4. A UDC só ten prazas de aloxamento na Residencia pública de Ferrol. Pero sí ten unha
convocatoria XERAL de AXUDAS para aloxamento.
Para optar ás axudas establécese unha convocatoria única de bolsas, que se publica no
mes de xuño. Nesta convocatoria fíxase o número de prazas ofertadas, o baremo de
selección e o prazo de presentación de solicitudes. En 2016 condéronse 222 bolsas de
máximo 540 euros.
PRAZO DE SOLICITUDE no 2016: Ata o 30 de setembro.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: A través da aplicación informática. Entrégase a
documentación no pavillón de estudantes (campus de Elviña) ou no SAPE de Ferrol.
REQUISITOS: Domicilio familiar fóra do termo municipal. Non superar os límites
patrimoniais establecidos nas bolsas do MECD.Ter un 5 de media nos estudos previos.
Esta axuda é incompatible con calquera outra para a mesma finalidad (incluída a beca
de residencia do MECD).
INFORMACIÓN WEB: https://www.udc.gal/sape/aloxamento/
8. Colexio Maior Fonseca
(Campus Santiago)
Colexio Maior Rodriguez Cadarso
(Campus Santiago)
Colexio Maior San Clemente
(Campus Santiago)
Residencia Universitaria Burgo Das Nacións
(Campus Santiago)
Residencia Universitaria Monte Da Condesa
(Campus Santiago)
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay
(Campus Lugo)
9. O SUR (Servizo Universitario de Residencias) publica cada ano as bases das convocatorias de
prazas de aloxamento (1071) para estudantes de grao, master, e 3º ciclo.
Os prezos das habitacións son iguais en todos os centros do SUR, en razón do tipo de habitación
(individual ou dobre). As prazas de estudantes están subvencionadas en función da renda
dispoñible do solicitante de acordo a cinco niveis. Para as rendas que sobrepasan determinado
tope os prezos son sen subvención.
Tamén se teñen en conta requisitos académicos, obtendo unha puntuación maior no baremo
segundo a nota media do expediente de bacharelato.
PRAZO DE SOLICITUDE DE NOVA ADMISIÓN no 2017:
Do 2 de maio ó 30 de xuño.
SOLICITUDES: Hai que cubrir unha solicitude no formulario web, habilitado na páxina web do SUR
(Servizo Universitaro de Residencias) e entregar a documentación correspondente no servizo de
axudas (Pavillón Estudiantil – Campus Vida).
Preséntase unha única solicitude por campus, ordeando os centros por orde de preferencia.
FIANZA: Desde o 31 de xullo ao 4 de agosto hai que pagar unha fianza para reservar a praza
concedida, que se devolve en caso de reunciar antes do 5 de setembro.
10.
11.
12. A Universidade de Vigo conta nos seus tres campus con
aloxamentos propios e concertados para o alumnado, nos
que se ofrecen diferentes servizos.
Centro Propio:
Complexo Residencial O Castro (Campus Vigo)
Centros Concertados:
Residencia A Peregrina (Campus Pontevedra)
Complexo Residencial Alcai de Allariz (Campus
Ourense)
13. Os requisitos son obter un 5´5 de media nos estudos de acceso á
universidade para os solicitantes que inician estudos.
Para o baremo tamén hai unha puntuación económica,en función da
renda 2016, que coincide coa puntuación das bolsas do MECD.
Os impresos de solicitude de praza e bolsa deberán ser cubertos no
modelo de solicitude que aparece na secretaría virtual da UVIGO:
http://seix.uvigo.es
Unha vez cuberto deberase imprimir o formulario e presentalo coa
sinatura do solicitante e demais membros computables da unidade
familiar. Ademais para O Castro hai que entregar unha formulario de
preinscripción.
Entregarase toda a documentación en calquera dos rexistros da
Universidade de Vigo.
PRAZO NO 2016: ata o 3 de xullo.
14.
15.
16. Os solicitantes de praza de residencia poderán ser beneficiarios
de axudas de residencia, sempre e cando non renuncien
expresamente a dita axuda na solicitude.