Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Boletin octubre 2015

725 visualizaciones

Publicado el

Boletín de octubre de la parroquia de San Francisco de Asís de Los Tilos - Teo - A Coruña
¡INICIO DE CURSO!

Publicado en: Meditación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Boletin octubre 2015

  1. 1. PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASIS OS TILOS INFORMACIÓNS A TER EN CONTA CATEQUESE INFANTIL E DE ADOLESCENTES Domingos: ás 11 da mañá. Comenza aos 6 anos. (1º de Primaria). Segue despois da Primeira Comuñón. Aos 12 anos hai dúas opcións: Continuar en grupos de catequese ou integrarse en grupos XEC. Os mozos e mozas confirmaranse, se están preparados, aos 18 anos. CATEQUESE ADULTOS Grupo de formación cristiá para xente xove e adulta, o día e a hora sinálase de acordo co catequista. COMISIÓNS PARROQUIAIS Hai catro comisións que conforman o Consello Pastoral Parroquial: · Cáritas: Atende os máis desfavorecidos. Tamén trata de sensibilizar á comunidade e promover a comunicación cristiá de bens, así como un novo estilo de vida menos consumista. · Evanxelización: Catequese, Biblia, Adultos, XEC. Os catequistas reúnense semanalmente antes da catequese. Grupos de coordinación por niveis. · Liturxia: Lecturas da misa, adorno e limpeza do Templo, Coro (voces e instrumentos), preparación das celebracións. · Economía e obras: Control de ingresos e gastos, obras de mantemento e novas iniciativas. MISAS Diarias: Domingos e Festivos: De Setembro a Xullo: ás 10 e ás 12. En Agosto: ás 11. Véspera de Domingos e Festivos: Setembro - Xullo: (en galego). Agosto: ás 21 (en galego). OUTUBRO 7 4 NOVEMBRO 1 2 Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 19. 25 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. DECEMBRO 8 Festa da lnmaculada Concepción. 25 Nadal. Só haberá misa ás 12. 27 Festa da Sagrada Familia. XANEIRO 1 Festa de Santa María, Nai de Deus. Só haberá misa ás 12. 6 Festa dos Reis Magos. 10 Prosegue o curso catequético, ás 11. FEBREIRO 2 Presentación doSeñor.Bendición das candeas, ás 19. 5 Cea de Mans Unidas, ás 21. 7 Xornada de Mans Unidas. Colecta. 24 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. MARZO 10 Mércores de Cinza. Xornada de xaxún e abstinencia que sinala o comezo da Coresma. ABRIL MAIO XUÑO Festa do noso patrón. Eucaristía solemne ás 12, presidida polo Sr. Arcebispo. Logo da Eucaristía, festa do compartir no salón actos da Asociación. Os alimentos e as bebidas deben traerse antes das 11,30. 29 Primeiro domingo de Advento. 22 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30. 24 Xornada da Infancia misioneira. 27 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. BOLETÍN PARROQUIAL Curso 2015 - 2016 Número 183 PAZ E BEN O día 4 de Outubro, domingo, celebramos a festa de S. Francisco, o noso patrón, con ela rematamos as celebracións das vodas de prata parroquiais. Celebracións que comezaron hai dous anos coa visita ao Museo de Terra Santa, no convento de S. Francisco, en Santiago; logo, uníndonos ás celebracións da peregrinación de S. Francisco de Asís a Santiago (hai 800 anos), fixemos o camiño de Santiago dende o Cebreiro rematando nunha celebración eucarística na Catedral. Hai un ano peregrinamos a Roma e a Asís, traendo con nós o Cristo de S. Damián para entronizar no noso templo. No Nadal pasado un grupo de entusiastas peregrinas a Asís reproduciron o belén vivinte, como fixera, noutrora, S. Francisco. Seguindo coas actividades programadas, tivemos un ciclo de cineforum, centrado na figura de S. Francisco, dirixido polo profesor Luís Hueso. Os nenos da catequese tamén fixeron un concurso de redacción sobre a figura do noso patrón. Finalmente, coincidindo co XIX aniversario da bendición e inauguración do templo e do complexo parroquial, unha comisión traballou moi intensamente para reunir a parroquia en torno a unha grande festa que culminou cun xantar campestre (250 persoas) na finca parroquial. Agora chegamos ao remate das celebracións: O día 1 de Outubro do ano 1990comezaba, oficialmente, a parroquia de S. Francisco de Asís dos Tilos, se ben xa estaba activa dende había dous anos. Chega o gran día. Así como hai 19 anos era D. Julián quen nos visitaba para bendicir o templo parroquial, o día 4 de Outubro volveu, de novo, para presidir a solemne eucaristía como punto final e cumio destas vodas de prata. A vida parroquial segue. O patrocinio e testemuño de S. Francisco segue vivo e actual. A encomenda que lle facía Xesús a Francesco: “Restaura a miña igrexa”, non debe quedar na restauración da fachada material senón que somos invitados, individualmente e como parroquia, a restaurar a vida da igrexa e a dar testemuño vivo. As propostas, para este curso 2015-2016, céntranse no plan diocesano: - O ano santo da misericordia, proclamado polo papa Francisco, que comezará o próximo 8 de Decembro para rematar o 20 de Novembro do 2016. - Os obxectivos son: contemplar, anunciar, celebrar, vivir, e renovar a misericordia. - Renovar a implicación e o compromiso nos grupos de reflexión sinodal, preparatorios ao Sínodo diocesano. As actividades irémolas desgranando ao longo do curso segundo se propuxeron na asemblea parroquial do 19 de Setembro pasado. !Fagamos noso, pois, o legado feito ao noso patrón¡ FRANCISCO, “RESTAURA A MIÑA IGREXA” Preinscricións para a cataquese durante o mes de Setembro Da última semana de Outubro ata a última de Marzo: ás 19. Da última semana de Marzo ata a última de Outubro: ás 20. Coincidindo co cambio horario. Benjamín Roo, párroco. Reunión do grupo de catequistas, ás 20:30. 11 Comeza a catequese, ás 11 da mañá, seguido da misa ás 12. 17 Cantando no serán. VIII encontro de Corais, no templo parroquial, ás 20,30 horas, coa participación de: - Coral polifónica de Carboeiro. - Coral polifónica de Moaña. - Grupo de canto Aleceia. Orgaíza: Grupo de Canto Aleceia. 18 Día do Domund (Xornada mundial das misións). 23 Pleno do Consello pastoral parroquial, ás 20,30. 28 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30 . Domingo. Festa de Todos os Santos. 16 Reunión do grupo de Cáritas. 20 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. 6 Celebración comunitaria da penitencia, ás 11. 13 Asemblea parroquial económica, ás 12,30 . 19 Festa de S. Xosé. 20 Domingo de Ramos. Bendición dos Ramos, antes da misa de12. 24 XOVES SANTO. Celebración da Cea do Señor, ás 20. 25 VENRES SANTO: Celebración da Paixón e Morte do Señor,ás 18. 26 SÁBADO SANTO. Vixilia pascual e misa, ás 23. 27 DOMINGO DE PASCUA DE RESURRECCIÓN. Só hai misa ás 12. 30 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 2 Prosegue o curso de catequese 27 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 1 Domingo. Día do enfermo. Unción comunitaria de enfermos. 8 Ascensión do Señor. 15 Pentecoste. Confirmacións ás 12. 22 Santísima Trindade. 25 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30 29 Festa do Corpus Christi. Día da Caridade. CALENDARIO CONSELLO PASTORAL DA PARROQUIA DOS TILOS CURSO 2015-2016 3 Pleno do Consello parroquial, ás 20,30. 5 XX aniversario da bendición e inauguración do templo parroquial. 11 Excursión das familias da catequese e da parroquia. 12 Remata o curso de catequese. 18 Comida parroquial, ás 14. 25 Celebración comunitaria do perdón, ás 18. 26 Primeiras comuñóns, ás 12. 29 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20:30. XULLO 3 Primeiras Comuñóns, ás 12 da mañá. SETEMBRO 20 Asemblea parroquial preparatoria do novo curso. Xornada parroquial de Cáritas, primeiro domingo de mes. Formación de catequistas, domingos de 10:30 a 11:00. Reunión da Comisión de Cáritas, últimos mércores ás 20:30. Oración comunitaria, últimos xoves ás 20:30. Ensaio do coro parroquial, os venres de 20:30 a 22:00. Actividades e celebracións Camiño de Santiago. Reflexións no grupo sinodal. ás 20
  2. 2. UNHA PARROQUIA QUE SERVE ATENCIÓN PARROQUIAL Horario: 6:30 - 7:30 da tarde. (tódolos días, menos sábados e domingos). Horario extra: Concertar por tef.: 981 801 315. CENSO PARROQUIAL Unha maneira de sentirse membro da parroquia é censándose nela. Hai uns impresos na parroquia para facelo. ECONOMÍA PARROQUIAL Tódolos servicios parroquiais son gratuítos, excepto para aquelas persoas que, podendo, non colaboranno sostemento da vida parroquial. Isto quere dicir que de- bemos colaborar economicamente a sufragar os gas- tos da parroquia. Tódolos ingresos, gastos e obras son xestionadas pola Comisión de Economía e Obras da parroquia. Hai xente que aporta libremente (ben por domici- liación bancaria ou ben persoalmente) unha cota fixa ó mes. Outros fano con donativos. Hai algunhas familias que non poden colaborar e pro- cúrase axudalas. Trátase de compartir. Cada ano, na Asemblea Parroquial, infórmase ós colaboradores, comunícanselles tódolos ingresos e gastos. Cremos que a mellor forma de colaborar é a de cotas mensuais con domiciliación bancaria, pois, dese xeito, podemos programar o ano contando xa cuns fondos fixos. Tódalas aportacións económicas (cotas ou donativos) desgravan na Declaración da Renda (15%). A Parro- quia envíalle certificado a cada colaborador a princi- pios de ano. CELEBRACIÓNS SACRAMENTAIS BAUTIZOS Celebraranse os primeiros domingos de mes na misa pa- rroquial das 12. Tamén os terceiros sábados de mes ás 8 do serán. Avisar con tempo na parroquia para a súa preparación. CONFIRMACIÓNS Preparación semanal durante, polo menos, dous cursos a partir dos 16 anos. Ademais se hai adultos que des- exen confirmarse haberá preparación durante este curso en horario a convir. ENFERMOS (VISITAS) Para a visita ós enfermos, débese avisar ó párroco no teléfono 981 801 315. MATRIMONIOS Avisar na Parroquia 2 ou 3 meses antes do Matrimonio. É moi importante a preparación. Hai encontros de noivos (primeira semana do mes) ou cursiños (última semana). PENITENCIA Haitrescelebraciónscomunitariasconconfesiónindividual. Tamén se pode solicitar, sempre que se desexe, contac- tando co párroco. PRIMEIRAS COMUÑÓNS Dous cursos de preparación: ós 7 e 8 anos. Celebracións comunitarias. A partir do mes de Decembro, reunións cos pais/nais os terceiros venres de mes. D./Dª. con domicilio en Teléfono NIF desexa contribuír coa economía parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos (Teo) cunha cota mensual de € a cargar na conta Os Tilos, de de 200 Asinado: D./Dª. con domicilio en Teléfono DNI Desexa participar en: Comisión de Cáritas Comisión de Evanxelización: como catequista como catequizando Comisión de Liturxia coro (canto ou instrumento) decoración lector limpeza celebracións Comisión de Economía e Obras UNHA PARROQUIA QUE TAMÉN É TÚA Aportación económica á parroquia Colaboración coa parroquia En todas as comisións se necesitan colaboradores. Infórmate na Parroquia; sempre serás benvido. Fai chegar os teus datos á parroquia. ¡Garda este boletín, pode serche útil! GRAZAS. 25 ANOS DE HISTORIA A celebración do 25 aniversario da parroquia estivo presedida polo noso Arcebispo, Don Julián, e coincidiu coa intronización do Cristo de San Damiano e a inauguración da fachada en pedra do edificio e templo parroquial. O lucernario representa a cruz de Cristo que se espalla e fai presente na creación e no universo. Esta cruz irrádiase aos catro ventos para chegar a todos co testemuño de Cristo que se fai vida a través de todos os crentes. O centro da vida parroquial xira na contorna da resurrección, representada na imaxe do Cristo que nos preside, alimentada pola mesa da Eucaristía e da Palabra, co testemuño vivo de María, nosa Nai, e de San Francisco de Asís, o noso patrono.

×