Concellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
2. Praia Balea e Cabo do Trece
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de
Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e
as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e
Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de
maior distribución territorial costeira do país.
3. É un dos tramos de costa máis accidentado e heteroxéneo de toda Galiza onde
podemos atopar cantís, illas, lagoas costeiras, sistemas dunares, praias, rías ...
cunha grande divesidade de ecosistemas e hábitats mariños, terrestres e de auga
doce.
Acolle zonas cun elevado grao de conservación dos valores naturais, como
Baldaio, a Ría de Ponteceso, a Lagoa de Traba ou a Praia do Trece.
Mar de Cabo Vilán
A Costa da Morte é un espazo onde os protagonistas son as rochas, o mar e o vento.
4. SITUACIÓN:
Ao noroeste da provincia da
Coruña, nunha faixa costeira nas
comarcas de Bergantiños, Terra
de Soneira e Fisterra, e unha
pequena parte da Coruña.
Localidades de referencia:
Arteixo, Caión, Malpica, Corme,
Ponteceso, Laxe, Camelle,
Camariñas, Muxía, Lires,
Fisterra.
SUPERFICIE:
11.809 ha
CONCELLOS:
Arteixo, A Laracha Cabana de
Bergantiños, Camariñas,
Carballo, Cee, Fisterra, Laxe,
Malpica, Muxía, Ponteceso e
Vimianzo.
VALORES NATURAIS:
cantís, praias, dunas, marismas,
lagoas costeiras e flora fauna
asociadas.
5.
6. Hai unha proposta de ampliación pendente de
aprobar que inclúe unha ampla zona mariña e
pequenos tramos terrestres: A contorna do Cabo
Touriñán, A puntas da Barca e do Corpiño
(Muxía), Pena Forcada, Pena Maior e monte
Corveiro, a praia de Laxe, os esteiros dos regos
de Bouzas (Ponteceso) e Barrañán (Arteixo)...
7. PROTECCIÓN
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809
ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no
inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
8. DATA: 19-6-2003
SUPERFICIE: 7.962 ha
CONCELLOS: Cabana de
Bergantiños, Camariñas,
Carballo, Laxe, Malpica de
Bergantiños, Ponteceso.
Zona de Especial
protección para as
Aves (ZEPA)
COSTA DA
MORTE (NORTE)
Corvos Mariños nas illas Sisargas
9. ZEPA ESPAZO MARIÑO DA COSTA DA MORTE
É unha das ZEPA mariñas de maior superficie, con 316.283,05 ha. Localízase en
augas do Océano Atlántico, fronte á costa da Morte, desde a punta das Ondas
(Caión) ata cabo Touriñán, adentrándose no mar máis de 20 millas náuticas. A
partir do cabo Touriñán la ZEPA apártase da liña litoral, arredor de 2 millas
náuticas, en dirección sur asta a altura de Muros. Inclúe a contorna mariña das
illas Sisargas e os illotes do cabo Vilán. Linda coa ZEPA marítimo-terrestre Costa
da Morte Norte e coa contorna costera incluida no LIC Costa da Morte, coa que
tamén solapa parcialmente no seu ámbito mariño.
É unha importante zona de paso migratorio e alimentación de numerosas aves
marinas.
Carrán mascateiro
(Geochelidon nilotrica)
11. XEOLOXÍA
Todo o espazo presenta un releve abrupto onde dominan os cantís alternando
con depósitos sedimentarios fluviais e mariños. A composición das rochas é moi
variada: granitos, neis, xistos...
12. Cabo Vilán
COSTA
O espazo inclúe tramos de costa exposta, varias rías (Corme e Laxe, e Lires) e as
lagoas litorais: de Baldaio e Traba, así como varías áreas mariñas limítrofes.
13. CABO FISTERRA
Atópase no extremo sur dunha península do mesmo nome co punto máis alto no Monte Faro
(125 m). Está formado por granito rosa con grandes cristais de feldespato.
17. AS PEDRAS SANTAS
Atópanse no cumio do promontorio de Fisterra, no monte Facho, son dous penedos aos que se lles
atribúen máxicos. Sobre elas dise que descansou a Nosa Señora. Segundo a tradición non se poden
retirar nin con varias xuntas de bois, pero pódense mover cun dedo.
18. PRAIA DO MAR DE FORA
Un areal de 600 m, moi exposto e cun bo sistema dunar. Sitúase na parte máis estreita da península de
Fisterra entre as puntas Unlla de Ferro e Alba do Sul.
Unha ruta percorre a costa en dirección ao cabo Fisterra.
20. CABO DA NAVE
Situado 4 km ao norte do faro de
Fisterra, na caída do monte Veladoiro
(243 m). Remata nun grupo de penedos
entre os que destaca o chamado Berrón
da Nave.
23. PRAIA DO ROSTRO
Un areal de 2 km de lonxitude. Situada ao norte da península de Fisterra, entre as aldeas de Castrexe e
Padrís, limitada polas puntas Noroeste do Rostro e Surleste do Rostro. Detrás da praia hai un extenso
cordón de dunas fixadas por unha das vexetacións psamófilas mellor conservadas de Galiza, que pechan
unha pequena zona de marismas con xunqueiras parcialmente comunicada co mar. É unha praia salvaxe
e desprotexida na que tiveron lugar varios naufraxios. Os máis célebres foron o do Turret, en 1900 e o
Casón, en 1987.
24. Conta a lenda que debaixo das dunas da praia do Rostro está enterrada a mítica cidade de Dugium que
foi arrasada por unha enorme onda nunha noite de temporal.
En diferentes excavación arqueolóxicas atopáronse restos prehistóricos e romanos.
Nunha punta próxima atópase o emprazamento do Castro de Castromiñán, interesantísima citania
marítima encravada nun outeiro do cantil. Desde Castromiñán pódese facer unha ruta ata a punta Castelo
e a praia da Arnela.
27. Boca da ría de Lires e praia de Nemiña.
A forza do mar forma unha frecha de area que dificulta o desaugue do río do Castro.
RÍA DE LIRES
Situada entre as puntas Cociñadoiro e Coído de Calboa, formada pola confluencia dos ríos
Castro e Lires. Máis que unha ría verdadeira é un esteiro bloqueado por unha frecha areosa
que impide que se baleire totalmente, formando unha lagoa fangosa na que se acollen e
alimentan anátidas e limícolas. A marea chea supera o dique de area e renova a auga do
interior.
28. PRAIA DE LIRES
A costa entre a punta Cociñadoiro e o mellón de Lires forma unha pequena enseada na que
se atopa a praia de Nemiña, un areal de 1.460 m de lonxitude. Un pouco máis adiante
atópanse dúas pequenas praias: Area Pequena e Area Grande, separadas por un saínte
rochoso. Pódese acceder desde un camiño que sae de Lires.
30. CABO TOURIÑÁN
Está situado no extremo dunha pequena península granítica. É a punta máis occidental de
Galiza e da Península, seguido do cabo da Nave en Fisterra. No seu litoral alternan os cantís
cos coídos. Ten varias puntas: Buxeirados, ao norte, Sualba ao oeste e Laxial ao sur. Ao
norte do cabo atópase o illote Herbosa e a punta Ínsua.
Desde cabo Touriñás ata a punta Cociñadoiro hai un tramo de cantís que acadan a máxima
altura na zona de Monte Gordo.
31. FARO DO CABO TOURIÑÁN
Santo Cristo de Fisterra,
Santo da barba dourada,
axúdame a remontar
a laxe da Touriñana.
(Popular)
33. Cabo Touriñán desde a enseada de Cuño.
Desde o Cabo Touriñán pódese facer unha ruta costeira ata a vila de Muxía percorrendo interesantes
zonas de cantís, coídos e praias solitarias. En Lourido pódese facer un desvío para subir ao Monte Facho
(309 m), que paga a pena tendo en conta as vistas que se poden contemplar.
34. COÍDO DE CUÑO
Situado ao pé do monte da Voutra. Está formado por unha mestura de coios graníticos de distintos
tamaños. Estes bloques, situados hoxe na zona intermareal, parece ser que se acumularon nos períodos
interglaciares do Cuaternario debaixo do mar que os redondeou.
35. PRAIA DE LOURIDO
Situada entre a punta Arliña e a punta de Lourido no fondo dunha enseada abrigada. Ten un sistema
dunar moi ben conservado.
37. PRAIA DE MUÍÑOS ou AREA MAIOR (Muxía), na ría de Camariñas
Mide 630 m de lonxitude, e está situada no fondo da enseada de Merexo. Nela desemboca o rego de
Moraime. Ten un bo sistema dunar. Nas proximidades atópanse pequenas praias: Merexo, Raias e
Barreiros.
38. Vista da boca da Ría de Camariñas presidida pola PUNTA DO MONTE FARELO, na que se levanta a
ermida da Virxe do Monte.
Neste punto comeza unha a ruta que vai pola costa ata Camelle.
39. Desde o alto do MONTE FARELO hai unha boas vistas da costa. Accedese por un desvío sinalizado a 2
km da estrada de Camariñas a Cabo Vilán, polo que tamén se chega á pequena praia de Lago.
40. CABO VILÁN
É un farallón formado na súa maior parte por rochas graníticas de cor vermella (granito de
dúas micas) acompañado de xistos e cuarcitas con cantís de ata 80 m de altura. No extremo
do cabo atópanse os illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra. A pesar de ser un dos espazos
protexidos máis emblemáticos de Galiza sufriu algunhas alteracións pouco axeitadas ao seu
valor natural e paisaxístico como a construción dun parque eólico e unha piscifactoría.
41. No cabo e nos illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra aniña o corvo mariño cristado (Phalacrocorax
aristotelis) e as poucas parellas de arao dos cons (Uria aalge), que quedan en Galiza.
42. SUPERFICIE: 6,4 ha
CONCELLO: Camariñas
VALORES NATURAIS: cantís
graníticos, aves mariñas...
SITIO DE INTERESE NACIONAL (SIN)
CABO VILÁN
O faro de Cabo Vilán inaugurado en 1854 e
posteriormente renovado, foi o primeiro de
España en ter luz eléctrica (1896).
43. Illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra
Curiosa rocha en Cabo Vilán
coñecida co nome da Moa
44. ENSEADA DE VILÁN desde o miradoiro da Pedrosa (vista cara ao norte). Pódense apreciar as praias da
Pedrosa, Balea, Arealonga e Reira, a Punta Forcadas e o Monte Home do Corveiro
45. PRAIA DE AREA LONGA. As praias desde tramo costeiro son moi expostas e con poucas
condicións para o baño, pero a cambio ofrecen o encanto da tranquilidade e a beleza dunha
46. Moitas das rochas desta costa teñen formas suxerentes que inspiraron á xente a porlle nomes
Os Amantes
Pedra do Oso
O Caudillo
47. BOLEIRA OU COÍDO EN CABO TOSTO.
No cabo Tosto ou do Trece o intenso traballo do mar formou unha rasa de abrasión que
remata na punta do Boi e na que se acumulan bolos de granito desgastado polas ondas que
forman os coídos ou boleiras.
48. Vista da praia do Trece desde o alto do Home do Corveiro
O TRECE
A praia do Trece está situada entre os cabos Tosto e Veo, cunha lonxitude de 1.260 m. Ten
un bo sistema dunar onde se conservan especies pouco comúns noutras zonas da costa,
como as camariñas. Os fortes ventos dominantes (fundamentalmente do oeste) acumulan
unha grande cantidade de area nas abas próximas á costa. A area forma placas que se
manteñen sobre as pendentes grazas á humidade e á fixación das plantas.
49. Praia do Trece e Cabo Tosto desde o mirador do Alto da Gruita
50. Monte Branco, onde a area
empurrada polos fortes
ventos forma unha duna
remontante de grande altura
54. Punta e peirao de Santa Mariña desde o alto do Monte Branco
SANTA MARIÑA
É unha pequena vila asentada nas abas do monte da Cruz. O seu porto está construído entre
rochas vermellas nunha paraxe dunha beleza espectacular rodeada penedos traballados
polo mar e o vento.
57. LAGOA E PRAIA DE TRABA
Entre a Punta Catasol e a Punta das Pías unha barra de area pechou a saída ao mar dos ríos Traba e
Rioval, formando unha lagoa, actualmente moi colmatada.
A praia, de 2.630 m de lonxitude conserva un amplo cordón de dunas fixadas pola vexetación.
59. PRAIA SOESTO. De 860 m de lonxitude, entre as puntas Penedo do Corvo e Carreiroa. Nela
desemboca o rego do mesmo nome. Ten un sistema dunar moi ben conservado con dunas remontantes
de consideráble altura. Un paseo únea coa praia de Traba.
60. Entrada da ría de Corme e Laxe. Punta Roncudo.
RÍA DE CORME E LAXE
Ábrese entre as puntas Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río
Anllóns, que desemboca ao oeste de Ponteceso.
Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo
esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km
chamada a Insua onde podemos atopar dunas móbiles e fixas; e o resto do
espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que
hai praias.
62. Faro no CABO DE LAXE
O Cabo de Laxe e O Roncudo marcan os límites da Ría
63. Vista da ría de Corme e Laxe desde o Monte das Travesas, coa illa Tiñosa
64. PRAIA E VILA DE LAXE
A praia mide 1.320 m de lonxitude e conserva un bo sistema dunar. Nela desemboca o rego de Amedio
que forma unha pequena lagoa coñecida como Brañas Mouras.
65. Ao chegar ao mar o río Anllóns forma unha frecha de area onde se atopa a praia da Barra, Dolarís ou do
Medio, de algo máis de 1 quilómetro de lonxitude.
66. ESTEIRO DO ANLLÓNS E MONTE BRANCO
O río Anllóns desemboca na ría de Corme e Laxe, ao oeste de Ponteceso. O esteiro está
separado da ría por unha barra de area de 2 km chamada a Ínsua onde podemos atopar
dunas móbiles e fixas. A area sobe polas aba do Monte Branco formando placas eólicas.
76. PRAIA DE CEIRUGA OU ESTEIRO E PUNTA CHERPA
A praia de Esteiro ou Ceiruga mide 530 m de lonxitude e está situada entre as puntas Galana e Cherpa.
Nela desemboca o rego do Esteiro.
77. CABO SANTO HADRIÁN e as Illas Sisargas.
O Cabo Santo Hadrián está situado ao noroeste de Malpica. Ten unha grande diversidade litolóxica:
gneis, xistos, diques básicos, areiscas e conglomerados, que deron lugar a diversas formas erosivas:
79. As ILLAS SISARGAS desde Santo Hadrián.
As Illas Sisargas son un pequeno arquipélago formado por tres illas maiores (Malante, Sisarga Pequena
e Sisarga Grande) e varios illotes (Chalreu, O Xaceiro, Magnánimo) separadas do cabo San Hadrián por
unha canle de 900 m de anchura. A Sisarga grande é granítica e as outras están constituídas por gneis
glandular e son de relevo máis suave.
Nelas aniñan varias especies de aves acuáticas: gaivota tridáctila (200 parellas, un dos poucos lugares
de cría de Galiza), gaivota crara, gaivota sombría, corvo mariño cristado...). En 1948 criaban 330 parellas
de arao dos cons, hoxe practicamente extinguido.
Pódense atopar varios endemismos do occidente da Península: xarpazo (Cistus psilosepalus) e
Tuberaria globulariefolia.
Están declaradas Refuxio de Caza e ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES (ZEPA).
80. Cantís e faro da illa Sisarga Grande. Está formada por granito de dúas micas. Ten unha superficie
aplanada e todo o perímetro de abruptos cantís, agás unha pequena praia que cobre a marea, na que está
o embarcadoiro que permite o acceso á illa e ao faro.
88. PRAIAS DE RAZO E BALDAIO
O conxunto formado polas praias de Pedra do Sal, Baldaio e Razo forma un areal de máis de 5 km de
lonxitude situado entre as puntas da Fonte e Razo, no Concello de Carballo.
Aprécianse varias zonas claramente diferenciadas: unha praia-barreira cun sistema de dunas formando
un cordón paralelo á costa; unha lagoa de 1.600x800 m de dimensións máximas, comunicada co mar por
unha canle; e unha marisma resultado da colmatación e da colonización vexetal con substrato de areas e
fangos, e unha zona turbosa.
É unha importante zona de invernada e descanso de aves acuáticas.
A marisma de Baldaio sufriu diversas agresións que estiveron a punto de destruir o seu valor ecolóxico.
A maís importante foi a apertura de canles, o peche con comportas e a extracción de area para ser
91. A Pedra do Sal, praias da Pedra do Sal e Baldaio
CANTÍS ENTRE CAIÓN E A PEDRA DO
SAL. Os cantís desta zona teñen un grande
interese xeolóxico. Están formados por granitos
moi erosionados con intrusións doutras rochas,
fallas e cortes nos que se poden observar
sedimentos de distintas épocas.
93. PRAIA DE BARRAÑÁN
É un grande areal de case 2 km de lonxitude cun sistema dunar ben conservado. Forma un
conxunto, separado por pequenos saíntes rochosos, coas pequenas praias de Cambouzas e
Santa Irene.
94. Praia de Valcovo, en Arteixo. Alí atópase a furna de
San Xián accesible só na baixamar onde, segundo conta a
tradición popular, un mariñeiro soltou un galo atado por
unha perna cun cordel, e apareceu dous quilómetros máis
adiante, noutra furna onde abrolla auga doce.
Praia da Salsa, en Arteixo.Praia de Praia Repibelo e punta Corveira
96. Praia de Sabón e punta da cancela, onde remata o espazo protexido
97. Río do Esteiro
REDE FLUVIAL
Ao ser un tramo de costa tan amplo desembocan numerosos ríos e regos que ao
atoparse co mar forman esteiros ou lagoas costeiras. De sur a norte: Castro (ría
de Lires), Negro (ría de camariñas), Santa Mariña, Traba, Soesto, San Amedio,
Anllóns (ría de Corme e Laxe), Esteiro, Os Muíños, Os Riás, Oza, O Castelo,
Barrañán, Pontellas e Seixedo.
99. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda
-Esteiros
-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar
-Lagoas costeiras
-Grandes calas e baías pouco profundas
-Arrecifes
-Vexetación anual sobre argazos
-Vexetación perenne de coídos
-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas
-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas
-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)
-Dunas móbiles embrionarias
-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)
-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)
-Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea)
-Depresións intradunales húmidas
-Dunas con céspedes do Malcolmietalia
-Dunas con vexetación esclerófila do Cisto-Lavenduletalia
100. -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas
con vexetación de Littorelletea
uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación
de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-
Batrachion
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas
temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais
do Thero-Brachypodietea
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos,
turbosos ou arxilo-limosos( Molinion caeruleae)
-Prados húmidos mediterráneos de herbas altas
do Molinion-Holoschoenion
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de
chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude
(Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
101. -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Turbeiras calcarias do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae
-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
-Covas non explotadas polo turismo
-Furnas mariñas
-Turbeiras boscosas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
102. Tuberaria globulariefolia
FLORA
A vexetación de cantís, dunas e
marismas está moi especializada. Por
toda a área podemos atopar especies
de grande interese pola súa rareza ou
relevancia.
Destaca a presenza de Omphalodes
littoralis subsp. gallaecica, Linaria
polygalifolia subsp. aguillonensis
(endemismos da provincia da
Coruña).
Nas illas Sisargas aparecen
endemismos do occidente da
Península: xarpazo (Cistus
psilosepalus) e Tuberaria
globulariefolia. Na lagoa de Traba e
en Fisterra podemos atopar o
endemismo local Centaurea
corcubionensis. Na praia do Trece
camariña, Sagina merinoi...
103. Leiteiras e barrón na duna de Baldaio
Nas dunas podemos atopar: arenaria do mar, barriña, eiruga mariña, poligono da
praia, aceda, grama mariña, leiteira, correola da praia, cardo mariño, cebola das
gaivotas, melga de mar, alelí das praias, herba do cuco, espigadilla do mar, silene,
tomelo bravo, rabo de lebre, cardo leiteiro, buño das praias, queiruga mariña, a
orquídea Spiranthes aestivalis.
105. Camariña (Corema album), unha planta moi abundante
noutros tempos que actualmente so se atopa
enpuntos moi localizados da costa galega. Na Costa
da Morte podemos atopala na praia do Trece.
106. Espadanas e carrizos na lagoa de Traba
Nas lagoas e marismas: Ruppia maritima, salicornia, herba coral, acelga salgada,
estrela das xunqueiras, verdoaga mariña, santolina da auga, chantaxe de mar,
herba das andurinas, xunco de lagoa, espadana amarela, esparganio, carrizo,
salgueiros, ameneiros...
108. Nos cantís e rochedos: perixel do mar, herba namoradeira, fento mariño,
Leucantemum...
As plantas que viven nos cantís protéxense da acción do vento e o sal que transporta desenvolvendo
formas compactas e rastreiras.
109. Fento mariño (Asplenium marinum). Vive nos furados dos cantís e nas fendas das paredes da beiramar.
110. Cardo cuco (Carlina corymbosa). Florece durante
todo o verán no mato entre os toxos e breixos da
parte alta dos cantís.
112. Nas áreas mariñas dominan as algas suxeitas ás rochas e algunha planta vascular
adaptada á vida mergullada como as sebas.
Carrapuchos (Chondrus crispus)
116. FAUNA
O máis representativo son as aves acuáticas, moitas delas invernantes que se concentran
nos cantís e zonas húmidas. A Costa da Morte é unha importante área de pesca e
marisqueo.
Chuponas, mexillóns, caracolas, lapas... e
outros animais poden vivir no reducido
espazo dunha poza de marea.
122. Parus caeruleus
Parus cristatus
Parus major
Phalacrocorax aristotelis
Phalaropus fulicaria
Philomachus pugnax
Phoenicurus ochruros
Phylloscopus ibericus
Pica pica
Picus viridis
Platalea leucorodia
Plectrophenax nivalis
Pluvialis apricaria
Pluvialis squatarola
Podiceps auritus
Podiceps cristatus
Podiceps nigricollis
Porzana porzana
Prunella modularis
Puffinus griseus
Puffinus mauretanicus
Puffinus puffinus
Puffinus yelkouan
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Pyrrhula pyrrhula
Rallus aquaticus
Recurvirostra avosetta
Regulus ignicapilla
Riparia riparia
Rissa tridactyla
Choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax).
Un córvido pouco común que cría nalgúns cantís
da Costa da Morte.
123. Saxicola torquata
Stercorarius skua
Sterna albifrons
Sterna hirundo
Sterna sandvicensis
Streptopelia decaocto
Streptopelia turtur
Strix aluco
Sula bassana
Sylvia atricapilla
Sylvia borin
Sylvia communis
Sylvia melanocephala
Sylvia undata
Tachybaptus ruficollis
Tachymarptis melba
Tadorna ferruginea
Tadorna tadorna
Tetrax tetrax
Tringa erythropus
Tringa nebularia
Tringa ochropus
Tringa totanus
Troglodytes troglodytes
Turdus merula
Turdus philomelos
Turdus viscivorus
Tyto alba
Uria aalge
Vanellus vanellus
Os araos (Uria aalge) foron noutros tempos moi
abondantes e na actualidade vense só como invernantes
124. As Sisargas forman parte da ZEPA “Costa da
Morte Norte”. Nelas aniñan varias especies de
aves acuáticas: gaivota tridáctila, gaivota
crara, gaivota sombría, corvo mariño
cristado...
Gaivota tridáctila (Rissa tridactyla)
Colonia de gaivota tridáctila na
Sisarga Grande, a única de Galiza.
129. Os percebes (Pollicipes pollicipes) desenvólvense unicamente nas rochas da zona intermareal en
lugares de augas limpas e forte ondada. É unha das especies máis comúns e coñecidas da Costa da
Morte e un importante recurso económico.
132. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
É unha área que estivo habitada desde tempos moi antigos como amosan os
estos arqueolóxicos presentes nas proximidades: petróglifos, mámoas, castros,
restos romanos e medievais...
O nome de Costa da Morte foi empregado nas cartas mariñas polos ingleses no
século XIV debido á cantidade de naufraxios que se producían.
Cimeterio dos Ingleses no cabo do Trece, onde están soterradas os 172 náufragos do Serpent, buque-
escola da mariña británica que afundeu nas rochas desta costa.
133. Segundo a tradición en Fisterra
estaba a mítica cidade dos
Nerios. No monte Veladoiro
había fileiras de pedras
relacionadas co culto ao sol
(non se sabe se fenicias ou
anteriores). No século II os
romanos, encabezados por
Décimo Junio Bruto, chegaron a
Fisterra e construíron tamén un
monumento ao sol. Deles
procede o nome de Finis Terrae.
Desde a Idade Media
convertíuse no punto final das
peregrinacións xacobeas.
134. Foxo do lobo, no monte Pena Maior, nas proximidades da praia de Area Longa. Ao fondo o monte Home
do Corveiro que remata no Cabo do Trece.
Os foxos son construcións formadas por dúas paredes altas que conflúen nun foxo. Empregáronse ata
hai uns cen anos para cazar aos lobos. O método consistía en conducilos (por medio de berros e ruídos)
cara á entrada da construción ata conseguir que cairan no foxo.
135. PROBLEMAS
-Sobreexploración dos recursos pesqueiros e marisqueiros
-Contaminación: verquidos urbáns, navegación
-Construcións, presión urbanístia
-Incendios
-Extraccións de areas
-Apertura de canles e pistas, parques eólicos...
Piscifactoría no Cabo Vilán,
mirando cara a Camariñas
Limpando o chapapote do “Prestige”
no Coído de Cuño (2003)
136. PUNTOS DE INTERESE
ARTEIXO
-Praias de Alba, Valcovo e Barrañán
-Punta Redonda
Costa de Arteixo. Un paseo peatonal e un carril para bicicletas permite percorrer parte da costa de
Arteixo desde a praia de Sabón ata a de Barrañán.
138. CARBALLO
-Praias: Leira, Pedra do Sal, Baldaio e Razo
-Pedra do Sal, Punta do Chan de Razo
-Lagoa e marismas de Baldaio
Praia de Baldaio
139. Illa Sisarga Grande
MALPICA
-Praias: Pradeira, Torradas, Riás, Seaia, Beo, Esteiro, Barizo
-Puntas: Cociñadoiro, Falcoeiro, Boi, Santo Hadrián, Nariga
-Montes de Santo Hadrián, Castelo, Ínsua e Nariga
-Faros da Illa Sisarga Grande e Punta Nariga
140. PONTECESO
-Praias: Niñóns, Balarés, Do Medio
-Puntas: Santa Mariña, Eiras, Roncudo e Facho
-Enseada e praias das Barda
-Montes Alve, Ribeira dos Bolos Rubios, Alto das Travesas e Monte Branco.
-Esteiro de Anllóns
-Faro do Roncudo
141. Punta de Taboído e a Barra na marxe esquerda do esteiro do Anllóns
CABANA DE BERGANTIÑOS
-Esteiro do Anllóns
-Punta do Cabalo
142. LAXE
-Puntas Cruz da Rosa, As Pías, Laxe e Catasol.
-Praias: Laxe, Brañas Mouras, Soesto, Traba
-Miradoiro da capela de Santa Rosa
-Monte da Ínsua
-faro de Laxe
-Lagoa de Traba
Vista da lagoa e praia de Traba desde a Torre da Moa
144. CAMARIÑAS
-Praias: Trece, Reira, Balea, Pedrosa
-Puntas: Pedra do Sal, Capelo, Veo, Tosto ou Trece, Boi, Vilán e Villoeira.
-Monte de Santa Mariña, da Vela, Alto das Capelas.
-Punta Forcados: Pedras do Oso, Os Amantes, O Caudillo...
-Foxo do Lobo da Pena Maior
-Cemiterio dos Ingleses
-Faro do cabo Vilán
Coído na Punta do Boi
145. RUTA CAMARIÑAS CAMELLE
É unha das rutas máis completas e interesantes da costa da morte e unha das máis fermosas de Galiza,
na que podemos gozarde todo o explendor da costa exposta típica desta comarca e das curiosas formas
rochosas que o mar, o vento e o tempo forxaron nos granitos rosas da serra de Pena Forcada.
Un sendeiro sinalizado para percorrer a pé, cunha lonxitude de 22 km comeza no Castelo do Soberano,
en Camariñas, e remata en Santa Mariña, no miradoiro do Alto da Gruita. Ao longo do percorrido pásase
por Cabo Vilán, Cabo Tosto, Praia e dunas do Trece e hai numerosos sendeiros que conducen a
pequenas praias, enseadas e miradoiros. Tamén se poden ver a mámoa de Reira e o foxo do Lobo na
caída do monte de Pena Maior.
146. Cabo Touriñán
MUXÍA
-Enseada e praia de Merexo (Area Maior)
-Praias: A Cruz, Espiñeirido, Lourido, Arnela, Moreira e Nemiña.
-Puntas: A Buitra, Moreira, Cabo Touriñán, Cociñadoiro.
-Coído de Cuño
-Monte da Buítra
-Esteiro do río Castro
-Faro de Touriñán.
147. Ría de Lires e río do Castro
CEE
-Puntas: Mellón e A Lagoa
-Ría de Lires
148. Monte Facho e illote Centolo
FISTERRA
-Praias: O Rostro, Mar de Fora
-Puntas: Castelo, Rostro, Arnela, Vilar, Nave, Petón do Inglés, Cabo Fisterra, Punta das
Cabanas e Petón dos Corvos.
-Montes Veladoiro e Facho
-Illote Centolo