3. Árbore que pode acadar ata 15 m de altura, nativa do leste de Asia
(principalmente da China). Foi introducida en Europa no século XIX e
plantada como árbore ornamental.
4. TALO:
Toro dereito coa tona
enrugada de cos gris.
As ponlas novas son
longas e flexibles coa
tona de cor verde.
6. FOLLAS
Compostas, pinnadas, formadas por 5
a 13 foliolos de forma oval-lanceolada,
agudos, coa beira enteira, de cor verde
e máis claras polo envés.
7. FLORES
Simples, completas agrupadas en acios compostos. Formadas por un
cálice acampanado con cinco sépalos, unha corola papilonácea de
cor branca-crema, 10 estames libres e un ovario en posición súpera.
Son lixeiramente aromáticas.
8. FROITOS
Legume indehiscente,
carnosa, de cor
castaña ao madurar,
de ata 12 cm de
lonxitude e con
estreitamentos entre
as sementes.
As sementes son
negras e globosas de
case 1 cm de
lonxitude.