Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Boletin xuño 2015 nº 182

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Próximo SlideShare
Boletin novembro 2015
Boletin novembro 2015
Cargando en…3
×

Eche un vistazo a continuación

1 de 2 Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Anuncio

Boletin xuño 2015 nº 182

  1. 1. BOLETIN PARROQUIAL Nº 182 - Xuño 2015 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS No anterior boletín do mes de Maio invitábavos a unha reflexión ante as vodas de prata parroquiais, reflexión que se centraba nas características dos vintecinco anos de vida dunha comunidade: madurez, compromiso, experiencia, o realizado e o non realizado tanto a nivel individual como colectivo. Remataba o artigo facéndome e facéndovos unha pregunta: ¿Non vos parece unha boa ocasión, a das vodas de prata, para dar un paso adian- te para formar parte das diferentes comisións e ofrecerte a servir á comuni- dade no teu tempo libre? Pois ben, o primeiro gran acto desta celebración, será o 7 de Xuño, ó que todos estades invitados. O segundo gran acto será o 4 de outubro, festa de S. Francisco de Asís, o noso patrón. Ese día celebrarao con nós o noso querido Sr. Arcebispo, D. Julián. Coincidirá co cume da celebración das vodas de prata e comezo do curso pastoral parroquial. Previamente teremos a asemblea parroquial pre- paratoria do novo curso, que será o 19 de Setembro, sábado, en horario de mañá. ¡Que bo colofón sería, aproveitando a presenza do Sr. Arcebispo, presentar- lle a todos os colaboradores das diferentes actividades parroquiais e, ó mesmo tempo, a programación das actividades pastorais no novo curso 2015-2016! Pensa, comprométete e participa na asemblea de comezo de curso e na gran celebración eucarística, ás 12 da mañá, do día 4 de Outubro e, logo, no compartir no salón de actos da Asociación. Benjamín PARROQUIA, EUCARISTÍA E ACOLLIDA Que a celebración dos 25 anos –VODAS DE PRATA– da parroquia coincida coa festa de Corpus Christi é unha afortunada coincidencia chea de simbolismo. O cerne dunha parroquia é o seu templo, o seu referente o altar ou mesa na que Xesús se ofrece por amor e se nos ofrece como alimento, así como o sagrario no que permanece como veciño fiel que ás veces, en circunstancias especiais, se nos ofrece como viático ou alimento para os momentos difíciles ou como amigo para ser visitado e consultado en oración. Por tanto, a parroquia ven ser un lugar euca- rístico que nos presenta a Xesús como “camiño, verdade e vida”. Camiño por ser centro e referente, lugar de encontro e de acollida. No templo con- flúen todos os camiños. Verdade porque proclama a Palabra, mantén viva a Fe, alenta a esperanza fronte ás dificultades da vida e constrúe comunidade e fraternidade. Vida que nace coa auga bautismal e que se alimenta cos sacramentos, especialmen- te, co do Corpo e Sangue de Cristo. Pola caridade facilita que os máis débiles encontren apoio e favor. Esta forza só se mantén pola presenza de Xesús que permanece entre nós e polo servizo que a propia comunidade establece para apoiar aos irmáns caídos e facili- tar a vida aos que teñen dificultades. A chamada que nos fai Cáritas dentro da súa campaña anual do Día da Caridade: “Unha soa familia, alimentos para todos”, fainos pensar nunha visión universal para que nos esquezamos que, segundo a FAO, hai uns 805 millóns de persoas con fame crónica no mundo, o que constitúe un verdadeiro motivo de escándalo, xa que sabemos que hai alimentos suficientes para todos e que a fame se debe á mala dis- tribución dos bens e da renda, problema que aumenta polo mal uso deses bens e dos alimentos. A celebración festiva, nesta data tan importante, non pode permitir que nos esque- zamos do gran papel que xogamos cada cristián, cada familia e cada comunidade. Pode axudarnos a compréndelo aquela frase memorable do Papa Francisco: “A medida da grandeza dunha sociedade –nós podémolo aplicar á nosa parroquia– está determinada pola forma en que trata a quen está máis necesitado, a quen non ten máis que a súa pobreza”. A parroquia hase distinguir sempre por ser lugar de celebración eucarística, de fra- ternidade e de acollida.
  2. 2. Seguro que haberá cambios na con- cepción pastoral das parroquias, pero o seu matiz de comunidade viva e depositaria dunha fe coherente co Evanxeo, hase manter para dar res- posta ás necesidades espirituais e humanas das novas xeracións. Este ano de celebracións debe axu- darnos a ir conseguindo unha maior autenticidade e compromiso cristián. O sentido de Igrexa mentense vivo coa presenza, primeiro, do bispo auxiliar, D. Jesús; nesta data coa pre- senza do vicario territorial, D. José Antonio; e na próxima festa de San Francisco coa presenza do noso arce- bispo, D. Julián. Todos xuntos celebramos “unha soa fe, un só bautismo e un só Señor…”. PARROQUIA VIVA 5.- Pleno do Consello pastoral Parroquial, ás 20,45. 7.- Festa de Corpus Christi. Día nacional da Caridade. XIX aniversa- rio da consagración do templo parro- quial e celebración das vodas de prata parroquiais (ver programa aparte). 13.- Viaxe-excursión a Marcelle Natureza, como fin do curso cate- quético. 14.- Remata o curso de catequese. 15.- Comeza a preparación intensiva dos nenos/as da Primeira Comuñón, ás 7 da tarde. 24.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 27.- Celebración do perdón, ás 6 da tarde 28.- Primeiras Comuñóns, as 12 da mañá. 5 de Xullo: Primeiras Comuñóns, ás 12 da mañá (en galego). DÍA DA CARIDADE Con motivo desta celebración, o Papa Francisco, anímanos a ser solidarios: “Encontrámonos ante un escándalo mundial de case mil millóns de perso- as. Mil millóns de persoas que aínda sofren fame hoxe, non permiten mirar a outra parte, finxindo que o problema non exista. Os alimentos que hai a dis- posición hoxe no mundo abondarían para quitar a fame de todos. A parábola da multiplicación dos pans e os peixes ensínanos precisamente iso: cando hai vontade, o que temos non se esgota, mesmo sobra e non se perde. Por iso, queridos irmáns e irmás, inví- toos a que fagan un lugar no seu cora- zón para esta urxencia, respectando ese dereito que Deus concedeu a todos, de ter acceso a unha alimentación axeitada. Compartamos o que temos, con carida- de cristiá, con todos aqueles que se ven obrigados a facer fronte a numerosos obstáculos para satisfacer unha nece- sidade tan primaria e, á vez, sexamos promotores dunha auténtica coopera- ción cos pobres, para que a través dos froitos do seu traballo e do noso traba- llo poidan vivir unha vida digna”. Só o amor constrúe a paz. Nos Tilos debemos ser promotores desa paz de Xesús. CÁRITASSUPERCELEBRACIÓN Este mes iníciase –domingo 7– coa solemne e festiva celebración das VODAS DE PRATA parroquiais. Son 25 anos cheos de dificultades, historias e ilusións desde que un grupo de fregueses entusiastas se puxeron en marcha para configurar unha parroquia desde a súa base humana e crente. Entre as primeiras aventuras estivo a idea de construír un complexo parro- quial no que o templo fose o elemen- to central. O proceso construtor levou un tempo pero rematou con éxito en tempo récord coa xenerosa colaboración de todos. No transcurso destes anos, coa imprescindible colaboración inicial dalgún crego e, sobre todo, do noso párroco Benjamín, foron quen –todos eles– de contaxiar aquel espí- rito intrépido aos que nos fomos incorporando ou foron nacendo den- tro da propia comunidade. O camiño segue e estamos seguros que aínda nos queda moito que facer, pero tamén confiamos en que o teste- muño dos que tanto se sacrificaron dará froito abundante para que os máis mozos, que tanto recibiron da parroquia, se incorporen para manter unha parroquia viva que responda ás necesidades espirituais e humanas que demandan uns novos tempos. ACONTECEMENTOS Bautismo: Alejandro Martínez Sánchez, de Pablo e Beatriz (24-05-2015)

×