro (Castanea sativa) -Souto de Valguaire (Sober) -Lobios Sober -AIRS Sober -Vilariño (Pinol) Souto de Valguaire (Sober). Atópase no camiño de Doade ao mirador do Castelo. Hai numerosos castiñeiros de grande porte. Os máis grandes teñen 11, 7, 50 e 7,40 m de perímetro.
  • 101. Castiñeiros en Lobios (Sober).. Situados ao pé da estrada de Doade a Bolmente. O maís grande mide 8,90 m de perímetro no toro. Castiñeiro na área de interpretación da Ribeira Sacra en Sober.
  • 102. Castiñeiros de Diomondi (Sober). O máis grande ten 6,10 m de perímetro. Castiñeiros de Vilariño (Sober).. Situados ao pé da estrada de Doade a Bolmente. O maís grande mide 8,90 m de perímetro no toro.
  • 103. Castiñeiros de Biduedo (A Pobra do Brollón)
  • 104. Carballo (Quercus robur) -Santuario das Cadeiras (Pinol, Sober) O máis grande mide 4 m de perímetro no toro.
  • 105. Sobreira (Quercus suber) -Casa do Tristo (Santiorxo) San Cosme de Liñares (A Pobra de Brollón). Ten perto de 500 anos, 16 m de altura, e un diámetro considerable debido as nórregas que rodean o toro. O interior está oco. INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 106. Freixa (Fraxinus angustifolia) -Montepando. O Val. (As Nocedas. Monforte de Lemos). -20,9 m de altura e 6,08 m de perímetro. INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
  • 107. Amieira á beira do rego das Veigas, ao pé do castelo Monforte Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa). A Raíña, Bóveda, na estrada de Bóveda a Taboada, no alto da serra das Penas. Mide 5,20 m de perímetro.
  • 108. Nos parques e xardíns das poboacións e nos pazos atópanse exemplares destacados de especies exóticas. No pazo de Bóveda hai unha secuoia xigante e un liquidámbar, no castelo-pazo de Maside exemplares monumentais de bidueiros, amieiras e cedros do Líbano. Salgueiro chorón do xardín do Colexio da Compañía (Monforte)
  • 109. Alcipreste mediterráneo (Cupressus sempervirens). Mosteiro de Ferreira de Pantón. -16,50 m de altura. Pazo de Bóveda. (Bóveda) -26 m de altura e 4,86 m de perímetro.
  • 110. ESPAZOS PROTEXIDOS As árbores gabean polas paredes verticais do canón LIC CANÓN DO SIL Espazo de 5.914 ha compartido coa provincia de Ourense. Inclúe a ribeira do Canón do Sil, desde Os Peares ata Pinol e o canón do Cabe, desde Canaval ata a unión co Sil na zona coñecida como Ribeira Sacra (concellos de Sober e Pantón). É un espazo de gran interese xeolóxico e paisaxístico, polas impresionantes formacións rochosas do canón que se aprecian desde diferentes lugares; ecolóxico pola mestura de especies atlánticas e mediterráneas e cultural. O Sil en Bolmente
  • 111. LIC RÍO CABE O espazo protexido comprende parte do curso do río Cabe (desde o nacemento ata Canaval), os seus afluentes Carabelo, Cinsa e Mao, e os vales e bosques do Incio, 1.787 ha nos concellos de Bóveda, O Incio, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Pantón e Sober. O resto do curso e as súas beiras están incluídos no espazo Canóns do Sil. Os ecosistemas protexidos neste espazo son maiormente os cursos dos ríos, coa vexetación acuática e de ribeira onde atopamos unha gran diversidade animal e vexetal. O Cabe en Canabal
  • 112. Albarizas LIC OS ANCARES-O COUREL É un gran espazo de 102.830 ha que abrangue as Serras Orientais de Lugo, ata o límite con León. Nesta comarca protexe parte do territorio de Pobra do Brollón na aba oeste da serra da Trapa e o val do Lor. Destaca polas súas formacións xeolóxicas e a riqueza da súa flora e fauna, unha das máis completas e diversas de Galiza, porque a súa situación na fronteira entre a rexión eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies máis diversas. Bidueiros na serra da Trapa
  • 113. O FERRO A riqueza en minerais de ferro das serras do norte e leste da comarca de Lemos foi, noutros tempos, a base dunha industria artesanal de forxas destinadas a fabricar aparellos para o campo, ferramentas varias e llantas para as rodas dos carros. A etapa de maior intensidad foi entre 1830 e 1850. O mineral calcinábase usando carbón de madeira de carballo e castiñeiro dos montes da zona e reducíase con madeira de breixo. Numerosas explotacións mineiras como a Veneira de Roques, Couso, Lagartosa ou O Busto subministraron mineral de ferro para os mazos que se instalaron nos ríos próximos. Deses tempos consérvanse os restos dalgunhas minas, mazos (Penacova) e topónimos como Ferreiros, Ferreiruá, A Ferrería, Río do Mazo, Mazo de Santigoso... Rego na serra da Trapa Mineral de ferro entre as rochas da serra. O ferro non aparece na natureza en estado puro, atópase na composición de diferentes minerais en forma de óxidos, silicatos, carbonatos, sulfuros...
  • 114. Ferrería de Penacova en Bóveda. Hoxe restaurada formando parte das instalacións dunha casa rural. As ferrerías son instalacións dedicadas ao traballo e transformación do ferro. Naceron na Idade Media e foron moi abundantes nas serras galegas. Utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recientes tiñan machucos máis lixeiros movidos Mina de Ferro na Veneira de Roques. Pobra do Brollón. Nos mellores tempos tivo máis de 30 obreiros e abastecía a unhas quince ferrerías. As “veneiras” son precipitacións de minerais de ferro provocadas pola circulación de augas ácidas e osixenadas entre lousas cargadas de pirita. Mineral de ferro
  • 115. A Cova da Choias atópase no concello da Pobra de Brollón (parroquia de Óutara), nas estribacións da serra da Trapa. É unha grande cavidade natural agrandada polas actividade de explotación mineira do ferro na que podemos apreciar as pegadas do traballo das persoas que ao longo de centos de anos, en épocas diferentes, foron modelando o espazo mentras lle arrancaban o mineral co que traballaban as distintas ferrerías da contorna.
  • 116. O cultivo da vide na Ribeira Sacra é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que se aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muras para conter a terra en socalcos. OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA Un dos recursos económicos máis importantes da comarca de Lemos é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta actividade ten unha longa tradición, desde o tempo dos romanos e foi desenvolvida posteriormente arredor dos abondantes mosteiros da ribeira. Despois dun anos de abandono o sector comeza a recuperarse e a maior parte das explotación están en activo. A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe humanizada (especialmente coas cores do outono), visitar as adegas ou probar os viños. En Monforte están as oficinas do Consello Regulador.
  • 117. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016