SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 42
Amelia Earhart
Pioneira en aviación
Amelia Earhart naceu en Kansas en 1897. Foi a
primeira muller aviadora que atravesou en
solitario o Atlántico e percorreu a distancia máis
longa voada por unha muller no menor tempo.
Desapareceu em xullo de 1937, cando tentaba cruzar
o Pacífico no seu voo arredor do mundo pola liña do
Ecuador. A súa historia converteuse en lenda.
_____________________________________________________
Jane Goodall
Defensora dos animais
Jane Goodall naceu en Londres en 1934. Com 23 anos
viaxou a Kenya e a partir de aí a Tanzania onde
comezou as súas investigacións sobre a conduta dos
chimpancés.
Tras varias viaxes a Tanzania, en 1962, Goodall obtivo
em Cambridge o doutoramento en etoloxía.
Hoxe em día, tras cumprir os oitenta anos, continúa co
seu labor.
_____________________________________________________
Ruth Matilda Anderson
Fotógrafa da Galiza dos anos 20
Fotógrafa estadounidense que naceu en 1893.
Durante os anos 1924 e 1925 percorreu Galiza xunto
co seu pai Alfred Anderson para realizar o encargo
da Hispanic American Society de capturar todas as
cousas que os tempos modernos estaban a facer
desaparecer.
E abofé que o fixo. Grazas a ela temos unhas 5000
fotografías que reflicten a vida cotiá, os costumes e
as paisaxes rurais e urbanas da Galiza dos anos 20.
_____________________________________________________
Alexandra David-Néel
Exploradora do Tibet
Louise Eugénie Alexandrine Marie David naceu
en 1868 en París, no seo dunha familia
acomodada. Pero a súa vida non tivo nada de
convencional. Foi unha aventureira.
Ademais de cantante de ópera, vivir nunha cova
e atravesar desertos e montañas, foi a primeira
estranxeira en entrar na cidade prohibida de
Lasha. Aquela rapaza nada nunha familia da
burguesía decimonónica, tivo unha vida lonxeva,
superou os cen anos, dedicada á meditación, a
filosofía e ao estudo do budismo.
_____________________________________________________
Safo
A primeira poeta
A figura histórica e literaria de Safo provocou un
inxente número de palabras e opinións ao longo da
historia. Desde a súa morte ata a actualidade, moitos
encomiaron a sutileza e perfección dos seus versos
mentres outros vilipendiaron a súa persoa.
Só temos unha cousa clara de Safo, que foi a primeira
poetisa coñecida da historia da humanidade, a nai de
todas os poetas.
Naceu arredor do 620 a.C na illa de Lesbos nunha
familia aristocrática e morreu cara ao 568 ou 563 a.C.
_____________________________________________________
Hipatia
Filósofa, matemática e astrónoma
Dirixíu a escola platónica de Alexandría cara ao 400
d. C. onde impartía clases, chegando a simbolizar
os cenceptos de aprendizaxe e ciencia, cousa que
os primeiros cristiáns identificaban con paganismo.
Embaixadora do saber, iluminou á Humanidade coa
súa poderosa luz pero ao final da súa vida, vítima
da intolerancia, foi brutalmente asasinada por unha
turba de cristiáns no 415 d.C.
Hipatia foi a última estrela que brillou en Alexandría.
_____________________________________________________
George Sand
A escritora rebelde
Aurore Dupin, baronesa Dudevant, naceu en 1804.
Novelista de recoñecido talento e militante socialista,
tivo tamén sona polos seus desprexuizados costumes.
O dereito da muller a dispor do seu corpo e dos seus
sentimentos tivo nela a unha ardente defensora.
No París do século XIX, George Sand foi sen dúbida un
terremoto que sacudíu os cimentos da constrinxida
sociedade decimonónica na que as mulleres vestían
longos e incómodos vestidos e eran, como moito,
anxos do fogar. Pero ela rompeu moldes e plasmou as
súas experiencias nunha extensa produción literaria.
Rosalía de Castro refírese a ela no prólogo de “Las
hijas del mar”.
_____________________________________________________
Isadora Duncan
Creadora da danza moderna
Isadora Duncan afirmaba que o baile debía ser unha
prolongación dos movementos naturais do corpo, que ela
consideraba fermosos e bastante máis belos que os que
efectuaban os bailaríns clásicos, aos que tachaba de
forzados e antinaturais; por iso, negábase a constreñir os
pés nas zapatillas de baile. Sentía unha admiración
estética pola beleza do corpo humano, influída polos
canons das estatuas e pinturas da Grecia clásica. O seu
método coreográfico era unha especie de filosofía
baseada no convencemento de que o baile puña ao
individuo en comunicación harmónica co ritmo intrínseco
da natureza e os corpos celestes.
_____________________________________________________
Cristina de Suecia
A raíña ilustrada
Cristina de Suecia non foi unha raíña convencional, naceu
en 1626, cando as nacións protestantes enfrontábanse ás
católicas no que se coñeceu como guerra dos 30 anos.
A súa verdadeira paixón foron os libros e o estudo, sendo
unha das raíñas máis eruditas da historia. De feito, o
desenvolvemento das artes en Europa débelle moito xa
que foi unha incansable mecenas de intelectuais.
Esta muller extraordinaria abdicou e rexeitou o seu dereito
ao trono en pos da súa liberdade. Extravagante, intelixente
e independente, foi aclamada nas cortes de toda Europa
polo seu gran enxeño e capacidade.
_____________________________________________________
Marguerite Yourcenar
A primeira muller na Academia Francesa
Naceu em 1903 en Bruxelas, de pai francés e nai belga.
Tras educarse en Francia e Inglaterra, viaxou por varios
países europeos e en 1947 adoptou a nacionalidade
estadounidense, aínda que todas as súas obras foron
escritas en francés.
O seu primeiro volume de poemas foi O xardín das
quimeras no que reinterpreta os mitos gregos. En 1922
publicou a colección poética Os deuses non morreron.
É considerada unha das mellores autoras de novela
histórica, destacando Memorias de Adriano (1951),
autobiografía novelada do emperador romano e Opus
Nigrum (1968), que narra a vida dun médico imaxinario,
Zeno de Bruxas. Grazas a esta novela concedeuselle o
premio Femina en 1968.
_____________________________________________________
Tamara de Lempicka
A pintora do Art-Decó
Pintora de orixe polaco que tivo unha vida apaixonante.
Naceu a finais do s.XIX, morreu en México en 1980 e vivíu
en diferentes países como Rusia, Francia ou os EEUU.
Comezou retratando á alta sociedade parisina para
gañarse a vida, alcanzando notable sona.
Destacan os seus cadros de mulleres de gran elegancia e
sensualidade entre paisaxes urbanas com toque cubista,
obras místicas, naturezas mortas e até obra abstracta.
Tras decaer a súa fama durante unhas décadas, no ano
1972 dedícanlle unha exposición en París na que se
redescubre o seu talento. En abril de 2007 chegou a Vigo
a primeira gran exposición da artista en España.
_____________________________________________________
Marguerite Radclyffe Hall
No pozo da soedade
Marguerite Radclyffe Hall (1880-1943), Poeta e escritora
inglesa que en 1927 cobrou fama con Adam’s Breed,
libro co que gañou dous premios literarios importantes.
En 1928 publicou O pozo da soidade, novela chea de
forza que fala do amor entre mulleres sendo prohibida
tras a súa publicación, para pasar a converterse despois
en todo un clásico, punto de referencia para as lesbianas
de todo o mundo. A novela retrata a homosexualidade
como algo natural, condición outorgada por Deus, a quen
Radclyffe fai unha súplica explícita: ”Concédenos tamén
(a nós) o dereito a existir”.
_____________________________________________________
Elizabeth Bishop
Poeta norteamericana e brasileira
Naceu em Worcester, Massachusetts, en 1911. Tivo unha vida
repleta de aventuras e de traxedias. Viaxou bastante por
diversas partes do mundo, vivindo 20 anos no Brasil coa
arquitecta autodidacta Lota de Melo Soares e quizais por esa
influencia as casas eran tan importantes nos seus escritos e
poemas:
“Teño que deixarte”, acaba abruptamente unha das súas cartas,
“porque unha nube está a entrar pola xanela”.
_____________________________________________________
Malala Yousafzai
A máis xoven Premio Nobel da Paz
Creceu no noroeste do Paquistán onde víu o seu direito á
educación ameazado en 2008, cando o líder talibán local esixíu
que todas as escolas parasen de dar clases a rapazas durante
un mes. Daquela, Malala creou um blog chamado “Diario de
unha Estudante Paquistaní”, onde relataba as tensións vividas
polas rapazas nun país dominado polos talibáns.
Aos 15 anos, ela e outras duas rapazas, levaron un tiro ao saír
da escola, nun ataque do grupo extremista. Tras un tratamento
intensivo no seu país, Malala mudouse para o Reino Unido,
onde continua o seu activismo.
En 2014, con apenas 17 anos, Malala recebeu o Premio Nobel
da Paz pola súa loita contra a represión e o direito de todas as
crianzas á educaión.
_____________________________________________________
Sanmao
A escritora do deserto
“Hai 40 anos chegou á, daquela, provincia do Sahara
Español, unha muller enigmática que buscaba a
realización da súa vida e obra literaria. Grazas a ela
en China coñécese ao pobo saharauí, así como un
dos momentos que máis marcaron a súa historia: a
descolonización española e a Marcha Verde
marroquí”.
O seu libro “Diarios do Sahara” desvela a vida cotiá
dun pobo castigado polas duras condicións de vida
do deserto ao tempo que loa a beleza da súa
desolada paisaxe.
_____________________________________________________
Margaret von Trotta
De actriz a directora
Iniciou a súa carreira nos anos setenta como actriz,
en películas de directores como Fassbinder.
Coñecida pola súa loita polos dereitos das mulleres,
a cineasta defende que moito se avanzou desde
entón, pero non o suficiente. “En Alemaña temos
unha chanceler e unha ministra de Defensa, é un
avance moi grande comparado con outros países
europeos, pero non é suficiente. As mulleres seguen
gañando menos polo mesmo traballo, por exemplo.
Non é moi progresista, que digamos”.
_____________________________________________________
Rosa Luxemburg
Revolucionaria e teórica do socialismo
Activista política que naceu en Polonia nunha familia xudía.
Nacionalizada alemana, estudou Leis e Economía política en
Zurich. Redactora do xornal teórico marxista "Neue Zeit“, foi
sentenciada a nove meses de prisión acusada de "insultar ao
Kaiser". Participou directamente na revolución de 1905 en
Polonia.
Foi unha muller idealista e apaixonada, que fixo do socialismo a
súa bandeira, inspirada pola revolución rusa, e sempre co
desexo de axudar aos traballadores, as persoas máis
desfavorecidas.
_____________________________________________________
Virginia Woolf
A necesidade dunha habitación propia
Escritora británica. O seu nome figura xunto co de James
Joyce, Thomas Mann ou Franz Kafka entre os grandes
renovadores da novela moderna. Experimentou nas súas
novelas o monólogo interior, representando os
pensamentos dun personaxe no seu fluír inconsciente.
Pioneira na reflexión sobre a condición da muller, a
identidade feminina e as relacións da muller coa arte e a
literatura, en ensaios como Unha habitación propia (1932)
e en novelas como a inquietante e misteriosa Orlando
(1928), na que se difuminan as diferenzas entre a condición
masculina e a feminina encarnadas no protagonista, un
aristócrata dotado da facultade de transformarse en muller.
_____________________________________________________
Hannah Arendt
Filósofa alemá
De ascendencia xudía (Hannover, 1906 - Nueva York, 1975).
Autora de numerosas obras, deuse a coñecer en 1951 cun
traballo titulado “As orixes do totalitarismo”, no que,
mediante a análise do imperialismo do século XIX e dos
reximes totalitarios do XX, tentaba reconstruír as vicisitudes
histórico-políticas que desembocaron no antisemitismo dentro
dunha reflexión máis xeral sobre a noción de política no mundo
moderno, como sucede en “A condición humana” (1958),
obra na que a autora se interroga sobre os núcleos esenciais
dos conceptos políticos clave, como os de democracia, poder,
violencia ou dominio.
_____________________________________________________
Sylvia Plath
Cada acto como unha forma de arte
Naceu en Boston, Massachusetts en 1932. Aínda no
instituto publicou o seu primeiro texto, un relato curto
titulado “And Summer Will Not Come Again” que viu a luz
na revista “Seventeen”.
O seu primeiro título publicado foi o poemario “O Coloso”
(1960). O seu principal libro é a súa novela “A Campana de
Cristal” (1963), de carácter autobiográfico e asinada co
pseudónimo de Vitoria Lucas. Pouco despois da aparición
deste libro Sylvia, poeta e novelista de gran sensibilidade e
rica imaxinaría que se convertíu nunha icona feminista,
suicidouse en Londres em 1963.
_____________________________________________________
Caroline Herschel
Astrónoma
Caroline Lucretia Herschel, irmá do descubridor de Urano, o
famoso astrónomo William Herschel, está considerada
como a primeira astrónoma remunerada da que se ten
constancia. Matemática de gran talento, realizaba cálculos
a partir das observacións do seu irmán e puía os espellos
dos seus telescopios con gran habilidade.
Descubriu 8 cometas e foi a encargada de elaborar un
catálogo de nebulosas e cúmulos de estrelas.
_____________________________________________________
Pina Bauch
A mellor coreógrafa do século XX
Desde nena Pina Bausch, bailarina e coreógrafa alemá, ”bailou
os seus sentimentos”, preferindo expresarse en movementos
antes que en palabras.
Contundente creadora e directora da Tanztheater Wuppertal e
peza crave na creación contemporánea, foi un dos estandartes
máis influentes da danza actual con prestixiosos traballos, que
abarrotan teatros alí onde se mostran, e reflicten o universo e
linguaxe tan persoal da coreógrafa, seguido e respectado por
compañías e escolas de medio mundo.
“Non me interesa o movemento. Interésame o que move ás
persoas. As miñas obras crecen desde dentro cara a fóra”
_____________________________________________________
Valentina Tereshkova
Primeira muller nunha nave espacial
Astronauta rusa nada en 1937. Filla dun tractorista e dunha
traballadora da industria téxtil, desde nena practicou o salto
en paracaídas, obtendo o título de instrutora.
Traballadora nunha fábrica téxtil, Tereshkova completaba
os seus estudos nunha escola nocturna. Fortemente atraída
pola investigación espacial, presentouse voluntaria como
futura astronauta, e aínda que carecía da formación
adecuada, a axencia do espazo soviética decidíu preparala,
xunto con outras tres mulleres.
Tras un duro adestramento, en xuño de 1963 Tereshkova
foi lanzada ao espazo a bordo da nave Vostok 6, na que
orbitou 48 veces a Terra nunha viaxe espacial de 70 horas
50minutos de duración.
_____________________________________________________
María Mitchell
Primeira muller académica de EEUU
(1818-1889). Descubríu un cometa chamado "Miss
Mitchell's Comet“ e foi unha pertinaz defensora da
igualdade de xéneros e o sufraxio feminino.
Ao principio traballou como bibliotecaria colaborando
intensamente no observatorio do seu pai.
Elaborou táboas sobre a posición de Venus e
exerceu como profesora de astronomía nun
prestixioso colexio estadounidense.
Un cráter lunar leva o seu nome.
_____________________________________________________
Ruby Payne-Sco
Primeira muller radioastrónoma
Vivíu entre 1912 e 1981 en Australia. Fundadora dunha das
grandes ramas da astronomía moderna. Estudou Física,
Matemáticas e Botánica.
Desenvolveu boa parte da linguaxe que utilizaría a
radioastronomía e foi unha fervente defensora dos dereitos
humanos e membro do Partido Comunista de Australia polo que
foi amplamente investigada polos servizos secretos deste país.
Tivo que abandonar o seu traballo oficial de investigadora por
casar en segredo (segundo a lexislación non podía estar
casada e ter un posto de responsabilidade) en 1944 e ter fillos.
_____________________________________________________
Chimamanda Ngozi
“Todxs tiñamos que ser feministas”
Escritora nixeriana que naceu en 1977 gañadora de
diversos premios, fíxose coñecida por un vídeo de
TED en que invita a toda a xente a facerse feminista.
“Conto historias”. Así, cunha soa frase, definía a súa
actividade esta novelista que chegou aos 36 anos
con tres novelas e un libro de relatos escritos en
inglés, todos traducidos ao español, e que fala do
perigo que implica a existencia dunha soa historia,
nun tema que é de ida e volta. O que a conta a
impón, o que a recibe pode crerse que é a única.
_____________________________________________________
Emmy Noether
A muller máis importante na historia
das matemáticas
Naceu en Erlangen, Alemaña, no ano 1882 e faleceu no
1935 en EEUU, logo de ser expulsada polos nazis uns anos
antes. A figura de Noether ocupa un imprescindible lugar no
ámbito das matemáticas, especialmente na física teórica e
a álxebra abstracta, con grandes avances en canto ás
teorías de aneis, grupos e campos. Ao longo da súa vida
realizou unhas 40 publicacións realmente exemplares.
_____________________________________________________
Barbara McClintock
Autora da Teoría dos xenes saltaríns
De orixe estadounidense, Barbara McClintock naceu en
Hartford no ano 1902 e faleceu en 1992, deixando un
importante descubrimento no campo da xenética. Barbara
especializouse na citoxenética e obtivo un doutoramento en
botánica no ano 1927. A pesar de que durante moito tempo,
inxustamente os seus traballos non foron tomados en conta, 30
anos máis tarde outorgóuselle o premio Nobel polo seu
excepcional e incriblemente adiantada para a súa época: teoría
dos xenes saltarines, revelando o feito de que os xenes eran
capaces de saltar entre diferentes cromosomas. Hoxe, este é
un concepto esencial en xenética.
_____________________________________________________
Ada Lovelace
A primeira programadora
Brillante matemática inglesa. Naceu en Londres en
1815 e faleceu en 1852. Absolutamente adiantada ao
seu tempo, foi a primeira científica da computación
da historia, a primeira programadora do mundo. Ela
descubriu que mediante unha serie de símbolos e
normas matemáticas era posible calcular unha
importante serie de números. Previu as capacidades
que unha máquina (máis tarde sería o computador)
tiña para o desenvolvemento dos cálculos numéricos.
Como curiosidade, era filla dun dos poetas máis
grandes na historia da literatura universal, Lord
Byron.
_____________________________________________________
Susan Jocelyn Bell Burnell
Astrofísica e descubridora
Susan Jocelyn Bell Burnell é a astrofísica británica que
descubriu a primeira radioseñal dun púlsar. Naceu em
1943, en Belfast, Irlanda do Norte e o seu descubrimento
foi parte da súa propia tese. Con todo, o recoñecemento
sobre este descubrimento foi para Antony Hewish, o seu
titor, a quen se lle outorgou o premio Nobel de Física en
1974. Este inxusto acto foi cuestionado durante anos,
sendo ata hoxe un tema de controversia.
_____________________________________________________
Rosalind Franklin
Biofísica e cristalógrafa
Rosalind Elsie Franklin naceu en 1920 en Londres e
faleceu en 1958. Foi biofísica e cristalógrafa, tendo
participación crucial na comprensión da estrutura do
ADN, ámbito no que deixou grandes contribucións. Sen
embargo, por eses bochornosos actos da comunidade
científica, un dos seus máis grandes traballos: fixo
posible a observación da estrutura do ADN mediante
imaxes tomadas con raios X, tampouco foi recoñecido.
Pola contra, o crédito e o premio Nobel en Medicina
levárono Watson (máis tarde cuestionado polas súas
polémicas declaracións racistas e homofóbicas) e Crick.
_____________________________________________________
Marie Curie
A muller radiactiva
A química e física polaca Marie Salomea SkŁodowska
Curie, coñecida como Marie Curie, dedicou a súa vida
enteira á radioactividade, sendo a máxima pioneira neste
ámbito. Vivíu entre 1867 e 1934, sendo a primeira
persoa en conseguir dous premios Nobel, para os que
literalmente deu a vida e aínda hoxe, os seus papeis son
tan radioactivos que hai que manipulalos cun equipo
especial. Os seus coñecementos en física e química
impulsaron grandes avances.
_____________________________________________________
Shirley Chisholm
Primeira afroestadounidense no
Congreso
Hai máis de 40 anos, moito antes de que Barack
Obama ou Hillary Clinton aparecesen na escena
política de Estados Unidos, Shirley Chisholm xa
rompera barreiras de raza e xénero: foi a primeira
muller negra en lanzar unha candidatura presidencial
por un dos principais partidos en Estados Unidos, o
Partido Demócrata.
Impulsou un proxecto de lei para asegurar que as
empregadas domésticas recibisen prestacións
sociais e avogou por mellor acceso á educación e
polos dereitos dos inmigrantes.
_____________________________________________________
Ursula K. Le Guin
O infinito nunha casca de noz
“Onde me levará o estudo da astronomía?",
pregúntalle un personaxe a outro na novela A man
esquerda da escuridade, de Ursula K. Lle Guin. E a
contestación é: "Á grandeza". É unha resposta que
define con exactitude o ton do libro, porque lendo
esta e outras novelas de Le Guin sentes que, en
efecto, estás a asomarte á vastedade do Universo,
ao segredo mesmo da vida, á beleza pura. Dentro
dunha casca de noz cabe o infinito, pero só os
escritores verdadeiramente bos son capaces de
albiscar esa vibrante enormidade. (Rosa Montero en El País)
_____________________________________________________
María Firmina dos Reis
Primeira novelista brasileira
Naceu en1825 e os 22 anos aprobou unha oposición á
Educación Primaria pasando a ser a primeira profesora
concursada de seu Estado.
Publicou Úrsula en 1859, primeira novela abolicionista
escrita por unha mulher negra brasileira , novela que a
consagrou como escritora, sendo a primeira novela da
literatura afro-brasileira.
En 1880 fundou a primeira escola mixta e gratuíta. Foi
unha loitadora incansable pola educación e mellora das
condicións das mulleres e persoas afro-brasileiras.
_____________________________________________________
Simone de Beauvoir
Unha xoven formal
Simone de Beauvoir naceu en París, en 1908, nunha
familia burguesa tradicional e católica. O seu labor
creador foi recoñecido no campo da filosofía, a
socioloxía e as loitas do feminismo. O seu libro
Memorias dunha xoven formal conta os esforzos e
contradicións en que se debateu antes de chegar a
unha ruptura que lle permitise coñecerse a si mesma
e elixir as súas propias actitudes vitais.
En 1954 gañou o Goncourt, un dos maiores premios
literarios de Francia.
A idea motriz que marca a súa obra é a idea de
liberdade que implica a noción de responsabilidade
Simone foi un dos eixos do existencialismo.
_____________________________________________________
Clara Schumann
Pianista e compositora
(Leipzig, 1819 - Frankfurt del Main, 1896)
Clara Josephine Wieck, máis coñecida como Clara
Schumann por ter casado con Robert Schumann e
foi primerísima figura da interpretación pianística, foi,
ademais, e, sobre todo, unha gran compositora,
aínda que a súa carreira creativa quedou supeditada
á necesidade de efectuar numerosas xiras de
concertos, por mor dos graves trastornos de saúde
de Schumann que interferían no traballo creativo e
docente do compositor e dela mesma, e provocaban
dificultades para o mantemento da numerosa familia
que ambos crearon.
_____________________________________________________
Marie-Sophie Germain
Os números primos débenlle algo
Matemática, física e filósofa francesa que fixo
importantes contribucións á teoría dos números e
á teoría da elasticidade. Un de seus estudos máis
importantes acabaría coñecéndose como
números primos de Sophie Germain.
Consciente dos impedimentos machistas que
enfrentaba, asinou varias pesquisas con
pseudónimo masculino: “Por medo a ser
ridiculizada por ser muller e cientista, adoptei
previamente o nome de Monsieur LeBlanc”.
_____________________________________________________
Hildegard von Bingen
Filósofa, música e visionaria
Polifacética abadesa, física, filósofa, naturalista,
compositora, poetisa e lingüista do medievo,
naceu de décima nunha familia nobre alemá en
1098 e seus pais entregárona á Igrexa como un
diezmo (por ser a menor dos seus fillos).
Empezou a ter visións desde moi nova. Estas
visións fixeron que a igrexa a tratase como unha
persoa en conexión co divino, o que explica en
parte como foi capaz de desfacerse das
restricións da igrexa medieval coas mulleres
predicadoras e dedicarse á filosofía e á ciencia.
Aos 42 anos experimentou unha visión que
recibiu como instrución directa de Deus, na que
se lle instaba a “escribir todo canto vise e ouvise”.
_____________________________________________________
Emma Goldman (1869 - 1940). Anarquista de orixe
lituana coñecida polos seus escritos e manifestos
libertarios e feministas.
Pioneira na loita pola emancipación da muller.
Así entendeu Goldman a loita anarquista que a
acompañou sempre: "O dereito á autoexpresión e a
todas as cousas fermosas e radiantes".
Emma Goldman
Anarquista
_____________________________________________________
Alexandra Kollontai
Primeira muller nun Goberno
Alexandra Kollontai, revolucionaria, foi a primeira
muller que participou nun goberno e a primeira en
exercer a función de representante do seu país no
estranxeiro. Pero destaca, sobre todo, por ser unha
das figuras máis importantes da revolución rusa e pola
súa achega teórica e práctica á loita inseparable polo
socialismo e a igualdade da muller.
Naceu no 1872 en San Petersburgo, no marco dunha
familia bastante liberal, pero que non lle deixou ir á
escola para non atoparse con malas influencias, polo
que foi educada por un instrutor particular.
_____________________________________________________

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Novidades
Novidades Novidades
Novidades soigca
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas IlustresFiz
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miñoiessalvabiblio
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas IlustresFiz
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016iessalvabiblio
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017iessalvabiblio
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 

La actualidad más candente (11)

Novidades
Novidades Novidades
Novidades
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoAgustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016Guia_lectura_Nadal_2016
Guia_lectura_Nadal_2016
 
MULLERES GALEGAS
MULLERES GALEGASMULLERES GALEGAS
MULLERES GALEGAS
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017Guia lectura verán_2017
Guia lectura verán_2017
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 

Destacado

Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoquendadeira
 
Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...
Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...
Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...J. IGNACIO BERNAL RODRIGUEZ
 
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 2
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas   2Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas   2
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 2Rony Gutierrez
 
Intentions de vote
Intentions de voteIntentions de vote
Intentions de voteibrendan
 
Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.
Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.
Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.Пётр Ситник
 
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 1
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas  1Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas  1
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 1Rony Gutierrez
 
Jornal de unidade fevereiro - março 2017
Jornal de unidade   fevereiro - março  2017 Jornal de unidade   fevereiro - março  2017
Jornal de unidade fevereiro - março 2017 rosecleide torres
 
Nova Apresentação D9Clube
Nova Apresentação D9ClubeNova Apresentação D9Clube
Nova Apresentação D9ClubeAkhil Leandro
 
Vent d'aram Natalia
Vent  d'aram NataliaVent  d'aram Natalia
Vent d'aram Nataliamlope657
 
Amb gavardina grisa Nil
Amb gavardina grisa NilAmb gavardina grisa Nil
Amb gavardina grisa Nilmlope657
 
Icinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applications
Icinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applicationsIcinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applications
Icinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applicationsIcinga
 
RM session 1: ORM platform
RM session 1: ORM platformRM session 1: ORM platform
RM session 1: ORM platformLéna Nussbaumer
 
Icinga Camp Berlin 2017 - Icinga Director
Icinga Camp Berlin 2017 - Icinga DirectorIcinga Camp Berlin 2017 - Icinga Director
Icinga Camp Berlin 2017 - Icinga DirectorIcinga
 
Fé em Tempos Difíceis
Fé em Tempos DifíceisFé em Tempos Difíceis
Fé em Tempos DifíceisIBMemorialJC
 
La gallinita y el pan
La gallinita y el panLa gallinita y el pan
La gallinita y el panYerka Ordenes
 

Destacado (20)

Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor romántico
 
Astrónomas
AstrónomasAstrónomas
Astrónomas
 
Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...
Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...
Crear y manejar un huerto escolar UN MANUAL PARA PROFESORES, PADRES Y COMUNID...
 
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 2
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas   2Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas   2
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 2
 
Intentions de vote
Intentions de voteIntentions de vote
Intentions de vote
 
Tugasan 2
Tugasan 2Tugasan 2
Tugasan 2
 
Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.
Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.
Культура Беларуси во второй половине XVII - XVIII в.
 
Portafolio
Portafolio Portafolio
Portafolio
 
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 1
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas  1Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas  1
Problemas de olimpiadas 5º matemáticas recreativas 1
 
Jornal de unidade fevereiro - março 2017
Jornal de unidade   fevereiro - março  2017 Jornal de unidade   fevereiro - março  2017
Jornal de unidade fevereiro - março 2017
 
Nova Apresentação D9Clube
Nova Apresentação D9ClubeNova Apresentação D9Clube
Nova Apresentação D9Clube
 
Vent d'aram Natalia
Vent  d'aram NataliaVent  d'aram Natalia
Vent d'aram Natalia
 
Amb gavardina grisa Nil
Amb gavardina grisa NilAmb gavardina grisa Nil
Amb gavardina grisa Nil
 
Icinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applications
Icinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applicationsIcinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applications
Icinga Camp Berlin 2017 - End user experience monitoring of network applications
 
Tugasan 4 amalan terbaik
Tugasan 4 amalan terbaikTugasan 4 amalan terbaik
Tugasan 4 amalan terbaik
 
RM session 1: ORM platform
RM session 1: ORM platformRM session 1: ORM platform
RM session 1: ORM platform
 
LUQY TECNOLOGIA
LUQY TECNOLOGIALUQY TECNOLOGIA
LUQY TECNOLOGIA
 
Icinga Camp Berlin 2017 - Icinga Director
Icinga Camp Berlin 2017 - Icinga DirectorIcinga Camp Berlin 2017 - Icinga Director
Icinga Camp Berlin 2017 - Icinga Director
 
Fé em Tempos Difíceis
Fé em Tempos DifíceisFé em Tempos Difíceis
Fé em Tempos Difíceis
 
La gallinita y el pan
La gallinita y el panLa gallinita y el pan
La gallinita y el pan
 

Similar a 42 mulleres chave

100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Marlou
 
Día das Escritoras
Día das Escritoras Día das Escritoras
Día das Escritoras soigca
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegasAna
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 

Similar a 42 mulleres chave (20)

Mulleres aventureiras
Mulleres aventureirasMulleres aventureiras
Mulleres aventureiras
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)Maruxa mallo (2017)
Maruxa mallo (2017)
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Día das Escritoras
Día das Escritoras Día das Escritoras
Día das Escritoras
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas10 Grandes Mulleres galegas
10 Grandes Mulleres galegas
 
Concurso
ConcursoConcurso
Concurso
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 

Más de quendadeira

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleresquendadeira
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoquendadeira
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...quendadeira
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cachoquendadeira
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casaresquendadeira
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froitaquendadeira
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundariaquendadeira
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2quendadeira
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantilquendadeira
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celtaquendadeira
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésquendadeira
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiagoquendadeira
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirquendadeira
 
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOC:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOquendadeira
 
A Vía Láctea representada na Prehistoria
A Vía Láctea representada na PrehistoriaA Vía Láctea representada na Prehistoria
A Vía Láctea representada na Prehistoriaquendadeira
 

Más de quendadeira (20)

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
25 de abril
25 de abril25 de abril
25 de abril
 
fotos e mates
fotos e matesfotos e mates
fotos e mates
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no inferno
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cacho
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casares
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
 
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOC:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
 
A Vía Láctea representada na Prehistoria
A Vía Láctea representada na PrehistoriaA Vía Láctea representada na Prehistoria
A Vía Láctea representada na Prehistoria
 

42 mulleres chave

  • 1. Amelia Earhart Pioneira en aviación Amelia Earhart naceu en Kansas en 1897. Foi a primeira muller aviadora que atravesou en solitario o Atlántico e percorreu a distancia máis longa voada por unha muller no menor tempo. Desapareceu em xullo de 1937, cando tentaba cruzar o Pacífico no seu voo arredor do mundo pola liña do Ecuador. A súa historia converteuse en lenda. _____________________________________________________
  • 2. Jane Goodall Defensora dos animais Jane Goodall naceu en Londres en 1934. Com 23 anos viaxou a Kenya e a partir de aí a Tanzania onde comezou as súas investigacións sobre a conduta dos chimpancés. Tras varias viaxes a Tanzania, en 1962, Goodall obtivo em Cambridge o doutoramento en etoloxía. Hoxe em día, tras cumprir os oitenta anos, continúa co seu labor. _____________________________________________________
  • 3. Ruth Matilda Anderson Fotógrafa da Galiza dos anos 20 Fotógrafa estadounidense que naceu en 1893. Durante os anos 1924 e 1925 percorreu Galiza xunto co seu pai Alfred Anderson para realizar o encargo da Hispanic American Society de capturar todas as cousas que os tempos modernos estaban a facer desaparecer. E abofé que o fixo. Grazas a ela temos unhas 5000 fotografías que reflicten a vida cotiá, os costumes e as paisaxes rurais e urbanas da Galiza dos anos 20. _____________________________________________________
  • 4. Alexandra David-Néel Exploradora do Tibet Louise Eugénie Alexandrine Marie David naceu en 1868 en París, no seo dunha familia acomodada. Pero a súa vida non tivo nada de convencional. Foi unha aventureira. Ademais de cantante de ópera, vivir nunha cova e atravesar desertos e montañas, foi a primeira estranxeira en entrar na cidade prohibida de Lasha. Aquela rapaza nada nunha familia da burguesía decimonónica, tivo unha vida lonxeva, superou os cen anos, dedicada á meditación, a filosofía e ao estudo do budismo. _____________________________________________________
  • 5. Safo A primeira poeta A figura histórica e literaria de Safo provocou un inxente número de palabras e opinións ao longo da historia. Desde a súa morte ata a actualidade, moitos encomiaron a sutileza e perfección dos seus versos mentres outros vilipendiaron a súa persoa. Só temos unha cousa clara de Safo, que foi a primeira poetisa coñecida da historia da humanidade, a nai de todas os poetas. Naceu arredor do 620 a.C na illa de Lesbos nunha familia aristocrática e morreu cara ao 568 ou 563 a.C. _____________________________________________________
  • 6. Hipatia Filósofa, matemática e astrónoma Dirixíu a escola platónica de Alexandría cara ao 400 d. C. onde impartía clases, chegando a simbolizar os cenceptos de aprendizaxe e ciencia, cousa que os primeiros cristiáns identificaban con paganismo. Embaixadora do saber, iluminou á Humanidade coa súa poderosa luz pero ao final da súa vida, vítima da intolerancia, foi brutalmente asasinada por unha turba de cristiáns no 415 d.C. Hipatia foi a última estrela que brillou en Alexandría. _____________________________________________________
  • 7. George Sand A escritora rebelde Aurore Dupin, baronesa Dudevant, naceu en 1804. Novelista de recoñecido talento e militante socialista, tivo tamén sona polos seus desprexuizados costumes. O dereito da muller a dispor do seu corpo e dos seus sentimentos tivo nela a unha ardente defensora. No París do século XIX, George Sand foi sen dúbida un terremoto que sacudíu os cimentos da constrinxida sociedade decimonónica na que as mulleres vestían longos e incómodos vestidos e eran, como moito, anxos do fogar. Pero ela rompeu moldes e plasmou as súas experiencias nunha extensa produción literaria. Rosalía de Castro refírese a ela no prólogo de “Las hijas del mar”. _____________________________________________________
  • 8. Isadora Duncan Creadora da danza moderna Isadora Duncan afirmaba que o baile debía ser unha prolongación dos movementos naturais do corpo, que ela consideraba fermosos e bastante máis belos que os que efectuaban os bailaríns clásicos, aos que tachaba de forzados e antinaturais; por iso, negábase a constreñir os pés nas zapatillas de baile. Sentía unha admiración estética pola beleza do corpo humano, influída polos canons das estatuas e pinturas da Grecia clásica. O seu método coreográfico era unha especie de filosofía baseada no convencemento de que o baile puña ao individuo en comunicación harmónica co ritmo intrínseco da natureza e os corpos celestes. _____________________________________________________
  • 9. Cristina de Suecia A raíña ilustrada Cristina de Suecia non foi unha raíña convencional, naceu en 1626, cando as nacións protestantes enfrontábanse ás católicas no que se coñeceu como guerra dos 30 anos. A súa verdadeira paixón foron os libros e o estudo, sendo unha das raíñas máis eruditas da historia. De feito, o desenvolvemento das artes en Europa débelle moito xa que foi unha incansable mecenas de intelectuais. Esta muller extraordinaria abdicou e rexeitou o seu dereito ao trono en pos da súa liberdade. Extravagante, intelixente e independente, foi aclamada nas cortes de toda Europa polo seu gran enxeño e capacidade. _____________________________________________________
  • 10. Marguerite Yourcenar A primeira muller na Academia Francesa Naceu em 1903 en Bruxelas, de pai francés e nai belga. Tras educarse en Francia e Inglaterra, viaxou por varios países europeos e en 1947 adoptou a nacionalidade estadounidense, aínda que todas as súas obras foron escritas en francés. O seu primeiro volume de poemas foi O xardín das quimeras no que reinterpreta os mitos gregos. En 1922 publicou a colección poética Os deuses non morreron. É considerada unha das mellores autoras de novela histórica, destacando Memorias de Adriano (1951), autobiografía novelada do emperador romano e Opus Nigrum (1968), que narra a vida dun médico imaxinario, Zeno de Bruxas. Grazas a esta novela concedeuselle o premio Femina en 1968. _____________________________________________________
  • 11. Tamara de Lempicka A pintora do Art-Decó Pintora de orixe polaco que tivo unha vida apaixonante. Naceu a finais do s.XIX, morreu en México en 1980 e vivíu en diferentes países como Rusia, Francia ou os EEUU. Comezou retratando á alta sociedade parisina para gañarse a vida, alcanzando notable sona. Destacan os seus cadros de mulleres de gran elegancia e sensualidade entre paisaxes urbanas com toque cubista, obras místicas, naturezas mortas e até obra abstracta. Tras decaer a súa fama durante unhas décadas, no ano 1972 dedícanlle unha exposición en París na que se redescubre o seu talento. En abril de 2007 chegou a Vigo a primeira gran exposición da artista en España. _____________________________________________________
  • 12. Marguerite Radclyffe Hall No pozo da soedade Marguerite Radclyffe Hall (1880-1943), Poeta e escritora inglesa que en 1927 cobrou fama con Adam’s Breed, libro co que gañou dous premios literarios importantes. En 1928 publicou O pozo da soidade, novela chea de forza que fala do amor entre mulleres sendo prohibida tras a súa publicación, para pasar a converterse despois en todo un clásico, punto de referencia para as lesbianas de todo o mundo. A novela retrata a homosexualidade como algo natural, condición outorgada por Deus, a quen Radclyffe fai unha súplica explícita: ”Concédenos tamén (a nós) o dereito a existir”. _____________________________________________________
  • 13. Elizabeth Bishop Poeta norteamericana e brasileira Naceu em Worcester, Massachusetts, en 1911. Tivo unha vida repleta de aventuras e de traxedias. Viaxou bastante por diversas partes do mundo, vivindo 20 anos no Brasil coa arquitecta autodidacta Lota de Melo Soares e quizais por esa influencia as casas eran tan importantes nos seus escritos e poemas: “Teño que deixarte”, acaba abruptamente unha das súas cartas, “porque unha nube está a entrar pola xanela”. _____________________________________________________
  • 14. Malala Yousafzai A máis xoven Premio Nobel da Paz Creceu no noroeste do Paquistán onde víu o seu direito á educación ameazado en 2008, cando o líder talibán local esixíu que todas as escolas parasen de dar clases a rapazas durante un mes. Daquela, Malala creou um blog chamado “Diario de unha Estudante Paquistaní”, onde relataba as tensións vividas polas rapazas nun país dominado polos talibáns. Aos 15 anos, ela e outras duas rapazas, levaron un tiro ao saír da escola, nun ataque do grupo extremista. Tras un tratamento intensivo no seu país, Malala mudouse para o Reino Unido, onde continua o seu activismo. En 2014, con apenas 17 anos, Malala recebeu o Premio Nobel da Paz pola súa loita contra a represión e o direito de todas as crianzas á educaión. _____________________________________________________
  • 15. Sanmao A escritora do deserto “Hai 40 anos chegou á, daquela, provincia do Sahara Español, unha muller enigmática que buscaba a realización da súa vida e obra literaria. Grazas a ela en China coñécese ao pobo saharauí, así como un dos momentos que máis marcaron a súa historia: a descolonización española e a Marcha Verde marroquí”. O seu libro “Diarios do Sahara” desvela a vida cotiá dun pobo castigado polas duras condicións de vida do deserto ao tempo que loa a beleza da súa desolada paisaxe. _____________________________________________________
  • 16. Margaret von Trotta De actriz a directora Iniciou a súa carreira nos anos setenta como actriz, en películas de directores como Fassbinder. Coñecida pola súa loita polos dereitos das mulleres, a cineasta defende que moito se avanzou desde entón, pero non o suficiente. “En Alemaña temos unha chanceler e unha ministra de Defensa, é un avance moi grande comparado con outros países europeos, pero non é suficiente. As mulleres seguen gañando menos polo mesmo traballo, por exemplo. Non é moi progresista, que digamos”. _____________________________________________________
  • 17. Rosa Luxemburg Revolucionaria e teórica do socialismo Activista política que naceu en Polonia nunha familia xudía. Nacionalizada alemana, estudou Leis e Economía política en Zurich. Redactora do xornal teórico marxista "Neue Zeit“, foi sentenciada a nove meses de prisión acusada de "insultar ao Kaiser". Participou directamente na revolución de 1905 en Polonia. Foi unha muller idealista e apaixonada, que fixo do socialismo a súa bandeira, inspirada pola revolución rusa, e sempre co desexo de axudar aos traballadores, as persoas máis desfavorecidas. _____________________________________________________
  • 18. Virginia Woolf A necesidade dunha habitación propia Escritora británica. O seu nome figura xunto co de James Joyce, Thomas Mann ou Franz Kafka entre os grandes renovadores da novela moderna. Experimentou nas súas novelas o monólogo interior, representando os pensamentos dun personaxe no seu fluír inconsciente. Pioneira na reflexión sobre a condición da muller, a identidade feminina e as relacións da muller coa arte e a literatura, en ensaios como Unha habitación propia (1932) e en novelas como a inquietante e misteriosa Orlando (1928), na que se difuminan as diferenzas entre a condición masculina e a feminina encarnadas no protagonista, un aristócrata dotado da facultade de transformarse en muller. _____________________________________________________
  • 19. Hannah Arendt Filósofa alemá De ascendencia xudía (Hannover, 1906 - Nueva York, 1975). Autora de numerosas obras, deuse a coñecer en 1951 cun traballo titulado “As orixes do totalitarismo”, no que, mediante a análise do imperialismo do século XIX e dos reximes totalitarios do XX, tentaba reconstruír as vicisitudes histórico-políticas que desembocaron no antisemitismo dentro dunha reflexión máis xeral sobre a noción de política no mundo moderno, como sucede en “A condición humana” (1958), obra na que a autora se interroga sobre os núcleos esenciais dos conceptos políticos clave, como os de democracia, poder, violencia ou dominio. _____________________________________________________
  • 20. Sylvia Plath Cada acto como unha forma de arte Naceu en Boston, Massachusetts en 1932. Aínda no instituto publicou o seu primeiro texto, un relato curto titulado “And Summer Will Not Come Again” que viu a luz na revista “Seventeen”. O seu primeiro título publicado foi o poemario “O Coloso” (1960). O seu principal libro é a súa novela “A Campana de Cristal” (1963), de carácter autobiográfico e asinada co pseudónimo de Vitoria Lucas. Pouco despois da aparición deste libro Sylvia, poeta e novelista de gran sensibilidade e rica imaxinaría que se convertíu nunha icona feminista, suicidouse en Londres em 1963. _____________________________________________________
  • 21. Caroline Herschel Astrónoma Caroline Lucretia Herschel, irmá do descubridor de Urano, o famoso astrónomo William Herschel, está considerada como a primeira astrónoma remunerada da que se ten constancia. Matemática de gran talento, realizaba cálculos a partir das observacións do seu irmán e puía os espellos dos seus telescopios con gran habilidade. Descubriu 8 cometas e foi a encargada de elaborar un catálogo de nebulosas e cúmulos de estrelas. _____________________________________________________
  • 22. Pina Bauch A mellor coreógrafa do século XX Desde nena Pina Bausch, bailarina e coreógrafa alemá, ”bailou os seus sentimentos”, preferindo expresarse en movementos antes que en palabras. Contundente creadora e directora da Tanztheater Wuppertal e peza crave na creación contemporánea, foi un dos estandartes máis influentes da danza actual con prestixiosos traballos, que abarrotan teatros alí onde se mostran, e reflicten o universo e linguaxe tan persoal da coreógrafa, seguido e respectado por compañías e escolas de medio mundo. “Non me interesa o movemento. Interésame o que move ás persoas. As miñas obras crecen desde dentro cara a fóra” _____________________________________________________
  • 23. Valentina Tereshkova Primeira muller nunha nave espacial Astronauta rusa nada en 1937. Filla dun tractorista e dunha traballadora da industria téxtil, desde nena practicou o salto en paracaídas, obtendo o título de instrutora. Traballadora nunha fábrica téxtil, Tereshkova completaba os seus estudos nunha escola nocturna. Fortemente atraída pola investigación espacial, presentouse voluntaria como futura astronauta, e aínda que carecía da formación adecuada, a axencia do espazo soviética decidíu preparala, xunto con outras tres mulleres. Tras un duro adestramento, en xuño de 1963 Tereshkova foi lanzada ao espazo a bordo da nave Vostok 6, na que orbitou 48 veces a Terra nunha viaxe espacial de 70 horas 50minutos de duración. _____________________________________________________
  • 24. María Mitchell Primeira muller académica de EEUU (1818-1889). Descubríu un cometa chamado "Miss Mitchell's Comet“ e foi unha pertinaz defensora da igualdade de xéneros e o sufraxio feminino. Ao principio traballou como bibliotecaria colaborando intensamente no observatorio do seu pai. Elaborou táboas sobre a posición de Venus e exerceu como profesora de astronomía nun prestixioso colexio estadounidense. Un cráter lunar leva o seu nome. _____________________________________________________
  • 25. Ruby Payne-Sco Primeira muller radioastrónoma Vivíu entre 1912 e 1981 en Australia. Fundadora dunha das grandes ramas da astronomía moderna. Estudou Física, Matemáticas e Botánica. Desenvolveu boa parte da linguaxe que utilizaría a radioastronomía e foi unha fervente defensora dos dereitos humanos e membro do Partido Comunista de Australia polo que foi amplamente investigada polos servizos secretos deste país. Tivo que abandonar o seu traballo oficial de investigadora por casar en segredo (segundo a lexislación non podía estar casada e ter un posto de responsabilidade) en 1944 e ter fillos. _____________________________________________________
  • 26. Chimamanda Ngozi “Todxs tiñamos que ser feministas” Escritora nixeriana que naceu en 1977 gañadora de diversos premios, fíxose coñecida por un vídeo de TED en que invita a toda a xente a facerse feminista. “Conto historias”. Así, cunha soa frase, definía a súa actividade esta novelista que chegou aos 36 anos con tres novelas e un libro de relatos escritos en inglés, todos traducidos ao español, e que fala do perigo que implica a existencia dunha soa historia, nun tema que é de ida e volta. O que a conta a impón, o que a recibe pode crerse que é a única. _____________________________________________________
  • 27. Emmy Noether A muller máis importante na historia das matemáticas Naceu en Erlangen, Alemaña, no ano 1882 e faleceu no 1935 en EEUU, logo de ser expulsada polos nazis uns anos antes. A figura de Noether ocupa un imprescindible lugar no ámbito das matemáticas, especialmente na física teórica e a álxebra abstracta, con grandes avances en canto ás teorías de aneis, grupos e campos. Ao longo da súa vida realizou unhas 40 publicacións realmente exemplares. _____________________________________________________
  • 28. Barbara McClintock Autora da Teoría dos xenes saltaríns De orixe estadounidense, Barbara McClintock naceu en Hartford no ano 1902 e faleceu en 1992, deixando un importante descubrimento no campo da xenética. Barbara especializouse na citoxenética e obtivo un doutoramento en botánica no ano 1927. A pesar de que durante moito tempo, inxustamente os seus traballos non foron tomados en conta, 30 anos máis tarde outorgóuselle o premio Nobel polo seu excepcional e incriblemente adiantada para a súa época: teoría dos xenes saltarines, revelando o feito de que os xenes eran capaces de saltar entre diferentes cromosomas. Hoxe, este é un concepto esencial en xenética. _____________________________________________________
  • 29. Ada Lovelace A primeira programadora Brillante matemática inglesa. Naceu en Londres en 1815 e faleceu en 1852. Absolutamente adiantada ao seu tempo, foi a primeira científica da computación da historia, a primeira programadora do mundo. Ela descubriu que mediante unha serie de símbolos e normas matemáticas era posible calcular unha importante serie de números. Previu as capacidades que unha máquina (máis tarde sería o computador) tiña para o desenvolvemento dos cálculos numéricos. Como curiosidade, era filla dun dos poetas máis grandes na historia da literatura universal, Lord Byron. _____________________________________________________
  • 30. Susan Jocelyn Bell Burnell Astrofísica e descubridora Susan Jocelyn Bell Burnell é a astrofísica británica que descubriu a primeira radioseñal dun púlsar. Naceu em 1943, en Belfast, Irlanda do Norte e o seu descubrimento foi parte da súa propia tese. Con todo, o recoñecemento sobre este descubrimento foi para Antony Hewish, o seu titor, a quen se lle outorgou o premio Nobel de Física en 1974. Este inxusto acto foi cuestionado durante anos, sendo ata hoxe un tema de controversia. _____________________________________________________
  • 31. Rosalind Franklin Biofísica e cristalógrafa Rosalind Elsie Franklin naceu en 1920 en Londres e faleceu en 1958. Foi biofísica e cristalógrafa, tendo participación crucial na comprensión da estrutura do ADN, ámbito no que deixou grandes contribucións. Sen embargo, por eses bochornosos actos da comunidade científica, un dos seus máis grandes traballos: fixo posible a observación da estrutura do ADN mediante imaxes tomadas con raios X, tampouco foi recoñecido. Pola contra, o crédito e o premio Nobel en Medicina levárono Watson (máis tarde cuestionado polas súas polémicas declaracións racistas e homofóbicas) e Crick. _____________________________________________________
  • 32. Marie Curie A muller radiactiva A química e física polaca Marie Salomea SkŁodowska Curie, coñecida como Marie Curie, dedicou a súa vida enteira á radioactividade, sendo a máxima pioneira neste ámbito. Vivíu entre 1867 e 1934, sendo a primeira persoa en conseguir dous premios Nobel, para os que literalmente deu a vida e aínda hoxe, os seus papeis son tan radioactivos que hai que manipulalos cun equipo especial. Os seus coñecementos en física e química impulsaron grandes avances. _____________________________________________________
  • 33. Shirley Chisholm Primeira afroestadounidense no Congreso Hai máis de 40 anos, moito antes de que Barack Obama ou Hillary Clinton aparecesen na escena política de Estados Unidos, Shirley Chisholm xa rompera barreiras de raza e xénero: foi a primeira muller negra en lanzar unha candidatura presidencial por un dos principais partidos en Estados Unidos, o Partido Demócrata. Impulsou un proxecto de lei para asegurar que as empregadas domésticas recibisen prestacións sociais e avogou por mellor acceso á educación e polos dereitos dos inmigrantes. _____________________________________________________
  • 34.
  • 35. Ursula K. Le Guin O infinito nunha casca de noz “Onde me levará o estudo da astronomía?", pregúntalle un personaxe a outro na novela A man esquerda da escuridade, de Ursula K. Lle Guin. E a contestación é: "Á grandeza". É unha resposta que define con exactitude o ton do libro, porque lendo esta e outras novelas de Le Guin sentes que, en efecto, estás a asomarte á vastedade do Universo, ao segredo mesmo da vida, á beleza pura. Dentro dunha casca de noz cabe o infinito, pero só os escritores verdadeiramente bos son capaces de albiscar esa vibrante enormidade. (Rosa Montero en El País) _____________________________________________________
  • 36. María Firmina dos Reis Primeira novelista brasileira Naceu en1825 e os 22 anos aprobou unha oposición á Educación Primaria pasando a ser a primeira profesora concursada de seu Estado. Publicou Úrsula en 1859, primeira novela abolicionista escrita por unha mulher negra brasileira , novela que a consagrou como escritora, sendo a primeira novela da literatura afro-brasileira. En 1880 fundou a primeira escola mixta e gratuíta. Foi unha loitadora incansable pola educación e mellora das condicións das mulleres e persoas afro-brasileiras. _____________________________________________________
  • 37. Simone de Beauvoir Unha xoven formal Simone de Beauvoir naceu en París, en 1908, nunha familia burguesa tradicional e católica. O seu labor creador foi recoñecido no campo da filosofía, a socioloxía e as loitas do feminismo. O seu libro Memorias dunha xoven formal conta os esforzos e contradicións en que se debateu antes de chegar a unha ruptura que lle permitise coñecerse a si mesma e elixir as súas propias actitudes vitais. En 1954 gañou o Goncourt, un dos maiores premios literarios de Francia. A idea motriz que marca a súa obra é a idea de liberdade que implica a noción de responsabilidade Simone foi un dos eixos do existencialismo. _____________________________________________________
  • 38. Clara Schumann Pianista e compositora (Leipzig, 1819 - Frankfurt del Main, 1896) Clara Josephine Wieck, máis coñecida como Clara Schumann por ter casado con Robert Schumann e foi primerísima figura da interpretación pianística, foi, ademais, e, sobre todo, unha gran compositora, aínda que a súa carreira creativa quedou supeditada á necesidade de efectuar numerosas xiras de concertos, por mor dos graves trastornos de saúde de Schumann que interferían no traballo creativo e docente do compositor e dela mesma, e provocaban dificultades para o mantemento da numerosa familia que ambos crearon. _____________________________________________________
  • 39. Marie-Sophie Germain Os números primos débenlle algo Matemática, física e filósofa francesa que fixo importantes contribucións á teoría dos números e á teoría da elasticidade. Un de seus estudos máis importantes acabaría coñecéndose como números primos de Sophie Germain. Consciente dos impedimentos machistas que enfrentaba, asinou varias pesquisas con pseudónimo masculino: “Por medo a ser ridiculizada por ser muller e cientista, adoptei previamente o nome de Monsieur LeBlanc”. _____________________________________________________
  • 40. Hildegard von Bingen Filósofa, música e visionaria Polifacética abadesa, física, filósofa, naturalista, compositora, poetisa e lingüista do medievo, naceu de décima nunha familia nobre alemá en 1098 e seus pais entregárona á Igrexa como un diezmo (por ser a menor dos seus fillos). Empezou a ter visións desde moi nova. Estas visións fixeron que a igrexa a tratase como unha persoa en conexión co divino, o que explica en parte como foi capaz de desfacerse das restricións da igrexa medieval coas mulleres predicadoras e dedicarse á filosofía e á ciencia. Aos 42 anos experimentou unha visión que recibiu como instrución directa de Deus, na que se lle instaba a “escribir todo canto vise e ouvise”. _____________________________________________________
  • 41. Emma Goldman (1869 - 1940). Anarquista de orixe lituana coñecida polos seus escritos e manifestos libertarios e feministas. Pioneira na loita pola emancipación da muller. Así entendeu Goldman a loita anarquista que a acompañou sempre: "O dereito á autoexpresión e a todas as cousas fermosas e radiantes". Emma Goldman Anarquista _____________________________________________________
  • 42. Alexandra Kollontai Primeira muller nun Goberno Alexandra Kollontai, revolucionaria, foi a primeira muller que participou nun goberno e a primeira en exercer a función de representante do seu país no estranxeiro. Pero destaca, sobre todo, por ser unha das figuras máis importantes da revolución rusa e pola súa achega teórica e práctica á loita inseparable polo socialismo e a igualdade da muller. Naceu no 1872 en San Petersburgo, no marco dunha familia bastante liberal, pero que non lle deixou ir á escola para non atoparse con malas influencias, polo que foi educada por un instrutor particular. _____________________________________________________