Se ha denunciado esta presentación.
Se está descargando tu SlideShare. ×

Revisando 15 anos de percorrido

Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio
Anuncio

Eche un vistazo a continuación

1 de 11 Anuncio
Anuncio

Más Contenido Relacionado

Presentaciones para usted (20)

Similares a Revisando 15 anos de percorrido (20)

Anuncio

Más de Encarna Lago (20)

Revisando 15 anos de percorrido

  1. 1. “Revisitando 15 anos de percorrido”
  2. 2. Que pretendemos? RECUPERAR REFORMULAR REIMAXINAR Pausa reflexiva, revisitar 15 anos de Rede
  3. 3. Como?? Dende o Arte Dende a formación Dende a Comunidade . A Rede Museística Provincial de Lugo é un organismo cun modelo de xestión próximo, en diálogo permanente coa sociedade. . O noso principal obxectivo é tratar de cambiar a percepción dos nosos museos, convertelos en lugares de encontro, accesibles e inclusivos; espazos para a educación e a investigación. . Promovendo o sentimento de propiedade colectiva dos bens culturais e forxando o sentimento de comunidade. Queremos museos dinámicos e cheos de vida.
  4. 4. Obradoiros Profesionais da arte. Artistas que son Rede “A maneira de” Coñecendo a novxs creadorxs. Iria Fafián Rebeca Lar Iria Do Castelo Román Corbato Bibi Martín Virginia Rivas
  5. 5. OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON IRIA FAFIÁN 18 DE MAIO Este obradoiro está orientado a estimular a creatividade e a colaboración a través dun exercicio sinxelo e divertido en torno ao deseño de personaxes. A intención é dar unhas ferramentas de creación que se poidan utilizar a modo de xogo Duración: 3h Lugar: Museo Provincial Hora: de 17:00 a 20:00h OBRADOIRO DE ESTAMPADO GRÁFICO CON IRIA DO CASTELO 15 DE XUÑO Neste taller aprenderemos a crear monotipos e estampados gráficos con materiais que poderemos atopar na nosa contorna doméstica, dando deste xeito un novo uso a algúns materiais de refugallo, descubrindo as posibilidades artísticas doutros que quizá nunca imaxinaríamos, e explorando as posibilidades da experimentación gráfica con recursos limitados. Duración: 3h Lugar: Museo Provincial Hora: de 17:00 a 20:00h PINTANDO CON FIOS. UNHA POSIBLE REPRESENTACIÓN DO FOGAR CON REBECA LAR 13 DE XULLO Este obradoiro enténdese como unha aproximación a procesos artísticos vinculados co bordado contemporáneo. Co obxectivo de potenciar a creatividade das nenas e nenos e de achegar novas técnicas e recursos pictóricos Duración: 3h Lugar: Museo Provincial Hora: de 17:00 a 20:00h OBRADOIRO DE PROTOTIPADO DE TOCADOS DE PAPEL CON BIBI MARTÍN 17 DE AGOSTO No taller aprenderemos técnicas básicas para crear tocados de papel, desde os máis sinxelos, como unha gorra de carteiro, ata complexos de copa. Tamén revisaremos diferentes maneiras de expor tocados con multitude de materiais para poder deixar voar a nosa imaxinación. Duración: 3h Lugar: Museo Provincial Hora: de 17:00 a 20:00h A CASA COMO REFUXIO 14 DE SETEMBRO Este taller propón, a través do debuxo e a escultura, repensar o espazo da casa. Analizar cales son os lugares, espazos ou recunchos que máis nos atraen e por qué. De forma colaborativa e entre todos os participantes tentaremos responder a estas preguntas Duración: 3h Lugar: Museo Provincial Hora: de 17:00 a 20:00h MULLERES ARTISTAS. 500 ANOS 2 DÉCADAS CON VIRGINIA RIVAS 19 DE OUTUBRO Obradoiro de formación que pon en valor o traballo das mulleres artistas ao longo da historia da arte. Dando a coñecer a súa vida e obra desde o século XVI ata a actualidade como artistas fundamentales na nosa historia. Duración: 3h Lugar: Online Hora: de 17:00 a 20:00h Obradoiros Obradoiros da man de creadoras e creadores contemporáneos que tecen rede na historia da Rede Museística Provincial de Lugo.
  6. 6. Formación Xornadas formativas “Revisitando 15 anos de Rede” con profesionais que pasaron pola RMPL. . Repensando os proxectos . Rememorando as persoas . Reinventando as fórmulas #OFOCONASPERSOAS https://comunidadermpl.es/
  7. 7. Dende os espazos patrimoniais Museo Provincial de Lugo Casa Museo Pazo de Tor Museo Provincial do Mar Museo Fortaleza San Paio de Narla
  8. 8. Dende os profesionais Dende o Colectivo Dende o emocional Dende a Formación Dende a Diversidade Dende a Igualdade Dende a comunidade #TecendoRedes
  9. 9. Revisitando 15 anos de persoas, cultura e patrimonio #SOMOSREDE #SOMOSCULTURA #SOMOSMUSEO
  10. 10. Tecendo Redes Queremos darlle forma a esta rede emocional colectiva . Comparte a túa experiencia na RMPL. Queremos tecer contigo! . Co #Hastag: #SOMOSREDE #SOMOSRMP #15ANOSDEREDE . Nas nosas redes sociais: Facebook Tik Tok Instagram Twitter ou envíando o “Clip” a dirección electrónica: xerencia@museolugo.org
  11. 11. “Revisitando 15 anos de percorrido”

×