Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Boletin novembro 2015

564 visualizaciones

Publicado el

Boletín da parroquia San Francisco de Asís dos Tilos
Teo, A Coruña

Publicado en: Meditación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Boletin novembro 2015

  1. 1. BOLETIN PARROQUIAL Nº 184 - Novembro 2015 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS ORAR EN MISERICORDIA Fai uns días, escoitando a Sebastián Mora, secretario xeral de Cáritas Española, este provocaba nos presentes unha profunda reflexión, que non por sabida é menos profética: “A acción caritativa sen reflexión e sen oración non é acción cristiá, pois fáltalle o auténtico sentido de vinculación a Cristo Xesús”. A un mes do comezo do Ano Santo da Misericordia, a actitude crente ante as catorce obras de misericordia, ampliables a vinteoito, non debe ser outra que a de facelas vida en oración confiada. Calquera persoa de ben pode practicar as obras de misericordia, pero o cristián identifica a súa acción caritativa cando as une, en oración, á vida persoal e á vida comunitaria da Igrexa. Hai outro aspecto importante a ter en conta. Precisamos o perdón de Deus, pois aínda que Deus “como Pai misericordioso" nos garante o seu perdón, non é menos certo que nós “como fillos” debemos recoñecer o noso pecado: “Pai, pequei contra o ceo e contra ti...” Preparémonos, en oración confiada, para o comezo do Ano Santo da Misericordia. COMPROMISO DE CRENTE Non sei se vos pasa a vós, pero a min si que me pasa. Explícome: cando algo non vai ben ou non funciona como debese a nivel social, parroquial ou eclesial, sempre tendo a buscar responsables, que non culpables, fóra de min, nas autori- dades competentes. Pásavos a vós? Ó mellor esta é a explicación máis fácil para que as cousas non funcionen como deben, non funcionen ou sigan sen solución. Poñamos un exemplo calquera a nivel familiar, veciñal, parroquial ou municipal; non vaiamos a niveis supra parroquiais de tipo autonómico ou estatal. Constatamos, como crentes, que a presenza eclesial cada día é menos presenza viva. Non busquemos razóns ollando cara a tempos pasados nin cara a esferas superiores. Constatamos que a sociedade, cada día, está máis secularizada e, polo tanto, a influencia da relixión na sociedade perde importancia e presenza. A pregunta que me fago e vos fago é a mesma: podo facer algo, poñer algo da miña parte para que a miña presenza de persoa crente se vexa nas palabras e nos feitos? Concretando: - Se miro os máis necesitados, incluídos os refuxiados e inmigrantes, podo participar activamente en Cáritas ou noutra entidade de axuda? - Se miro as celebracións litúrxicas, son así porque a culpa é da idade do clero ou porque non me comprometo a participar activamente como: lec tor, cantor, etc.? A vida parroquial será máis activa na medida en que eu participe, propoña ideas, non para que as executen outros senón para sentirme tamén actor. Na Igrexa, na parroquia, na sociedade, somos os que somos, pero non podemos quedarnos na lamentación senón no compromiso. Ademais do que se fai na parroquia, imos comezar a reunirnos no grupo parro- quial para achegar propostas para o sínodo diocesano. No mes de decembro, o día 8, comeza o Ano Santo da Misericordia; temos previstas actividades pero admítense suxestións para esta ou outras actividades. Podemos contar contigo? Achega ideas, intégrate nalgunha comisión, participa activamente. Serás ben recibido/a. Benjamín.
  2. 2. Obras de misericordia Aquel antigo catecismo que as pasa- das xeracións tiveron que memorizar, lembraban todo o que debía ter como consecuencia o amor cristián; eran as chamadas obras de misericordia que, se se cumprían, tiñan como recom- pensa o que Xesús nos prometera no Sermón da Montaña: “Ditosos os misericordiosos porque acadarán misericordia”. Eran verdadeiros actos de caridade que nacían do man- dato de Xesús: “Amádevos uns a outros como eu vos amei”. O mandato segue vixente nestes tem- pos de abundancia e benestar inxus- tamente distribuído. Corporais: - Dar de comer ao famento. - Dar de beber ao sedento. - Vestir o espido. - Acoller o forasteiro. - Asistir os enfermos. - Visitar os que están na cadea. - Enterrar os mortos. Espirituais: - Dar consello ao que o necesita. - Aprender ao que non sabe. - Corrixir ao que erra. - Consolar ao triste. - Perdoar as ofensas. - Soportar con paciencia as persoas molestas ou inoportunas. - Rogar a Deus polos vivos e polos defuntos. PARROQUIA VIVA 1.- Festa de Todos os Santos. 2.- Misa por todos os familiares e veciños defuntos ás 20 h. 25.- Reunión do grupo de Cáritas ás 20:30 h. 29.- Primeiro Domingo de Advento. A PALABRA DE DEUS Misericordiosos como o Pai Cando rezamos co salmo 102: “Deus perdoa todas as túas culpas e cura todas as túas enfermidades; rescata a túa vida do foso e énchete de graza e amor entrañable”, consideramos desde dentro de nós os sentimentos máis profundos e viscerais de onde saen as reaccións con máis sensibili- dade. As entrañas de Deus están cheas de amor, de tenrura e de mise- ricordia. Non se trata, pois, de emo- cións ocasionais senón de respostas sinceras e comprometidas. Hai moitos salmos que nos axudan a afondar na idea entrañable da miseri- cordia, coma no salmo 146 no que lemos: “O Señor libera os cativos, abre os ollos dos cegos e levanta o caído; o Señor protexe os estranxei- ros e sustenta o horfo e a viúva; o Señor ama os xustos e frea no cami- ño os malvados. Tamén o salmo 147 cando di que “O Señor sanda os corazóns aflixidos e venda as súas feridas”. Deus é aquel que está presente, pró- ximo, providente, santo e misericor- dioso. O mesmo salmo 102 nos axuda a valorar a recompensa que o crente recibe de Deus porque é rico en misericordia: “Bendí, alma miña, ao Señor, e non esquezas os seus bene- ficios”. XUBILEO DA MISERICORDIABautismos: Juán Vieiro Lareo, de José Antonio e Cristina (14-06-2015) Ángel Adrián e Mariana Rodríguez Cobas, de Carlos Osvaldo e María Gabriela (25-10-2015) Defuncións: Alberto José Menéndez Alonso, dos Tilos (14-06-2015) Jesús Oriente Varela Fariña, de Cobas de Arriba (16-10-2015) ACONTECEMENTOS Cáritas nace en 1947 e como diocesa- na de Santiago en 1965. En 1997 celebrou Cáritas española os 50 anos de solidariedade e este ano (7 de novembro) celebrámolo na nosa Diócese. Naquela ocasión elabórase un exce- lente documento sobre a Identidade de Cáritas, que segue vivo e vixente, no que se establece a Cáritas como “lugar de encontro da comunidade cristiá para un mellor servizo aos pobres”. Por tanto, é a parroquia, como comunidade, a base da acción caritativa por razón da súa proximi- dade cos pobres e pola experiencia concreta do compartir. O Papa Francisco convócanos a todos os cristiáns para que durante un ano, a partir do próximo 8 de decembro, vivamos dun xeito especial e intenso que, como o samaritano na parábola do Evanxeo, se compadece do ferido na beiravía cun amor compasivo, con entrañas de misericordia, para que co seu favor se recupere das súas feridas, poñendo todos os medios posibles para que iso ocorra. Deste xeito, o samaritano pónolo Xesús de exemplo e modelo a imitar nun mundo onde os feridos se contan por milleiros e as súas doenzas non son suficientemente socorridas. ¡Ditosos os misericordiosos...! CÁRITAS

×