SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 16
Descargar para leer sin conexión
PIONEIROS

DA

FOTOGRAFÍA

GALEGA

EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
IRMÁNS
SARABIA

Os irmáns Sarabia proceden da bisbarra de Trives e a súa
relación coa fotografía vén dada polo seu cuñado Xosé
Gil (persoa que realizou unha grande e variada
actividade: fotógrafo na cidade de Vigo no ano 1905,
formou parte da redacción de Vida Gallega no momento
da súa fundación en 1909 e foi un dos pioneiros do cine
galego cunha importante actividade).
Á volta de Cuba, Xosé Sarabia, nado en 1870, traballa en
Vigo no estudio de Xosé Gil ata a súa morte no ano 1907.
Constantino, nado no ano 1875 e supervivente da Guerra
de Cuba, aveciñouse en Vigo no ano 1907. O seu inicio na
fotografía será tamén a través de Gil, establecéndose no
ano 1909 na rúa Elduayen 30, onde traballan e viven el e o
seu irmán Henrique, nado en 1881.
As primeiras referencias de fotografía publicadas polos
irmáns Sarabia aparecen en Vida Gallega en 1910,
colaborando con esta revista ata que desaparece en 1938.
Temos a través desas imaxes documentos das primeiras
saídas do tranvía eléctrico en Vigo en 1914 e da
expectación que isto provocou; da chegada ao Berbés da
flota pesqueira; de espazos hoxe moi distintos, como o
camiño de Romil atravesado por un coche de cabalos; de
actos sociais: a festa da flor, banquetes no pazo da
Pastora ou a romaría de San Roque, reproducida nunha
portada en 1912. EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
IRMÁNS
SARABIA

EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
PACHECO

Tras
os
Montes,
1878
–Vigo,
1954

Jaime de Sousa Guedes Pacheco iniciouse na
fotografía co seu irmán Xosé Pacheco en Ourense e
formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil
en 1899, con quen realizou exhibicións en Celanova,
Verín, Braga, Porto e Lisboa. En 1907 asociouse en
Vigo co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de
Filippo Prosperi. Co falecemento desta en 1915, a
galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser
propiedade exclusiva de Xaime. Foi colaborador
gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida
Gallega e, principalmente, de El Pueblo Gallego.
Especializouse en retratos de estudo de xente anónima
e de persoeiros. O seu traballo caracterizouse polo
emprego da fotografía como memoria social,
especialmente da cidade de Vigo.
Colaborou na ilustración de obras como Catálogo de
Vigo (1922) e Vigo en 1927 (1928), editadas por José
Cao Moure. Logo do seu falecemento, os seus fillos
Alberte e Xaime continuaron co mesmo labor no
estudo fotográfico. Jaime de Sousa Guedes Pacheco
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
PACHECO

O Berbés Recollendo ameixas no Areal, anos 20
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
KSADO

Ávila,1888
–
Compostela,
1972

Luís Casado Fernández, coñecido co nome artístico
Ksado, criouse en Ourense, a onde foi vivir con seis
anos. Con dez anos de idade comeza a súa andaina no
oficio, ao entrar coma aprendiz no estudio de Xosé
Pacheco, ata que no ano 1915 se establece pola súa
conta, abrindo o seu propio estudio no número 23 da
compostelá Rúa do Vilar. Investiga e mellora a súa
técnica fotográfica, creando en 1917 un novo
procedemento fotográfico, e realiza unha viaxe a París
en 1919 para adquirir novo material. Cando no 1922
expande o negocio a Vigo, abrindo o seu estudo na Rúa
de Urzaiz, será a súa irmá Carmiña a que quede a cargo
do estudo de Santiago.
Despois do 1936, coma consecuencia do golpe de
estado, interrómpese a súa actividade editorial. Ao ano
seguinte pecha o seu estudo en Vigo e volta a
Compostela, e abandona a impronta artística dos seus
traballos previos, para centrarse nos labores habituais
dun estudo fotográfico. Luís Casado Fernández (Ksado)
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
KSADO

Vista de Ourense, desde O Salto do Can (Luis Ksado, 1932)
A picariña, 1920Honorino
Méndez
O Pórtico
da Gloria
A naiciña
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
JOSÉ
Mª
MASSÓ

(1899‐1981)

Propietario xunto co seu irmán Gaspar da firma
Hermanos Massó, foi un afeccionado á fotografía
que tirou fotografías de forma constante ao longo
da súa vida. Durante a década dos vinte realiza
gran número de fotografías de grande interese. A
través da fotografía dá conta das súas viaxes por
Europa, dos acontecementos familiares, realiza
retratos de amigos e parentes e, sobre todo,
fotografía as actividades lúdicas que organizaban,
as excursións de caza, as viaxes en piragua, a
praia… Estas fotos son particularmente
interesantes dende un punto de vista fotográficos e
amosan interesantes aspectos da sociedade dos
anos vinte que nos traen ao recordo as imaxes da
Belle epoque doutros países, como as que realizou
Jaques-Henri Lartigue.
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
JOSÉ
SUÁREZ

Allariz,
1902
–
A
Guarda,
1974

A súa obra pode relacionarse coa fotografía
humanista, co ser humano e o seu contorno
como tema central a través da súa visión
persoal. Aos 19 anos, mentres estudaba Dereito
en Salamanca, comezou a colaborar na revista
Vida Gallega. Por entón tamén realizou
curtametraxes cinematográficas. En 1932
publicou o libro 50 fotos de Salamanca, con
prólogo de Miguel de Unamuno. Fixo reportaxes
sobre actividades profesionais, como oleiros,
telleiros, segadores, mariñeiros e romeiros. En
1935 comezou a rodar o documental Mariñeiros
na Comarca do Morrazo, pero non chegou a
rematalo por mor da guerra civil española. A
finais de 1936 emigrou a Buenos Aires. Comezou
a traballar como fotoxornalista no diario
arxentino La Prensa. En 1950 trasladouse a
Punta del Este (Uruguai), e tres anos máis tarde
marchou a Xapón como correspondente dos
xornais La Prensa e El Día. Xapón tivo unha
grande influencia na súa vida, e tras o seu
regreso a América en 1956 deu a coñecer o
teatro Nō a través de conferencias, traducións e
a exposición Vislumbre de Japón. Colaborou coa
revista Life e con US Camera.
José Suárez con Akira Kurosawa (1960)
En 1959 marchou a España, mais atopou
dificultades para dar a coñecer o seu traballo.
En 1965 publicou un libro sobre La Mancha
baseado nunha serie fotográfica en branco e
negro que foi moi valorada. En 1966 publicou
no Reino Unido un libro sobre a tauromaquia
titulado The Life and Death of the Fighting
Bull.
En 1982 publicouse o libro póstumo Galicia:
terra, mar e xentes, con 161 fotografías.
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
JOSÉ
SUÁREZ

EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
RAMÓN
CAAMAÑO

Muxía
1908‐2007


Cando ten dezaseis anos merca a súa primeira máquina fotográfica. Era
unha máquina de caixa que tiraba as fotos sen enfocar.
A partir do ano 1925 comeza a fotografar o mundo máis próximo: mariñeiros,
campesiños, paisaxes, solpores, romarías etcétera. Dous anos máis tarde
1927 compra unha máquina Pathe Baby para proxectar cine, e comeza a
distribuír filmes pola Costa da Morte. Marcha a Santiago de Compostela nos
invernos dos anos 29, 30 e 31, onde traballará co fotógrafo Ksado, de quen
aprenderá entre outras cousas a técnica de colorear fotos con ácidos.
No ano 1932 múdase para Cee, onde monta un estudo e comeza a traballar
facendo retratos. En 1938 é mobilizado co motivo da Guerra Civil e
destinado á fronte de Aragón, onde leva canda si a cámara West Pocket. As
súas fotos de guerra poden cualificarse como o primeiro exemplo de
fotoxornalismo galego.
Á volta da contenda segue co estudio en Cee, pero a súa actividade
esténdese a toda a comarca, principalmente ás vilas de Corcubión e Muxía.
Retirouse da vida profesional e da fotografía en 1975. Tiña un pequeno
museo persoal na súa casa, mantido ata o seu falecemento..
Ramón Caamaño
Neno difunto
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
RAMÓN
CAAMAÑO

O día da matanza (Touriñán, 1928)
Familiares rodeando ao defunto
Retrato
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
MANUEL
FERROL

Cabo
Vilán
(Camariñas),
1923
–
A
Coruña,
2003

Comeza a dedicarse profesionalmente á fotografía no ano
1950. Entre 1950 e 1953 monta un estudo en Betanzos e
entre 1953 e 1955 traballa como retratista en Ferrol. Neses
anos comeza a recibir os seus primeiros recoñecementos
públicos, así recibe no 1953 o premio da Asociación de
Artistas da Coruña e tamén é contratado pola Mariña de
guerra estadounidense para documentar a súa visita a
Ferrol. En 1955 instálase na Coruña e comeza a traballar
combinando a profesión de retratista coa de reporteiro
gráfico para distintas publicacións.
No ano 1957 recibe un encargo da Comisión Católica de
Emigración para realizar un traballo sobre o embarco de
emigrantes no porto da Coruña. Nese contexto realiza o
que sería o seu traballo máis coñecido nacional e
internacionalmente. O día 27 de novembro de 1957, no
embarque ao buque "Juan de Garay", Manuel Ferrol capta
a imaxe dun pai co seu fillo (os fisterráns Xan e Xurxo
Calo) chorando no porto. A fotografía representaría
durante décadas os anos máis duros da emigración
galega do século XX, chegando a converterse nunha
especie de icona. Axudado pola relevancia e a sona deste
traballo poderá estudar fotografía na Hamburger Photo
Schule, feito que lle valerá ser contratado en 1958 como
correspondente de Televisión Española na Galiza.
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
MANUEL
FERROL

En 1961 realiza outra reportaxe de sona, esta vez sobre a
liberación do buque "Santa María", secuestrado polo
Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación
En 1965 gaña a oposición para ser correspondente do
No-Do, traballo no que desenvolveu multitude de
monográficos sobre diversos temas galegos. Nese
traballo tamén tivo o encargo de cubrir as vacacións de
verán de Franco, razón pola que se converteu nunha das
poucas persoas cunha relación de proximidade no
contorno familiar do ditador.
Durante os anos setenta participou nun proxecto
cinematográfico sobre Castelao.
Nos anos seguintes, Manuel Ferrol, participou en
numerosas exposicións internacionais ao lado dos
fotógrafos máis importantes do século, sen deixar de
traballar até o seu falecemento, en marzo de 2003.
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
VIRXILIO
VIÉITEZ

Soutelo
de
Montes
(Forcarei),
1930
‐
2008

O seu primeiro emprego foi na construción ós dezaseis anos.
Despois emigrou ós Pireneos, onde traballou coma mecánico
nun teleférico e adquiriu a súa primeira cámara. Tratábase
dunha Kodak de caixón, formato 6x9". Emigrado a Cataluña,
en Palamós coñeceu a Julio Pallí, de quen aprendeu o oficio
da fotografía.
A continuación traballou como fotógrafo na Costa Brava,
facendo retratos de turistas. No 1955 volveu a Galiza e pouco
despois abriu un estudio fotográfico na súa vila natal. Deste
modo tivo a oportunidade de retratar a moitas xeracións de
veciños da Terra de Montes de forma case anónima. As súas
fotografías son retratos de persoas e grupos en eventos
sociais como comuñóns, velorios ou bautizos, pero tamén
actividades cotiás. En relación á súa técnica, a maioría das
súas fotos son en branco e negro, pero na década de setenta
fixo algunhas en cor.
Deixou a actividade fotográfica nos anos oitenta, pero na
década dos noventa o seu traballo foi revalorizado,
expoñendo na VIII edición da Fotobienal de Vigo en 1998, no
MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na
exposición "150 anos de Fotografía en España" (que estivo
na Coruña e en Ourense), ou na mostra Al gust de Cartier-
Bresson en Barcelona, ​Ámsterdan e Nova York..
Virxilio Viéitez
EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
VIRXILIO
VIÉITEZ

EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE

Más contenido relacionado

La actualidad más candente (20)

áLvarez BláZquez
áLvarez BláZquezáLvarez BláZquez
áLvarez BláZquez
 
X. M. Álvarez Bláquez
X. M. Álvarez BláquezX. M. Álvarez Bláquez
X. M. Álvarez Bláquez
 
Maruja mallo
Maruja malloMaruja mallo
Maruja mallo
 
Manuel Colmeiro unha rúa no barrio de Elviña
Manuel Colmeiro unha rúa no barrio de ElviñaManuel Colmeiro unha rúa no barrio de Elviña
Manuel Colmeiro unha rúa no barrio de Elviña
 
Laxeiro. Unha rúa no barrio de Elviña
Laxeiro. Unha rúa no barrio de ElviñaLaxeiro. Unha rúa no barrio de Elviña
Laxeiro. Unha rúa no barrio de Elviña
 
Pablo Picasso
Pablo PicassoPablo Picasso
Pablo Picasso
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Urbano lugrís
Urbano lugrísUrbano lugrís
Urbano lugrís
 
+Mario granell, pintor
+Mario granell, pintor+Mario granell, pintor
+Mario granell, pintor
 
Maruja Mallo
Maruja Mallo Maruja Mallo
Maruja Mallo
 
BiografíA Miró
BiografíA MiróBiografíA Miró
BiografíA Miró
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
José María Barreiro
José María BarreiroJosé María Barreiro
José María Barreiro
 
A arte no exilio
A arte no exilioA arte no exilio
A arte no exilio
 
O primeiro picasso candela, uxía e celtia- marzo 15
O primeiro picasso  candela, uxía e celtia- marzo 15O primeiro picasso  candela, uxía e celtia- marzo 15
O primeiro picasso candela, uxía e celtia- marzo 15
 
Mulleres galegas
Mulleres galegasMulleres galegas
Mulleres galegas
 
Folleto
FolletoFolleto
Folleto
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Mulleres artistas
Mulleres artistasMulleres artistas
Mulleres artistas
 
Auga e pintura
Auga e pinturaAuga e pintura
Auga e pintura
 

Destacado (20)

Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Querida miña
Querida miñaQuerida miña
Querida miña
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Amor á familia
Amor á familiaAmor á familia
Amor á familia
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Concurso fotografía
Concurso fotografíaConcurso fotografía
Concurso fotografía
 
Querido augustus
Querido augustusQuerido augustus
Querido augustus
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16Gañadores sobremesas 16
Gañadores sobremesas 16
 
Nubes de evolucion
Nubes de evolucionNubes de evolucion
Nubes de evolucion
 
Concurso amor 16
Concurso amor 16Concurso amor 16
Concurso amor 16
 
Uliana
UlianaUliana
Uliana
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
As mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordesAs mulleres no rueiro de ordes
As mulleres no rueiro de ordes
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
A praia dos afogados
A praia dos afogadosA praia dos afogados
A praia dos afogados
 
Libro manuel maria
Libro manuel mariaLibro manuel maria
Libro manuel maria
 
Cartel v premio poesía
Cartel v premio poesíaCartel v premio poesía
Cartel v premio poesía
 

Similar a Pioneir@s galeg@s da fotografía (20)

LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Xosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira ValverdeXosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira Valverde
 
Álvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiroÁlvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiro
 
Jesús Bal y Gay
Jesús Bal y GayJesús Bal y Gay
Jesús Bal y Gay
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Irmandades da Fala
Irmandades da FalaIrmandades da Fala
Irmandades da Fala
 
Brocos e a 'Defensa de Lugo?
Brocos e a 'Defensa de Lugo?Brocos e a 'Defensa de Lugo?
Brocos e a 'Defensa de Lugo?
 
Francisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroFrancisco de goya_Touro
Francisco de goya_Touro
 
Francisco de goya_Touro
Francisco de goya_TouroFrancisco de goya_Touro
Francisco de goya_Touro
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
BiografíA Picasso
BiografíA PicassoBiografíA Picasso
BiografíA Picasso
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Mulleres 5 5
Mulleres 5 5Mulleres 5 5
Mulleres 5 5
 

Más de normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
As sete mortes
As sete mortesAs sete mortes
As sete mortes
 

Pioneir@s galeg@s da fotografía

  • 2. IRMÁNS
SARABIA
 Os irmáns Sarabia proceden da bisbarra de Trives e a súa relación coa fotografía vén dada polo seu cuñado Xosé Gil (persoa que realizou unha grande e variada actividade: fotógrafo na cidade de Vigo no ano 1905, formou parte da redacción de Vida Gallega no momento da súa fundación en 1909 e foi un dos pioneiros do cine galego cunha importante actividade). Á volta de Cuba, Xosé Sarabia, nado en 1870, traballa en Vigo no estudio de Xosé Gil ata a súa morte no ano 1907. Constantino, nado no ano 1875 e supervivente da Guerra de Cuba, aveciñouse en Vigo no ano 1907. O seu inicio na fotografía será tamén a través de Gil, establecéndose no ano 1909 na rúa Elduayen 30, onde traballan e viven el e o seu irmán Henrique, nado en 1881. As primeiras referencias de fotografía publicadas polos irmáns Sarabia aparecen en Vida Gallega en 1910, colaborando con esta revista ata que desaparece en 1938. Temos a través desas imaxes documentos das primeiras saídas do tranvía eléctrico en Vigo en 1914 e da expectación que isto provocou; da chegada ao Berbés da flota pesqueira; de espazos hoxe moi distintos, como o camiño de Romil atravesado por un coche de cabalos; de actos sociais: a festa da flor, banquetes no pazo da Pastora ou a romaría de San Roque, reproducida nunha portada en 1912. EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 3. IRMÁNS
SARABIA
 EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 4. PACHECO
 Tras
os
Montes,
1878
–Vigo,
1954
 Jaime de Sousa Guedes Pacheco iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé Pacheco en Ourense e formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil en 1899, con quen realizou exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. En 1907 asociouse en Vigo co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta en 1915, a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser propiedade exclusiva de Xaime. Foi colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, principalmente, de El Pueblo Gallego. Especializouse en retratos de estudo de xente anónima e de persoeiros. O seu traballo caracterizouse polo emprego da fotografía como memoria social, especialmente da cidade de Vigo. Colaborou na ilustración de obras como Catálogo de Vigo (1922) e Vigo en 1927 (1928), editadas por José Cao Moure. Logo do seu falecemento, os seus fillos Alberte e Xaime continuaron co mesmo labor no estudo fotográfico. Jaime de Sousa Guedes Pacheco EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 5. PACHECO
 O Berbés Recollendo ameixas no Areal, anos 20 EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 6. KSADO
 Ávila,1888
–
Compostela,
1972
 Luís Casado Fernández, coñecido co nome artístico Ksado, criouse en Ourense, a onde foi vivir con seis anos. Con dez anos de idade comeza a súa andaina no oficio, ao entrar coma aprendiz no estudio de Xosé Pacheco, ata que no ano 1915 se establece pola súa conta, abrindo o seu propio estudio no número 23 da compostelá Rúa do Vilar. Investiga e mellora a súa técnica fotográfica, creando en 1917 un novo procedemento fotográfico, e realiza unha viaxe a París en 1919 para adquirir novo material. Cando no 1922 expande o negocio a Vigo, abrindo o seu estudo na Rúa de Urzaiz, será a súa irmá Carmiña a que quede a cargo do estudo de Santiago. Despois do 1936, coma consecuencia do golpe de estado, interrómpese a súa actividade editorial. Ao ano seguinte pecha o seu estudo en Vigo e volta a Compostela, e abandona a impronta artística dos seus traballos previos, para centrarse nos labores habituais dun estudo fotográfico. Luís Casado Fernández (Ksado) EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 7. KSADO
 Vista de Ourense, desde O Salto do Can (Luis Ksado, 1932) A picariña, 1920Honorino Méndez O Pórtico da Gloria A naiciña EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 8. JOSÉ
Mª
MASSÓ
 (1899‐1981)
 Propietario xunto co seu irmán Gaspar da firma Hermanos Massó, foi un afeccionado á fotografía que tirou fotografías de forma constante ao longo da súa vida. Durante a década dos vinte realiza gran número de fotografías de grande interese. A través da fotografía dá conta das súas viaxes por Europa, dos acontecementos familiares, realiza retratos de amigos e parentes e, sobre todo, fotografía as actividades lúdicas que organizaban, as excursións de caza, as viaxes en piragua, a praia… Estas fotos son particularmente interesantes dende un punto de vista fotográficos e amosan interesantes aspectos da sociedade dos anos vinte que nos traen ao recordo as imaxes da Belle epoque doutros países, como as que realizou Jaques-Henri Lartigue. EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 9. JOSÉ
SUÁREZ
 Allariz,
1902
–
A
Guarda,
1974
 A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Aos 19 anos, mentres estudaba Dereito en Salamanca, comezou a colaborar na revista Vida Gallega. Por entón tamén realizou curtametraxes cinematográficas. En 1932 publicou o libro 50 fotos de Salamanca, con prólogo de Miguel de Unamuno. Fixo reportaxes sobre actividades profesionais, como oleiros, telleiros, segadores, mariñeiros e romeiros. En 1935 comezou a rodar o documental Mariñeiros na Comarca do Morrazo, pero non chegou a rematalo por mor da guerra civil española. A finais de 1936 emigrou a Buenos Aires. Comezou a traballar como fotoxornalista no diario arxentino La Prensa. En 1950 trasladouse a Punta del Este (Uruguai), e tres anos máis tarde marchou a Xapón como correspondente dos xornais La Prensa e El Día. Xapón tivo unha grande influencia na súa vida, e tras o seu regreso a América en 1956 deu a coñecer o teatro Nō a través de conferencias, traducións e a exposición Vislumbre de Japón. Colaborou coa revista Life e con US Camera. José Suárez con Akira Kurosawa (1960) En 1959 marchou a España, mais atopou dificultades para dar a coñecer o seu traballo. En 1965 publicou un libro sobre La Mancha baseado nunha serie fotográfica en branco e negro que foi moi valorada. En 1966 publicou no Reino Unido un libro sobre a tauromaquia titulado The Life and Death of the Fighting Bull. En 1982 publicouse o libro póstumo Galicia: terra, mar e xentes, con 161 fotografías. EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 10. JOSÉ
SUÁREZ
 EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 11. RAMÓN
CAAMAÑO
 Muxía
1908‐2007

 Cando ten dezaseis anos merca a súa primeira máquina fotográfica. Era unha máquina de caixa que tiraba as fotos sen enfocar. A partir do ano 1925 comeza a fotografar o mundo máis próximo: mariñeiros, campesiños, paisaxes, solpores, romarías etcétera. Dous anos máis tarde 1927 compra unha máquina Pathe Baby para proxectar cine, e comeza a distribuír filmes pola Costa da Morte. Marcha a Santiago de Compostela nos invernos dos anos 29, 30 e 31, onde traballará co fotógrafo Ksado, de quen aprenderá entre outras cousas a técnica de colorear fotos con ácidos. No ano 1932 múdase para Cee, onde monta un estudo e comeza a traballar facendo retratos. En 1938 é mobilizado co motivo da Guerra Civil e destinado á fronte de Aragón, onde leva canda si a cámara West Pocket. As súas fotos de guerra poden cualificarse como o primeiro exemplo de fotoxornalismo galego. Á volta da contenda segue co estudio en Cee, pero a súa actividade esténdese a toda a comarca, principalmente ás vilas de Corcubión e Muxía. Retirouse da vida profesional e da fotografía en 1975. Tiña un pequeno museo persoal na súa casa, mantido ata o seu falecemento.. Ramón Caamaño Neno difunto EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 12. RAMÓN
CAAMAÑO
 O día da matanza (Touriñán, 1928) Familiares rodeando ao defunto Retrato EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 13. MANUEL
FERROL
 Cabo
Vilán
(Camariñas),
1923
–
A
Coruña,
2003
 Comeza a dedicarse profesionalmente á fotografía no ano 1950. Entre 1950 e 1953 monta un estudo en Betanzos e entre 1953 e 1955 traballa como retratista en Ferrol. Neses anos comeza a recibir os seus primeiros recoñecementos públicos, así recibe no 1953 o premio da Asociación de Artistas da Coruña e tamén é contratado pola Mariña de guerra estadounidense para documentar a súa visita a Ferrol. En 1955 instálase na Coruña e comeza a traballar combinando a profesión de retratista coa de reporteiro gráfico para distintas publicacións. No ano 1957 recibe un encargo da Comisión Católica de Emigración para realizar un traballo sobre o embarco de emigrantes no porto da Coruña. Nese contexto realiza o que sería o seu traballo máis coñecido nacional e internacionalmente. O día 27 de novembro de 1957, no embarque ao buque "Juan de Garay", Manuel Ferrol capta a imaxe dun pai co seu fillo (os fisterráns Xan e Xurxo Calo) chorando no porto. A fotografía representaría durante décadas os anos máis duros da emigración galega do século XX, chegando a converterse nunha especie de icona. Axudado pola relevancia e a sona deste traballo poderá estudar fotografía na Hamburger Photo Schule, feito que lle valerá ser contratado en 1958 como correspondente de Televisión Española na Galiza. EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 14. MANUEL
FERROL
 En 1961 realiza outra reportaxe de sona, esta vez sobre a liberación do buque "Santa María", secuestrado polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación En 1965 gaña a oposición para ser correspondente do No-Do, traballo no que desenvolveu multitude de monográficos sobre diversos temas galegos. Nese traballo tamén tivo o encargo de cubrir as vacacións de verán de Franco, razón pola que se converteu nunha das poucas persoas cunha relación de proximidade no contorno familiar do ditador. Durante os anos setenta participou nun proxecto cinematográfico sobre Castelao. Nos anos seguintes, Manuel Ferrol, participou en numerosas exposicións internacionais ao lado dos fotógrafos máis importantes do século, sen deixar de traballar até o seu falecemento, en marzo de 2003. EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 15. VIRXILIO
VIÉITEZ
 Soutelo
de
Montes
(Forcarei),
1930
‐
2008
 O seu primeiro emprego foi na construción ós dezaseis anos. Despois emigrou ós Pireneos, onde traballou coma mecánico nun teleférico e adquiriu a súa primeira cámara. Tratábase dunha Kodak de caixón, formato 6x9". Emigrado a Cataluña, en Palamós coñeceu a Julio Pallí, de quen aprendeu o oficio da fotografía. A continuación traballou como fotógrafo na Costa Brava, facendo retratos de turistas. No 1955 volveu a Galiza e pouco despois abriu un estudio fotográfico na súa vila natal. Deste modo tivo a oportunidade de retratar a moitas xeracións de veciños da Terra de Montes de forma case anónima. As súas fotografías son retratos de persoas e grupos en eventos sociais como comuñóns, velorios ou bautizos, pero tamén actividades cotiás. En relación á súa técnica, a maioría das súas fotos son en branco e negro, pero na década de setenta fixo algunhas en cor. Deixou a actividade fotográfica nos anos oitenta, pero na década dos noventa o seu traballo foi revalorizado, expoñendo na VIII edición da Fotobienal de Vigo en 1998, no MARCO, na Sala de Exposicións Caixanova de Vigo, na exposición "150 anos de Fotografía en España" (que estivo na Coruña e en Ourense), ou na mostra Al gust de Cartier- Bresson en Barcelona, ​Ámsterdan e Nova York.. Virxilio Viéitez EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE
  • 16. VIRXILIO
VIÉITEZ
 EDLG IES Nº1 ORDES EDLG IES SAN CLEMENTE