SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 15
MINIQUEST
           Alumnado de 3º ESO
Unidade didáctica: “alimentación e saúde”




   Rocío Araujo Álvarez
Hoxe por hoxe, os trastornos alimentarios son cada vez
          máis frecuentes nos nenos e adolescentes.
A falta de información, unido ás circunstancias que rodean
      o noso modo de vida actual, fan que os rapaces se
              alimenten dunha forma inadecuada.
Un dos principais problemas é a obesidade prematura, que
       se ve favorecida por dous factores fundamentais:
    A “comida rápida”, é dicir, a falta de tempo para
    preparar alimentos frescos, leva consigo un abuso da
  comida prefabricada e fácil de facer como as frituras, as
  pizzas, as hamburguesas, os doces,… estas van asociadas
    á inxesta dunha cantidade excesiva de calorías que se
           van acumulando dando paso á obesidade.
  A vida sedentaria, cada vez os rapaces saen menos á
  rúa, e pasan as horas sentados diante da televisión ou do
     ordenador, facendo así que as calorías inxeridas non
      poidan ser queimadas e engordar sexa inebitábel.
No caso oposto atopamos os trastornos alimentarios, que
      aparecen maiormente na adolescencia, cando os
       rapaces e principalmente as rapazas comezan a
        obsesionarse coa súa figura, empuxados pola
      publicidade e a mentalidade da sociedade actual
  centrada por completo no aspecto físico e cun módelo
            de “perfección” na extrema delgadez.
     Isto incita a que os rapaces/as sacrifiquen a súa
 alimentación para acadar esa figura idealizada, e aquí é
    onde comezan os trastornos alimentarios que poden
  desembocar en graves enfermidades como a anorexia e
                          a bulimia.
    Anorexia: é a perda de peso asociada á perda de
     apetito provocada por unha disminución brusca da
      inxesta, co fin de abagar moito en pouco tempo.
  Bulimia: é a inxesta de comida excesiva en forma de
   “atracóns” acompañada dun sentimento de culpa que
     conlevan periodos de xaxún, consumo excesivo de
 laxantes e diuréticos e incluso á provocación do vómito,
         co fin de non dixerir as calorias inxeridas.
É ben claro que a maioría destes trastornos veñen
        da man da desinformación, da falta de
   coñecemento sobre que tipos de alimentos son
  os que se deben comer en maior cantidade e de
              cales non debemos abusar.
Igualmente, debe saberse que levando unha dieta
     equilibrada e facendo algo de exercicio, sen
    chegar a obsesionarse con el como sucede en
    moitas ocasións, se pode perder peso, en caso
      de ser necesario, dunha maneira saudábel.
 O maior problema é que asociados aos trastornos
  alimenticios, van os trastornos psicolóxicos e de
         personalidade que poñen en perigo a
   integridade persoal e física de quen os padece
      así como a súa vida en sociedade, xa que
              tenden a illarse do mundo.
Por todo isto, considero de gran interese
 propoñer aos alumnos unha actividade tipo
                 “miniquest”
na que deban investigar sobre o verdadeiro
    significado dunha dieta equilibrada.
 Para  facer esta miniquest máis amena e
incrementar a motivación dos alumnos, estes
    van ter que adquirir o rol de “médicos
  nutricionais” e elaborar unha dieta para o
           paciente que lles toque.
 Os alumnos organizaranse por parellas e a cada
  unha delas asignaráselle un paciente.
 Os pacientes serán 3:
    Amy: con sobrepeso e vida sedentaria.




    Petter: extremadamente delgado e obsesionado co
     exercicio.



    Airi: con peso normal pero hábitos alimenticios
     irregulares.
Unha moza de 15 anos que ten sobrepeso.
Encántanelle os doces, as hamburguesas, as patacas
 fritidas con ovos, as chuches, as pizzas e debece polo
                        chocolate.
 Antes encantáballe ir ao parque coas súas amigas e á
    piscina, pero dende que lle deixan concectarse a
 Internet, prefire estar no sofá ou na cama chateando
                con elas dende o portátil.
Ademáis, come aínda que non teña fame, mentres está
co portatil ou vendo a tele sempre picotea chucherias,
      porque ten os armarios da cociña cheos delas.
Amy precisa un cambio de vida urxente, porque a vida
   sedentaria e a súa mala alimentación, fan que non
poida nin subir as escadas da súa casa sen sofocarse, e
 correr aínda que so sexa 10 metros e tarefa impósibel
                         para ela.
                   ¿Poderías axudala?
É un rapaz de 14 anos que está moi delgado.
   Petter non quere comer moito por medo a
 engordar, e non come nada máis que leituga e
algunha froita pero en moi pequena cantidade.
Ademáis, está todo o día facendo deporte, pero
  en solitario, xa que non sae nunca cos seus
           amigos nin con familiares.
    Esta dieta desequilibrada e o excesos de
exercicio, están a facer que Petter se sinta moi
débil e está a cada pouco tempo enfermo, con
  arrefriados, gastroenterite e dor de cabeza.
           ¿Cómo poderías axudarlle?
Ten 15 anos, e o seu peso normal.
O problema de Airi, é que para manter o seu peso
      un día come moitísimo e cousas altamente
    calóricas como doces, lasaña que lle encanta,
    pasta e pizza, e ao día seguinte pasa o día en
  xaxún, ou comendo soamente un par de iogures
 Non fai nada de exercicio, e non come ningunha
                  verdura nin froita.
Airi empeza a ter problemas co seu estómago, está
       a cado pouco con dores e gastroenterite,
  ademáis o seu sistema nervioso resíntese porque
     os días que non come ten moita ansiedade e
                   pásao moi mal.
               ¿Cómo podes axudala?
 Como bos doutores en nutrición, deberedes axudar
  a algún dos nosos amigo/as a levar unha vida mellor
  mudando a súa alimnentación e aconsellandolles
  sobre hábitos de vida sudábel.
 Para elo, debedes elaborarlles unha dieta
  equilibrada dunha semana de duración, na que lle
  indiquedes:
       ¿Cantas comidas ao día debe facer?
       ¿Que alimentos debe comer cada día para levar unha
        dieta sana e equilibrada?
       ¿De que alimentos non debe abusar a diario?
       ¿Que bebidas debe consumir en abundancia e de cales
        non debe abusar?
       ¿Debe facer exercicio? ¿canto e de que tipo?
       ¿poderíadeslle dar algún consello persoal para mellorar a
        súa saude e calidade de vida?
 Cinco ao día
 Consellos para unha boa alimentación
 Un bo almorzo
 Pirámide nutricional
 Tipos de alimentos e a súa enerxía
 A importancia de comer peixe
 Os beneficios do exercicio físico na adolescencia
 Videoclip: el estirón


              ¡E agora tócavos a vos!
     Facede individualmente o seguinte test e
     descubride se comedes equilibrado ou non.
 Test: ¿cómes equilibrado?
   O producto é a dita que os alumnos elaborarán
    que deberá incluir:
       5 comidas diarias
       Nas 5 comidas diarias, deben aparecer alo menos 5
        froitas e ou verduras.
       Debe contar cun almorzo ben completo a diario.
       Aparecerán en pouca cantidade os alimentos situados
        no cumio da pirámide e en maior cantidade os da
        base.
       Aparecerán os diversos tipos de carnes e pescados que
        se deben comer ao longo de toda a semana.
       Debe darse importancia ao exercicio físico, pero sen
        que sexa en exceso.
       En canto ás bebidas, deberán dicir que non se debe
        abusar dos refrescos azucarados, nin do alcohol e si
        beber abundante auga.
 Con esta miniquest, non se pretende que os
  alumnos realicen unha dieta estricta contando ao
  detalle o número de calorias, senon que tomen
  conciencia de que unha boa dieta basease na
  variedade dos alimnetos.
 Ao mesmo tempo, incidir sobre a importancia do
  exercicio físico na adolescencia e sobre a
  necesidade da inxesta de froita e verduras
  frescas.
 Así mesmo, os alumnos deberán entender que un
  bo almorzo é a mellor maneira de comezar o día,
  e que facer 5 comidas debe ser unha rutina
  saudábel que deben mater durante toda a vida.
 Ademáis, debése comprobar que toman en conta
  o abuso das bebidas azucaradas como
  perxudicial, e que o mellor refresco son os zumes
  e a auga.
“ MENS   SANA IN CORPORE
           SANO”

Más contenido relacionado

Similar a Miniquest: a nutrición

Anorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficasAnorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficasvirsp
 
Anorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficasAnorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficasvirsp
 
Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudablenieveslopez
 
Alimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientesAlimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientesLOPEZMOURENZA
 
Anorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidosAnorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidospedroelmolon
 
Entrevista ao ximnasio ozono
Entrevista ao ximnasio ozonoEntrevista ao ximnasio ozono
Entrevista ao ximnasio ozonoSamus Serpenter
 
O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4mteribg
 
O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4mteribg
 
Dieta equilibrada
Dieta equilibrada Dieta equilibrada
Dieta equilibrada LAUTOXO
 
Anorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidosAnorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidospedroelmolon
 
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTESALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTESJORGE
 

Similar a Miniquest: a nutrición (20)

Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Anorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficasAnorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficas
 
Anorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficasAnorexia e bulimia gráficas
Anorexia e bulimia gráficas
 
Unha dieta saudable
Unha dieta saudableUnha dieta saudable
Unha dieta saudable
 
O leite
O leiteO leite
O leite
 
Patróns textuais
Patróns textuaisPatróns textuais
Patróns textuais
 
traballo froita
traballo froitatraballo froita
traballo froita
 
Alimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientesAlimentación e nutrientes
Alimentación e nutrientes
 
Os alimentos
Os alimentosOs alimentos
Os alimentos
 
Anorexia 2.0
Anorexia 2.0Anorexia 2.0
Anorexia 2.0
 
Anorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidosAnorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidos
 
Anorexia
AnorexiaAnorexia
Anorexia
 
Coidamos a nosa saúde
Coidamos a nosa saúdeCoidamos a nosa saúde
Coidamos a nosa saúde
 
Entrevista ao ximnasio ozono
Entrevista ao ximnasio ozonoEntrevista ao ximnasio ozono
Entrevista ao ximnasio ozono
 
O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4
 
O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4O teu corpo crece tema 4
O teu corpo crece tema 4
 
Dieta equilibrada
Dieta equilibrada Dieta equilibrada
Dieta equilibrada
 
A nutricion
A nutricionA nutricion
A nutricion
 
Anorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidosAnorexia empaticos unidos
Anorexia empaticos unidos
 
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTESALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
ALIMENTACION.DIETAS.NUTRIENTES
 

Más de oicorojuara

O vento como modelador da paisaxe
O vento como modelador da paisaxeO vento como modelador da paisaxe
O vento como modelador da paisaxeoicorojuara
 
Auga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónAuga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónoicorojuara
 
Auga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónAuga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónoicorojuara
 
Auga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónAuga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónoicorojuara
 
A auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónA auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónoicorojuara
 
A auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónA auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónoicorojuara
 
Ficha estudo do vídeo la erosión y sus agentes
Ficha estudo do vídeo la erosión y sus agentesFicha estudo do vídeo la erosión y sus agentes
Ficha estudo do vídeo la erosión y sus agentesoicorojuara
 
A auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónA auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónoicorojuara
 
Augas subterraneas
Augas subterraneasAugas subterraneas
Augas subterraneasoicorojuara
 
Ficha estudo río miño
Ficha estudo río miñoFicha estudo río miño
Ficha estudo río miñooicorojuara
 
Ficha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadasFicha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadasoicorojuara
 
Ficha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadasFicha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadasoicorojuara
 
A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"
A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"
A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"oicorojuara
 

Más de oicorojuara (19)

O vento como modelador da paisaxe
O vento como modelador da paisaxeO vento como modelador da paisaxe
O vento como modelador da paisaxe
 
Auga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónAuga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosión
 
Auga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónAuga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosión
 
Auga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosiónAuga sólida como axente de erosión
Auga sólida como axente de erosión
 
A auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónA auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosión
 
A auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónA auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosión
 
Ficha estudo do vídeo la erosión y sus agentes
Ficha estudo do vídeo la erosión y sus agentesFicha estudo do vídeo la erosión y sus agentes
Ficha estudo do vídeo la erosión y sus agentes
 
A auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosiónA auga sólida como axente de erosión
A auga sólida como axente de erosión
 
Mar
MarMar
Mar
 
Augas subterraneas
Augas subterraneasAugas subterraneas
Augas subterraneas
 
Ficha estudo río miño
Ficha estudo río miñoFicha estudo río miño
Ficha estudo río miño
 
Ficha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadasFicha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadas
 
Ficha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadasFicha xogo de rol. chemineas de fadas
Ficha xogo de rol. chemineas de fadas
 
Os ríos
Os ríosOs ríos
Os ríos
 
Augas bravas
Augas bravasAugas bravas
Augas bravas
 
Cine na aula
Cine na aulaCine na aula
Cine na aula
 
Cine na aula
Cine na aulaCine na aula
Cine na aula
 
Cine na aula
Cine na aulaCine na aula
Cine na aula
 
A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"
A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"
A Ciencia nos xornais: na procura do "xen da obesidade"
 

Miniquest: a nutrición

  • 1. MINIQUEST Alumnado de 3º ESO Unidade didáctica: “alimentación e saúde” Rocío Araujo Álvarez
  • 2. Hoxe por hoxe, os trastornos alimentarios son cada vez máis frecuentes nos nenos e adolescentes. A falta de información, unido ás circunstancias que rodean o noso modo de vida actual, fan que os rapaces se alimenten dunha forma inadecuada. Un dos principais problemas é a obesidade prematura, que se ve favorecida por dous factores fundamentais:  A “comida rápida”, é dicir, a falta de tempo para preparar alimentos frescos, leva consigo un abuso da comida prefabricada e fácil de facer como as frituras, as pizzas, as hamburguesas, os doces,… estas van asociadas á inxesta dunha cantidade excesiva de calorías que se van acumulando dando paso á obesidade.  A vida sedentaria, cada vez os rapaces saen menos á rúa, e pasan as horas sentados diante da televisión ou do ordenador, facendo así que as calorías inxeridas non poidan ser queimadas e engordar sexa inebitábel.
  • 3. No caso oposto atopamos os trastornos alimentarios, que aparecen maiormente na adolescencia, cando os rapaces e principalmente as rapazas comezan a obsesionarse coa súa figura, empuxados pola publicidade e a mentalidade da sociedade actual centrada por completo no aspecto físico e cun módelo de “perfección” na extrema delgadez. Isto incita a que os rapaces/as sacrifiquen a súa alimentación para acadar esa figura idealizada, e aquí é onde comezan os trastornos alimentarios que poden desembocar en graves enfermidades como a anorexia e a bulimia.  Anorexia: é a perda de peso asociada á perda de apetito provocada por unha disminución brusca da inxesta, co fin de abagar moito en pouco tempo.  Bulimia: é a inxesta de comida excesiva en forma de “atracóns” acompañada dun sentimento de culpa que conlevan periodos de xaxún, consumo excesivo de laxantes e diuréticos e incluso á provocación do vómito, co fin de non dixerir as calorias inxeridas.
  • 4. É ben claro que a maioría destes trastornos veñen da man da desinformación, da falta de coñecemento sobre que tipos de alimentos son os que se deben comer en maior cantidade e de cales non debemos abusar. Igualmente, debe saberse que levando unha dieta equilibrada e facendo algo de exercicio, sen chegar a obsesionarse con el como sucede en moitas ocasións, se pode perder peso, en caso de ser necesario, dunha maneira saudábel. O maior problema é que asociados aos trastornos alimenticios, van os trastornos psicolóxicos e de personalidade que poñen en perigo a integridade persoal e física de quen os padece así como a súa vida en sociedade, xa que tenden a illarse do mundo.
  • 5. Por todo isto, considero de gran interese propoñer aos alumnos unha actividade tipo “miniquest” na que deban investigar sobre o verdadeiro significado dunha dieta equilibrada.
  • 6.  Para facer esta miniquest máis amena e incrementar a motivación dos alumnos, estes van ter que adquirir o rol de “médicos nutricionais” e elaborar unha dieta para o paciente que lles toque.
  • 7.  Os alumnos organizaranse por parellas e a cada unha delas asignaráselle un paciente.  Os pacientes serán 3:  Amy: con sobrepeso e vida sedentaria.  Petter: extremadamente delgado e obsesionado co exercicio.  Airi: con peso normal pero hábitos alimenticios irregulares.
  • 8. Unha moza de 15 anos que ten sobrepeso. Encántanelle os doces, as hamburguesas, as patacas fritidas con ovos, as chuches, as pizzas e debece polo chocolate. Antes encantáballe ir ao parque coas súas amigas e á piscina, pero dende que lle deixan concectarse a Internet, prefire estar no sofá ou na cama chateando con elas dende o portátil. Ademáis, come aínda que non teña fame, mentres está co portatil ou vendo a tele sempre picotea chucherias, porque ten os armarios da cociña cheos delas. Amy precisa un cambio de vida urxente, porque a vida sedentaria e a súa mala alimentación, fan que non poida nin subir as escadas da súa casa sen sofocarse, e correr aínda que so sexa 10 metros e tarefa impósibel para ela. ¿Poderías axudala?
  • 9. É un rapaz de 14 anos que está moi delgado. Petter non quere comer moito por medo a engordar, e non come nada máis que leituga e algunha froita pero en moi pequena cantidade. Ademáis, está todo o día facendo deporte, pero en solitario, xa que non sae nunca cos seus amigos nin con familiares. Esta dieta desequilibrada e o excesos de exercicio, están a facer que Petter se sinta moi débil e está a cada pouco tempo enfermo, con arrefriados, gastroenterite e dor de cabeza. ¿Cómo poderías axudarlle?
  • 10. Ten 15 anos, e o seu peso normal. O problema de Airi, é que para manter o seu peso un día come moitísimo e cousas altamente calóricas como doces, lasaña que lle encanta, pasta e pizza, e ao día seguinte pasa o día en xaxún, ou comendo soamente un par de iogures Non fai nada de exercicio, e non come ningunha verdura nin froita. Airi empeza a ter problemas co seu estómago, está a cado pouco con dores e gastroenterite, ademáis o seu sistema nervioso resíntese porque os días que non come ten moita ansiedade e pásao moi mal. ¿Cómo podes axudala?
  • 11.  Como bos doutores en nutrición, deberedes axudar a algún dos nosos amigo/as a levar unha vida mellor mudando a súa alimnentación e aconsellandolles sobre hábitos de vida sudábel.  Para elo, debedes elaborarlles unha dieta equilibrada dunha semana de duración, na que lle indiquedes:  ¿Cantas comidas ao día debe facer?  ¿Que alimentos debe comer cada día para levar unha dieta sana e equilibrada?  ¿De que alimentos non debe abusar a diario?  ¿Que bebidas debe consumir en abundancia e de cales non debe abusar?  ¿Debe facer exercicio? ¿canto e de que tipo?  ¿poderíadeslle dar algún consello persoal para mellorar a súa saude e calidade de vida?
  • 12.  Cinco ao día  Consellos para unha boa alimentación  Un bo almorzo  Pirámide nutricional  Tipos de alimentos e a súa enerxía  A importancia de comer peixe  Os beneficios do exercicio físico na adolescencia  Videoclip: el estirón ¡E agora tócavos a vos! Facede individualmente o seguinte test e descubride se comedes equilibrado ou non.  Test: ¿cómes equilibrado?
  • 13. O producto é a dita que os alumnos elaborarán que deberá incluir:  5 comidas diarias  Nas 5 comidas diarias, deben aparecer alo menos 5 froitas e ou verduras.  Debe contar cun almorzo ben completo a diario.  Aparecerán en pouca cantidade os alimentos situados no cumio da pirámide e en maior cantidade os da base.  Aparecerán os diversos tipos de carnes e pescados que se deben comer ao longo de toda a semana.  Debe darse importancia ao exercicio físico, pero sen que sexa en exceso.  En canto ás bebidas, deberán dicir que non se debe abusar dos refrescos azucarados, nin do alcohol e si beber abundante auga.
  • 14.  Con esta miniquest, non se pretende que os alumnos realicen unha dieta estricta contando ao detalle o número de calorias, senon que tomen conciencia de que unha boa dieta basease na variedade dos alimnetos.  Ao mesmo tempo, incidir sobre a importancia do exercicio físico na adolescencia e sobre a necesidade da inxesta de froita e verduras frescas.  Así mesmo, os alumnos deberán entender que un bo almorzo é a mellor maneira de comezar o día, e que facer 5 comidas debe ser unha rutina saudábel que deben mater durante toda a vida.  Ademáis, debése comprobar que toman en conta o abuso das bebidas azucaradas como perxudicial, e que o mellor refresco son os zumes e a auga.
  • 15. “ MENS SANA IN CORPORE SANO”