9. Filosofía patrística (s. I-V d.C.) I d.C. s. VIII Período de transición e renacemento carolinxio s. XIV Auxe da escolástica (s. XIII) s. XIII d.C. Crise da escolástica e nominalismo (s. XIV) ETAPAS No pensamento medieval:
10.
11.
12.
13.
14.
15.
16.
17.
18.
19.
20.
21.
22. Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades A partir do século XI comezan a reaparecer as cidades e prodúcese un intercambio comercial entre o mundo rural e urbano: o campo produce materias primas e alimentos e a cidade proporciona productos manufacturados. O sistema feudal mantívose e as cidades nesta época foron só un elemento secundario dentro do sistema social, acollendo a man de obra excedente do campo.
23. Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades Mantívose a sociedade estamental pero xurdiu un novo grupo social dentro dos non privilexiados que foi a burguesía . A burguesía foi o grupo social dominante no mundo urbano. Eran homes libres, independentes do señor feudal, que baseaban o seu status na riqueza. Pronto existiu unha alta burguesía, formada polos ricos banqueiros e comerciantes, e unha pequena burguesía de artesáns. A alta burguesía ocupou os postos máis importantes nos núcleos urbanos e axudou aos monarcas a aumentar o seu poder fronte á nobreza feudal.
24. Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades Nas cidades o traballo organizouse por oficios, aparecendo os gremios , asociacións de artesáns que tiñan como obxectivo facilitar as materias primas, fixar os prezos de venda...
25. Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades Os séculos XI-XIII foron tempos de florecemento económico, e Europa ampliou as súas relacións comerciais gracias á ruta marítima do Mediterráneo (que permitiu os contactos co Próximo Oriente) e a establecida entre o mar do Norte e o mar Báltico (que levou a un contacto cos pobos eslavos), ademais das rutas terrestres que cruzaron o continente.
26.
27. Contexto histórico da filosofía medieval. A crise do sistema medieval e o tránsito cara ao mundo moderno A finais do século XIII e durante todo o XIV Europa vive momentos de crise en todas as frontes que rematarán co sistema feudal: unha época de malas colleitas e fame deu lugar a unha fonda crise económica que provocou moitas revoltas campesiñas como a dos Irmandiños;
28. Contexto histórico da filosofía medieval. A crise do sistema medieval e o tránsito cara ao mundo moderno a Peste Negra asolou o continente provocando unha crise demográfica ; a baixada da poboación e as malas colleitas levaron a unha crise comercial e de producción que supuxo a crise das cidades ;
29. Contexto histórico da filosofía medieval. A crise do sistema medieval e o tránsito cara ao mundo moderno no ámbito relixioso houbo constantes loitas entre o papado e a monarquía e o ascenso de numerososmovementos místicos e de correntes empiristas. Isto supuxo tamén unha crise cultural , que leva ao derrubamento das sínteses escolásticas. Haberá que agardar ao século XV para atopar os primeiros indicios de recuperación xa na Idade Moderna.
30. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía Filosofía e cristianismo atópanse a partir do século II no ámbito do Imperio Romano. O cristianismo é unha relixión e, como tal, baséase na crenza, na fe. O seu obxectivo non é buscar a verdade , pois esta xa foi revelada por Deus aos humanos coa mensaxe de Xesús, senón que pretende ser unha doutrina de salvación con afán universalista -de aplicación a todos os seres humanos-, e exclusivista, ao afirmar que o seu Deus é o único e verdadeiro (monoteísmo).
31. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía O Deus cristián é un Deus creador omnipotente , que creou o mundo e os seres a partir da nada. Esta era unha idea impensable para o mundo grego, que desbotara a idea do non ser e concibía as cousas como necesarias. Co cristianismo, se as cousas son é debido á vontade divina e, polo tanto, a existencia das criaturas é unha gracia de Deus.
32. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía É ademais un Deus persoal , un Deus-Pai que acolle aos seus fillos e que se fai home en Xesús para contar ao mundo a Boa Nova. Como pai é providente, ocúpase dos asuntos humanos, e como fillo entra directamente na historia para mostrarlle á humanidade que é da súa única competencia salvar aos homes.
33. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía E é un Deus misericordioso e redentor , que salva e redime aos humanos e os acolle no seu seo. Isto implica unha concepción moral moi diferente á grega. Para a filosofía antiga a ética fora fundamentalmente intelectualista: quen sabe non pode facer o mal. Co cristianismo aparecen as ideas de culpa e pecado ; o pecado non é ignorancia senón unha infracción que comete o individuo.
34. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía Deus creou os humanos con vontade libre e polo tanto deulles liberdade para actuar , e isto conleva a posibilidade de elixir tanto o ben como o mal. Quen obra mal é culpable, pecador. Mais Deus é misericordioso e perdoa os pecados dos seus fillos.
35. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía A filosofía , pola súa banda, ten como obxectivo descubrir a verdade mediante a utilización da razón . Polo tanto, diverxe do cristianismo desde os seus alicerces.
36. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía Desde o século I o cristianismo estendeuse por todo o Imperio Romano, calando fundamentalmente nas clases populares, e mantívose dun xeito clandestino e sufrindo persecucións. O panorama vai cambiar cando no 313 o emperador Constantino recoñece e tolera a relixión cristiá, e no 380 Teodosio a converte na relixión oficial do imperio.
37. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía A filosofía grega estendérase polo Mediterráneo na época helenística e fora aceptada e asumida polos pensadores romanos. A filosofía amosárase sempre tolerante coas distintas escolas, mentres que o cristianismo presentábase como a verdade, co cal o diálogo non ía resultar excesivamente sinxelo.
38. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía Os primeiros contactos entre filosofía e cristianismo foron acollidos con receo por ambas as dúas partes E mesmo con indiferencia. Pero desde o momento en que se converten ao cristianismo xentes educadas na filosofía grega, non faltaron os que tentaron buscar algún xeito de unión que posibilitara a conciliación dos dous saberes.
39. Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía Nun primeiro momento a filosofía acollida polos cristiáns será a neoplatónica e platónica , que parecía máis semellante á verdade cristiá. No século XIII reaparece no mundo occidental a obra de Aristóteles con tanta forza que os filósofos e teólogos tentarán compaxinala tamén coas crenzas relixiosas. Os teólogos cristiáns recollen así categoría filosóficas para expresar a súa mensaxe, e con elas, os termos filosóficos cambiar radicalmente de sentido impregnándose de connotacións relixiosas.
40. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Estamos a delimitar o noso obxecto de estudio na filosofía medieval europea, ta e como se desenvolveu a partir da caída do Imperio Romano de Occidente. Mais este non foi o único rumbo tomado, nin a única derivación da filosofía grecorromana. O Imperio Romano de Oriente deviu no Imperio Bizantino .
41. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana En Arabia, Mahoma funda a relixión islámica no século VII e a partir de aí comeza a expansión do Islam. Desde a península Arábiga os musulmáns expándense cara ao norte e conquistan nun primeiro momento o sur do Imperio Bizantino, ou sexa Siria, Exipto e Palestina.
42. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Alí, fundamentalmente en Siria, permanecían moitas obras da Grecia clásica, en especial as de Aristóteles , que eran descoñecidas para os filósofos occidentais. Os árabes entran en contacto con elas, e comezan a traducilas do grego ao árabe , do grego a siríaco, e deste ao árabe. Deste xeito o mundo islámico fíxose portador do saber grego que elaborou e interpretou confrontándoo coa verdade do Corán.
43. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Os árabes continúan a súa expansión por todo o norte de África e no 711 conquistan a península Ibérica, facendo da cidade de Córdoba o centro cultural do occidente musulmán. Ademais de introducir a súa cultura e coñecementos, achegan a Europa o legado grego que a súa filosofía estaba a comentar e traballar. É así como o mundo occidental recupera novamente a totalidade da filosofía grega.
44. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana A cultura árabe inflúe nos xudeus que vivían dispersos polo territorio musulmán e que, aínda que mantiveron as súas tradicións impregnáronse tamén da cultura islámica. Durante moito tempo traballaron conxuntamente na península Ibérica estudiosos árabes, xudeus e musulmáns.
45. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Co fin de lograr unha difusión sistemática do saber greco-xudeu-islámico, o arcebispo Raimundo de Sauvetat organizou en Toledo, no século XII, unha Escola de Traductores na que se traduciron tratados médicos de Galeno e Hipócrates, da astronomía de Tolomeo, da matemática de Euclides (é nesta época cando se introduce a notación numérica arábiga, o que facilitou o cálculo), o Corán, obras árabes e xudías e as obras de Aristóteles , xunto cos comentarios que lle fixeran a estas os autores musulmáns. E así, no primeiro tercio do século XIII o occidente cristián redescobre un mundo culturalmente novo e descoñecido ata aquel intre.
46. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Entre os filósofos musulmáns cómpre nomear entre outros a Al-Kindi, o primeiro gran pensador da filosofía islámica; Al-farabí, o introductor do aristotelismo na cultura árabe ou Avicena , o primeiro comentador de Aristóteles, con forte influencia neoplatónica. Ímonos deter brevemente nas dúas figuras claves da filosofía árabe e xudía: Averroes e Maimónides , respectivamente.
47. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Averroes (Ibn Rush, en árabe) foi un importante médico, xurista e filósofo, nacido en Córdoba no 1126 e finado en Marrocos no 1198. É o gran comentador de Aristóteles, de quen fai paráfrases libres dos textos (Comentarios medios), compendios sen relación estricta co texto e Grandes Comentarios, onde reproduce os textos do estaxirita analizados parágrafo a parágrafo.
48. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Para el, « a doutrina de Aristóteles coincide coa verdade suprema ». Confía totalmente na razón , o que o levará á confrontación coa dogmática islámica. Por citar tres exemplos, non acepta a idea da creación a partir da nada que defende a relixión, pois é contraria á razón. Do mesmo xeito afirma a inmortalidade do espírito suprapersoal, pero non defende a inmortalidade da alma individual . No ámbito moral avoga pola necesidade de facer o ben por si mesmo e non pola consecución de premios na outra vida .
49. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Cómpre destacar a súa concepción sobre a relación fe- razón , pois tamén na filosofía árabe se suscita o problema ao tentar conciliar as verdades da razón coa verdade do Corán. Averroes defende que a mesma verdade se transmite pola filosofía e pola teoloxía .
50. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana A filosofía enuncia a verdade en estado puro e, polo tanto, só accesible a algúns individuos. O Corán tenta achegar a verdade dun xeito máis sinxelo, para chegar a máis xente, a toda aquela que non pode chegar ás profundidades da filosofía. No caso de conflicto «é preciso poñerse do lado dos filósofos», e buscar un sentido interno ao libro sagrado (pois o sentido externo está elaborado para os individuos menos preparados).
51. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Maimónides (Moshe Ben Maimun; Córdoba, 1135-Alexandría, 1204) foi filósofo, médico e xurista xudeu. A súa obra máis importante é a Guía de perplexos, que dirixe a todos aqueles que están confundidos polas aparentes contradiccións entre razón e fe. Defende que ambas as dúas coinciden e que a filosofía é un instrumento eficaz para comprender a fe .
52. Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana Se nalgún punto aparece unha contradiccióno mellor será buscar unha clarificación racional e interpretar alegoricamente as escrituras . Esta concepción fíxolle tamén entrar en conflicto cos rabinos ortodoxos máis estrictos. Por outra banda, Maimónides anticipa algunha das probas da existencia de Deus (Deus como primeiro motor, como ser necesario e como Causa Primeira) que posteriormente elaborará Tomé de Aquino.
53. Contexto histórico da filosofía medieval. O método escolástico 0 termo escolástica procede do latín scholasticus que significa «quen ensina nunha escola», referíndose ao mestre que ensinaba nas escolas monacais as artes liberais : o Trivium (que constaba de gramática, retórica e dialéctica) e o Quad