“Xs nosxs maiores”, cantas veces escoitamos estas palabras nos últimos 3 anos?
Trala crise, a xente da terceira idade viuse afectada non só fisicamente polo agravamento das súas
doenzas e as novas enfermidades, senón que sentiron como algo moito máis importante se poñía
en perigo, a saúde mental.
O illamento deste grupo social, quen non mantén contacto social a través do gran fenómeno de
masas actual, as redes, agudizouse nestes tempos.
Débense revisar os coidados ás persoas maiores, non soamente a través do ámbito sanitario senón
colaborando toda unha sociedade non profesional do sector para mellorar o estado emocional e
psicolóxico deste colectivo.
Escoitar e sobre todo ser escoitados, verse valiosos, mestrxs do pasado, transportadorxs de
lembranzas, instigadorxs de proxectos, valedores de maxia, así deben sentirse “os nosos maiores”,
e por iso, dende a Rede Museística Provincial de Lugo, presentamos un programa de
acompañamento para contribuír na recuperación deste colectivo tan afectado trala pandemia.
Os museos acentúan o seu traballo social e traspasan os muros internos para achegarse a súa
comunidade.