2. CATEGORÍA B1
O guepardo que axudou a
unha tartaruga
Era unha vez unha
tartaruga que ía devagar.
Estaba na selva, había
moitos perigos pero estaba
protexida polo seu amigo o
guepardo e o seu amigo o rinoceronte. O rinoceronte collía a
comida para a tartaruga, o guepardo cazaba presas para ela. O
rinoceronte e o guepardo ían veloces, pero a tartaruga ía lenta.
Foron onda o mago e fíxolles un conxuro.
Antón Bernárdez Fernández (1º primaria)
Os nenos que se perderon
Había unha vez cinco nenos que foron de acampada a un
bosque. Alí había unha cabana.Foron devagar cara ela abriron
a porta e de alí saíu un home cunha machada. Cando o viron
foron xunta os seus pais, pero perdéronse. Os seus pais xa
marcharan. Entón apareceron moitos lobos, pero eran os seus
pais disfrazados e salváronos.
Lucía Bacariza Rodríguez (1º primaria)
3. CATEGORÍA B2
O Gato
Era unha vez un gato lambón que comía por
catro homes.
Un día zampouse as ristras dos chourizos que
tiña a avoa a afumar na lareira. A avoa cun
fungueiro perseguiuno por toda a eira pero
agochouse na bodega a tanta velocidade que
levou consigo a billa do bocoi de viño tinto.
Entón o viño saiu devagar e asolagou a adega.
Que susto levou o gato lambón! Case morre
agogado e mareado con tanto alcohol.
Desde entón dinlle:
Gato lambón
por zampar tantos chourizos
acabaches de borrachón.
Jorge Lamiño Méndez (4º primaria)
O pozo máxico
O verán pasado dous nenos que vivían en Vilacoba foron visitar aos seus avós e ...
_Que é isto?
_ É o pozo dos desexos – díxolles don Antón, o vello mestre _Tirade unha moeda e pedide un
desexo.
Os nenos meteron a man no peto, pero só atoparon unha larpeirada do aniversario da súa
amiga Carme. Non o pensaron. Tirárona e observaron como se desfacía na auga e devagar
aparecía unha cara misteriosa. Mortos de medo correron a fume de carozo, e sabedes o que
atoparon ao chegar a casa? Unha torta de larpeiradas igualiñas a que tiraron. Sería
casualidade?
Noa Monteagudo Buján (4º primaria)
4. ACCESIT B2
A boda dos ratos
Había unha vez unha parella de ratos. Lola e Pedro decidiron
casar e convidaron a todo o seu pobo, que por suposto, era de
ratos. Pódese dicir que era todo unha ratada.
De primeiro prato comeron queixo de tetilla: de segundo, queixo
fresco e de sobremesa torta de queixo.
De súpeto viron como uns bigotes se acercaban devagar. Non o
dubidaron. Todos a cuberto! Que sorte tiveron! Era o gato
Torcuato que quería facer un xantar de ratos ao queixo, pero
quedou coas ganas.
Os ratos foron felices e comeron ...Queixo a escachar!
Tamara Leal Santamaría (4º primaria)
5. CATEGORÍA B3
Devagar pola miña vida
Eu, Álvaro, teño dez anos e máis dun millón de recordos. Devagar penso
neles, cando rompín a rótula, cando cortei a cella ... A verdade tamén teño
recordos bos como cando abrín un agasallo e ... era unha bicicleta.
Recordar os meus pensamentos e memorias máis íntimas é bastante
interesante. Ata atopei un recordo de cando tiña tres anos! Nesa visión
vinme argallando un plan para atopar a persoa que me roubaba o
biberón ... Ao fin, era eu esa persoa! Tiraba o biberón ao chan e así non
aparecía.
Álvaro Bacariza Rodríguez ( 5º primaria)
Recordos
Aínda me lembro dese día tan fermoso no que me somerxín nunha viaxe de
soños e felicidadde coas persoas que me queren.
Ao chegar a París vimos un mendigo que ía devagar pedindo co seu fillo.
Este pedía para escolarizarse. Nós démoslle un día tras outro ata que un día
non vimos o neno. O mendigo contounos que o fillo xa ía á escola.
Días despois vímolo ensinando ao seu pai.
Chegamos a casa moi ledos porque
dentro de nós traiamos o recordo
daquela derradeira ollada infinita que
nos botou aquel vello pai ao dicirnos
“adeus”
Fuencisla Barros Monteagudo (5º
primaria)
6. CATEGORÍA C SECUNDARIA
Bágoas e sorrisos
Aquelas foron unhas vacacións ben diferentes. O tempo pasaba
devagar. Semellaba querer manterme alí, prisioneira eterna na
miña gaiola de pena infinita.
Aborrecín as luces de cores, as árbores de Nadal, as panxoliñas ... Só quería chegar á casa e
atopala alí. Sentada. Lendo. Cociñandoas miñas comidas favoritas: chulas de bacallau, patacas
amarelas, bolo do pote.
Só quería volver e atopala alí rirmos xuntas. Escoitar chamarlle ás noticias o parte e ao can
lurpia cando, de cheo que estaba, se negaba a comer o que tiña no cazolo.
Avoíña, canto te botamos de menos!
Aída Mencía Suárez Montáns (2º ESO)
O avó
Seguindo aquel misterioso ruído, xirei devagar a manivela da porta do meu escuro cuarto. Nese
intre puiden apreciar un cheiriño a recordos. Mirei e contemplei un rostro que me soaba
bastante. Estaba sentado no meu sillón preferido. Acerqueime e de repente puiden escoitar
unhas sixilosas palabras: Xiana, Mónica, Silvia, Xan e Lucía. Logo, un intre de silencio. E
escoitei outra vez: Xiana, Mónica, Silvia, Xan e Lucía.
-Avó? -preguntei – porque repites o nome dos teus netos?
Fitoume cos seus pequeniños ollos cheos de bágoas e dixo: “Estoume facendo vello e teño medo
a que se me esquezan”
Lucía Lagos Bugallo (3º ESO)
7. ACCESITS SECUNDARIA
Cen palabras
De camiño á casa só podía pensar no que dixera a mestra: “Cen palabras, e
unha delas debe ser devagar”
Non era unha palabra que usase moito. En realidade nunca a escoitara, así
que ao chegar á casa o primeiro que fixo foi consultar o dicionario.
Devagar: adv. Lentamente, amodo, sen présa.
Vaia! Diso sabía un pouco. Ela nunca tiña présa por nada, sempre era a
última en todo e deixaba todo a medias porque non lle daba tempo. Pero
esta vez non! Estaba decidida a gañar o concurso e tiña unha idea boísima ...
noventa e nove e cen!
Lidia Cano Sueiro (1º ESO)
Mira atrás
_ Como calquera luns, levanteime, aseeime, almorcei e fun ao colexio.
Unha vez rematado, dirixinme ao meu lar.
Ía só; de repente sentín detrás algo que me estremecía de pés a cabeza e, non
cesaba.
Devagar tornei a cabeza e ... non lembro máis, doutora, o seguinte que
lembro foi aquel axente tomándome en brazos e levándome coa miña nai.
Ela saloucaba e, en canto a min ... Sabe, doutora? Nunca sabemos cando
imos estar coa familia por última vez e, mentres se poida, hai que desfrutar
deles.
As bágoas comezaron a escorregar pola meixela da doutora e, apenada,
abrazoume.
Cinthia Piñeiro Acevedo (4º ESO)
8. MICROPOEMAS CPI SANTA
LUCÍA
CATEGORÍA B1
A pombiña branca
A pombiña quería ir á praia.
Mercou un parasol e unha toalla.
A pombiña xa se relaxou
devagar á casa volveu.
Xiana Salvado Martínez (1º primaria)
O xabarín
O vento cantaba devagar
unha lembranza
mentres o xabarín
chocou coa lanza.
Adrián Castrelo Ruadas (1º primaria)
9. CATEGORÍA B2
O mar de Baltasar
Navego devagar polo mar,
intentarei non me marear,
como lle pasaba a don
Baltasar,
que se mareaba con só mirar.
Desiré Núñez Monteagudo (4º primaria)
A lúa e o sol
Cando o sol se poñía devagar
a lúa miraba para el
por eses ollos de príncipe
e esa boca de mel.
Natalia Navia Núñez (4º primaria)
10. CATEGORÍA B3
O mar
Devagar, devagar,
vexo as gaivotas voar,
os días pasar,
e as ondas soar.
Aroa Súarez Pereira (5º primaria)
CATEGORÍA C
Falar, devagar,
sen pensar, sen soñar,
palabras, versos,
soaban desfeitos.
Inés Magariños Barros (1º ESO)