SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
www.ccooensino.net   .
En nome da Federación do Ensino de CCOO e no meu como secretaria xeral, douche a EN
HORA BOA por superares o proceso selectivo e pola túa incorporación dun xeito estable ao
mundo da docencia.
CCOO é o primeiro sindicato do estado, tanto por porcentaxe de afiliación como por representa-
tividade no ámbito confederal. Tamén somos o primeiro sindicato no ámbito do ensino.
A Federación do Ensino de CCOO de Galicia está integrada por un gran grupo de docentes que
entendemos que o sindicalismo ha ser democrático e independente, reivindicativo e de clase,
unitario, participativo e de masas, de mulleres e de homes, sociopolítico e internacionalista. É o
seu obxectivo principal a defensa dos intereses laborais, profesionais e pedagóxicos das perso-
as que traballan no ensino en todos os niveis educativos e, en igual rango de prioridade, a de-
fensa dun ensino de calidade, participativo, laico, crítico e democrático, como instrumento dina-
mizador dunha sociedade máis xusta e máis libre e dunha convivencia pacífica, tolerante e non
discriminatoria.
Neste sentido, CCOO leva acadado importantes melloras para os e as docentes:
        • melloras retributivas,

        • melloras de cadros de persoal,

        • melloras na xornada laboral,

        • melloras sociais que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral, propostas na súa
          maioría por CCOO e incluídas no Estatuto Básico do Empregado Público,
        • regulación das itinerancias...

Mantemos o noso compromiso de loitar pola mellora das túas condicións laborais e esixirémos-
lle arreo á Administración garantías no desenvolvemento dos acordos asinados; pero a nosa
forza acadámola coa túa axuda e a de quen, coma ti, loita por un ensino xusto e de calidade.
Neste documento imos tratar de informarte sobre os temas nos que se che poden presentar
máis dúbidas neste primeiro ano:
        • Fase de prácticas/Memoria

        • Información xeral: adxudicación de destinos, nomeamento funcionarios, concurso de
          traslados, permisos, horario da xornada laboral, retribucións, formación
        • Dereitos e deberes do funcionariado: lexislación básica, fondo de acción social, pro-
          gramas de conciliación, itinerancias
        • Vantaxes de estar afiliado/a a CCOO Ensino

O   SINDICATO CCOO DO ENSINO PONSE AO TEU DISPOR NOS SEUS LOCAIS PARA ATENDER CALQUERA
TIPO DE CONSULTA OU DÚBIDA QUE PUIDESES TER.
1. FASE DE PRÁCTICAS/MEMORIA

Tal como se establece na base décimo cuarta da Orde do 11 de marzo de 2010 (DOG do 25) e da Orde do 16 de
marzo de 2010 (DOG do 5 de abril), a fase de prácticas é tutelada, terá a finalidade de comprobar a aptitude para a
docencia de aspirantes seleccionados e a súa duración será de catro meses como mínimo.
Terás que realizar:
      a) Un informe memoria final. (Non hai un modelo único para facelo; presentámosche unha proposta que che
      pode ser útil.)
             1. Valoración global da actividade desenvolvida.
             2. Análise do contexto (características do centro): para elaborar este punto, tomar como referencia
                o PEC do centro.
             3. Características do alumnado: descrición dos grupos nos que desenvolviches a docencia, circuns-
                tancias específicas...
             4. Ideas básicas sobre as materias dadas.
             5. Horario: organización da aula e a materia...
             6. Información coa comunidade educativa: reunións, visitas de nais e pais, boletíns de notas...
             7. Obxectivos acadados e resultados obtidos: coordinación cos departamentos ou ciclos correspon-
                dentes, reunións, titorías...
             8. Dificultades encontradas e apoios recibidos.
             9. Avaliación:
                      • do alumnado
                      • da práctica docente e do desenvolvemento real do currículo
                      • da organización da aula e o aproveitamento de recursos
                      • da atención á diversidade
                      • da relación entre membros da comunidade educativa
                     • da coordinación co departamento ou ciclo e outros órganos de goberno e coordinación
             10. Propostas para a mellora continua.
         Esta fase de prácticas está tutelada por un profesor/a titor/a do centro (con funcións de asesorar, informar e
         avaliar). Emitirá un informe final á Comisión cualificadora.
      b) Realizar un curso de lingua galega de 20 horas de duración programado polos CFR (centros de formación e
      recursos). Eles son os que te convocarán.
A avaliación final expresarase nos termos de ‘apto’ ou ‘non apto’. No caso de non a superar, poderala repetir no vin-
deiro curso e, mentres, non serás recoñecido como funcionario/a de carreira.
Por causa xustificada e por pedimento da persoa interesada, pódese solicitar ou adiar a fase de prácticas (Dirección
Xeral de Centros e Recursos Humanos).
Aquelas mestras que estean de baixa maternal ou en período de lactación poden aprazar as prácticas ou darse de
alta no nivel administrativo, e poñerse de alta no centro co tempo suficiente para realizar o período de prácticas
(mínimo catro meses), tal como indica a orde.



2. INFORMACIÓN XERAL

 A. ADXUDICACIÓN DE DESTINOS
    As bases da convocatoria do corpo de mestres están publicadas no DOG do 17 de xuño de 2010 e para o resto
    de corpos no DOG do 22 de xuño de 2010. A adxudicación definitiva publicarase o 30 de agosto para mestres e
    o 14 de setembro para o resto de corpos. Dende CCOO loitamos e denunciamos para que saian todas as vacan-
    tes e a adxudicación de destinos sexa transparente; que non se produza unha falta de previsión que diminúa a
    calidade do ensino público galego. Este primeiro ano, nomearante funcionario ou funcionaria en prácticas para o
    curso 2010/2011. Este destino ten carácter provisional, polo que quedas obrigado a participar nos sucesivos
    concursos de traslados ata conseguires un destino definitivo.
B. NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A DE CARREIRA
          Unha vez aprobada a fase de prácticas, sairá publicado no BOE o teu nomeamento (setembro-outubro de
          2011) como funcionario de carreira con efectividade do 1 de setembro de 2011. Deberías gardar unha copia
          do DOG e do BOE coa túa nota final porque en posteriores concursos de traslados pódeche facer fal-
          ta.
          Se traballaches para outra administración, has solicitar o recoñecemento dese tempo mediante o ANEXO I.
          Se traballaches para a Administración educativa, entón utilizas o ANEXO II para que che recoñezan o tempo
          traballado tanto para os efectos económicos como administrativos.
          Os funcionarios de carreira cobran un complemento, o sexenio, ao cumpriren seis anos de servizos (ou múlti-
          plo de seis ata un máximo de cinco sexenios) para a Administración educativa. Para percibilos hai que acredi-
          tar para cada sexenio cen horas de formación de cursos homologados no tramo dos seis anos inmediatamen-
          te anteriores ao cumprimento do sexenio.


  C. CONCURSO DE TRASLADOS
          No primeiro trimestre do curso 2010/2011 convócase o concurso de traslados. Tes a obriga de participar ata
          obteres o primeiro destino definitivo. No ano de prácticas concursas con puntuación cero.
          Ollo!, no ano de prácticas as distintas coordinacións non puntúan.
          Se obtés destino no concurso, deberás permanecer nel dous cursos antes de concursares de novo. A partici-
          pación nos seguintes concursos xa é voluntaria. Solicitarás as prazas que máis che interesen.
          Na nosa páxina web (www.ccooensino.net) podes consultar datos sobre o concurso anterior: puntuacións
          máximas, mínimas, orde da convocatoria, baremo, concursantes por especialidade...


  D. LICENZAS E PERMISOS
                                 PERMISOS, LICENZAS E REDUCIÓNS DE XORNADA (DOG 23 de abril de 2008)
                 MOTIVO                                      DURACIÓN                                SOLICITUDE                                       NOTAS
                                                                                         PERMISOS
                                                                                                                         6 SEMANAS DESPOIS DO PARTO, APROVEITADAS OBRIGATORIAMENTE POLA
PARTO OU ADOPCIÓN                                    16 SEMANAS ININTERROMPIDAS                   XEFATURA TERRITORIAL
                                                                                                                         NAI

PATERNIDADE                                                 29 DÍAS NATURAIS                          DIRECCIÓN          A PARTIR DA DATA DE NACEMENTO DE FORMA CONTINUADA

LACTACIÓN FILLO/A MENOR 12 MESES              1 HORA DIARIA OU 4 SEMANAS ACUMULADAS               XEFATURA TERRITORIAL   A ELECCIÓN FAISE ANTES DE REMATAR O PERMISO MATERNAL

ACCIDENTE, FALECEMENTO, ENFERMIDADE               3 DÍAS HÁBILES MESMA LOCALIDADE                                        REQUIRE HOSPITALIZACIÓN, CIRURXÍA OU INFORME DA INSPECCIÓN MÉDICA.
                                                                                                      DIRECCIÓN
GRAVE 1.º GRAO                                    5 DÍAS HÁBILES DISTINTA LOCALIDADE                                     TÓMASE COMO REFERENCIA A LOCALIDADE DE RESIDENCIA DE QUEN SOLICI-
                                                                                                                         TA.
ACCIDENTE, FALECEMENTO, ENFERMIDADE               2 DÍAS HÁBILES MESMA LOCALIDADE                                        QUE FIGURE NO CENTRO OU NA BASE DE DATOS DA CONSELLARÍA.
                                                                                                      DIRECCIÓN
GRAVE 2.º GRAO                                    4 DÍAS HÁBILES DISTINTA LOCALIDADE                                     CÓNTASE DENDE O DÍA EN QUE O/A SOLICITANTE NON TRABALLARA.

ENFERMIDADE MOI GRAVE 1.º GRAO                              30 DÍAS NATURAIS                      XEFATURA TERRITORIAL   NECESÍTASE INFORME DA INSPECCIÓN MÉDICA

                                                                                                                         XUSTIFICANTE DA NECESIDADE DE REALIZALA DENTRO DA XORNADA DE
CONSULTA MÉDICA DO TITULAR OU FILLO/A                         O NECESARIO                             DIRECCIÓN
                                                                                                                         TRABALLO

EXAMES FINAIS                                            OS DÍAS DE REALIZACIÓN                       DIRECCIÓN          TEÑEN A MESMA CONSIDERACIÓN OS PARCIAIS ELIMINATORIOS

DEBER INESCUSABLE                                             O NECESARIO                             DIRECCIÓN          ACTO PERSOALÍSIMO CONVOCADO POLA AUTORIDADE COMPETENTE

                                                                                                                         SEN XUSTIFICACIÓN DOCUMENTAL E ATENDENDO AS NECESIDADES DO
ASUNTOS PERSOAIS                                   4 DÍAS, DOS CALES 2 DÍAS LECTIVOS                  DIRECCIÓN
                                                                                                                         SERVIZO

IMPREVISTOS, INDISPOSICIÓNS...                            24 PERÍODOS LECTIVOS                        DIRECCIÓN          IMPREVISTOS NON SUPERIORES A 3 DÍAS. NON NECESITAN XUSTIFICACIÓN

TRASLADO DOMICILIO 1 MEMBRO               1 DÍA MESMA LOCALIDADE; 2 DÍAS DISTINTA LOCALIDADE          DIRECCIÓN          PERMISO REFERIDO AO DÍA DE TRASLADO. SON DÍAS NATURAIS

TRASLADO DOMICILIO 2 OU MÁIS MEMBROS        2 DÍAS MESMA LOCALIDADE; 4 DÍAS DISTINTA LOCALIDADE       DIRECCIÓN          PERMISO REFERIDO AO DÍA DE TRASLADO. SON DÍAS NATURAIS

ACTIVIDADES FORMACIÓN SERVIZOS CENTRAIS
                                                              O NECESARIO                             INSPECCIÓN         A ADMISIÓN XA IMPLICA O PERMISO. OBRIGA DE PRESENTAR ANEXO I
CONSELLARÍA

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN UNIVERSIDADES,                                                                                  É PRECISO SOLICITAR O PERMISO COMO MÍNIMO 10 DÍAS ANTES, ACOMPA-
                                                              O NECESARIO                         XEFATURA TERRITORIAL
SINDICATOS, ETC.                                                                                                         ÑADO DE INFORME DA INSPECCIÓN

                                                                                          LICENZAS
MATRIMONIO, PARELLA DE FEITO                                15 DÍAS NATURAIS                      XEFATURA TERRITORIAL   EN DATAS QUE COMPRENDAN O DÍA DO FEITO OU INMEDIATAMENTE DESPOIS

ASUNTOS PROPIOS                                           3 MESES CADA 2 ANOS                     XEFATURA TERRITORIAL   DURACIÓN NON INFERIOR A 5 DÍAS. OS DÍAS SON NATURAIS

ESTUDOS                                                SEGUNDO CONVOCATORIA                       XEFATURA TERRITORIAL   1 CURSO IMPRORROGABLE. PODEN SER CUADRIMESTRAIS

                                                                               REDUCIÓNS DE XORNADA
COIDADO DE FILLO/A MENOR DE 12 ANOS OU
                                                        1/3 OU 1/2 DA XORNADA                     XEFATURA TERRITORIAL   REDUCIÓN PROPORCIONAL DAS RETRIBUCIÓNS
MAIOR DEPENDENTE

                                                                                                                         SEN REDUCIÓN DE RETRIBUCIÓNS. NECESITA INFORME DA INSPECCIÓN
COIDADO FAMILIAR DE 1.º GRAO                 REDUCIÓN DO 50% DA XORNADA DURANTE 1 MES             XEFATURA TERRITORIAL
                                                                                                                         MÉDICA. EXCEPCIONALMENTE PRORROGABLE POR OUTRO MES
GRAO DE CONSANGUINIDADE e AFINIDADE
                       1.º GRAO                                                                                2.º GRAO
                 PAI/NAI - SOGRO/SOGRA                                                           AVÓ/AVOA - AVÓ/AVOA POLÍTICOS
                                                                     TITULAR
                       CÓNXUXE                                                                     IRMÁN/IRMÁ - CUÑADO/CUÑADA
                      FILLO/FILLA                                                                           NETO/NETA




 E. HORARIO. XORNADA LABORAL
                                                    O Acordo do 30 de abril de 2007 asi-
                                                           CÓMPUTO
                     DOCENCIA        PERMANENCIA
                                                    nado por CCOO e todas as organizacións sindicais,
                                                           MENSUAL

  PRIMARIA
                    21 horas
                                  25 horas 30 horas
                                                    agás a CIG, deu lugar a outro acordo, o 8 de xuño de
               (incluídas gardas)
                                                    2007, sobre cadros de persoal dos centros de infantil e
  SECUNDARIA       18-20 horas    23 horas 30 horas
                                                    primaria e xornada laboral, que foi aplicable a partir do
inicio do curso 2009/10. Este acordo sitúa os mestres e mestras de Galicia con 21 horas lectivas semanais
(incluídas as gardas) e 25 de permanencia fixa semanal. Esta xornada laboral é a máis reducida de todas as
comunidades autónomas do estado.




F. RETRIBUCIÓNS
                                                          RETRIBUCIÓNS PERSOAL DOCENTE
                                        Mestres                   Prof. técnico                Prof. secund.                Catedráticos
    Concepto         Cód.
                                  Mes             Extra         Mes             Extra        Mes         Extra             Mes       Extra
   Soldo base         11      958,98 €        662,32€         958,98 €         662,32€    1.109,05 €    623,62 €     1.109,05 €     623,62 €
   Trienios           12        34,77 €       24,02 €          34,77 €          24,02 €     42,65 €      23,98 €          42,65 €    23,98 €
   C. destino         52      473,35 €       473,35 €         582,92 €         582,92 €    582,92 €     582,92 €      698,20 €      698,19 €

   C. específico              539,29 €       539,29 €         539,29 €         539,29 €    539,29 €     539,29 €      589,28 €      589,28 €
                      54
   Titorías                     43,62 €       43,62 €          43,62 €          43,62 €     43,62 €      43,62 €          43,62 €    43,62 €
   1.º Sexenio        54        59,21 €       59,21 €          59,21 €          59,21 €     59,21 €      59,21 €          59,21 €    59,21 €
   2.º Sexenio        54        76,13 €       76,13 €          76,13 €          76,13 €     76,13 €      76,13 €          76,13 €    76,13 €
   3.º Sexenio        54      101,53 €       101,53 €         101,53 €         101,53 €    101,53 €     101,53 €      101,53 €      101,53 €
   4.º Sexenio        54      143,81 €       143,81 €         143,81 €         143,81 €    143,81 €     143,81 €      143,81 €      143,81 €
   5.º Sexenio        54        42,29 €       42,29 €          42,29 €          42,29 €     42,29 €      42,29 €          42,29 €    42,29 €


   MUFACE             420       36,83 €       36,83 €          36,83 €          36,83 €     46,80 €      46,80 €          46,80 €    46,80 €
   PASIVOS            402       84,13 €       84,13 €          84,13 €          84,13 €    106,89 €     106,89 €      106,89 €      106,89 €
   IRPF               801               A lei prevé un cálculo individualizado en función das circunstancias de cadaquén




G. FORMACIÓN
   CCOO, anualmente e en función da dispoñibilidade orzamentaria, oferta cur-
   sos; entre eles convocarase no primeiro trimestre de curso algún destinado a
   orientarte en como facer a memoria de prácticas.
3. DEREITOS E DEBERES DO FUNCIONARIADO

   A. LEXISLACIÓN BÁSICA
     • No título II do Estatuto básico do empregado público, Lei 7/2007 do 12 de abril, recóllense os dereitos e
       deberes e os códigos de conduta dos empregados públicos.
     • Regulamento orgánico dos centros de infantil e primaria (ROC), DOG 21 de outubro de 1996.
     • Orde pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do ROC, regulando determinados aspectos de
       organización e funcionamento, DOG do 2/9/97. Encontrarás información sobre a elección de cursos,
       titorías, equipos de ciclo...
     • Orde do 28 de xuño do 2010 de elección de horarios.
     • Decreto que establece o currículo de educación infantil, DOG 23/06/2009.
     • Decreto que establece o currículo de educación primaria, DOG 9/7/2007.
     • Lei da función pública de Galicia, DOG 13/6/2008.
     • Calendario escolar, DOG 15/06/2010.
     • Decreto de comedores, DOG 6/02/2007.
     • Decreto de plurilingüismo, DOG 25/05/2010.
     • Orde de formación, DOG 11/04/2007. Encontrarás a información relativa a homologación dos cursos,
       horas para sexenios...
     • Orde do 7 de abril do 2008, DOG 23/04/08. Recóllense os permisos, licenzas e excedencias.


   B. FONDO DE ACCIÓN SOCIAL
     Estas axudas saen publicadas cada ano e podes pedilas por estes conceptos: maiores a cargo, estudos do
     traballador/a, estudos por fillos, por fillos menores, por atención a persoas con discapacidades, por tratamen-
     tos médicos e para vivenda. Na nosa páxina web (www.ccooensino.net/publicacions/monograficos) tes toda
     a información sobre a última convocatoria.




   C. PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN
     O persoal funcionario pode gozar das comisións de servizo tanto de saúde (ver información no DOG
     9/05/2007) como de conciliación da vida familiar e laboral (ver información no DOG 30/06/2006 e no DOG
     7/06/2007).




   D. ITINERANCIAS
     CCOO asinou un acordo sobre as condicións de traballo do profesorado itinerante que reflicte os seguintes
     aspectos:
        • carácter voluntario na aceptación das prazas,
        • compensación horaria en función dos quilómetros percorridos nos desprazamentos,
        • pagamento puntual dos desprazamentos.
     Tes máis información en www.ccooensino.net/publicacions/monograficos
     onde está o acordo publicado.
4. VANTAXES DE ESTAR AFILIADO/A A CCOO


  CCOO ofrécelle á súa afiliación un gran número de servizos coa máxima calidade e fiabilidade:

        • información persoal e xestión administrativa;

        • atención persoal aos afiliados de forma presencial, telefonicamente, por correo electrónico...;

        • servizos xurídicos, asesoramento profesional e tramitación de recursos;

        • actividades de formación permanente, tanto homologada pola Xunta de Galicia como por outras entida-
          des, presencial e en liña, válida para oposicións, concursos de traslados, sexenios...;

        • lecer, viaxes, tempo libre...;

        • envío persoal de publicacións estatais e autonómicas;

        • informacións sindicais actualizadas das mesas de negociación, xuntas de persoal...
  Por iso é imprescindible que entendas a importancia de afiliarte a un sindicato como CCOO: para facerte escoitar,
  para loitar e para que a túa opinión determine propostas polo ben dos teus dereitos e pola mellora das túas condi-
  cións laborais.
ESTAMOS Á TÚA DISPOSICIÓN NOS SEGUINTES LOCAIS:




                               FEDERACIÓN DO ENSINO
                       R/ Miguel Ferro Caaveiro 8 - 1.º andar
                           15703 Santiago de Compostela
                       Tlfo.: 981 551 820 / Fax: 981 551 821
                                ensino@galicia.ccoo.es
                                 www.ccooensino.net

A CORUÑA                  C. P. 15008                  LUGO                  C. P. 27002       O BARCO                C. P. 32300
Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.º andar                  Rolda da Muralla 58, 5.º andar          Praza de España 2, baixo esq.
Telf. 981 145 895 / Fax 981 145 899                    Telf. 982 221 060 / Fax 982 245 907     Telf. 988 322 034 / Fax 988 325 159
scensino.coru@galicia.ccoo.es                          scensino.lugo@galicia.ccoo.es           ensino.valde@galicia.ccoo.es

SANTIAGO                  C. P. 15707                  VIVEIRO               C. P. 27850       PONTEVEDRA             C. P. 36002
Rúa Miguel Ferro Caaveiro 8, 1.º andar                 Rúa García Dóriga s/n                   Rúa Pasantería 1, 2.º andar
Telf. 981 551 836 / Fax 981 551 821                    Telf. 982 561 001 / Fax 982 561 025     Telf. 986 866 276 / Fax 986 869 784
ensino.stgo@galicia.ccoo.es                            ucamari@galicia.ccoo.es                 scensino.pont@galicia.ccoo.es

FERROL                    C. P. 15402                  OURENSE               C. P. 32003       VIGO                   C. P. 36212
Rúa María 42-44                                        Parque San Lázaro 12, 3.º andar         Rúa das Teixugueiras 11 entreplanta
Telf. 981 369 336 / Fax 981 350 353                    Telf. 988 392 256 / Fax 988 251 400     Telf. 986 246 847 / Fax 986 246 848
scensino.ferrol@galicia.ccoo.es                        scensino.oure@galicia.ccoo.es           scensino.vigo@galicia.ccoo.es



                                                       OFICINAS DE MUFACE

                          A CORUÑA                                                                  OURENSE

                 R/ Cabo Santiago Gómez, 3/5                                                R/ Bedoya, 11 entresollado
                          15004 A Coruña                                                           32004 Ourense
               Telf.: 981 989 001 / Fax: 981 258 832                                   Telf.: 988 750 500 / Fax: 988 253 360

                           SANTIAGO                                                              PONTEVEDRA

                  R/ Rosalía de Castro, 23 baixo                                              R/ Sagasti, 2 entresollado
                 15706 Santiago de Compostela                                                     36001 Pontevedra
               Telf.: 981 981 000 / Fax: 981 590 769                                   Telf.: 986 981 500 / Fax: 986 861 478

                              LUGO                                                                    VIGO
                       R/ Irmáns Vilar Ponte, 8                                    R/ Condesa Casa Barcena, 1 entresollado
                             27002 Lugo                                                          36560 Vigo
               Telf.: 982 759 001 / Fax: 982 220 302                                          Telf.: 986 988 002



                     DEPARTAMENTOS TERRITORIAIS DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN

                          A CORUÑA                                                                   OURENSE

Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria         Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria
        Edificio Administrativo de Monelos, 7.º andar                                             Rúa Concello, 11
                     Praza de Luís Seoane, s/n                                                     32003 Ourense
                         15071 A Coruña
              Telf.: 981 184 701 / Fax: 981 184 785                                     Telf.: 988 386 604 / Fax: 988 386 600

                             LUGO                                                                 PONTEVEDRA

Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria         Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria
                      Ronda da Muralla, 70                                          Edificio Administrativo de Campolongo
                           27071 Lugo                                                     Avda. Fernández Ladreda, 43
                                                                                                 36003 Pontevedra
                 Telf.: 982 294 151 / 982 294 152                                     Telf.: 986 805 960 / Fax: 986 805 937

More Related Content

Viewers also liked

.Net overview
.Net overview.Net overview
.Net overviewmadydud
 
ReciproBoo Shelter
ReciproBoo ShelterReciproBoo Shelter
ReciproBoo ShelterReciproboo
 
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr200911111004
 
Blue sky marketing plan
Blue sky marketing planBlue sky marketing plan
Blue sky marketing planSunny Hồ
 
Household chores
Household choresHousehold chores
Household choresDina Mendes
 
Relational algebra
Relational algebraRelational algebra
Relational algebrashynajain
 
B2C Business models
B2C Business modelsB2C Business models
B2C Business modelsshynajain
 

Viewers also liked (10)

Manexo da impresora
Manexo da impresoraManexo da impresora
Manexo da impresora
 
.Net overview
.Net overview.Net overview
.Net overview
 
ReciproBoo Shelter
ReciproBoo ShelterReciproBoo Shelter
ReciproBoo Shelter
 
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
Modulcaknaakademikkelantanbahasamelayuupsr2009
 
Blue sky marketing plan
Blue sky marketing planBlue sky marketing plan
Blue sky marketing plan
 
direct investment turkey
direct investment turkeydirect investment turkey
direct investment turkey
 
Household chores
Household choresHousehold chores
Household chores
 
Relational algebra
Relational algebraRelational algebra
Relational algebra
 
Goals optin
Goals optinGoals optin
Goals optin
 
B2C Business models
B2C Business modelsB2C Business models
B2C Business models
 

Similar to Información

Similar to Información (6)

Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PAS
 
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xuntaProcedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
 
Cuestionario
CuestionarioCuestionario
Cuestionario
 
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
 
Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17
 
GuíA Oap 4 Eso
GuíA Oap 4 EsoGuíA Oap 4 Eso
GuíA Oap 4 Eso
 

More from profesorbouzabrey (18)

Alfombrado das rúas
Alfombrado das rúasAlfombrado das rúas
Alfombrado das rúas
 
Plan tic 2010 2011
Plan tic 2010   2011Plan tic 2010   2011
Plan tic 2010 2011
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 
Equipo tic
Equipo ticEquipo tic
Equipo tic
 
Equipo infantil
Equipo infantilEquipo infantil
Equipo infantil
 
Equipo directivo
Equipo directivoEquipo directivo
Equipo directivo
 
Equipo convivencia
Equipo convivenciaEquipo convivencia
Equipo convivencia
 
Equipo biblioteca
Equipo bibliotecaEquipo biblioteca
Equipo biblioteca
 
Equipo 3º ciclo
Equipo 3º cicloEquipo 3º ciclo
Equipo 3º ciclo
 
Equipo 2º ciclo
Equipo 2º cicloEquipo 2º ciclo
Equipo 2º ciclo
 
Equipo 1º ciclo
Equipo 1º cicloEquipo 1º ciclo
Equipo 1º ciclo
 
Enderezos web de utilidade
Enderezos web de utilidadeEnderezos web de utilidade
Enderezos web de utilidade
 
Desvío
DesvíoDesvío
Desvío
 
Datos xerais
Datos xeraisDatos xerais
Datos xerais
 
Coordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxicaCoordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxica
 
Actividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horarioActividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horario
 
Actividades complementarias
Actividades complementariasActividades complementarias
Actividades complementarias
 
Proxectolector
ProxectolectorProxectolector
Proxectolector
 

Información

  • 2. En nome da Federación do Ensino de CCOO e no meu como secretaria xeral, douche a EN HORA BOA por superares o proceso selectivo e pola túa incorporación dun xeito estable ao mundo da docencia. CCOO é o primeiro sindicato do estado, tanto por porcentaxe de afiliación como por representa- tividade no ámbito confederal. Tamén somos o primeiro sindicato no ámbito do ensino. A Federación do Ensino de CCOO de Galicia está integrada por un gran grupo de docentes que entendemos que o sindicalismo ha ser democrático e independente, reivindicativo e de clase, unitario, participativo e de masas, de mulleres e de homes, sociopolítico e internacionalista. É o seu obxectivo principal a defensa dos intereses laborais, profesionais e pedagóxicos das perso- as que traballan no ensino en todos os niveis educativos e, en igual rango de prioridade, a de- fensa dun ensino de calidade, participativo, laico, crítico e democrático, como instrumento dina- mizador dunha sociedade máis xusta e máis libre e dunha convivencia pacífica, tolerante e non discriminatoria. Neste sentido, CCOO leva acadado importantes melloras para os e as docentes: • melloras retributivas, • melloras de cadros de persoal, • melloras na xornada laboral, • melloras sociais que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral, propostas na súa maioría por CCOO e incluídas no Estatuto Básico do Empregado Público, • regulación das itinerancias... Mantemos o noso compromiso de loitar pola mellora das túas condicións laborais e esixirémos- lle arreo á Administración garantías no desenvolvemento dos acordos asinados; pero a nosa forza acadámola coa túa axuda e a de quen, coma ti, loita por un ensino xusto e de calidade. Neste documento imos tratar de informarte sobre os temas nos que se che poden presentar máis dúbidas neste primeiro ano: • Fase de prácticas/Memoria • Información xeral: adxudicación de destinos, nomeamento funcionarios, concurso de traslados, permisos, horario da xornada laboral, retribucións, formación • Dereitos e deberes do funcionariado: lexislación básica, fondo de acción social, pro- gramas de conciliación, itinerancias • Vantaxes de estar afiliado/a a CCOO Ensino O SINDICATO CCOO DO ENSINO PONSE AO TEU DISPOR NOS SEUS LOCAIS PARA ATENDER CALQUERA TIPO DE CONSULTA OU DÚBIDA QUE PUIDESES TER.
  • 3. 1. FASE DE PRÁCTICAS/MEMORIA Tal como se establece na base décimo cuarta da Orde do 11 de marzo de 2010 (DOG do 25) e da Orde do 16 de marzo de 2010 (DOG do 5 de abril), a fase de prácticas é tutelada, terá a finalidade de comprobar a aptitude para a docencia de aspirantes seleccionados e a súa duración será de catro meses como mínimo. Terás que realizar: a) Un informe memoria final. (Non hai un modelo único para facelo; presentámosche unha proposta que che pode ser útil.) 1. Valoración global da actividade desenvolvida. 2. Análise do contexto (características do centro): para elaborar este punto, tomar como referencia o PEC do centro. 3. Características do alumnado: descrición dos grupos nos que desenvolviches a docencia, circuns- tancias específicas... 4. Ideas básicas sobre as materias dadas. 5. Horario: organización da aula e a materia... 6. Información coa comunidade educativa: reunións, visitas de nais e pais, boletíns de notas... 7. Obxectivos acadados e resultados obtidos: coordinación cos departamentos ou ciclos correspon- dentes, reunións, titorías... 8. Dificultades encontradas e apoios recibidos. 9. Avaliación: • do alumnado • da práctica docente e do desenvolvemento real do currículo • da organización da aula e o aproveitamento de recursos • da atención á diversidade • da relación entre membros da comunidade educativa • da coordinación co departamento ou ciclo e outros órganos de goberno e coordinación 10. Propostas para a mellora continua. Esta fase de prácticas está tutelada por un profesor/a titor/a do centro (con funcións de asesorar, informar e avaliar). Emitirá un informe final á Comisión cualificadora. b) Realizar un curso de lingua galega de 20 horas de duración programado polos CFR (centros de formación e recursos). Eles son os que te convocarán. A avaliación final expresarase nos termos de ‘apto’ ou ‘non apto’. No caso de non a superar, poderala repetir no vin- deiro curso e, mentres, non serás recoñecido como funcionario/a de carreira. Por causa xustificada e por pedimento da persoa interesada, pódese solicitar ou adiar a fase de prácticas (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos). Aquelas mestras que estean de baixa maternal ou en período de lactación poden aprazar as prácticas ou darse de alta no nivel administrativo, e poñerse de alta no centro co tempo suficiente para realizar o período de prácticas (mínimo catro meses), tal como indica a orde. 2. INFORMACIÓN XERAL A. ADXUDICACIÓN DE DESTINOS As bases da convocatoria do corpo de mestres están publicadas no DOG do 17 de xuño de 2010 e para o resto de corpos no DOG do 22 de xuño de 2010. A adxudicación definitiva publicarase o 30 de agosto para mestres e o 14 de setembro para o resto de corpos. Dende CCOO loitamos e denunciamos para que saian todas as vacan- tes e a adxudicación de destinos sexa transparente; que non se produza unha falta de previsión que diminúa a calidade do ensino público galego. Este primeiro ano, nomearante funcionario ou funcionaria en prácticas para o curso 2010/2011. Este destino ten carácter provisional, polo que quedas obrigado a participar nos sucesivos concursos de traslados ata conseguires un destino definitivo.
  • 4. B. NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A DE CARREIRA Unha vez aprobada a fase de prácticas, sairá publicado no BOE o teu nomeamento (setembro-outubro de 2011) como funcionario de carreira con efectividade do 1 de setembro de 2011. Deberías gardar unha copia do DOG e do BOE coa túa nota final porque en posteriores concursos de traslados pódeche facer fal- ta. Se traballaches para outra administración, has solicitar o recoñecemento dese tempo mediante o ANEXO I. Se traballaches para a Administración educativa, entón utilizas o ANEXO II para que che recoñezan o tempo traballado tanto para os efectos económicos como administrativos. Os funcionarios de carreira cobran un complemento, o sexenio, ao cumpriren seis anos de servizos (ou múlti- plo de seis ata un máximo de cinco sexenios) para a Administración educativa. Para percibilos hai que acredi- tar para cada sexenio cen horas de formación de cursos homologados no tramo dos seis anos inmediatamen- te anteriores ao cumprimento do sexenio. C. CONCURSO DE TRASLADOS No primeiro trimestre do curso 2010/2011 convócase o concurso de traslados. Tes a obriga de participar ata obteres o primeiro destino definitivo. No ano de prácticas concursas con puntuación cero. Ollo!, no ano de prácticas as distintas coordinacións non puntúan. Se obtés destino no concurso, deberás permanecer nel dous cursos antes de concursares de novo. A partici- pación nos seguintes concursos xa é voluntaria. Solicitarás as prazas que máis che interesen. Na nosa páxina web (www.ccooensino.net) podes consultar datos sobre o concurso anterior: puntuacións máximas, mínimas, orde da convocatoria, baremo, concursantes por especialidade... D. LICENZAS E PERMISOS PERMISOS, LICENZAS E REDUCIÓNS DE XORNADA (DOG 23 de abril de 2008) MOTIVO DURACIÓN SOLICITUDE NOTAS PERMISOS 6 SEMANAS DESPOIS DO PARTO, APROVEITADAS OBRIGATORIAMENTE POLA PARTO OU ADOPCIÓN 16 SEMANAS ININTERROMPIDAS XEFATURA TERRITORIAL NAI PATERNIDADE 29 DÍAS NATURAIS DIRECCIÓN A PARTIR DA DATA DE NACEMENTO DE FORMA CONTINUADA LACTACIÓN FILLO/A MENOR 12 MESES 1 HORA DIARIA OU 4 SEMANAS ACUMULADAS XEFATURA TERRITORIAL A ELECCIÓN FAISE ANTES DE REMATAR O PERMISO MATERNAL ACCIDENTE, FALECEMENTO, ENFERMIDADE 3 DÍAS HÁBILES MESMA LOCALIDADE REQUIRE HOSPITALIZACIÓN, CIRURXÍA OU INFORME DA INSPECCIÓN MÉDICA. DIRECCIÓN GRAVE 1.º GRAO 5 DÍAS HÁBILES DISTINTA LOCALIDADE TÓMASE COMO REFERENCIA A LOCALIDADE DE RESIDENCIA DE QUEN SOLICI- TA. ACCIDENTE, FALECEMENTO, ENFERMIDADE 2 DÍAS HÁBILES MESMA LOCALIDADE QUE FIGURE NO CENTRO OU NA BASE DE DATOS DA CONSELLARÍA. DIRECCIÓN GRAVE 2.º GRAO 4 DÍAS HÁBILES DISTINTA LOCALIDADE CÓNTASE DENDE O DÍA EN QUE O/A SOLICITANTE NON TRABALLARA. ENFERMIDADE MOI GRAVE 1.º GRAO 30 DÍAS NATURAIS XEFATURA TERRITORIAL NECESÍTASE INFORME DA INSPECCIÓN MÉDICA XUSTIFICANTE DA NECESIDADE DE REALIZALA DENTRO DA XORNADA DE CONSULTA MÉDICA DO TITULAR OU FILLO/A O NECESARIO DIRECCIÓN TRABALLO EXAMES FINAIS OS DÍAS DE REALIZACIÓN DIRECCIÓN TEÑEN A MESMA CONSIDERACIÓN OS PARCIAIS ELIMINATORIOS DEBER INESCUSABLE O NECESARIO DIRECCIÓN ACTO PERSOALÍSIMO CONVOCADO POLA AUTORIDADE COMPETENTE SEN XUSTIFICACIÓN DOCUMENTAL E ATENDENDO AS NECESIDADES DO ASUNTOS PERSOAIS 4 DÍAS, DOS CALES 2 DÍAS LECTIVOS DIRECCIÓN SERVIZO IMPREVISTOS, INDISPOSICIÓNS... 24 PERÍODOS LECTIVOS DIRECCIÓN IMPREVISTOS NON SUPERIORES A 3 DÍAS. NON NECESITAN XUSTIFICACIÓN TRASLADO DOMICILIO 1 MEMBRO 1 DÍA MESMA LOCALIDADE; 2 DÍAS DISTINTA LOCALIDADE DIRECCIÓN PERMISO REFERIDO AO DÍA DE TRASLADO. SON DÍAS NATURAIS TRASLADO DOMICILIO 2 OU MÁIS MEMBROS 2 DÍAS MESMA LOCALIDADE; 4 DÍAS DISTINTA LOCALIDADE DIRECCIÓN PERMISO REFERIDO AO DÍA DE TRASLADO. SON DÍAS NATURAIS ACTIVIDADES FORMACIÓN SERVIZOS CENTRAIS O NECESARIO INSPECCIÓN A ADMISIÓN XA IMPLICA O PERMISO. OBRIGA DE PRESENTAR ANEXO I CONSELLARÍA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN UNIVERSIDADES, É PRECISO SOLICITAR O PERMISO COMO MÍNIMO 10 DÍAS ANTES, ACOMPA- O NECESARIO XEFATURA TERRITORIAL SINDICATOS, ETC. ÑADO DE INFORME DA INSPECCIÓN LICENZAS MATRIMONIO, PARELLA DE FEITO 15 DÍAS NATURAIS XEFATURA TERRITORIAL EN DATAS QUE COMPRENDAN O DÍA DO FEITO OU INMEDIATAMENTE DESPOIS ASUNTOS PROPIOS 3 MESES CADA 2 ANOS XEFATURA TERRITORIAL DURACIÓN NON INFERIOR A 5 DÍAS. OS DÍAS SON NATURAIS ESTUDOS SEGUNDO CONVOCATORIA XEFATURA TERRITORIAL 1 CURSO IMPRORROGABLE. PODEN SER CUADRIMESTRAIS REDUCIÓNS DE XORNADA COIDADO DE FILLO/A MENOR DE 12 ANOS OU 1/3 OU 1/2 DA XORNADA XEFATURA TERRITORIAL REDUCIÓN PROPORCIONAL DAS RETRIBUCIÓNS MAIOR DEPENDENTE SEN REDUCIÓN DE RETRIBUCIÓNS. NECESITA INFORME DA INSPECCIÓN COIDADO FAMILIAR DE 1.º GRAO REDUCIÓN DO 50% DA XORNADA DURANTE 1 MES XEFATURA TERRITORIAL MÉDICA. EXCEPCIONALMENTE PRORROGABLE POR OUTRO MES
  • 5. GRAO DE CONSANGUINIDADE e AFINIDADE 1.º GRAO 2.º GRAO PAI/NAI - SOGRO/SOGRA AVÓ/AVOA - AVÓ/AVOA POLÍTICOS TITULAR CÓNXUXE IRMÁN/IRMÁ - CUÑADO/CUÑADA FILLO/FILLA NETO/NETA E. HORARIO. XORNADA LABORAL O Acordo do 30 de abril de 2007 asi- CÓMPUTO DOCENCIA PERMANENCIA nado por CCOO e todas as organizacións sindicais, MENSUAL PRIMARIA 21 horas 25 horas 30 horas agás a CIG, deu lugar a outro acordo, o 8 de xuño de (incluídas gardas) 2007, sobre cadros de persoal dos centros de infantil e SECUNDARIA 18-20 horas 23 horas 30 horas primaria e xornada laboral, que foi aplicable a partir do inicio do curso 2009/10. Este acordo sitúa os mestres e mestras de Galicia con 21 horas lectivas semanais (incluídas as gardas) e 25 de permanencia fixa semanal. Esta xornada laboral é a máis reducida de todas as comunidades autónomas do estado. F. RETRIBUCIÓNS RETRIBUCIÓNS PERSOAL DOCENTE Mestres Prof. técnico Prof. secund. Catedráticos Concepto Cód. Mes Extra Mes Extra Mes Extra Mes Extra Soldo base 11 958,98 € 662,32€ 958,98 € 662,32€ 1.109,05 € 623,62 € 1.109,05 € 623,62 € Trienios 12 34,77 € 24,02 € 34,77 € 24,02 € 42,65 € 23,98 € 42,65 € 23,98 € C. destino 52 473,35 € 473,35 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 582,92 € 698,20 € 698,19 € C. específico 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 539,29 € 589,28 € 589,28 € 54 Titorías 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 43,62 € 1.º Sexenio 54 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 59,21 € 2.º Sexenio 54 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 76,13 € 3.º Sexenio 54 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 101,53 € 4.º Sexenio 54 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 143,81 € 5.º Sexenio 54 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € 42,29 € MUFACE 420 36,83 € 36,83 € 36,83 € 36,83 € 46,80 € 46,80 € 46,80 € 46,80 € PASIVOS 402 84,13 € 84,13 € 84,13 € 84,13 € 106,89 € 106,89 € 106,89 € 106,89 € IRPF 801 A lei prevé un cálculo individualizado en función das circunstancias de cadaquén G. FORMACIÓN CCOO, anualmente e en función da dispoñibilidade orzamentaria, oferta cur- sos; entre eles convocarase no primeiro trimestre de curso algún destinado a orientarte en como facer a memoria de prácticas.
  • 6. 3. DEREITOS E DEBERES DO FUNCIONARIADO A. LEXISLACIÓN BÁSICA • No título II do Estatuto básico do empregado público, Lei 7/2007 do 12 de abril, recóllense os dereitos e deberes e os códigos de conduta dos empregados públicos. • Regulamento orgánico dos centros de infantil e primaria (ROC), DOG 21 de outubro de 1996. • Orde pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do ROC, regulando determinados aspectos de organización e funcionamento, DOG do 2/9/97. Encontrarás información sobre a elección de cursos, titorías, equipos de ciclo... • Orde do 28 de xuño do 2010 de elección de horarios. • Decreto que establece o currículo de educación infantil, DOG 23/06/2009. • Decreto que establece o currículo de educación primaria, DOG 9/7/2007. • Lei da función pública de Galicia, DOG 13/6/2008. • Calendario escolar, DOG 15/06/2010. • Decreto de comedores, DOG 6/02/2007. • Decreto de plurilingüismo, DOG 25/05/2010. • Orde de formación, DOG 11/04/2007. Encontrarás a información relativa a homologación dos cursos, horas para sexenios... • Orde do 7 de abril do 2008, DOG 23/04/08. Recóllense os permisos, licenzas e excedencias. B. FONDO DE ACCIÓN SOCIAL Estas axudas saen publicadas cada ano e podes pedilas por estes conceptos: maiores a cargo, estudos do traballador/a, estudos por fillos, por fillos menores, por atención a persoas con discapacidades, por tratamen- tos médicos e para vivenda. Na nosa páxina web (www.ccooensino.net/publicacions/monograficos) tes toda a información sobre a última convocatoria. C. PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN O persoal funcionario pode gozar das comisións de servizo tanto de saúde (ver información no DOG 9/05/2007) como de conciliación da vida familiar e laboral (ver información no DOG 30/06/2006 e no DOG 7/06/2007). D. ITINERANCIAS CCOO asinou un acordo sobre as condicións de traballo do profesorado itinerante que reflicte os seguintes aspectos: • carácter voluntario na aceptación das prazas, • compensación horaria en función dos quilómetros percorridos nos desprazamentos, • pagamento puntual dos desprazamentos. Tes máis información en www.ccooensino.net/publicacions/monograficos onde está o acordo publicado.
  • 7. 4. VANTAXES DE ESTAR AFILIADO/A A CCOO CCOO ofrécelle á súa afiliación un gran número de servizos coa máxima calidade e fiabilidade: • información persoal e xestión administrativa; • atención persoal aos afiliados de forma presencial, telefonicamente, por correo electrónico...; • servizos xurídicos, asesoramento profesional e tramitación de recursos; • actividades de formación permanente, tanto homologada pola Xunta de Galicia como por outras entida- des, presencial e en liña, válida para oposicións, concursos de traslados, sexenios...; • lecer, viaxes, tempo libre...; • envío persoal de publicacións estatais e autonómicas; • informacións sindicais actualizadas das mesas de negociación, xuntas de persoal... Por iso é imprescindible que entendas a importancia de afiliarte a un sindicato como CCOO: para facerte escoitar, para loitar e para que a túa opinión determine propostas polo ben dos teus dereitos e pola mellora das túas condi- cións laborais.
  • 8. ESTAMOS Á TÚA DISPOSICIÓN NOS SEGUINTES LOCAIS: FEDERACIÓN DO ENSINO R/ Miguel Ferro Caaveiro 8 - 1.º andar 15703 Santiago de Compostela Tlfo.: 981 551 820 / Fax: 981 551 821 ensino@galicia.ccoo.es www.ccooensino.net A CORUÑA C. P. 15008 LUGO C. P. 27002 O BARCO C. P. 32300 Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.º andar Rolda da Muralla 58, 5.º andar Praza de España 2, baixo esq. Telf. 981 145 895 / Fax 981 145 899 Telf. 982 221 060 / Fax 982 245 907 Telf. 988 322 034 / Fax 988 325 159 scensino.coru@galicia.ccoo.es scensino.lugo@galicia.ccoo.es ensino.valde@galicia.ccoo.es SANTIAGO C. P. 15707 VIVEIRO C. P. 27850 PONTEVEDRA C. P. 36002 Rúa Miguel Ferro Caaveiro 8, 1.º andar Rúa García Dóriga s/n Rúa Pasantería 1, 2.º andar Telf. 981 551 836 / Fax 981 551 821 Telf. 982 561 001 / Fax 982 561 025 Telf. 986 866 276 / Fax 986 869 784 ensino.stgo@galicia.ccoo.es ucamari@galicia.ccoo.es scensino.pont@galicia.ccoo.es FERROL C. P. 15402 OURENSE C. P. 32003 VIGO C. P. 36212 Rúa María 42-44 Parque San Lázaro 12, 3.º andar Rúa das Teixugueiras 11 entreplanta Telf. 981 369 336 / Fax 981 350 353 Telf. 988 392 256 / Fax 988 251 400 Telf. 986 246 847 / Fax 986 246 848 scensino.ferrol@galicia.ccoo.es scensino.oure@galicia.ccoo.es scensino.vigo@galicia.ccoo.es OFICINAS DE MUFACE A CORUÑA OURENSE R/ Cabo Santiago Gómez, 3/5 R/ Bedoya, 11 entresollado 15004 A Coruña 32004 Ourense Telf.: 981 989 001 / Fax: 981 258 832 Telf.: 988 750 500 / Fax: 988 253 360 SANTIAGO PONTEVEDRA R/ Rosalía de Castro, 23 baixo R/ Sagasti, 2 entresollado 15706 Santiago de Compostela 36001 Pontevedra Telf.: 981 981 000 / Fax: 981 590 769 Telf.: 986 981 500 / Fax: 986 861 478 LUGO VIGO R/ Irmáns Vilar Ponte, 8 R/ Condesa Casa Barcena, 1 entresollado 27002 Lugo 36560 Vigo Telf.: 982 759 001 / Fax: 982 220 302 Telf.: 986 988 002 DEPARTAMENTOS TERRITORIAIS DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN A CORUÑA OURENSE Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Edificio Administrativo de Monelos, 7.º andar Rúa Concello, 11 Praza de Luís Seoane, s/n 32003 Ourense 15071 A Coruña Telf.: 981 184 701 / Fax: 981 184 785 Telf.: 988 386 604 / Fax: 988 386 600 LUGO PONTEVEDRA Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Departamento Territorial de Educación e Ordenación Universitaria Ronda da Muralla, 70 Edificio Administrativo de Campolongo 27071 Lugo Avda. Fernández Ladreda, 43 36003 Pontevedra Telf.: 982 294 151 / 982 294 152 Telf.: 986 805 960 / Fax: 986 805 937