Se ha denunciado esta presentación.
Utilizamos tu perfil de LinkedIn y tus datos de actividad para personalizar los anuncios y mostrarte publicidad más relevante. Puedes cambiar tus preferencias de publicidad en cualquier momento.

Muíños de Ponte Goiáns

193 visualizaciones

Publicado el

Muíños de Ponte Goiáns

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Muíños de Ponte Goiáns

  1. 1. Muíños de Ponte Goiáns
  2. 2. Inferno É a parte de abaixo do muíño.
  3. 3. Canle Rego que nace nunha reviravolta do río e que leva auga ata o cubo do muíño
  4. 4. Rodicio Roda de ferro ou madeira disposta horizontalmente na que bate a auga e fai move-lo mó.
  5. 5. Vara Eixe que transmite o movemento do rodicio á moa. vara
  6. 6. Moa A capa ou moa é unha peza móvil que xira sobre o pé. Serve para moer o gran e convertilo en fariña. No seu interior ten un furado duns 20 centímetros de diámetro.
  7. 7. Ollal Furado no medio da capa polo que cae o gran para ser moído.
  8. 8. Erguedoiro Sistema para erguer ou baixar a moa para conseguir unha fariña máis grosa ou máis miuda.
  9. 9. Quenlla É unha canle de madeira, por onde cae o gran desde a moega á moa. Pódese graduar a inclinación por medio dun cordel para que pase máis ou menos cantidade de gran.
  10. 10. Tarabelo Peza do muíño de diferentes formas, unida á quenlla e apoiada na moa, que se move ao xirar esta, e axita a quenlla para que caia o gran no ollo do muíño.
  11. 11. Trimiñado Parte do muíño onde cae a fariña.
  12. 12. Adella Caixón de madeira enriba da mó no que se bota o gran que se vai moer.
  13. 13. Enrán,cuncha ou rá Peza de pedra ou ferro na que se apoia todo o eixo do muíño.
  14. 14. Pousadoiro É unha lousa de pedra fincada na parede e que fai un xeito de mesiña.Está colocada xeralmente preto da porta de entrada, e ten como finalidada pousa-lo saco de fariña ou gran mentres pecha ou abre a porta.
  15. 15. Artesa A artesa sen tapa empregábase para mesturar a fariña, auga, sal e lévedo que posteriormente se metería no forno para facer o pan. Se a artesa tiña tapa, empregábase para gardar o millo, a fariña...
  16. 16. Pá Emprégase para recoller a fariña.
  17. 17. Cribo É un instrumento circular de madeira co fondo de arame fino entretecido que serve para coar o millo despois de moelo.
  18. 18. Empilladoira Pá de madeira para amasar o pan na artesa. Mesturábase a fariña de millo coa auga quente, o sal e o fermento.
  19. 19. Ferrado Medida feita de madeira que servía para pagar a muiñada nos muíños de maquía.
  20. 20. Bibliografía - www.boiro.org - http://www.rios-galegos.com/venosg12.htm - Os muíños. Xavier Lores Rosal. - Catalogación do patrimonio etnográfico e natural na beira dos ríos de Boiro. Coordinadora: Mª Luisa López Otero.

×