Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Serra da Capelada

83 visualizaciones

Publicado el

A SERRA DA CAPELADA está situada no norte da provincia de A Coruña.
Esténdese, con orientación NE-SO, ao longo da costa, desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, entre a ría de Ortigueira e o océano.
A vertente oriental da serra descende cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e cae cara á costa exterior formando altos cantís.
É unha serra de importante valores paisaxísticos, xeolóxicos, ecolóxicos e culturais

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Serra da Capelada

  1. 1. SERRA DA CAPELADA
  2. 2. A SERRA DA CAPELADA está situada no norte da provincia de A Coruña. Esténdese, con orientación NE-SO, ao longo da costa, desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, entre a ría de Ortigueira e o océano. A vertente oriental da serra descende cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e cae cara á costa exterior formando altos cantís.
  3. 3. CONCELLOS: Cedeira, Cariño, Ortigueira Ortigueira
  4. 4. CUMES MÁIS DESTACADOS 1-Monte do Limo (554 m) 2-Vixía Herbeira (613 m) 3-Cruz dos Torreiros (558) 4-Penido do Frade (529 m) e Miranda (492 m) 5-Chao da Poza (571 m) 6-Cruz do Frade (566 m) 7-Os Penidos (570 m) 8-Chao de Carrocedo (554 m) 9-Pico de Moles (522 m) 10-O Outeiro (454 m) 11-Montes da Candieira (393 m) 1 2 3 9 8 7 6 4 5 11 10
  5. 5. Vista leste da serra da Capelada desde Espasante
  6. 6. Vista oeste da serra da Capelada desde a punta Chirlateira
  7. 7. Vista dos cumes da serra desde o Teixo. No centro A Herbeira, á esquerda Chao da Poza e á dereita o Limo.
  8. 8. Vista cara ao sur da serra da Capelada desde a Herbeira. De esquerda a dereita: Pena Marela, Os Penidos, Cruz do Frade e Chao da Poza. No primeiro plano as fontes do río Seixo e o Chan da Armada.
  9. 9. Vista desde o Penido Maior cara á Cruz do Frade
  10. 10. Vista da serra da Capelada desde o monte Tarroiba
  11. 11. O cume máis alto da Capelada é o Vixía Herbeira (613 m). Vixía Herbeira desde Teixido
  12. 12. Vixía Herbeira
  13. 13. A Garita de Vixía Herbeira
  14. 14. Cumes da Herbeira
  15. 15. Monte da Herbeira (ao fondo)
  16. 16. Cara leste da Herbeira
  17. 17. Cumes da Herbeira: Cruz dos Torreiros
  18. 18. Chan de Armada
  19. 19. Teixedelo
  20. 20. Miradoiro do Cruceiro do Curutelo (Teixedelo)
  21. 21. Cantís e monte do Limo (554 m)
  22. 22. Cara leste do monte do Limo
  23. 23. Cariño e detrás os montes Castrillón, Faroleiro e Gargacido
  24. 24. Punta do Seixo e detrás os montes Faroleiro e Gargacido
  25. 25. Monte Gargacido
  26. 26. Cariño e o monte Castrillón desde A Miranda
  27. 27. Cara oeste dos montes da Miranda
  28. 28. De esquerda a dereita: A Miranda (492 m), Penido do Frade (529 m), Coto dos Cáparos (461 m) e Penido do Castelo (335 m)
  29. 29. A Miranda e o Penido do Frade desde a ría de Ortigueira
  30. 30. O Sixto, o Penido do Frade e A Miranda
  31. 31. O Penido do Frade e A Miranda
  32. 32. Vista desde Chao do Monte. Ao fondo os montes da Candieira e o Tarroiba
  33. 33. Monte Tarroiba
  34. 34. Vista desde o monte Edroso: ría de Cedeira e montes da Candieira, co val do Condomiñas
  35. 35. Chao da Poza
  36. 36. Chao da Poza
  37. 37. Vista desde o Chao da Poza. Ao fondo os montes da Candieira e o Tarroiba
  38. 38. Coto da Cruz do Frade (538 m)
  39. 39. A Lagoa
  40. 40. Monte dos Chans
  41. 41. A Cabeza do río, pasteiros da Braxe co Coto da Cruz do Frade ao fondo
  42. 42. Pasteiros da Braxe co Coto da Cruz do Frade ao fondo
  43. 43. Couce do Penido e Penido Maior
  44. 44. Os Penidos: Maior, do Medio e do Cabo
  45. 45. O Penido Maior (570 m)
  46. 46. Chan do Carrocedo e pico Moles
  47. 47. Chan do Carrocedo
  48. 48. Pico Moles (561 m)
  49. 49. Serra de Moles
  50. 50. O Foxo (ao fondo a Miranda)
  51. 51. Pena Marela desde o Penido Maior
  52. 52. Pena Marela, e os Penidos desde a Miranda
  53. 53. Cabo Ortegal RÍA DE ORTIGUEIRA. É a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi irregular, sinuosa e recortada, con numeros entrantes e zonas pouco fondas e lamacentas nos esteiros dos ríos. A beira oeste está rodeada dos montes da Capelada. A COSTA
  54. 54. CABO ORTEGAL E PUNTA DOS AGUILLÓNS. Delimita a parte oeste da ría de Ortigueira. Forma escarpes verticais de máis de 100 m de altura e prolóngase nun conxunto de illas e illotes: A Longa, O Rodicio, Ínsua Maior, Os Tres Irmáns, Cabalo Xoán e Os Esqueiros.
  55. 55. COSTA E CANTÍS DA CAPELADA Esténdese desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardillosa, na entrada da ría de Cedeira. É unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas). Cabo Ortegal e faro desde o mar
  56. 56. Cabo Ortegal desde a punta Tiñosa
  57. 57. Punta Tiñosa e Cabo Ortegal ao fondo
  58. 58. Punta do Limo
  59. 59. Punta do Limo desde o mar
  60. 60. Cantís do Limo
  61. 61. Cantís e Pedra do Cadro
  62. 62. Cantís de Vixía Herbeira (con 613 m de altura), os máis altos de Galiza e de Europa
  63. 63. Vista desde Vixía Herbeira cara ao sur
  64. 64. Cantís de Santo André de Teixido e Penas Gabeiras. Ao fondo Vixía Herbeira, o cume máis alto da Capelada
  65. 65. Praia de Cortes e Punta Tarroiba desde Chao do Monte
  66. 66. Punta Balteira, na caída do monte Tarroiba
  67. 67. CANTÍS DO FRONTÓN NA PUNTA CANDIEIRA Teñen un grande interese xeolóxico polas formacións de gneis moi repregados, serpentinitas e granulitas.
  68. 68. Punta Candieira. Con cantís de 200 m de altura. O faro sitúase a 90 m por enriba do mar.
  69. 69. Punta Ardillosa
  70. 70. O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Varisca (Hercínica) e depositado sobre materiais máis recentes. XEOLOXÍA
  71. 71. HISTORIA XEOLÓXICA: -No Cámbrico Superior (hai uns 490 millóns de anos) fórmase o gran océano Rheico que separa os continentes de Gondwana dos de Laurentia, Báltica e Sibeira e no que hai tamén algúns arcos de illas volcánicas. -Entre o Devónico e o Carbonífero (400 a 300 millóns de anos) péchase o océano Rheico polo empuxe das placas e, a consecuencia da colisión dos continentes Laurasia e Godwana, fórmase o oróxeno Varisco (unha enorme cordilleira de máis de 3.000 km de lonxitude e uns 8.800 m de altiude). Materiais da codia oceánica e do manto superior cabalgan sobre a codia continental. Os restos desta gran condilleira forman o Macizo Ibérico, ao que pertence Galiza. O Complexo do Cabo Ortegal está formado por unha parte dos materiais da codia oceánica do Rheico e pequenos fragmentos do manto terrestre e das illas volcánicas oceánicas. -A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento cara ao leste a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E. Vista oeste desde o (punta do Cadro)
  72. 72. Falla de Teixedelo con mostras de actividade glaciar
  73. 73. Falla de Teixedelo con mostras de actividade glaciar
  74. 74. Monte Ouzal con mostras de derrubes
  75. 75. “As rochas de cabo Ortegal son das mais antigas de Galiza e tamén da Península Ibérica. Pero o que sen duda algunha é o mais importante é que dende Vixia Herbeira se pode contemplar a paisaxe deixada pola rotura do Continente Panxea que comenzou hai 200 millóns de anos. O acantilado non é consecuencia da erosión mariña senon que é a cicatriz da rotura de Panxea. Dende Vixia Hebeira hai 200 millóns de anos estaríamos a ver alonxarse o continente americano, as actuais costas de Norteamérica e Canada e tamén Groenlandia”. Juan Ramon Vidal Romani 16/07/2017
  76. 76. N -UNIDADES SUPERIORES Rochas de metamorfismo de alta e media presión e alta temperatura: ecloxitas, granulitas, anfibolitas, paragneises, hazburxitas, dunitas, piroxenitas... Son parte dun antigo arco-illa volcánico e fragmentos do manto superior. Son os principais constituíntes da serra da Capelada. -UNIDADES OFIOLÍTICAS Mestura de distintos materiais sometidos a menor presión e temperatura: anfibolitas, serpentinitas, xistos, filitas, metabasaltos, lavas almofadadas e mármores. Proceden da costa oceánica do océano Rheico. -UNIDADES BASAIS Rochas sometidas a un grao de metamorfismo de alta presión e temperatura intermedia: anfibolitas, ortogneises, xistos e retroecloxitas. Formaban parte da marxe continental de Gondwana. -CUATERNARIO Depósitos recentes De “Guía Xeolóxica de sete xeorutas no concello de Cedeira”, de Francisco Canosa Martínez (ed. Concello de Cedeira) Os estudos recentes dividen o Complexo de Ortegal en tres unidades tendo en conta a orixe e posición estrutural dos materiais.
  77. 77. MAPA LITOLÓXICO
  78. 78. Os cantís da Capelada son un PUNTO DE INTERESE XEOLÓXICO INTERNACIONAL, pola particularidade dalgunhas das súas rochas, restos da antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica. Algunhas son das máis antigas da Península Ibérica e conteñen minerais, como o circón, de máis de 1.100 millóns de anos.
  79. 79. COMPLEXO DO CABO ORTEGAL: 5 LIXs tectónicos do complexo de Cabo Ortegal, do Oróxeno Varisco Ibérico formados no ordovícico-silúrico. -Cantís e macizo montañoso entre as Brancas e Punta Ardillosa (Cedeira). -Cantís e macizo montañoso en Punta Candieira (Cedeira). -Cantís e macizo montañoso en Santo André de Teixido (Cedeira). -Cantís e macizo montañoso en Punta Aguillóns, en Cabo Ortegal (Cariño). -Cantís e macizo montañoso da serra da Capelada entre Figueiras e Espasante (Cariño). Unidade Xeolóxica: estruturas e formacións do Oróxeno Varisco no Macizo Ibérico. Afloramento dunha unidade alóctona catazonal, representativa da codia inferior e o manto superior dun continente e/ou un arco volcánico, correspondente a un terreo peri-Gondwánico. A unidade, de 28 x12 km, aflora no núcleo dun sinforme alongado en direción SO-NE, superposta estruturalmente a unidades ofiolíticas que representan fragmentos de litosfera oceánica paleozoica e a outras unidades imbricadas.
  80. 80. Este espazo é clave para a reconstrución da evolución do océano Réico, aberto durante o Paleozoico inferior entre Gondwana e Avalón. Probablemente, o maior afloramento mundial de ecloxitas, rochas básicas de alta presión indicativas dun proceso de subducción. Excelentes condicions de afloramento dunha codia inferior, na que poden estudarse os procesos de enterramento e exhumación nun ciclo oroxénico. Exemplo de emprazamento dunha unidade alóctona profunda sobre un dominio cortical epizonal. Complexa secuencia estrutural cun espectacular desenvolvemento de estruturas a todas as escalas, desde pregues, tumbados, zonas de cizalla dúctil e cabalgamientos ata micropregues, boudines, sistemas de porfiroblastos, aliñamentos e foliacións.
  81. 81. GM001b (Geosite OV004b). Complexo de Cabo Ortegal en Punta Candieira Interese: Tectónico. Situación: desde As Aprobadas a Os Anguieiros. As Aprobadas
  82. 82. GM001c (Geosite OV004c). Complexo de Cabo Ortegal en San Andrés de Teixido Interese: Xeomorfológico. Tectónico. Petrolóxico-xeoquímico. Situación: desde a praia de Cortes ata O Furado. Cabalgamento de rochas ultramáficas (serpentinas) sobre os gneises, na praia das Cortes
  83. 83. Santo André de Teixido aséntase sobre un potente esbaramento e os campos de cultivo sobre os escalóns do mismo. O esbaramento está en relación cunha zona de fractura importante.
  84. 84. GM001d (Geosite OV004d). Complexo de Cabo Ortegal na Punta dos Aguillóns (Cabo Ortegal) Interese: Tectónico. Situación: no cabo Ortegal (Cariño) Peiral do Campo
  85. 85. As ECLOXITAS orixináronse na codia interior e no manto interior a elevadas temperaturas. Teñen unha idade de 495 millóns de anos e sofriron de novo metamorfismo hai 380 millóns de anos Están formadas por piroxenos verdes e granates vermellos. As ecloxitas da Capelada están consideradas como o maior afloramento do mundo destas rochas.
  86. 86. As ANFIBOLITAS están constituídas por anfíboles, plaxioclasa con minerais accesorios como ilmenita, granates, e epidota.
  87. 87. GRANULITA. Rocha metamórfica ultramáfica formada a altas temperaturas (superiores aos 700 ºC) e presións moderadas. Estáns constituídas principalmente por plaxioclasa, granate, piroxenos, anfíboles e seixo. Teñen uns 478 millóns de anos
  88. 88. Rocha metamórfica moi deformada
  89. 89. DUNITA. Un tipo de peridotita, rocha intrusiva ultramáfica parcialmente metamorfizada. Está formada por olivino e piroxeno (en menor proporción). Ten unha idade estimada de 391 millóns de anos. Explótase para empregar en siderurxia.
  90. 90. SERPENTINITA. Rocha metamórfica formada en condicións de presión e temperatura baixas. Está composta por serpentina, talco, magnetita e clorita. serpentina
  91. 91. “Bosque Petrificado” nos cantís da Capelada. Típica formación de “karst” en serpentinas
  92. 92. “karst” en serpentinas do cantil do Limo
  93. 93. Rocha no monte Edroso (granulita) moi deformada ao ser sometida a temperaturas superiores aos 700 ºC hau uns 400 millóns de anos.
  94. 94. Beiras de reacción sobre rochas ultramáficas
  95. 95. RÍOS Na serra da Capelada fórmanse numerosos ríos de curto percorrido que discorren cara a ría de Ortigueira (Soutullo, Murela, Lourido, Seixo de Landoi e Casón) ou de Cedeira (Condomiñas e varios afluentes do río das Mestas). Nalgúns tramos teñen moito desnivel e forman pozas, saltos e fervenzas. Brañas e rego no alto da serra, onde nacen varios ríos
  96. 96. REGO DA BRAXE (afluente do río das Mestas) nos cumes da Capelada RÍO DAS MESTAS Nace en Penela (Montoxo-Cedeira), percorre os límites entre Cedeira e Cerdido e desemboca na enseada de Esteiro (Ría de Cedeira). Recibe pola dereita ao Da Braxe e pola esquerda ao Porto do Cabo.
  97. 97. Rego da Braxe
  98. 98. Pasteiros nas brañas das nacentes do rego da Braxe
  99. 99. RÍO CONDOMIÑAS Nace no Chao da Poza e desemboca na ría de Cedeira. As súas cabeceiras fórmana tamén o rego Reboredo, e o Rego do toxo Fervenza No río Condomiñas na parroquia de Cervo (Cedeira). COMO CHEGAR: Na estrada de Cedeira a Santo André de Teixido, pasado Formigueiro atópase un paso canadense na estrada e máis adiante cóllese un desvío á esquerda que leva a Chimparra. A 800 m de cruce, nunhas revoltas hai un cruce á esquerda e un pouco máis adiante unha pista á dereita que sobe ao monte. Xusto nese punto está a fervenza, á esquerda da estrada. Para vela hai que ir polo monte ata un saínte, ou baixar con moita dificultade ata a súa base. Tamén se pode chegar desde Chimparra, subindo cara a Santo André (1 km).
  100. 100. Fervenza de ERVELLÁS. Na parroquia de Régoa (Cedeira). O río Erbellás, afluente do Condomiñas, salva un desnivel duns 8 m de altura en rochas metamórficas de cor verde escuro COMO CHEGAR: Na estrada de Cedeira a Santo André de Teixido. En Cruz do Martiño (antes de Rúa) cóllese un desvío á dereita a Erbellás e despois de 1 km remata a estrada e collese un camiño polo monte que segue a traída de augas (marcada en vermello).
  101. 101. RÍO LOURIDO Nace nas abas do leste de Vixía Herbeira e desemboca na enseada da Caleira (ría de Ortigueira) Esteiro do Lourido na ría de Ortigueira (vista desde a Miranda)
  102. 102. RÍO SEIXO DE LANDOI Nace na Serra de Capelada (Vixía Herbeira, Cedeira), drena, xunto co Lourido e Casón, o concello de Cariño e desemboca na enseada do Esteiro, da Ría de Ortigueira. O seu afluente principal é o Zarza. É un río de grande valor ecolóxico por acoller nas súas beiras varias especies de fentos en perigo de extinción. O curso alto está protexido no LIC “Costa Ártabra”, e o esteiro no LIC “Ortigueira-Mera”. FERVENZA NO RÍO SEIXO. Accedese pola estrada que sube de Feás a Santo André de Teixido. Atópase na proximidade dunha canteira de Dunita.
  103. 103. Nacentes do Seixo na Herbeira
  104. 104. REGO DA CANDOCÍA Un afluente do río Seixo no concello de Cedeira. COMO CHEGAR: Pola estrada que sube de Feás a Santo André de Teixido, pasada a canteira de dunita vese a fervenza á esquerda, no punto onde se xunta o rego de Candocía co río Seixo. Pódese chegar a ela baixando polo monte e remontando un pouco o rego.
  105. 105. RÍO CASÓN Nace no Couce do Penido e desemboca na enseada de Mera, na ría de Ortigueira. No seu curso hai varias fervenzas. POZO DO INFERNO No río Casón, na parroquia de Santo Adrián de Veiga (Ortigueira). Atópase ao pé dos restos do castelo de Casón. COMO CHEGAR: Unha ruta de sendeirismo sube preto do río e permite achegarse en varios puntos. A máis grande está xusto ao pé dunha crista rochosa que baixa desde o castelo. Pódese achegar en coche por unha pista que baixa desde o acceso ao castelo de Casón.
  106. 106. CLIMA Oceánico húmido, con verán frescos e invernos suaves.
  107. 107. Neste serra rexístranse un bo número de hábitats do Anexo I de la DC 92/43/CEE. Algúns son prioritarios. -Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto- Nanojuncetea -Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans HABITATS
  108. 108. -Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
  109. 109. -Turbeiras altas activas -Turbeiras altas degradadas que aínda poden rexenerarse de xeito natural -'Mires' de transición -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) -Turbeiras baixas alcalinas -Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica
  110. 110. Pasteiros e piñeiros FLORA A diversidade de hábitats presentes neste espazo permite unha grande variedade de especies adaptadas a cada ambiente: cantís, brañas, turbeiras, cursos fluviais e monte. Destaca a presenza de especies pouco comúns de plantas nos cantís da Capelada, nas brañas e turbeiras e no río Seixo. Unha gran parte da serra está ocupada por pasteiros e plantacións forestais (piñeiros e eucaliptos)
  111. 111. As abas da das partes máis baixas da Capelada están cubertas de plantacións de eucaliptos
  112. 112. Abelairas. Nas zonas húmidas e menos alteradas consérvanse especies autóctonas: abelairas, carballos, bidueiros...
  113. 113. Unha das poucas masas forestais autóctonas no curso alto do rego de Vilariño
  114. 114. Leucanthemum x corunnense, un endemismo da provincia da Coruña. Na serra e nos cantís da Capelada os fortes ventos e o alto contido de magnesio do substrato dificulta o desenvolvemento das árbores. Podemos atopar varias especies de uces pouco comúns en Galiza: uz das turbeiras (Erica tetralis), queirugas (Erica vagans e Erica erigena), a orquídea Dactylorhiza maculata, o endemismos local Centaurea borjae (en perigo de extinción), Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum x corunnese, o fento Dryopteris guanchica (tamén unha especie ameazada)...
  115. 115. Toxos nas abas dos cantís
  116. 116. ESPECIES DE INTERESE Arnica montana Centaurea borjae Cladonia subgenus cladina Culcita macrocarpa Festuca brigantina subsp. actiophyta Hymenophyllum wilsonii Narcissus asturiensis Narcissus bulbocodium Narcissus triandrus Ruscus aculeatus Sphagnum pylaesii Sphagnum spp. Woodwardia radicans Xilbarbeira (Ruscus aculeatus)
  117. 117. Breixo das turbeiras (Erica tetralis) Queiroga de Irlanda (Erica erigena)
  118. 118. Rumex scutatus gallaecicus
  119. 119. Frundio (Myrica gale)
  120. 120. Lirio (Iris latifolia)
  121. 121. Narciso (Narcissus asturiensis) ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Centaurea borjae Culcita macrocarpa Festuca brigantina Narcissus asturiensis Omphalodes littoralis Sphagnum pylaisii Trichomanes speciosum Woodwardia radicans Esfagnos
  122. 122. Culcita macrocarpa, un fento raro, de grande tamaño, que ten no río do Seixo unha das moi escasas localizacións en Galiza. Woodwardia radicans, un fento relicto do Terciario que só se atopa á beira de algúns ríos do norte de Galiza. Outro dos fentos que vive nas beiras do río do Seixo é o Hymenophyllum wilsonii, que ten aquí a única poboación da Península Ibérica.
  123. 123. CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS Centaurea borjae Crepis novoana Culcita macrocarpa Dryopteris aemula Dryopteris guanchica Festuca brigantina subsp. actiophyta Hymenophyllum tunbrigense Hymenophyllum wilsonii Narcissus asturiensis Sphagnum pylaesii Woodwardia radicans Centaurea borjae, un endemismo da Capelada en perigo de extinción.
  124. 124. FAUNA Na serra hai especies típicas de espazos abertos e de bosques e hai rebaños de vacas e cabalos en libertade. Lagarteiro (Falco tinnunculus)
  125. 125. ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Galemys pyrenaicus Genetta genetta Lutra lutra Mustela erminea Mustela putorius Myotis myotis Pipistrellus pipistrellus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Furapresas (Galemys pyrenaicus)
  126. 126. AVES Accipiter gentilis Accipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alcedo atthis Alectoris rufa Anthus spinoletta Anthus trivialis Apus apus Athene noctua Botaurus stellaris Burhinus oedicnemus Buteo buteo Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cettia cetti Cinclus cinclus Circaetus gallicus Circus aeruginosus Circus cyaneus Circus pygargus Columba livia Columba palumbus Corvus corone Corvus monedula Corvo (Corvus corone)
  127. 127. Coturnix coturnix Cuculus canorus Delichon urbica Dendrocopos major Emberiza cia Emberiza cirlus Emberiza citrinella Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Erithacus rubecula Falco peregrinus Falco subbuteo Falco tinnunculus Galerida cristata Garrulus glandarius Hirundo rustica Lanius collurio Lullula arborea Milvus migrans Monticola solitarius Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Muscicapa striata Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Lavandeira verdeal (Motacilla flava) Ferreiriño (Parus ater)
  128. 128. Choia bicovermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) Pica pica Picus viridis Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Regulus ignicapilla Saxicola torquata Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia borin Sylvia communis Sylvia melanocephala Sylvia undata Tachymarptis melba Tetrax tetrax Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Vanellus vanellus
  129. 129. Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) RÉPTILES Anguis fragilis Chalcides striatus Coronella austriaca Iberolacerta monticola Lacerta schreiberi Natrix natrix Timon lepidus
  130. 130. Rela ou estroza (Hyla molleri), exemplar xuvenil. ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla molleri Lissotriton boscai Pelophyllax perezi Rana iberica Rana temporaria Triturus helveticus Triturus marmoratus
  131. 131. INVERTEBRADOS Coenagrion mercuriale Elona quimperiana Euphydryas aurinia Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus Bolboreta (Euphydryas aurinia)
  132. 132. CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS MAMÍFEROS Galemys pyrenaicus Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVES Botaurus stellaris Burhinus oedicnemus Circus cyaneus Circus pygargus Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Tetrax tetrax RÉPTILES Iberolacerta monticola ANFIBIOS Chioglossa lusitanica Hyla molleri Rana iberica Rana temporaria subsp. parvipalmata PEIXES Alosa alosa INVERTEBRADOS Geomalacus maculosus Saramaganta (Chioglossa lusitanica) Un endemismo do noroeste da Península Ibérica.
  133. 133. ACTIVIDADES Agrogandaría, forestal, lecer, enerxía eléctrica...
  134. 134. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A serra da Capelada é unha área poboada desde tempos moi antigos, como dan testemuña os numerosos asentamentos prehistóricos e os achádegos arqueolóxicos de distintas épocas. Na actualidade ten unha intensa actividade turística. Igrexa de Santo André de Teixido, con orixe no século XII, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza o 8 de setembro. Di a tradición que a Santo André de Teixido “vai de morto o que non foi de vivo”. Segundo unha lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de peregrinar ao santuario, por iso non se deben matar.
  135. 135. Curro da Rapa das Bestas (Montoxo, Cedeira)
  136. 136. Miradoiro da Garita de Herbeira Por toda a serra hai numerosos puntos panorámicos, moitos deles acondicionados e sinalizados como miradoiros.
  137. 137. PROTECCIÓN -A Capelada está incluída parcialmente no LIC/ZEC “Costa Ártabra” -Lugar de Interese Xeolóxico Internacional.
  138. 138. LIC COSTA ÁRTABRA O espazo protexido abrangue desde a Punta Avarenta, en Ares, ata Mugardos, incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata a punta do Seixo en cariño (agás a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de Landoi. Na zona atópanse ecosistemas mariños, cantís, praias e sistemas dunares, illas e illotes, montes e brañas. Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico.
  139. 139. PUNTOS DE INTERESE Vista desde Cabo Ortegal CARIÑO: -Montes: Vixía Herbeira, Gargacido, Penido do Frade, Lombo do Limo... -Cabo Ortegal e cantís do Limo e Vixía Herbeira -Río Seixo e fervenza, río Lourido -Miradoiros “A Miranda”, “A Seixosa”, “Penido do Frade”... -Áreas de lecer: “Penido do Frade” -Canteira de ecloxita no monte Castrillón, canteira de Dunita, restos dunha mina romana na costa do Limo...
  140. 140. CEDEIRA -Vixía Herbeira, Penas Pardas, Chan da Armada, Montes de Candieira -Cabeza do Río (río da Braxe), río Condomiñas, fervenzas de Ervellás e Reboredo -Cantís: Vixía Herbeira, Santo André de Teixido, Punta Candieira -Miradoiros: Penedo Hedroso, Garita da Herbeira, Chan do Monte, Cruceiro de Teixedelo -Santuario de Santo André de Teixido, fonte, hórreos, milladoiro... -Curro e aula da natureza de Monte das Chans Santo André de Teixido
  141. 141. ORTIGUEIRA -Os Penidos, Coto da Cruz do Frade, Pico de Moles -Río Casón e Pozo do Inferno -Miradoiros “Chao da Poza”, “Vilariño”, “Castelo do Cason” -Restos do castelo do Casón Vista da ría de Ortigueira desde o Castelo do Casón
  142. 142. PROBLEMAS • Canteiras • Repoboación con especies foráneas • Especies invasoras • Parques eólicos
  143. 143. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta outubro 2018

×