Publicidad
Publicidad

Más contenido relacionado

Publicidad
Publicidad

Serra de Enciña da Lastra

  1. SERRA DE ENCIÑA DA LASTRA
  2. Situada ao nordeste da provincia de Ourense, no linde con León, compartida entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo. Vista leste dos Penedos de Oulego
  3. É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa os vales do Galir e o Selmo. O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada... Vista do conxunto da serra desde Vilar de Silva (á dereita o canón do Sil)
  4. Cara noroeste de Enciña da Lastra
  5. Val do Galir e Penedos de Oulego
  6. Penedos de Oulego e Tara (cara oeste)
  7. Penedos de Oulego, desde a vertente oeste
  8. Penedos de Oulego e Tara (á esquerda), desde a vertente leste.
  9. Penedos de Oulego, desde a vertente leste
  10. Penedos de Oulego, desde a vertente oeste
  11. Penedos de Oulego (cara oeste)
  12. Tara, o cume máis alto da serra (cara leste)
  13. Tara, na cara oeste
  14. Vista desde o miradoiro do Penedón cara ao Bierzo
  15. Pena Falcoeira
  16. Pena Falcoeira
  17. Pena Falcoeira
  18. Pena Falcoeira e Covas
  19. O Canón do Sil marca o extremo leste da serra de Enciña da Lastra
  20. A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros.
  21. O territorio está constituído na súa maior parte por terreos de natureza calcaria (pouco comúns en Galiza) formando unha unidade coas áreas veciñas do Bierzo, incluído na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Pertencen ao dominio da calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo con estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada. Estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período ordovícico, testemuñas dunha época en que esta zona estaba debaixo do mar. A parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas. Detalle de formación de estalactitas nunha cavidade dunha rocha calcária.
  22. As rochas calcárias dan lugar a formas características: canóns profundos, como o do Sil en Covas, agullas espectaculares (Penedos de Oulego) e covas ou palas. Parede do canón do Sil nas proximidades de Covas
  23. AS COVAS ou PALAS Esta área acolle o mellor exemplo de morfoloxía cárstica de Galiza, coa maior rede de covas e simas do país. Destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro: Pala da Zorra, Pala do Pombo, Pala de Tralapala, Pala de Trasmonte, Pala de Xilverte...
  24. Pala en Pena Falcoeira
  25. Canón do Sil en Covas REDE FLUVIAL Articúlase arredor do Selmo e o Galir que desembocan no Sil.
  26. RÍO SIL Nace nas estribacións da Cordilleira Cantábrica e despois de percorrer as terras do Bierzo leonés penetra en Galiza pola zona coñecida como O Estreito formando un fermoso canón entre rochas calcárias, entre a caída ao Sil da serra de Enciña da Lastra e os montes de Penedo maior e O Páramo. Está retido no encoro de Penarrubia. Canón do Sil. “O Estreito”
  27. Río Galir Nace entre a serra de Enciña da Lastra e a serra da Agulla e xúntase co Sil en Éntoma. Recolle as augas da vertente oeste da serra de Enciña da Lastra. Ten un grande valor ecolóxico, por ser un dos poucos ríos galegos onde se atopa o cangrexo de río autóctono. Val do río Galir, Oulego e O Piornal, onde se atopan as nacentes do río
  28. Río Selmo Nace na aba sur do Pico Formigueiros e, despois de 8 km de percorrido por terreos do concello de Quiroga, vai morrer ao Sil preto da localidade berciana de Frieira. Recolle as augas da vertente leste da serra de Enciña da Lastra. O principal afluente é o Rego da Callejeira. Val do Selmo coa serra de Enciña da Lastra á esquerda.
  29. CLIMA De transición entre os dominios oceánico de montaña e oceánico-mediterráneo, cunha precipitación media anual de 594 mm e unha temperatura media de 12,9 °C.
  30. É unha zona de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea polo que acolle unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución marxinal ou moi restrinxida en territorio galego. ECOLOXÍA
  31. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Queirogais secos europeos -Prados alpinos e subalpinos calcáreos -Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (*) -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea (*) -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion) (*) -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Pavimentos calcarios (*) -Covas non explotadas polo turismo -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) (*) -Soutos -Aciñeirais (*) paraxes con notables orquídeas
  32. FLORA A serra acolle a mellor representación de vexetación mediterránea en Galiza e nel describíronse un total de 16 asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais, entre as que se contan bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, salgueirais, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros.
  33. A riqueza florística é elevadísima. Hai rexistradas 450 especies. Polo menos 40 taxóns son endémicos da península Ibérica e seis sono de Galicia (Armeria rothmaleri, Campanula adsurgens, Dianthus merinoi, Leontodon farinosus, Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila subsp. legionensis). Campanula adsurgens
  34. Petrocoptis grandiflora
  35. Rhamnus legionensis
  36. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Petrocoptis grandiflora Santolina semidentata Santolina
  37. Destaca a presenza de tomiñeiras de Thymus zygis, propias do subsector berciano e únicas en Galiza, así como diferentes tipos de pasteiros calcícolas mediterráneos e orocantábricos, presentes na parroquia de Oulego, Rubiá. Tomelo (Thymus zygis)
  38. Entre a vexetación arbórea e arbustiva predominan os aciñeirais de carácter calcícola, que recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galiza. Están caracterizados pola aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) e o érbedo (Arbutus unedo) acompañados por arbustos mediterráneos como Genista hystrix, o aderno de folla estreita (Phillyrea angustifolia) ou o escornacabras (Pistacia terebinthus), e, dependendo da altura, da profundidade dos solos e da orientación, pola sobreira (Quercus suber), a abeleira (Corylus avellana), o mostallo (Sorbus aria), e o cancereixo (Sorbus aucuparia). Aciñeiral
  39. Nos claros aparecen a lavanda (Lavandula stoechas) e diferentes especies de xaras ou estevas (Cistus spp.). Arzaia (Lavandula stoechas) Cistus laurifolius Cistus salvifolius
  40. Os espiñeirais aparecen nas beiras dos aciñeirais, integrados por numerosos arbustos espiñosos e plantas rubideiras, na súa maior parte produtores de froitos carnosos, entre os que destacan diferentes especies de cerdeiras, (Prunus avium, Prunus mahaleb), abruñeiros (Prunus spinosa), escornacabras (Pistacia terebinthus), estripeiros (Crataegus monogyna), roseiras bravas (Rosa spp.) e silvas (Rubus ulmifolius).
  41. Chuchamel (Lonicera etrusca)
  42. Lentella, oliviña (Phillyrea angustifolia)
  43. Alaterno (Rhamnus alaternus )
  44. Érbedo (Arbutus unedo) Cerdeira brava (Prunus mahalev)
  45. Arce de Montpellier (Acer monspessulanum)
  46. Cancereixo, mostallo (Sorbus aria) Viburnum lantana
  47. Xazmín (Jasminum fruticans)
  48. Escornacabras (Pistacia terebinthus). Presenta unhas curiosas formacións semellantes a cornos dentro das que viven uns pulgóns (Peniphigus cornicularis).
  49. Roseira silvestre (Rosa spp.)
  50. Outros hábitats seminaturais de importancia son os matos de esteva (Cistus ladanifer) e os Pterosparto-Ericetum aragonensis, nos que medran Erica australis e Therospartum tridentatum, e os pasteiros vivaces de Helianthemo cantabrici-Brometum erecti. Esteva (Cistus ladanifer), so se atopa nas zonas de ambiente mediterráneo de Galiza.Carqueixa (Therospartum tridentatum)
  51. Destaca a presenza 24 especies de orquídeas: Aceras anthropophorum, Anacamptis piramidalis, Cephalanthera longifolia, Cephalanthera rubra, Dactylorhiza insularis, Dactylorhiza markusii, Epipaptis fageticola, Epipaptis tremolsii, Himantoglossum hircinum, Limodorum abortivum, Limodorum trabutianum, Neotinea maculata, Ophrys apifera, Ophrys scolopax, Ophrys sphegodes, Orchis fragrans, Orchis italica, Orchis mascula, Orchis morio, Orchis provincialis, Orchis purpurea, Serapias lingua, Serapias parviflora, Spiranthes spiralis. Aceras anthropophorumDactylorhiza markusiiOrchis purpurea
  52. Achicoria (Cichorium intybus). Florece ás beiras dos camiños nas áreas de clima seco. As flores abren pola mañán e péchanse ao medio día. Ruda do monte (Ruta montana). Florece en zonas altas de clima mediterráneo.
  53. Alhelí (Erysimum linifolium). Ourego (Origanum virens)
  54. Nas beiras do ríos dase unha gran variedade de salgueiros (Salix atrocinerea, Salix elaeagnos subsp. angustifolia, Salix neotricha, Salix salviifolia), acompañados polo lodoeiro (Celtis australis), o freixo (Fraxinus angustifolia), e o ameneiro (Alnus glutinosa). Río Galir
  55. Os soutos (Castanea sativa) aparecen nos arredores das poboacións e acollen exemplares centenarios. Biobra
  56. Aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) en Covas (Rubiá). A máis grande e máis antiga de Galiza. -16,9 m de altura e 8,8 m de perímetro na base. Incluída no catálogo de Árbores senlleiras de Galiza ÁRBORES SENLLEIRAS
  57. “Castiñeiro do Tio Francisco” en Biobra. -11 m de perímetro
  58. A diversidade de hábitats propicia a presenza dunha gran variedade de especies, algunhas de rara presenza en Galiza. A fauna de vertebrados é unha das máis ricas do país con numerosas especies pouco comúns ou de distribución restrinxida. O catálogo rolda as 200 especies: 8 especies de peixes, 10 de anfibios 13 de réptiles, 125 de aves e 39 de mamíferos. Voitre branco (Neophron percnopterus) (única parella en Galiza, aínda que de cría non regular) FAUNA
  59. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Galemys pyrenaicus Lutra lutra Miniopterus schreibersii Myotis myotis Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros MAMÍFEROS Ten un grande interese a riqueza da comunidade de quirópteros, dos que están presentes polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galiza, como o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), o morcego das covas (Miniopterus schreibersii) (con importante poboación a nivel estatal), ou o morcego rabudo (Tadarida teniotis). Tamén é destacable a variedade e abundancia de carnívoros: gato bravo (Felis sylvestris), lontra (Lutra lutra), armiño (Mustela erminea), teixugo (Meles meles), tourón (Mustela putorius), a garduña (Martes foina), lobo (Canis lupus), depresenza ocasional. Os grandes herbívoros do parque son o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus scrofa), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os aciñeirais. Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) Morcego das covas (Miniopterus schreibersii)
  60. Xabarín (Sus scrofa) Armiño (Mustela erminea) Corzo (Capreolus capreolus)
  61. AVES A serra acolle a comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de Galiza, con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de aves de rapina. Entre as aves de rapina destaca a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as nidificantes (12 especies diurnas e 6 nocturnas) o voitre branco (Neophron percnopterus) (unha das 2 únicas parellas que crían en Galiza), a aguia real (Aquila chrysaetos) (1 parella), a aguia cobreira (Circaetus gallicus) (2-3 parellas), a aguia calzada (Hieraaetus pennatus) (2- 3 parellas), o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3 parellas), e o bufo real (Bufo bufo) (1 parella). Tamén se rexistrou a presenza da aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), moi rara en Galiza. Águia real (Aquila chrysaetos) Falcón peregrino (Falco peregrinus)
  62. Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) Entre a avifauna rupícola reprodutora están a pomba das rochas (Columba livia) (a maior poboación galega), o andoriñón real (Apus melba) (13 parellas e única poboación no interior de Galiza), a andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), a andoriña dáurica (Hirundo daurica), o merlo rubio (Monticola saxatilis), o solitario (Monticola solitarius), o corvo (Corvus corax), a gralla pequena (Corvus monedula), e a choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galiza), a presenza invernal dos pouco comúns azulenta alpina (Prunella collaris), e gabeador vermello (Tichodroma muraria). Gralla cereixeira (Corvus monedula)
  63. Hai unha variada mestura de avifauna eurosiberiana e mediterránea, ligada a aciñeirais, soutos, espiñeirais e matogueiras, con numerosas especies de distribución bioxeográfica marxinal, moi localizada ou mesmo única en Galiza, como o picanzo cabecirrubio (Lanius senator), o papamoscas cincento (Muscicapa striata), o rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), a papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans), a papuxa real (Sylvia hortensis), o pardal das rochas (Petronia petronia), ou o bicogroso (Coccothraustes coccothraustes). Entre as aves acuáticas destaca a presenza como invernantes, do mergullón cristado (Podiceps cristatus), e o pato cristado (Aythya fuligula) no encoro de Penarrubia. Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Ten no encoro de Penarrubia unha das poucas áreas de cría de Galiza.
  64. INCLUÍDAS NA DIRECTIVA DE AVES DA UNIÓN EUROPEA Neophron percnopterus Aquila chrysaetos Circaetus gallicus Hieraaetus pennatus Hieraaetus fasciatus Falco peregrinus Bubo bubo Pyrrhocorax pyrrhocorax Choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) Bufo real (Bubo bubo)
  65. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Lacerta schreiberi RÉPTILES Especialmente os ligados aos ambientes calcícolas e secos: lagarta rabuda (Psammodromus algirus), lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus), osga (Taurentola mauritanica), cobregón (Malpolon monspessulanus), cobra de escada (Rhinechis scalaris), víbora fuciñuda (Vipera latastei)… Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)
  66. Lagarta rabuda (Psammodromus algirus) Cobra rateira (Malpolon monspessulanus)
  67. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Discoglossus galganoi ANFIBIOS Píntega común (Salamandra salamandra), pintafontes común (Lisotriton boscai), pintafontes verde (Triturus marmoratus), sapiño comadrón (Halytes obstetricans), sapo pintoxo (Discoglossus galganoi), sapo común (Bufo bufo), sapo corriqueiro (Bufo calamita), estroza ou rela (Hyla molleri), ra verde (Pelophylax perezi), ra patilonga (rana iberica) e ra vermella (rana temporaria). Sapiño pintoxo (Discoglossus galganoi)
  68. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii PEIXES Seis especies son autóctonas e varias atópanse ameazadas: anguía (Anguilla anguilla), escalo ou peixe (Squalius carolitertii), vermelliña (Achondrostoma arcasii), boga do Douro (Pseudochondrostoma duriense), espiñento (Gasterosteus gymnurus). Tamén podemos atopar dúas especies introducidas, a carpa (Cyprinus carpio) e perca americana ou ''black-bass'' (Micropterus salmoides). Carpa (Cyprinus carpio) pescada no encoro de Penarrubia (Sil).
  69. INVERTEBRADOS Destaca a gran variedade de insectos, especialmente bolboretas e escaravellos. INCLUÍDAS NO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Austropotamobius pallipes Cerambyx cerdo Coenagrion mercuriale Euphydryas aurinia Lucanus cervus Macromia splendens Oxygastra curtisii Geomalacus maculosus Bolboreta (Charaxes jasius). As eirugas aliméntanse nos érbedos. Bolboreta (Euphydryas aurinia).
  70. Cangrexo de río autóctono (Austrapotamobius pallipes) A súa presenza en Galiza está reducida a moi poucos puntos das provincias de Lugo e Ourense. Cerambícido (Cerambyx cerdo) Coenagrion mercuriale
  71. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zona estivo poboada desde tempos moi antigos e conserva elementos artísticos e etnográficos de interese: igrexas, covas (adegas), pontes, núcleos tradicionais... Na pala de Cubelas atopáronse restos da Idade do Bronce. Antigo forno de Cal en Covas. A especial composición xeolóxica dos terreos de Rubiá determinou que fosen explotados diversos minerais desde tempos antigos: ouro nas areas do Sil, limonitas e calcarias dos seus montes.
  72. Viñedos en Biobra (Acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, mineiría, turismo...
  73. ESPAZOS PROTEXIDOS PARQUE NATURAL. Decreto 157/2002, do 4 de abril (DOG 03-05-02). -ZEPA Zona de especial protección para as aves (1.787 ha) -LICs, Lugar de importancia comunitaria, “Serra de enciña da Lastra” 1787 ha (21 de setembro de 2006), cunha proposta de ampliación pendente de aprobar. “Sierra de la Encina de La Lastra” do Bierzo (León), cunha superficie de 289,44 ha. -ZEC, Zona especial de conservación, 1.742 ha (31 de marzo de 2014) -A área correspóndese parcialmente coa IBA 010 Montes Aquilanos, compartida polas comunidades autónomas de Galiza e Castela e León, incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
  74. PROBLEMAS -Explotacións mineiras (calcarias) -Incendios forestais -Encoros -Especies invasoras
  75. PUNTOS DE INTERESE -Penedos de Oulego -Pena Falcoeira -Canón do Sil: O Estreito (Covas) -Miradoiros: Covas, O Penedón, Oulego... -Forno de cal (Covas) -Covas (adegas) do viño -Palas ou covas: Cubelas, Tralapala, Trasmonte, Xilberte
  76. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta DEBUXOS: Mon Daporta Novembro 2016
Publicidad