Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Programa entroido 2016 #Riveira

303 visualizaciones

Publicado el

Programa entroido 2016 #Riveira

Publicado en: Redes sociales
  • Sé el primero en comentar

Programa entroido 2016 #Riveira

  1. 1. 1 ENTROIDO 2016 – RIVEIRA Do 2 ao 10 de febreiro! Do 2 ao 5 de Febreiro OBRADOIROS: COCIÑA E REPOSTERÍA DO ENTROIDO Lugar: Aulas de Servizos Sociais Horario: De 19:30 a 22:00 h. Destinatarios: Persoas de 16 anos en diante / Prazas: 25 Inscricións o 29 de xaneiro, de 9 a 14 h no C.C. Lustres Rivas. Das 9 h do 29 de xaneiro ás 9 h do 1 de febreiro, no formulario on line publicado en www.riveira.gal Publicación de listaxe de admisión e matriculas: 1 de febreiro, no C.C. Lustres Rivas de Riveira (tel. 981 835650) e en www.riveira.gal Priorizarase aos empadroados en Riveira e logo por rigorosa orde de inscrición! VENRES, 5 de Febreiro ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA: “O SANTIAGUIÑO DE PADRON”, a partir das 9 da noite! EXPRESO DO ENTROIDO: Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. Saída e chegada da Praza do Concello, de 17 a 20 h. As entradas poderanse recoller gratuitamente no propio tren ata encher aforo!
  2. 2. 2 SÁBADO, 6 de Febreiro ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA: “O SANTIAGUIÑO de Padrón”, a partir das 11 da noite! EXPRESO DO ENTROIDO: Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. Saída e chegada da Praza do Concello, de 11 a 14 e de 17 a 20 h. As entradas poderanse recoller gratuitamente no propio tren ata encher aforo! I FESTIVAL MUSICAL SOLIDARIO DE ENTROIDO Na Carpa do Entroido, de 21:00 a 01:30 h, coa actuación en directo de distintos grupos locais como BELFASTT, THE FE KAOS, ASFIRE, FRAN BESADA, JUAN EL AUSTRALIANO entre outros. Recolleranse alimentos non perecedoiros, roupa, xoguetes, libros, material escolar, etc para entregar a ONG´s locais que traballen para paliar as necesidades sociais do municipio de Riveira. Colabora: Magic Mendes Solucións Audiovisuais. DOMINGO, 7 de Febreiro CHOQUEIRADA INFANTIL Aviso a todas as máscaras e caretas, choqueiros, príncipes e princesas, demos, elfos, merlíns, piratas, cavernícolas, ratos, gatos, lunnis, gormittis, pallasos, monsters high, bob esponjas e demais seres de fantasía que queiran pasar unha tarde de entroidada. Ás 17:00 h. na Carpa do Entroido (Praza de España) unha reviravolta de bulicio, algarabía, barafunda e profano divertimento, dará comezo á GRANDE FESTA INFANTIL para os máis cativos, amenizada por animadores de xogos, mascotas, desfile de disfraces con entrega de diplomas, obradoiros variados e moito máis... Entrada libre e de balde! Todos os nenos e nenas deberán ir disfrazados. ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA: “O SANTIAGUIÑO de Padrón”, a partir das 6 e media da tarde! BAILE DOS NOSOS MAIORES: Na Casa do Mar de Corrubedo, a partir das 8 da tarde! Entrada gratuíta.
  3. 3. 3 LUNS, 8 de Febreiro EXPRESO DO ENTROIDO: Tren infantil que percorrerá as distintas rúas da cidade. Saída e chegada da Praza do Concello, de 11 a 14 e de 17 a 20 h. As entradas poderanse recoller gratuitamente no propio tren ata encher aforo! SESIÓN DJ PARA A MOCIDADE Na Carpa do Entroido, de 21:00 a 00:00 horas. Dirixida a mozas e mozos ata 18 anos. FESTA DA NOITE DE ENTROIDO Sesión Dj: Música, luces, animación, e baile na Carpa do Entroido, a partir das 00:30 horas, na Praza de España. Entrada libre e gratuíta! ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COAS CHARANGAS: “O SANTIAGUIÑO de Padrón”, a partir das 9 da noite! “ROUBABICOS”, a partir das 12 da noite! MARTES, 9 de Febreiro FESTIVAL DE MURGAS E COMPARSAS Ás 17:00 h. sairán da Carpa do Entroido as murgas e comparsas, acompañadas no desfile pola charanga “O SANTIAGUIÑO” de Padrón e outras agrupacións musicais, así como unha morea de personaxes que advertirán ao cidadán dos perigos de andaren a soas polas rúas. As “Murgas Adultas” competirán no festival por un Primeiro Premio de 1.000 €, un Segundo Premio de 600 €, un Terceiro Premio de 400 € e un Premio Local de 350 €, para o que haberá un Xurado Entroido-Profesional composto por seis membros, especialistas en Artes Escénicas e Caracterización, Letra e Música, Vestiario, Maquillaxe e Peluquería, un escollido ao azar de entre o público e a Presidencia que recaerá na Concelleira de Cultura, ademais do Secretario, con voz e sen voto. Festival e actuación: Carpa do Entroido, Praza de España. Bases en www.riveira.gal
  4. 4. 4 ANIMACIÓN DAS RÚAS E PRAZAS DA HOSTELERÍA DE RIVEIRA COA CHARANGA: “O SANTIAGUIÑO de Padrón”, a partir das 6 e media da tarde! MÉRCORES, 10 de Febreiro ENTERRO DO FELIPE O finado FELIPE DE RIVEIRA Falecido e Confortado con Filloas e Augardente R.I.P. A súa dona, fillos, irmáns, curmáns e demais familia . Pregan unha oración polo seu eterno descanso e agradecen a asistencia ao funeral do corpo presente que se vai oficiar no día 10 de febreiro ás 19.30 horas e ao posterior acto de incineración dos seus restos mortais na Praza de Pontevedra. Oficiará o Sr. Bispo de Moldes, a Súa Eminencia Re-verendísimo Doutor Da Folla Seca quen virá na compaña do Sr. Marqués de Cacharrachada e o Sr. Gobernador do Entroido Excmo. Sr. D. Pedro Pateiro, ao ritmo da comparsa “O SANTIAGUIÑO” de Padrón, polo que a familia suplica encarecidamente o máis rigoroso loito nos actos de sepelio e as moi ferventes manifestacións de dor e pranto por tan irreparable perda e por mor de abrandar os corazóns de tan importantes persoeiros e por aquilo de que “quen non chora non mama”. Unha vez enterrado afogaremos todos xuntos os pesares na Rúa de Portugal (Auditorio), -e se chove a mares e escacha na rúa será na Carpa do Entroido-, con preñados, orellas e rosquiñas, todo isto regado co mellor viño Barrantes e demais bebidas para os padais máis exquisitos. Favores polos que anticipan grazas. Saída do acompañamento ás 19.30 h, dende o Palco de Pedra do Malecón (R/ Romero Ortiz) pasando por Malecón, Concordia, Galicia, Canarias, Miguel Rodríguez Bautista, Mariño de Rivera, Praza do Concello, Rosalía de Castro, Galicia, Manzanares ata chegar á Praza de Pontevedra. Colabora: Club de Pensionista e Xubilados de Riveira. Máis información en www.riveira.gal e Entérate! IV FEIRA DE INVERNO DO PEQUENO COMERCIO DE RIVEIRA Do 12 ao 14 de febreiro de 2016. Na Carpa da Praza de España.
  5. 5. 5 ACTIVIDADES DA HOSTALERÍA DE RIVEIRA Organiza o Centro Hostaleiro Aberto da Asociación de Empresarios de Riveira. Colabora a Concellería de Cultura de Riveira. CONCURSO DE DECORACIÓN DE LOCAIS DA HOSTALERÍA: Deberán estar decorados do 5 ao 10 de febreiro. Prazo de inscrición, do 25 de xaneiro ao 2 de febreiro, ata as 14 h, no correo correo@empresariosriveira.com Organizado polo Concello de Riveira e a Asociación de Empresarios de Riveira. Sábado 13 de Febreiro RUTA DE TAPAS DO PEQUENO ENTROIDO: Sábado 13 de febreiro, de 12 a 16 h. As tapas deben ser relacionadas coa temática do Entroido (exp. Cocido, laconada, orellada…). Prazo de inscrición para locais participantes, do 1 ao 8 de febreiro, ata as 14 h, nos correos culturaefestexos@riveira.com e correo@empresariosriveira.com Bases dos concursos en www.empresariosriveira.com

×