Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provincial de Lugo
PLAN DE MUSEOS, XÉNERO, ARTE,
EDUCACIÓN E IGUALDADE
DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
INTRODUCIÓN
Museos para todxs entre todxs
O Plan de Museos, Xénero, Arte, Educación e Igualdade
na Rede Museística Provincial de Lugo
: : Coordenadas
A Rede Provincial de Lugo, dependente da Área de Cultura da
Deputación de Lugo, está formada por catro museos que cobren
gran parte do territorio da provincia lucense. No Norte, na Mariña,
encrávase o Museo Provincial do Mar en San Cibrao, Cervo. No Sur,
na Ribeira Sacra, o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos. Na
zona centro, emerxe o Museo Fortaleza San Paio de Narla polas
terras de Friol e, finalmente, no mesmo centro do casco histórico
da capital localízase o Museo Provincial de Lugo. Cada museo
posúe a súa propia identidade e carácter, pero, ao mesmo tempo,
os catro traballan en rede dentro dun modelo de xestión que
fomenta vínculos e aproveita os recursos, dunha forma sostible e
responsable.
: : Responsabilidade social
Pero, responsable con que? Desde 1946 á actualidade, o ICOM
(Consello internacional dos Museos) vén actualizando a definición
de museo para que corresponda coa realidade da comunidade
museística mundial. Na máis recente transcende a necesidade de
colocar a persoa no centro da acción museística.
“Institucionespermanentes,sinfinesdelucro,
al servicio de la sociedad y su desarrollo, abiertas al
público y que conserva, investiga, difunde y exhibe el
patrimonio material e inmaterial de las personas y su
entorno con fines de estudio, educación y deleite”
A xestión da Rede Museística Provincial de Lugo traballa para
que esta definición sexa unha realidade, actuando con base en
tres premisas: ética, técnica e empatía.
: : Ética, técnica e empatía
Ética para asumir a súa responsabilidade –e non só a súa
función– social e afastarse de hipóteses e mensaxes teóricas
que se quedan en meros propósitos. Esta conduta implica que
o modelo de xestión debe ser de dobre dirección e impregnar a
toda a estrutura da institución que actúa, á súa vez, como motor
de desenvolvemento da comunidade.
Técnica,porqueatransformacióndebeseguirunhametodoloxía
onde o museo explore con rigor científico as liñas da museoloxía
social, nun continuo reflexionar, facer, avaliar, corrixir e volver a
facer.
Empatía, porque esta responsabilidade social capacita o museo
como mediador, como punto de encontro entre o patrimonio e a
cidadanía e fainos actores indispensables do seu diálogo cultural.
Este diálogo permite que se constrúa unha comunidade de
artistas, asociacións, educadores, escolares, familias e público, en
xeral,quedescobrenosmuseosunlugarparaodebate,areflexión,
a divulgación e o desenvolvemento integral das persoas.
Neste diálogo comunidade/museo, o contido patrimonial
reactívaseeofrecenovaslecturas,manténdosevivoefomentando
o desenvolvemento social do territorio.
: : Museos de comunidade
Pero, falamos de responsabilidade, responsabilidade con
quen? con todos e todas, na súa diversidade cultural e social,
xeográfica, xeracional e educativa. Co firme empeño de ser
museos accesibles, de ser museos de comunidade, o que implica
que o traballo debe estar planificado de acordo con programas
para e coa colectividade, con obxectivos a medio e longo prazo
que incidan na difusión, conservación e estudo de toda a nosa
riqueza cultural, artística e patrimonial, en clave de cooperación e
diálogo. É con este convencemento co que a Rede desenvolva o
seu Plan xeral de Igualdade.
E para iniciar esta transformación, o primeiro paso é realizar
unha análise profunda da situación en perspectiva de xénero
sobre o territorio. Neste punto a Rede formúlase: cal é o papel da
muller creadora en Galicia? Que difusión ten o seu traballo nos
espazos culturais, nas mencións, bolsas e premios? Como cala o
pensamento feminista de finais de século XX no tecido cultural e
social do país? De que forma a muller pode desenvolverse como
investigadora e participante do progreso desta sociedade? E, nos
museos da Rede, que mensaxe envían as súas coleccións? Como
é a súa comunidade creativa, social e investigadora? Que diálogo
inclusivo establecen entre os seus contidos museísticos e a súa
comunidade? Escóitanse outras voces? De que forma actuamos
para/coa colectividade?
A xestión da Rede dálles resposta a estas cuestións cun modelo
de xestión sustentado en tres chanzos: coñecer, escoitar e
reaccionar.
: : Xestión para todos e todas
Citando a Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial
de Lugo,“a diferenza entre unha xestora e unha soñadora é ter un
plan”. Ter un plan esixe investigar e cuestionarse, continuamente,
o modelo de xestión. É formularse se a misión do museo responde
dunha forma real a este compromiso coa sociedade. É facer
preguntas e atender as respostas antes de pasar á acción. É
avaliar os resultados e corrixir as desviacións para volver a facer. É
“desinstitucionalizar”a programación.
Onde comeza todo? Ímonos vinte anos atrás, tempo anterior
á materialización da Rede, cando como responsable do
Departamento de Didáctica se formula, xa, estes razoamentos,
chegando á firme resolución de iniciar un cambio real que
identifique o museo coa súa misión, dunha forma práctica, máis
alá da teoría.
O auténtico suxeito axente desta transformación é o
Departamento de Didáctica, como eixe transversal das funcións
do museo, como campo de exploración de conflitos e cultivo
de solucións. Tamén, porque un modelo de xestión que formula
que o motor do cambio é a comunidade, entende, tamén, que a
comunidade comeza ao traspasar a porta da institución e que,
por tanto, todo o seu equipo humano debe estar implicado.
De acordo con esta formulación, a xestión da Rede proponse,
como premisa persoal, planificar desde a colectividade, desde o
activismo cultural. Esta actitude converte os museos da Rede en
espazos vivos para a inclusión, para o desenvolvemento cultural
da cidadanía, para construír e compartir cultura.
A metodoloxía de actuación é clara: facer, reflexionar, avaliar e
corrixir e, por suposto, volver a facer.
: : Xestión en feminino
E quen xestiona esta Rede? Unha muller, Encarna Lago. E por
tanto, se estamos falando dun Plan de Xénero e Igualdade, que
importancia ten esta xestión en feminino? A súa importancia
radica na elección que toma entre os dous modelos para seguir:
ou ben desfibrilar e manter vivos os arquetipos anacrónicos do
patriarcado ou ben xestionar desde o activismo cultural, onde a
inclusión das artistas, as investigadoras, as comisarias, as axentes
sociais constitúa o punto de partida para a construción dun Plan
de Xénero e Igualdade. Porque a transformación debe comezar
por un mesmo, por non estancarse en posicións acomodaticias
e promover un movemento que se interrogue continuamente:
Que? Como? Por que? Para quen? Onde? Cando?
Mirar a arte cunha perspectiva de xénero permite ter unha
visión global sobre as diferenzas que para homes e mulleres
supón o ámbito artístico. Visibilizar a contribución das mulleres
ao mundo das artes supón reinterpretar a historia, cuestionar os
discursos institucionais e incorporar novas propostas que dean
como resultado a transformación da mirada sobre o noso mundo.
: : Posibilitar - Visibilizar
Falamos, entón, de posibilitar, de provocar a interacción e a
creación a partir do diálogo coas coleccións, convertendo a Rede
nunha plataforma de visibilidade, con cerca de 400 proxectos de
mulleres desenvoltos ata a actualidade.
Con esta premisa nace Arte de ser muller nun mundo por
compartir 2.0, que conta xa con varias edicións, onde se ofrecen
os espazos públicos para a visibilidade e lexitimación da muller
artista partindo da inclusión. Recordemos que falamos de museos
ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento cultural. Este
proxecto parte dun plan de longo percorrido e, en coherencia
coa misión da Rede, foxe da política de efemérides de actividades
segmentadas e illadas, sen planificación. Así que rompe coa
etiqueta de ser un evento do “mes da muller”, para converterse
nun proxecto de traballo continuado no tempo.
Peroaoigualqueasociedade,osprogramastaménevolucionan
e deste proxecto brotan outros, como ramas dunha mesma
árbore. Así resulta, en 2014, OlladasdeMuller sobre a Guía Postal de
Maruja Mallo, unha exposición heteroxénea, en canto a discurso
e linguaxes (performance, pintura, fotografía, vídeo, instalación),
que nos cuestiona, a partir do cadro da artista lucense, a nosa
mirada sobre o territorio. Participan nela: Mónica Alonso, Carla
Andrade, Mónica Cabo, Carolina Cruz Guimarey, Xisela Franco,
Carmen Llonín, Paulova e o Colectivo Tanuki (Nieves Neira e
Cristina Sánchez) e Vari Caramés. A exposición, comisariada
por Ánxela Caramés e coordinada por Ana Etchevarría, formou
parte do Festival Miradas de Mulleres 2014, organizado por MAV,
Asociación de Mulleres nas Artes visuais e coordinado no ámbito
galego por Paula Cabaleiro.
Olladas de Muller sobre… é, tamén, unha convocatoria aberta
onde a comunidade artística presenta as súas propostas en
formato dixital para, unha vez seleccionadas, ser difundidas desde
a plataforma da Rede.
: : Acción, reflexión, reacción
Esta vía aberta á investigación e creación sobre a forma de ver
e de entender o noso mundo, desde una perspectiva de xénero,
provoca unha reacción ao ano seguinte co proxecto Olladas.
A miña familia, a partir da obra Retrato da miña familia, de Julia
Minguillón. Nesta ocasión, 47 artistas, 47 miradas diferentes
comunícannos a súa forma de entender a familia e a muller
na construción da sociedade, ao longo do tempo, e como un
sentimento común no desenvolvemento vital de todo individuo.
Outros proxectos vanse reactivando dentro deste plan global
por iniciativa da propia Rede ou de certos colectivos, a partir da
posta en marcha desta programación en igualdade.
Como os museos son espazos de memoria, as actividades
relacionadas coa súa recuperación, -unha parte máis da
conservación do noso patrimonio- son unha gran ferramenta
para revisar e investigar sobre a evolución dos modelos de xénero.
Neste campo levouse a cabo, como actividade periódica, nos
catro museos da Rede, Álbum da memoria compartida, dirixida a
persoas maiores e persoas con Alzheimer e que realizan xunto aos
seus coidadores.
: : Traballar desde o facer
Ao igual que noutros ámbitos da nosa sociedade, nos museos
tamén se recolle a representación dos roles de xénero. Como
reflexionar sobre iso para que sexa motor de cambio? Desta
cuestión nace Quen lle dá a volta á tortilla?, un proxecto en
colaboración co Museo de León e o Museo de Belas Artes de
Murcia, onde, a partir dunha estratexia educativa, se revisan os
arquetiposdexéneroqueasomannodiscursodassúascoleccións.
Un programa global que abarca o campo da investigación, a
didáctica, a acción social e a creación, nun proceso comunicativo e
de intercambio entre artistas de diferente procedencia. Participan
como creadores en rede neste proxecto: Noa Persán, Iago Eireos,
Paula Cabaleiro, Amancio González, Nadir, Esther Santás, Chelete
Monereo, Sergio Sotomayor e Ana Martínez.
Non é o único exemplo. As dúas edicións que se levan
celebrando do Congreso Xénero, Museos e Arte, en 2013 e en
2015, representan, tamén, a posta en práctica dos obxectivos do
Plan de Igualdade da Rede como construción de foros de debate
e investigación sobre a presenza da muller na arte, na xestión, na
universidade, na experiencia didáctica e, como bloque engadido
no último ano, nas migracións. Profesionais da museoloxía, da
crítica, a docencia, artistas, axentes sociais e público en xeral
participan nun encontro horizontal, dinámico, aberto á exposición
de experiencias e de modelos inclusivos en todos os ámbitos
nos que se desenvolva o museo: artístico, museolóxico, social e
educativo.
En coherencia con ese concepto de traballar en programación a
curto e longo prazo, xa se está traballando para a terceira edición
que incluirá o transxénero como tema para visibilizar.
Non son actividades illadas. Son espazos de reflexión que
sacan conclusións, provocan cambios, inducen á acción e se
retroalimentan doutros proxectos e colaboracións en rede.
: : Redes enredadas
Un Plan de Igualdade de Xénero debe contaxiar e sumar.
Neste tempo, a Rede creou unha extensa rede de colaboradores
multidisciplinares, composto por xestoras culturais, comisarias,
comunicadoras, axentes sociais, investigadoras e críticas. Por
colectivos sociais que pensan o museo como unha prolongación
da súa identidade cultural e buscan nel un espazo de expresión e
desenvolvemento. E, por suposto, por artistas.
Un modelo de xestión en rede supón multiplicar
exponencialmente ese “contaxio” e provoca que o terceiro sector
tome a iniciativa e se una ao Plan de Igualdade, xerando recursos
para a cidadanía e lazos co museo. Este é o caso de Mulleres
en / para / por / desde / ante o Museo, un proxecto de creación
compartida coordinado por Encarna Lago e Pilar Sánchez. Das
coleccións dos catro museos, homes e mulleres seleccionan a obra
que dará pé a un relato, co que homenaxean a figura feminina
relacionada coa súa propia experiencia vital. Recóllense así textos,
fotografías, vídeos e todo tipo de formas de expresión cos que, os
e as participantes, ofrecen a súa particular lectura dos contidos
museísticos. Actúa, entón, o patrimonio como axente inclusivo,
que activa a reflexión nun exercicio de memoria conservada, en
clave de xénero.
Esta programación favorece que os museos sexan espazos
de expresión de diversos colectivos. No caso de Mulleres en…
participarondiversasasociaciónscomo:ALUME,ASPNAIS,Asoc.de
Mulleres Redeiras“Cabo Burela”. Asoc. de Mulleres de San Cibrao, A
Mariña COGAMI, AFAMON, AUXILIA e o Centro de Información da
Muller do concello de Monforte, cos que, á súa vez, se van xerando
outras tantas iniciativas, que eles mesmos propoñen.
É así, como en 2014, discorre Diálogo Intercultural: Lugo-
Arxentina, como froito da relación coa Asociación Rioplatenses en
Lugo e outras asociacións culturais, no que se integra o proxecto
Mulleres de aquí e dacolá, onde se visibiliza o papel da muller na
migración, como portadora e salvagarda de identidade cultural,
e resalta o intercambio cultural que se leva realizando desde hai
séculos entre os dous territorios.
Este mesmo programa expándese en diversos diálogos
que inclúen a diversidade relixiosa, xeográfica e cultural da
comunidade lucense. Podemos falar entre todos, do proxecto
Dominicanas que se relaciona, á súa vez, co bloque Plántalle cara
ao maltrato, un tema transversal en todos os programas da Rede.
Unha valiosa ocasión para darlles voz e escoitar o colectivo de
mulleres que forma parte da nosa sociedade.
A Rede, tamén, forma parte de iniciativas de programación
conxunta entre museos que teñen como obxectivo traballar en
pro de ser máis abertos e responsables. Neste intercambio de
experiencias e recursos podemos poñer como exemplo NÓS +
Outras: En Rede, un proxecto común de cooperación internacional
coMuseoThyssen-Bornemiszaqueseproducecomocontinuidade
a Olladas. A miña familia. Artistas, colectivos e asociacións de
mulleres, departamentos de didáctica de museos de diferentes
países únense para construír un espazo de creación en feminino.
Unha vez máis, o detonante transformador son os talleres
didácticos que provocan unha onda expansiva de reflexión sobre
as cuestións de xénero, a educación en valores, as campañas
contra o maltrato e o diálogo intercultural e interrelixioso.
É por isto que este modelo de xestión establece relacións con
aquelasentidadesquedesenvolvanprogramascontraaexclusión.
A colaboración con ONG xera un compromiso para que persoas
integradas nos seus programas se incorporen aos proxectos da
Rede, completando a súa formación e sumando oportunidades
de futuro.
: : MAV
Tamén en plataformas profesionais de creación e debate
como MAV, Asociación de Mulleres nas Artes visuais, a xestión da
Rede está presente. MAV é un observatorio de boas prácticas en
política cultural, que se preocupa por mostrar a forza da creación
das mulleres e da arte como análise da desigualdade e incidencia
sobre a realidade.
Participa así, tanto nos seus foros como na súa Xunta Directiva,
dun interese común por facer cumprir a Lei de igualdade no seu
artigo 26, referido á igualdade no ámbito da creación e produción
artística e intelectual e a súa difusión, onde as administracións
públicas deben velar e tomar medidas para facer efectivo o
principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres
e homes. Na elección da Rede como participante da súa Xunta
Directiva, a asociación destacou a súa credibilidade en cumprir o
seu Plan de Xénero.
Unha da súas ferramentas para poñer en práctica é a Bienal
Miradas de Mulleres 2016, unha nova volta sobre as anteriores
edicións do Festival Miradas de Mulleres, que tamén tivo a súa
sede nos museos da Rede.
A Rede pon en práctica o concepto de museo segundo o
ICOM a través dun programa planificado, en continúa avaliación
que xera e alimenta novos proxectos e redes. Pero o auténtico
motor son as persoas, a comunidade social, educadora e artística,
indispensables para que o Plan de Xénero e Igualdade sexa
efectivo e unha arma para o cambio.
Esta proposta pretende configurar desde os museos unha
rede de vertebración e difusión de actividades que, baixo unha
perspectiva de xénero, se desenvolvan dentro do ámbito das
artes e do patrimonio.
Desde a Rede Museística Provincial consideramos esencial a
comprensión e a visibilización da diversidade de xénero, como
medio necesario para acadar a excelencia no ámbito da arte, da
cultura e da educación.Temos que educar, sensibilizar e promover
os valores de igualdade dentro das áreas de cultura e museos.
A Lei de Igualdade, no seu artigo 26, propón actuacións para
que as mulleres combatan a súa discriminación no ámbito da
creación e produción artística e intelectual.
Para acadar o obxectivo é imprescindible habilitar as canles
necesarias para o diálogo social, establecendo colaboracións con
institucións, asociacións ou colectivos sociais que compartan os
mesmos criterios de igualdade.
As artes visuais constitúen un medio idóneo para a reflexión
e o debate, así como para acadar a igualdade real e efectiva de
mulleres e homes en todos os ámbitos, tanto públicos como
privados.
A Rede Museística intervirá como mediador neste diálogo coa
sociedade, recollendo e canalizando todas aquelas iniciativas e
suxestións que se propoñan en relación a este tema.
A forza renovadora e creativa das mulleres, debe dirixirse a unha
colaboración para fomentar e desenvolver o seu empoderamento
nas áreas de cultura, museos e educación.
De acordo con esta filosofía, vaise desenvolver, ao longo do
presente ano, o seguinte programa:
PROGRAMA
: : Xaneiro
Exposicións:
• OLLADAS ITINERANTES.VV.AA. (Todo o mes nos museos da rede).
• INHERENTES. Tamara Wassaf (Nos museo de Rede e no Museo
Arqueolóxico de Cacabelos, León).
Obradoiros:
• Todas a semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
Outras Actividades:
• Participación na selección de proxectos de xenero e arte en
feminino.
• Participación na xunta directiva do MAV (Mulleres nas Artes
Visuais), a través da xerente da Rede.
: : Febreiro
Exposicións:
• OLLADAS ITINERANTES.VV.AA. (Todo o mes nos museos da rede).
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas a semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
• Obradoiros complementarios da exposición “ABRINDO A SALA
DO TESOURO. FISURAS NA VITRINA”.
• ONDE SE AGOCHA A DAMA?.
• A VISITA DA MOURA.
• TALLER DA ARTISTA Ana DMatos: AS MÁSCARAS DOS ANIMAIS
FOLLA.
PROGRAMA MES DE ROSALÍA DE CASTRO
• 2 de febreiro ás 17:30 horas: “A viaxe de Rosalía” espectáculo a
cargo de Larraitz Urruzola. Sala de Exposicións da Deputación.
• 15 febreiro: envío a todos os colexios da unidade didáctica
“FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS”.
• Do 22 de febreiro ao 22 de marzo: Exposición Airiños Airiños
Aires de Rosalía de Castro, Sala de Exposicións da Deputación.
• OBRADOIROS INTERXENERACIONAIS : ROTEIROS.
• 24 de febreiro: acto polo Día de Rosalía. Maratón de lectura nos
museos da Rede Museística.
• CANTARES GALLEGOS: Obradoiro de cantigas tradicionais.
Lectura de poemas e recollida de cantigas locais. Transcripción,
impresión e collage.
• “Rosalía nas ondas”: Musicalización dun poema de Rosalía e
creación dun videoclip de participación colaborativa.
• “Ausencias presencias”: Obradoiro colaborativo no que a través
das redes sociais os usuarios compartirán con nós imaxes de
lugares ou obxectos, cargados de ausencias, pero tamén da
memoria das mulleres do noso pasado, as“Rosalías”que marcaron
as nosas vidas.
Outras Actividades:
• Incorporación do programa á Bienal de MAV.
: : Marzo
Exposicións:
• NÓS+OUTRAS EN REDE:
3 de Marzo ás 12:00 da mañá en Lugo.
2017 no Museo Thyssen-Bornemisza
• OLLADAS ITINERANTES.VV.AA. (Todo o mes nos museos da rede).
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza e museos Americanos).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
Outras Actividades:
• 3, 8, 9, 11 e 12 de marzo, III Congreso Xénero, Museos, Arte e
Educación.
: : Abril
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
: : Maio
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
: : Xuño
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
Outras Actividades:
• Curso Formación profesorado en colaboración co Centro de
Formación do Profesorado : Museos, Educación e Igualdade.
: : Xullo
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
: : Agosto
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
: : Setembro
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
: : Outubro
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
: : Novembro
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
Outras Actividades:
• 25 de Novembro, Xornadas“Plántalle caro ao maltrato”.
: : Decembro
Obradoiros:
• NÓS+OUTRAS EN REDE (Rede Museística e Museo Thyssen-
Bornemisza).
• Todas as semanas para os tres clubes da Rede (Ei!, Peque@migos
e Senior).
•“A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0: loni_creator”.
Outras Actividades:
• 3 de decembro, Museo Provincial do Mar. Xornada Muller,
museos, arte e discapacidade.
• 18 de decembro. Xornadas “Culturas en Diálogo, migración e
igualdade”.
Ademais destas actividades xerais, en cada museo da Rede
Museística terá lugar unha programación de xénero específica
que se vai desenvolver tamén ao longo do presente ano e que
comprende as seguintes actividades:
: : Museo Pazo de Tor
• 8 marzo,16:30 h.
“REFLEXOS><REFLEXIÓNS DE MULLER A MULLER”.
A idea é utilizar a imaxe para reflexionar sobre o papel da muller
ó longo da historia, que aprendemos do pasado e que podemos
esperar do futuro.
O obradoiro realizarase o día 8 de marzo, Día da Muller, pero este
acto simbólico estará aberto nas redes sociais ó longo de todo o
mes.
• Desde o 8 de marzo ata o 25 de novembro.
“O PAZO EN FEMININO”.
Unmicrovídeomensual(día8decadames).Faremosunpercorrido
en feminino polo pazo da man da muller que o viveu como casa e
como museo, Angelita.
• Desde marzo, o último sábado de cada mes
“LEMOS EN CLAVE DE –A.
Mesas redondas, nas que xuntaremos a mulleres profesionais de
diferentes nichos laborais, para dialogar entre elas e delas co resto
da sociedade, facer unha posta en común sobre o seu traballo, o
seu día a día, dificultades, ventaxas, inconvintes, etc.
• 21 de Maio
DIM 2016:“Museos e paisaxes culturais”.
Xornada“MULLERES E VIÑO”
Axornadaincluirácharlaecataconmulleresprofesionaisdosector
e unha visita a algunhas das adegas rexentadas por mulleres.
• 11 xuño, 16:00 h.
“IMAXES DE XÉNERO NA ICONOGRAFÍA ROMÁNICA”.
Xornada de coñecemento e difusión do románico da Ribeira Sacra,
en colaboración co “O Sorriso de Daniel”. O programa incluirá
unha visita ao pazo, unha charla sobre “As imaxes de xénero na
iconografía románica”e un roteiro polo románico da Ribeira Sacra.
• 20 outubro, 17:00 h.
“COCIÑANDO O FUTURO”.
Faremos da cociña un espazo de tradición e creatividade, de
visibilizacióndotraballofemininodentroefóradacasa.Realizarase
un “show cooking” a cargo da cociñeira Conchi Peiteado Varela,
do Restaurante Agarimo de Lalín. Reversionarase algunha das
receitas dos antigos libros de cociña do pazo.
• 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de
xénero.
Inauguración PROXECTO EXPOSITIVO“RAÍCES”.
Proxecto concibido entre catro artistas plásticas da provincia de
Lugo, dúas delas da Mariña de Lugo, Cristina Basanta e Lucía Vila,
e as outras dúas compoñentes, Cristina Vázquez (Crystilandia)
e Laura Varela, de Escairón, en pleno corazón da Ribeira Sacra
lucense.
: : Museo Provincial do Mar
• Durante o mes de marzo
Realización dunha montaxe audiovisual para ser proxectada en
bucle que visualizaría concretamente as pezas fotográficas do
museo desde un prisma de xénero.
• En Marzo
Elaboración dunha folla de sala que difunde a nosa colección
etnográfica dende un prisma de xénero.
• 15 de Abril.“OBXECTOS VIVIDOS”
Exposición temporal con obxectos cedidos por mulleres da
comunidade sobre o traballo e a vida no mar.
• 30 de Abril
Conferencia sobre a situación xurídica da muller.
• 14 de Maio
Mesa redonda sobre o papel da muller no traballo do mar.
• 28 de Maio
Ciclodeconferenciassobreotraballofemininonaindustrialización
da pesca e actividades derivadas, con Chema Leal.
• A presenza da muller nos rueiros da comarca
Durante o mes de Maio e no marco do DIM 2016, realizaremos
diferentes obradoiros para coñecer ás mulleres que figuran nos
rueirosdacomarca.Candoserematenosobradoirospublicaremos
un catálogo e un mapa con esas rúas.
O 21 de Maio, e no marco tamén do DIM 2016:“Museos e paisaxes
culturais”, “Roteiro sobre o traballo feminino, patrimonio oculto”.
Roteiro pola vila que pon en valor patrimonios fráxiles onde as
mulleres desenvolvían o seu traballo (lavadoiros, fábrica de
salazón….)
• Xuño
“EXPERIENCIAS. HISTORIAS EN PRIMEIRA PERSOA”
Utilizando as propias experiencias das mulleres do noso círculo
máis próximo realizaremos diálogos ou actos en torno as
seguintes temáticas: mariscadoras, redeiras, traballadoras da
conserva, traballadoras da baleeira, carpinteiras de ribeira,
mariñeiras, viaxeiras na mercante ou fareiras. Igualmente
realizaranse pequenas pezas de vídeo do narrado para poder
deixar constancia, en forma de arquivo, da memoria destas
pequenas historias ocultas.
: : Museo Fortaleza San Paio de Narla
• 26 de Marzo
“DA MULLER CONTEMPLATIVA Á MULLER ACTIVA”
Obradoiro no que faremos un percorrido no rol da muller dende o
medievo ata os nosos días vendo a evolución do mesmo.
•16 de Abril
“CONFIDENCIAS FEMININAS NOS PARLADOIROS”
Reuniremos a diferentes mulleres, e cada unha delas rememorará
conversasprivadaseíntimasencírculospechadossóafeminidade.
• 7 de Maio
“EVOLUCIÓN SOCIAL: PONDERACIÓN FEMININA”
Nun grupo de mulleres, iremos falando da nosa evolución como
mulleres, de como pasamos de nenas a mulleres, dos nosos
medos, de como os afrontamos, de como nos reafirmamos e
como melloramos a autoestima. Tamén falaremos das distintas
xeracións, non foi o mesmo ser muller en etapas de represión
política, como o franquismo que na democracia.
• 11 de Xuño
“A MULLER CAMPESIÑA MEDIEVAL ABRINDO CAMPO AO
MUNDO TÉXTIL”
Obradoiro no que traballaremos sobre o mundo do liño na idade
media como un precedente da industria téxtil.
: : ENLACES
Rede Museística Provincial de Lugo
http://www.redemuseisticalugo.org/
Kit de herramientas para ser mujer y practicar Arte
https://vimeo.com/128767166
Foro MAV 2015
http://www.mav.org.es/index.php/71-mav/actuaciones/1714-
foro-mav-2015
: : PROXECTOS E RECURSOS
Olladas de Muller sobre a Guía postal de Lugo
https://rede-museistica-provincial-de-lugo.culturalspot.org/
exhibit/olladas-de-muller-sobre-a-gu%C3%ADa-postal-de-lugo/
sgJyfFJe-LaMIg
Olladas. A miña famIlia
h t t p : / / r e d e m u s e i s t i c a l u g o . o r g / d o c u m e n t o s .
asp?mat=28&id=2488
I Congreso Xénero, Museos e Arte. Mesa redonda:“A relación de
arte e xénero: Muller creadora e xeradora de arte”
https://vimeo.com/79183386
II Congreso Xénero, Museos Arte e Migración
http://redemuseisticalugo.org/IIGeneroMuseosArte/portada.asp
Mulleres em / para /por /desde / ante o museo http://es.slideshare.
net/pilarsanchez1257/historias-mulleres
Culturas en Diálogo. Lugo – Arxentina
http://www.redemuseisticalugo.org/videoteca.asp?id=97
Culturas en diálogo. Lugo – Uruguai
https://vimeo.com/143163063
Álbum da Memoria das Mulleres da Mariña
https://vimeo.com/134600084
: : BIBLIOGRAFÍA
I Congreso Xénero, Museos e Arte. Actas [en línea] Lugo
Servizo de Publicación, Deputación Provincial de Lugo, 2015.
Disponible en Web:
<http://www.didacticaredemuseistica.org/?page_id=1107>
Actas del I Congreso Internacional de Educación y Accesibilidad
en Museos y Patrimonio
En y con todos los sentidos, hacia la integración social en igualdad:
actas Huesca: Universidad de Zaragoza, Máster en Museos:
Educación y Comunicación, 2015. 3 t. (367, 388, 317 p.).
Disponible en Web:
< http://www.mastermuseos.es/blog/publicaciones/actas-del-ii-
congreso-internacional-de-educacion-y-accesibilidad/>
ALIAGA, Juan Vicente. Arte y cuestiones de género: una travesía del
siglo XX, San Sebastián. Nerea, 2004. 118 p.
DESVALLÉES André, MAIRESSE, François (dir.) Conceptos clave de
Museología [en línea] ICOM. 2010
Disponible en Web:
<http://icom.museum/fileadmin/user_upload/pdf/Key_
Concepts_of_Museology/Museologie_Espagnol_BD.pdf>
ESPINOSA RUÍZ, A., BONMATÍ LLEDÓ, C. (eds. científicos). Manual
de accesibilidad e inclusión en museos ylugares del patrimonio
cultural y natural. Gijón: Trea. 2013. 304 p.
FONTAL MERILLAS, Olaia, CALAF MASACHS, Roser, Museos de arte
y educación: construir patrimonios desde la diversidad. Madrid.Trea,
2007. 456 p.
GARCÍA SANDOVAL, Juan et al. ¿Quién le da la vuelta a la tortilla?.
Catálogo. Murcia. Medusa Mediación, 2014. 103 p.
MÉNDEZ LOIS, Mª José, PAYO NEGRO Mª Jesús (coords.).
Convivenciaeigualdade:dimensiónseretoseducativos.Santiago de
Compostela. Universidade, Servizo de Publicacións e Intercambio
Científico, 2008. 255 p.
REBOLLO, Mª Ángeles (coord.). Género e interculturalidad: educar
para la igualdad. Madrid. La Muralla, D.L. 2006. 291 p.