SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 4
Descargar para leer sin conexión
DOG Núm. 32	                      Xoves, 14 de febreiro de 2013	                                Páx. 4339

                                                I. DISPOSICIÓNS XERAIS

                                                PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

                                                         LEI 1/2013, do 13 de febreiro, pola que se modifica a Lei 13/2006, do 27 de
                                                         decembro, de horarios comerciais de Galicia.


                                                                                       Exposición de motivos

                                                   Conforme o artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia, correspóndelle á Comu-
                                                nidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de comercio interior, sen
                                                prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia, nos
                                                termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11º e 13º da Constitución española.

                                                   En materia de horarios comerciais, o Parlamento de Galicia aprobou o 27 de decembro
                                                de 2006 a Lei 13/2006, de horarios comerciais de Galicia, que estableceu a regulación dos
                                                horarios de apertura e pechamento dos establecementos comerciais no ámbito territorial
                                                da nosa comunidade autónoma co fin de favorecer e garantir o desenvolvemento harmóni-
                                                co do comercio galego e un mellor servizo ás persoas consumidoras.

                                                   O Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade or-
                                                zamentaria e de fomento da competitividade, establece unha nova normativa de carácter
                                                básico que afecta determinados preceptos da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios
                                                comerciais de Galicia, amparándose no artigo 149.1.13º da Constitución española, que
                                                recoñece a competencia estatal sobre as bases e a coordinación da planificación xeral da
                                                actividade económica.

                                                   Segundo o disposto na exposición de motivos do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo,
CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3




                                                o Goberno considerou urxente adoptar unha serie de medidas que reforcen os elementos de
                                                competencia no sector da distribución retallista. Así, modificouse o réxime vixente introdu-
                                                cindo unha maior liberalización de horarios e de apertura comercial en domingos e festivos.
                                                A redución de restricións neste ámbito, tal e como sinala a propia exposición de motivos,
                                                foi unha recomendación reiterada de organismos internacionais como o Fondo Monetario
                                                Internacional e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico. Así, o
                                                Goberno considerou que a ampliación da liberdade de horarios tería efectos positivos sobre
                                                a produtividade e a eficiencia na distribución comercial retallista e os prezos e proporcionaría
                                                ás empresas unha nova variable que permitiría incrementar a competencia efectiva entre os
                                                comercios. Así mesmo, incrementaríanse as posibilidades de compra das persoas consumi-
                                                doras e, en consecuencia, as súas oportunidades de conciliación da vida familiar e laboral.




                                                                      ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 32	                      Xoves, 14 de febreiro de 2013	                                Páx. 4340

                                                   A Comunidade Autónoma de Galicia ten unhas características propias que a diferen-
                                                cian do resto do territorio español pola dispersión dos seus asentamentos de poboación,
                                                pola peculiar estrutura xeográfica de vilas e cidades e polos elementos definitorios da súa
                                                estrutura comercial, que evidencian a necesidade dunha adaptación da normativa básica
                                                estatal ao noso territorio.

                                                   Por iso, resulta inescusable e inaprazable unha modificación da Lei 13/2006, do 27 de
                                                decembro, de horarios comerciais de Galicia, que adapte a nova normativa básica estable-
                                                cida polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, á realidade comercial galega, procuran-
                                                do a mellora da competitividade do tecido comercial así como a preservación do modelo
                                                comercial galego, que se caracteriza pola relevante presenza do comercio retallista e por
                                                configurarse como un elemento esencial de vertebración das vilas, cidades e barrios, aos
                                                que outorga habitabilidade e seguranza ao tempo que garante o abastecemento das per-
                                                soas, especialmente as que, por idade e outras circunstancias, teñen dificultade de mobi-
                                                lidade.

                                                   A peculiar estruturación da xeografía galega nun urdido de comarcas inflúe no mode-
                                                lo comercial perfilado no noso territorio, caracterizado por unha presenza da pequena e
                                                mediana empresa comercial nas chamadas cabeceiras de comarca, que abastecen e dan
                                                servizo á poboación con independencia da dispersión presente no seu asentamento e lo-
                                                calización.

                                                   A forma comunmente adoptada é a dun pequeno negocio multiservizo e multimarca
                                                que xa dispón de liberdade horaria conforme a lexislación comercial vixente por tratarse
                                                de establecementos cunha superficie útil de exposición e venda non superior a 300 metros
                                                cadrados.
CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3




                                                   Por isto, o réxime de horarios comerciais constitúe unha das pezas clave do modelo de
                                                comercio galego, un comercio de proximidade socialmente rendible e sostible que garante
                                                o equilibrio entre os diferentes formatos comerciais e asegura o abastecemento da po-
                                                boación con independencia da súa idade, circunstancias e localización.

                                                   Outro dos obxectivos que se persegue é conxugar os diferentes intereses e sensibilida-
                                                des afectados, garantindo un axeitado nivel de oferta ás persoas consumidoras e preser-
                                                vando a necesaria conciliación da vida familiar e laboral destas.

                                                   Así, a modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, ten como obxectivo funda-
                                                mental adecuar a normativa galega en materia de horarios comerciais á normativa básica
                                                establecida polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo. Para acadar este obxectivo,




                                                                      ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 32	                     Xoves, 14 de febreiro de 2013	                                Páx. 4341

                                                modifícanse os artigos 4 e 5 do capítulo II, relativo ao réxime xeral de horarios, así como o
                                                artigo 8 do capítulo III, relativo ao réxime especial de horarios.

                                                   Establécese un horario global comercial máximo de noventa horas durante o conxunto
                                                de días laborables da semana e un número máximo de dez domingos e festivos nos que
                                                os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público.

                                                   A opción da Comunidade Autónoma polo establecemento de dez días festivos habilita-
                                                dos para a actividade comercial responde á necesidade de preservar o modelo comercial
                                                galego, xa que outra opción podería dar lugar a un certo desequilibrio deste.

                                                   En relación cos establecementos con liberdade horaria, incluiranse aqueles que dis-
                                                poñan dunha superficie útil para a exposición e a venda ao público de ata 300 metros
                                                cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan
                                                a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente, para ga-
                                                rantir a adaptación á normativa básica.

                                                   Por outra banda, e tendo en conta a necesidade de harmonizar a normativa establecida
                                                na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, e unificar o réxime san-
                                                cionador en materia comercial, modifícanse as contías das sancións establecidas no arti-
                                                go 15 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, equiparándoas ás recollidas naquel texto legal.

                                                   O texto do anteproxecto de lei foi sometido a informe do Consello Galego de Comercio
                                                e ao preceptivo ditame do Consello Económico e Social.

                                                   Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co arti-
                                                go 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora
                                                da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei pola que se modifica a
CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3




                                                Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia.

                                                   Artigo único.  Modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comer-
                                                ciais de Galicia

                                                  A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, queda modificada
                                                como segue:

                                                   Un. O punto 2 do artigo 4 queda redactado do seguinte modo:

                                                   «2. O horario global no que os establecementos comerciais poderán desenvolver a súa
                                                actividade durante o conxunto de días laborables da semana será como máximo de noven-
                                                ta horas».




                                                                     ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
DOG Núm. 32	                     Xoves, 14 de febreiro de 2013	                                Páx. 4342

                                                  Dous. O punto 1 do artigo 5 queda redactado do seguinte modo:

                                                  «1. Os domingos e días festivos nos que os establecementos comerciais poderán per-
                                                manecer abertos ao público serán, como máximo, de dez ao ano».

                                                  Tres. Suprímese o punto 3 do artigo 5.

                                                  Catro. A letra h) do punto 1 do artigo 8 queda redactada do seguinte modo:

                                                   «h) Os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a expo-
                                                sición e venda ao público de ata 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a em-
                                                presas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana
                                                empresa, segundo a lexislación vixente».

                                                  Cinco. O punto 1 do artigo 15 queda redactado do seguinte modo:

                                                   «1. As infraccións tipificadas por esta lei, logo da instrución do correspondente expe-
                                                diente administrativo, serán sancionadas:

                                                  a) As infraccións leves, con apercibimento ou multa de ata 1.500 euros.

                                                  b) As infraccións graves, cunha multa de entre 1.501 euros e 50.000 euros.

                                                  c) As infraccións moi graves, cunha multa de entre 50.001 euros e 1.000.000 de euros».

                                                  Disposición transitoria única.  Réxime sancionador

                                                   O novo réxime sancionador en materia de horarios comerciais será aplicable ás infrac-
CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3




                                                cións cometidas con anterioridade á entrada en vigor desta lei, sempre que a súa aplicación
                                                resulte máis favorable para o suxeito infractor e a sanción imposta non adquirise firmeza.

                                                  Disposición derradeira única.  Entrada en vigor

                                                   Esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Gali-
                                                cia.

                                                  Santiago de Compostela, trece de febreiro de dous mil trece

                                                                                     Alberto Núñez Feijóo
                                                                                          Presidente




                                                                     ISSN1130-9229   Depósito legal C.494-1998   http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Más contenido relacionado

Más de oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normalizaoscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoooscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataformaoscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecohtoscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaoscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrusoscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateoscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecohtoscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014oscargaliza
 

Más de oscargaliza (20)

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 

Galicia año 2013

  • 1. DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4339 I. DISPOSICIÓNS XERAIS PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA LEI 1/2013, do 13 de febreiro, pola que se modifica a Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia. Exposición de motivos Conforme o artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia, correspóndelle á Comu- nidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de comercio interior, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11º e 13º da Constitución española. En materia de horarios comerciais, o Parlamento de Galicia aprobou o 27 de decembro de 2006 a Lei 13/2006, de horarios comerciais de Galicia, que estableceu a regulación dos horarios de apertura e pechamento dos establecementos comerciais no ámbito territorial da nosa comunidade autónoma co fin de favorecer e garantir o desenvolvemento harmóni- co do comercio galego e un mellor servizo ás persoas consumidoras. O Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade or- zamentaria e de fomento da competitividade, establece unha nova normativa de carácter básico que afecta determinados preceptos da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, amparándose no artigo 149.1.13º da Constitución española, que recoñece a competencia estatal sobre as bases e a coordinación da planificación xeral da actividade económica. Segundo o disposto na exposición de motivos do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3 o Goberno considerou urxente adoptar unha serie de medidas que reforcen os elementos de competencia no sector da distribución retallista. Así, modificouse o réxime vixente introdu- cindo unha maior liberalización de horarios e de apertura comercial en domingos e festivos. A redución de restricións neste ámbito, tal e como sinala a propia exposición de motivos, foi unha recomendación reiterada de organismos internacionais como o Fondo Monetario Internacional e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico. Así, o Goberno considerou que a ampliación da liberdade de horarios tería efectos positivos sobre a produtividade e a eficiencia na distribución comercial retallista e os prezos e proporcionaría ás empresas unha nova variable que permitiría incrementar a competencia efectiva entre os comercios. Así mesmo, incrementaríanse as posibilidades de compra das persoas consumi- doras e, en consecuencia, as súas oportunidades de conciliación da vida familiar e laboral. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 2. DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4340 A Comunidade Autónoma de Galicia ten unhas características propias que a diferen- cian do resto do territorio español pola dispersión dos seus asentamentos de poboación, pola peculiar estrutura xeográfica de vilas e cidades e polos elementos definitorios da súa estrutura comercial, que evidencian a necesidade dunha adaptación da normativa básica estatal ao noso territorio. Por iso, resulta inescusable e inaprazable unha modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, que adapte a nova normativa básica estable- cida polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, á realidade comercial galega, procuran- do a mellora da competitividade do tecido comercial así como a preservación do modelo comercial galego, que se caracteriza pola relevante presenza do comercio retallista e por configurarse como un elemento esencial de vertebración das vilas, cidades e barrios, aos que outorga habitabilidade e seguranza ao tempo que garante o abastecemento das per- soas, especialmente as que, por idade e outras circunstancias, teñen dificultade de mobi- lidade. A peculiar estruturación da xeografía galega nun urdido de comarcas inflúe no mode- lo comercial perfilado no noso territorio, caracterizado por unha presenza da pequena e mediana empresa comercial nas chamadas cabeceiras de comarca, que abastecen e dan servizo á poboación con independencia da dispersión presente no seu asentamento e lo- calización. A forma comunmente adoptada é a dun pequeno negocio multiservizo e multimarca que xa dispón de liberdade horaria conforme a lexislación comercial vixente por tratarse de establecementos cunha superficie útil de exposición e venda non superior a 300 metros cadrados. CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3 Por isto, o réxime de horarios comerciais constitúe unha das pezas clave do modelo de comercio galego, un comercio de proximidade socialmente rendible e sostible que garante o equilibrio entre os diferentes formatos comerciais e asegura o abastecemento da po- boación con independencia da súa idade, circunstancias e localización. Outro dos obxectivos que se persegue é conxugar os diferentes intereses e sensibilida- des afectados, garantindo un axeitado nivel de oferta ás persoas consumidoras e preser- vando a necesaria conciliación da vida familiar e laboral destas. Así, a modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, ten como obxectivo funda- mental adecuar a normativa galega en materia de horarios comerciais á normativa básica establecida polo Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo. Para acadar este obxectivo, ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 3. DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4341 modifícanse os artigos 4 e 5 do capítulo II, relativo ao réxime xeral de horarios, así como o artigo 8 do capítulo III, relativo ao réxime especial de horarios. Establécese un horario global comercial máximo de noventa horas durante o conxunto de días laborables da semana e un número máximo de dez domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público. A opción da Comunidade Autónoma polo establecemento de dez días festivos habilita- dos para a actividade comercial responde á necesidade de preservar o modelo comercial galego, xa que outra opción podería dar lugar a un certo desequilibrio deste. En relación cos establecementos con liberdade horaria, incluiranse aqueles que dis- poñan dunha superficie útil para a exposición e a venda ao público de ata 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a empresas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente, para ga- rantir a adaptación á normativa básica. Por outra banda, e tendo en conta a necesidade de harmonizar a normativa establecida na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, e unificar o réxime san- cionador en materia comercial, modifícanse as contías das sancións establecidas no arti- go 15 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, equiparándoas ás recollidas naquel texto legal. O texto do anteproxecto de lei foi sometido a informe do Consello Galego de Comercio e ao preceptivo ditame do Consello Económico e Social. Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co arti- go 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei pola que se modifica a CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3 Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia. Artigo único.  Modificación da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comer- ciais de Galicia A Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, queda modificada como segue: Un. O punto 2 do artigo 4 queda redactado do seguinte modo: «2. O horario global no que os establecementos comerciais poderán desenvolver a súa actividade durante o conxunto de días laborables da semana será como máximo de noven- ta horas». ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
  • 4. DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4342 Dous. O punto 1 do artigo 5 queda redactado do seguinte modo: «1. Os domingos e días festivos nos que os establecementos comerciais poderán per- manecer abertos ao público serán, como máximo, de dez ao ano». Tres. Suprímese o punto 3 do artigo 5. Catro. A letra h) do punto 1 do artigo 8 queda redactada do seguinte modo: «h) Os establecementos comerciais que dispoñan dunha superficie útil para a expo- sición e venda ao público de ata 300 metros cadrados, excluídos os pertencentes a em- presas ou grupos de distribución que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a lexislación vixente». Cinco. O punto 1 do artigo 15 queda redactado do seguinte modo: «1. As infraccións tipificadas por esta lei, logo da instrución do correspondente expe- diente administrativo, serán sancionadas: a) As infraccións leves, con apercibimento ou multa de ata 1.500 euros. b) As infraccións graves, cunha multa de entre 1.501 euros e 50.000 euros. c) As infraccións moi graves, cunha multa de entre 50.001 euros e 1.000.000 de euros». Disposición transitoria única.  Réxime sancionador O novo réxime sancionador en materia de horarios comerciais será aplicable ás infrac- CVE-DOG: 1pt6r3a0-bd48-ryr2-xpt7-darty15adja3 cións cometidas con anterioridade á entrada en vigor desta lei, sempre que a súa aplicación resulte máis favorable para o suxeito infractor e a sanción imposta non adquirise firmeza. Disposición derradeira única.  Entrada en vigor Esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Gali- cia. Santiago de Compostela, trece de febreiro de dous mil trece Alberto Núñez Feijóo Presidente ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia