PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf

Oficios

TÍTULO: Os ferreiros. Unha forma de vida
ÁREAS: CCSS, CCNN, LINGUAS (Galego e castelán), MÚSICA e EPV.
CONTEXTO E XUSTIFICACIÓN
A aplicación ou desenvolvemento dos coñecementos que se poidan adquirir
investigando sobre o tema proposto dentro de ámbitos como internet, o
emprego de soportes informáticos ou a análise da información transmitida por
medios audiovisuais e impresos constitúense como un elemento gratificante e
motivador, e, asemade, unha aprendizaxe imprescindible para a adaptación do
alumnado que chega de Primaria a unha nova etapa do ensino , como é a ESO.
Na elección do proxecto tiven en conta a importancia e transcendencia que tivo
nesta comarca o oficio (recuperouse o conxunto etnográfico en Ferreiravella) e
desde as administracións inténtase que a xente nova volva a vista a esta
actividade como unha forma de revitalizar o mundo rural e de asentar oficios
que aínda teñen moito que aportar. Foi una actividade que,incluso a nivel
lingüístico deixou pegada en apelidos con raíces vascas (Echevarría) e que se
dan na zona onde o oficio se desenvolveu. Na actualidade os usos das
ferramentas elaboradas polos ferreiros deben adaptarse a novos usos e
modernizar os seus métodos de traballo.
Estas terras situadas entre as terras de Miranda ( ás que facía referencia
Cunqueiro) e a reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, contaron
cunha tradición moi antiga de explotacións mineiras. Os ferreiros convertían o
metal en ferramentas e útiles ( cravos, coitelos, rellas para arados e sobre todo
fouciños para a sega...). As forxas, ferrerías e mazos abundaban por toda a
xeografía local..
É un tema próximo aos alumnos/as e como tal pode ser motivador. A través do
proxecto preténdese ,a través das Competencias básicas , canalizar as
necesidades e intereses do alumnado. Poden desenvolverse todas, pero
facendo fincapé nas seguintes:
1. Competencia en comunicación lingüística
Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de
comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da
realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e
autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta.
Conseguirase:
 Buscando información sobre o tema proposto
 Interpretándoa
 Seleccionándoa os datos en función da súa relevancia para o tema
investigado
 Confrontando diversas informacións
 Resumindo os datos informativos
 Comunicando de xeito oral e escrito os puntos fundamentais
investigados
Evidentemente esta competencia ten que ver co todo o proceso lingüístico(
árrea de linguas). Actividades como a busca de expresións e refráns,
información sobre os usos do ferro desde a antigüidade, relación e
características das festas e eventos relacionados co ferro, elaboración dunha
entrevista para un ferreiro…servirán para observar o progreso nesta
competencia.
2. Tratamento da información e competencia dixital
Consiste en dispor de habilidades para procurar, obter, procesar e comunicar
información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes
habilidades, que van desde o acceso á información até a súa transmisión en
distintos soportes, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a
comunicación como elemento esencial para se informar, aprender e
comunicarse.
Conseguirase:
 Buscando información nas fontes dixitais
 Seleccionándoa a información recollida
 Resumindo os contidos obtidos das fontes dixitais
 Comunicando informacións recollidas neses medios
Esta competencia implica ter unhas habilidades básicas para enfrontarse ás
novas tecnoloxías e ser capaz de usalas para elaborar un informe
final(programas de imaxe, son e vídeo servirán para acadar resultados positivos
nesta competencia)
3. Competencia para aprender a aprender
Consiste en dispor de habilidades para se iniciar na aprendizaxe e ser quen de
continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autónoma de acordo aos
propios obxectivos e necesidades.
Conseguirase:
 Analizando o que se sabe e como se aprende
 Coñecendo as propias capacidades e limitacións
 Buscando estratexias para aprender
 Aprendendo a solucionar problemas
Esta competencia terá que ver, sobre todo, co traballo de tipo lingüístico e de
investigación ,áreas de CCSS e CCNN( busca de información, elaboración de
textos propios, traballo de campo…).
4. Autonomía e iniciativa persoal
Esta competencia refírese á adquisición da conciencia e aplicación dun conxunto
de valores e actitudes persoais interrelacionadas, como a responsabilidade, a
perseveranza, o coñecemento de si mesmo e a autoestima, a creatividade, a
autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos e de
afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de
satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir riscos.
Conseguirase:
 Propoñendo camiños e líñas de acción
 Relacionando ideas e conceptos
 Analizando as informacións
 Solucionando problemas
 Decidindo os camiños a seguir
Esta competencia será complementaria da anterior. O alumnado deberá amosar
capacidade para indagar e buscar información e relacionar os diferentes feitos
que determinaron a forma e modo de vida dos ferreiros e o que implicaría para
a sociedade actual voltar ao mundo dos oficios tradicionais. Áreas de Sociais e
Naturais ( evolución ao longo da Historia e as características naturais necesarias
para que se poida desenvolver a actividade dos ferreiros.
5. Competencia social e cidadá
Fai posible comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e
exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como
comprometerse a contribuír á súa mellora. Integra coñecementos diversos e
habilidades complexas que permiten participar, tomar decisións, elixir como
comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das escollas e
decisións adoptadas.
Conseguirase:
 Buscando, analizando, propoñendo, decidindo
 Respectando aos demais
 Escoitando as distintas opinións
 Argumentando as propias
Esta fomentarase a través do traballo en pequeno e gran grupo.
DESCRICIÓN DO PROBLEMA
Por que o mundo dos ferreiros tende á desaparición. Cales foron os
condicionantes que levaron a esta situación. Será posible reverter esa
tendencia?. Ten futuro o traballo do ferreiro?. Que instrumentos debería
realizar para que esa actividade lle permitise vivir dese oficio tradicional.
OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE
1. Aprender a se relacionar cos demais e a participar en actividades de grupo
con actitudes solidarias e tolerantes.
2. Asimilar hábitos e estratexias de traballo autónomo que favorezan a
aprendizaxe e o desenvolvemento intelectual do alumnado.
3. Analizar e interpretar de xeito reflexivo a información transmitida a través de
diferentes fontes de información escritas, orais ou audiovisuais.
4. Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación para a
xestión e a análise de datos, a presentación de traballos e informes.
5. Comprender e producir mensaxes orais e escritas para se comunicar e
organizar o pensamento.
6. Saber interpretar e producir mensaxes que empreguen códigos artísticos,
científicos e técnicos co fin de arrequentar as posibilidades de comunicación de
forma precisa, creativa e comunicativa.
7. Valorar o patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia
adoptando actitudes que favorezan a súa preservación e desenvolvemento.
8. Comprender a importancia do coñecemento do uso do galego como parte da
nosa identidade colectiva e individual.
9. Utilizar correctamente os diferentes recursos dispoñibles na Biblioteca do
centro así coma outros materiais de fontes diversos.
SECUENCIA DETALLADA DE TRABALLO
AGRUPAMENTOS:Flexibles en función da temática en cada momento.
Traballo de campo(fotos, vídeos):individual e parellas
Búsqueda de información: grupo pequeno.
Actividades dirixidas ( composición escrita, resolución de exercicios):
Individual.
Elaboración de traballo final:Pequeno grupo.
Exposición de traballo, saídas didácticas,visita dun ferreiro: gran grupo.
TEMPORALIZACIÓN
1. O Ferro como elemento fundamental
 O Fe, as súas características
 Aplicacións do Ferro
2. A Historia ligada ao ferro
 Historia: Idade dos metais
 Pobos que dominaron o Ferro (Hititas, Celtas)
 Chegada dos celtas
 A Minería do Ferro
3. A linguaxe ligada a cultura do ferro
 Expresións lingüísticas
 Refráns
 Contos
4. Instrumentos e utensilios
 Instrumentos que usa o ferreiro(fotografías e debuxos)
 Pasos na elaboración dun fouciño, coitelo...
 A vida do ferreiro
5. Xeografía dos ferreiros
 Localización das principais ferrerías e ferreiros dos tres concellos(Riotorto,
A Pontenova, Fonsagrada)
 Estudio e evolución a través do tempo dunha ferrería
 Festas e eventos relacionados co oficio
 O futuro do oficio
►
Cronograma
Primeira Avaliación Segunda Avaliación Terceira Avaliación
-Presentación do
proxecto
-Sondaxe dos
coñecementos previos
-O Ferro e as súas
características
-Estudio dunha ferrería
-A vida dun ferreiro. As
súas ferramentas
-Festas e eventos
relacionados coa cultura
dos ferreiros
-Realizar unha ruta
relacionada co oficio e
recoñecer a vexetación
do entorno.
- Análise dunha obra
pictórica no que o oficio
- Elaboración de contidos
básicos sobre o tema:
-A minería do ferro
- Materias
- Ferramentas
-Expresións e refráns
-Historia (Idade dos
metais, pobos
dominadores da cultura
do ferro)
-Pasos a seguir na
elaboración dunha
ferramenta(coitelo,
fouciño...)
de ferreiro sexa tema
central.
- Birimbao. O son do
ferro.
- Elaboración do traballo
para a súa presentación
- Presentación usando un
blog onde se recollerán
todos os traballos.
MATERIAIS E RECURSOS
 Humanos (experiencias vividas por ferreiros de “vello” e algún novo que
se esté a dedicar a este oficio tradicional)
 Material bibliográfico que se poida atopar na biblioteca ou aportados
polos alumnos.
 Folletos, trípticos sobre eventos e festas que teñan como tema central o
ferro e os ferreiros.
 Soporte dixital ( móbiles, cámaras)
 Soporte informático para buscar e almacenar información.
 Uso dos elementos ABALAR
PRODUTO FINAL DESEXADO.
Cada pequeno grupo elaborará una presentación-resume de todo o traballo
realizado ( aparecerán fotos, vídeos, información sobre todo o realizado). A
presentación poderá ser en PowerPoint-Impres,MoviMaker-OpenShot).
Como produto final elaborarase un blog onde se reflictirá todo o traballo
realizado (documentos, vídeos, presentacións e un “making of” ).
INDICADORES DE ÉXITO DO PROXECTO. IMPACTO NA AULA.
O éxito do proxecto radicará na motivación, implicación e interese que se
observe por parte do alumnado. Será fundamental que sexan capaces de
investigar pola súa conta, de indagar e de confrontar información de maneira
autónoma. O impacto na aula virá marcado polas relacións grupais e a
asertividade que amosen os compoñentes do grupo-clase. Deberá notarse na
claridade de ideas á hora de exponer unha opinión, no momento de buscar
información,no momento de formular interrogantes sobre calquera tema
curricular.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
 Avaliarase tanto o proceso como o produto final mirando o nivel de
autonomía, a preparación do plan de traballo e a resolución dos
problemas por parte do alumnado
 Nivel de traballo e disciplina amosado polo alumno
 A capacidade mostrada polos alumnos/as para confrontar informacións e
elaborar sínteses e resumes delas.
 A capacidade de tomar decisións acertadas tanto individualmente como en
grupo
 Capacidade para escoitar e valorar as opinións dos demais
 A estrutura adecuada do traballo proposto
 A adecuación e variedade de fontes e de recursos, incluídas as TIC, no
desenvolvemento do proxecto, na realización escrita e na presentación
oral
 A riqueza e variedade da información recollida durante o proceso
investigador
 A corrección na expresión oral e escrita, así como uso adecuado e
variado de recursos gráficos ou audiovisuais e a presentación de
materiais
 A corrección na expresión oral e escrita, así como uso adecuado e
variado de recursos gráficos ou audiovisuais e a presentación de
materiais
 A disciplina, o esforzo e a capacidade de traballo individual e en grupo
 A calidade dos produtos dixitais, gráficos e informáticos elaborados
durante o proceso.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
1/3 da nota estaría reservado ao traballo realizado na aula
1/3 estaría relacionado co material aportado de xeito individual (aportación gráfica,
bibliográfica e dixital)
1/3 estaría reservado a unha proba obxectiva na que se incluirían cuestións relativas a
todo o traballado ao longo das diferentes actividades.
RÚBRICA ( aspectos lingüísticos , traballo na aula e emprego e uso das TIC))
SOBRESALIENTE NOTABLE APROBADO SUSPENSO
ASPECTOS
LINGÜÍSTICOS
-Textos excelentes.
-Vocabulario específico e
ben empregado
-Textos ben elaborados
empregando vocabulario
traballado
-Fallos en redacción e
vocabulario escaso,pero
específico.
-Pequenos erros
ortográficos.
-Redacción defectuosa e
-Erros en vocabulario e
ortografía
TRABALLO NA
AULA
-Inicia o traballo de
inmediato e non interrompe
aos compañeiros.
-Colabora aportando
información e soluciona as
dúbidas dos compañeiros.
-Inicia o traballo de
inmediato.
-Non interrompe aos
compañeiros e aporta
información.
-Cústalle iniciar o
traballo e a miúdo
interrompe aos
compañeiros, pero non
lle importa colaborar.
-Non inicia por si só o
traballo.
-Sempre espera ser
dirixido.
EMPREGO E
USO DAS TIC
- Organiza as fontes de
Realiza unha síntese da
información.
- Redacta informes e prepara
unha exposición coa
información recompilada no
software.
- É capaz de solucionar
problemas que lles xurdan
aos compañeiros.
- Garda axeitadamente a
información: URL,
vídeos e imaxes.
- Colabora e axuda nas
dificultades aos seus
compañeiros.
- Investiga cando xurde
algunha dificultada no
manexo de programas.
-É capaz de buscar
información a través dos
motores de búsqueda e
selecciona a máis
destacada, pero non
analiza.
- Non é capaz de
solucionar problemas no
manexo de programas.
- Non é capaz de buscar
información sen ser
dirixido/a.
- Dificultades no uso das
ferramentas informáticas
AUTORÍA E LICENZA
PAZ LÓPEZ TEIJO
Reconocimiento-NoComercial–SinObraDerivada
by-nc-nd

Recomendados

Descubrindo a Prehistoria por
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaJosé Luis González Arias
439 vistas36 diapositivas
Competenciasbasicas 1229192572616778-1 por
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1María Valbuena
238 vistas39 diapositivas
As competencias-básicas-galicia- por
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-María Valbuena
303 vistas39 diapositivas
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01 por
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01María Valbuena
235 vistas39 diapositivas
Competenciasbasicas 1229591132114421-1 por
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1María Valbuena
319 vistas39 diapositivas
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01 por
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01María Valbuena
145 vistas39 diapositivas

Más contenido relacionado

Similar a PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf

Proxecto Interdisciplinar V3 por
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3guest895d57
347 vistas26 diapositivas
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011 por
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011ludeiro
245 vistas5 diapositivas
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria por
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaMaría Valbuena
783 vistas130 diapositivas
Proxecto impresionismo por
Proxecto impresionismoProxecto impresionismo
Proxecto impresionismoMarta Pérez Lage
122 vistas5 diapositivas
Tache2 comment s`y prendre por
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
505 vistas18 diapositivas
Tarefa final l1301017 por
Tarefa final l1301017Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
1.1K vistas5 diapositivas

Similar a PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf(20)

Proxecto Interdisciplinar V3 por guest895d57
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3
guest895d57347 vistas
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011 por ludeiro
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
ludeiro245 vistas
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria por María Valbuena
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
María Valbuena783 vistas
Tache2 comment s`y prendre por EmmaFigueira
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
EmmaFigueira505 vistas
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura por Román Landín
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
Román Landín1.5K vistas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas por Maria Lemos Cerqueira
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
A integración das TIC na area de lingua e literatura por Román Landín
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
Román Landín770 vistas
Proxecto rianxo (pcpi) por Marlou
Proxecto rianxo (pcpi)Proxecto rianxo (pcpi)
Proxecto rianxo (pcpi)
Marlou293 vistas
Competencias basicas por linguatics
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicas
linguatics231 vistas
Competencias Basicas Xunta por ceiparua
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xunta
ceiparua443 vistas
As Competencias BáSicas Galicia por angelesares
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galicia
angelesares2.7K vistas
COMPETENCIAS BÁSICAS por oleiros
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
oleiros228 vistas
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica por Román Landín
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Román Landín539 vistas
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística por Román Landín
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Román Landín1.3K vistas
Competencias Basicas por guest5795fb9
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicas
guest5795fb9940 vistas
Competencias Básicas por contidos
Competencias BásicasCompetencias Básicas
Competencias Básicas
contidos280 vistas
Tui, historia e naturaleza por guillareta
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
guillareta687 vistas

Más de papoularosa

O traballo dun ferreiro por
O traballo dun ferreiroO traballo dun ferreiro
O traballo dun ferreiropapoularosa
283 vistas16 diapositivas
Cuestionario por
CuestionarioCuestionario
Cuestionariopapoularosa
102 vistas1 diapositiva
Cuestionario por
CuestionarioCuestionario
Cuestionariopapoularosa
123 vistas1 diapositiva
Tema 2 o relevo terrestre por
Tema 2 o relevo terrestreTema 2 o relevo terrestre
Tema 2 o relevo terrestrepapoularosa
1K vistas33 diapositivas
Achegamento ao tema por
Achegamento ao temaAchegamento ao tema
Achegamento ao temapapoularosa
482 vistas36 diapositivas
Un paseo pola vía ii por
Un paseo pola vía iiUn paseo pola vía ii
Un paseo pola vía iipapoularosa
220 vistas8 diapositivas

Más de papoularosa(20)

O traballo dun ferreiro por papoularosa
O traballo dun ferreiroO traballo dun ferreiro
O traballo dun ferreiro
papoularosa283 vistas
Tema 2 o relevo terrestre por papoularosa
Tema 2 o relevo terrestreTema 2 o relevo terrestre
Tema 2 o relevo terrestre
papoularosa1K vistas
Achegamento ao tema por papoularosa
Achegamento ao temaAchegamento ao tema
Achegamento ao tema
papoularosa482 vistas
Un paseo pola vía ii por papoularosa
Un paseo pola vía iiUn paseo pola vía ii
Un paseo pola vía ii
papoularosa220 vistas
O renacemento espanol por papoularosa
O renacemento espanolO renacemento espanol
O renacemento espanol
papoularosa378 vistas
A galicia medieval por papoularosa
A galicia medievalA galicia medieval
A galicia medieval
papoularosa321 vistas
EXERCICIOS REINOS CRISTIANOS por papoularosa
EXERCICIOS REINOS CRISTIANOSEXERCICIOS REINOS CRISTIANOS
EXERCICIOS REINOS CRISTIANOS
papoularosa213 vistas
Práctica impress por papoularosa
Práctica impress Práctica impress
Práctica impress
papoularosa161 vistas
A catedral de santiago por papoularosa
A catedral de santiagoA catedral de santiago
A catedral de santiago
papoularosa780 vistas
O feudalismo por papoularosa
O feudalismoO feudalismo
O feudalismo
papoularosa5.1K vistas
Letrasgalegas2012 por papoularosa
Letrasgalegas2012Letrasgalegas2012
Letrasgalegas2012
papoularosa236 vistas
Costa amalfitana presentación por papoularosa
Costa amalfitana presentaciónCosta amalfitana presentación
Costa amalfitana presentación
papoularosa178 vistas
Características da arte románica por papoularosa
Características da arte románicaCaracterísticas da arte románica
Características da arte románica
papoularosa1.1K vistas

PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf

  • 1. TÍTULO: Os ferreiros. Unha forma de vida ÁREAS: CCSS, CCNN, LINGUAS (Galego e castelán), MÚSICA e EPV. CONTEXTO E XUSTIFICACIÓN A aplicación ou desenvolvemento dos coñecementos que se poidan adquirir investigando sobre o tema proposto dentro de ámbitos como internet, o emprego de soportes informáticos ou a análise da información transmitida por medios audiovisuais e impresos constitúense como un elemento gratificante e motivador, e, asemade, unha aprendizaxe imprescindible para a adaptación do alumnado que chega de Primaria a unha nova etapa do ensino , como é a ESO. Na elección do proxecto tiven en conta a importancia e transcendencia que tivo nesta comarca o oficio (recuperouse o conxunto etnográfico en Ferreiravella) e desde as administracións inténtase que a xente nova volva a vista a esta actividade como unha forma de revitalizar o mundo rural e de asentar oficios que aínda teñen moito que aportar. Foi una actividade que,incluso a nivel lingüístico deixou pegada en apelidos con raíces vascas (Echevarría) e que se dan na zona onde o oficio se desenvolveu. Na actualidade os usos das ferramentas elaboradas polos ferreiros deben adaptarse a novos usos e modernizar os seus métodos de traballo. Estas terras situadas entre as terras de Miranda ( ás que facía referencia Cunqueiro) e a reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, contaron cunha tradición moi antiga de explotacións mineiras. Os ferreiros convertían o metal en ferramentas e útiles ( cravos, coitelos, rellas para arados e sobre todo fouciños para a sega...). As forxas, ferrerías e mazos abundaban por toda a xeografía local.. É un tema próximo aos alumnos/as e como tal pode ser motivador. A través do proxecto preténdese ,a través das Competencias básicas , canalizar as necesidades e intereses do alumnado. Poden desenvolverse todas, pero facendo fincapé nas seguintes:
  • 2. 1. Competencia en comunicación lingüística Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, as emocións e a conduta. Conseguirase:  Buscando información sobre o tema proposto  Interpretándoa  Seleccionándoa os datos en función da súa relevancia para o tema investigado  Confrontando diversas informacións  Resumindo os datos informativos  Comunicando de xeito oral e escrito os puntos fundamentais investigados Evidentemente esta competencia ten que ver co todo o proceso lingüístico( árrea de linguas). Actividades como a busca de expresións e refráns, información sobre os usos do ferro desde a antigüidade, relación e características das festas e eventos relacionados co ferro, elaboración dunha entrevista para un ferreiro…servirán para observar o progreso nesta competencia. 2. Tratamento da información e competencia dixital Consiste en dispor de habilidades para procurar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información até a súa transmisión en distintos soportes, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para se informar, aprender e comunicarse. Conseguirase:  Buscando información nas fontes dixitais  Seleccionándoa a información recollida  Resumindo os contidos obtidos das fontes dixitais  Comunicando informacións recollidas neses medios
  • 3. Esta competencia implica ter unhas habilidades básicas para enfrontarse ás novas tecnoloxías e ser capaz de usalas para elaborar un informe final(programas de imaxe, son e vídeo servirán para acadar resultados positivos nesta competencia) 3. Competencia para aprender a aprender Consiste en dispor de habilidades para se iniciar na aprendizaxe e ser quen de continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autónoma de acordo aos propios obxectivos e necesidades. Conseguirase:  Analizando o que se sabe e como se aprende  Coñecendo as propias capacidades e limitacións  Buscando estratexias para aprender  Aprendendo a solucionar problemas Esta competencia terá que ver, sobre todo, co traballo de tipo lingüístico e de investigación ,áreas de CCSS e CCNN( busca de información, elaboración de textos propios, traballo de campo…). 4. Autonomía e iniciativa persoal Esta competencia refírese á adquisición da conciencia e aplicación dun conxunto de valores e actitudes persoais interrelacionadas, como a responsabilidade, a perseveranza, o coñecemento de si mesmo e a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de calcular riscos e de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir riscos. Conseguirase:  Propoñendo camiños e líñas de acción  Relacionando ideas e conceptos  Analizando as informacións  Solucionando problemas
  • 4.  Decidindo os camiños a seguir Esta competencia será complementaria da anterior. O alumnado deberá amosar capacidade para indagar e buscar información e relacionar os diferentes feitos que determinaron a forma e modo de vida dos ferreiros e o que implicaría para a sociedade actual voltar ao mundo dos oficios tradicionais. Áreas de Sociais e Naturais ( evolución ao longo da Historia e as características naturais necesarias para que se poida desenvolver a actividade dos ferreiros. 5. Competencia social e cidadá Fai posible comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como comprometerse a contribuír á súa mellora. Integra coñecementos diversos e habilidades complexas que permiten participar, tomar decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das escollas e decisións adoptadas. Conseguirase:  Buscando, analizando, propoñendo, decidindo  Respectando aos demais  Escoitando as distintas opinións  Argumentando as propias Esta fomentarase a través do traballo en pequeno e gran grupo. DESCRICIÓN DO PROBLEMA Por que o mundo dos ferreiros tende á desaparición. Cales foron os condicionantes que levaron a esta situación. Será posible reverter esa tendencia?. Ten futuro o traballo do ferreiro?. Que instrumentos debería realizar para que esa actividade lle permitise vivir dese oficio tradicional. OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE 1. Aprender a se relacionar cos demais e a participar en actividades de grupo con actitudes solidarias e tolerantes.
  • 5. 2. Asimilar hábitos e estratexias de traballo autónomo que favorezan a aprendizaxe e o desenvolvemento intelectual do alumnado. 3. Analizar e interpretar de xeito reflexivo a información transmitida a través de diferentes fontes de información escritas, orais ou audiovisuais. 4. Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación para a xestión e a análise de datos, a presentación de traballos e informes. 5. Comprender e producir mensaxes orais e escritas para se comunicar e organizar o pensamento. 6. Saber interpretar e producir mensaxes que empreguen códigos artísticos, científicos e técnicos co fin de arrequentar as posibilidades de comunicación de forma precisa, creativa e comunicativa. 7. Valorar o patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia adoptando actitudes que favorezan a súa preservación e desenvolvemento. 8. Comprender a importancia do coñecemento do uso do galego como parte da nosa identidade colectiva e individual. 9. Utilizar correctamente os diferentes recursos dispoñibles na Biblioteca do centro así coma outros materiais de fontes diversos. SECUENCIA DETALLADA DE TRABALLO AGRUPAMENTOS:Flexibles en función da temática en cada momento. Traballo de campo(fotos, vídeos):individual e parellas Búsqueda de información: grupo pequeno. Actividades dirixidas ( composición escrita, resolución de exercicios): Individual. Elaboración de traballo final:Pequeno grupo. Exposición de traballo, saídas didácticas,visita dun ferreiro: gran grupo. TEMPORALIZACIÓN 1. O Ferro como elemento fundamental  O Fe, as súas características
  • 6.  Aplicacións do Ferro 2. A Historia ligada ao ferro  Historia: Idade dos metais  Pobos que dominaron o Ferro (Hititas, Celtas)  Chegada dos celtas  A Minería do Ferro 3. A linguaxe ligada a cultura do ferro  Expresións lingüísticas  Refráns  Contos 4. Instrumentos e utensilios  Instrumentos que usa o ferreiro(fotografías e debuxos)  Pasos na elaboración dun fouciño, coitelo...  A vida do ferreiro 5. Xeografía dos ferreiros  Localización das principais ferrerías e ferreiros dos tres concellos(Riotorto, A Pontenova, Fonsagrada)  Estudio e evolución a través do tempo dunha ferrería  Festas e eventos relacionados co oficio  O futuro do oficio ► Cronograma Primeira Avaliación Segunda Avaliación Terceira Avaliación -Presentación do proxecto -Sondaxe dos coñecementos previos -O Ferro e as súas características -Estudio dunha ferrería -A vida dun ferreiro. As súas ferramentas -Festas e eventos relacionados coa cultura dos ferreiros -Realizar unha ruta relacionada co oficio e recoñecer a vexetación do entorno. - Análise dunha obra pictórica no que o oficio
  • 7. - Elaboración de contidos básicos sobre o tema: -A minería do ferro - Materias - Ferramentas -Expresións e refráns -Historia (Idade dos metais, pobos dominadores da cultura do ferro) -Pasos a seguir na elaboración dunha ferramenta(coitelo, fouciño...) de ferreiro sexa tema central. - Birimbao. O son do ferro. - Elaboración do traballo para a súa presentación - Presentación usando un blog onde se recollerán todos os traballos. MATERIAIS E RECURSOS  Humanos (experiencias vividas por ferreiros de “vello” e algún novo que se esté a dedicar a este oficio tradicional)  Material bibliográfico que se poida atopar na biblioteca ou aportados polos alumnos.  Folletos, trípticos sobre eventos e festas que teñan como tema central o ferro e os ferreiros.  Soporte dixital ( móbiles, cámaras)  Soporte informático para buscar e almacenar información.  Uso dos elementos ABALAR PRODUTO FINAL DESEXADO. Cada pequeno grupo elaborará una presentación-resume de todo o traballo realizado ( aparecerán fotos, vídeos, información sobre todo o realizado). A presentación poderá ser en PowerPoint-Impres,MoviMaker-OpenShot). Como produto final elaborarase un blog onde se reflictirá todo o traballo realizado (documentos, vídeos, presentacións e un “making of” ). INDICADORES DE ÉXITO DO PROXECTO. IMPACTO NA AULA. O éxito do proxecto radicará na motivación, implicación e interese que se observe por parte do alumnado. Será fundamental que sexan capaces de
  • 8. investigar pola súa conta, de indagar e de confrontar información de maneira autónoma. O impacto na aula virá marcado polas relacións grupais e a asertividade que amosen os compoñentes do grupo-clase. Deberá notarse na claridade de ideas á hora de exponer unha opinión, no momento de buscar información,no momento de formular interrogantes sobre calquera tema curricular. CRITERIOS DE AVALIACIÓN  Avaliarase tanto o proceso como o produto final mirando o nivel de autonomía, a preparación do plan de traballo e a resolución dos problemas por parte do alumnado  Nivel de traballo e disciplina amosado polo alumno  A capacidade mostrada polos alumnos/as para confrontar informacións e elaborar sínteses e resumes delas.  A capacidade de tomar decisións acertadas tanto individualmente como en grupo  Capacidade para escoitar e valorar as opinións dos demais  A estrutura adecuada do traballo proposto  A adecuación e variedade de fontes e de recursos, incluídas as TIC, no desenvolvemento do proxecto, na realización escrita e na presentación oral  A riqueza e variedade da información recollida durante o proceso investigador  A corrección na expresión oral e escrita, así como uso adecuado e variado de recursos gráficos ou audiovisuais e a presentación de materiais  A corrección na expresión oral e escrita, así como uso adecuado e variado de recursos gráficos ou audiovisuais e a presentación de materiais  A disciplina, o esforzo e a capacidade de traballo individual e en grupo  A calidade dos produtos dixitais, gráficos e informáticos elaborados durante o proceso.
  • 9. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 1/3 da nota estaría reservado ao traballo realizado na aula 1/3 estaría relacionado co material aportado de xeito individual (aportación gráfica, bibliográfica e dixital) 1/3 estaría reservado a unha proba obxectiva na que se incluirían cuestións relativas a todo o traballado ao longo das diferentes actividades. RÚBRICA ( aspectos lingüísticos , traballo na aula e emprego e uso das TIC)) SOBRESALIENTE NOTABLE APROBADO SUSPENSO ASPECTOS LINGÜÍSTICOS -Textos excelentes. -Vocabulario específico e ben empregado -Textos ben elaborados empregando vocabulario traballado -Fallos en redacción e vocabulario escaso,pero específico. -Pequenos erros ortográficos. -Redacción defectuosa e -Erros en vocabulario e ortografía TRABALLO NA AULA -Inicia o traballo de inmediato e non interrompe aos compañeiros. -Colabora aportando información e soluciona as dúbidas dos compañeiros. -Inicia o traballo de inmediato. -Non interrompe aos compañeiros e aporta información. -Cústalle iniciar o traballo e a miúdo interrompe aos compañeiros, pero non lle importa colaborar. -Non inicia por si só o traballo. -Sempre espera ser dirixido. EMPREGO E USO DAS TIC - Organiza as fontes de Realiza unha síntese da información. - Redacta informes e prepara unha exposición coa información recompilada no software. - É capaz de solucionar problemas que lles xurdan aos compañeiros. - Garda axeitadamente a información: URL, vídeos e imaxes. - Colabora e axuda nas dificultades aos seus compañeiros. - Investiga cando xurde algunha dificultada no manexo de programas. -É capaz de buscar información a través dos motores de búsqueda e selecciona a máis destacada, pero non analiza. - Non é capaz de solucionar problemas no manexo de programas. - Non é capaz de buscar información sen ser dirixido/a. - Dificultades no uso das ferramentas informáticas AUTORÍA E LICENZA PAZ LÓPEZ TEIJO Reconocimiento-NoComercial–SinObraDerivada by-nc-nd