VOCABULARIO
Sector secundario
Economías de escala
Estrutura de organización
empresarial na que, debido ao
aumento do tamaño e da eficiencia,
medran as g...
Enerxías renovables
Son aquelas fontes de
enerxía que se poden
reemprazar ou repoñer por
medio de procesos naturais
ou dun...
Difusión industrial
Fenómeno consistente na
expansión da industria
dende un área central ata
a perfieria seguindo os
eixos...
Fondos estruturais
Instrumentos financeiros da política
rexional da UE, encamiñada a reducir as
desigualdades de desenvolv...
Industrias verdes
Son aquelas que procuran
reducir a máximo e o seu
impacto ambiental nas etapas
de produción, distribució...
Materias primas estratéxicas
Cualificación atribuída a
aqueles recursos naturais que
polo seu valor son
considerados vitai...
Parque tecnolóxico
Espazo que concentra empresas e
entidades (públicas ou privadas)
que teñen entre os seus obxectivos
fun...
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

10 industria vocabulario

729 visualizaciones

Publicado el

Presentación con vocabulario sobre o sector industrial

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

10 industria vocabulario

  1. 1. VOCABULARIO Sector secundario
  2. 2. Economías de escala Estrutura de organización empresarial na que, debido ao aumento do tamaño e da eficiencia, medran as ganancias da produción e diminúe o custo unitario do produto a longo prazo. As economías de escala poden ser internas (dentro dunha firma como resultado da ampliación das instalacións, dunha maior mecanización ou da especialización produtiva...) ou externas (cando a integración de diversas empresas permite reducir os custos, aproveitar mellor as instalacións, compartir procesos tecnolóxicos...). Estas últimas relaciónansecoas denominadas economías de aglomeración.
  3. 3. Enerxías renovables Son aquelas fontes de enerxía que se poden reemprazar ou repoñer por medio de procesos naturais ou dunha certa intervención humana. Tamén son denominadas enerxías alternativas ou brandas. Exemplos dela son a enerxía solar, a eólica, a maremotriz, a hidráulica, a xeotérmica, a biomasa, etc. Paneis fotovoltaicos Atribución: By Fernando Tomás from Zaragoza, Spain (Flickr) [CC-BY-2.0 (http://creativecommons.org/licenses/by/2.0)], via Wikimedia Commons
  4. 4. Difusión industrial Fenómeno consistente na expansión da industria dende un área central ata a perfieria seguindo os eixos marcados polas principais vías de transporte e comunicación.
  5. 5. Fondos estruturais Instrumentos financeiros da política rexional da UE, encamiñada a reducir as desigualdades de desenvolvemento entre as rexións e os Estados membros garantindo a cohesión económica e social. Os máis importantes son: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), creado en 1975 para contribuír ao financiamento da construción de infraestruturas e de inversiósn produtivas para a xeración de de emprego; o Fondo Social Europeo, establecido en 1957 e destinado a financiar accións de formación de traballadores e sectores desfavorecidos (parados, minorías excluídas...). Funcións semellantes desempeñan o Fondo de Cohesión ou o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER, herdeiro do antigo FEOGA-garantía). Acción cofinanciada polo FEDER Atribución: By HombreDHojalata (Own work) [CC-BY-SA-3.0] (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons
  6. 6. Industrias verdes Son aquelas que procuran reducir a máximo e o seu impacto ambiental nas etapas de produción, distribución e consumo mediante a reciclaxe e reutilización de materiais, a redución de emisións contaminantes, a utilización de fontes de enerxía renovables, etc. Símbolo da reciclaxe ATRIBUCIÓN: By Sefer (Unicode U+267C )♼ [Public domain or Public domain], via Wikimedia Commons
  7. 7. Materias primas estratéxicas Cualificación atribuída a aqueles recursos naturais que polo seu valor son considerados vitais para a vida económica e mesmo a supervivencia económica de certos Estados. Polo tanto, asegurar a súa subministración se convirte nun factor fundamental no proceso de toma de decisións, tanto en política interior como exterior, de estes Estados. Fragmento de coltan, materia prima fundamental para o sector das telecomunicacións ATRIBUCIÓN: Rob Lavinsky, iRocks.com CC-BY-SA-3.0 [CC-BY-SA-3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons
  8. 8. Parque tecnolóxico Espazo que concentra empresas e entidades (públicas ou privadas) que teñen entre os seus obxectivos fundamentais a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. Están situadas en lugares ben comunicados sobre solos delimitados, ordenados e dotados das necesarias infraestruturas urbanísticas. Son xestionados por entidades que se encargan de velar polo cumprimento dos criterios establecidos para a súa creación e pola dinamización de actividades de I+D+i. Parque tecnolóxico FONTE: By Actiu (Own work) [GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html) or CC-BY-SA-3.0-2.5-2.0-1.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons

×