SlideShare a Scribd company logo
1 of 59
TEMA 5.- O
MUNDO
ENTREGUERRAS
1.- A Primeira Guerra Mundial
       O 28 de xuño de 1914 un nacionalista serbio asasinou en
  Saraxevo o príncipe Francisco Fernando, herdeiro do imperio
  austrohúngaro. Nunha reacción en cadea, a maioría dos países
  entraron en guerra (moi poucos permaneceron neutrais, entre
  eles España) dando lugar á maior guerra vivida ata ese
  momento en Europa. A implicación na guerra das colonias dos
  países europeos, e tamén os EE UU e Xapón, deulle unha
  dimensión mundial.
  1.1.- As causas
 Tensións nos Balcáns, onde todos os países estaban
  enfrontados pola eliminación das súas fronteiras tras lograr
  expulsar os turcos da zona. Alí tamén existían reivindicacións
  nacionalistas, especialmente serbias, que ameazaban ao
  imperio austrohúngaro coa súa disgregación.
 Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias:
  Austria-Hungría e Rusia polo control dos Balcáns; Francia e
  Alemaña por Alsacia e Lorena; Inglaterra e Alemaña pola
  supremacía naval e comercial...
 Carreira de armamentos, en constante aumento, e a
  diplomacia secreta, pactando alianzas e previsión dunha
  guerra, motivos que aumentaron a desconfianza e a sospeita
  sobre as intencións dos posibles inimigos. Esas alianzas
  configuraron dous bloques antagónicos: a Triple Alianza
  (Alemaña, imperio austrohúngaro e Italia) e a Triple Entente
  (Francia, Gran Bretaña e Rusia).
 A consideración da guerra como medio lexítimo para resolver
  os conflitos, medida apoiada polas masas populares confiadas
  na superioridade da súa nación fronte ás demais (patriotismo
  agresivo).
  1.2.- Fases da guerra
  A Gran Guerra enfrontou aos Imperios Centrais (Alemaña e
  Austria-Hungría, aos que se sumarían despois o Imperio Turco
  e Bulgaria) contra os aliados (Serbia, Rusia, Francia, Bélxica,
  Gran Bretaña e Montenegro, aos que se uniron Xapón, Italia,
  Portugal, Romanía, EE UU e Grecia. A guerra comeza sendo
  un conflito balcánico. Sen embargo o sistema de conexións
  internacionais converteuna nunha guerra de magnitude
  planetaria. Desenvólvese ó longo de catro anos nos que se
  poden diferenciar catro fases:
       A) guerra de movementos:1914
         Fronte occidental: os alemáns, atravesando Bélxica, invaden Francia
          ata cerca de París. Contraataque francés que detén os alemáns no
          Marne.
         Fronte oriental: os alemáns deteñen ós rusos en Tannemberg e nos
          Lagos Masurianos. Nos Balcáns as tropas austro-alemañas ocupan
          Serbia.
       B) guerra de posicións: 1915-1916
         Fronte occidental: imponse a construción de trincheiras
         No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo aliado cos
          submarinos.
         Fronte leste: o fracaso das ofensivas rusas permite ás tropas
          alemañas e os seus aliados ocupar extensas zonas do imperio ruso,
          Serbia e Romanía.
       C) A crise de 1917:
          A duración excesiva do conflito e as enormes perdas en vidas humanas,
          provoca unha crise xeral que afecta a tódolos contendentes. Non obstante, hai
          que sinalar dous feitos de gran transcendencia: a entrada dos EE UU na
          guerra a favor dos aliados e a retirada de Rusia. Tamén , en Oriente Medio, a
          revolta dos árabes contra os turcos beneficia aos aliados, que avanzan por
          Palestina e Mesopotamia.
       D) Derrota das potencias centrais, 1918:
          A desaparición da fronte oriental permite aos alemáns iniciar unha
          serie de ofensivas que a pesar do seu éxito inicial, fracasarán. Os
          aliados unifican o seu mando militar no xeneral Foch que leva a cabo
          unha serie de grandes ofensivas. En setembro Alemaña, ante a falta
          de reservas, declara imposible a resistencia. O 9 de novembro estala
          en Berlín unha revolución que obriga a fuxida do Kaiser Guillermo II e
          a proclamación da República. O 11 de novembro o novo goberno
          alemán asina un armisticio. É o fin da guerra.
        1.3.- As novas formas de guerra
          A Gran Guerra foi un enfrontamento diferente aos
        anteriores debido ao número de contendentes e ás
        novidades que se introduciron no combate:
         Grandes masas de exércitos, formados por centos de miles de
          soldados recrutados polo sistema do servizo obrigatorio.
         Emprego de novos armamentos e novas formas de loita. Os avances
          industriais permitiron fabricar armamento dunha gran capacidade
          destrutiva: metralladoras, canóns de largo alcance, granadas,
          submarinos, avións de combate, gases asfixiantes... Tamén aparece a
          trincheira, os bombardeos aéreos e a guerra submarina.
 Mobilización de todos os recursos. Os gobernos adoptaron medidas
  extraordinarias como o establecemento da economía de guerra que
  priorizaba a produción de armas sobre as necesidades da poboación
  civil ou o recurso a propaganda e á censura de noticias para fortalecer a
  moral.
1.4.- Os tratados de paz e a Sociedade de Nacións
     Asinouse un tratado diferente con cada un dos países
vencidos; o máis significativo foi o Tratado de Versalles con
Alemaña que establecía que esta era a principal responsable
da guerra, polo que tiña que pagar cuantiosas indemnizacións
polos danos causados; ademais debía suprimir o servizo militar
obrigatorio e desarmar o seu exército; ceder territorios a
Francia (Alsacia e Lorena), Bélxica, Dinamarca e Polonia,
perder as súas colonias. Os alemáns asinaron o tratado pero
sempre o consideraron inxusto.
     Co obxectivo de evitar a guerra e velar pola paz mundial,
creouse a Sociedade de Nacións. Formada polos países
vencedores (agás EE UU) e neutrais aos que se engadirían
outros con posterioridade. Nas décadas de 1920 e 1930 evitou
algúns conflitos menores, pero resultou ineficaz cando as
agresións as realizaban as grandes potencias.
1.5.- Balance da Gran Guerra.
         Compre destacar:
   Grandes perdas demográficas: 8millóns de mortos e uns 20
    millóns de feridos e mutilados. A poboación civil pasou
    grandes privacións e a súa debilidade favoreceu a expansión
    de epidemias (gripe española de 1918 que matou entre 50 e
    100 millóns de persoas entre 1918 e 1919).
   Modificacións territoriais que cambiaron o mapa europeo:
    desaparición dos imperios alemán, austrohúngaro, ruso e
    turco. Naceron novos Estados como Finlandia, Estonia,
    Letonia, Lituania, Polonia, Checoslovaquia e Iugoslavia.
   Repercusións ideolóxicas: a guerra facilitou o triunfo da
    revolución comunista en Rusia, e o medo ao comunismo levou
    a burguesía a apoiar gobernos e autoritarios e solucións de
    corte fascista.
   Consecuencias socioeconómicas. As perdas económicas foron
    incalculables. Europa perdeu a primacía económica e
    industrial, sendo substituída polos EE UU. A perda en homes e
    a súa incorporación aos exércitos favoreceu a incorporación
    das mulleres ao mercado laboral.
Cementerio de Verdun (Francia)
2.- A Revolución rusa e o Estado soviético
       En 1917 triunfou en Rusia unha revolución que puxo fin ao
  imperio dos tsares, e que tivo unha gran repercusión no resto
  dos países, especialmente entre as masas proletarias. Lenin e
  Stalin organizaron o novo Estado soviético.
  2.1.- A Rusia tsarista
       A comezos do século XX Rusia era un xigante territorial,
  pero cunhas estruturas políticas e socioeconómicas atrasadas:
 O réxime era autocrático: o tsar exercía o poder absoluto e
  gobernaba sobre un inmenso imperio con moitos pobos con
  linguas, costumes e relixións diferentes. A pesares da
  represión, existían partidos e organizacións clandestinas que
  pretendían derrubar o réxime; uns pretendían establecer un
  sistema liberal-burgués; outros, defensores da ideoloxía
  marxista ou anarquista, pretendían unha revolución social.
 A economía era basicamente agraria. O 80% da poboación
  eran campesiños pobres que traballaban as terras da nobreza
  e do clero. Nas principais cidades – San Petersburgo ou
  Moscova produciuse un forte crecemento industrial estimulado
  polo Estado e o capital estranxeiro.
2.2.- A caída do tsarismo
     Foi a participación na Gran Guerra o factor decisivo que
propiciou a caída do tsarismo e o triunfo da revolución. As
continuas derrotas aumentaron o descontento entre os
soldados. Ademais, a poboación civil sufría a insuficiencia e
carestía dos produtos básicos.
     En febreiro de 1917, a poboación de Petrogrado protestou
pola falta de alimentos. As sucesivas manifestacións non foron
reprimidas polos soldados, que se incorporaron a elas. Falto de
apoio o tsar, Nicolás II abdicou, proclamándose a República.
Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e
presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime
liberal. O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi
incapaz de controlar a situación.
2.3.- O triunfo da Revolución bolxevique
     Desde o comezo das protestas, as organizacións de
esquerda crearon os Consellos obreiros ou soviets (formados
por dirixentes das que representaban a obreiros, soldados e
campesiños). Neles foi medrando a influencia dos bolxeviques
(socialistas marxistas partidarios da revolución) dirixidos por
Lenin.
Alexander Kerenski
En outubro de 1917, Lenin e os bolxeviques organizan unha
  insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella
  formada polos bolxeviques e dirixida por Trotski, asaltan o
  palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros do
  goberno provisional. Paralelamente reúnese un Congreso dos
  soviets, que asume o poder e crea un goberno obreiro
  presidido por Lenin. As noticias do triunfo da revolución
  espállanse por toda Rusia. A situación é moi confusa e créanse
  gobernos autónomos e revolucionarios por todas partes.
  2.4.- O nacemento da Unión de Repúblicas Socialistas
  Soviéticas (URSS) e a época de Lenin
       Unha vez conquistado o poder, os bolxeviques tomaron
  medidas para transformar as estruturas sociais, económicas e
  políticas e facer fronte aos seus inimigos:
 A paz con Alemaña, tras o asinamento do Tratado de Brest-
  Litovsk polo que Rusia obtiña a paz a cambio de grandes
  perdas territoriais (Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania,
  Ucraína, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia).
Lenin   Trotsky   Stalin
 Esmagamento da oposición interior. A comezos de 1918, os
  bolxeviques grazas á creación por Trotski dun exército
  disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron na
  Guerra Civil (1918-1921) contra os antibolxeviques (exército
  branco, formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas
  potencias occidentais).
 Creación da URSS. En 1918 Rusia foi transformada nunha
  República Federativa Soviética. Posteriormente coa
  incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia,,
  creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
  O poder estaba en mans dos soviets controlados polo partido
  comunista (antigo partido bolxevique).
 Camiño cara ao socialismo. Os bolxeviques promulgaron os
  decretos de outubro de 1917 para lograr a socialización dos
  medios de produción[1]. Os trastornos da guerra civil e a
  escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova
  Política Económica que permitía algunhas formas capitalistas
  para incentivar a produción.

  [1] .- Control por parte do Estado da propiedade da terra, da
  produción industrial, nacionalización da banca e do comercio
  exterior.
 Fundación da Terceira Internacional (Moscova 1919)
  co obxectivo de derrocar o capitalismo. Só podían
  pertencer a ela os partidos que aceptasen
  denominarse comunistas e seguir as directrices do
  Partido Comunista da URSS.
 A concentración do poder na persoa de Stalin, que o
  exerceu a morte de Lenin de xeito ditatorial. Non
  estaba permitida ningunha crítica; a persecución e
  eliminación dos opositores foi unha práctica habitual
  (purgas stalinistas).
 A planificación económica. A partir de 1928 a
  economía estivo planificada polo Estado establecendo
  as prioridades e volumes a alcanzar nos diferentes
  sectores para un período de cinco anos (plans
  quinquenais). Tivo prioridade a industria de base, de
  armamento, así como as fontes de enerxía, deixando
  nun segundo plano as industrias de bens de
  consumo. Con estas medidas a URSS converteuse
  nunha gran potencia industrial e militar.
• A colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a
  entregar as súas terras as granxas colectivas (kolkhoz) e a
  traballar de forma comunitaria; unicamente conservaban a súa
  casa e un pequeno horto. Ademais creáronse granxas estatais
  (sovkhoz) e os MTS (estacións de maquinaria e tractores) que
  aportaban a maquinaria agrícola para ditos establecementos.
  As protestas campesiñas foron moi numerosas pero foron
  duramente reprimidas. O Estado conseguiu aumentar a
  produción considerablemente, aínda que cunha baixa
  produtividade.
3.- O fascismo. A Italia de Mussolini
       Despois da finalización da Primeira Guerra Mundial,
  Europa viviu unha grave crise política, económica e social que
  favoreceu o desenvolvemento dos fascismos e das ditaduras
  militares.
  3.1.- Características do fascismo
       Foi creado por Bieito Mussolini en 1919 en Italia. É unha
  ideoloxía totalitaria que aspira a exercer un control absoluto
  sobre a sociedade e os individuos, buscando un novo sistema
  político e novos valores para as masas populares. Como
  principais trazos destacan:
 Primacía dos intereses xerais do Estado e da nación fronte aos
  dereitos dos individuos e grupos. Búscase a grandeza do
  Estado, que se identifica coa nación e a patria (exaltación
  nacionalista).
 A concentración do poder en mans dun único líder,
  considerado o condutor da sociedade e a encarnación da
  vontade da nación. Todas as institucións (políticas, sociais,
  militares...) están supeditadas aos mandatos do líder (Duce,
  Führer, Caudillo) , que é obxecto de veneración polo poboa
  (culto á personalidade).
 Encadramento e mobilización de masas nun único
  partido de carácter nacional, estando prohibidos e
  perseguidos todos os demais. Os cadros dirixentes do
  mesmo deben ser as autoridades que exerzan o
  goberno nas institucións do Estado.
 Rexeitamento da igualdade das persoas e os pobos,
  defendendo a supremacía duns individuos sobre
  outros, dos homes sobre as mulleres, dun pobo ou
  país sobre outro.
 Forte control ideolóxico e policial, empregando a
  propaganda para a exaltación dos valores fascistas e
  a violencia para eliminar calquera crítica ou oposición.
  Os medios de comunicación, así como as escolas e
  organizacións xuvenís, deben estar ao servizo da
  causa fascista. As ameazas, as malleiras, o cárcere,
  as execucións, os campos de traballo, serviron para
  suprimir a oposición, especialmente dos partidos de
  esquerda. O novo Estado impón a orde e a disciplina,
  eliminando as liberdades individuais..
 Intervención do Estado na economía, buscando
  incrementar a riqueza e produción propia e conseguir
  a autosuficiencia fronte aos estranxeiros (autarquía).
  A propiedade privada é respectada, pero as
  actividades económicas deben estar sometidas aos
  interese do Estado. Os sindicatos e as folgas son
  suprimidas. Obreiros e patróns deben formar unha
  única organización corporativa sometida ao Estado.
  3.2.- O ascenso de Mussolini ao poder
       Despois de finalizada a Primeira Guerra Mundial,
  Italia viviu unha grave crise política e económica.
  Existía un forte resentimento xeral acentuado polos
  excombatentes porque, a pesar de formar parte do
  bando vencedor, non se conseguiran todas as
  reivindicacións territoriais prometidas. Os gobernos
  liberais, débiles e divididos polos personalismos,
  amosáronse inestables e non lograron facer fronte
  aos problemas.
En 1919, Mussolini creou en Milán os fascios, grupos de
combate (uniformados e identificados pola camisa negra) que
se dedicaban a rebentar as folgas e a perseguir aos líderes
políticos e sindicais da esquerda revolucionaria. O incremento
do seu número deu lugar á formación, en 1921, do Partido
Nacional Fascista.
     Contando coa pasividade das autoridades e co agrado de
empresarios e terratenentes, en outubro de 1922 Mussolini
organizou a marcha sobre Roma para forzar o establecemento
dun goberno forte dirixido por el. Ante esta demostración de
forza, o rei Víctor Manuel III nomeouno xefe de goberno; pouco
despois o Parlamento concedeulle plenos poderes para aplicar
medidas excepcionais.
3.3.- A Italia fascista
     Desde o poder, Mussolini modificou a estrutura e
organización política, impoñendo en 1925 un réxime totalitario
fascista. Converteuse no Duce, exercendo a ditadura persoal,
suprimindo a oposición, ilegalizando os partidos políticos e
sindicatos (agás o fascista), establecendo a censura e o control
sobre os medios de comunicación, e depurando a
administración e o exército.
A imposición da orde e disciplina social, a exaltación
nacionalista, os programas de apoio á produción agrícola e
industrial, a construción de numerosas obras públicas (vías
férreas, autoestradas, edificios públicos, monumentos...), e a
redución do desemprego, aseguraron a Mussolini un amplo
apoio popular. O fascismo italiano alcanzou un gran prestixio
entre diversos sectores europeos, servindo de modelo para a
creación de movementos semellantes noutros países
     Mussolini pretendeu incrementar a grandeza de Italia
ampliando o seu imperio colonial. Rematou a ocupación de
Libia e conquistou Abisinia, desobedecendo os mandatos da
Sociedade de Nacións. A partir de 1936 mantivo unha
colaboración estreita con Hitler e apoiou a Franco na Guerra
Civil española. En 1939 asinou o Pacto de Aceiro, un tratado
de alianza e axuda mutua con Alemaña. Despois na Segunda
Guerra Mundial formou parte do Eixe (Alemaña, Italia e
Xapón).
     En 1943, tras a conquista de Sicilia polos Aliados e a
sucesión de derrotas italianas, o rei Víctor Manuel III, a petición
do Gran Consello Fascista, destitúe a Mussolini.
Posteriormente foi liberado por paracaidistas nazis e organizou
a República Social italiana baixo a protección de Alemaña. En
marzo de 1945 foi detido polos partisanos (membros da
resistencia antifascista) e executado (ver foto do manual na
páx. 181).
4.- A crise de 1929 e a Gran Depresión
     En 1929 afundiuse a Bolsa de Nova York. Nunha reacción
en cadea, todos os sectores económicos víronse afectados,
provocando unha grave crise mundial.
4.1.- Os felices anos 20
     En EE UU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade.
As súas fábricas producían enormes cantidades de produtos
baratos. O consumo de masas aumentou, estimulado polas
facilidades de compra a prazos. A boa marcha dos negocios
propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de
Nova York. Moitos norteamericanos investiron os seus aforros
ou solicitaron créditos para mercar accións. Ao mesmo tempo,
os capitais norteamericanos serviron para financiar a
reconstrución da economía europea, producíndose unha
crecente interdependencia económica mundial.
4.2.- O crac da bolsa de Nova York
       O 24 de outubro de 1929 (xoves negro) produciuse de
  súpeto o afundimento do mercado de valores de Nova York. O
  pánico fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións.
  Moitos norteamericanos arruináronse en cuestión de minutos.
  O crac da bolsa arrastrou consigo todos os sectores. Os
  bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais e
  moitos quebraron. As empresas, por falta de vendas, tiveron
  que pechar ou reducir persoal, enviando ao paro a millóns de
  traballadores. Entre as causas da crise destacan:
 A especulación bolsista (aumento do valor das accións pola
  enorme demanda, que non tiña nada que ver co valor real das
  empresas).
 A superprodución (oferta de produtos superior a demanda) o
  que orixinou unha gran acumulación de stocks que puñan en
  risco de quebra as empresas.
  A caída da Bolsa seguiu a dos bancos, orixinándose a ruína de
  moitos negocios, o retraemento do consumo e o aumento do
  paro.
4.3.- A Gran Depresión e o New Deal
       As consecuencias do crac alcanzaron a todas as
  economías capitalistas, debido á situación de dependencia
  que tiñan coa banca norteamericana. As empresas arruínanse,
  as fábricas pechan, a produción industrial e agrícola descende.
  Como consecuencia, aumenta o paro e a miseria entre os
  traballadores e empeora a situación das clases medias. A
  tensión social favorece o auxe das protestas e dos intentos de
  revolución, pero tamén das ditaduras militares e dos fascismos.
  Á felicidade dos anos 20 sucedía a Gran Depresión dos anos
  30.
       Para paliar os efectos da crise:
 A maioría dos países recorreron ao proteccionismo e a
  autarquía que non melloraron a situación mundial.
 En EE UU xurdiron novas ideas, desenvolvidas polo
  economista John M. Keynes, que supuxeron o abandono do
  liberalismo clásico e unha maior implicación do Estado como
  motor económico, estimulando o consumo e aumentando os
  investimentos públicos en obras e servizos.
John Maynard Keynes
En 1932, a nova presidencia demócrata de Frankin Delano
Roosevelt, puxo en marcha o seu programa (New Deal), un
conxunto de reformas inspiradas no keynesianismo que
contribuíron a restaurar a confianza no sistema (subsidios
agrícolas, salario mínimo, construción de grandes obras
públicas...). A súa política, contou cun gran apoio popular e
logrou unha importante reactivación económica nos anos
seguintes.

5.- O nazismo. A Alemaña de Hitler
No período de entreguerras, Alemaña viviu unha situación
convulsa que favoreceu a chegada ao poder de Hitler en 1933
e o establecemento dun réxime totalitario coñecido como
Terceiro Reich.
5.1.- Características do nazismo
     Foi obra e creación de Adolfo Hitler, quen recolleu o seu
pensamento na súa obra o Mein Kampf, 1925 (A miña loita).
Comparte características co fascismo, pero engade dúas
importantes matizacións:
Adolf   Hitler
 O racismo, defendendo a superioridade da raza aria
  (alemá) fronte aos demais pobos, e o antisemitismo
  (odio aos xudeus), considerados como raza inferior e
  causantes de todos os males que padecen os
  alemáns. A defensa da pureza da raza aria xustificará
  a eliminación dos enfermos mentais, a prohibición dos
  matrimonios mixtos, e o intento de supresión das
  razas inferiores (xudeus, xitanos, eslavos...).
 O espazo vital, espazo polo que Alemaña se debía
  estender coa anexión de novas terras no leste de
  Europa.
  5.2.- O ascenso nazi ao poder
      Finalizada a Primeira Guerra Mundial, en Alemaña
  instaurouse a República de Weimar, que tivo que
  facer fronte ás fortes tensións provocadas polo
  resentimento da derrota, ao pagamento das
  indemnizacións de guerra, á reconstrución económica
  e á axitación extremista de comunistas e
  nacionalistas.
En 1920 fundouse o Partido Obreiro Alemán
Nacionalsocialista (nazi), do que Hitler foi elixido xefe con
poderes ditatoriais. O programa nazi esixía a revisión do
tratado de paz de Versalles, reivindicaba a unión de todos os
alemáns nunha gran Alemaña, rexeitaba a xudeus e
estranxeiros... En 1923 en Múnic, os nazis intentaron co apoio
dalgúns xefes militares dar un golpe de estado (push da
cervexería), pero fracasaron; Hitler foi encarcerado e o partido
nazi prohibido. En 1925 Hitler refundou o partido e reforzou a
mensaxe nazi, pero seguía sendo un partido minoritario.
     A crise de 1929 afectou duramente a Alemaña, causando
un enorme incremento do paro con millóns de desempregados.
O fracaso dos gobernos provocou unha desilusión xeral na
democracia e un crecente apoio aos nazis. Hitler deseñou a
estratexia a seguir para tomar o poder: triunfar nas eleccións e
empregar a violencia nas rúas (accións das SA, SS e a
Gestapo). En 1933, os nazis convertéronse na forza maioritaria
no Parlamento, sendo Hitler nomeado xefe do goberno o 30 de
xaneiro.
5.3.- A Alemaña nazi
     Entre 1933 e 1934, Hitler foi eliminando toda a oposición.
Os comunistas foron proscritos (acusados de queimar o
Reichstag – Parlamento-); os sindicatos e demais partidos
prohibidos, e os seus líderes encarcerados; moitos membros
do partido nazi foron asasinados (noite dos coitelos longos); os
xudeus foron obxecto dunha dura persecución. En 1934, tras a
morte do presidente da República, Hitler asume este cargo de
Xefe de Estado, converténdose no führer (xefe, guía), decisión
que foi aprobada en referendo.
     No ámbito económico, durante o seu goberno reduciuse o
paro grazas á política de rearme militar e de obras públicas,
que reactivaron a produción industrial e deron traballo a
milleiros de persoas. Hitler aplicou medidas proteccionistas e
de autarquía, pero a economía alemá tiña insuficiencia de
materias primas e un mercado interior reducido polo que, para
manter o seu crecemento, necesitaba contar con novos
mercados mediante a anexión ou conquista de territorios.
Hitler buscou o engrandecemento de Alemaña incumprindo o
Tratado de Versalles e desafiando á comunidade internacional.
Entre 1935 e 1939 incorporou o Sarre, decretou o servizo
militar obrigatorio e o rearme, ocupou a zona desmilitarizada de
Renania, enviou axuda militar a Franco na guerra civil española
e anexionou Austria e parte de Checoslovaquia. Ao mesmo
tempo, afianzou a alianza coa Italia fascista e buscou pactos
coa URSS para modificar as fronteiras europeas. O 1 de
setembro de 1939 invadiu Polonia, acto co que se iniciou a II
Guerra Mundial. A derrota alemá puxo fin á guerra e tamén a
Hitler, que se suicidou en abril de 1945.
6.- A Segunda Guerra Mundial
     Entre 1939 e 1945 tivo lugar a maior das guerras sufridas
pola humanidade polo número de vítimas, o volume das
destrucións, e a amplitude de territorios que se viron afectados.
6.1.- O camiño cara a guerra
     Na década de 1930, as relacións internacionais
deterioráronse progresivamente debido a:
Invasión de Polonia
01-09-1939
 Ás dificultades económicas derivadas das consecuencias da
  crise de 1929.
 Ao desenvolvemento de políticas agresivas.
 A Sociedade de Nacións foi incapaz de evitar os
  enfrontamentos, pois carecía de medios para facer eficaces as
  sancións aos estados agresores.
 As potencias democráticas ou se inhibiron (EE UU), ou foron
  partidarias do apaciguamento tratando de evitar a guerra (Gran
  Bretaña, Francia).
  Entre 1935 e 1939 a tensión aumentou. Hitler forma un
  poderoso exército e reclama a anexión das terras habitadas
  por alemáns. Co acordo internacional consegue a anexión de
  Austria e parte de Checoslovaquia (1938-39), pero nos seus
  plans está ampliar o seu dominio cara ao leste (espazo vital).
  Mussolini ataca e conquista Abisinia (1935-36) e colabora con
  Hitler na guerra civil española. En Extremo Oriente, Xapón
  reinicia a guerra contra China (1937) para ampliar os seus
  dominios na zona. Ademais, entre eles vanse reforzando as
  alianzas ata crear o Eixe Berlín-Roma-Toquio.
En agosto de 1939 Hitler asinou un tratado de neutralidade con
   Stalin, establecendo un acordo para repartirse os territorios do
   leste de Europa. O 1 de setembro de 1939, Hitler ordenou a
   invasión de Polonia; como resposta, Francia e Gran Bretaña
   declararon a guerra a Alemaña. Comezaba a Segunda Guerra
   Mundial.
6.2.- Fases da guerra
         Poden dividirse en varios períodos:
 Os triunfos do Eixe, (1939-1940). Nunha guerra lóstrego, o
   exército alemán ocupa Polonia, Dinamarca, Noruega, Holanda,
   Bélxica e gran parte de Francia. En colaboración cos italianos,
   ocupan Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. A
   URSS, mantendo o acordo con Hitler, ocupa o leste de Polonia,
   Estonia, Letonia, Lituania, Bucovina e Besarabia. Só Gran
   Bretaña resiste. En Extremo Oriente, Xapón avanza en China,
   ocupa as colonias francesas, e ataca as posesións inglesas.
 A extensión da guerra e a entrada da URSS e de EE UU,
   (1941-1942). En 1941 Hitler, dominada Europa, rompe o
   acordo con Stalin e invade a URSS, pero a enormidade do
   territorio e a forte resistencia rusa atrasa o avance alemán. No
   Pacífico, Xapón ataca por sorpresa a base norteamericana de
   Pearl Harbour e avanza por Filipinas, Malaisia e Indonesia.
El Eje y sus satélites

Japón

Países inicialmente neutrales
ocupados por los alemanes
Países aliados

Países inicialmente neutrales
ocupados por los aliados
Países que declararon la guerra al
Eje sin intervenir militarmente
Países neutrales
Territorios ocupados por Japón (1942)
Zonas de guerra submarina alemana       LA GUERRA EN EL MUNDO
                                              (1939-1945)
LA GUERRA EN EUROPA
                             (1939-1942)                                           CAMPAÑA
                                                                                  DE NORUEGA
                                                                                      1940

    Potencias del Eje el 1 de septiembre de 1939
    Territorios ocupados en septiembre de 1939                                                          FINLANDIA
                                                                              NORUEGA
    Territorios ocupados de abril a junio de 1940
    Territorios ocupados en abril de 1941                                                                                          URSS
                                                                                               SUECIA      ESTONIA
    Otros países aliados de Alemania o bajo su control
    Fronteras del III reich en 1942                                    DINAMARCA                        LETONIA
                                                         IRLANDA REINO                                  LITUANIA
    Frentes este y sur en el invierno de 1941-1942               UNIDO P.BAJOS                                                CAMPAÑA
                                                                                                                              DE RUSIA
 CAMPAÑAS                                                                                                                      1941-1942
DE LAS TROPAS                                                                      ALEMANIA        POLONIA
   DEL EJE                                                              BELGICA
                                                                                                            CAMPAÑA
                                                      CAMPAÑA                                              DE POLONIA
                                                     DE FRANCIA                                                1939
                                                         1940
                                                                  FRANCIA                         ESLOVAQUIA
                                                                                      AUSTRIA
                                                                              SUIZA
                                                                                                  HUNGRÍA
                                                                                                       RUMANIA
                                            PORTUGAL                                           YUGOSLAVIA
                                                         ESPAÑA                                          BULGARIA
                                                                                                 ALBANIA                     TURQUÍA
                                                                                  ITALIA                                CAMPAÑA
                                                                                                                         DE LOS
                                                                                                    GRECIA              BALCANES
                                                                                                                          1941
                                                                  ARGELIA                                                                  SIRIA
                                             MARRUECOS                                                                   CHIPRE
                                              FRANCES             (FRANCIA)              MALTA
                                                                              TÚNEZ                                        LÍBANO
                                                                                                                        PALESTINA

                                                                                       LIBIA                     EGIPTO
                                                                                     (ITALIA)
LA GUERRA EN EUROPA
                            (1942-1945)
Potencias del Eje el 1 de septiembre de 1939                                                        FINLANDIA
Frente este en la primavera de 1943
                                                                          NORUEGA
Frente este en junio de 1944                                                                                       Leningrado
                                                                                                                 (Octubre 1944)
Frentes este y oeste a finales de 1944                                                                                       URSS
                                                                                           SUECIA      ESTONIA
Ofensivas aliadas
                                                                        DINAMARCA                   LETONIA
Batallas importantes                                IRLANDA REINO                                   LITUANIA
                                                            UNIDO       P.BAJOS
                                                                                                                                    Stalingrado
                                                                                                                                  (Febrero 1943)
                                                    Desembarco en              ALEMANIA        POLONIA
                                                                    BELGICA
                                                      Normandia
                                                     (Junio 1944)

                                                             FRANCIA                     ESLOVAQUIA
                                                                           SUIZA AUSTRIA
                                                                                        HUNGRÍA
                                                                                             RUMANIA
                                         PORTUGAL                                   YUGOSLAVIA
                                                    ESPAÑA                                           BULGARIA
                                                                           Monte Cassino
                                                                           (Mayo 1944)       ALBANIA
                                                                               ITALIA                               TURQUÍA
                                                                                                GRECIA

                                                            ARGELIA                                                                 SIRIA
                                          MARRUECOS                                                                CHIPRE
                                           FRANCES          (FRANCIA)                MALTA
                                                                           TÚNEZ                                     LÍBANO
                                                                                                                  PALESTINA

                                                                                    LIBIA                           EGIPTO
                                                                                                            El Alamein
                                                                                  (ITALIA)                (Octubre 1942)
URSS
LA GUERRA EN EL PACÍFICO
       (1941-1942)
                                                                                MANCHURIA
                                                     MONGOLIA

  Japón
  Territorio chino ocupado por los japoneses
  hasta febrero de 1945                                                                     JAPÓN
                                                                                                                                              OCÉANO
  Límites del imperio japonés en 1939                CHINA
                                                                                                                                              PACÍFICO
  Límite máximo de la expansión japonesa en 1942
  Ofensivas japonesas
  Bombardeo de Pearl Harbour
  (7 de diciembre de 1941)                         INDIA

                                                                                                                                    PEARL HARBOUR

                                                                                                                                                  IS. HAWAI
                                                             SIAM
                                                                                   IS. FILIPINAS        IS. MARIANAS
                                                                    INDOCHINA

                                                                                                           IS. CAROLINAS
                                                                                                                             IS. MARSHALL


                                                                                                                                    IS. GILBERT
                                                                         BORNEO CÉLEBES
                                                             SUMATRA
                                                                                                      NUEVA GUINEA
                                                                                                                           IS. SALOMÓN

                                                                        JAVA           TIMOR
                                                      OCÉANO
                                                      INDICO
                                                                                                                       IS. NUEVAS
                                                                                          AUSTRALIA                    HÉBRIDAS                      IS. FIYI
URSS
LA GUERRA EN EL PACÍFICO
       (1942-1945)
                                                                            MANCHURIA
                                                 MONGOLIA

  Japón
  Territorio chino ocupado por los japoneses
  hasta febrero de 1945                                                                 JAPÓN
                                                                                    HIROSHIMA                                             OCÉANO
  Límites del imperio japonés en 1939            CHINA
                                                                             NAGASAKI                                                     PACÍFICO
  Ofensivas de los aliados
  Ataques aéreos norteamericanos
  Victorias aliadas                                                                    OKINAWA
                                               INDIA
  Bombas atómicas (6 y 8 de agosto de 1945)

                                                                                                                                              IS. HAWAI
                                                         SIAM
                                                                               IS. FILIPINAS       IS. MARIANAS
                                                                INDOCHINA

                                                                                                       IS. CAROLINAS
                                                                                                                         IS. MARSHALL


                                                                                                                                IS. GILBERT
                                                                     BORNEO CÉLEBES
                                                         SUMATRA
                                                                                                  NUEVA GUINEA
                                                                                                                       IS. SALOMÓN

                                                                    JAVA           TIMOR
                                                  OCÉANO                                                                  GUADALCANAL
                                                   INDICO
                                                                                                                   IS. NUEVAS
                                                                                      AUSTRALIA                    HÉBRIDAS                   IS. FIYI
 O cambio de signo e a contraofensiva aliada, (1942-1943).
   Entre finais de 1942 e comezos de 1943, os Aliados (Gran
   Bretaña, EE UU e a URSS ) logran conter o avance inimigo en
   todas as frontes. Os anglo-norteamericanos desembarcan no
   norte de África, derrotan as tropas do Eixe e despois
   conquistan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos derrotan aos
   alemáns en Stalingrado e fannos recuar nas chairas rusas. No
   Pacífico, EE UU contraataca, impedindo o avance xaponés.
 A vitoria dos aliados,(1944-1945). En xuño de 1944 produciuse
   o desembarco de Normandía, a maior operación desta guerra;
   nos meses sucesivos os anglo-norteamericanos avanzan cara
   ao Rin; no leste, os soviéticos ocupan os Balcáns, Polonia e
   Hungría. O 30 de abril Hitler suicídase no seu búnker berlinés.
   O 4 de maio Alemaña capitula. Remataba a guerra en Europa.
   No Pacífico, EE UU recupera as Filipinas e conquista Iwo Jima
   e Okinawa; o 6 de agosto de 1945 lanza unha bomba atómica
   sobre Hirosima e tres días despois outra sobre Nagasaki; o 2
   de setembro Xapón asina a rendición. Era a fin da guerra.
6.3.- As novas formas de guerra
        A guerra alcanzou enormes dimensións. Calcúlase uns 55
   millóns de mortos e 35 millóns de feridos.
Gran número de cidades, industrias e vías de
  comunicacións dos países belixerantes quedaron
  destruídas. Como novidades destacaron:
 Novas armas e estratexias de combate. En terra
  destacaron os vehículos acoirazados. No aire a
  aviación que permitiu o bombardeo das cidades e
  centros industriais. No mar, os portaavións foron
  pezas clave nos combates navais e nos
  desembarcos. Destaca o enorme potencial destrutor
  das bombas (a atómica e as convencionais). Nos
  países ocupados xurdiron grupos de resistencia e de
  partisanos que realizaron accións de sabotaxe e
  espionaxe a favor dos aliados.
 Os campos de concentración, de traballos forzados e
  de exterminio. No caso alemán foron creados para
  explotar man de obra ou exterminar os seus
  ocupantes (mediante cámaras de gas). Calcúlase
  nuns 20 millóns os deportados; uns dez millóns
  morreron neles, dos cales seis millóns eran xudeus.
6.4.- A organización da paz e a fundación da ONU
        En 1945, na Conferencia de Ialta e na de Postdam
   tomáronse os principais acordos:
 Imposicións aos vencidos. Alemaña e a súa capital foron
   divididas en catro zonas e o mesmo con Austria. Eliminación
   do nazismo sendo os seus dirixentes xulgados e condenados
   (xuízos de Nuremberg). Establecemento de sistemas
   democráticos. Xapón pasa a ser administrado polos EE UU.
 Modificacións territoriais. Reduciuse o tamaño de Alemaña. A
   URSS mantén a posesión nas Repúblicas Bálticas e anexiona
   a Rutenia e a zona oriental polaca.
 Fundación da ONU. A finalidade é manter a paz e a seguridade
   internacionais. Os seus principais organismos son a Asemblea
   xeral, con sede en N. York; o Consello de Seguridade, formado
   por 15 membros e con carácter permanente; a Secretaría Xeral
   e o Tribunal Internacional de Xustiza.
EUROPA TRAS LA                           ISLANDIA
           II GUERRA MUNDIAL
REPÚBLICA FEDERAL ALEMANA (RFA, 1949)
REPÚBLICA DEMOCRATICA ALEMANA (RDA, 1949)
                                                                       SUECIA
TERRITORIOS ANEXIONADOS POR LA URSS                                             FINLANDIA
                                                         NORUEGA                            CARELIA
TERRITORIOS ANEXIONADOS POR BULGARIA


                                                                             ESTONIA
                                               REINO
                                               UNIDO     DINAMARCA            LETONIA          URSS
                                                                            LITUANIA
                                  IRLANDA        P.BAJOS
                                                                                          RUTENIA
                                                                 RDA    POLONIA
                                                BELGICA                                 SUBCARPÁTICA
                                                           RFA                          BUKOVINA
                                                  LUX.
                                                                    CHECOSLOVAQUIA          BESARABIA
                                            FRANCIA
                                                       SUIZA     AUSTRIA
                                                                       HUNGRÍA
                                                                              RUMANIA

                      PORTUGAL                                      YUGOSLAVIA                DOBRUDJA
                                   ESPAÑA                                        BULGARIA      MERID.


                                                           ITALIA         ALBANIA

                                                                            GRECIA           TURQUÍA


                                                                    MALTA
                                                                                              CHIPRE
Xuízos de Nuremberg
Tema 5.  o mundo entreguerras

More Related Content

What's hot

A Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra MundialA Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra MundialDudas-Historia
 
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra MundialUNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundialcamposseijo
 
Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerraTema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerraDudas-Historia
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)quiquehs
 
I guerra mundial
I guerra mundialI guerra mundial
I guerra mundialMANEIRO
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8ahia5
 
Tema 9 historia
Tema 9 historiaTema 9 historia
Tema 9 historiapablokatt
 
A ii guerra mundial
A ii guerra mundialA ii guerra mundial
A ii guerra mundialmasinisa
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerramasinisa
 
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran GuerraDa carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran GuerraDudas-Historia
 
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2Dudas-Historia
 
PRIMERA GUERRA MUNDIAL
PRIMERA GUERRA MUNDIALPRIMERA GUERRA MUNDIAL
PRIMERA GUERRA MUNDIALpagaro
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e asergiocesures
 

What's hot (20)

A Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra MundialA Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra Mundial
 
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra MundialUNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerraTema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
Tema 6. da carreira de armamentos ata as consecuencias da gran guerra
 
T.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra MundialT.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra Mundial
 
A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)A Gran Guerra (1914-1918)
A Gran Guerra (1914-1918)
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
I guerra mundial
I guerra mundialI guerra mundial
I guerra mundial
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 9 historia
Tema 9 historiaTema 9 historia
Tema 9 historia
 
A ii guerra mundial
A ii guerra mundialA ii guerra mundial
A ii guerra mundial
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerra
 
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran GuerraDa carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
 
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
PRIMERA GUERRA MUNDIAL
PRIMERA GUERRA MUNDIALPRIMERA GUERRA MUNDIAL
PRIMERA GUERRA MUNDIAL
 
Tema8
Tema8  Tema8
Tema8
 
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
Tema 8  a primeira guerra mundial e aTema 8  a primeira guerra mundial e a
Tema 8 a primeira guerra mundial e a
 

Viewers also liked

Viewers also liked (7)

China's economic
China's economic China's economic
China's economic
 
East Coast Media Presentation -
East Coast Media Presentation - East Coast Media Presentation -
East Coast Media Presentation -
 
Trade and Economic Corridors
Trade and Economic CorridorsTrade and Economic Corridors
Trade and Economic Corridors
 
Wwii product
Wwii productWwii product
Wwii product
 
China's Economic Rise- Caleb Zipperstein
China's Economic Rise- Caleb ZippersteinChina's Economic Rise- Caleb Zipperstein
China's Economic Rise- Caleb Zipperstein
 
GEM slides
GEM slidesGEM slides
GEM slides
 
Sis communities stipsoassessment
Sis communities stipsoassessmentSis communities stipsoassessment
Sis communities stipsoassessment
 

Similar to Tema 5. o mundo entreguerras

Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasTema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasAlberto Rivas
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6eva gerpe
 
Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.carlalago95
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01samudiego
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918samudiego
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6yrda
 
Unidade 10 Segunda Guerra Mundial
Unidade 10 Segunda Guerra MundialUnidade 10 Segunda Guerra Mundial
Unidade 10 Segunda Guerra Mundialcamposseijo
 

Similar to Tema 5. o mundo entreguerras (17)

Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Tema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasTema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto Rivas
 
Ccss tema 6
Ccss tema 6Ccss tema 6
Ccss tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Historia 6
Historia 6Historia 6
Historia 6
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6
 
Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.
 
Tema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e HistoriaTema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e Historia
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
A II Guerra Mundial
A II Guerra MundialA II Guerra Mundial
A II Guerra Mundial
 
9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Historia, tema 6
Historia, tema 6Historia, tema 6
Historia, tema 6
 
Unidade 10 Segunda Guerra Mundial
Unidade 10 Segunda Guerra MundialUnidade 10 Segunda Guerra Mundial
Unidade 10 Segunda Guerra Mundial
 

Tema 5. o mundo entreguerras

  • 2. 1.- A Primeira Guerra Mundial O 28 de xuño de 1914 un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo o príncipe Francisco Fernando, herdeiro do imperio austrohúngaro. Nunha reacción en cadea, a maioría dos países entraron en guerra (moi poucos permaneceron neutrais, entre eles España) dando lugar á maior guerra vivida ata ese momento en Europa. A implicación na guerra das colonias dos países europeos, e tamén os EE UU e Xapón, deulle unha dimensión mundial. 1.1.- As causas  Tensións nos Balcáns, onde todos os países estaban enfrontados pola eliminación das súas fronteiras tras lograr expulsar os turcos da zona. Alí tamén existían reivindicacións nacionalistas, especialmente serbias, que ameazaban ao imperio austrohúngaro coa súa disgregación.  Rivalidades imperialistas entre as grandes potencias: Austria-Hungría e Rusia polo control dos Balcáns; Francia e Alemaña por Alsacia e Lorena; Inglaterra e Alemaña pola supremacía naval e comercial...
  • 3.
  • 4.  Carreira de armamentos, en constante aumento, e a diplomacia secreta, pactando alianzas e previsión dunha guerra, motivos que aumentaron a desconfianza e a sospeita sobre as intencións dos posibles inimigos. Esas alianzas configuraron dous bloques antagónicos: a Triple Alianza (Alemaña, imperio austrohúngaro e Italia) e a Triple Entente (Francia, Gran Bretaña e Rusia).  A consideración da guerra como medio lexítimo para resolver os conflitos, medida apoiada polas masas populares confiadas na superioridade da súa nación fronte ás demais (patriotismo agresivo). 1.2.- Fases da guerra A Gran Guerra enfrontou aos Imperios Centrais (Alemaña e Austria-Hungría, aos que se sumarían despois o Imperio Turco e Bulgaria) contra os aliados (Serbia, Rusia, Francia, Bélxica, Gran Bretaña e Montenegro, aos que se uniron Xapón, Italia, Portugal, Romanía, EE UU e Grecia. A guerra comeza sendo un conflito balcánico. Sen embargo o sistema de conexións internacionais converteuna nunha guerra de magnitude planetaria. Desenvólvese ó longo de catro anos nos que se poden diferenciar catro fases:
  • 5. A) guerra de movementos:1914  Fronte occidental: os alemáns, atravesando Bélxica, invaden Francia ata cerca de París. Contraataque francés que detén os alemáns no Marne.  Fronte oriental: os alemáns deteñen ós rusos en Tannemberg e nos Lagos Masurianos. Nos Balcáns as tropas austro-alemañas ocupan Serbia.  B) guerra de posicións: 1915-1916  Fronte occidental: imponse a construción de trincheiras  No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo aliado cos submarinos.  Fronte leste: o fracaso das ofensivas rusas permite ás tropas alemañas e os seus aliados ocupar extensas zonas do imperio ruso, Serbia e Romanía.  C) A crise de 1917: A duración excesiva do conflito e as enormes perdas en vidas humanas, provoca unha crise xeral que afecta a tódolos contendentes. Non obstante, hai que sinalar dous feitos de gran transcendencia: a entrada dos EE UU na guerra a favor dos aliados e a retirada de Rusia. Tamén , en Oriente Medio, a revolta dos árabes contra os turcos beneficia aos aliados, que avanzan por Palestina e Mesopotamia.
  • 6.
  • 7.
  • 8.
  • 9. D) Derrota das potencias centrais, 1918: A desaparición da fronte oriental permite aos alemáns iniciar unha serie de ofensivas que a pesar do seu éxito inicial, fracasarán. Os aliados unifican o seu mando militar no xeneral Foch que leva a cabo unha serie de grandes ofensivas. En setembro Alemaña, ante a falta de reservas, declara imposible a resistencia. O 9 de novembro estala en Berlín unha revolución que obriga a fuxida do Kaiser Guillermo II e a proclamación da República. O 11 de novembro o novo goberno alemán asina un armisticio. É o fin da guerra. 1.3.- As novas formas de guerra A Gran Guerra foi un enfrontamento diferente aos anteriores debido ao número de contendentes e ás novidades que se introduciron no combate:  Grandes masas de exércitos, formados por centos de miles de soldados recrutados polo sistema do servizo obrigatorio.  Emprego de novos armamentos e novas formas de loita. Os avances industriais permitiron fabricar armamento dunha gran capacidade destrutiva: metralladoras, canóns de largo alcance, granadas, submarinos, avións de combate, gases asfixiantes... Tamén aparece a trincheira, os bombardeos aéreos e a guerra submarina.
  • 10.
  • 11.  Mobilización de todos os recursos. Os gobernos adoptaron medidas extraordinarias como o establecemento da economía de guerra que priorizaba a produción de armas sobre as necesidades da poboación civil ou o recurso a propaganda e á censura de noticias para fortalecer a moral. 1.4.- Os tratados de paz e a Sociedade de Nacións Asinouse un tratado diferente con cada un dos países vencidos; o máis significativo foi o Tratado de Versalles con Alemaña que establecía que esta era a principal responsable da guerra, polo que tiña que pagar cuantiosas indemnizacións polos danos causados; ademais debía suprimir o servizo militar obrigatorio e desarmar o seu exército; ceder territorios a Francia (Alsacia e Lorena), Bélxica, Dinamarca e Polonia, perder as súas colonias. Os alemáns asinaron o tratado pero sempre o consideraron inxusto. Co obxectivo de evitar a guerra e velar pola paz mundial, creouse a Sociedade de Nacións. Formada polos países vencedores (agás EE UU) e neutrais aos que se engadirían outros con posterioridade. Nas décadas de 1920 e 1930 evitou algúns conflitos menores, pero resultou ineficaz cando as agresións as realizaban as grandes potencias.
  • 12. 1.5.- Balance da Gran Guerra. Compre destacar:  Grandes perdas demográficas: 8millóns de mortos e uns 20 millóns de feridos e mutilados. A poboación civil pasou grandes privacións e a súa debilidade favoreceu a expansión de epidemias (gripe española de 1918 que matou entre 50 e 100 millóns de persoas entre 1918 e 1919).  Modificacións territoriais que cambiaron o mapa europeo: desaparición dos imperios alemán, austrohúngaro, ruso e turco. Naceron novos Estados como Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Checoslovaquia e Iugoslavia.  Repercusións ideolóxicas: a guerra facilitou o triunfo da revolución comunista en Rusia, e o medo ao comunismo levou a burguesía a apoiar gobernos e autoritarios e solucións de corte fascista.  Consecuencias socioeconómicas. As perdas económicas foron incalculables. Europa perdeu a primacía económica e industrial, sendo substituída polos EE UU. A perda en homes e a súa incorporación aos exércitos favoreceu a incorporación das mulleres ao mercado laboral.
  • 13.
  • 14. Cementerio de Verdun (Francia)
  • 15. 2.- A Revolución rusa e o Estado soviético En 1917 triunfou en Rusia unha revolución que puxo fin ao imperio dos tsares, e que tivo unha gran repercusión no resto dos países, especialmente entre as masas proletarias. Lenin e Stalin organizaron o novo Estado soviético. 2.1.- A Rusia tsarista A comezos do século XX Rusia era un xigante territorial, pero cunhas estruturas políticas e socioeconómicas atrasadas:  O réxime era autocrático: o tsar exercía o poder absoluto e gobernaba sobre un inmenso imperio con moitos pobos con linguas, costumes e relixións diferentes. A pesares da represión, existían partidos e organizacións clandestinas que pretendían derrubar o réxime; uns pretendían establecer un sistema liberal-burgués; outros, defensores da ideoloxía marxista ou anarquista, pretendían unha revolución social.  A economía era basicamente agraria. O 80% da poboación eran campesiños pobres que traballaban as terras da nobreza e do clero. Nas principais cidades – San Petersburgo ou Moscova produciuse un forte crecemento industrial estimulado polo Estado e o capital estranxeiro.
  • 16.
  • 17. 2.2.- A caída do tsarismo Foi a participación na Gran Guerra o factor decisivo que propiciou a caída do tsarismo e o triunfo da revolución. As continuas derrotas aumentaron o descontento entre os soldados. Ademais, a poboación civil sufría a insuficiencia e carestía dos produtos básicos. En febreiro de 1917, a poboación de Petrogrado protestou pola falta de alimentos. As sucesivas manifestacións non foron reprimidas polos soldados, que se incorporaron a elas. Falto de apoio o tsar, Nicolás II abdicou, proclamándose a República. Estableceuse un goberno provisional, dirixido pola burguesía e presidido por Kerenski, que pretendía instaurar un réxime liberal. O novo goberno decidiu continuar a guerra, pero foi incapaz de controlar a situación. 2.3.- O triunfo da Revolución bolxevique Desde o comezo das protestas, as organizacións de esquerda crearon os Consellos obreiros ou soviets (formados por dirixentes das que representaban a obreiros, soldados e campesiños). Neles foi medrando a influencia dos bolxeviques (socialistas marxistas partidarios da revolución) dirixidos por Lenin.
  • 19. En outubro de 1917, Lenin e os bolxeviques organizan unha insurrección armada. O 25 de outubro, a garda vermella formada polos bolxeviques e dirixida por Trotski, asaltan o palacio de inverno en Petrogrado e deteñen os membros do goberno provisional. Paralelamente reúnese un Congreso dos soviets, que asume o poder e crea un goberno obreiro presidido por Lenin. As noticias do triunfo da revolución espállanse por toda Rusia. A situación é moi confusa e créanse gobernos autónomos e revolucionarios por todas partes. 2.4.- O nacemento da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) e a época de Lenin Unha vez conquistado o poder, os bolxeviques tomaron medidas para transformar as estruturas sociais, económicas e políticas e facer fronte aos seus inimigos:  A paz con Alemaña, tras o asinamento do Tratado de Brest- Litovsk polo que Rusia obtiña a paz a cambio de grandes perdas territoriais (Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Ucraína, Polonia, Besarabia e a Transcaucasia).
  • 20. Lenin Trotsky Stalin
  • 21.  Esmagamento da oposición interior. A comezos de 1918, os bolxeviques grazas á creación por Trotski dun exército disciplinado e revolucionario (exército vermello), venceron na Guerra Civil (1918-1921) contra os antibolxeviques (exército branco, formado por antigos oficiais tsaristas e apoiado polas potencias occidentais).  Creación da URSS. En 1918 Rusia foi transformada nunha República Federativa Soviética. Posteriormente coa incorporación de Ucraína, Bielorrusia e Transcaucasia,, creouse en 1922 a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. O poder estaba en mans dos soviets controlados polo partido comunista (antigo partido bolxevique).  Camiño cara ao socialismo. Os bolxeviques promulgaron os decretos de outubro de 1917 para lograr a socialización dos medios de produción[1]. Os trastornos da guerra civil e a escaseza obrigaron a Lenin, en 1921, a impoñer unha Nova Política Económica que permitía algunhas formas capitalistas para incentivar a produción. [1] .- Control por parte do Estado da propiedade da terra, da produción industrial, nacionalización da banca e do comercio exterior.
  • 22.
  • 23.  Fundación da Terceira Internacional (Moscova 1919) co obxectivo de derrocar o capitalismo. Só podían pertencer a ela os partidos que aceptasen denominarse comunistas e seguir as directrices do Partido Comunista da URSS.  A concentración do poder na persoa de Stalin, que o exerceu a morte de Lenin de xeito ditatorial. Non estaba permitida ningunha crítica; a persecución e eliminación dos opositores foi unha práctica habitual (purgas stalinistas).  A planificación económica. A partir de 1928 a economía estivo planificada polo Estado establecendo as prioridades e volumes a alcanzar nos diferentes sectores para un período de cinco anos (plans quinquenais). Tivo prioridade a industria de base, de armamento, así como as fontes de enerxía, deixando nun segundo plano as industrias de bens de consumo. Con estas medidas a URSS converteuse nunha gran potencia industrial e militar.
  • 24. • A colectivización agraria. Os campesiños foron obrigados a entregar as súas terras as granxas colectivas (kolkhoz) e a traballar de forma comunitaria; unicamente conservaban a súa casa e un pequeno horto. Ademais creáronse granxas estatais (sovkhoz) e os MTS (estacións de maquinaria e tractores) que aportaban a maquinaria agrícola para ditos establecementos. As protestas campesiñas foron moi numerosas pero foron duramente reprimidas. O Estado conseguiu aumentar a produción considerablemente, aínda que cunha baixa produtividade.
  • 25. 3.- O fascismo. A Italia de Mussolini Despois da finalización da Primeira Guerra Mundial, Europa viviu unha grave crise política, económica e social que favoreceu o desenvolvemento dos fascismos e das ditaduras militares. 3.1.- Características do fascismo Foi creado por Bieito Mussolini en 1919 en Italia. É unha ideoloxía totalitaria que aspira a exercer un control absoluto sobre a sociedade e os individuos, buscando un novo sistema político e novos valores para as masas populares. Como principais trazos destacan:  Primacía dos intereses xerais do Estado e da nación fronte aos dereitos dos individuos e grupos. Búscase a grandeza do Estado, que se identifica coa nación e a patria (exaltación nacionalista).  A concentración do poder en mans dun único líder, considerado o condutor da sociedade e a encarnación da vontade da nación. Todas as institucións (políticas, sociais, militares...) están supeditadas aos mandatos do líder (Duce, Führer, Caudillo) , que é obxecto de veneración polo poboa (culto á personalidade).
  • 26.
  • 27.  Encadramento e mobilización de masas nun único partido de carácter nacional, estando prohibidos e perseguidos todos os demais. Os cadros dirixentes do mesmo deben ser as autoridades que exerzan o goberno nas institucións do Estado.  Rexeitamento da igualdade das persoas e os pobos, defendendo a supremacía duns individuos sobre outros, dos homes sobre as mulleres, dun pobo ou país sobre outro.  Forte control ideolóxico e policial, empregando a propaganda para a exaltación dos valores fascistas e a violencia para eliminar calquera crítica ou oposición. Os medios de comunicación, así como as escolas e organizacións xuvenís, deben estar ao servizo da causa fascista. As ameazas, as malleiras, o cárcere, as execucións, os campos de traballo, serviron para suprimir a oposición, especialmente dos partidos de esquerda. O novo Estado impón a orde e a disciplina, eliminando as liberdades individuais..
  • 28.  Intervención do Estado na economía, buscando incrementar a riqueza e produción propia e conseguir a autosuficiencia fronte aos estranxeiros (autarquía). A propiedade privada é respectada, pero as actividades económicas deben estar sometidas aos interese do Estado. Os sindicatos e as folgas son suprimidas. Obreiros e patróns deben formar unha única organización corporativa sometida ao Estado. 3.2.- O ascenso de Mussolini ao poder Despois de finalizada a Primeira Guerra Mundial, Italia viviu unha grave crise política e económica. Existía un forte resentimento xeral acentuado polos excombatentes porque, a pesar de formar parte do bando vencedor, non se conseguiran todas as reivindicacións territoriais prometidas. Os gobernos liberais, débiles e divididos polos personalismos, amosáronse inestables e non lograron facer fronte aos problemas.
  • 29. En 1919, Mussolini creou en Milán os fascios, grupos de combate (uniformados e identificados pola camisa negra) que se dedicaban a rebentar as folgas e a perseguir aos líderes políticos e sindicais da esquerda revolucionaria. O incremento do seu número deu lugar á formación, en 1921, do Partido Nacional Fascista. Contando coa pasividade das autoridades e co agrado de empresarios e terratenentes, en outubro de 1922 Mussolini organizou a marcha sobre Roma para forzar o establecemento dun goberno forte dirixido por el. Ante esta demostración de forza, o rei Víctor Manuel III nomeouno xefe de goberno; pouco despois o Parlamento concedeulle plenos poderes para aplicar medidas excepcionais. 3.3.- A Italia fascista Desde o poder, Mussolini modificou a estrutura e organización política, impoñendo en 1925 un réxime totalitario fascista. Converteuse no Duce, exercendo a ditadura persoal, suprimindo a oposición, ilegalizando os partidos políticos e sindicatos (agás o fascista), establecendo a censura e o control sobre os medios de comunicación, e depurando a administración e o exército.
  • 30. A imposición da orde e disciplina social, a exaltación nacionalista, os programas de apoio á produción agrícola e industrial, a construción de numerosas obras públicas (vías férreas, autoestradas, edificios públicos, monumentos...), e a redución do desemprego, aseguraron a Mussolini un amplo apoio popular. O fascismo italiano alcanzou un gran prestixio entre diversos sectores europeos, servindo de modelo para a creación de movementos semellantes noutros países Mussolini pretendeu incrementar a grandeza de Italia ampliando o seu imperio colonial. Rematou a ocupación de Libia e conquistou Abisinia, desobedecendo os mandatos da Sociedade de Nacións. A partir de 1936 mantivo unha colaboración estreita con Hitler e apoiou a Franco na Guerra Civil española. En 1939 asinou o Pacto de Aceiro, un tratado de alianza e axuda mutua con Alemaña. Despois na Segunda Guerra Mundial formou parte do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón). En 1943, tras a conquista de Sicilia polos Aliados e a sucesión de derrotas italianas, o rei Víctor Manuel III, a petición do Gran Consello Fascista, destitúe a Mussolini.
  • 31. Posteriormente foi liberado por paracaidistas nazis e organizou a República Social italiana baixo a protección de Alemaña. En marzo de 1945 foi detido polos partisanos (membros da resistencia antifascista) e executado (ver foto do manual na páx. 181). 4.- A crise de 1929 e a Gran Depresión En 1929 afundiuse a Bolsa de Nova York. Nunha reacción en cadea, todos os sectores económicos víronse afectados, provocando unha grave crise mundial. 4.1.- Os felices anos 20 En EE UU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade. As súas fábricas producían enormes cantidades de produtos baratos. O consumo de masas aumentou, estimulado polas facilidades de compra a prazos. A boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores das empresas na Bolsa de Nova York. Moitos norteamericanos investiron os seus aforros ou solicitaron créditos para mercar accións. Ao mesmo tempo, os capitais norteamericanos serviron para financiar a reconstrución da economía europea, producíndose unha crecente interdependencia económica mundial.
  • 32. 4.2.- O crac da bolsa de Nova York O 24 de outubro de 1929 (xoves negro) produciuse de súpeto o afundimento do mercado de valores de Nova York. O pánico fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións. Moitos norteamericanos arruináronse en cuestión de minutos. O crac da bolsa arrastrou consigo todos os sectores. Os bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais e moitos quebraron. As empresas, por falta de vendas, tiveron que pechar ou reducir persoal, enviando ao paro a millóns de traballadores. Entre as causas da crise destacan:  A especulación bolsista (aumento do valor das accións pola enorme demanda, que non tiña nada que ver co valor real das empresas).  A superprodución (oferta de produtos superior a demanda) o que orixinou unha gran acumulación de stocks que puñan en risco de quebra as empresas. A caída da Bolsa seguiu a dos bancos, orixinándose a ruína de moitos negocios, o retraemento do consumo e o aumento do paro.
  • 33.
  • 34. 4.3.- A Gran Depresión e o New Deal As consecuencias do crac alcanzaron a todas as economías capitalistas, debido á situación de dependencia que tiñan coa banca norteamericana. As empresas arruínanse, as fábricas pechan, a produción industrial e agrícola descende. Como consecuencia, aumenta o paro e a miseria entre os traballadores e empeora a situación das clases medias. A tensión social favorece o auxe das protestas e dos intentos de revolución, pero tamén das ditaduras militares e dos fascismos. Á felicidade dos anos 20 sucedía a Gran Depresión dos anos 30. Para paliar os efectos da crise:  A maioría dos países recorreron ao proteccionismo e a autarquía que non melloraron a situación mundial.  En EE UU xurdiron novas ideas, desenvolvidas polo economista John M. Keynes, que supuxeron o abandono do liberalismo clásico e unha maior implicación do Estado como motor económico, estimulando o consumo e aumentando os investimentos públicos en obras e servizos.
  • 36. En 1932, a nova presidencia demócrata de Frankin Delano Roosevelt, puxo en marcha o seu programa (New Deal), un conxunto de reformas inspiradas no keynesianismo que contribuíron a restaurar a confianza no sistema (subsidios agrícolas, salario mínimo, construción de grandes obras públicas...). A súa política, contou cun gran apoio popular e logrou unha importante reactivación económica nos anos seguintes. 5.- O nazismo. A Alemaña de Hitler No período de entreguerras, Alemaña viviu unha situación convulsa que favoreceu a chegada ao poder de Hitler en 1933 e o establecemento dun réxime totalitario coñecido como Terceiro Reich. 5.1.- Características do nazismo Foi obra e creación de Adolfo Hitler, quen recolleu o seu pensamento na súa obra o Mein Kampf, 1925 (A miña loita). Comparte características co fascismo, pero engade dúas importantes matizacións:
  • 37. Adolf Hitler
  • 38.  O racismo, defendendo a superioridade da raza aria (alemá) fronte aos demais pobos, e o antisemitismo (odio aos xudeus), considerados como raza inferior e causantes de todos os males que padecen os alemáns. A defensa da pureza da raza aria xustificará a eliminación dos enfermos mentais, a prohibición dos matrimonios mixtos, e o intento de supresión das razas inferiores (xudeus, xitanos, eslavos...).  O espazo vital, espazo polo que Alemaña se debía estender coa anexión de novas terras no leste de Europa. 5.2.- O ascenso nazi ao poder Finalizada a Primeira Guerra Mundial, en Alemaña instaurouse a República de Weimar, que tivo que facer fronte ás fortes tensións provocadas polo resentimento da derrota, ao pagamento das indemnizacións de guerra, á reconstrución económica e á axitación extremista de comunistas e nacionalistas.
  • 39. En 1920 fundouse o Partido Obreiro Alemán Nacionalsocialista (nazi), do que Hitler foi elixido xefe con poderes ditatoriais. O programa nazi esixía a revisión do tratado de paz de Versalles, reivindicaba a unión de todos os alemáns nunha gran Alemaña, rexeitaba a xudeus e estranxeiros... En 1923 en Múnic, os nazis intentaron co apoio dalgúns xefes militares dar un golpe de estado (push da cervexería), pero fracasaron; Hitler foi encarcerado e o partido nazi prohibido. En 1925 Hitler refundou o partido e reforzou a mensaxe nazi, pero seguía sendo un partido minoritario. A crise de 1929 afectou duramente a Alemaña, causando un enorme incremento do paro con millóns de desempregados. O fracaso dos gobernos provocou unha desilusión xeral na democracia e un crecente apoio aos nazis. Hitler deseñou a estratexia a seguir para tomar o poder: triunfar nas eleccións e empregar a violencia nas rúas (accións das SA, SS e a Gestapo). En 1933, os nazis convertéronse na forza maioritaria no Parlamento, sendo Hitler nomeado xefe do goberno o 30 de xaneiro.
  • 40.
  • 41. 5.3.- A Alemaña nazi Entre 1933 e 1934, Hitler foi eliminando toda a oposición. Os comunistas foron proscritos (acusados de queimar o Reichstag – Parlamento-); os sindicatos e demais partidos prohibidos, e os seus líderes encarcerados; moitos membros do partido nazi foron asasinados (noite dos coitelos longos); os xudeus foron obxecto dunha dura persecución. En 1934, tras a morte do presidente da República, Hitler asume este cargo de Xefe de Estado, converténdose no führer (xefe, guía), decisión que foi aprobada en referendo. No ámbito económico, durante o seu goberno reduciuse o paro grazas á política de rearme militar e de obras públicas, que reactivaron a produción industrial e deron traballo a milleiros de persoas. Hitler aplicou medidas proteccionistas e de autarquía, pero a economía alemá tiña insuficiencia de materias primas e un mercado interior reducido polo que, para manter o seu crecemento, necesitaba contar con novos mercados mediante a anexión ou conquista de territorios.
  • 42.
  • 43. Hitler buscou o engrandecemento de Alemaña incumprindo o Tratado de Versalles e desafiando á comunidade internacional. Entre 1935 e 1939 incorporou o Sarre, decretou o servizo militar obrigatorio e o rearme, ocupou a zona desmilitarizada de Renania, enviou axuda militar a Franco na guerra civil española e anexionou Austria e parte de Checoslovaquia. Ao mesmo tempo, afianzou a alianza coa Italia fascista e buscou pactos coa URSS para modificar as fronteiras europeas. O 1 de setembro de 1939 invadiu Polonia, acto co que se iniciou a II Guerra Mundial. A derrota alemá puxo fin á guerra e tamén a Hitler, que se suicidou en abril de 1945. 6.- A Segunda Guerra Mundial Entre 1939 e 1945 tivo lugar a maior das guerras sufridas pola humanidade polo número de vítimas, o volume das destrucións, e a amplitude de territorios que se viron afectados. 6.1.- O camiño cara a guerra Na década de 1930, as relacións internacionais deterioráronse progresivamente debido a:
  • 45.  Ás dificultades económicas derivadas das consecuencias da crise de 1929.  Ao desenvolvemento de políticas agresivas.  A Sociedade de Nacións foi incapaz de evitar os enfrontamentos, pois carecía de medios para facer eficaces as sancións aos estados agresores.  As potencias democráticas ou se inhibiron (EE UU), ou foron partidarias do apaciguamento tratando de evitar a guerra (Gran Bretaña, Francia). Entre 1935 e 1939 a tensión aumentou. Hitler forma un poderoso exército e reclama a anexión das terras habitadas por alemáns. Co acordo internacional consegue a anexión de Austria e parte de Checoslovaquia (1938-39), pero nos seus plans está ampliar o seu dominio cara ao leste (espazo vital). Mussolini ataca e conquista Abisinia (1935-36) e colabora con Hitler na guerra civil española. En Extremo Oriente, Xapón reinicia a guerra contra China (1937) para ampliar os seus dominios na zona. Ademais, entre eles vanse reforzando as alianzas ata crear o Eixe Berlín-Roma-Toquio.
  • 46. En agosto de 1939 Hitler asinou un tratado de neutralidade con Stalin, establecendo un acordo para repartirse os territorios do leste de Europa. O 1 de setembro de 1939, Hitler ordenou a invasión de Polonia; como resposta, Francia e Gran Bretaña declararon a guerra a Alemaña. Comezaba a Segunda Guerra Mundial. 6.2.- Fases da guerra Poden dividirse en varios períodos:  Os triunfos do Eixe, (1939-1940). Nunha guerra lóstrego, o exército alemán ocupa Polonia, Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica e gran parte de Francia. En colaboración cos italianos, ocupan Albania, Grecia, Iugoslavia e o norte de África. A URSS, mantendo o acordo con Hitler, ocupa o leste de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bucovina e Besarabia. Só Gran Bretaña resiste. En Extremo Oriente, Xapón avanza en China, ocupa as colonias francesas, e ataca as posesións inglesas.  A extensión da guerra e a entrada da URSS e de EE UU, (1941-1942). En 1941 Hitler, dominada Europa, rompe o acordo con Stalin e invade a URSS, pero a enormidade do territorio e a forte resistencia rusa atrasa o avance alemán. No Pacífico, Xapón ataca por sorpresa a base norteamericana de Pearl Harbour e avanza por Filipinas, Malaisia e Indonesia.
  • 47. El Eje y sus satélites Japón Países inicialmente neutrales ocupados por los alemanes Países aliados Países inicialmente neutrales ocupados por los aliados Países que declararon la guerra al Eje sin intervenir militarmente Países neutrales Territorios ocupados por Japón (1942) Zonas de guerra submarina alemana LA GUERRA EN EL MUNDO (1939-1945)
  • 48. LA GUERRA EN EUROPA (1939-1942) CAMPAÑA DE NORUEGA 1940 Potencias del Eje el 1 de septiembre de 1939 Territorios ocupados en septiembre de 1939 FINLANDIA NORUEGA Territorios ocupados de abril a junio de 1940 Territorios ocupados en abril de 1941 URSS SUECIA ESTONIA Otros países aliados de Alemania o bajo su control Fronteras del III reich en 1942 DINAMARCA LETONIA IRLANDA REINO LITUANIA Frentes este y sur en el invierno de 1941-1942 UNIDO P.BAJOS CAMPAÑA DE RUSIA CAMPAÑAS 1941-1942 DE LAS TROPAS ALEMANIA POLONIA DEL EJE BELGICA CAMPAÑA CAMPAÑA DE POLONIA DE FRANCIA 1939 1940 FRANCIA ESLOVAQUIA AUSTRIA SUIZA HUNGRÍA RUMANIA PORTUGAL YUGOSLAVIA ESPAÑA BULGARIA ALBANIA TURQUÍA ITALIA CAMPAÑA DE LOS GRECIA BALCANES 1941 ARGELIA SIRIA MARRUECOS CHIPRE FRANCES (FRANCIA) MALTA TÚNEZ LÍBANO PALESTINA LIBIA EGIPTO (ITALIA)
  • 49. LA GUERRA EN EUROPA (1942-1945) Potencias del Eje el 1 de septiembre de 1939 FINLANDIA Frente este en la primavera de 1943 NORUEGA Frente este en junio de 1944 Leningrado (Octubre 1944) Frentes este y oeste a finales de 1944 URSS SUECIA ESTONIA Ofensivas aliadas DINAMARCA LETONIA Batallas importantes IRLANDA REINO LITUANIA UNIDO P.BAJOS Stalingrado (Febrero 1943) Desembarco en ALEMANIA POLONIA BELGICA Normandia (Junio 1944) FRANCIA ESLOVAQUIA SUIZA AUSTRIA HUNGRÍA RUMANIA PORTUGAL YUGOSLAVIA ESPAÑA BULGARIA Monte Cassino (Mayo 1944) ALBANIA ITALIA TURQUÍA GRECIA ARGELIA SIRIA MARRUECOS CHIPRE FRANCES (FRANCIA) MALTA TÚNEZ LÍBANO PALESTINA LIBIA EGIPTO El Alamein (ITALIA) (Octubre 1942)
  • 50. URSS LA GUERRA EN EL PACÍFICO (1941-1942) MANCHURIA MONGOLIA Japón Territorio chino ocupado por los japoneses hasta febrero de 1945 JAPÓN OCÉANO Límites del imperio japonés en 1939 CHINA PACÍFICO Límite máximo de la expansión japonesa en 1942 Ofensivas japonesas Bombardeo de Pearl Harbour (7 de diciembre de 1941) INDIA PEARL HARBOUR IS. HAWAI SIAM IS. FILIPINAS IS. MARIANAS INDOCHINA IS. CAROLINAS IS. MARSHALL IS. GILBERT BORNEO CÉLEBES SUMATRA NUEVA GUINEA IS. SALOMÓN JAVA TIMOR OCÉANO INDICO IS. NUEVAS AUSTRALIA HÉBRIDAS IS. FIYI
  • 51. URSS LA GUERRA EN EL PACÍFICO (1942-1945) MANCHURIA MONGOLIA Japón Territorio chino ocupado por los japoneses hasta febrero de 1945 JAPÓN HIROSHIMA OCÉANO Límites del imperio japonés en 1939 CHINA NAGASAKI PACÍFICO Ofensivas de los aliados Ataques aéreos norteamericanos Victorias aliadas OKINAWA INDIA Bombas atómicas (6 y 8 de agosto de 1945) IS. HAWAI SIAM IS. FILIPINAS IS. MARIANAS INDOCHINA IS. CAROLINAS IS. MARSHALL IS. GILBERT BORNEO CÉLEBES SUMATRA NUEVA GUINEA IS. SALOMÓN JAVA TIMOR OCÉANO GUADALCANAL INDICO IS. NUEVAS AUSTRALIA HÉBRIDAS IS. FIYI
  • 52.  O cambio de signo e a contraofensiva aliada, (1942-1943). Entre finais de 1942 e comezos de 1943, os Aliados (Gran Bretaña, EE UU e a URSS ) logran conter o avance inimigo en todas as frontes. Os anglo-norteamericanos desembarcan no norte de África, derrotan as tropas do Eixe e despois conquistan Sicilia e o sur de Italia. Os rusos derrotan aos alemáns en Stalingrado e fannos recuar nas chairas rusas. No Pacífico, EE UU contraataca, impedindo o avance xaponés.  A vitoria dos aliados,(1944-1945). En xuño de 1944 produciuse o desembarco de Normandía, a maior operación desta guerra; nos meses sucesivos os anglo-norteamericanos avanzan cara ao Rin; no leste, os soviéticos ocupan os Balcáns, Polonia e Hungría. O 30 de abril Hitler suicídase no seu búnker berlinés. O 4 de maio Alemaña capitula. Remataba a guerra en Europa. No Pacífico, EE UU recupera as Filipinas e conquista Iwo Jima e Okinawa; o 6 de agosto de 1945 lanza unha bomba atómica sobre Hirosima e tres días despois outra sobre Nagasaki; o 2 de setembro Xapón asina a rendición. Era a fin da guerra. 6.3.- As novas formas de guerra A guerra alcanzou enormes dimensións. Calcúlase uns 55 millóns de mortos e 35 millóns de feridos.
  • 53.
  • 54. Gran número de cidades, industrias e vías de comunicacións dos países belixerantes quedaron destruídas. Como novidades destacaron:  Novas armas e estratexias de combate. En terra destacaron os vehículos acoirazados. No aire a aviación que permitiu o bombardeo das cidades e centros industriais. No mar, os portaavións foron pezas clave nos combates navais e nos desembarcos. Destaca o enorme potencial destrutor das bombas (a atómica e as convencionais). Nos países ocupados xurdiron grupos de resistencia e de partisanos que realizaron accións de sabotaxe e espionaxe a favor dos aliados.  Os campos de concentración, de traballos forzados e de exterminio. No caso alemán foron creados para explotar man de obra ou exterminar os seus ocupantes (mediante cámaras de gas). Calcúlase nuns 20 millóns os deportados; uns dez millóns morreron neles, dos cales seis millóns eran xudeus.
  • 55.
  • 56. 6.4.- A organización da paz e a fundación da ONU En 1945, na Conferencia de Ialta e na de Postdam tomáronse os principais acordos:  Imposicións aos vencidos. Alemaña e a súa capital foron divididas en catro zonas e o mesmo con Austria. Eliminación do nazismo sendo os seus dirixentes xulgados e condenados (xuízos de Nuremberg). Establecemento de sistemas democráticos. Xapón pasa a ser administrado polos EE UU.  Modificacións territoriais. Reduciuse o tamaño de Alemaña. A URSS mantén a posesión nas Repúblicas Bálticas e anexiona a Rutenia e a zona oriental polaca.  Fundación da ONU. A finalidade é manter a paz e a seguridade internacionais. Os seus principais organismos son a Asemblea xeral, con sede en N. York; o Consello de Seguridade, formado por 15 membros e con carácter permanente; a Secretaría Xeral e o Tribunal Internacional de Xustiza.
  • 57. EUROPA TRAS LA ISLANDIA II GUERRA MUNDIAL REPÚBLICA FEDERAL ALEMANA (RFA, 1949) REPÚBLICA DEMOCRATICA ALEMANA (RDA, 1949) SUECIA TERRITORIOS ANEXIONADOS POR LA URSS FINLANDIA NORUEGA CARELIA TERRITORIOS ANEXIONADOS POR BULGARIA ESTONIA REINO UNIDO DINAMARCA LETONIA URSS LITUANIA IRLANDA P.BAJOS RUTENIA RDA POLONIA BELGICA SUBCARPÁTICA RFA BUKOVINA LUX. CHECOSLOVAQUIA BESARABIA FRANCIA SUIZA AUSTRIA HUNGRÍA RUMANIA PORTUGAL YUGOSLAVIA DOBRUDJA ESPAÑA BULGARIA MERID. ITALIA ALBANIA GRECIA TURQUÍA MALTA CHIPRE