SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 31
CURSO 2014/2015
IES PEDRO FLORIANI
GUÍA DE ORIENTACIÓN
ACADÉMICA E PROFESIONAL
4º ESO
IES PEDRO FLORIANI
INTRODUCCIÓN.
CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN
Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E
recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a
opinión da túa familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o
asesoramento dos titores e do orientador.
Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información,
non obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O
contido prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o
desenvolvemento da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS.
A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos,
aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros
aspectos, confrontados coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes
acceso.
Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques:
A. Coñecemento de si mesmo.
Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa
traxectoria en cada unha das materias que estudaches e sobre as características
das diferentes actividades profesionais.
B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais.
É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos
e profesións que tes ó teu alcance e as características daquelas que máis van ós
teus intereses. En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos
formativos, centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de
corte, direccións de interese...
C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide!
INFÓRMATE E DECIDE. E o curso que vén qué?
Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o
decidirei ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para
non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti.
Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade
insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses
moi claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que
cunha boa organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender superarás a
maior parte do que te propoñas.
O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos
caso é pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser,
pola falta de esforzo ou capacidade de sacrificio.
Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre
as seguintes cuestións:
1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen
e ás que terías acceso.
2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira
consensuada con eles.
3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos.
4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti.
5. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.
Para ter unha información adecuada, terás:
1. Información xenérica do orientador.
2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Instituto.
3. O taboleiro do Departamento de Orientación, onde o orientador porá
información moi interesante e actualizada.
4. As sesións informáticas de buscar información académica realizadas no Instituto
en horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2014/2015, ou no
blog:
FLORIENTA: http://florienta.blogspot.com.es/
Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para
tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte
de estudar moitísimo para sacar o título da ESO terás que
investigar todas as posibilidades que tes ó teu alcance para
tomar a mellor decisión para a túa vida académico-profesional.
BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO.
1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES.
Cuestionario sobre estudios
Apelidos e nome............................................................................
Idade:..............Curso:.....................................Data...........................
2. Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde.
1................................................. 4....................................................
2................................................. 5....................................................
3................................................. 6....................................................
3. As que che resultan máis difíciles son:
1................................................ 4...................................................
2................................................ 5..................................................
3................................................ 6..................................................
4. ¿En que materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas?
1(+)................................................ 1(-)...................................................
2(+)................................................ 2(-)...................................................
3(+)................................................ 3(-)...................................................
5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas)
(+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas.
(+)Influíu a sorte. (-)Influíu a mala sorte.
(+)Tes interese nesa materia. (-)Pouco interese pola túa parte
(+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores
(+)Outras: ........................................... (-)Outras: ...........................................
6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta)
Moi favorable.
Simplemente favorable.
Móstranse indiferentes ante os meus estudos.
A súa influencia é algo perxudicial.
A súa influencia é moi perxudicial.
7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas)
Os teus sistemas e formas de estudar.
A túas actitude ante os exames.
A túa forza de vontade e constancia.
A túas postura ante as tarefas do Instituto.
Os teus hábitos de lectura.
.................................................................
NOTAS DE 4º ESO
Número de materias suspensas e nome das materias
PENDENTES ¡
1º AVALIACIÓN
2º AVALIACIÓN
3º AVALIACIÓN Previsión: (cantas pensas suspender?)
SETEMBRO Posibilidades de aprobar todo en setembro ¨ si
¨non
BACHARELATO OU CICLO QUE PENSAS FACER NO PRÓXIMO CURSO
DEIXAR DE ESTUDAR
BACHARELATO
CICLO
RESULTADO DAS PREFERENCIAS PROFESIONAIS
1º.-
2º.-
3º.-
Redondela a …………… de ………………. de 2015
sinatura
2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS.
INFORMACIÓN/ORIENTACIÓN ACADÉMICA
E PROFESIONAL - 4º ESO
NOME: APELIDOS: DNI:
Con fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un
listado de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles
diferentes test psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses.
Esta sesión farémola na sala de informática do Instituto.
Entre os test que faremos estarán.
- “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses
profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das
distintas modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións
lle interesan máis.
Pódelo atopar en:
http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm
FLORIENTA: http://florienta.blogspot.com.es/
- “Test de preferencias Orienta 2014/2015”. Dous test que pertencen ao
programa Orienta 2014/2015 de Julián Sádaba.
ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.
A) TEST DE BACHARELATO:
B) TEST ORIENTA 2014/2015
BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.
3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO
As alternativas segundo a LOMCE están reflectidas no seguinte cadro:
4. O BACHARELATO
O Bacharelato LOMCE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3
modalidades diferentes: Artes, Ciencias, Humanidades e Ciencias sociais.
1º BACHARELATO DE CIENCIAS
MATERIAS HORAS
XERAIS
FILOSOFÍA 2
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3
LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3
INGLÉS 3
MATEMÁTICAS I 4
TRONCAIS
Elexir dúas
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4
DEBUXO TÉCNICO I 4
FÍSICA E QUÍMICA 4
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN FÍSICA 2
Elexir entre dúas e tres
ANALIXE MUSICAL I 3
ANATOMÍA APLICADA 3
CULTURA CIENTÍFICA 3
DEBUXO ARTÍSTICO I 3
DEBUXO TÉCNICO I 3
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3
RELIXIÓN 1
SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3
TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3
VOLUME 3
MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1
UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4
1º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
MATERIAS HORAS
XERAIS
FILOSOFÍA 2
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3
LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3
INGLÉS 3
LATÍN I (Itinerario de humanidades) 4
MATEMÁTICAS APLICADAS AÁS CIENCIAS SOCIAIS I (Itinerario
de ciencias sociais)
4
TRONCAIS
Elexir dúas
ECONOMÍA 4
GREGO I 4
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 4
LITERATURA UNIVERSAL 4
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN FÍSICA 2
Elexir entre dúas e tres
ANALIXE MUSICAL I 3
ANATOMÍA APLICADA 3
CULTURA CIENTÍFICA 3
DEBUXO ARTÍSTICO I 3
DEBUXO TÉCNICO I 3
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3
RELIXIÓN 1
SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3
TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3
VOLUME 3
MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1
UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4
1º BACHARELATO DE ARTES
MATERIAS HORAS
XERAIS
FILOSOFÍA 2
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3
LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3
INGLÉS 3
FUNDAMENTOS DA ARTE I 4
TRONCAIS
Elexir dúas
CULTURA AUDIOVISUAL I 4
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 4
LITERATURA UNIVERSAL 4
ESPECÍFICAS
EDUCACIÓN FÍSICA 2
Elexir entre dúas e tres
ANALIXE MUSICAL I 3
ANATOMÍA APLICADA 3
CULTURA CIENTÍFICA 3
DEBUXO ARTÍSTICO I 3
DEBUXO TÉCNICO I 3
LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3
RELIXIÓN 1
SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3
TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3
VOLUME 3
MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1
UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4
Elección:
- Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer e seleccionar o bacharelato
con maior vinculación para ese ou eses estudos.
- Se non é vinculante a ningún bacharelato escoller o que che resulte máis fácil. Quero
facer “Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é
vinculante a ningún bacharelato, entón escollo o bacharelato X que me resulta máis fácil
polo que é máis probable que obteña unha maior nota media.
5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
• ACCESO E DATAS DE INTERESE.
Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou
mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.
Para o acceso directo, o alumno debe ter o título de graduado en educación
secundaria ou estudos equivalentes.
Os que non teñan o título poden acceder mediante proba. Nesta proba de acceso, o aspirante
deberá acredita-los coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con proveito as
devanditas ensinanzas. A proba consta de dúas partes diferenciadas, unha de carácter
sociocultural e unha de carácter científico-técnico.
Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os
cumpran no ano en que se realicen as probas.
Se estás interesado nesta opción fala co orientador.
Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou
consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp.
Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria ano 2015
FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO
MEDIO
Actividades Físicas e
Deportivas
CM Condución de actividades físico-
deportivas no medio natural.
Administración e xestión
* CM Xestión administrativa.
Agraria
* CM Aproveitamento e conservación
do
medio natural.
* CM Xardinaría e floraría.
* CM Produción agropecuaria.
* CM Produción agroecolóxica.
Artes Gráficas
CM Impresión en artes gráficas.
* CM Preimpresión dixital.
Comercio e Marketing
CM Comercio.
Edificación e Obra Civil
* CM Obras de interior, decoración e
rehabilitación.
* CM Construción
Electricidade e Electrónica
CM Equipos electrónicos de
consumo.
* CM Instalacións eléctricas e
automáticas.
* CM Instalacións de
telecomunicacións.
Enerxía e auga
Fabricación Mecánica
* CM Mecanizado.
* CM Soldadura e caldeiraría.
Hostalería e Turismo
* CM Cociña e gastronomía.
* CM Servizos en restauración.
Imaxe e Son
CM Laboratorio de imaxe.
* CM Video disc-jockey e son.
Imaxe Persoal
CM Estética persoal decorativa.
* CM Peiteado e cosmética capilar.
Industrias Alimentarias
* CM Panadaría, repostaría e
confeitaría.
* CM Aceites de oliva e viños.
* CM Elaboración de produtos
alimenticios.
Informática e comunicacións
* CM Sistemas microinformáticos e
redes.
Instalación e mantemento
* CM instalacións frigoríficas e de
climatización.
* CM Instalacións de produción de
calor.
* CM Mantemento electromecánico.
Madeira, moble e cortiza
* CM Instalación e amoblamento.
* CM Carpintería e moble.
Marítimo pesqueira
* CM Cultivos acuícolas.
* CM Navegación e pesca de litoral.
* CM Mantemento e control de
maquinaria de buques e embarcacións.
Química
CM Laboratorio.
Sanidade
CM Coidados auxiliares de
enfermaría.
* CM Emerxencias sanitarias.
* CM Farmacia e parafarmacia.
Servizos socioculturais e á
comunidade
* CM Atención a persoas en situación
de dependencia.
Téxtil, confección e pel
* CM Confección e moda.
Transporte e mantemento de
vehículos
* CM Electromecánica de vehículos
automóbiles.
* CM Carrozaría.
Vidro e cerámica
• CICLOS FORMATIVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
En Pontevedra estanse a ofertar os seguintes ciclos formativos:
Baiona
36019657 IES Primeiro de Marzo Tel.
986355111
Grao superior
CS20001 Animación sociocultural
Bueu
36019463 IES Johan Carballeira Tel.
986323270
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM12002 Estética persoal decorativa
CM12003 Perrucaría
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CSFME02 Construcións metálicas
Caldas de Reis
36000417 CPR San Fermín Tel.
986540075
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
CM09001 Equipos electrónicos de consumo
Cambados
36019396 IES Francisco Asorey Tel.
986520161
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS09004 Sistemas de telecomunicación e
informáticos
36000481 IES Ramón Cabanillas Tel.
986542950
Grao medio
CMINA02 Aceites de oliva e viños
Cangas
36019475 IES de Rodeira Tel.
986303933
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Grao superior
CSIFC01 Administración de sistemas
informáticos en rede
36000922 IES María Soliño Tel.
986300803
Grao superior
CS02002 Animación de actividades físicas e
deportivas
Cañiza, A
36015101 IES da Cañiza Tel.
986651347
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM16002 Electromecánica de vehículos
Estrada, A
36002359 IES Antón Losada
Diéguez Tel. 986570336
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM15001 Fabricación á medida e instalación
de carpintaría e moble
CM16002 Electromecánica de vehículos
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e
redes
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
Gondomar
36020261 IES Terra de Turonio Tel.
986384016
Grao medio
CM02001 Condución de actividades físico-
deportivas no medio natural
Grove, O
36019232 IES Monte da Vila Tel.
986732161
Grao medio
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Guarda, A
36019244 IES A Sangriña Tel.
986609015
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM16002 Electromecánica de vehículos
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e
redes
CMTMV01 Carrozaría
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
Illa de Arousa, A
36020209 IGAFA Instituto Galego
de Formación en Acuicultura Tel.
986527101
Grao medio
CM03001 Mergullo a media profundidade
CM03002 Operacións de cultivo acuícola
Grao superior
CS03002 Produción acuícola
Lalín
36013758 IES Laxeiro Tel. 986787051
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM16002 Electromecánica de vehículos
CMELE01 Instalacións eléctricas e
automáticas
Grao superior
Consignas:
CS Ciclo Formativo de Grao Superior.
IES Instituto de Educación Secundaria.
CPR Centro Privado
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
CS04001 Administración e finanzas
CS17002 Mantemento de equipo industrial
36004137 IES Ramón Mª Aller Ulloa
Tel. 986780114
Grao medio
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e
redes
Grao superior
CS14001 Desenvolvemento de aplicacións
informáticas
Marín
36015159 IES Chan do Monte Tel.
986883305
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
CM17001 Montaxe e mantemento de
instalacións de frío, climatización e produción
de calor
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e
redes
Grao superior
CS06002 Xestión comercial e márketing
CS14001 Desenvolvemento de aplicacións
informáticas
CSIFC01 Administración de sistemas
informáticos en rede
Moaña
36004745 IES A Paralaia Tel.
986312217
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CMELE01 Instalacións eléctricas e
automáticas
CMFME01 Mecanizado
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS09001 Instalacións electrotécnicas
Neves, As
36019402 IES Pazo da Mercé Tel.
986648455
Grao medio
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e
redes
36005671 EFAG A Cancela Tel.
986648250
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CMINA01 Panadaría, repostaría e
confeitaría
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
Nigrán
36015184 IES Escolas Proval Tel.
986369402
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS09002 Desenvolvemento de produtos
electrónicos
Poio
36020143 IES de Poio Tel. 986771295
Grao medio
CM02001 Condución de actividades físico-
deportivas no medio natural
Ponteareas
36007552 CIFP A Granxa Tel.
986640068
Grao medio
CM01002 Xardinaría
CMAGA01 Produción agroecolóxica
CMINA02 Aceites de oliva e viños
Grao superior
CS01002 Xestión e organización dos
recursos naturais e paisaxísticos
36014520 IES Pedra da Auga Tel.
986641017
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM16002 Electromecánica de vehículos
CMELE01 Instalacións eléctricas e
automáticas
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
Pontevedra
36020064 CIFP Carlos Oroza Tel.
986847002
Grao medio
CMHOT01 Cociña e gastronomía
CMHOT02 Servizos en restauración
CMINA01 Panadaría, repostaría e
confeitaría
Grao superior
CS11004 Restauración
CSHOT01 Xestión de aloxamentos
turísticos
CSHOT03 Guía, información e asistencia
turísticas
36014489 IES A Xunqueira Tel.
986873003
Grao medio
CM15001 Fabricación á medida e instalación
de carpintaría e moble
CM16002 Electromecánica de vehículos
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
CMTMV01 Carrozaría
Grao superior
CS09002 Desenvolvemento de produtos
electrónicos
CS09004 Sistemas de telecomunicación e
informáticos
CS15002 Produción de madeira e moble
36013761 IES A Xunqueira I Tel.
986872150
Grao medio
CM18002 Laboratorio
Grao superior
CSSSC01 Educación infantil
36006730 IES Frei Martín Sarmiento
Tel. 986852087
Grao medio
CM12002 Estética persoal decorativa
CM12003 Perrucaría
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
CMELE01 Instalacións eléctricas e
automáticas
CMFME01 Mecanizado
Grao superior
CS09001 Instalacións electrotécnicas
CS12002 Estética
CS19003 Dietética
CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico
36019268 IES Gonzalo Torrente
Ballester Tel. 986863612
Grao superior
14
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
CS08001 Desenvolvemento e aplicación de
proxectos de construción
CS08002 Desenvolvemento de proxectos
urbanísticos e operacións topográficas
36018677 IES Luís Seoane Tel.
986857860
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS04002 Secretariado
CS06001 Comercio internacional
CS06002 Xestión comercial e márketing
36006419 IES Montecelo Tel.
986850261
Grao medio
CM05002 Impresión en artes gráficas
CM05003 Preimpresión en artes gráficas
CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
Grao superior
CS05002 Produción en industrias de artes
gráficas
CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía
36006717 IES Sánchez Cantón Tel.
986866505
Grao superior
CS02002 Animación de actividades físicas e
deportivas
36020192 CFEA de Lourizán Tel.
986805088
Grao medio
CM01001 Traballos forestais e conservación
do medio natural
Grao superior
CS01002 Xestión e organización dos
recursos naturais e paisaxísticos
Porriño, O
36019529 IES Ribeira do Louro Tel.
986333956
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS06001 Comercio internacional
Redondela
36019566 IES de Chapela Tel.
986453330
Grao medio
CM20001 Atención sociosanitaria
CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
Grao superior
CS19003 Dietética
CS19004 Documentación sanitaria
CSSSC01 Educación infantil
36016656 IES Pedro Floriani Tel.
986401911
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
36018033 CPR Vigo Tel. 986400762
Grao medio
CM06001 Comercio
CM09001 Equipos electrónicos de consumo
CM16002 Electromecánica de vehículos
Salvaterra de Miño
36020337 IES de Salvaterra de Miño
Tel. 986658238
Grao medio
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Sanxenxo
36019256 IES de Vilalonga Tel.
986744953
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM16002 Electromecánica de vehículos
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
Silleda
36020350 IES Pintor Colmeiro Tel.
986580904
Grao medio
CM02001 Condución de actividades físico-
deportivas no medio natural
CM06001 Comercio
Grao superior
CS06002 Xestión comercial e márketing
Tomiño
36019751 IES de Tomiño Tel.
986623346
Grao medio
CM01001 Traballos forestais e conservación
do medio natural
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Tui
36014544 IES Francisco Sánchez
Tel. 986600926
Grao medio
CM06001 Comercio
CMELE01 Instalacións eléctricas e
automáticas
Grao superior
CS06002 Xestión comercial e márketing
Valga
36020362 IES de Valga Tel. 986559745
Grao medio
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior
CSFME02 Construcións metálicas
Vigo
36014568 CIFP Valentín Paz
Andrade Tel. 986270904
Grao medio
CM15001 Fabricación á medida e instalación
de carpintaría e moble
CM16002 Electromecánica de vehículos
CM17001 Montaxe e mantemento de
instalacións de frío, climatización e produción
de calor
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
CMTMV01 Carrozaría
Grao superior
CS15001 Desenvolvemento de produtos de
carpintaría e moble
CSFME02 Construcións metálicas
CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de
eventos
CSHOT03 Guía, información e asistencia
turísticas
CSIMA02 Mantemento de instalacións
térmicas e de fluídos
15
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
CSTMV01 Automoción
36011579 IES A Guía Tel. 986375111
Grao medio
CM06001 Comercio
Grao superior
CS02002 Animación de actividades físicas e
deportivas
CS06001 Comercio internacional
CS06002 Xestión comercial e márketing
36024461 IES Audiovisual de Vigo
Tel. 986246834
Grao superior
CS07002 Produción de audiovisuais, radio e
espectáculos
CS07004 Son
36018173 IES de Teis Tel. 986373811
Grao medio
CM12002 Estética persoal decorativa
CM12003 Perrucaría
CMIFC01 Sistemas microinformáticos e
redes
Grao superior
CS12002 Estética
CS14001 Desenvolvemento de aplicacións
informáticas
CSIFC01 Administración de sistemas
informáticos en rede
36013448 IES Manuel Antonio Tel.
986273800
Grao medio
CM18002 Laboratorio
CMHOT01 Cociña e gastronomía
CMHOT02 Servizos en restauración
CMINA01 Panadaría, repostaría e
confeitaría
CMTCP01 Confección e moda
Grao superior
CS11004 Restauración
CS18002 Química ambiental
CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía
CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico
CS19009 Próteses dentais
CSQUI01 Laboratorio de análise e de
control de calidade
36011634 IES Politécnico de Vigo
Tel. 986213025
Grao medio
CM17002 Instalación e mantemento
electromecánico de maquinaria e condución
de liñas
CMELE01 Instalacións eléctricas e
automáticas
CMFME01 Mecanizado
Grao superior
CS08001 Desenvolvemento e aplicación de
proxectos de construción
CS08002 Desenvolvemento de proxectos
urbanísticos e operacións topográficas
CS08003 Realización e plans de obra
CS09001 Instalacións electrotécnicas
CS09003 Sistemas de regulación e control
automáticos
CS17002 Mantemento de equipo industrial
CS17004 Prevención de riscos profesionais
CSFME01 Programación da produción en
fabricación mecánica
36017430 IES Ricardo Mella Tel.
986253711
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
CMELE02 Instalacións de
telecomunicacións
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS04002 Secretariado
CS09002 Desenvolvemento de produtos
electrónicos
CS09004 Sistemas de telecomunicación e
informáticos
CS19002 Saúde ambiental
CS19006 Imaxe para o diagnóstico
36011804 INST Marítimo Pesqueiro
do Atlántico Tel. 986235608
Grao medio
CM03003 Operación, control e mantemento
de máquinas e instalacións do buque
CM03004 Pesca e transporte marítimo
Grao superior
CS03001 Navegación, pesca e transporte
marítimo
CS03003 Supervisión e control de máquinas
e instalacións do buque
36011622 CPR Aloya Tel. 986420722
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS04002 Secretariado
CS11004 Restauración
CSSSC01 Educación infantil
36013795 CPR CEBEM Tel. 986419899
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS04002 Secretariado
CS14001 Desenvolvemento de aplicacións
informáticas
36011609 CPR Colegio Hogar Caixanova Tel.
986414311
Grao medio
CM05002 Impresión en artes gráficas
CM05003 Preimpresión en artes gráficas
CM09001 Equipos electrónicos de consumo
CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
CMFME01 Mecanizado
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Grao superior
CS09002 Desenvolvemento de produtos
electrónicos
CS09003 Sistemas de regulación e control
automáticos
CSFME01 Programación da produción en
fabricación mecánica
36011853 CPR Daniel Castelao Tel. 986442121
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS14001 Desenvolvemento de aplicacións
informáticas
CSIFC01 Administración de sistemas
informáticos en rede
36016152 CPR Divino Maestro Tel. 986371686
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
36010794 CPR Fillas de María Inmaculada Tel.
986423988
Grao medio
CM06001 Comercio
36016723 CPR Mendiño Tel. 986293444
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
36011191 CPR Montecastelo Tel. 986412488
Grao medio
CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas
Grao superior
CS09002 Desenvolvemento de produtos
electrónicos
16
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
CS14001 Desenvolvemento de aplicacións
informáticas
36011361 CPR San José de la Guía Tel.
986376153
Grao superior
CS20003 Integración social
CSSSC01 Educación infantil
36011348 CPR San Miguel Tel. 986221325
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
CM09001 Equipos electrónicos de consumo
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
36011521 CPR Vivas Tel. 986227085
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
CMSAN02 Farmacia e parafarmacia
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS14001 Desenvolvemento de aplicacións
informáticas
Vila de Cruces
36020386 IES Marco do Camballón
Tel. 986582251
Grao medio
CMFME02 Soldadura e caldeiraría
Vilagarcía de Arousa
36019669 IES Armando Cotarelo
Valledor Tel. 986512311
Grao medio
CM04001 Xestión administrativa
CM06001 Comercio
Grao superior
CS04001 Administración e finanzas
CS04002 Secretariado
CS06001 Comercio internacional
CS06002 Xestión comercial e márketing
CSIFC01 Administración de sistemas
informáticos en rede
36012471 IES Castro Alobre Tel.
986501000
Grao medio
CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría
36013771 IES Fermín Bouza Brey
Tel. 986503800
Grao medio
CM16002 Electromecánica de vehículos
CM17002 Instalación e mantemento
electromecánico de maquinaria e condución
de liñas
CMELE01 Instalacións eléctricas e
automáticas
Grao superior
CS09003 Sistemas de regulación e control
automáticos
CS17002 Mantemento de equipo industrial
36018380 IES Miguel Ángel
González Estévez Tel. 986504883
Grao superior
CS02002 Animación de actividades físicas e
deportivas
Vilanova de Arousa
36019414 IES A Basella Tel. 986554847
Grao superior
CS18002 Química ambiental
Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:
http://www.edu.xunta.es/fp/
6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL
- Ensinanzas de danza
- Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais
- Ensinanzas de idiomas de réxime especial
- Ensinanzas deportivas
- Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño
- Ensinanzas superiores de arte dramática
- Ensinanzas superiores de deseño
- Ensinanzas de música
A. Ensinanzas de grao superior de Música e Danza.
Condicións de acceso:
• Título de Bacharelato.
• Título profesional (alumnado que rematou o terceiro ciclo de grao
medio)
• Proba de ingreso.
17
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Duran de catro anos en diante, segundo a especialidade. O Título
superior é equivalente a todos os efectos ao de grao.
B. Artes Plásticas e Deseño.
As ensinanzas de artes plásticas e deseño
comprenden estudos relacionados coas artes
aplicadas, oficios artísticos, diversas modalidades
de deseño e conservación e restauración de bens
culturais.
Os Ciclos de Artes Plásticas e Deseño:
Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño? A estrutura é a mesma
que a da Formación Profesional Específica: Ciclos formativos de grao
Medio e Superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos
formativos de grao Medio, e despois do Bacharelato podes acceder ós
Ciclos formativos de grao Superior, aínda que só terán acceso directo os
alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán
facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste
basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas
propostos.
Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de
artes plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago,
Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol ( estas dúas últimas de titularidade
privada ).
Como Se Organizan:Trátase de Ciclos de GM o GS, polo que teñen unha
estrutura semellante á da formación profesional específica. A principal
diferenza está a que ademais da titulación normal para acceder a un Ciclo
é necesario superar unha proba de acceso.
1. Ciclos Formativos de Grao Medio:
Accédese co título de ESO e coa superación da proba específica
que consiste en exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes
plásticas, histórico artísticos, e debuxo.
De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos, podes acceder coa
superación (ademais da proba específica) dunha proba de madureza que
atende ós contidos xerais da ESO e consta de 2 partes:
- 1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico—
tecnolóxico e sociocultural (escoller tres materias).
- 2ª parte: Educación plástica e visual.
A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a
ciclos de grao medio e a proba específica polo bacharelato de artes ou
experiencia laboral de alomenos un ano, directamente relacionada co ciclo
o que se quere acceder.
A inscrición nas probas é en xuño e as probas celébranse en
setembro.
2. Ciclos Formativos de Grao Superior:
Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co
título de Bacharelato en artes. De non ter o Bacharelato de artes, pódese
acceder con outra modalidade de Bacharelato e coa superación dunha
proba específica relacionada con debuxo, artes plásticas e coñecementos
histórico - artísticos.
18
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante
a superación dunha proba de madureza, se tes 19 anos. Dita proba ten 2
partes:
 1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e
Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou
francés, Hª España, Hª Filosofía, Filosofía e Cidadanía, Ciencias do
Mundo Contemporáneo. Escoller tres materias.
 2ª Parte: Proba de Historia da Arte.
A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a
ciclos superiores, e a específica pola experiencia laboral de alomenos un
ano directamente relacionada co ciclo ao que se quere acceder.
Obtense o título de técnico Superior que da acceso a certas
titulacións universitarias e aos estudos superiores de Deseño.
A inscrición nas probas é en xuño, a proba de madureza celébrase
en xuño e a específica en xullo.
3. Familias profesionais:
Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao
Superior. A continuación presentámosche as familias que existen: Artes
aplicadas á escultura. Deseño de interiores. Xoiería de arte. Artes
aplicadas ó libro. Cerámica artística. Artes aplicadas á indumentaria.
Deseño industrial. Deseño gráfico. Artes aplicadas ó muro. Esmaltes
artísticos. Textiles artísticos. Arte floral. Vidrio artístico
4. Onde estudar estes ciclos:
Existen escolas de artes nas principais cidades de Galicia:
En A Coruña ( Escola de Artes Pablo Picasso) podes estudar:
CM Dourado e Policromía Artísticos
CS Artes Aplicadas Da Escultura
Taller cerámico, oferta modular.
CS Fotografía Artística
CS Ilustración
En Santiago (Escola De Artes Mestre Mateo) Podes Estudar:
CS Artes Aplicadas Da Escultura
CS Fotografía Artística
CS Xoiería Artística
Taller de xoiería, oferta modular
En Lugo (Escola De Artes Ramón Falcón) Podes Estudar:
CM Serigrafía artística
CS Gravado e Técnicas De Estampación
CS Cerámica Artística
CS Fotografía Artística
Taller de talla artística en madeira, oferta modular.
Taller de ebanistería, oferta modular
En Ourense ( Escola De Artes Antonio Faílde) Podes Estudar:
CM Ebanistería Artística
CS Fotografía Artística
CS Ilustración
19
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
C. Arte dramática
20
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Dirixidas á formación de profesionais do espectáculo, pedagogos e
investigadores do fenómeno teatral. Están formadas por un só grao de
carácter superior e ten tres especialidades:
a. Dirección de escena e dramaturxia.
Esta especialidade ten dúas opcións:
- Directores de escena.
- Dramaturxia e teoría do feito teatral.
b. Escenografía.
c. Interpretación.
O alumnado escollera unha das catro opcións:
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o textual sexa o
soporte do feito interpretativo.
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o corpo sexa o
instrumento expresivo fundamental.
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que a manipulación de
obxetos sexa o elemento expresivo fundamental.
- Profundizando en aqueles ámbitos nos que o canto, a danza e a
música sexan os elementos expresivos fundamentais.
Requírese estar en posesión do título de bacharelato e superar unha
proba específica correspondente a especialidade á que se opte. Unha vez
superados os estudios Título Superior de Arte Dramática, no que constará
a especialidade e que será equivalente a tódolos efectos ao Título de
Licenciado Universitario.
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD.Galicia).
Enderezo: Rúa Eduardo Cabello s/n. 36208 Vigo, Pontevedra
Teléfono: 986 246 399 WEB: http://www.esadgalicia.com
Servizos: Dirección de Escena, Dramaturxia, Escenografía e
Interpretación
Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD).
Avda. Nazaret s/n. Madrid. Tel. 91 504 21 51 // 91 504 43 42
www.resad.es
Requisitos: Con bacharelato sen selectividade ou maiores de 20 anos
mediante unha proba de acceso. Outras cidades con Escolas Superiores de
Árte dramática: Málaga, Murcia, Valencia, Sevilla e Córdoba.
Para o acceso aos estudos superiores, de grao en Música, Arte
Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais, e Deseño, o
alumnado que non teña o título de bacharelato, e cumpra 19 anos, poderá
realizar unha proba de madureza, en xuño, ademáis das probas específicas
de cada especialidade. Esta proba consistirá en realizar exercicios das
seguintes materias de bacharelato: Lingua estranxeira (Inglés ou Francés),
Lingua Castelá, Lingua Galega, Filosofía e Cidadanía, Ciencias para o
mundo contemporáneo, Historia de España, Historia da Filosofía.
21
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
D. Ensinanzas deportivas.
Son ensinanzas especiais porque teñen condicións
especiais de acceso, son regradas e oficiais, destinadas
á obtención do título de técnico e técnico superior
deportivo.
Teñen como finalidade a formación de adestradores,
monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou
especialidade deportiva.
Estrutúranse en dous graos:
1. Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha
especialidade deportiva. Este grao comprende dous niveis:
• 1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a
iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase
inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na
organización de competicións e actividades e colaborar como
auxiliar dun adestrador de nivel Superior.
• 2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o
perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir
adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no
desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun
técnico Superior. O título de técnico dará acceso a calquera das
modalidades de bacharelato.
2. Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha
especialidade deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas.
Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir
o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar
escolas deportivas. O título de Técnico Superior dará acceso directo aos
estudos universitarios.
Que títulos se obteñen?: Existen títulos tanto de técnico como de técnico
Superior nas seguintes especialidades: Fútbol, Fútbol sala, Deportes de
inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard), Deportes de montaña
e escalada, Atletismo, Balonmán, Hípica, Vela, Mergullo, Salvamento,
Baloncesto.
Cales son os requisitos de acceso:
• Grao Medio, 1º nivel :Título de ESO + proba específica da
modalidade deportiva á que opta. Para os que non teñan a ESO
poden acceder coa superación dunha proba de madureza e con 17
anos. A proba de madureza pode ser convalidable pola proba de
acceso a Ciclos de grao Medio.
• Grao Medio, 2º nivel: Ter superado do 1º nivel.
• Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente + título de
grao Medio (Técnico Deportivo). Para algunhas especialidades hai
que acreditar méritos deportivos. Para os que non teñan o título de
bacharel poden acceder se superan unha proba de madureza e
teñan 19 anos. Esta proba pode ser convalidable pola proba de
acceso a Ciclos de grao Superior.
A inscrición nas probas é en xullo e celébranse en setembro.
Postos de Traballo: Pódeste adicar ao adestramento a equipos,
deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo.
22
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Oferta destas ensinanzas en Galicia en centros públicos:
IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol.
IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán.
IES As Lagoas (Ourense): Fútbol sala.
IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo.
IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto.
Oferta en centros privados autorizados.
7. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS.
Existen outros estudos especializados, algúns esixen
bacharelato,outros selectividade e outros unhas condicións físicas ou
probas específicas de ingreso.
A continuación expomos algunhas profesións polas que podes amosar
interese.
• AZAFATAS AUXILIARES DE VOO.
Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en
compañías aéreas. Son títulos privados organizados polas distintas
compañías. A duración oscila entre 1 e 2 anos e requírese o título
de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de
idiomas.
• PILOTO CIVIL.
O obxectivo deste Título é o de crear unha titulación universitaria
que lles aporte aos futuros profesionais do sector unha formación
sólida, extensiva e polivalente de maneira que estean na mellor
disposición para competir con vantaxe no mercado laboral
moderno. O título propio vese enriquecido ao incorporar dentro da
estrutura do seu plano de estudos o conxunto de coñecementos
teórico-prácticos requiridos para a obtención de distintos títulos
aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado (avión),
Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea
(avión). A obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de
colaboración subscrito pola Universidade da Coruña coa Escola de
Pilotos de Aeroflota do Noroeste (AFN), que conta con todas as
autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral
de Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña
aérea no noso país. O título propio busca acreditar a formación
académico-técnica e humanística dos futuros pilotos civís. Con iso
preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo
das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido
adestramento técnico e científico. Ten unha duración entre 3 e 4
anos.
• MILITAR.
As Forzas Armadas Españolas están constituídas polo Exército de Terra, a Armada, o
Exército do Aire e os Corpos Comúns, integrándose no Ministerio de Defensa. Son
militares profesionais os españois vinculados ás Forzas Armadas cunha relación de
23
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
servizos profesionais que adquiren a condición de Militar de Carreira, Militar de
Complemento ou Militar Profesional de Tropa e Mariñeiría.
Así, a relación de servizos profesionais pode ser de CARÁCTER PERMANENTE:
Militar de Carreira ou de CARÁCTER TEMPORAL: Militares de Complemento
(Oficiais) e Militares Profesionais de Tropa e Mariñeiría.
 Os Militares de Carreira intégranse na estrutura de Corpos, Escalas e
Especialidades, segundo os cometidos e facultades profesionais que teñen asignados
dos seus respectivos exércitos. En cada Corpo poden existir unha, dúas ou tres
Escalas:
 Superior de Oficiais: correspóndese coa Ensinanza Universitaria de segundo
ciclo.
Empregos: de Tenente ou Alférez de Navío a Xeneral do Exército, Almirante
Xeneral ou Xeneral do Aire ou Xeneral de División ou Vicealmirante, dependendo
dos Corpos. No de Músicas Militares o emprego máximo é o de Coronel.
 De Oficiais ou Técnica de Oficiais: correspóndese coa Educación Universitaria
de primeiro ciclo.
Empregos: de Alférez ou Alférez de Fragata a Tenente Coronel ou Capitán de
Fragata.
 Suboficiais: correspóndese coa Formación Profesional de Grao Superior.
Empregos: de Sarxento a Suboficial Maior.
 Os Militares de Complemento están adscritos a un Corpo ou Escala, completando
os cadros de oficiais dos Exércitos. A súa relación é de carácter temporal e poden
alcanzar unha relación de servizos de carácter permanente, accedendo ás prazas
convocadas para promoción interna. Os seus empregos poden ser de Alférez,
Tenente ou Capitán e o tempo máximo de servizos é de 12 anos ou ata os 38 anos
de idade.
 Persoal de Tropa ou Mariñeiría Profesional encádrase en cada Exército, nas
diferentes especialidades. A relación coas FAS pode ser temporal ou permanente.
Os seus empregos poden ser: Soldado, Cabo, Cabo Primeiro e Cabo Maior. Non
están agrupados en Escalas senón por especialidades.
O ingreso na Profesión de Militar pódese realizar de tres formas, segundo se queira
adquirir a condición de MILITAR DE CARREIRA, MILITAR DE COMPLEMENTO
ou MILITAR PROFESIONAL DE TROPA e MARINERÍA, accedendo mediante
convocatoria pública a través dos sistemas de concurso, oposición ou
concurso/oposición. O sistema utilizado normalmente é o de concurso/oposición.
As probas selectivas das respectivas convocatorias para o ingreso nas Academias
Militares por acceso directo publícanse no BOE, normalmente o 1º trimestre do ano.
Os interesados que desexen obter máis información, pódense dirixir á Delegación
Provincial de Defensa en Pontevedra, situada na rúa Pastor Díaz s/n. Teléfonos 986 85
10 85 / 986 85 18 13 / 986 85 18 73, extensión 21.
Para as Titulacións de Técnico Militar establécese unha equivalencia xenérica
-aos efectos tanto académicos como profesionais- co Título de Técnico. Ademais, para
algunhas das titulacións de Técnico Militar, a equivalencia -a efectos tanto
académicos como profesionais- establécese co Título de Técnico na súa
correspondente profesión. En todo caso, para obter esta equivalencia, tamén cómpre
acreditar que o interesado/a está en posesión dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos
Formativos de Grao Medio. Para máis información, véxanse as Ordes ECD/3869/2003
(BOE do 27 de xaneiro de 2004) e a ECI/2417/2005 (BOE do 26 de xullo de 2005).
Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es
• CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL.
A Garda Civil pertence aos Corpos de Seguridade do Estado, dependente dos
Ministerios de Interior e Defensa. A súa misión é protexer as liberdades e garantir a
seguridade dos cidadáns. Existen catro escalas:
24
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
• Básica: Cabos e Gardas.
• Suboficiais: Sarxento, Sarxento 1º e Brigada. Suboficiais superiores:
Subtenente, Suboficial Maior.
• Executiva: Alférez, Tendente, Capitán, Oficiais Superiores:
Comandante, Tte. Coronel, Coronel.
• Superior: Xeneral de Brigada, Xeneral de División.
Para incorporarse ás dúas primeiras escalas dos Gardas Civís e Suboficiais, a formación
impártese en Baeza (Jaén). Para as demais escalas, esta formación terá lugar na
Academia de Oficiais de Aranjuez ou do Escorial (Madrid). O acceso a este Corpo
faise mediante probas de selección, tendo que cumprir ademais os seguintes requisitos
xerais:
 Nacionalidade española.
 Non estar privado de dereitos civís nin estar procesado por delito.
 Acreditar boa conduta cidadán, conforme ó establecido na Lei 68/1980
do 1 de decembro, de expedición de certificacións e informes sobre
conduta cidadán.
 Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo
de calquera das Administracións Públicas nin atoparse inhabilitado con
carácter firme para o exercicio das funcións públicas.
 Ter cumpridos 18 anos.
Requisitos específicos para a Escala de Cabos e Gardas Civís:
 Nacionalidade española e compromiso de portar armas.
 Ser maior de 18 anos e menor de 30.
 Permiso de conducir B ou superior.
 Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, equivalente ou superior.
Para os que obteñan o emprego de Garda Civil ou da Escala Básica de Cabos e
Gardas do Corpo da Garda Civil, establécese unha equivalencia xenérica a todos os
efectos co Título de Técnico da FP de Grao Medio. En todo caso, para obter esta
equivalencia, tamén cómpre acreditar que o interesado/a está en posesión dalgún dos
requisitos de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio. Para máis información,
véxase o Real Decreto 313/2006 (BOE do 20 de marzo de 2006).
O ingreso na Garda Civil, despois de cumprir os requisitos expostos con anterioridade,
faise mediante o procedemento de concurso/oposición e previa superación das probas
selectivas establecidas na correspondente convocatoria (valoración de méritos
académicos e profesionais, probas de coñecementos, ortografía, idiomas, psicotécnicas,
informe médico…). O número de prazas que se convocan normalmente todos os anos,
publícase no BOE e resérvase unha porcentaxe das mesmas para Militares Profesionais
e para fillos/as de Gardas Civís.
Para máis información, teléfonos 986 84 57 38 / 986 85 56 00 ou no 062 (gratuíto).
Pódese consultar ademais a Orde do 9 de abril de 1996 do Ministerio da Presidencia
(BOC núm. 11, do 20 de abril), pola que se aproban as bases e circunstancias aplicables
aos procesos selectivos para ingreso nos centros docentes militares de formación para
acceso á Escala Básica de Cabos e Gardas da Garda Civil).
A Garda Civil é un corpo que conta con varias especialidades:
 Tráfico: Regulación do tráfico, vixiando a circulación de vehículos.
 Fiscal: Resgardo fiscal do Estado, velando polo cumprimento das disposicións
relativas ó contrabando.
 Protección da natureza: Conservación dos recursos hidráulicos, riqueza
cinexética, piscícola e forestal.
 Intervención de armas e explosivos: Control e expedición de guías e licencias.
 Policía xudicial: Investigación de delitos e detención de culpables.
 Información: Obtención, análises e elaboración de informes de interese.
 Aérea: Vixilancia e transporte aéreo, no apoio do resto de Unidades.
25
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
 Montaña: Rescate e salvamento en zonas de montaña de difícil acceso.
 Marítima: Vixilancia do mar e os seus recursos así como rescate e salvamento
na auga.
 Protección, seguridade e intervención: Vixilancia de edificios e mantemento e
restablecemento do orden.
 Cinolóxica: Adestramento e manexo de cans para facilita-lo desempeño das
misións encomendadas ó corpo.
 Desactivación de explosivos: Detección, neutralización e desactivación de
artefactos explosivos e incendiarios non regulamentarios nas Forzas Armadas.
 Automobilismo: Apoio ó resto de unidades no transporte de mercancías e
persoas así como mantemento e reparación de vehículos.
 Transmisións: Manexo e reparación dos medios de transmisión para o apoio ás
Unidades.
 Armamento: Reparación e mantemento do armamento de dotación asignado ós
membros da Garda Civil e as súas Unidades.
 Información e estatística: Manexo e mantemento de equipos informáticos.
⇒ NOTA: Véxase tamén a última Resolución 160/38043/2014, de 20 de maio (BOE
do 26 de maio de 2014), do Ministerio de Defensa, pola que se convocan probas
selectivas para o ingreso directo, polo sistema de concurso/oposición, nos centros
docentes de formación, para a incorporación á Escala de Cabos e Gardas do
Corpo da Garda Civil.
• POLICÍA NACIONAL
O Corpo Nacional de Policía ten o carácter de instituto armado de natureza civil e
depende da Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior). A súa misión exprésase
no Artigo 104 da Constitución: “As Forzas e Corpos de Seguridade, baixo a dependencia
do Goberno, terán como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e
garantir a seguridade cidadá”. As súas funcións desenvolveranse tendo en conta a
seguridade cidadá, a información e loita antiterrorista, a policía científica, a estranxeiría e
documentación e a policía xudicial.
ESCALAS CATEGORÍAS
• SUPERIOR  Comisario principal
 Comisario
• EXECUTIVA  Inspector xefe
 Inspector
• SUBINSPECCIÓN  Subinspector
• BÁSICA  Oficial
 Policía
O Ingreso no Corpo Nacional de Policía faise a través das categorías de Policía e de
Inspector, mediante o procedemento de oposición libre e previa superación das probas
selectivas establecidas na correspondente convocatoria que se publica case tódolos anos,
no BOE.
Para máis información sobre prazas na Policía Nacional: teléfonos 986 86 83 64
(Delegado de Formación en Pontevedra) e 986 85 38 00 ou na páxina web do
Ministerio do Interior: www.mir.es
O requisito académico que se esixe para aspirar a Policía é estar en posesión do Título
de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.
⇒ Para máis información, consultar a Resolución do 2 de setembro de 2013 (BOE
do 20 de setembro de 2013), da Dirección Xeral da Policía -Ministerio do Interior-
pola que se convoca oposición libre para cubrir prazas de alumnos do Centro de
Formación, da División de Formación e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na
26
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Escala Básica, categoría de Policía, do Corpo Nacional de Policía. Páxina Web:
www.policia.es
Requisitos xerais:
 Ser español, ter 18 anos e non haber cumprido os 30.
 Estatura mínima 1,65 metros os homes e 1,60 as mulleres.
 Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas.
 Non haber sido condenado por delitos nin separado do servizo da Administración
do Estado, da Administración Autonómica, Local ou Institucional, nin atoparse
inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.
 Estar en posesión dos permisos de conducir B, A e a autorización de B.P.T.,
obtidos con anterioridade á data na que comparezan á realización da 4ª proba
(momento no que deberán acreditalo).
Para os que obteñan o emprego de Policía e de Oficial de Policía -Escala Básica do
Corpo Nacional de Policía- establécese unha equivalencia destas categorías cos Títulos
de Técnico e de Técnico Superior respectivamente, correspondentes á FP do sistema
educativo actual. En todo caso, para obter esta equivalencia tamén cómpre acreditar que
o interesado/a está en posesión dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos Formativos
de Grao Medio ou de Grao Superior, segundo o caso. Para máis información, véxase a
Orde ECI/1995/2007 (BOE do 6 de xullo de 2007).
Os aspirantes que superen a fase de oposición, incorporaranse ao Centro de Formación.
Se aproban realizarán un período de prácticas. En ámbalas dúas situacións
consideraranse funcionarios en prácticas.
⇒ Para aspirar á Escala Executiva -Inspector de Policía- esíxese como requisito
académico ser Graduado Universitario ou equivalente. Ao respecto véxase máis
información na Resolución do 30 de outubro de 2012 (BOE do 27 de novembro
de 2012), da Dirección Xeral da Policía -Ministerio do Interior- pola que se
convoca oposición libre para cubrir prazas de alumnos do Centro de Formación, da
División de Formación e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na Escala
Executiva, categoría de Inspector, do Corpo Nacional de Policía.
Nas oposicións para POLICÍA LOCAL, a titulación académica que se esixe
depende das correspondentes administracións locais convocantes. Por exemplo -no caso
do Concello de Pontevedra- este requisito é o de estar en posesión do Título de
Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional ou equivalente para o
acceso como Funcionarios do grupo C1 (Véxase o BOP da provincia de Pontevedra do
13 de maio de 2011).
Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es
• BOMBEIRO
Unha clase diaria obrigatoria de ximnasia -de hora e media de duración- ademais de
dúas horas de manobras polas tardes. Requírese vocación, entrega no servizo e sacrificio
polos demais, responsabilidade, traballo en equipo e calidades físicas como a potencia, a
forza e a resistencia ademais dun estado físico saudable.
Superadas as oposicións, accédese ás Escolas de Bombeiros. Logo de superar as probas,
os aspirantes propostos polo Tribunal serán nomeados funcionarios en prácticas no
momento no que dea comezo o curso obrigatorio de formación teórico/práctica na
Academia Galega de Seguridade, nas condicións que regulamentariamente se
determinen.
Durante o período de permanencia no curso de formación na Academia Galega de
Seguridade, os aspirantes percibirán, con cargo ó Presuposto da Corporación, as
retribucións que a normativa vixente establece para os funcionarios en prácticas.
ESCALA OPERATIVA
 Cabo
 Sarxento
27
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
 Suboficial
ESCALA TÉCNICA DE MANDO (Graduados en arquitectura ou enxeñería).
 REQUISITOS
a) Nacionalidade española.
b) Ter cumpridos 18 anos e non exceder da idade sinalada para a xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou
equivalente ou do Título de Técnico de Formación Profesional ou atoparse nas
condicións de obtelos na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
d) Estar en posesión do carné de conducir da clase C-2 antigo ou C+E con BTP actual
na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
e) Acreditar a aptitude física coa presentación dun certificado médico no que se faga
constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias
e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na
correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do
que reflicta o certificado médico.
f) Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas nin separado/a do servizo
ás administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.
 ACCESO
Trala superación dunha oposición “con probas físicas”. Hai que ter en conta que estas
prazas dependen da oferta de cada concello, polo que a información sobre as probas
selectivas é orientativa, xa que pode variar en cada convocatoria.
Primeira proba: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por
escrito no tempo que determine o Tribunal un test de personalidade dirixido á
valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos
aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que vaia desenvolver.
Segunda: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá nun recoñecemento
médico no que se valorará se os/as aspirantes posúen as condicións físicas mínimas. Para
a realización desta proba aplicaranse ós/ás aspirantes as técnicas médicas de uso
convencional que se estimen oportunas, incluída a analítica de sangue e urina.
Ámbalas dúas probas cualificaranse como apto ou non apto.
Terceira proba: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na realización das
probas físicas que a seguir se relacionan:
a) Gabear unha corda. O/a aspirante deberá subir a pulso, por unha corda lisa, á altura de
7 m. nun tempo máximo de 13 segundos.
b) Salto de lonxitude con carreira.
c) Carreira de 1.000 m.
d) Proba de equilibrio. Farase o recorrido pasando a pé sobre un taboleiro situado a unha
altura de 1 m, unha anchura de 11 cm. e unha lonxitude de 5 m, ida e volta e todo o
exercicio en 12 segundos de tempo máximo.
e) Carreira de velocidade. Consistirá en percorrer a distancia de 200 m. cunha
carga de 30 kg.
f) Natación. Percorrido de 50 m. en piscina, a estilo libre. Non está permitido agarrarse á
parede ou ás corcheiras, nin tocar cos pés no fondo.
Cuarta proba, de carácter teórico. Consta de dúas partes:
1. Relativa aos coñecementos de toponimia dos Concellos. Consistirá en responder
por escrito, nun tempo máximo de 30 minutos, 20 preguntas relativas á situación
de edificios singulares, históricos e oficiais, situación de rúas, prazas, lugares,
vías de comunicación, sentidos de circulación, ríos, etc.
2. Esta parte versará sobre coñecementos xerais e específicos. Hai que contestar
por escrito a tres temas, nun tempo máximo de 120 minutos: un tema da
primeira parte do programa (parte xeral) e dous correspondentes á segunda parte
do programa (parte específica).
Quinta proba, de tipo práctico: ten carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en
efectuar as probas prácticas de área, auto escada, oxicorte, aparcamento e condución.
Deberán ser superadas nos tempos máximos -cando se indique- establecidos para cada
unha delas, sendo preciso obter un mínimo de 5 puntos para poder superar a proba dun
xeito global.
28
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
Sexta: de carácter obrigatorio e non eliminatorio.- Consistirá en contestar por escrito un
cuestionario integrado por 20 preguntas tipo "test" con respostas múltiples, e sendo só
unha delas a correcta, nas que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega,
nun tempo máximo de vinte minutos, sen axuda de dicionario.
8. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL
9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS
Con 18 anos cumpridos e dependendo da túa titulación académica
podes acceder a un posto de traballo como funcionario/a nas
administracións públicas (ministerios, comunidades autónomas,
deputacións, concellos...)
O sistema de acceso é polo xeral mediante oposición ou concurso-
oposición. Convócase unha oferta de prazas para os diferentes postos
(administrativo, profesor, carteiro, enfermeiro, bombeiro, conserxe,
policía...) e se cumpres os requisitos mínimos podes presentarte aos
exames da oposición, unha vez que realices a matriculación nos prazos
propostos pola administración.
As oposicións son procesos de selección que poden constar de
varias probas, dependendo do tipo de traballo.
Podes atopar información nos diferentes diarios oficiais das
administracións: Boletín Oficial do Estado (BOE), Diario Oficial de
Galicia (DOG) e doutras Comunidades e Provincias.
Na convocatoria indícase:
- Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso-
oposición.
- As probas a superar: dependendo da oposición pode constar de
tests psicotécnicos, temas a desenvolver, supostos prácticos,
probas físicas...
- Calendario das probas.
- Requisitos dos candidatos.
- Lugar e data de presentación das solicitudes.
Na oferta de emprego público existen cinco tipos de corpos, que
corresponden ás cinco escalas nas que se require titulación diferente.
CORPO TITULACIÓN REQUERIDA
Grupo A1 Titulación Universitaria de Grao /Postgrao
Licenciado, Arquitecto o Enxeñeiro
Grupo A2 Titulación Universitaria de Grao
Diplomado, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico
Grupo B Título de Técnico Superior (CFGS)
Grupo C1 Título de Bacharelato ou Título de Técnico (CFGM)
Grupo C2 Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Profesionais sen
requisito
Certificado de escolaridade.
Podes atopar máis información en: http://www.buscaoposiciones.com/
9.2. RECOMENDACIÓNS
29
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
1º- Inscríbete na oficina do Servicio Galego de Colocación máis próxima
ao teu domicilio.
2º- Prepara un bo plan de búsqueda de emprego:
- Presta atención aos avisos do INEM, consulta a diario a prensa
e revistas especializadas na oferta laboral.
- Elabora documentos sinxelos (carta de presentación,
currículum vitae...) e coñece os procedementos de selección da
empresa (entrevistas, test...)
- Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de
colocación.
3º- Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou
negocio. Asesórate na Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de
Comercio ou Sindicatos.
4º- Mentres tanto, mantente ocupado/a en actividades de formación
relacionadas co traballo ao que aspiras.
30
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO
IES PEDRO FLORIANI
Rúa PEDRO FLORIANI nº 2
36800 REDONDELA (PONTEVEDRA)
Tf: 986 40 19 11 Tf/fax: 986
403944
Correo electrónico:
ies.pedro.floriani@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/centros/iespedrof
loriani/
FLORIENTA:
http://florienta.blogspot.com.es/
31

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Programa orientación vocacional para 3º ESO
Programa orientación vocacional para  3º ESOPrograma orientación vocacional para  3º ESO
Programa orientación vocacional para 3º ESOMónica Diz Besada
 
Programa orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESOPrograma orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESOMónica Diz Besada
 
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ªConsello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ªMónica Diz Besada
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Silvina Paricio Tato
 
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Silvina Paricio Tato
 
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Agrela Elvixeo
 

La actualidad más candente (7)

Programa orientación vocacional para 3º ESO
Programa orientación vocacional para  3º ESOPrograma orientación vocacional para  3º ESO
Programa orientación vocacional para 3º ESO
 
Programa orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESOPrograma orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESO
 
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ªConsello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
Consello orientador ESO Mónica Diz Besada versión2ª
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
 
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
 
Guia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IESGuia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IES
 
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
 

Similar a ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Silvina Paricio Tato
 
Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Mónica Diz Besada
 
O paso á eso copia
O paso á eso copia O paso á eso copia
O paso á eso copia Loudes Otero
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Guia de información académica para 1º e 2º
Guia de información académica para 1º e 2ºGuia de información académica para 1º e 2º
Guia de información académica para 1º e 2ºMónica Diz Besada
 
Cuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOCuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOMónica Diz Besada
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20modguez
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois finalangel1110
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois finalangel1110
 

Similar a ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO (20)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdfCaderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
 
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdfCaderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
 
Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17
 
O paso á eso copia
O paso á eso copia O paso á eso copia
O paso á eso copia
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
 
Guia de información académica para 1º e 2º
Guia de información académica para 1º e 2ºGuia de información académica para 1º e 2º
Guia de información académica para 1º e 2º
 
Elixir bac
Elixir bacElixir bac
Elixir bac
 
Cuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOCuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESO
 
Orientacion 3 eso
Orientacion 3 esoOrientacion 3 eso
Orientacion 3 eso
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20Guia orient prof_4eso_19_20
Guia orient prof_4eso_19_20
 
Orientacion 3 eso
Orientacion 3 esoOrientacion 3 eso
Orientacion 3 eso
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois final
 
Pcppi
PcppiPcppi
Pcppi
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois final
 

Más de pedrofloriani

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESOpedrofloriani
 
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO 0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO pedrofloriani
 
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATOITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATOpedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016pedrofloriani
 
DÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOSDÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOSpedrofloriani
 
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN pedrofloriani
 
APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR. APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR. pedrofloriani
 
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIAORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIApedrofloriani
 
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOpedrofloriani
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianipedrofloriani
 
Folleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basicaFolleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basicapedrofloriani
 
ORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATOORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATOpedrofloriani
 
ORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATOORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATOpedrofloriani
 

Más de pedrofloriani (20)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 6º PRIMARIA
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESOORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 3º ESO
 
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO 0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
0RIENTACIÓN PARA 2º ESO
 
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATOITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
ITINERARIOS 1º E 2º BACHARELATO
 
AUTISMO
AUTISMOAUTISMO
AUTISMO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
 
DÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOSDÍA DA PAZ - REFUGIADOS
DÍA DA PAZ - REFUGIADOS
 
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
COMO DAR CLASE A LOS QUE NO QUIEREN
 
DISLEXIA
DISLEXIA DISLEXIA
DISLEXIA
 
APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR. APRENDENDO A ESTUDAR.
APRENDENDO A ESTUDAR.
 
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
CORTOS PARA EDUCAR EN VALORES
 
ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO ORIENTACIÓN NA ESO
ORIENTACIÓN NA ESO
 
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIAORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
 
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
 
IES PEDRO FLORIANI
IES PEDRO FLORIANIIES PEDRO FLORIANI
IES PEDRO FLORIANI
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro floriani
 
Folleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basicaFolleto formacion profesional_basica
Folleto formacion profesional_basica
 
ORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATOORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN ESO E BACHARELATO
 
ORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATOORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATO
ORGANIZACIÓN NA ESO E BACHARELATO
 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO

  • 1. CURSO 2014/2015 IES PEDRO FLORIANI GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL 4º ESO IES PEDRO FLORIANI
  • 2. INTRODUCCIÓN. CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da túa familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos titores e do orientador. Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, non obstante, a información sobre estudos e profesións é un aspecto moi importante. O contido prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS. A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos, aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros aspectos, confrontados coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso. Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres bloques: A. Coñecemento de si mesmo. Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en cada unha das materias que estudaches e sobre as características das diferentes actividades profesionais. B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais. É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e profesións que tes ó teu alcance e as características daquelas que máis van ós teus intereses. En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos formativos, centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de interese... C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide! INFÓRMATE E DECIDE. E o curso que vén qué? Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti. Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa organización para o estudo e as técnicas adecuadas para aprender superarás a maior parte do que te propoñas. O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de esforzo ou capacidade de sacrificio.
  • 3. Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as seguintes cuestións: 1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás que terías acceso. 2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada con eles. 3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos. 4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti. 5. Estuda con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión. Para ter unha información adecuada, terás: 1. Información xenérica do orientador. 2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Instituto. 3. O taboleiro do Departamento de Orientación, onde o orientador porá información moi interesante e actualizada. 4. As sesións informáticas de buscar información académica realizadas no Instituto en horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2014/2015, ou no blog: FLORIENTA: http://florienta.blogspot.com.es/ Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de estudar moitísimo para sacar o título da ESO terás que investigar todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor decisión para a túa vida académico-profesional.
  • 4. BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. Cuestionario sobre estudios Apelidos e nome............................................................................ Idade:..............Curso:.....................................Data........................... 2. Que materias che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde. 1................................................. 4.................................................... 2................................................. 5.................................................... 3................................................. 6.................................................... 3. As que che resultan máis difíciles son: 1................................................ 4................................................... 2................................................ 5.................................................. 3................................................ 6.................................................. 4. ¿En que materias sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas? 1(+)................................................ 1(-)................................................... 2(+)................................................ 2(-)................................................... 3(+)................................................ 3(-)................................................... 5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas) (+)Tes capacidade para estudalas ben. (-)Tes mala capacidade para estudalas. (+)Influíu a sorte. (-)Influíu a mala sorte. (+)Tes interese nesa materia. (-)Pouco interese pola túa parte (+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores (+)Outras: ........................................... (-)Outras: ........................................... 6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta) Moi favorable. Simplemente favorable. Móstranse indiferentes ante os meus estudos. A súa influencia é algo perxudicial. A súa influencia é moi perxudicial. 7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas) Os teus sistemas e formas de estudar. A túas actitude ante os exames. A túa forza de vontade e constancia. A túas postura ante as tarefas do Instituto. Os teus hábitos de lectura. .................................................................
  • 5. NOTAS DE 4º ESO Número de materias suspensas e nome das materias PENDENTES ¡ 1º AVALIACIÓN 2º AVALIACIÓN 3º AVALIACIÓN Previsión: (cantas pensas suspender?) SETEMBRO Posibilidades de aprobar todo en setembro ¨ si ¨non BACHARELATO OU CICLO QUE PENSAS FACER NO PRÓXIMO CURSO DEIXAR DE ESTUDAR BACHARELATO CICLO RESULTADO DAS PREFERENCIAS PROFESIONAIS 1º.- 2º.- 3º.- Redondela a …………… de ………………. de 2015 sinatura 2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. INFORMACIÓN/ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO NOME: APELIDOS: DNI:
  • 6. Con fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un listado de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles diferentes test psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses. Esta sesión farémola na sala de informática do Instituto. Entre os test que faremos estarán. - “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións lle interesan máis. Pódelo atopar en: http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm FLORIENTA: http://florienta.blogspot.com.es/ - “Test de preferencias Orienta 2014/2015”. Dous test que pertencen ao programa Orienta 2014/2015 de Julián Sádaba. ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS. A) TEST DE BACHARELATO: B) TEST ORIENTA 2014/2015
  • 7. BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS. 3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO As alternativas segundo a LOMCE están reflectidas no seguinte cadro:
  • 8. 4. O BACHARELATO O Bacharelato LOMCE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3 modalidades diferentes: Artes, Ciencias, Humanidades e Ciencias sociais. 1º BACHARELATO DE CIENCIAS MATERIAS HORAS XERAIS FILOSOFÍA 2 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3 LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3 INGLÉS 3 MATEMÁTICAS I 4 TRONCAIS Elexir dúas BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 DEBUXO TÉCNICO I 4 FÍSICA E QUÍMICA 4 ESPECÍFICAS EDUCACIÓN FÍSICA 2 Elexir entre dúas e tres ANALIXE MUSICAL I 3 ANATOMÍA APLICADA 3 CULTURA CIENTÍFICA 3 DEBUXO ARTÍSTICO I 3 DEBUXO TÉCNICO I 3 LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3 RELIXIÓN 1 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3 TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3 VOLUME 3 MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1 UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4 1º BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS MATERIAS HORAS XERAIS FILOSOFÍA 2 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3 LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3 INGLÉS 3 LATÍN I (Itinerario de humanidades) 4 MATEMÁTICAS APLICADAS AÁS CIENCIAS SOCIAIS I (Itinerario de ciencias sociais) 4 TRONCAIS Elexir dúas ECONOMÍA 4 GREGO I 4 HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 4 LITERATURA UNIVERSAL 4 ESPECÍFICAS EDUCACIÓN FÍSICA 2 Elexir entre dúas e tres ANALIXE MUSICAL I 3 ANATOMÍA APLICADA 3 CULTURA CIENTÍFICA 3 DEBUXO ARTÍSTICO I 3 DEBUXO TÉCNICO I 3 LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3 RELIXIÓN 1 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3 TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3 VOLUME 3
  • 9. MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1 UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4 1º BACHARELATO DE ARTES MATERIAS HORAS XERAIS FILOSOFÍA 2 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA I 3 LINGUA GALEGA E LITERATURA I 3 INGLÉS 3 FUNDAMENTOS DA ARTE I 4 TRONCAIS Elexir dúas CULTURA AUDIOVISUAL I 4 HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 4 LITERATURA UNIVERSAL 4 ESPECÍFICAS EDUCACIÓN FÍSICA 2 Elexir entre dúas e tres ANALIXE MUSICAL I 3 ANATOMÍA APLICADA 3 CULTURA CIENTÍFICA 3 DEBUXO ARTÍSTICO I 3 DEBUXO TÉCNICO I 3 LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 3 RELIXIÓN 1 SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA I 3 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I 3 TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN I 3 VOLUME 3 MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN CENTRO 1 UNHA MATERIA TRONCAL NON CURSADA 4 Elección: - Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer e seleccionar o bacharelato con maior vinculación para ese ou eses estudos. - Se non é vinculante a ningún bacharelato escoller o que che resulte máis fácil. Quero facer “Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é vinculante a ningún bacharelato, entón escollo o bacharelato X que me resulta máis fácil polo que é máis probable que obteña unha maior nota media.
  • 10. 5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO • ACCESO E DATAS DE INTERESE. Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas. Para o acceso directo, o alumno debe ter o título de graduado en educación secundaria ou estudos equivalentes. Os que non teñan o título poden acceder mediante proba. Nesta proba de acceso, o aspirante deberá acredita-los coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con proveito as devanditas ensinanzas. A proba consta de dúas partes diferenciadas, unha de carácter sociocultural e unha de carácter científico-técnico. Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas. Se estás interesado nesta opción fala co orientador. Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp. Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria ano 2015
  • 11. FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO Actividades Físicas e Deportivas CM Condución de actividades físico- deportivas no medio natural. Administración e xestión * CM Xestión administrativa. Agraria * CM Aproveitamento e conservación do medio natural. * CM Xardinaría e floraría. * CM Produción agropecuaria. * CM Produción agroecolóxica. Artes Gráficas CM Impresión en artes gráficas. * CM Preimpresión dixital. Comercio e Marketing CM Comercio. Edificación e Obra Civil * CM Obras de interior, decoración e rehabilitación. * CM Construción Electricidade e Electrónica CM Equipos electrónicos de consumo. * CM Instalacións eléctricas e automáticas. * CM Instalacións de telecomunicacións. Enerxía e auga Fabricación Mecánica * CM Mecanizado. * CM Soldadura e caldeiraría. Hostalería e Turismo * CM Cociña e gastronomía. * CM Servizos en restauración. Imaxe e Son CM Laboratorio de imaxe. * CM Video disc-jockey e son. Imaxe Persoal CM Estética persoal decorativa. * CM Peiteado e cosmética capilar. Industrias Alimentarias * CM Panadaría, repostaría e confeitaría. * CM Aceites de oliva e viños. * CM Elaboración de produtos alimenticios. Informática e comunicacións * CM Sistemas microinformáticos e redes. Instalación e mantemento * CM instalacións frigoríficas e de climatización.
  • 12. * CM Instalacións de produción de calor. * CM Mantemento electromecánico. Madeira, moble e cortiza * CM Instalación e amoblamento. * CM Carpintería e moble. Marítimo pesqueira * CM Cultivos acuícolas. * CM Navegación e pesca de litoral. * CM Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións. Química CM Laboratorio. Sanidade CM Coidados auxiliares de enfermaría. * CM Emerxencias sanitarias. * CM Farmacia e parafarmacia. Servizos socioculturais e á comunidade * CM Atención a persoas en situación de dependencia. Téxtil, confección e pel * CM Confección e moda. Transporte e mantemento de vehículos * CM Electromecánica de vehículos automóbiles. * CM Carrozaría. Vidro e cerámica
  • 13. • CICLOS FORMATIVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA En Pontevedra estanse a ofertar os seguintes ciclos formativos: Baiona 36019657 IES Primeiro de Marzo Tel. 986355111 Grao superior CS20001 Animación sociocultural Bueu 36019463 IES Johan Carballeira Tel. 986323270 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría CMFME02 Soldadura e caldeiraría Grao superior CS04001 Administración e finanzas CSFME02 Construcións metálicas Caldas de Reis 36000417 CPR San Fermín Tel. 986540075 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM09001 Equipos electrónicos de consumo Cambados 36019396 IES Francisco Asorey Tel. 986520161 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos 36000481 IES Ramón Cabanillas Tel. 986542950 Grao medio CMINA02 Aceites de oliva e viños Cangas 36019475 IES de Rodeira Tel. 986303933 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Grao superior CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede 36000922 IES María Soliño Tel. 986300803 Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas Cañiza, A 36015101 IES da Cañiza Tel. 986651347 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos Estrada, A 36002359 IES Antón Losada Diéguez Tel. 986570336 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM15001 Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE02 Instalacións de telecomunicacións CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes Grao superior CS04001 Administración e finanzas Gondomar 36020261 IES Terra de Turonio Tel. 986384016 Grao medio CM02001 Condución de actividades físico- deportivas no medio natural Grove, O 36019232 IES Monte da Vila Tel. 986732161 Grao medio CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Guarda, A 36019244 IES A Sangriña Tel. 986609015 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes CMTMV01 Carrozaría Grao superior CS04001 Administración e finanzas Illa de Arousa, A 36020209 IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura Tel. 986527101 Grao medio CM03001 Mergullo a media profundidade CM03002 Operacións de cultivo acuícola Grao superior CS03002 Produción acuícola Lalín 36013758 IES Laxeiro Tel. 986787051 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior Consignas: CS Ciclo Formativo de Grao Superior. IES Instituto de Educación Secundaria. CPR Centro Privado
  • 14. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO CS04001 Administración e finanzas CS17002 Mantemento de equipo industrial 36004137 IES Ramón Mª Aller Ulloa Tel. 986780114 Grao medio CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes Grao superior CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas Marín 36015159 IES Chan do Monte Tel. 986883305 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM17001 Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede Moaña 36004745 IES A Paralaia Tel. 986312217 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09001 Instalacións electrotécnicas Neves, As 36019402 IES Pazo da Mercé Tel. 986648455 Grao medio CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes 36005671 EFAG A Cancela Tel. 986648250 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría Grao superior CS04001 Administración e finanzas Nigrán 36015184 IES Escolas Proval Tel. 986369402 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos Poio 36020143 IES de Poio Tel. 986771295 Grao medio CM02001 Condución de actividades físico- deportivas no medio natural Ponteareas 36007552 CIFP A Granxa Tel. 986640068 Grao medio CM01002 Xardinaría CMAGA01 Produción agroecolóxica CMINA02 Aceites de oliva e viños Grao superior CS01002 Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos 36014520 IES Pedra da Auga Tel. 986641017 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior CS04001 Administración e finanzas Pontevedra 36020064 CIFP Carlos Oroza Tel. 986847002 Grao medio CMHOT01 Cociña e gastronomía CMHOT02 Servizos en restauración CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría Grao superior CS11004 Restauración CSHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos CSHOT03 Guía, información e asistencia turísticas 36014489 IES A Xunqueira Tel. 986873003 Grao medio CM15001 Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CMELE02 Instalacións de telecomunicacións CMTMV01 Carrozaría Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos CS15002 Produción de madeira e moble 36013761 IES A Xunqueira I Tel. 986872150 Grao medio CM18002 Laboratorio Grao superior CSSSC01 Educación infantil 36006730 IES Frei Martín Sarmiento Tel. 986852087 Grao medio CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado Grao superior CS09001 Instalacións electrotécnicas CS12002 Estética CS19003 Dietética CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico 36019268 IES Gonzalo Torrente Ballester Tel. 986863612 Grao superior 14
  • 15. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO CS08001 Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción CS08002 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas 36018677 IES Luís Seoane Tel. 986857860 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing 36006419 IES Montecelo Tel. 986850261 Grao medio CM05002 Impresión en artes gráficas CM05003 Preimpresión en artes gráficas CMSAN02 Farmacia e parafarmacia Grao superior CS05002 Produción en industrias de artes gráficas CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía 36006717 IES Sánchez Cantón Tel. 986866505 Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas 36020192 CFEA de Lourizán Tel. 986805088 Grao medio CM01001 Traballos forestais e conservación do medio natural Grao superior CS01002 Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos Porriño, O 36019529 IES Ribeira do Louro Tel. 986333956 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS06001 Comercio internacional Redondela 36019566 IES de Chapela Tel. 986453330 Grao medio CM20001 Atención sociosanitaria CMSAN02 Farmacia e parafarmacia Grao superior CS19003 Dietética CS19004 Documentación sanitaria CSSSC01 Educación infantil 36016656 IES Pedro Floriani Tel. 986401911 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Grao superior CS04001 Administración e finanzas 36018033 CPR Vigo Tel. 986400762 Grao medio CM06001 Comercio CM09001 Equipos electrónicos de consumo CM16002 Electromecánica de vehículos Salvaterra de Miño 36020337 IES de Salvaterra de Miño Tel. 986658238 Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría Sanxenxo 36019256 IES de Vilalonga Tel. 986744953 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM16002 Electromecánica de vehículos Grao superior CS04001 Administración e finanzas Silleda 36020350 IES Pintor Colmeiro Tel. 986580904 Grao medio CM02001 Condución de actividades físico- deportivas no medio natural CM06001 Comercio Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing Tomiño 36019751 IES de Tomiño Tel. 986623346 Grao medio CM01001 Traballos forestais e conservación do medio natural CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Tui 36014544 IES Francisco Sánchez Tel. 986600926 Grao medio CM06001 Comercio CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior CS06002 Xestión comercial e márketing Valga 36020362 IES de Valga Tel. 986559745 Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría Grao superior CSFME02 Construcións metálicas Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade Tel. 986270904 Grao medio CM15001 Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble CM16002 Electromecánica de vehículos CM17001 Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor CMFME02 Soldadura e caldeiraría CMTMV01 Carrozaría Grao superior CS15001 Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble CSFME02 Construcións metálicas CSHOT02 Axencias de viaxes e xestión de eventos CSHOT03 Guía, información e asistencia turísticas CSIMA02 Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos 15
  • 16. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO CSTMV01 Automoción 36011579 IES A Guía Tel. 986375111 Grao medio CM06001 Comercio Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing 36024461 IES Audiovisual de Vigo Tel. 986246834 Grao superior CS07002 Produción de audiovisuais, radio e espectáculos CS07004 Son 36018173 IES de Teis Tel. 986373811 Grao medio CM12002 Estética persoal decorativa CM12003 Perrucaría CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes Grao superior CS12002 Estética CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede 36013448 IES Manuel Antonio Tel. 986273800 Grao medio CM18002 Laboratorio CMHOT01 Cociña e gastronomía CMHOT02 Servizos en restauración CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría CMTCP01 Confección e moda Grao superior CS11004 Restauración CS18002 Química ambiental CS19001 Anatomía patolóxica e citoloxía CS19007 Laboratorio de diagnóstico clínico CS19009 Próteses dentais CSQUI01 Laboratorio de análise e de control de calidade 36011634 IES Politécnico de Vigo Tel. 986213025 Grao medio CM17002 Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado Grao superior CS08001 Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción CS08002 Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas CS08003 Realización e plans de obra CS09001 Instalacións electrotécnicas CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CS17002 Mantemento de equipo industrial CS17004 Prevención de riscos profesionais CSFME01 Programación da produción en fabricación mecánica 36017430 IES Ricardo Mella Tel. 986253711 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMELE02 Instalacións de telecomunicacións Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09004 Sistemas de telecomunicación e informáticos CS19002 Saúde ambiental CS19006 Imaxe para o diagnóstico 36011804 INST Marítimo Pesqueiro do Atlántico Tel. 986235608 Grao medio CM03003 Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque CM03004 Pesca e transporte marítimo Grao superior CS03001 Navegación, pesca e transporte marítimo CS03003 Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque 36011622 CPR Aloya Tel. 986420722 Grao medio CM04001 Xestión administrativa Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS11004 Restauración CSSSC01 Educación infantil 36013795 CPR CEBEM Tel. 986419899 Grao medio CM04001 Xestión administrativa Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas 36011609 CPR Colegio Hogar Caixanova Tel. 986414311 Grao medio CM05002 Impresión en artes gráficas CM05003 Preimpresión en artes gráficas CM09001 Equipos electrónicos de consumo CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas CMFME01 Mecanizado CMFME02 Soldadura e caldeiraría Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CSFME01 Programación da produción en fabricación mecánica 36011853 CPR Daniel Castelao Tel. 986442121 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede 36016152 CPR Divino Maestro Tel. 986371686 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 36010794 CPR Fillas de María Inmaculada Tel. 986423988 Grao medio CM06001 Comercio 36016723 CPR Mendiño Tel. 986293444 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 36011191 CPR Montecastelo Tel. 986412488 Grao medio CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior CS09002 Desenvolvemento de produtos electrónicos 16
  • 17. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas 36011361 CPR San José de la Guía Tel. 986376153 Grao superior CS20003 Integración social CSSSC01 Educación infantil 36011348 CPR San Miguel Tel. 986221325 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio CM09001 Equipos electrónicos de consumo CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 36011521 CPR Vivas Tel. 986227085 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría CMSAN02 Farmacia e parafarmacia Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS14001 Desenvolvemento de aplicacións informáticas Vila de Cruces 36020386 IES Marco do Camballón Tel. 986582251 Grao medio CMFME02 Soldadura e caldeiraría Vilagarcía de Arousa 36019669 IES Armando Cotarelo Valledor Tel. 986512311 Grao medio CM04001 Xestión administrativa CM06001 Comercio Grao superior CS04001 Administración e finanzas CS04002 Secretariado CS06001 Comercio internacional CS06002 Xestión comercial e márketing CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede 36012471 IES Castro Alobre Tel. 986501000 Grao medio CM19001 Coidados auxiliares de enfermaría 36013771 IES Fermín Bouza Brey Tel. 986503800 Grao medio CM16002 Electromecánica de vehículos CM17002 Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas CMELE01 Instalacións eléctricas e automáticas Grao superior CS09003 Sistemas de regulación e control automáticos CS17002 Mantemento de equipo industrial 36018380 IES Miguel Ángel González Estévez Tel. 986504883 Grao superior CS02002 Animación de actividades físicas e deportivas Vilanova de Arousa 36019414 IES A Basella Tel. 986554847 Grao superior CS18002 Química ambiental Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en: http://www.edu.xunta.es/fp/ 6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL - Ensinanzas de danza - Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais - Ensinanzas de idiomas de réxime especial - Ensinanzas deportivas - Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño - Ensinanzas superiores de arte dramática - Ensinanzas superiores de deseño - Ensinanzas de música A. Ensinanzas de grao superior de Música e Danza. Condicións de acceso: • Título de Bacharelato. • Título profesional (alumnado que rematou o terceiro ciclo de grao medio) • Proba de ingreso. 17
  • 18. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO Duran de catro anos en diante, segundo a especialidade. O Título superior é equivalente a todos os efectos ao de grao. B. Artes Plásticas e Deseño. As ensinanzas de artes plásticas e deseño comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas modalidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais. Os Ciclos de Artes Plásticas e Deseño: Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño? A estrutura é a mesma que a da Formación Profesional Específica: Ciclos formativos de grao Medio e Superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos formativos de grao Medio, e despois do Bacharelato podes acceder ós Ciclos formativos de grao Superior, aínda que só terán acceso directo os alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos. Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol ( estas dúas últimas de titularidade privada ). Como Se Organizan:Trátase de Ciclos de GM o GS, polo que teñen unha estrutura semellante á da formación profesional específica. A principal diferenza está a que ademais da titulación normal para acceder a un Ciclo é necesario superar unha proba de acceso. 1. Ciclos Formativos de Grao Medio: Accédese co título de ESO e coa superación da proba específica que consiste en exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, histórico artísticos, e debuxo. De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos, podes acceder coa superación (ademais da proba específica) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO e consta de 2 partes: - 1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico— tecnolóxico e sociocultural (escoller tres materias). - 2ª parte: Educación plástica e visual. A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos de grao medio e a proba específica polo bacharelato de artes ou experiencia laboral de alomenos un ano, directamente relacionada co ciclo o que se quere acceder. A inscrición nas probas é en xuño e as probas celébranse en setembro. 2. Ciclos Formativos de Grao Superior: Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato en artes. De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de Bacharelato e coa superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artes plásticas e coñecementos histórico - artísticos. 18
  • 19. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante a superación dunha proba de madureza, se tes 19 anos. Dita proba ten 2 partes:  1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou francés, Hª España, Hª Filosofía, Filosofía e Cidadanía, Ciencias do Mundo Contemporáneo. Escoller tres materias.  2ª Parte: Proba de Historia da Arte. A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos superiores, e a específica pola experiencia laboral de alomenos un ano directamente relacionada co ciclo ao que se quere acceder. Obtense o título de técnico Superior que da acceso a certas titulacións universitarias e aos estudos superiores de Deseño. A inscrición nas probas é en xuño, a proba de madureza celébrase en xuño e a específica en xullo. 3. Familias profesionais: Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao Superior. A continuación presentámosche as familias que existen: Artes aplicadas á escultura. Deseño de interiores. Xoiería de arte. Artes aplicadas ó libro. Cerámica artística. Artes aplicadas á indumentaria. Deseño industrial. Deseño gráfico. Artes aplicadas ó muro. Esmaltes artísticos. Textiles artísticos. Arte floral. Vidrio artístico 4. Onde estudar estes ciclos: Existen escolas de artes nas principais cidades de Galicia: En A Coruña ( Escola de Artes Pablo Picasso) podes estudar: CM Dourado e Policromía Artísticos CS Artes Aplicadas Da Escultura Taller cerámico, oferta modular. CS Fotografía Artística CS Ilustración En Santiago (Escola De Artes Mestre Mateo) Podes Estudar: CS Artes Aplicadas Da Escultura CS Fotografía Artística CS Xoiería Artística Taller de xoiería, oferta modular En Lugo (Escola De Artes Ramón Falcón) Podes Estudar: CM Serigrafía artística CS Gravado e Técnicas De Estampación CS Cerámica Artística CS Fotografía Artística Taller de talla artística en madeira, oferta modular. Taller de ebanistería, oferta modular En Ourense ( Escola De Artes Antonio Faílde) Podes Estudar: CM Ebanistería Artística CS Fotografía Artística CS Ilustración 19
  • 20. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO C. Arte dramática 20
  • 21. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO Dirixidas á formación de profesionais do espectáculo, pedagogos e investigadores do fenómeno teatral. Están formadas por un só grao de carácter superior e ten tres especialidades: a. Dirección de escena e dramaturxia. Esta especialidade ten dúas opcións: - Directores de escena. - Dramaturxia e teoría do feito teatral. b. Escenografía. c. Interpretación. O alumnado escollera unha das catro opcións: - Profundizando en aqueles ámbitos nos que o textual sexa o soporte do feito interpretativo. - Profundizando en aqueles ámbitos nos que o corpo sexa o instrumento expresivo fundamental. - Profundizando en aqueles ámbitos nos que a manipulación de obxetos sexa o elemento expresivo fundamental. - Profundizando en aqueles ámbitos nos que o canto, a danza e a música sexan os elementos expresivos fundamentais. Requírese estar en posesión do título de bacharelato e superar unha proba específica correspondente a especialidade á que se opte. Unha vez superados os estudios Título Superior de Arte Dramática, no que constará a especialidade e que será equivalente a tódolos efectos ao Título de Licenciado Universitario. Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD.Galicia). Enderezo: Rúa Eduardo Cabello s/n. 36208 Vigo, Pontevedra Teléfono: 986 246 399 WEB: http://www.esadgalicia.com Servizos: Dirección de Escena, Dramaturxia, Escenografía e Interpretación Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD). Avda. Nazaret s/n. Madrid. Tel. 91 504 21 51 // 91 504 43 42 www.resad.es Requisitos: Con bacharelato sen selectividade ou maiores de 20 anos mediante unha proba de acceso. Outras cidades con Escolas Superiores de Árte dramática: Málaga, Murcia, Valencia, Sevilla e Córdoba. Para o acceso aos estudos superiores, de grao en Música, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais, e Deseño, o alumnado que non teña o título de bacharelato, e cumpra 19 anos, poderá realizar unha proba de madureza, en xuño, ademáis das probas específicas de cada especialidade. Esta proba consistirá en realizar exercicios das seguintes materias de bacharelato: Lingua estranxeira (Inglés ou Francés), Lingua Castelá, Lingua Galega, Filosofía e Cidadanía, Ciencias para o mundo contemporáneo, Historia de España, Historia da Filosofía. 21
  • 22. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO D. Ensinanzas deportivas. Son ensinanzas especiais porque teñen condicións especiais de acceso, son regradas e oficiais, destinadas á obtención do título de técnico e técnico superior deportivo. Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva. Estrutúranse en dous graos: 1. Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva. Este grao comprende dous niveis: • 1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel Superior. • 2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun técnico Superior. O título de técnico dará acceso a calquera das modalidades de bacharelato. 2. Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar escolas deportivas. O título de Técnico Superior dará acceso directo aos estudos universitarios. Que títulos se obteñen?: Existen títulos tanto de técnico como de técnico Superior nas seguintes especialidades: Fútbol, Fútbol sala, Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard), Deportes de montaña e escalada, Atletismo, Balonmán, Hípica, Vela, Mergullo, Salvamento, Baloncesto. Cales son os requisitos de acceso: • Grao Medio, 1º nivel :Título de ESO + proba específica da modalidade deportiva á que opta. Para os que non teñan a ESO poden acceder coa superación dunha proba de madureza e con 17 anos. A proba de madureza pode ser convalidable pola proba de acceso a Ciclos de grao Medio. • Grao Medio, 2º nivel: Ter superado do 1º nivel. • Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente + título de grao Medio (Técnico Deportivo). Para algunhas especialidades hai que acreditar méritos deportivos. Para os que non teñan o título de bacharel poden acceder se superan unha proba de madureza e teñan 19 anos. Esta proba pode ser convalidable pola proba de acceso a Ciclos de grao Superior. A inscrición nas probas é en xullo e celébranse en setembro. Postos de Traballo: Pódeste adicar ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo. 22
  • 23. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO Oferta destas ensinanzas en Galicia en centros públicos: IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol. IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán. IES As Lagoas (Ourense): Fútbol sala. IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo. IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto. Oferta en centros privados autorizados. 7. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS. Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade e outros unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso. A continuación expomos algunhas profesións polas que podes amosar interese. • AZAFATAS AUXILIARES DE VOO. Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2 anos e requírese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de idiomas. • PILOTO CIVIL. O obxectivo deste Título é o de crear unha titulación universitaria que lles aporte aos futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de maneira que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado laboral moderno. O título propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do seu plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado (avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A obtención de ditos títulos é posible grazas ao acordo de colaboración subscrito pola Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste (AFN), que conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O título propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos. • MILITAR. As Forzas Armadas Españolas están constituídas polo Exército de Terra, a Armada, o Exército do Aire e os Corpos Comúns, integrándose no Ministerio de Defensa. Son militares profesionais os españois vinculados ás Forzas Armadas cunha relación de 23
  • 24. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO servizos profesionais que adquiren a condición de Militar de Carreira, Militar de Complemento ou Militar Profesional de Tropa e Mariñeiría. Así, a relación de servizos profesionais pode ser de CARÁCTER PERMANENTE: Militar de Carreira ou de CARÁCTER TEMPORAL: Militares de Complemento (Oficiais) e Militares Profesionais de Tropa e Mariñeiría.  Os Militares de Carreira intégranse na estrutura de Corpos, Escalas e Especialidades, segundo os cometidos e facultades profesionais que teñen asignados dos seus respectivos exércitos. En cada Corpo poden existir unha, dúas ou tres Escalas:  Superior de Oficiais: correspóndese coa Ensinanza Universitaria de segundo ciclo. Empregos: de Tenente ou Alférez de Navío a Xeneral do Exército, Almirante Xeneral ou Xeneral do Aire ou Xeneral de División ou Vicealmirante, dependendo dos Corpos. No de Músicas Militares o emprego máximo é o de Coronel.  De Oficiais ou Técnica de Oficiais: correspóndese coa Educación Universitaria de primeiro ciclo. Empregos: de Alférez ou Alférez de Fragata a Tenente Coronel ou Capitán de Fragata.  Suboficiais: correspóndese coa Formación Profesional de Grao Superior. Empregos: de Sarxento a Suboficial Maior.  Os Militares de Complemento están adscritos a un Corpo ou Escala, completando os cadros de oficiais dos Exércitos. A súa relación é de carácter temporal e poden alcanzar unha relación de servizos de carácter permanente, accedendo ás prazas convocadas para promoción interna. Os seus empregos poden ser de Alférez, Tenente ou Capitán e o tempo máximo de servizos é de 12 anos ou ata os 38 anos de idade.  Persoal de Tropa ou Mariñeiría Profesional encádrase en cada Exército, nas diferentes especialidades. A relación coas FAS pode ser temporal ou permanente. Os seus empregos poden ser: Soldado, Cabo, Cabo Primeiro e Cabo Maior. Non están agrupados en Escalas senón por especialidades. O ingreso na Profesión de Militar pódese realizar de tres formas, segundo se queira adquirir a condición de MILITAR DE CARREIRA, MILITAR DE COMPLEMENTO ou MILITAR PROFESIONAL DE TROPA e MARINERÍA, accedendo mediante convocatoria pública a través dos sistemas de concurso, oposición ou concurso/oposición. O sistema utilizado normalmente é o de concurso/oposición. As probas selectivas das respectivas convocatorias para o ingreso nas Academias Militares por acceso directo publícanse no BOE, normalmente o 1º trimestre do ano. Os interesados que desexen obter máis información, pódense dirixir á Delegación Provincial de Defensa en Pontevedra, situada na rúa Pastor Díaz s/n. Teléfonos 986 85 10 85 / 986 85 18 13 / 986 85 18 73, extensión 21. Para as Titulacións de Técnico Militar establécese unha equivalencia xenérica -aos efectos tanto académicos como profesionais- co Título de Técnico. Ademais, para algunhas das titulacións de Técnico Militar, a equivalencia -a efectos tanto académicos como profesionais- establécese co Título de Técnico na súa correspondente profesión. En todo caso, para obter esta equivalencia, tamén cómpre acreditar que o interesado/a está en posesión dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio. Para máis información, véxanse as Ordes ECD/3869/2003 (BOE do 27 de xaneiro de 2004) e a ECI/2417/2005 (BOE do 26 de xullo de 2005). Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es • CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. A Garda Civil pertence aos Corpos de Seguridade do Estado, dependente dos Ministerios de Interior e Defensa. A súa misión é protexer as liberdades e garantir a seguridade dos cidadáns. Existen catro escalas: 24
  • 25. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO • Básica: Cabos e Gardas. • Suboficiais: Sarxento, Sarxento 1º e Brigada. Suboficiais superiores: Subtenente, Suboficial Maior. • Executiva: Alférez, Tendente, Capitán, Oficiais Superiores: Comandante, Tte. Coronel, Coronel. • Superior: Xeneral de Brigada, Xeneral de División. Para incorporarse ás dúas primeiras escalas dos Gardas Civís e Suboficiais, a formación impártese en Baeza (Jaén). Para as demais escalas, esta formación terá lugar na Academia de Oficiais de Aranjuez ou do Escorial (Madrid). O acceso a este Corpo faise mediante probas de selección, tendo que cumprir ademais os seguintes requisitos xerais:  Nacionalidade española.  Non estar privado de dereitos civís nin estar procesado por delito.  Acreditar boa conduta cidadán, conforme ó establecido na Lei 68/1980 do 1 de decembro, de expedición de certificacións e informes sobre conduta cidadán.  Non haber sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio das funcións públicas.  Ter cumpridos 18 anos. Requisitos específicos para a Escala de Cabos e Gardas Civís:  Nacionalidade española e compromiso de portar armas.  Ser maior de 18 anos e menor de 30.  Permiso de conducir B ou superior.  Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, equivalente ou superior. Para os que obteñan o emprego de Garda Civil ou da Escala Básica de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil, establécese unha equivalencia xenérica a todos os efectos co Título de Técnico da FP de Grao Medio. En todo caso, para obter esta equivalencia, tamén cómpre acreditar que o interesado/a está en posesión dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio. Para máis información, véxase o Real Decreto 313/2006 (BOE do 20 de marzo de 2006). O ingreso na Garda Civil, despois de cumprir os requisitos expostos con anterioridade, faise mediante o procedemento de concurso/oposición e previa superación das probas selectivas establecidas na correspondente convocatoria (valoración de méritos académicos e profesionais, probas de coñecementos, ortografía, idiomas, psicotécnicas, informe médico…). O número de prazas que se convocan normalmente todos os anos, publícase no BOE e resérvase unha porcentaxe das mesmas para Militares Profesionais e para fillos/as de Gardas Civís. Para máis información, teléfonos 986 84 57 38 / 986 85 56 00 ou no 062 (gratuíto). Pódese consultar ademais a Orde do 9 de abril de 1996 do Ministerio da Presidencia (BOC núm. 11, do 20 de abril), pola que se aproban as bases e circunstancias aplicables aos procesos selectivos para ingreso nos centros docentes militares de formación para acceso á Escala Básica de Cabos e Gardas da Garda Civil). A Garda Civil é un corpo que conta con varias especialidades:  Tráfico: Regulación do tráfico, vixiando a circulación de vehículos.  Fiscal: Resgardo fiscal do Estado, velando polo cumprimento das disposicións relativas ó contrabando.  Protección da natureza: Conservación dos recursos hidráulicos, riqueza cinexética, piscícola e forestal.  Intervención de armas e explosivos: Control e expedición de guías e licencias.  Policía xudicial: Investigación de delitos e detención de culpables.  Información: Obtención, análises e elaboración de informes de interese.  Aérea: Vixilancia e transporte aéreo, no apoio do resto de Unidades. 25
  • 26. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO  Montaña: Rescate e salvamento en zonas de montaña de difícil acceso.  Marítima: Vixilancia do mar e os seus recursos así como rescate e salvamento na auga.  Protección, seguridade e intervención: Vixilancia de edificios e mantemento e restablecemento do orden.  Cinolóxica: Adestramento e manexo de cans para facilita-lo desempeño das misións encomendadas ó corpo.  Desactivación de explosivos: Detección, neutralización e desactivación de artefactos explosivos e incendiarios non regulamentarios nas Forzas Armadas.  Automobilismo: Apoio ó resto de unidades no transporte de mercancías e persoas así como mantemento e reparación de vehículos.  Transmisións: Manexo e reparación dos medios de transmisión para o apoio ás Unidades.  Armamento: Reparación e mantemento do armamento de dotación asignado ós membros da Garda Civil e as súas Unidades.  Información e estatística: Manexo e mantemento de equipos informáticos. ⇒ NOTA: Véxase tamén a última Resolución 160/38043/2014, de 20 de maio (BOE do 26 de maio de 2014), do Ministerio de Defensa, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso directo, polo sistema de concurso/oposición, nos centros docentes de formación, para a incorporación á Escala de Cabos e Gardas do Corpo da Garda Civil. • POLICÍA NACIONAL O Corpo Nacional de Policía ten o carácter de instituto armado de natureza civil e depende da Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior). A súa misión exprésase no Artigo 104 da Constitución: “As Forzas e Corpos de Seguridade, baixo a dependencia do Goberno, terán como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá”. As súas funcións desenvolveranse tendo en conta a seguridade cidadá, a información e loita antiterrorista, a policía científica, a estranxeiría e documentación e a policía xudicial. ESCALAS CATEGORÍAS • SUPERIOR  Comisario principal  Comisario • EXECUTIVA  Inspector xefe  Inspector • SUBINSPECCIÓN  Subinspector • BÁSICA  Oficial  Policía O Ingreso no Corpo Nacional de Policía faise a través das categorías de Policía e de Inspector, mediante o procedemento de oposición libre e previa superación das probas selectivas establecidas na correspondente convocatoria que se publica case tódolos anos, no BOE. Para máis información sobre prazas na Policía Nacional: teléfonos 986 86 83 64 (Delegado de Formación en Pontevedra) e 986 85 38 00 ou na páxina web do Ministerio do Interior: www.mir.es O requisito académico que se esixe para aspirar a Policía é estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. ⇒ Para máis información, consultar a Resolución do 2 de setembro de 2013 (BOE do 20 de setembro de 2013), da Dirección Xeral da Policía -Ministerio do Interior- pola que se convoca oposición libre para cubrir prazas de alumnos do Centro de Formación, da División de Formación e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na 26
  • 27. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO Escala Básica, categoría de Policía, do Corpo Nacional de Policía. Páxina Web: www.policia.es Requisitos xerais:  Ser español, ter 18 anos e non haber cumprido os 30.  Estatura mínima 1,65 metros os homes e 1,60 as mulleres.  Compromiso de portar armas e, no seu caso, chegar a utilizalas.  Non haber sido condenado por delitos nin separado do servizo da Administración do Estado, da Administración Autonómica, Local ou Institucional, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.  Estar en posesión dos permisos de conducir B, A e a autorización de B.P.T., obtidos con anterioridade á data na que comparezan á realización da 4ª proba (momento no que deberán acreditalo). Para os que obteñan o emprego de Policía e de Oficial de Policía -Escala Básica do Corpo Nacional de Policía- establécese unha equivalencia destas categorías cos Títulos de Técnico e de Técnico Superior respectivamente, correspondentes á FP do sistema educativo actual. En todo caso, para obter esta equivalencia tamén cómpre acreditar que o interesado/a está en posesión dalgún dos requisitos de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio ou de Grao Superior, segundo o caso. Para máis información, véxase a Orde ECI/1995/2007 (BOE do 6 de xullo de 2007). Os aspirantes que superen a fase de oposición, incorporaranse ao Centro de Formación. Se aproban realizarán un período de prácticas. En ámbalas dúas situacións consideraranse funcionarios en prácticas. ⇒ Para aspirar á Escala Executiva -Inspector de Policía- esíxese como requisito académico ser Graduado Universitario ou equivalente. Ao respecto véxase máis información na Resolución do 30 de outubro de 2012 (BOE do 27 de novembro de 2012), da Dirección Xeral da Policía -Ministerio do Interior- pola que se convoca oposición libre para cubrir prazas de alumnos do Centro de Formación, da División de Formación e Perfeccionamento, aspirantes a ingreso na Escala Executiva, categoría de Inspector, do Corpo Nacional de Policía. Nas oposicións para POLICÍA LOCAL, a titulación académica que se esixe depende das correspondentes administracións locais convocantes. Por exemplo -no caso do Concello de Pontevedra- este requisito é o de estar en posesión do Título de Bacharelato, Técnico Superior de Formación Profesional ou equivalente para o acceso como Funcionarios do grupo C1 (Véxase o BOP da provincia de Pontevedra do 13 de maio de 2011). Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es • BOMBEIRO Unha clase diaria obrigatoria de ximnasia -de hora e media de duración- ademais de dúas horas de manobras polas tardes. Requírese vocación, entrega no servizo e sacrificio polos demais, responsabilidade, traballo en equipo e calidades físicas como a potencia, a forza e a resistencia ademais dun estado físico saudable. Superadas as oposicións, accédese ás Escolas de Bombeiros. Logo de superar as probas, os aspirantes propostos polo Tribunal serán nomeados funcionarios en prácticas no momento no que dea comezo o curso obrigatorio de formación teórico/práctica na Academia Galega de Seguridade, nas condicións que regulamentariamente se determinen. Durante o período de permanencia no curso de formación na Academia Galega de Seguridade, os aspirantes percibirán, con cargo ó Presuposto da Corporación, as retribucións que a normativa vixente establece para os funcionarios en prácticas. ESCALA OPERATIVA  Cabo  Sarxento 27
  • 28. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO  Suboficial ESCALA TÉCNICA DE MANDO (Graduados en arquitectura ou enxeñería).  REQUISITOS a) Nacionalidade española. b) Ter cumpridos 18 anos e non exceder da idade sinalada para a xubilación forzosa. c) Estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente ou do Título de Técnico de Formación Profesional ou atoparse nas condicións de obtelos na data en que remate o prazo de presentación de instancias. d) Estar en posesión do carné de conducir da clase C-2 antigo ou C+E con BTP actual na data en que remate o prazo de presentación de instancias. e) Acreditar a aptitude física coa presentación dun certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que reflicta o certificado médico. f) Non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas nin separado/a do servizo ás administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.  ACCESO Trala superación dunha oposición “con probas físicas”. Hai que ter en conta que estas prazas dependen da oferta de cada concello, polo que a información sobre as probas selectivas é orientativa, xa que pode variar en cada convocatoria. Primeira proba: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en contestar por escrito no tempo que determine o Tribunal un test de personalidade dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que vaia desenvolver. Segunda: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá nun recoñecemento médico no que se valorará se os/as aspirantes posúen as condicións físicas mínimas. Para a realización desta proba aplicaranse ós/ás aspirantes as técnicas médicas de uso convencional que se estimen oportunas, incluída a analítica de sangue e urina. Ámbalas dúas probas cualificaranse como apto ou non apto. Terceira proba: de carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá na realización das probas físicas que a seguir se relacionan: a) Gabear unha corda. O/a aspirante deberá subir a pulso, por unha corda lisa, á altura de 7 m. nun tempo máximo de 13 segundos. b) Salto de lonxitude con carreira. c) Carreira de 1.000 m. d) Proba de equilibrio. Farase o recorrido pasando a pé sobre un taboleiro situado a unha altura de 1 m, unha anchura de 11 cm. e unha lonxitude de 5 m, ida e volta e todo o exercicio en 12 segundos de tempo máximo. e) Carreira de velocidade. Consistirá en percorrer a distancia de 200 m. cunha carga de 30 kg. f) Natación. Percorrido de 50 m. en piscina, a estilo libre. Non está permitido agarrarse á parede ou ás corcheiras, nin tocar cos pés no fondo. Cuarta proba, de carácter teórico. Consta de dúas partes: 1. Relativa aos coñecementos de toponimia dos Concellos. Consistirá en responder por escrito, nun tempo máximo de 30 minutos, 20 preguntas relativas á situación de edificios singulares, históricos e oficiais, situación de rúas, prazas, lugares, vías de comunicación, sentidos de circulación, ríos, etc. 2. Esta parte versará sobre coñecementos xerais e específicos. Hai que contestar por escrito a tres temas, nun tempo máximo de 120 minutos: un tema da primeira parte do programa (parte xeral) e dous correspondentes á segunda parte do programa (parte específica). Quinta proba, de tipo práctico: ten carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en efectuar as probas prácticas de área, auto escada, oxicorte, aparcamento e condución. Deberán ser superadas nos tempos máximos -cando se indique- establecidos para cada unha delas, sendo preciso obter un mínimo de 5 puntos para poder superar a proba dun xeito global. 28
  • 29. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO Sexta: de carácter obrigatorio e non eliminatorio.- Consistirá en contestar por escrito un cuestionario integrado por 20 preguntas tipo "test" con respostas múltiples, e sendo só unha delas a correcta, nas que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega, nun tempo máximo de vinte minutos, sen axuda de dicionario. 8. INCORPORARSE AO MUNDO LABORAL 9.1. NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: OPOSICIÓNS Con 18 anos cumpridos e dependendo da túa titulación académica podes acceder a un posto de traballo como funcionario/a nas administracións públicas (ministerios, comunidades autónomas, deputacións, concellos...) O sistema de acceso é polo xeral mediante oposición ou concurso- oposición. Convócase unha oferta de prazas para os diferentes postos (administrativo, profesor, carteiro, enfermeiro, bombeiro, conserxe, policía...) e se cumpres os requisitos mínimos podes presentarte aos exames da oposición, unha vez que realices a matriculación nos prazos propostos pola administración. As oposicións son procesos de selección que poden constar de varias probas, dependendo do tipo de traballo. Podes atopar información nos diferentes diarios oficiais das administracións: Boletín Oficial do Estado (BOE), Diario Oficial de Galicia (DOG) e doutras Comunidades e Provincias. Na convocatoria indícase: - Sistema de selección: oposición, concurso ou concurso- oposición. - As probas a superar: dependendo da oposición pode constar de tests psicotécnicos, temas a desenvolver, supostos prácticos, probas físicas... - Calendario das probas. - Requisitos dos candidatos. - Lugar e data de presentación das solicitudes. Na oferta de emprego público existen cinco tipos de corpos, que corresponden ás cinco escalas nas que se require titulación diferente. CORPO TITULACIÓN REQUERIDA Grupo A1 Titulación Universitaria de Grao /Postgrao Licenciado, Arquitecto o Enxeñeiro Grupo A2 Titulación Universitaria de Grao Diplomado, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico Grupo B Título de Técnico Superior (CFGS) Grupo C1 Título de Bacharelato ou Título de Técnico (CFGM) Grupo C2 Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) Profesionais sen requisito Certificado de escolaridade. Podes atopar máis información en: http://www.buscaoposiciones.com/ 9.2. RECOMENDACIÓNS 29
  • 30. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO 1º- Inscríbete na oficina do Servicio Galego de Colocación máis próxima ao teu domicilio. 2º- Prepara un bo plan de búsqueda de emprego: - Presta atención aos avisos do INEM, consulta a diario a prensa e revistas especializadas na oferta laboral. - Elabora documentos sinxelos (carta de presentación, currículum vitae...) e coñece os procedementos de selección da empresa (entrevistas, test...) - Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación. 3º- Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio. Asesórate na Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de Comercio ou Sindicatos. 4º- Mentres tanto, mantente ocupado/a en actividades de formación relacionadas co traballo ao que aspiras. 30
  • 31. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO IES PEDRO FLORIANI Rúa PEDRO FLORIANI nº 2 36800 REDONDELA (PONTEVEDRA) Tf: 986 40 19 11 Tf/fax: 986 403944 Correo electrónico: ies.pedro.floriani@edu.xunta.es http://www.edu.xunta.es/centros/iespedrof loriani/ FLORIENTA: http://florienta.blogspot.com.es/ 31