SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Estudante 1: Desculpade a interrupción pero
queremos anunciarvos que hoxe, 24 de
outubro, celebramos o Día das Bibliotecas
Escolares. É unha xornada establecida pola
IASL, sigla en inglés da Asociación
Internacional de Bibliotecas Escolares, e ten
como obxectivo concienciarnos sobre a
importancia das bibliotecas na educación da
mocidade. As bibliotecas son ese lugar de
encontro e saber onde conflúen o pracer da
lectura e mais a inquedanza por aprender dun
xeito diferente. Lembrade que na nosa
biblioteca temos un fondo de máis de dezaseis
mil libros e todos están alí, agardando por vós,
dispostos a que os abrades para contarvos
historias e transmitirvos coñecemento".
Estudante 2: Un dos autores que temos na
nosa biblioteca é o recente gañador do Premio
Nacional de Literatura Xuvenil, concedido
polo Ministerio de Cultura, o poeta galego
Antonio García Teijeiro. Se me permitides,
vouvos ler un poema seu, un fermoso texto
que nos fala do tremendamente
irresponsables que somos os seres humanos
no coidado da natureza (acabámolo de ver
tamén co desastre dos incendios forestais). O
poema describe unha paisaxe de pesadelo no
que a vida e a beleza desapareceron, por culpa
da contaminación humana:
QUE OCORRE NA TERRA?
Non hai follas verdes
nin perlas no mar,
areas nas praias
nin ondas de sal.
Xa non funga o vento
nin voa o pardal.
As flores non medran
nin quenta o verán.
As árbores perden
as pólas sen máis
e nos amenceres
o sol non está.
As nubes no ceo
están a falar,
e a lúa na noite
non quere alumar.
Que ocorre na terra?
Que ocorre, rapaz?
Se son pesadelos,
eu quero espertar.
Antonio García Teijeiro, Paseniño, paseniño (2003)

More Related Content

Similar to Día da Biblioteca

Invitacionfestadolibro
InvitacionfestadolibroInvitacionfestadolibro
Invitacionfestadolibrobiblioperillo
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAREncarna Lago
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Onde Hai Unha Biblioteca
Onde Hai Unha BibliotecaOnde Hai Unha Biblioteca
Onde Hai Unha Bibliotecabegonals
 
Programa diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galegoPrograma diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galegoBibliotecadicoruna
 
24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividades
24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividades24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividades
24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividadesBibliotecadicoruna
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDEMarta Pérez Lage
 
'ELVILENDO' Club de Lectura
'ELVILENDO' Club de Lectura'ELVILENDO' Club de Lectura
'ELVILENDO' Club de Lecturachgp
 

Similar to Día da Biblioteca (8)

Invitacionfestadolibro
InvitacionfestadolibroInvitacionfestadolibro
Invitacionfestadolibro
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Onde Hai Unha Biblioteca
Onde Hai Unha BibliotecaOnde Hai Unha Biblioteca
Onde Hai Unha Biblioteca
 
Programa diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galegoPrograma diabiblioteca 2017 galego
Programa diabiblioteca 2017 galego
 
24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividades
24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividades24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividades
24 de outubro Día da Biblioteca: programa de actividades
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
 
'ELVILENDO' Club de Lectura
'ELVILENDO' Club de Lectura'ELVILENDO' Club de Lectura
'ELVILENDO' Club de Lectura
 

More from Olga Lalín

Manifesto andaina 3 decembro 2018
Manifesto andaina 3 decembro 2018Manifesto andaina 3 decembro 2018
Manifesto andaina 3 decembro 2018Olga Lalín
 
REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018Olga Lalín
 
REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018Olga Lalín
 
Bases certame debuxo
Bases certame debuxoBases certame debuxo
Bases certame debuxoOlga Lalín
 
Bases galego festival de cine fic andaina 2018
Bases galego festival de cine fic andaina 2018Bases galego festival de cine fic andaina 2018
Bases galego festival de cine fic andaina 2018Olga Lalín
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Olga Lalín
 
Horarios II Xornadas de Atención á Diversidade
Horarios II Xornadas de Atención á DiversidadeHorarios II Xornadas de Atención á Diversidade
Horarios II Xornadas de Atención á DiversidadeOlga Lalín
 
Diapos neira vilas-raquel (1)
Diapos neira vilas-raquel (1)Diapos neira vilas-raquel (1)
Diapos neira vilas-raquel (1)Olga Lalín
 
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Olga Lalín
 
Canvas para el diseño del ple de una organización
Canvas para el diseño del ple de una organizaciónCanvas para el diseño del ple de una organización
Canvas para el diseño del ple de una organizaciónOlga Lalín
 
Análisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emooc
Análisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emoocAnálisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emooc
Análisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emoocOlga Lalín
 
NAINJACA PROJECT Tasks
NAINJACA PROJECT TasksNAINJACA PROJECT Tasks
NAINJACA PROJECT TasksOlga Lalín
 
Haikus diversidad-2 LOS AVIONES
Haikus diversidad-2 LOS AVIONESHaikus diversidad-2 LOS AVIONES
Haikus diversidad-2 LOS AVIONESOlga Lalín
 
Los autobuses (1)
Los autobuses (1)Los autobuses (1)
Los autobuses (1)Olga Lalín
 
Musicoterapia asociación andaina
Musicoterapia asociación andainaMusicoterapia asociación andaina
Musicoterapia asociación andainaOlga Lalín
 
Autobús blanco, autobús rojo, autobús verde
Autobús blanco, autobús rojo, autobús verdeAutobús blanco, autobús rojo, autobús verde
Autobús blanco, autobús rojo, autobús verdeOlga Lalín
 
Presentación chistes #1
Presentación chistes #1Presentación chistes #1
Presentación chistes #1Olga Lalín
 

More from Olga Lalín (20)

El gran gatsby
El gran gatsbyEl gran gatsby
El gran gatsby
 
Manifesto andaina 3 decembro 2018
Manifesto andaina 3 decembro 2018Manifesto andaina 3 decembro 2018
Manifesto andaina 3 decembro 2018
 
REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018
 
REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018REDONDELA EN CURTO 2018
REDONDELA EN CURTO 2018
 
Bases certame debuxo
Bases certame debuxoBases certame debuxo
Bases certame debuxo
 
Bases galego festival de cine fic andaina 2018
Bases galego festival de cine fic andaina 2018Bases galego festival de cine fic andaina 2018
Bases galego festival de cine fic andaina 2018
 
Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018Suxestións nadal 2017 2018
Suxestións nadal 2017 2018
 
Horarios II Xornadas de Atención á Diversidade
Horarios II Xornadas de Atención á DiversidadeHorarios II Xornadas de Atención á Diversidade
Horarios II Xornadas de Atención á Diversidade
 
Charla
CharlaCharla
Charla
 
Diapos neira vilas-raquel (1)
Diapos neira vilas-raquel (1)Diapos neira vilas-raquel (1)
Diapos neira vilas-raquel (1)
 
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
 
Canvas para el diseño del ple de una organización
Canvas para el diseño del ple de una organizaciónCanvas para el diseño del ple de una organización
Canvas para el diseño del ple de una organización
 
Análisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emooc
Análisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emoocAnálisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emooc
Análisis de una cuenta de twitter tarea 2, unidad 1 #edu pl emooc
 
NAINJACA PROJECT Tasks
NAINJACA PROJECT TasksNAINJACA PROJECT Tasks
NAINJACA PROJECT Tasks
 
Haikus cuale b1
Haikus cuale b1Haikus cuale b1
Haikus cuale b1
 
Haikus diversidad-2 LOS AVIONES
Haikus diversidad-2 LOS AVIONESHaikus diversidad-2 LOS AVIONES
Haikus diversidad-2 LOS AVIONES
 
Los autobuses (1)
Los autobuses (1)Los autobuses (1)
Los autobuses (1)
 
Musicoterapia asociación andaina
Musicoterapia asociación andainaMusicoterapia asociación andaina
Musicoterapia asociación andaina
 
Autobús blanco, autobús rojo, autobús verde
Autobús blanco, autobús rojo, autobús verdeAutobús blanco, autobús rojo, autobús verde
Autobús blanco, autobús rojo, autobús verde
 
Presentación chistes #1
Presentación chistes #1Presentación chistes #1
Presentación chistes #1
 

Día da Biblioteca

  • 1. Estudante 1: Desculpade a interrupción pero queremos anunciarvos que hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. É unha xornada establecida pola IASL, sigla en inglés da Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares, e ten como obxectivo concienciarnos sobre a importancia das bibliotecas na educación da mocidade. As bibliotecas son ese lugar de encontro e saber onde conflúen o pracer da lectura e mais a inquedanza por aprender dun xeito diferente. Lembrade que na nosa biblioteca temos un fondo de máis de dezaseis mil libros e todos están alí, agardando por vós, dispostos a que os abrades para contarvos historias e transmitirvos coñecemento". Estudante 2: Un dos autores que temos na nosa biblioteca é o recente gañador do Premio Nacional de Literatura Xuvenil, concedido polo Ministerio de Cultura, o poeta galego Antonio García Teijeiro. Se me permitides, vouvos ler un poema seu, un fermoso texto que nos fala do tremendamente irresponsables que somos os seres humanos no coidado da natureza (acabámolo de ver tamén co desastre dos incendios forestais). O poema describe unha paisaxe de pesadelo no que a vida e a beleza desapareceron, por culpa da contaminación humana: QUE OCORRE NA TERRA? Non hai follas verdes nin perlas no mar, areas nas praias nin ondas de sal. Xa non funga o vento nin voa o pardal. As flores non medran nin quenta o verán. As árbores perden as pólas sen máis e nos amenceres o sol non está. As nubes no ceo están a falar, e a lúa na noite non quere alumar. Que ocorre na terra? Que ocorre, rapaz? Se son pesadelos, eu quero espertar. Antonio García Teijeiro, Paseniño, paseniño (2003)