Inclúe os concellos de Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos. O territorio está artellado arredor dos vales do Arnoia e Limia e os macizos montañosos que os separan. É unha área que acolle importantes valores naturais e culturais.
DATA DE DECLARACIÓN: 29 de
Xuño de 2005
SUPERFICIE: 21.842 ha
CONCELLOS: Allariz, A Bola,
Rairiz de Veiga e Vilar de Santos.
VALORES NATURAIS: ríos (Arnoia,
Limia), veigas e bosques de ribeira,
touzas, sebes e monte.
Inclúe os espazos protexidos:
LIC Veiga de Ponteliñares
ZEPA A Limia
Monumento Natural:
Carballa da Rocha
VALORES CULTURAIS: restos
arqueolóxicos, monumentos,
conxuntos urbáns, muíños, pontes,
curtidurías, tradicións...
O territorio está artellado arredor dos vales do Arnoia e Limia e os macizos
montañosos que os separan.
É unha área de grande importancia bioxeográfica, onde conflúen características
mediterráneas e eurosiberianas.
Zona núcleo (149,2 ha, 0, 7%): lugares nos que é posible atopar ecosistemas
naturais menos alterados: os humidais da Veiga de Ponteliñares, A Carballa da
Rocha, O Briñal, O Canelar, O Foxo Vello, O Ruxidoiro, O Castro de Castrelo e O
Castro de San Miguel.
Veiga de Ponteliñares
Zona tampón (1.054,6 ha, 4,9%): áreas nas que as actividades a desenvolver
contribúen a mellorar a conservación, dentro dun marco de aproveitamento
sostible dos recursos (gandaría autóctona en réxime extensivo, agricultura,
recuperación de explotacións forestais abandoadas...).
Vaca de raza limiá en Rairiz de Veiga.
Zona de transición (20.278 ha, 94,4%): case a totalidade do territorio conta
con Plans de Ordenación con criterios de desenvolvemento sostible.
A poboación aproxímase aos 10.000 habitantes.
Santa Baia de Berredo (A Bola)
RELEVE
Presenta grandes variacións, desde A Limia, unha depresión chán e chea
de sedimentos, ata as alturas da Penamá (927 m).
As rochas dominantes nos cumes son os granitos, maiormente os de
dúas micas, e en menor cantidade granodioritas e gneis.
Vista desde o cume de San Cibrao
Serra de Monte Calvo
Separa o val do Arnoia da Limia.
O cume máis alto é A Gurita ou Penamá con 928 m.
Penamá desde Penamá (Allariz)
Monte de San Cibrao (912 m).
Pequeno macizo montañoso no que conflúen os concellos de Allariz, A Bola,
Rairiz da Veiga e A Merca. No seu cume hai unha capela visigótica, mámoas e
unha ampla área recreativa con vistas panorámicas sobre toda a contorna.
Penedo que dá que da nome ao concello de A Bola.
Unha formación granítica orixinada por alteración da rocha que se fendeu por
diferentes fracturas e que a erosión co paso do tempo deixou ao descuberto.
OS RÍOS
Os principais son o Arnoia e o Limia, que concentran nas súas beiras a
maioría dos ecosistemas de interese.
Río Arnoia
Nace na serra de San Mamede e desemboca no Miño na Arnoia, despois dun
percorrido de 87 km.
O Arnoia é o eixo principal de Allariz e concentra os mellores espazos naturais e
importantes manifestacións artísticas e etnográficas: pontes, muíños,
curtidurías... Foi intensamente aproveitado para mover todo tipo de mecanismos
tradicionais e máis tarde para xerar enerxía eléctrica en minicentrais.
O Arnoia en Allariz, en Acea Rica. Unha agradable zona de baño e lecer onde se
conservan os restos de varios muíños, algún de gran tamaño.
Ponte vella de Allariz, de construción
medieval. Nas proximidades atópanse
outras das zonas de lecer de Allariz, O
Arnado e A Alameda.
Muíño do Burato, hoxe convertido en museo activo. Unha mostra da recuperación de construcións
e actividades tradicionais ligadas ao río Arnoia que fixo o concello de Allariz.
Bomba de auga
Museo do Coiro, en Allariz. Integrado nunha
rede de instalacións relacionados co
aproveitamento do río Arnoia (muíños,
curtidurías) recuperadas como elementos
culturais.
Amieiras. As árbores máis comúns ás beiras do río. As árbores asentadas ás beiras dos
ríos son de vital importancia para a saúde do río e das súas marxes. Impiden a erosión,
manteñen fresca a temperatura da auga e achegan nutrintes. Ademais serven de filtros
biolóxicos e enriquecen a paisaxe.
Río Limia
Nace no Monte Talariño (Sarreaus) e desemboca en Viana do Castelo (Portugal).
Pola depresión da Limia discorre mainamente formando veigas de inundación.
O Limia canalizado despois de unírselle o desaugadoiro da Lagoa de Antela. Na Limia atopábase a
lagoa máis Grande de España, cunha gran riqueza biolóxica. Foi desecada polo IRYDA en 1958.
Na actualidade, sobre todo no inverno, consérvanse áreas asolagadas e veigas, así como algunhas
lagoas de orixe antrópica formadas pola extracción de area.
A escasa profundidade do río Limia e da canle da Antela favorece o asentamento
de plantas acuáticas e bosques de ribeira que á súa vez serven de hábitat para
multitude de especies, especialmente aves, anfibios, insectos...
Veiga de Ponteliñares
É unha pequena área nas veigas do río Limia (130 ha) pertencente aos concellos
de Porqueira e Rairiz de Veiga. Atópanse despois da confluencia da canle de
desecación da Antela e o río. Son extensos pasteiros asolagados no inverno
rodeados de vexetación de ribeira.
A maior importancia deste espazo reside no número de especies de aves
acuáticas sedentarias, estacionais ou de paso entre as que se atopan algunhas
especies pouco comúns.
ZEPA A Limia
É un espazo que abrangue as veigas do Limia e da canle da Antela e os terreos
cultivados das áreas próximas. A maior importancia reside na gran variedade e
cantidade de aves acuáticas e terrestres. Destaca a presenza do sisón, a tartaraña
cinsenta e o pernileiro.
Femia e crías de alavanco real (Anas platirhynchos). Crían
habitualmente na zona e pódense ver durante todo o ano.
Antelas (Scirpus lacustris), os xuncos quelle deron nome á lagoa da
Antela. Poden acadar 2 m de altura e máis de 2 cm de grosor.
FLORA
A vexetación máis abundante nos montes é o mato de carqueixas, uces e breixos
e unha gran parte está repoboada por piñeiros. Nas zonas máis afastadas
consérvanse carballeiras e bidueirais. Nas beiras dos ríos e nas zonas asolagadas
das veigas hai unha rica variedade de plantas de ribeira
Narcissus bulbocodium
Flores de salgueiro
Hai tres unidades que son merecedoras de protección que están espacial e ecolóxicamente
interrelacionadas:
-Veigas do río Limia e ribeiras do Arnoia e Orille nas que destaca a
vexetación de ribeira: amieira (Alnus glutinosa), bidueiro (Betula celtiberica), salgueiro
(Salix sp.) e arbustos como o sanguiño (Frangula alnus) ou o estripo (Crataegus monogyna).
Podemos tamén atopar unha vexetación mergullada como ranúnculos (Ranunculus),
espigas de auga (Potamogeton), ou ambroíños, carrizos, espadanas, canas, xuncos...
-Touzas, un mosaico de prados e cultivos separados por manchas arboradas, masas
boscosas mixtas de carballos e rebolos, cunha grande diversidade específica, e que son
unidades climáticas de alto valor ecolóxico. Estes bosques de transición entre a rexión
mediterránea e a eurosiberiana presentan unha maior diversidade de especies (arredor de
110 diferentes).
-Sebes, zonas arbóreas situadas entre os campos de cultivo onde aparecen exemplares de
gran porte e bo estado de conservación como carballos rebolos, freixos, bidueiros,
castiñeiros, amieiras e salgueiros. Estas sebes supoñen unha importante reserva natural de
flora autóctona.
As Árbores
Os bosques naturais das Terras de Allariz son as carballeiras de carballo do país
(Quercus robur) e nas zonas máis secas cerquiños ou rebolos (Quercus
Pyrenaica) acompañados de érbedos, sobreiras, bidueiros ou castiñeiros. Nas
zonas máis altas aparecen bidueirais. Tamén se atopan carballeiras con
aproveitamento silvo-pastoral, plantacións de carballos en campos de feiras,
festas, parques... e soutos nos arredores das poboacións.
Carballo de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
Situado ao pé do santuario. -20,5 m de altura e 7 m de
perímetro.
Miña Virxen de Augasantas
ten un carballo na porta;
virxen de tantos milagros
facelle dar unha volta.
Río Arnoia
(No linde entre Xunqueira de Ambía e
Allariz) -3,80 m de perímetro.
(a carón dun muíño na ruta que segue o
río Arnoia desde o Rexo a Xunqueira de
Ambía)
Monumento Natural Carballa da
Rocha
(1 de marzo de 2007)
Na Saínza de Abaixo (Rairiz de Veiga).
É un carballo que conserva moi bo porte e
estrutura e da mostras dunha gran vitalidade. É un
dos máis altos do país, con 33 m e 6,90 m de
perímetro. Forma parte do escudo municipal de
Rairiz da Veiga.
Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga). Atópase nunha carballeira onde hai
varios exemplares monumentais. -7,50 m de perímetro.
Carballo en Ordes (Rairiz da Veiga).
-6,45 m de perímetro
Carballo en Ordes
(Rairiz da Veiga)
-5,30 m de perímetro.
A Saínza (Rairiz de Veiga)
Tres exemplares, ao pé do cruce
da estrada. O máis grande mide
4,83 m de perímetro.
Castiñeiro de Quintas de San Trocado (Allariz). Ás beiras da estrada atópanse varios
exemplares monumentais. O máis grande mide 10,40 m de perímetro.
Castiñeiro no souto de San Martiño de
Pazó (Allariz). Hai varios exemplares de
máis de 8 m de perímetro e un case
morto a carón dunha casa, de 10 m.
Souto de A Forma (Allariz).
Acolle varios exemplares de grande porte.
O máis groso mide 9,60 m de perímetro.
FAUNA
A riqueza e variedade de hábitats que se atopan no territorio permite a existencia
dunha alta diversidade faunística, con especies de Interese Comunitario ou
consideradas en perigo de extinción en España. Destacan:
Mamíferos: furón bravo, lontra, teixugo, xeneta, doniña, lobo, raposo, corzo, xabarín,
coello...
Aves: cegoña (Ciconia ciconia), buxato (Buteo buteo), aguia, azor, falcón, avefría, bilurico,
mazarico real, sisón (Tetrax tetrax), picapeixes (Alcedo atthis), merlo rieiro (Cinclus cinclus),
garza, perdiz ...
Buxato
Avefría
Réptiles: lagarto verdinegro, lagarto arnao, lagartiña, sapoconcho galego, galápago
europeo (Emys orbicularis), víbora galega, cobra de colar (Natrix natrix), cobra de escaleira
(Elaphe scalaris) e cobra bastarda (Malpolou mospessulanus).
Anfibios: ra (común, patilonga), estroza ou rela, sapo (común, corredor), pintafontes,
saramaganta, saramaganta rabuda.
Insectos: vacaloura, bolboreta pavo real, cavalos do demos, libeliñas...
Molusco: mexilón de río (Margaritifera margaritifera).
Ra verde (Pelophylax perezi) e lentellas de auga.
A máis común das ras galegas. Abonda nas
canles e nas zonas enchoupadas. En tempos
pescábanse para vender como alimento.
Cobra de colar
Á área de Allariz é unha zona que combina importantes valores culturais co uso
sostible da terra, atendendo á conservación de flora e fauna.
Está facendo unha aposta importante por desenvolver as actividades
agrogandeiras e forestais respetuosas coa natureza; por poñer en valor o rico
patrimonio histórico-artístico e etnográfico que serva para atraer a un turismo de
calidade e á vez xerar recursos para a comarca.
Feira de Outono en Allariz
Ecoespazo do Rexo
Situado na parroquia de Requeixo de Valverde. É un lugar de ocio que integra no mesmo contorno unha
intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite e unha queixaría,
cunha mensaxe clara: desenvolvemento compatible co medio natural.
Intervención pictórica e escultórica
do artista Agustín Ibarrola.
Tenta harmonizar elementos naturais
(árbores, pedras, terra, auga...) coa
achega doutros materiais que se
integran na paisaxe.
Festa da Malla en Queiroás da
Igrexa (Allariz). Forma parte dun
conxunto de actividades para
recordar os traballos tradicionais
relacionads cos cereais: a sega, a
malla, a moenda e a fornada. Outras
festas de gran tradición en Allariz é
a do Boi. En distintas épocas
celébranse tamén festas e feiras
para promocionar os produtos do
campo (feira de Outono) ou a
gastronomía (festa da empanada).
Mámoa excavada no cume de San Cibrao.
Ventá visigótica da Capela de S. Cibrao
Torre construída na Saínza para a celebración da tradicional batalla de mouros e
cristiáns que ten lugar durante as festas da Mercede en setembro.