Que é a doazón?
Procedemento mediante o cal una persoa cede
gratuitamente un órgano ou tecido propio a outra
persoa que o precisa
Quen pode ser doante?
Doante vivo: Persoa maior de idade con plenas
facultades mentais e que goce de bo estado de saúde.
Estas situacións deberán ser verificadas e certificadas
por médicos alleos aos que realizarán o transplante e
deberán ser aprobadas polos Comités de Ética e polo
xuzgado do Rexistro Civil
Doante falecido: Calquera persoa, de calquera idade
(desde recén nados ata máis de 75 anos) que ata o
momento da doazón non padecerán ninguna
enfermidade trasmisible coa doazón (cancro ou
enfermedades infecciosas) e non teña antecedentes de
risco que contraindiquen a doazón
Quen pode ser doante?
Para poder doar é preciso que o falecemento aconteza
na Unidade de Coidados Intensivos dun hospital. É alí
onde se pode levar a cabo una correcta preservación
dos órganos e una correcta valoración de cada
potencial doante
Tipos de doantes
Doante vivo: Persoa que fai a doazón en vida.
Doante falecido: Persoa que doa os seus órganos e
tecidos para que sexan extraídos despois do seu
falecemento
Ata hai uns anos, a meirande parte dos doantes falecían
por destrución completa e irreversible do cerebro a
causa dun traumatismo cerebral por accidente de
tráfico.
Porén, na actualidade, a primeira causa de morte dos
doantes falecidos é a destrución do cerebro a por
hemorraxia cerebral
Que se pode doar?
Órganos sólidos: Ril, corazón, estómago, fígado,
intestino, pulmón, páncreas.
Tecidos: Córneas, óso, pel, cartílago, tendóns,
membrana amniótica, válvulas cardíacas, arterias, veas
proxenitores hematopoyéticos (sangue periférico,
medula ósea ou de cordón umbilical) e cultivos celulares
de condrocitos, queratinocitos ou mioblastos.
Doante vivo:
Un dos riles, unha parte do fígado, pulmón ou páncreas
e tecido óseo, proxenitores hematopoyéticos,
membrana amniótica ou pel
Doante falecido:
Tódolos seus órganos e tecidos
Que se fai cos órganos extraídos e non
transplantados?
Envíanse ao Departamento de Anatomía Patolóxica para
a súa análise e posteriormente procédese á súa
incineración
Que probas se lle fai aos donantes?
A tódolos doantes se lle realizan múltiples análises e
outras probas diagnósticas para comprobar o bo
funcionamento do órgano ou tecido a transplantar e
para verificar a ausencia de enfermidades trasmisibles
que puideran ocasionar un contaxio ao receptor.
Ademais no caso de doantes vivos realízanse probas de
compatibilidade doante-receptor que aseguran a
viabilidade do órgano trasplantado
Por que non poden ser doantes a
maioría dos falecidos?
Os doantes de órganos teñen que falecer
obrigatoriamente nun hospital.
Os doantes en morte encefálica deben falecer en
unidades de Coidados Críticos que dispoñen dos medios
técnicos necesarios para manter artificialmente a
ventilación pulmonar e a circulación do donante con
medicación vasopresora.
Requisitos
Declarar a morte cerebral por 3 médicos, distintos aos
que van a participar na extracción ou transplante,
comproben a ausencia completa de resposta cerebral
mediante exploración de reflexos de troncoencéfalo
e probas instrumentais demostrativas de destrucción
completa do cerebro.
Os órganos mantéñense perfundidos e osixenados ata o
momento da extracción en quirófano.
Que é un transplante?
Substitución dun órgano ou tecido enfermo por outro
que funcione adecuadamente
Quen ten acceso a un transplante?
Persoas enfermas que sufriran un daño irreversible
nalgún dos seus órganos (fígado, corazón, pulmón,
intestino, páncreas e ril) e non poden curar con outro
tipo de tratamento médico.
Cada paciente incluido na lista de agarda é valorado de
xeito individual polo equipo de trasplante do seu
hospital de referencia
Canto custa?
Ao paciente non lle custa nada.
O órgano é trasplantado gratuitamente sen que inflúa a
condición social ou económica do paciente que o recibe.
Toda a terapéutica que implica un transplante (incluida
a medicación inmunosupresora post-transplante) e
sufragada polo Sistema Nacional de Saúde e as
respectivas comunidades autónomas onde se realiza o
transplante
Criterios de asignación dos órganos
Criterios territoriais: Os órganos dunha determinada
área trasplántanse nesa mesma zona para diminuír ao
máximo o tempo de isquemia (o tempo máximo que
pode trascorrer entre a obtención do órgano e o
transplante)
Criterios clínicos: Un paciente en “urxencia 0” ten
prioridade absoluta en todo o territorio nacional. Se non
hai esta urxencia, respéctanse os criterios anteriores
O equipo de transplante decide, dentro da súa lista de
agarda, qué paciente e o máis indicado para recibir o
órgano, seguindo os criterios clínicos:
Compatibilidade do grupo sanguíneo, características
antropométricas, gravidade do paciente…
Transplante de medula ósea
Consiste na infusión por vía intravenosa de medula ósea
obtida do doante, co obxectivo de substituír as células
enfermas do paciente.
Están indicados en enfermos que padecen
enfermedades conxénitas ou adquiridas da medula
ósea, tales coma leucemias agudas ou crónicas, aplasias
medulares, inmunodeficiencias…
O ideal é atopar un doante compatible entre os seus
familiares máis directos pero iso só acontece no 30%
dos casos.
Transplante de cordón umbilical
Consiste na infusión por vía intravenosa do sangue do
cordón umbilical co obxecto de substituír ás células
enfermas do paciente.
Non se trata, polo tanto de ninguna intervención
quirúrxica.
Transplante de cordón umbilical
O transplante de Células de Sangue do Cordón umbilical
(SCU) está indicado en persoas que padecen
enfermedades conxénitas ou adquiridas da medula
ósea, tales como as leucemias agudas ou crónicas.
En casos urxentes e en nenos/as, o trasplante das
células SCU presenta máis vantaxes que o trasplante de
medula ósea completa xa que se reducen as
complicacións e aumenta a supervivencia do paciente
trasplantado.
Coas células SCU que non son útiles para o trasplante
investígase para o tratamento da diabete, párkinson…
Transplante de tecidos
Os transplantes de tecidos realizáronse moito antes que
os de órganos sólidos.
Os tecidos que se poden transplantar son:
• Tecido osteotendinoso (óso, tendón e estruturas
osteontendinosas)
• Córneas
• Pel
• Válvulas cardíacas
• Segmentos vasculares (arterias e veas)
• Cultivos celulares de condrocitos, queratinocitos ou
mioblastos
Que cambios provoca no exterior a
extración de órganos
Trala extracción de órganos, o aspecto externo do
falecido non cambia de forma apreciable e só queda un
cicatriz suturado na pel do tórax e abdome.
No caso de doantes de tecidos como córneas ou ósos,
colócanse próteses para recuperar o volumen ou
firmeza trala extracción
Canto tempo dura a extracción de
órganos?
A extracción de órganos ten unha duración variable
dependendo do tipo e características dos órganos e
tecidos donados.
Habitualmente oscila entre 3 e 6 horas
Canto tempo se poden manter os
órganos extraídos?
Ril: Conservado en frío, ata trinta e seis horas.
Corazón e pulmón: Unhas 6 horas.
Fígado e páncreas: Ata unhas 12 horas.
En calquera caso, debe intentarse manter o órgano
extraído á agarda de ser implantado o menor tempo
posible.
Os tecidos poden ultraconxelarse e manterse viables
durante anos: ósos, ligamentos, cartílagos e pel.
Córneas: 10 días, sempre que se mantiveran no medio
adecuado a una temperatura de 4º C.
Medula ósea: Desde días ata semanas.
A doazón de órganos interfire co
funeral?
O funeral pode facerse tal cal se planeou, na localidade
de falecemento ou calquera outra cidade de España ou
do extranxeiro sen ningún tipo de dificultade ou retraso.
O novo Regulamento de Policía Sanitaria Mortuoria
posibilita expresamente a inhumación o cremación
precoz do cadáver cando fora doante, sen necesidade
de agardar as preceptivas 24 horas
Podo excluír da doazón algún órgano
ou tecido concreto?
Dada a escasez de órganos, de cada doazón, téntase
obter o maior aproveitamento posible.
O habitual é que a doazón sexa completa, porén pode
expresarse directamente aos familiares, os cales
comunicarán a vontade do falecido
Servirán os meus órganos e tecidos
para a doazón despois de padecer
alguna enfermidade?
En tódolos casos evaluados para unha posible doazón,
procédese a unha exhaustiva valoración da función,
integridade e ausencia de enfermedades transmisibles
no doante mediante probas analíticas, radiolóxicas,
ultrasóns ou incluso biopsias.
Na maioría das doazóns, sempre se atopa algún órgano
ou tecido válido para trasplantarse
Lexislación que regula a doazón e
transplante de órganos e tecidos?
Lei 30/1979 e RD 411/1996, RD 2070/1999 e RD
1306/2006, cuxos artigos regulan os centros onde se
poden realizar extraccións e trasplantes de órganos e
tecidos, a gratuidade dos procedementos,
consentimiento presunto, anonimato, criterios
diagnósticos da morte cerebral e aspectos de seguridade
e trazabilidade de tecidos.
Naqueles casos de falecemento por causas non naturais,
os Xuíces ou Maxistrados de garda deberán coñecer as
circunstancias do falecemento e autorizar a extracción de
órganos previo informe do médico forense.
Que opinan as principais relixións
sobre a doazón e transplante?
Igrexa Católica: Favorable
Igrexas cristianas reformadas (adventistas, anglicanos,
evanxélicos, metodistas,...): Favorable
“Testigos de Jehová”: Favorable aínda que manifestan
con rotundidade a súa oposición ás trasfusións de
sangre
Xudeus: Favorable
Relixión musulmana: Favorable
Budismo e sintoísmo: NON favorables xa que o proceso
da morte sucede de forma gradual, completándose ao
longo de tres días trala morte clínica.
Carné ou tarxeta de doante
Documento que testemuña o noso desexo de ser
doante de órganos tralo noso falecemento.
Non é imprescindible en España para ser doante.
A posesión dun carné de doante non debe suplir que a
familia coñeza o noso firme desexo de doazón, xa que
os familiares sempre serán informados e consultados.
Duración dos transplantes
Trasplantes de ril e fígado: Arredor dos 10 anos
Trasplante de ril vivo: Arredor dos 20 anos
Supervivencias máis prolongadas:
Ril: 43 anos
Fígado: 36 anos
Medula ósea: 33 anos
Corazón: 27 anos
Páncreas: 21 anos
Pulmón: 19 anos
Os trasplantados reciben medicación “antirrechazo”
(inmunosupresores) durante todo o resto da súa vida
O Sangue
• Parte do corpo humano
(
é un tecido líquido)
• É necesaria para a vida
• Non se pode fabricar, só se pode
obter de doantes
• Cantidade: 4,5 - 6 litros nun
adulto
Por que se considera ao sangue
coma un tecido?
É considerada un tecido porque se orixina a partir de
células similares.
O sangre é un tecido líquido que recorre o organismo
transportando células, e tódolos elementos necesarios
para realizar as súas funcións vitais (respirar, formar
substancias, defenderse de agresións…) e todo un
conxunto de funcións moi complexas e moi
importantes para a vida.
a. Compoñentes do sangue
Plasma: 55%
Compoñentes celulares: 1-2%
(glóbulos brancos e plaquetas))
Glóbulos vermellos: 44%
Hematíes
(Glóbulos vermellos)
• Fórmanse na medula ósea
• Son como “bolsas” cheas de hemoglobina
• Encárganse de levar o osíxeno desde os
pulmóns aos diferentes tecidos do organismo
• Renóvanse cada 120 días
• 4'5 e 5 millóns
Leucocitos
(Glóbulos blancos)
• Fórmanse na medula ósea e no
sistema linfoide (ganglios, bazo,…)
• Protexen ao organismo fronte
a bacterias e virus
• Fagocitosis
• Produción de anticorpos
(inmunoglobulinas)
• 5.000 - 9.000
Plaquetas
• Prodúcense na medula ósea
• Actúan taponando calquera
rotura que se produza
nalguna das conducións do
sangue
• Viven de 6 a 7 días
• 150.000 - 400.000
Composición do Plasma
Albúmina: Proteína que axuda a manter a agua do plasma
nunha proporción equilibrada
Globulinas: Anticorpos encargados da defensa do noso
organismo fronte ás infeccións
Factores de Coagulación: Imprescindibles para evitar as
hemorraxias
-Respiratoria: transporte de gases
(leva O2 a tódalas células do
organismo e recolle o CO2)
-Transportadora: de nutrintes,
substancias de refugallo,
hormonas…
- Inmunitaria ou defensiva
-Reguladora: da temperatura,
equilibrio hídrico, metabolismo…
b. Funcións do sangue
Grupos Sanguíneos
• Karl Landsteiner identificou por primeira vez aos grupos
sanguíneos partindo da mistura do sangue de diferentes
personas (1901).
• Observou que ao misturarse os sangues, se producía unha
formación de grumos, acumulación de glóbulos vermellos, que
denominou aglutinación.
• Despois de observar este fenómeno en sucesivas mostras,
concluíu que se trataba de diferentes grupos, aos que chamou
ABO e valeulle para gañar o Premio Nóbel en Medicina en 1930.
Landsteiner, deduciu que as combinacións entre uns
grupos e outros se debía á presenza dunha substancia na
membrana do glóbulo vermello denominada antíxeno.
E que a aceptación ou rexeite do sangue, non só dependía
deste, senón da presencia de proteínas en suero
denominadas anticorpos, os que só se activan ante a
proteína dun antíxeno estraño provinte doutro tipo de
sangue.
Sistema ABO e compatibilidade:
– Grupo O, Carente de antíxenos e con anticorpos A e B
– Grupo A, presenta antíxeno A y anticorpo B
– Grupo B, presenta antíxeno B y anticorpo A
– Grupo AB, xorde por
unha codominancia entre
grupo A e grupo B, polo
tanto, ten antíxeno A e B e
carece de anticorpos.
Outros antíxenos da membrana
eritrocitaria (Rh):
• Rh (Rhesus):D, C, E, c, e
• KELL: K, k
• Lewis Lea, Leb
• Kidd: JKª, Jkb
• Existen como 400 antíxenos distintos
K
D
C
K
B
A
D
C
Sistema Rhesus
Nos hematíes existe unha proteína denominada factor
Rh que ao estar presente na membrana dos glóbulos
vermellos fai á persoa Rh+ e ao non atoparse
denomínase Rh- (Alexander Salomon Wiener 1937)
Foi atopada inicialmente nunha especie de mono: o
Macacus Rhesus, de aí o seu nome
d. Utilidades
Hematíes
Operación de cadeira:
Parto complicado:
Accidente de tráfico:
Aneurisma roto:
Trasplante de corazón:
Trasplante de fígado:
Trasplante de medula ósea:
Enfermos de leucemia:
4 - 40 unidades.
4 - 40 unidades.
20 - 30 unidades.
30 - 60 unidades.
20 unidades.
30 a 100 unidades.
50 unidades.
200 unidades.
¿Por que é importante doar sangue?
• O sangue non se pode fabricar
É un ben escaso. Non tódalas
persoas poden doar nin todas
poden ser doadoras
• Os hospitais galegos precisan
500 doazóns ao día
• O sangue ten una duración
limitada
• Non debilita o noso organismo
¿Quen pode doar?
• Boa saúde
• Idade entre 18 e 65 anos
• Peso superior a 50 kg
• Non padecer enfermidades transmisibles polo
sangue, Hep B, Hep C, SIDA o Sífilis
¿Con que frecuencia se pode doar
sangue?
Entre doazón e doazón legalmente debe existir un
mínimo de 2 meses de intervalo
• Homes: 4 ao año
• Mulleres: 3 ao ano
¿É perigoso ou doloroso doar sangue?
NON
O pinchazo é inevitable
Material estéril e dun só uso
A cantidade doada supón
menos do 10% do sangue
Puntos Fixos:
Ubicados en Hospitais ou Centros de Saúde en tódalas
capitais de provincia
Colectas:
Locais habilitados en pobos, universidades, institutos,
empresas, institucións...
Unidade Móbil ou Autobús de Doazón
¿Onde se pode doar?
¿Que hai que facer para doar?
Acudir ao local ou unidade móbil
onde se realiza a colecta.
Almorzar ou comer (se a comida
foi copiosa agardar 2 horas).
Levar o DNI.
• Dura entre 5 e 7 minutos
• O sangue do doador recóllese
nunha bolsa da que despois se
obteñen os 3 componentes
sanguíneos.
• Xunto coa bolsa, extráense 4
tubos de control, 3 para os
distintos laboratorios e 1 para
o Hemograma.
3. Despois de doar
Reposar durante dez minutos na camilla e
presionar a zona de punción polo menos 5
minutos
Ante mareos, manter a calma e elevar as
pernas
Agardar 30 minutos antes de conducir
Non quitar o esparadrapo en 3 horas
Inxerir abundantes líquidos
Non fumar ni beber alcohol en 3 horas.
Non realizar esforzos físicos, cargar pesos,
practicar deportes ou traballos intensos
Xa somos doantes de sangue
• Carné de doante (ao cabo dunhas semanas no
domicilio)
• Resultados da analítica (SMS xeralmente)
O que non me atrevo a preguntar
¿Podo donar se…?
• Piercings e tatuaxes (agardar 4 meses)
• Drogas e alcol (agardar 12 horas)
• Pílula anticonceptiva (podes doar)
• Condutas sexuais de risco (agardar 4
meses)
• Menstruación (podes donar)
• Medicamentos (preguntar ao médico)
La Plasmaférese
Cun equipo estéril e cunha soa punción, sepárase o plasma por
centrifugación, e devólvense ao doante o resto dos compoñentes
Quen pode doar?
Preferentemente os grupos sanguíneos AB+, AB- y los B+, B-.
Frecuencia
Poderíase doar cada 2 semanas.
Canto tempo dura?
Aproximadamente 35-40 minutos.
O proceso de doazón de
Plaquetas é igual que o
de doazón de plasma.
Concentrado
de Hematíes
Utilidade
• Ciruxía programada e urxente (sobre todo
traumatoloxía, ciruxía cardíaca e vascular)
• Hemorraxias agudas
• Leucemias, trasplantes, cancro, anemia grave,…
Plaquetas
Utilidade
• Enfermidades do sangue: leucemias, anemia aplásica,
trasplante de medula ósea
• Cancro
• Hemorraxia masiva
• Prevención e tratamento de hemorraxias
• Déficit en plaquetas
Plasma
Utilidad
Alteracións da coagulación
Grandes queimados
Hemorraxia masiva
Enfermidades do ril
Enfermidades do fígado
Obtención de albúmina, inmunoglobulinas, factores da
coagulación e outras proteínas.