SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 48
O TEMPO
A natureza na obra de Manuel María
MANUEL MARÍA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO
Outeiro de Rei (6-10-1929)
a Coruña (8-9-2004)
Este ano 2016 dedícaselle o Día
das Letras Galegas a Manuel
María, un dos escritores máis
prolíficos, activos e
comprometidos dos últimos
tempos.
Publicou máis de cincuenta libros
de poesía, máis dun milleiro de
artigos xornalísticos, trinta
ensaios, quince obras narrativas,
e vinte pezas teatrais, ademais
ten moitas obras aínda inéditas.
O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra.
Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os
elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal,
as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que
dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade…
Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados
cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.
A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e
planeta.
“¿Cándo faremos un mundo no que poidan
cantar libremente en paz,
en auténtica irmandade,
homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
OUTONO
Chegou o tempo de Outono
prás castañas varear.
Chegou o tempo do sono
e a sazón de sementar!
(TERRA CHÁ, 1954)
Eu nacín no Outono cando o sol
é colleita total madurecida,
plenitude cabal e ben cumplida,
frorecido ronsel, morno remol.
En Outono a vida é doce e mol,
esperanza longamente presentida,
madurez xenerosa conquerida
na loita da semente por ser frol.
Eu nacín en Outono cando o mundo
é un froito dourado e en sazón,
un soño melancónico profundo.
Para tí é, Outono, esta canción
que a min me deixou no corazón
un misterioso vento vagamundo.
...
...
Veleiquí, Outono, grande e puro,
vestindo ao mundo de dourado,
con saibo a mosto fermentado,
a mazá, a sal, a grao maduro.
...
...
Eu non sei decir cal é, nin adiviño
que froito ten o Outono máis logrado:
se o millo bó, metálico e broslado
ou o membrillo, redondo e mareliño.
...
...
Sei de uvas impacientes por ser viño,
de mazás en sazón, de mel dourado,
do roibén do solpor esmacelado
que se ensume na noite de mansiño.
...
...
Lembro polo Outono, a sementeira,
o paso da xugada, a terra aberta
que recibía unha semente certa:
no agro sería flor e pan na eira
...
...
As árbores desnúdanse amodiño,
derramando, a bocados, un tesouro:
follas de prata, recamadas de ouro,
nun solpor alampado e mareliño.
...
...
As follas que se xuntan no camiño
ollan nubes dun chumbo case mouro
e o marmurio do río faise estouro,
blasfemando da morte e do destiño.
...
...
Outono é tempo das vendimas.
As uvas maduras, tentadoras,
tomaron o sol horas e horas
e lembran orballos e chorimas.
O vento baixa dende as cimas
con duras agullas feridoras
e as cubas, solemnes e señoras,
gardan, na adega, os seus enigmas.
...
(POEMAS AO OUTONO, 1977)
INVERNO
Están os campos nevados,
a xente xunto as lareiras,
os gandos encortellados
e os capós nas capoeiras.
As bandadas de aves frías
a berrar polos nabales.
Son moi pequenos os días
e grandes os temporales!
(TERRA CHÁ, 1954)
PRIMAVEIRA
Están todas as carpazas
co lilailo da súa flor.
No corazón das rapazas
nacen cantigas de amor!
Hai ledicia verdadeira
nas flores e nas espiñas.
Xa chegou a primaveira
no bico das anduriñas!
(TERRA CHÁ, 1954)
PRIMAVERA
Agora -ouh milagre!- é primavera.
Todo sorrí con amor.
O sol é maino e garimoso
e bica amabelmente a miña pel.
As cousas sorrín agradecidas
cara un ceo azul como o do mar.
Maio longo agromu flores
dun xeito cumprido e xeneroso.
A serán é moi doce
e son moi tépedas as noites.
O reiseñor canta longamente
baixo a luz das estrelas
o seu amor. O seu cantar
mainamente me enche o corazón.
(REMOL, 1970)
VRAO
O tempo do Vrao é tempo do calor,
O traballo é moito e vai pesando
O sol non ten dó do labrador
e queima sen piedade xente e gando!
(TERRA CHÁ, 1954)
ALBORADA
Xogando na luz da alba
con aguilladas de sombras
muiñabas doces brisas
no teu muíño de follas.
Os ventos que non te oían,
cos seus foguetes de flores
depenicaban nas eiras
garabullos de milleiros.
Asubiaban os merlos
alalás entre as silveiras.
E a preta noite morría
aforcada nas cerdeiras!
(MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
AMENCER
Pouco a pouco, feblemente,
o día vai a nacer.
Vense brillar quedamente
as luces do amencer!
Pra non despertar as cousas
que están durmindo a mañán:
luces chumbas como lousas
amodo, na terra, can...!
(TERRA CHÁ, 1954)
CANCIÓN DO MENCER
A noite envolve, na tebra lúcida
e apaixonada do seu ser:
cousas, xentes e paisaxes.
A perfección do mundo faise
música. A lúz é un ollo,
cómplice e amigo, que pon,
no noso non saber, a prata
pura e delicada da súa luz
tépeda e humana como a bágoa.
Un pode, entón, falar,
de xeito fondo e verdadeiro,
consigo mesmo e máis co mundo.
E cando, vagorosamente, chega
a alba, co seu crudo fulgor
indefinido: un é menos un
e as cousas perden a súa
trascendente verdade misteriosa.
(AS LÚCIDAS LÚAS DE OUTONO, 1988)
CANCIÓN DO MENCER
A rosada, ao mencer,
é máis densa
e máis intensa.
O estrelecer é máis escintilante
e máis parpadexante.
O frío e os xelos
feren como coitelos.
O espírito anceiante
agarda a luz da mañá.
A claridade,
que puxa por romper,
non pode vencer
a escuridade
reinante,
teimosa e abraiante.
(CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)
TARDE
Cae a tarde amodiño.
Segue o seu rumbo o camiño.
O centeo florecido
e o río co seu zunido.
Ondeando sobre o trigo
dime un vento manseliño:
“Quen tivera amor, amigo,
pra llo dar a un paxariño...!”
(TERRA CHÁ, 1954)
SERÁN
Agardade docemente a que chegue
a fondura queda da tardiña.
Acougade. Acougade un pouquiño
para que se vaia a brétema soíña
e as aves voen ao seu niño.
Entón as cousas atopan o seu sitio
e nace a soedade na campía.
(MAR MAIOR, 1963)
FUME
Este fume azul
-ronsel de lonxanías-
voa lixeiriño cara o ceo.
Na penumbra:
soidades.
E na alma:
pensamentos e roseiras.
A luz da tarde
morre nunhas breixas.
Fume azul
e promesas
enguedelladas
nas silveiras...
(MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
NOITE
 
A terra colle medo
cando a noite vén.
A lúa dálle luz,
outra cousa non ten.
Inda que a terra chore
non o sabe ninguén!
 
                   (TERRA CHÁ, 1954)
CÁS
 
A noite é un medo escuro.
Andan os cás a ladrar
con un ouveo tan duro
que non deixa de soar.
 
O ouveo dos cás pon medo
nas noites da Terra Chá.
Semella un agoiro inquedo
que chega do máis alá!
 
                       (TERRA CHÁ, 1954)
Á NOITE
 
Hai unha noite soio nosa: galega,
certa, inmensurábel, abraiada,
ateigada de maxia misteriosa,
de seres entre reais e irreais,
revelaciós, altos oráculos
e unha estraña música que canta
no noso ser, crente e dubidoso.
Noite ambigua de brétemas e tebras
e un sutil medo, fino e delicado,
aquecido pola luz pálida da lúa
e as brasas frías das estrelas.
A noite galega é todo néboa:
envolve, apalpa, olla, escoita
e ignoramos se empeza ou se remata.
 
                              (A LUZ RESUCITADA, 1984)
O CEO
 
O ceo na Chaira é alto e fero:
semella talmente un desespero.
As nubes andan a correr deprisa
e tápanlle ó ceo a súa sorrisa.
A terra humilde está deitada
ollando o ceo sen pedirlle nada!
 
                                           (TERRA CHÁ, 1954)
A LÚA
 
Lúa, luída, luxada e violada
-non posuída- polo home.
Lúa núa, pura, inocente:
óllote presidindo a noite,
preto e lonxe de nós, amiga
dos cás, dos vagamundos,
dos tolos e os poetas.
Ouh lúa, irmá dos tristes,
melancólica roda do Destino!
 
                     (A LUZ RESUCITADA, 1984)
O SOL
 
Na Vrao o sol é chumbo derretido
e cae na terra pouco a pouco.
A terra, co calor, perde o sentido.
O sol posúe a terra como un louco!
 
                                                 (TERRA CHÁ, 1954)
O VENTO
 
O vento que vén do mar
é un airiño lixeiro.
A Chaira ven enxugar
o seu aquel mariñeiro.
Aínda non ten modales
e non sabe ser sutil.
Roxe nos carballales
non amenceres de Abril!
O vento que vén do mar
hase facer vento fino
cando deprenda a cantar
de beizos dun estornino.
 
                      (TERRA CHÁ, 1954)
O VENTO
 
O vento e o seu alento
é cousa que non se ve.
O vento ten un misterio!
O vento un misterio é!
Ás veces é un murmurio,
un sopro maino da brisa,
solermiño, arrolador,
semellante a unha sorrisa.
...
...
Ás veces o vento zoa,
terríbel, ameazante:
leva lousados e albres
coa súa forza de xigante!
O vento tolo, na noite
corre, brúa, berra, brama:
eu a escoitalo medoso
acochadiño na cama!
 
O vento pasa bruante
con forza de xigantón.
Eu sinto por el respeto
e sempre lle chamo DON!
 
     (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
ORACIÓN DE BRÉTEMA
 
Na miña sementeira azul de ritos celtas
vou decote rezando paseniño,
sen verbas pegureiras,
e rezo por todos os intres
de choivas namoradas
e paxariños mortos.
A brétema –só miña-
coa súa plenitude mareira de desterros
éncheme de tenrura nesta morte
de saloucos melancólicos e loitos.
Con todo o abalamento de mortes
e aquelarres
vou coa dúbida de brétemas dereitas
no pétalo escoante deste aceiro
-ilusiós nacidas no prego-
que fai multiplicar a miña fe.
En todos os consellos
férenme as brétemas o peito.
Brétema que eu muíño ledamente
rezándolle un prego culpábel
de todos os abrentes
e das historias tolas
perfiadas nas penumbras dun regueiro
que me olla detrás duns anteollos
afumados cecais de silencios e lembranzas.
                                         
                                           (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
A BRÉTEMA
 
De San Martiño a Febreiro
son días de neboeiro.
Non hai brétema como esta:
é fría como a xeada.
Brétema pingona e mesta
como a noite de pechada.
Néboas que non se dan ido
mentres que dura o inverno.
Semellan fume saído
das entrañas do inferno!
De San Martiño a Febreiro
son días de neboeiro.
 
                             (TERRA CHÁ, 1954)
A BRÉTEMA
A brétema é un maino e longo soño
preciso e exacto como un número:
nada hai máis útil e eficaz
que os seus lenes azuis esvaídos
para concretar a melancolía
que se apodera de nós cada serán:
a melancolía e a brétema veñen
a ser, entón, a mesma cousa.
A brétema pingona, escura e mesta
-de grandes ollos lúcidos atentos-
cae moi amodiño sobre o mundo
sen mancar as cousas aínda que
as penetra e posui ata o fondo.
Eu amo esa brétema lixeira,
amiga das nubes e as lavercas,
que agarima e coroa os altos cumes.
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
ORBALLO
Serán bágoas da noite
cando tivo que morrer,
as pingotas do orballo
tremelucindo ó mencer?
Ou son bágoas de ledicia,
as primeiras da mañán,
estas pingas de rosada
que sobre as cousas están?
(TERRA CHÁ, 1954)
PINGA DE ORBALLO
Ollo garimoso do mundo e da mañá,
esencia e recendo da máis
precisa e nidia claridade,
xusta medida da sede urxente
e breve dos paxaros.
Nunca bágoa.
E si sorrisa ou alborada,
ouh puro tremor, lume de estrela!
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
NUBES
Unha nube é un fume melancólico,
un río do revés,
unha ameaza de tronada,
un inalcanzábel paraíso,
un soño a medio construír,
un máxico espello viaxeiro,
unha ave estraña e ceibe,
un enorme salouco xigantesco.
Mais un vive nas nubes
e nunca revelará o seu segredo.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
CHOIVA
Cae a auga na Chaira
soio polo gusto
de pegarlle na cara.
A Chaira sofre e cala.
(TERRA CHÁ, 1954)
A CHOIVA
Chove dun xeito triste e insistente.
A miña sensibilidade
está húmida, mole e lamacenta:
é un limo viscoso, mesto e verde.
Teño que abrir as portas e fiestras
do meu mundo máis meu:
cómpre arexalos,
acabar co seu mofo balorento
para que non remate morto, apodrecendo
cunha fría e noxenta savandixa
no lugar que ocupa o corazón.
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
CHOIVA
Chove seguido e mainamente sobre min.
O meu corpo recibe a auga,
submiso e agradecido, como
un don benfeitor e fecundante.
Semello un penedo ergueito:
a choiva vaime traballando,
luíndo, facendo florecer
na miña pel paleiros e couselos.
Gracias, pois, á choiva son irmao
das pedras que, nos lousados,
pon, como un galano, a Primavera.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
POCEIRAS
Brilan ao sol as poceiras!
Xa pouco máis brilarán!
Hainas de cen mil maneiras
e están tiradas no chan.
A choiva fíxoas nacer
sobre o monte ou no camiño.
E fainas o sol morrer
despaciño, despaciño...
E na terra están tiradas
Viven nun barrizal!
E son por todos tripadas
e a ninguén fixeron mal!
(TERRA CHÁ, 1954)
O ARCO DA VELLA
O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.
O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.
O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.
O arco da vella
de luz feito é.
Resulta un milagre
que siga de pé!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
CANCIÓN PARA
A HORA DE TRONAR
Na nosa terra sempre, sempre trona
e caen raios e centellas a Deus dar.
A tronada é teimosa, machacona:
non ten traza ningunha de amainar.
Hai séculos que trona. A tronada
é cada vez máis forte, máis escura.
E nós aquí, sos, sen facer nada,
revertendo carraxe e máis tristura.
Chove a Deus dar, relustra, arroia,
unha nube moura cobre os ceios.
A xente desesperada, muda e soia,
xa non ten ilusiós, risos e anceios.
Segue a chover. O trono brúa,
espanta.
O raio fire, mata, queima canto hai.
E a tronada que non, que non levanta.
E a tronada que non, que non se vai.
(CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)
NEVE
Está xa tapada a aira
e non se olla o camiño!
Está nevando na Chaira!
Está nevando amodiño!
E o gando encortellado
non ha saír tan axiña.
Ó lonxe o monte nevado
é unha sáboa branquiña!
Non parecen verdadeiras
estas terras coas nevadas!
Montes e carballeiras
semellan contos de fadas!
Soio se olla branquear
en todo o longo da Chá!
Anda a nevar, a nevar:
Quen sabe si parará!
(TERRA CHÁ, 1954)
Manuel María
Letras Galegas 2016
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.
Textos: Manuel María
Xaneiro 2016
Con este traballo queremos
facer unha humilde homenaxe
a quen tanto quixo e fixo por
poñer en valor este noso país.

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

La actualidad más candente (20)

Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
Manuel María: animais
Manuel María: animaisManuel María: animais
Manuel María: animais
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemario
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Rosalía de Castro
Rosalía de Castro Rosalía de Castro
Rosalía de Castro
 

Similar a Manuel María: a natureza, o tempo

Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxemonadela
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a naturezamariasorey
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerranoagaliza
 
Novoneyra A Natureza
Novoneyra A NaturezaNovoneyra A Natureza
Novoneyra A Naturezamonadela
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013sacaideas
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaIes Numeroun
 
A primavera. Manuel Curros Enríquez
A primavera.  Manuel Curros EnríquezA primavera.  Manuel Curros Enríquez
A primavera. Manuel Curros EnríquezBegoña Codesal
 

Similar a Manuel María: a natureza, o tempo (20)

Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Poemas do sol
Poemas do solPoemas do sol
Poemas do sol
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a natureza
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 
Novoneyra A Natureza
Novoneyra A NaturezaNovoneyra A Natureza
Novoneyra A Natureza
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
 
Vangarda
VangardaVangarda
Vangarda
 
A primavera. Manuel Curros Enríquez
A primavera.  Manuel Curros EnríquezA primavera.  Manuel Curros Enríquez
A primavera. Manuel Curros Enríquez
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 

Más de monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

Más de monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Manuel María: a natureza, o tempo

  • 1. O TEMPO A natureza na obra de Manuel María
  • 2. MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO Outeiro de Rei (6-10-1929) a Coruña (8-9-2004) Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.
  • 3. O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento. A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta. “¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
  • 4. OUTONO Chegou o tempo de Outono prás castañas varear. Chegou o tempo do sono e a sazón de sementar! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 5. Eu nacín no Outono cando o sol é colleita total madurecida, plenitude cabal e ben cumplida, frorecido ronsel, morno remol. En Outono a vida é doce e mol, esperanza longamente presentida, madurez xenerosa conquerida na loita da semente por ser frol. Eu nacín en Outono cando o mundo é un froito dourado e en sazón, un soño melancónico profundo. Para tí é, Outono, esta canción que a min me deixou no corazón un misterioso vento vagamundo. ...
  • 6.
  • 7. ... Veleiquí, Outono, grande e puro, vestindo ao mundo de dourado, con saibo a mosto fermentado, a mazá, a sal, a grao maduro. ...
  • 8. ... Eu non sei decir cal é, nin adiviño que froito ten o Outono máis logrado: se o millo bó, metálico e broslado ou o membrillo, redondo e mareliño. ...
  • 9. ... Sei de uvas impacientes por ser viño, de mazás en sazón, de mel dourado, do roibén do solpor esmacelado que se ensume na noite de mansiño. ...
  • 10. ... Lembro polo Outono, a sementeira, o paso da xugada, a terra aberta que recibía unha semente certa: no agro sería flor e pan na eira ...
  • 11. ... As árbores desnúdanse amodiño, derramando, a bocados, un tesouro: follas de prata, recamadas de ouro, nun solpor alampado e mareliño. ...
  • 12. ... As follas que se xuntan no camiño ollan nubes dun chumbo case mouro e o marmurio do río faise estouro, blasfemando da morte e do destiño. ...
  • 13. ... Outono é tempo das vendimas. As uvas maduras, tentadoras, tomaron o sol horas e horas e lembran orballos e chorimas. O vento baixa dende as cimas con duras agullas feridoras e as cubas, solemnes e señoras, gardan, na adega, os seus enigmas. ... (POEMAS AO OUTONO, 1977)
  • 14. INVERNO Están os campos nevados, a xente xunto as lareiras, os gandos encortellados e os capós nas capoeiras. As bandadas de aves frías a berrar polos nabales. Son moi pequenos os días e grandes os temporales! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 15. PRIMAVEIRA Están todas as carpazas co lilailo da súa flor. No corazón das rapazas nacen cantigas de amor! Hai ledicia verdadeira nas flores e nas espiñas. Xa chegou a primaveira no bico das anduriñas! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 16. PRIMAVERA Agora -ouh milagre!- é primavera. Todo sorrí con amor. O sol é maino e garimoso e bica amabelmente a miña pel. As cousas sorrín agradecidas cara un ceo azul como o do mar. Maio longo agromu flores dun xeito cumprido e xeneroso. A serán é moi doce e son moi tépedas as noites. O reiseñor canta longamente baixo a luz das estrelas o seu amor. O seu cantar mainamente me enche o corazón. (REMOL, 1970)
  • 17. VRAO O tempo do Vrao é tempo do calor, O traballo é moito e vai pesando O sol non ten dó do labrador e queima sen piedade xente e gando! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 18. ALBORADA Xogando na luz da alba con aguilladas de sombras muiñabas doces brisas no teu muíño de follas. Os ventos que non te oían, cos seus foguetes de flores depenicaban nas eiras garabullos de milleiros. Asubiaban os merlos alalás entre as silveiras. E a preta noite morría aforcada nas cerdeiras! (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
  • 19. AMENCER Pouco a pouco, feblemente, o día vai a nacer. Vense brillar quedamente as luces do amencer! Pra non despertar as cousas que están durmindo a mañán: luces chumbas como lousas amodo, na terra, can...! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 20. CANCIÓN DO MENCER A noite envolve, na tebra lúcida e apaixonada do seu ser: cousas, xentes e paisaxes. A perfección do mundo faise música. A lúz é un ollo, cómplice e amigo, que pon, no noso non saber, a prata pura e delicada da súa luz tépeda e humana como a bágoa. Un pode, entón, falar, de xeito fondo e verdadeiro, consigo mesmo e máis co mundo. E cando, vagorosamente, chega a alba, co seu crudo fulgor indefinido: un é menos un e as cousas perden a súa trascendente verdade misteriosa. (AS LÚCIDAS LÚAS DE OUTONO, 1988)
  • 21. CANCIÓN DO MENCER A rosada, ao mencer, é máis densa e máis intensa. O estrelecer é máis escintilante e máis parpadexante. O frío e os xelos feren como coitelos. O espírito anceiante agarda a luz da mañá. A claridade, que puxa por romper, non pode vencer a escuridade reinante, teimosa e abraiante. (CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)
  • 22. TARDE Cae a tarde amodiño. Segue o seu rumbo o camiño. O centeo florecido e o río co seu zunido. Ondeando sobre o trigo dime un vento manseliño: “Quen tivera amor, amigo, pra llo dar a un paxariño...!” (TERRA CHÁ, 1954)
  • 23. SERÁN Agardade docemente a que chegue a fondura queda da tardiña. Acougade. Acougade un pouquiño para que se vaia a brétema soíña e as aves voen ao seu niño. Entón as cousas atopan o seu sitio e nace a soedade na campía. (MAR MAIOR, 1963)
  • 24. FUME Este fume azul -ronsel de lonxanías- voa lixeiriño cara o ceo. Na penumbra: soidades. E na alma: pensamentos e roseiras. A luz da tarde morre nunhas breixas. Fume azul e promesas enguedelladas nas silveiras... (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
  • 25. NOITE   A terra colle medo cando a noite vén. A lúa dálle luz, outra cousa non ten. Inda que a terra chore non o sabe ninguén!                      (TERRA CHÁ, 1954)
  • 27. Á NOITE   Hai unha noite soio nosa: galega, certa, inmensurábel, abraiada, ateigada de maxia misteriosa, de seres entre reais e irreais, revelaciós, altos oráculos e unha estraña música que canta no noso ser, crente e dubidoso. Noite ambigua de brétemas e tebras e un sutil medo, fino e delicado, aquecido pola luz pálida da lúa e as brasas frías das estrelas. A noite galega é todo néboa: envolve, apalpa, olla, escoita e ignoramos se empeza ou se remata.                                 (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 28. O CEO   O ceo na Chaira é alto e fero: semella talmente un desespero. As nubes andan a correr deprisa e tápanlle ó ceo a súa sorrisa. A terra humilde está deitada ollando o ceo sen pedirlle nada!                                              (TERRA CHÁ, 1954)
  • 29. A LÚA   Lúa, luída, luxada e violada -non posuída- polo home. Lúa núa, pura, inocente: óllote presidindo a noite, preto e lonxe de nós, amiga dos cás, dos vagamundos, dos tolos e os poetas. Ouh lúa, irmá dos tristes, melancólica roda do Destino!                        (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 30. O SOL   Na Vrao o sol é chumbo derretido e cae na terra pouco a pouco. A terra, co calor, perde o sentido. O sol posúe a terra como un louco!                                                    (TERRA CHÁ, 1954)
  • 31. O VENTO   O vento que vén do mar é un airiño lixeiro. A Chaira ven enxugar o seu aquel mariñeiro. Aínda non ten modales e non sabe ser sutil. Roxe nos carballales non amenceres de Abril! O vento que vén do mar hase facer vento fino cando deprenda a cantar de beizos dun estornino.                         (TERRA CHÁ, 1954)
  • 32. O VENTO   O vento e o seu alento é cousa que non se ve. O vento ten un misterio! O vento un misterio é! Ás veces é un murmurio, un sopro maino da brisa, solermiño, arrolador, semellante a unha sorrisa. ...
  • 34. ORACIÓN DE BRÉTEMA   Na miña sementeira azul de ritos celtas vou decote rezando paseniño, sen verbas pegureiras, e rezo por todos os intres de choivas namoradas e paxariños mortos. A brétema –só miña- coa súa plenitude mareira de desterros éncheme de tenrura nesta morte de saloucos melancólicos e loitos. Con todo o abalamento de mortes e aquelarres vou coa dúbida de brétemas dereitas no pétalo escoante deste aceiro -ilusiós nacidas no prego- que fai multiplicar a miña fe. En todos os consellos férenme as brétemas o peito. Brétema que eu muíño ledamente rezándolle un prego culpábel de todos os abrentes e das historias tolas perfiadas nas penumbras dun regueiro que me olla detrás duns anteollos afumados cecais de silencios e lembranzas.                                                                                      (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
  • 35.
  • 36. A BRÉTEMA   De San Martiño a Febreiro son días de neboeiro. Non hai brétema como esta: é fría como a xeada. Brétema pingona e mesta como a noite de pechada. Néboas que non se dan ido mentres que dura o inverno. Semellan fume saído das entrañas do inferno! De San Martiño a Febreiro son días de neboeiro.                                (TERRA CHÁ, 1954)
  • 37. A BRÉTEMA A brétema é un maino e longo soño preciso e exacto como un número: nada hai máis útil e eficaz que os seus lenes azuis esvaídos para concretar a melancolía que se apodera de nós cada serán: a melancolía e a brétema veñen a ser, entón, a mesma cousa. A brétema pingona, escura e mesta -de grandes ollos lúcidos atentos- cae moi amodiño sobre o mundo sen mancar as cousas aínda que as penetra e posui ata o fondo. Eu amo esa brétema lixeira, amiga das nubes e as lavercas, que agarima e coroa os altos cumes. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 38. ORBALLO Serán bágoas da noite cando tivo que morrer, as pingotas do orballo tremelucindo ó mencer? Ou son bágoas de ledicia, as primeiras da mañán, estas pingas de rosada que sobre as cousas están? (TERRA CHÁ, 1954)
  • 39. PINGA DE ORBALLO Ollo garimoso do mundo e da mañá, esencia e recendo da máis precisa e nidia claridade, xusta medida da sede urxente e breve dos paxaros. Nunca bágoa. E si sorrisa ou alborada, ouh puro tremor, lume de estrela! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 40. NUBES Unha nube é un fume melancólico, un río do revés, unha ameaza de tronada, un inalcanzábel paraíso, un soño a medio construír, un máxico espello viaxeiro, unha ave estraña e ceibe, un enorme salouco xigantesco. Mais un vive nas nubes e nunca revelará o seu segredo. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 41. CHOIVA Cae a auga na Chaira soio polo gusto de pegarlle na cara. A Chaira sofre e cala. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 42. A CHOIVA Chove dun xeito triste e insistente. A miña sensibilidade está húmida, mole e lamacenta: é un limo viscoso, mesto e verde. Teño que abrir as portas e fiestras do meu mundo máis meu: cómpre arexalos, acabar co seu mofo balorento para que non remate morto, apodrecendo cunha fría e noxenta savandixa no lugar que ocupa o corazón. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 43. CHOIVA Chove seguido e mainamente sobre min. O meu corpo recibe a auga, submiso e agradecido, como un don benfeitor e fecundante. Semello un penedo ergueito: a choiva vaime traballando, luíndo, facendo florecer na miña pel paleiros e couselos. Gracias, pois, á choiva son irmao das pedras que, nos lousados, pon, como un galano, a Primavera. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 44. POCEIRAS Brilan ao sol as poceiras! Xa pouco máis brilarán! Hainas de cen mil maneiras e están tiradas no chan. A choiva fíxoas nacer sobre o monte ou no camiño. E fainas o sol morrer despaciño, despaciño... E na terra están tiradas Viven nun barrizal! E son por todos tripadas e a ninguén fixeron mal! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 45. O ARCO DA VELLA O arco da vella no ceo subido co seu colorín, co seu colorido. O arco da vella con sete colores que teñen, no ceo, beleza de flores. O arco da vella no ceo chantado co seu colorín, co seu colorado. O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros que a ninguén fan mal. O arco da vella de luz feito é. Resulta un milagre que siga de pé! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 46. CANCIÓN PARA A HORA DE TRONAR Na nosa terra sempre, sempre trona e caen raios e centellas a Deus dar. A tronada é teimosa, machacona: non ten traza ningunha de amainar. Hai séculos que trona. A tronada é cada vez máis forte, máis escura. E nós aquí, sos, sen facer nada, revertendo carraxe e máis tristura. Chove a Deus dar, relustra, arroia, unha nube moura cobre os ceios. A xente desesperada, muda e soia, xa non ten ilusiós, risos e anceios. Segue a chover. O trono brúa, espanta. O raio fire, mata, queima canto hai. E a tronada que non, que non levanta. E a tronada que non, que non se vai. (CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)
  • 47. NEVE Está xa tapada a aira e non se olla o camiño! Está nevando na Chaira! Está nevando amodiño! E o gando encortellado non ha saír tan axiña. Ó lonxe o monte nevado é unha sáboa branquiña! Non parecen verdadeiras estas terras coas nevadas! Montes e carballeiras semellan contos de fadas! Soio se olla branquear en todo o longo da Chá! Anda a nevar, a nevar: Quen sabe si parará! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 48. Manuel María Letras Galegas 2016 Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María. Textos: Manuel María Xaneiro 2016 Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.