SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 13
Descargar para leer sin conexión
PROXECTO LINGÜÍSTICO




C .E .I. P. FERMÍN BOUZA BREY -
        PONTEAREAS




      CURSO: 2.010-2.011
MARCO LEGAL VIXENTE:

Tomamos como referencia para a elaboración do PLC o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para
o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia publicado o Martes, 25 de maio de 2010
no nº 97 do Diario Oficial de Galicia para a súa aplicación en todos os centros docentes .

Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 e
polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais, desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de
xuño, de Normalización Lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non
universitarios, e a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Recollemos do Decreto os seguintes aspectos, como punto de partida para a elaboración do
noso Proxecto Lingüístico:

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, de conformidade coas disposicións
precedentes, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia.

O artigo 14 desta lei indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de
competencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Nesta mesma liña, e desde unha perspectiva
máis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992,
ratificada polo goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da lingua
galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004.

(...)

Neste sentido, é necesario reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con
contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade
da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu
emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en
que se enmarca cada centro.

Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de globalización e de
mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo.

Esta nova realidade exixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando
a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas
estranxeiras,seguindo para iso o marco delimitado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de
educación, que establece como un dos seus fins a capacitación para a comunicación nas
linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras.



ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA:

O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de Ponteareas, da que
procede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria, que se completa con nenos e nenas
dalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso, Moreira, Angoares e unha pequena parte de
Cristiñade (o barrio da Porteliña).
Neste curso 2.010 -2011 contamos a comezo de curso, cun total de 611 alumnas/os
matriculados .

Gran parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e, os que teñen o galego
como lingua nai, proceden maioritariamente do rural.

A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica . Se ben é certo que
o noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega de diferentes xeitos, as familias
educan aos nenos e nenas maioritariamente en castelán independentemente de que os
ascendentes sexan galego-falantes.

Ademais contamos con alumnado inmigrante, procedente de varios países e doutras
comunidades españolas que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego.

Isto fai que sigamos considerando que a porcentaxe de alumnado do noso centro, que utiliza o
galego como lingua vehicular non supera o 25%.

A baixa tendencia observada no alumnado de usar o galego na súa expresión oral e escrita de
xeito espontáneo, fainos reflexionar na necesidade de seguir potenciando o uso da lingua
galega na maioría das actividades do noso centro para reforzar as horas propias de docencia
nesta lingua e poder acadar a competencia comunicativa desexada, equiparada á da lingua
castelá ao final das respectivas etapas, como especifica o Decreto.

Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán:

a) Que o noso alumnado acade a competencia lingüística propia do seu nivel nas dúas linguas
oficiais.

b) Que valorice a cultura do seu entorno e aprenda a usar o galego como lingua de
comunicación normal.

c) Que toda a comunidade educativa participe na normalización do uso da lingua galega para
acadar un bilingüísmo harmónico pleno.

d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuir a lle dar vitalidade e prestixio
social á lingua máis desfavorecida , no noso entorno .

e) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira (inglés).



1. MEDIDAS ADOPTADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LINGÜÍSTICO :

EDUCACIÓN INFANTIL

(Artigo 5 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario
de Galicia )

1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante
entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o
alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lengua oficial de Galicia
dentro dos límites da etapa ou ciclo.

2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de
acordo co

resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do
alumno/a

antes do comezo do curso escolar acerca da lengua materna do seu fillo ou filla.

3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna.

4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as actividades e
estratexias

de aprendizaxe empregadas para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o
coñecemento das

dúas linguas oficiais.



Consultadas as familias a finais do curso 2009-2010, determínase que a lingua materna
predominante no noso entorno é o castelán . De acordo co decreto do plurilingüismo , o
profesorado usará na aula esta lingua e procurará que o alumnado adquira de forma oral
e escrita , o coñecemento da lingua galega dentro dos límites da etapa ou ciclo,
procurando manter unha atención individualizada ao alumnado segundo a súa lingua
materna..



Establécense estratexias de iniciación do galego en actividades coma :

   PSICOMOTRICIDADE

   INFORMÁTICA (aínda que non existen moitos recursos en galego adaptados á Educación
   Infantil)

   RUTINAS: ( asemblea , día da semana...)

   HORA DO CONTO , Recitado de poesías, trabalinguas,cancións...

   CELEBRACIÓNS DAS FESTAS TRADICIONAIS

   A lingua estranxeira inglés, ofrécese ao alumnado de E. I. en sesións dunha hora semanal,
   desde os 3 anos, seguindo o Plan de Anticipación posto en marcha hai xa varios anos no
   noso centro.
ENSINO PRIMARIO           (Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no
ensino non universitario de Galicia ).

1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas
lenguas oficiais de Galicia.

2. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia.

3. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, e en
castelán

a materia de Matemáticas.

4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros,
decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as
materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, sen
prexuízo do disposto no capítulo

IV (sobre a impartición de materias en lenguas estranxeiras). Este proceso realizarase cada
catro cursos escolares.



Distribución horaria das materias:

   1º CICLO

   1º CURSO:

   En Lingua galega            En Lingua castelá   En Inglés

   4 horas LG                  4 horas LC          2 horas L.E.

   5 horas COÑEC.              5 horas MATE

   2 horas de EF               2 horas de E. A.

   1hora REL ou AE




   2º CURSO:

   En Lingua galega            En Lingua castelá   En Inglés

   4 horas LG                  4 horas LC          2 horas L.E.

   4 horas COÑEC.              5 horas MATE

   2 horas REL ou AE           2 horas de E. A.
2 horas de EF




2ºCICLO

3º CURSO

En Lingua galega    En Lingua castelá   Inglés

4 horas LG          4 horas LC          3 horas L.E.

5 horas COÑEC.      4 horas MATE

1hora REL ou AE     2 horas de E. A.

1 hora de EF        1 hora de E:F.




4º CURSO

En Lingua galega    En Lingua castelá   Inglés

4 horas LG          4 horas LC          3 horas L.E.

4 horas COÑEC.      4 horas MATE

2 horas REL ou AE   2 horas de E. A.

2 horas de EF




3ºCICLO

5º CURSO

En Lingua galega    En Lingua castelá   Inglés

4 horas LG          4 horas LC          3 horas L.E.

5 horas COÑEC.      4 horas MATE

1 horas REL ou AE   2 horas de E. A.

2 horas de EF
6º CURSO

   En Lingua galega         En Lingua castelá      Inglés

   3 horas LG               3 horas LC            3 horas L.E.

   4 horas COÑEC.           4 horas MATE

   2 horas REL ou AE        2 horas de E. A.

   1 hora de E CID.         1 hora de E. CID.

   2 horas de EF




NOTA: Na área de Educación Física, utilizaranse a lingua galega e castelá indistintamente, para
achegarse ao equilibrio en horas de docencia en ambas linguas.



1º CICLO DE PRIMARIA:

No 1º Ciclo conflúe alumnado escolarizado desde E.Infantil no noso centro maioritariamente
castelán-falante , co procedente do Colexio Rural Agrupado “CRA Picaraña”maioritariamente
galego-falantes.

Para a introdución e desenvolvemento das técnicas instrumentais de lecto-escritura adáptarase
a metodoloxía á lingua materna predominante na aula , para elo nas entrevistas cos pais e nais
preguntaremos cál é a lingua máis usada na casa. Coidarase a atención individualizada naquel
alumnado que teña coma lingua materna a non maioritaria.

Irase ampliando o uso da lingua galega ,dun xeito progresivo. Farase a “hora de ler” e
realizarase o mesmo tipo de actividades en ambas linguas, para intentar equilibrar a
competencia no uso de ambas linguas.

En lingua estranxeira impártese o inglés , fixando como obxectivo iniciar unha competencia
básica no uso do idioma .

SEGUNDO E TERCER CICLO DA PRIMARIA

No 2º e 3º ciclo de Primaria cando se trata de desenvolver as técnicas instrumentais adquiridas
nas etapas anteriores , procuraremos insistir en lograr un nivel de igual competencia nas dúas
linguas oficiais, tanto na expresión escrita como na expresión oral , atendendo especialmente á
lingua galega, xa que se observa un nivel de competencia moi por debaixo do castelán.

En canto á Lingua estranxeira, seguirase a metodoloxía que capacite ao alumnado na
competencia para desenvolverse con soltura , utilizando un vocabulario axeitado que o capacite
para unha comunicación elemental.
Tanto nas producións escritas coma orais procúrase a participación activa en representacións,
cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas...

2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO ESCOLAR E
EDUCATIVO FOMENTANDO O PLURILINGÜÍSMO:

•   Fomentarase o uso oral e escrito das diferentes linguas que se imparten no centro.

•   Intentarase equiparar o      material bibliográfico, fonográfico, multimedia…nas diferentes
    linguas : castelán , galego e inglés.

•   Poñerase a disposición do profesorado o material inventariado.

•   Proporcionaráselles aos membros da comunidade educativa información

•   sobre as actividades, actos e institucións culturais relacionadas co seu contorno lingüístico e
    animaráselles a participar nelas.

•   Animarase aos membros de toda a comunidade educativa a empregar o galego nas distintas
    actividades escolares que se desenvolvan durante o curso: celebracións, festivais... por ser
    a lingua oficial máis desfavorecida no noso contorno.

•   Traballaranse distintos aspectos da cultura tradicional e recopilarase información no entorno
    familiar e cultural, valorizando o respecto do noso patrimonio material e inmaterial.

•   Participarase en actividades complementarias que xurdan durante o curso a prol das dúas
    linguas oficiais, así como na lingua estranxeira, inglés.

•   Reforzarase a lecto-escritura nas diversas linguas superando as eivas de materiais editados
    en galego ( revistas, libros, cómics).

•   Desdobraranse as aulas para lograr un mellor uso das TIC de apoio e reforzo das diferentes
    áreas e potenciarase o uso das dúas linguas oficiais, así como o Inglés utilizando programas
    didácticos axeitados.

•   Realizaranse actividades de animación á lectura : Desdobraremos a aula para                ler e
    comentar mellor obras de autores casteláns e galegos da actualidade coa finalidade de que
    a estes últimos incluso poidan chegar a coñecelos personalmente e así promover o valor
    social da lingua galega.

    (Fina Casalderrey , Anxo Fariña , Alfonso Quintiá...son algúns dos autores que tivemos o
    gusto de traer ao noso centro en diferentes cursos).

•   Adicaremos 15 minutos despois do recreo para ter un “Tempo de ler”, no que o            alumnado
    elexirá libremente da biblioteca de aula ( ou se prefire pode traelo de casa) que libro, revista,
    cómic ...lle apetece ler nese tempo.
•    Mochila viaxeira: cada semana, irase turnando entre o alumnado unha mochila que leva
     libros , película e revistas educativas para ler e comentar en familia. Procurarase equilibrar o
     seu contido en galego e castelán.

•    Club de lectura: con profesorado voluntario se realizarán sesións de lectura comentada de
     libros nas dúas linguas oficiais. O alumnado participante neste club deberá mostrar un
     interés especial cara a lectura.

•    Empregarase o Inglés en actividades lúdicas de representacións de diferentes cancións,
     celebración do halloween... ante alumnado de cursos inferiores.



3. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE NO CONTORNO:

     A / Observación directa:

     •   Reunións coas nais e pais do noso alumnado.

     •   Utilización informal da lingua oral entre o alumnado na aula e no patio.

     •   Emprego da lingua escrita dirixida de pais a profesores.

     B/ Observación indirecta:

     •   Enquisas ao alumnado e ás familias que permitan coñecer que idioma utilizan a cotío en
         diferentes contextos.

     Aplicada a consulta ás familias na Educación Infantil, podemos constatar que a lingua
     materna é o castelán na maioría do alumnado.

     Tamén nas conversas en titoría das nais e pais cos titores obsérvase que ainda que o
     mestre se dirixe en galego, as familias tenden a usar maioritariamente o castelán.



4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA ALUMNADO INMIGRANTE:

    Na actualidade no noso centro temos alumnado inmigrante procedente doutras comunidades
    españolas e tamén doutros paises . En ambos casos coñecen en maior e menor grao o
    castelán.

    1º Ciclo: alumnado de Arxentina, Colombia , Uruguay .

    2º Ciclo: alumnado de Colombia, Uruguay, Inglaterra e Portugal .

    3º ciclo: alumnos de Brasil, Inglaterra, Uruguay , Suíza.

    Alumnado doutras comunidades : Salamanca , Cataluña, Lanzarote.
•   Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado
    inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á espera de ser avaliado o seu grao de
    coñecemento dalgunha das linguas oficiais.

•   Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar profesores       para apoio
    lingüístico.

•   Determinación polo orientador do centro, da necesidade de recibir unha atención específica,
    ou no seu caso unha adaptación da programación para o logro paulatino das competencias
    lingüísticas nas linguas oficiais.

•   Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da súa escolarización
    preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta con máis soltura o alumno/a e
    progresivamente introducilo no uso das demais linguas do currículo .

•   Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase.

No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, se
adoptarán as seguintes medidas:

•   Creación dunha aula de integración lingüística ou aula de acollida na que recibirían unha
    atención específica que será , simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios conforme o
    nivel e a evolución da súa aprendizaxe.

•   Corresponde ás administracións educativas adoptar medidas singulares naqueles centros
    que resulte necesaria unha intervención educativa compensatoria.

    ( Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio (LOE)(BOE4-5-2006), artigos 79 e 81



5. ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DA LINGUA GALEGA:

    Desde hai anos os equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca e Actividades
    complementarias chegaron ao acordo de traballar conxuntamente na proposta de
    actividades dinamizadoras da lingua galega ao longo do curso escolar.

     •   Animación ao uso activo de actividades propostas desde o Blog da Biblioteca
         www.bibliobrey.blogspot.com. así como de consulta de diferentes informacións que se
         inclúen no mesmo.

     •   Exposicións didácticas ao longo do curso que teñen que ver coas actividades que
         existen no entorno do alumnado e que responden a actividades cíclicas anuais: a
         vendima, o millo, os froitos de outono, a mata, a castaña...

     •   Obradoiro de libros: intentando recoller refráns, adiviñas,cantigas, costumes destas
         actividades ... implicando ás familias na transmisión e conservación das mesmas.
•   Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as
    semellanzas ou diferenzas coa festa do “Hallowen”.

•   Certames de relatos de medo onde o alumnado recolle contos tradicionais ou ben
    inventa relatos que le diante doutros compañeiros e compañeiras .

•   Transmisión e fomento da oralidade en lingua galega a través da escenificación de
    conxuros e contos de medo do alumnado do 3º nivel para o alumnado do 2º ciclo,
    aproveitando contos tradicionais, polo mes de novembro.

•   Celebración do Magosto no patio do colexio: cada nivel encárgase de asar castañas,
    formando unha fogueira co bullo aportado polo alumnado , usando o xeito tradicional de
    asado desta zona.

•   Festival de Nadal: cantigas e escenificacións, normalmente úsanse as tres linguas en
    diferentes actuacións e procúrase que o fío condutor da presentación das diferentes
    actuacións sexa en lingua galega.

•   Certame de contos de Nadal.

•   Encontros con autores fomentando a lectura e creando sentimentos de valorización da
    nosa lingua.

•   Dia da Paz : traballos de murais e slogans pacifistas . Celebración no patio de todo o
    colexio do día da paz coa exposición de slogans ou peticións elaborados nas aulas e
    nos que procuramos que maiormente sexan en lingua galega.

•   Actividades lúdicas de caracter cooperativo e canción elexida para a celebración anual
    desta data, cantada á vez por todo o conxunto do alumnado, no patio do colexio.

•   Celebración da festa tradicional do Entroido. Colaboración das familias na elaboración
    de postres típicos. Elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa
    comparsa. Invención de coplas por parte do alumnado do ciclo superior para levar a
    cabo despois do desfile de comparsas o xuízo ao meco.

•   Realización de traballos previos nas aulas sobre un tema global que elexido ao comezo
    de curso polos tres departamentos, normalmente se desenvolve durante o 2º e tercer
    trimestre , culminando cunha exposición que recolle o conxunto de traballos nos
    diferentes cursos.

•   Implicación das familias na pescuda de información sobre diferentes temas: toponimia
    da zona, plantas mediciñais, refráns, aportación de fotografías ect.

•   Edición da revista escolar CARREIRO onde recollemos fotograficamente a meirande
    parte dos traballos elaborados nos diferentes cursos que resumen o traballo
    cooperativo do noso centro. Ademais cada ano a revista desenvolve un tema global
sobre o que xiran os diferentes artigos coa visión persoal que lle da cada mestre co seu
         grupo de alumnas e alumnos.

    •    Semana    das   Letras Galegas: Nesta semana ten especial relevancia ao autor /a
         homenaxeado e dáse a coñecer a súa vida e obra a través da exposición que dun
         traballo cooperativo que previamente se prepara en diferentes cursos sobre a súa
         persoa.

    •    Realizaranse encontros con personaxes públicos ( Álvaro Pino , ciclista emblemático
         en Ponteareas, Ilda Amoedo fundadora do centro da recuperación da cultura popular no
         castelo de Vilasobroso, ...etc ) que empreguen o galego na súa profesión          e así
         promover a valorización da lingua galega na sociedade.

    •    Outra actividade dinamizadora no uso da lingua galega e que ten moito éxito entre o
         noso alumnado é a MOSTRA DE TEATRO ( este ano será a 6ª Mostra de teatro) que
         ao longo do mes de maio no noso centro a pesares das dificultades de espazo que
         estamos tendo, se leva a cabo .

    •    Consiste na representación de varias obras de teatro que distintos grupos de alumnas e
         alumnos preparados polos seus titores , realizan para outros grupos de alumnos.

    •    A Semana do Cine realizámola durante o mes de maio proxectando películas en galego
         para que o noso alumnado poda ir coñecendo as producións feitas ou dobradas ao
         galego que normalmente non poden ver a través da T.V.

    •    Colaboracións ao longo do curso con diferentes entidades: Caixanova, Asociacións
         culturais e ecoloxistas da zona , EDL do concello ect. que promovan a lingua e cultura
         galega.

    •    Tratar de intercambiar experiencias con outros centros educativos tanto do noso
         Concello como de fora del.

    •    Irase creando unha fonoteca e mediateca de materiais en lingua galega para que o
         alumnado coñeza a riqueza das produccións feitas en galego.

Como se observa que hai menos materiais didácticos multimedia editados en galego que
nas outras linguas (castelán e inglés), procuraremos a través do blog e páxina web do
colexio dar a coñecer e incentivar o uso de programas informáticos en lingua galega que
vaiamos coñecendo, para que o alumnado e as familias aprecien que a lingua galega é unha
lingua actual , moderna que se emprega nas novas tecnoloxías.

•       Potenciar o uso das TIC no uso da lingua galega para que o alumnado a perciba como
        unha lingua actual que pode usar sen complexos en todas as áreas do saber.

•       Introducirase ao alumnado no uso do correo electrónico, elaboración de documentos
        word, power point sobre temas propostos etc.
•   Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións   que
       se manteñan coas administracións territoriais e locais e demáis entidades públicas
       galegas, en todos os documentos oficiais, comunicacións e escritos ás familias como
       indica a Lei Orgánica do 3 de maio do 2006 de Educación.

   •   Repartirase entre o profesorado as variacións que se vaian dando respecto a normativa
       vixente en materia lingüística, para a súa aplicación.



COMISIÓN DE PROFESORADO PARTICIPANTE NA REDACCIÓN DESTE PROXECTO :

Ana Mª Carrera Rodríguez profesora en E.I.

Beatriz González Alfaro     profesora de Inglés

Isabel Rodríguez Martínez profesora no 1º ciclo de EP e coordinadora do 1º ciclo.

Arancha Míguez Iglesias     profesora no 2º ciclo da EP

Isabel Fernández Picos      profesora no 3º Ciclo da EP e Coordinadora de EDL

Consuelo Ucha Peña           profesora de Lingua galega e Castelá no 3º ciclo da EP e xefa de

                             estudos

Rosa Mª Furelos León         adscrita ao 3º ciclo da educación Primaria e directora




                                    Revisado e actualizado en setembro de 2010

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

O ensino do francés a partir dos anos 70
O ensino do francés a partir dos anos 70O ensino do francés a partir dos anos 70
O ensino do francés a partir dos anos 70Silvina Paricio Tato
 
Lei Normalizacion Linguistica
Lei Normalizacion LinguisticaLei Normalizacion Linguistica
Lei Normalizacion LinguisticaSanti P
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglMarlou
 
DíPtico Decreto
DíPtico DecretoDíPtico Decreto
DíPtico DecretoMarlou
 
Decreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNDecreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNemera
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativacenlf
 
O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.Marlou
 
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Marlou
 
Ops 2013
Ops 2013Ops 2013
Ops 2013cenlf
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019 Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019 mariatics
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasRomán Landín
 
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrmAchegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrmCoordinadora Galega ENDL
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)A profa Pilar Ponte
 
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica   Nova Escola GalegaA Cuestion Linguistica   Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica Nova Escola GalegaSanti P
 

La actualidad más candente (19)

Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019Proxecto linguistico pedrafita 2019
Proxecto linguistico pedrafita 2019
 
O ensino do francés a partir dos anos 70
O ensino do francés a partir dos anos 70O ensino do francés a partir dos anos 70
O ensino do francés a partir dos anos 70
 
Lei Normalizacion Linguistica
Lei Normalizacion LinguisticaLei Normalizacion Linguistica
Lei Normalizacion Linguistica
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lgl
 
DíPtico Decreto
DíPtico DecretoDíPtico Decreto
DíPtico Decreto
 
Decreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióNDecreto 124 2007 NormalizacióN
Decreto 124 2007 NormalizacióN
 
Texto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da IniciativaTexto Definitivo Da Iniciativa
Texto Definitivo Da Iniciativa
 
As linguas da península ibérica
As linguas da península ibéricaAs linguas da península ibérica
As linguas da península ibérica
 
O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.O galego no mundo. A lusofonía.
O galego no mundo. A lusofonía.
 
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
Guía 4. o galego no mundo. a lusofonía.
 
A Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no EnsinoA Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no Ensino
 
Ops 2013
Ops 2013Ops 2013
Ops 2013
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019 Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
 
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrmAchegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo celrm
 
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)
 
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica   Nova Escola GalegaA Cuestion Linguistica   Nova Escola Galega
A Cuestion Linguistica Nova Escola Galega
 

Similar a Plc

PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfDiana Sánchez
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014pradosanpedro
 
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoAspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoCoordinadora Galega ENDL
 
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoAspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoManuel Vilariño
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maiorcenlf
 
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)guestf02e2e
 
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Coordinadora Galega ENDL
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galiciafajuma12
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 
CPI A Xunqueira curso 2016/17
CPI  A Xunqueira curso 2016/17CPI  A Xunqueira curso 2016/17
CPI A Xunqueira curso 2016/17CPI A Xunqueira
 
Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...
Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...
Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...Luz Cures Vázquez
 
Polo futuro de Filoloxía
Polo futuro de FiloloxíaPolo futuro de Filoloxía
Polo futuro de Filoloxíaapazos2011
 
Ops, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxeOps, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxecenlf
 

Similar a Plc (20)

PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014
 
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoAspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
 
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismoAspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
Aspectos Ilegais das bases do decreto do plurilingüismo
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maior
 
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)Power Point (NormalizacióN Linguistica)
Power Point (NormalizacióN Linguistica)
 
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
Novo decreto sobre o galego no ensino (actualización)
 
Novo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensinoNovo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensino
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007
 
CPI A Xunqueira curso 2016/17
CPI  A Xunqueira curso 2016/17CPI  A Xunqueira curso 2016/17
CPI A Xunqueira curso 2016/17
 
Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...
Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...
Estudo sobre a lingua galega nas aulas de educacion infantil das cidades gale...
 
Polo futuro de Filoloxía
Polo futuro de FiloloxíaPolo futuro de Filoloxía
Polo futuro de Filoloxía
 
Ops, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxeOps, a lingua é a nosa vantaxe
Ops, a lingua é a nosa vantaxe
 

Más de profesorbouzabrey (20)

Alfombrado das rúas
Alfombrado das rúasAlfombrado das rúas
Alfombrado das rúas
 
Plan tic 2010 2011
Plan tic 2010   2011Plan tic 2010   2011
Plan tic 2010 2011
 
Plan de convivencia
Plan de convivenciaPlan de convivencia
Plan de convivencia
 
Manexo da impresora
Manexo da impresoraManexo da impresora
Manexo da impresora
 
Introducir datos no blog
Introducir datos no blogIntroducir datos no blog
Introducir datos no blog
 
Información
InformaciónInformación
Información
 
Equipo tic
Equipo ticEquipo tic
Equipo tic
 
Equipo infantil
Equipo infantilEquipo infantil
Equipo infantil
 
Equipo directivo
Equipo directivoEquipo directivo
Equipo directivo
 
Equipo convivencia
Equipo convivenciaEquipo convivencia
Equipo convivencia
 
Equipo biblioteca
Equipo bibliotecaEquipo biblioteca
Equipo biblioteca
 
Equipo 3º ciclo
Equipo 3º cicloEquipo 3º ciclo
Equipo 3º ciclo
 
Equipo 2º ciclo
Equipo 2º cicloEquipo 2º ciclo
Equipo 2º ciclo
 
Equipo 1º ciclo
Equipo 1º cicloEquipo 1º ciclo
Equipo 1º ciclo
 
Enderezos web de utilidade
Enderezos web de utilidadeEnderezos web de utilidade
Enderezos web de utilidade
 
Desvío
DesvíoDesvío
Desvío
 
Datos xerais
Datos xeraisDatos xerais
Datos xerais
 
Datos das enquisas
Datos das enquisasDatos das enquisas
Datos das enquisas
 
Coordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxicaCoordinación pedagóxica
Coordinación pedagóxica
 
Actividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horarioActividades extraescolares horario
Actividades extraescolares horario
 

Plc

  • 1. PROXECTO LINGÜÍSTICO C .E .I. P. FERMÍN BOUZA BREY - PONTEAREAS CURSO: 2.010-2.011
  • 2. MARCO LEGAL VIXENTE: Tomamos como referencia para a elaboración do PLC o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia publicado o Martes, 25 de maio de 2010 no nº 97 do Diario Oficial de Galicia para a súa aplicación en todos os centros docentes . Este decreto baséase no marco lingüístico establecido pola Constitución española de 1978 e polo Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Ademais, desenvolve a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, no relativo ao uso do galego no ensino nos niveis non universitarios, e a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Recollemos do Decreto os seguintes aspectos, como punto de partida para a elaboración do noso Proxecto Lingüístico: A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, de conformidade coas disposicións precedentes, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia. O artigo 14 desta lei indica que ao remate do ensino obrigatorio se garantirá a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais. Nesta mesma liña, e desde unha perspectiva máis global, tamén se pronuncian a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992, ratificada polo goberno do Estado español en 2001, e o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en setembro do 2004. (...) Neste sentido, é necesario reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente o seu emprego sexista en todos os ámbitos e respectando, así mesmo, a situación sociolingüística en que se enmarca cada centro. Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de globalización e de mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo. Esta nova realidade exixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras,seguindo para iso o marco delimitado pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que establece como un dos seus fins a capacitación para a comunicación nas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras. ANÁLISE SOCIOLINGÜÍSTICA: O C.E.I.P. Fermín Bouza Brey está situado no casco urbano da vila de Ponteareas, da que procede todo o alumnado de Infantil e parte do de Primaria, que se completa con nenos e nenas dalgunhas parroquias: Areas, Xinzo, Arnoso, Moreira, Angoares e unha pequena parte de Cristiñade (o barrio da Porteliña).
  • 3. Neste curso 2.010 -2011 contamos a comezo de curso, cun total de 611 alumnas/os matriculados . Gran parte do noso alumnado ten o castelán como lingua materna e, os que teñen o galego como lingua nai, proceden maioritariamente do rural. A situación do idioma galego no entorno segue a ser claramente diglósica . Se ben é certo que o noso alumnado está en contacto cotiá coa lingua galega de diferentes xeitos, as familias educan aos nenos e nenas maioritariamente en castelán independentemente de que os ascendentes sexan galego-falantes. Ademais contamos con alumnado inmigrante, procedente de varios países e doutras comunidades españolas que coñecen e se expresan máis en castelán que en galego. Isto fai que sigamos considerando que a porcentaxe de alumnado do noso centro, que utiliza o galego como lingua vehicular non supera o 25%. A baixa tendencia observada no alumnado de usar o galego na súa expresión oral e escrita de xeito espontáneo, fainos reflexionar na necesidade de seguir potenciando o uso da lingua galega na maioría das actividades do noso centro para reforzar as horas propias de docencia nesta lingua e poder acadar a competencia comunicativa desexada, equiparada á da lingua castelá ao final das respectivas etapas, como especifica o Decreto. Os obxectivos por tanto que guiarán o noso Proxecto Lingüístico serán: a) Que o noso alumnado acade a competencia lingüística propia do seu nivel nas dúas linguas oficiais. b) Que valorice a cultura do seu entorno e aprenda a usar o galego como lingua de comunicación normal. c) Que toda a comunidade educativa participe na normalización do uso da lingua galega para acadar un bilingüísmo harmónico pleno. d) Establecer unha serie de actividades co obxectivo de contribuir a lle dar vitalidade e prestixio social á lingua máis desfavorecida , no noso entorno . e) Potenciar a capacitación para a comunicación na lingua estranxeira (inglés). 1. MEDIDAS ADOPTADAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LINGÜÍSTICO : EDUCACIÓN INFANTIL (Artigo 5 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia ) 1. Na etapa de educación infantil, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o
  • 4. alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lengua oficial de Galicia dentro dos límites da etapa ou ciclo. 2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumno/a antes do comezo do curso escolar acerca da lengua materna do seu fillo ou filla. 3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna. 4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as actividades e estratexias de aprendizaxe empregadas para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas oficiais. Consultadas as familias a finais do curso 2009-2010, determínase que a lingua materna predominante no noso entorno é o castelán . De acordo co decreto do plurilingüismo , o profesorado usará na aula esta lingua e procurará que o alumnado adquira de forma oral e escrita , o coñecemento da lingua galega dentro dos límites da etapa ou ciclo, procurando manter unha atención individualizada ao alumnado segundo a súa lingua materna.. Establécense estratexias de iniciación do galego en actividades coma : PSICOMOTRICIDADE INFORMÁTICA (aínda que non existen moitos recursos en galego adaptados á Educación Infantil) RUTINAS: ( asemblea , día da semana...) HORA DO CONTO , Recitado de poesías, trabalinguas,cancións... CELEBRACIÓNS DAS FESTAS TRADICIONAIS A lingua estranxeira inglés, ofrécese ao alumnado de E. I. en sesións dunha hora semanal, desde os 3 anos, seguindo o Plan de Anticipación posto en marcha hai xa varios anos no noso centro.
  • 5. ENSINO PRIMARIO (Artigo 6 o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia ). 1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas lenguas oficiais de Galicia. 2. As materias de lingua impartiranse no idioma de referencia. 3. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, e en castelán a materia de Matemáticas. 4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros, decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, sen prexuízo do disposto no capítulo IV (sobre a impartición de materias en lenguas estranxeiras). Este proceso realizarase cada catro cursos escolares. Distribución horaria das materias: 1º CICLO 1º CURSO: En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés 4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E. 5 horas COÑEC. 5 horas MATE 2 horas de EF 2 horas de E. A. 1hora REL ou AE 2º CURSO: En Lingua galega En Lingua castelá En Inglés 4 horas LG 4 horas LC 2 horas L.E. 4 horas COÑEC. 5 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A.
  • 6. 2 horas de EF 2ºCICLO 3º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E. 5 horas COÑEC. 4 horas MATE 1hora REL ou AE 2 horas de E. A. 1 hora de EF 1 hora de E:F. 4º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E. 4 horas COÑEC. 4 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A. 2 horas de EF 3ºCICLO 5º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 4 horas LG 4 horas LC 3 horas L.E. 5 horas COÑEC. 4 horas MATE 1 horas REL ou AE 2 horas de E. A. 2 horas de EF
  • 7. 6º CURSO En Lingua galega En Lingua castelá Inglés 3 horas LG 3 horas LC 3 horas L.E. 4 horas COÑEC. 4 horas MATE 2 horas REL ou AE 2 horas de E. A. 1 hora de E CID. 1 hora de E. CID. 2 horas de EF NOTA: Na área de Educación Física, utilizaranse a lingua galega e castelá indistintamente, para achegarse ao equilibrio en horas de docencia en ambas linguas. 1º CICLO DE PRIMARIA: No 1º Ciclo conflúe alumnado escolarizado desde E.Infantil no noso centro maioritariamente castelán-falante , co procedente do Colexio Rural Agrupado “CRA Picaraña”maioritariamente galego-falantes. Para a introdución e desenvolvemento das técnicas instrumentais de lecto-escritura adáptarase a metodoloxía á lingua materna predominante na aula , para elo nas entrevistas cos pais e nais preguntaremos cál é a lingua máis usada na casa. Coidarase a atención individualizada naquel alumnado que teña coma lingua materna a non maioritaria. Irase ampliando o uso da lingua galega ,dun xeito progresivo. Farase a “hora de ler” e realizarase o mesmo tipo de actividades en ambas linguas, para intentar equilibrar a competencia no uso de ambas linguas. En lingua estranxeira impártese o inglés , fixando como obxectivo iniciar unha competencia básica no uso do idioma . SEGUNDO E TERCER CICLO DA PRIMARIA No 2º e 3º ciclo de Primaria cando se trata de desenvolver as técnicas instrumentais adquiridas nas etapas anteriores , procuraremos insistir en lograr un nivel de igual competencia nas dúas linguas oficiais, tanto na expresión escrita como na expresión oral , atendendo especialmente á lingua galega, xa que se observa un nivel de competencia moi por debaixo do castelán. En canto á Lingua estranxeira, seguirase a metodoloxía que capacite ao alumnado na competencia para desenvolverse con soltura , utilizando un vocabulario axeitado que o capacite para unha comunicación elemental.
  • 8. Tanto nas producións escritas coma orais procúrase a participación activa en representacións, cancións, recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas... 2. MEDIDAS DE APOIO E REFORZO PARA UN CORRECTO USO LINGÜÍSTICO ESCOLAR E EDUCATIVO FOMENTANDO O PLURILINGÜÍSMO: • Fomentarase o uso oral e escrito das diferentes linguas que se imparten no centro. • Intentarase equiparar o material bibliográfico, fonográfico, multimedia…nas diferentes linguas : castelán , galego e inglés. • Poñerase a disposición do profesorado o material inventariado. • Proporcionaráselles aos membros da comunidade educativa información • sobre as actividades, actos e institucións culturais relacionadas co seu contorno lingüístico e animaráselles a participar nelas. • Animarase aos membros de toda a comunidade educativa a empregar o galego nas distintas actividades escolares que se desenvolvan durante o curso: celebracións, festivais... por ser a lingua oficial máis desfavorecida no noso contorno. • Traballaranse distintos aspectos da cultura tradicional e recopilarase información no entorno familiar e cultural, valorizando o respecto do noso patrimonio material e inmaterial. • Participarase en actividades complementarias que xurdan durante o curso a prol das dúas linguas oficiais, así como na lingua estranxeira, inglés. • Reforzarase a lecto-escritura nas diversas linguas superando as eivas de materiais editados en galego ( revistas, libros, cómics). • Desdobraranse as aulas para lograr un mellor uso das TIC de apoio e reforzo das diferentes áreas e potenciarase o uso das dúas linguas oficiais, así como o Inglés utilizando programas didácticos axeitados. • Realizaranse actividades de animación á lectura : Desdobraremos a aula para ler e comentar mellor obras de autores casteláns e galegos da actualidade coa finalidade de que a estes últimos incluso poidan chegar a coñecelos personalmente e así promover o valor social da lingua galega. (Fina Casalderrey , Anxo Fariña , Alfonso Quintiá...son algúns dos autores que tivemos o gusto de traer ao noso centro en diferentes cursos). • Adicaremos 15 minutos despois do recreo para ter un “Tempo de ler”, no que o alumnado elexirá libremente da biblioteca de aula ( ou se prefire pode traelo de casa) que libro, revista, cómic ...lle apetece ler nese tempo.
  • 9. Mochila viaxeira: cada semana, irase turnando entre o alumnado unha mochila que leva libros , película e revistas educativas para ler e comentar en familia. Procurarase equilibrar o seu contido en galego e castelán. • Club de lectura: con profesorado voluntario se realizarán sesións de lectura comentada de libros nas dúas linguas oficiais. O alumnado participante neste club deberá mostrar un interés especial cara a lectura. • Empregarase o Inglés en actividades lúdicas de representacións de diferentes cancións, celebración do halloween... ante alumnado de cursos inferiores. 3. CRITERIOS PARA DETERMINAR A LINGUA PREDOMINANTE NO CONTORNO: A / Observación directa: • Reunións coas nais e pais do noso alumnado. • Utilización informal da lingua oral entre o alumnado na aula e no patio. • Emprego da lingua escrita dirixida de pais a profesores. B/ Observación indirecta: • Enquisas ao alumnado e ás familias que permitan coñecer que idioma utilizan a cotío en diferentes contextos. Aplicada a consulta ás familias na Educación Infantil, podemos constatar que a lingua materna é o castelán na maioría do alumnado. Tamén nas conversas en titoría das nais e pais cos titores obsérvase que ainda que o mestre se dirixe en galego, as familias tenden a usar maioritariamente o castelán. 4. MEDIDAS ADOPTADAS PARA ALUMNADO INMIGRANTE: Na actualidade no noso centro temos alumnado inmigrante procedente doutras comunidades españolas e tamén doutros paises . En ambos casos coñecen en maior e menor grao o castelán. 1º Ciclo: alumnado de Arxentina, Colombia , Uruguay . 2º Ciclo: alumnado de Colombia, Uruguay, Inglaterra e Portugal . 3º ciclo: alumnos de Brasil, Inglaterra, Uruguay , Suíza. Alumnado doutras comunidades : Salamanca , Cataluña, Lanzarote.
  • 10. Ao carecer o Centro dun programa específico de inmersión lingüística, o alumnado inmigrante intégrase nas aulas correspondentes, á espera de ser avaliado o seu grao de coñecemento dalgunha das linguas oficiais. • Avaliación pola comisión pedagóxica da necesidade de solicitar profesores para apoio lingüístico. • Determinación polo orientador do centro, da necesidade de recibir unha atención específica, ou no seu caso unha adaptación da programación para o logro paulatino das competencias lingüísticas nas linguas oficiais. • Apoio individualizado na aula do titor ou titora, utilizando no inicio da súa escolarización preferentemente unha das linguas cooficiais onde se sinta con máis soltura o alumno/a e progresivamente introducilo no uso das demais linguas do currículo . • Fomentar a súa integración e interacción co grupo-clase. No caso de descoñecemento total das dúas linguas oficiais da nosa Comunidade Autónoma, se adoptarán as seguintes medidas: • Creación dunha aula de integración lingüística ou aula de acollida na que recibirían unha atención específica que será , simultáneo á escolarización nos grupos ordinarios conforme o nivel e a evolución da súa aprendizaxe. • Corresponde ás administracións educativas adoptar medidas singulares naqueles centros que resulte necesaria unha intervención educativa compensatoria. ( Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio (LOE)(BOE4-5-2006), artigos 79 e 81 5. ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DA LINGUA GALEGA: Desde hai anos os equipos de Dinamización da Lingua galega, Biblioteca e Actividades complementarias chegaron ao acordo de traballar conxuntamente na proposta de actividades dinamizadoras da lingua galega ao longo do curso escolar. • Animación ao uso activo de actividades propostas desde o Blog da Biblioteca www.bibliobrey.blogspot.com. así como de consulta de diferentes informacións que se inclúen no mesmo. • Exposicións didácticas ao longo do curso que teñen que ver coas actividades que existen no entorno do alumnado e que responden a actividades cíclicas anuais: a vendima, o millo, os froitos de outono, a mata, a castaña... • Obradoiro de libros: intentando recoller refráns, adiviñas,cantigas, costumes destas actividades ... implicando ás familias na transmisión e conservación das mesmas.
  • 11. Festa das cabazas ou calacús colaborando co departamento de inglés para mostrar as semellanzas ou diferenzas coa festa do “Hallowen”. • Certames de relatos de medo onde o alumnado recolle contos tradicionais ou ben inventa relatos que le diante doutros compañeiros e compañeiras . • Transmisión e fomento da oralidade en lingua galega a través da escenificación de conxuros e contos de medo do alumnado do 3º nivel para o alumnado do 2º ciclo, aproveitando contos tradicionais, polo mes de novembro. • Celebración do Magosto no patio do colexio: cada nivel encárgase de asar castañas, formando unha fogueira co bullo aportado polo alumnado , usando o xeito tradicional de asado desta zona. • Festival de Nadal: cantigas e escenificacións, normalmente úsanse as tres linguas en diferentes actuacións e procúrase que o fío condutor da presentación das diferentes actuacións sexa en lingua galega. • Certame de contos de Nadal. • Encontros con autores fomentando a lectura e creando sentimentos de valorización da nosa lingua. • Dia da Paz : traballos de murais e slogans pacifistas . Celebración no patio de todo o colexio do día da paz coa exposición de slogans ou peticións elaborados nas aulas e nos que procuramos que maiormente sexan en lingua galega. • Actividades lúdicas de caracter cooperativo e canción elexida para a celebración anual desta data, cantada á vez por todo o conxunto do alumnado, no patio do colexio. • Celebración da festa tradicional do Entroido. Colaboración das familias na elaboración de postres típicos. Elaboración de disfraces nas aulas para que cada nivel forme a súa comparsa. Invención de coplas por parte do alumnado do ciclo superior para levar a cabo despois do desfile de comparsas o xuízo ao meco. • Realización de traballos previos nas aulas sobre un tema global que elexido ao comezo de curso polos tres departamentos, normalmente se desenvolve durante o 2º e tercer trimestre , culminando cunha exposición que recolle o conxunto de traballos nos diferentes cursos. • Implicación das familias na pescuda de información sobre diferentes temas: toponimia da zona, plantas mediciñais, refráns, aportación de fotografías ect. • Edición da revista escolar CARREIRO onde recollemos fotograficamente a meirande parte dos traballos elaborados nos diferentes cursos que resumen o traballo cooperativo do noso centro. Ademais cada ano a revista desenvolve un tema global
  • 12. sobre o que xiran os diferentes artigos coa visión persoal que lle da cada mestre co seu grupo de alumnas e alumnos. • Semana das Letras Galegas: Nesta semana ten especial relevancia ao autor /a homenaxeado e dáse a coñecer a súa vida e obra a través da exposición que dun traballo cooperativo que previamente se prepara en diferentes cursos sobre a súa persoa. • Realizaranse encontros con personaxes públicos ( Álvaro Pino , ciclista emblemático en Ponteareas, Ilda Amoedo fundadora do centro da recuperación da cultura popular no castelo de Vilasobroso, ...etc ) que empreguen o galego na súa profesión e así promover a valorización da lingua galega na sociedade. • Outra actividade dinamizadora no uso da lingua galega e que ten moito éxito entre o noso alumnado é a MOSTRA DE TEATRO ( este ano será a 6ª Mostra de teatro) que ao longo do mes de maio no noso centro a pesares das dificultades de espazo que estamos tendo, se leva a cabo . • Consiste na representación de varias obras de teatro que distintos grupos de alumnas e alumnos preparados polos seus titores , realizan para outros grupos de alumnos. • A Semana do Cine realizámola durante o mes de maio proxectando películas en galego para que o noso alumnado poda ir coñecendo as producións feitas ou dobradas ao galego que normalmente non poden ver a través da T.V. • Colaboracións ao longo do curso con diferentes entidades: Caixanova, Asociacións culturais e ecoloxistas da zona , EDL do concello ect. que promovan a lingua e cultura galega. • Tratar de intercambiar experiencias con outros centros educativos tanto do noso Concello como de fora del. • Irase creando unha fonoteca e mediateca de materiais en lingua galega para que o alumnado coñeza a riqueza das produccións feitas en galego. Como se observa que hai menos materiais didácticos multimedia editados en galego que nas outras linguas (castelán e inglés), procuraremos a través do blog e páxina web do colexio dar a coñecer e incentivar o uso de programas informáticos en lingua galega que vaiamos coñecendo, para que o alumnado e as familias aprecien que a lingua galega é unha lingua actual , moderna que se emprega nas novas tecnoloxías. • Potenciar o uso das TIC no uso da lingua galega para que o alumnado a perciba como unha lingua actual que pode usar sen complexos en todas as áreas do saber. • Introducirase ao alumnado no uso do correo electrónico, elaboración de documentos word, power point sobre temas propostos etc.
  • 13. Utilizarase a lingua galega oral e escrita por parte do centro, tanto nas relacións que se manteñan coas administracións territoriais e locais e demáis entidades públicas galegas, en todos os documentos oficiais, comunicacións e escritos ás familias como indica a Lei Orgánica do 3 de maio do 2006 de Educación. • Repartirase entre o profesorado as variacións que se vaian dando respecto a normativa vixente en materia lingüística, para a súa aplicación. COMISIÓN DE PROFESORADO PARTICIPANTE NA REDACCIÓN DESTE PROXECTO : Ana Mª Carrera Rodríguez profesora en E.I. Beatriz González Alfaro profesora de Inglés Isabel Rodríguez Martínez profesora no 1º ciclo de EP e coordinadora do 1º ciclo. Arancha Míguez Iglesias profesora no 2º ciclo da EP Isabel Fernández Picos profesora no 3º Ciclo da EP e Coordinadora de EDL Consuelo Ucha Peña profesora de Lingua galega e Castelá no 3º ciclo da EP e xefa de estudos Rosa Mª Furelos León adscrita ao 3º ciclo da educación Primaria e directora Revisado e actualizado en setembro de 2010