SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 56
Descargar para leer sin conexión
Vou permitirme por primeira vez en 10 anos ter unas palabras en primeira persoa, a pesar
de que ningunha me parece suficiente. Non atopo palabra que me permita expresar todo o
que foi compartir 10 anos con vós. Podería falar de ledicia, porque foron tantos os
momentos que compartimos… de morriña, polos que me gustaría seguir compartindo, de
nostalxia de tantos recordos, de gratitude por todo o que aprendín ao voso lado, de
satisfacción polo que todos e todas medramos en diferentes aspectos, de admiración por
todo o que medrastes en todos os campos… pero sobre todo de gratitude, por todo o que
me axusdastes a ser despois de todos estos anos, os valores que vexo en vós (a loita por
un mundo máis igualitario, a responsabilidade sobre as nosas decisións, o coidado dos
demáis,…) e a mellora da convivencia no centro a través da escoita e do diálogo. Foi difícil
prescindir de todos eses abrazos, da cercanía nas actividades que compartimos pero o único
que son capaz de dicir realmente é… GRAZAS! Polo voso compromiso con cada unha das
actividades realizadas, pola vosa comprensión e empatía, pola ilusión en cada momento, polo
apoio, pola capacidade de sacar sempre o positivo,…
E por suposto non me esquezo de desexarlle de parte de todas e todos nós a maior sorte
do mundo a Sonia no seu novo destino e darlle as grazas por todo o traballo ao longo
destes anos, a Sara que só leva un ano con nós pero coa que foi un auténtico pracer
traballar e as nosas rapaciñas de 4º de ESO que inician un novo camiño, que de seguro lles
traerá moitas cousas novas e tan boas como elas merecen porque sobre todo son grandes
persoas.
Coma sempre desfrutade do verán e repoñede forzas para o novo curso, este ano foi un
reto que todas e todos superamos con boa nota!
INDICE
Editorial
2 Os Bolechas 112
Índice
Ciencia na escola
Cociña molecular
Día da paz
Samaín e Magosto
8 de marzo
25 de Novembro : Día internacional contra a
violencia de xénero
Ligas internas de pong pong e
badminton
Festival de Nadal
Entroido
Primeiros auxilios
Rincón literario
3 4
5 6
7 8
9 10 17
19 20 23
30 Camiñatas
31 O camino que nos
une 32
33
Escalada Antonio Reigosa
34
Viveiro
35 Aliméntate ben
36
Etapa Cebreiro-
Triascastela
51
Infantil
Sección
bilingüe
Galiciencia
Congreso
científico
41
48
Letras
galegas
38
Piragüismo
40 42
43
Sección
bilingüe
Primaria 50
Making off
Ciencia na escolar
55
54
4 | P á g i n a
OS BOLECHAS E O 112 INAUGURAN
AS ACTIVIDADES
COMPLEMENTARIAS DO CURSO
O 5 de outubro inauguramos no cole as actividades extraescolares e
complementarias despois de moitos meses, con todas as medidas de
seguridade e grazas á colaboración de edicións Bolanda e da Axencia Galega
de Emerxencias, que nos fixo chegar os rapaces e rapaza de 1º a 3º de
Primaria a mensaxe dun dos nosos Bolechas favoritos, Braulio, que este ano
non nos visitou pero que grazas ás novas tecnoloxías nos trasmitiu a
importancia de facer un uso responsable do 112, un servizo esencial e
importantísimo para axudar ante as emerxencias, pero do que non todo o
mundo sabe facer bo uso. Así, o alumnado do grupo de 1º a 3º de Primaria xa
está perfectamente preparado para diferenciar cando e en que situacións
se debe chamar ao 112 e qué datos debemos facilitar para axudar a que esta
tarefa se faga de forma correcta e eficaz.
Ademáis levamos un agasallo literario para axudarnos a aprender sobre o
112, do que temos unha morea de información na web educativa
www.https://osbolechas.gal/112
5 | P á g i n a
UN SAMAÍN E UN MAGOSTO UN
TANTO DIFERENTES PERO MOI
DESEXADOS
Este ano as conmemoracións non son iguais, nin sinxelas, pero iso non
significa que non sexan posibles. Con algunha modificación, con moito
coidado e coa ilusión que sempre teñen os nosos rapaces e rapazas foi
posible un pequeno Samaín, con caracterizacións e moito cine, e un
magosto ao quentiño das nosas casas e elaboración de postres típicos, coa
mágoa de non poder compartilos pero si saborealos a través da ollos, para
que logo digan que non se pode saborear dunha ollada!
DÍA INTERNACIONAL CONTRA
A VIOLENCIA DE XÉNERO
Cada ano o 25 de novembro e o noso compromiso por un mundo libre de violencias machistas
reúnenos en diferentes actividades conxuntas de todo centro. Este curso o protocolo ante a
COVID limita en certa medidas a realización destas actividades e incidimos na parte de “en
certa medida” porque sempre conseguimos a alternativa para traballar entre todos na denuncia
desta violencia. Baixo a dirección artística do noso profe de Educación Física, Benjamín, e a
gran profesionalidade cunha cámara na man de Julián, o noso profe de Tecnoloxía, conseguimos
a creación dun vídeo conxunto na defensa da libertade, do respecto, da necesidade de
respectar, da denuncia do control dentro dunha relación para procurar na que a igualdade e o
respecto sexan a base do amor e da amizade. Aquí quedan parte das imaxes que reflicten o
traballo que levou a un vídeo que non podíamos deixar de ver mentras cantábamos “Y si te digo
que no es que no”.
COMEZO DAS LIGAS INTERNAS
DE PING PONG E BÁDMINTON
Un curso máis e a pesar de todas as pedras que van surxindo no
camiño, o alumnado e profesorado de Pedrafita deu comezo ó
campionato interno de pingpong e bádminton que se celebra no
polideportivo, nos tempos de lecer; por suposto atendendo a tódalas
medidas de seguridade e hixiénicas establecidas para o momento.
Non debemos esquecer, como nos recorda ademáis o Procotolo do 4
de novembro, a importancia da promoción de AF, agora máis que
nunca, e de hábitos saudables entre o alumnado. Un saúdo especial ó
resto de coles da montaña ós que por estas datas aproximadas,
estaríamos vendo e xuntándonos para un Xogade de bádminton;
practicaremos o máximo posible para cando nos podamos volver a
ver.
COCIÑA MOLECULAR
Todo o alumnado de secundaria
participamos nuns talleres de Cociña
Molecular que seguimos en streaming
mentres tratamos de replicar as receitas
que nos iban explicando: esferificacións de
zume, cocacola, iogurt e chocolate, e ravioli
de agar-agar
9 | P á g i n a
ENTREVISTAS DE CIENCIA NA
ESCOLA
Os rapaces e rapaza de 1º, 2º, e 3º de primaria fixéronlle
unha entrevista a Carla de 3º de ESO sobre cuestións q
viron en ciencias: os osos, a sua dureza, osteoporose.. Sobre
a auga, os cambios de estado, a súa orixe na Terra, a súa
potabilización.
Carla foilles explicando mediante diferentes experimentos coma: osos
descalcificados en vinagre, disolución de rochas con ácido, filtro potabilizador
de area, etc.
Esta foi a nosa primeira sesión das diversas entrevistas ao longo do curso, polo
que non podíamos evitar deixar testemuño gráfico.
10 | P á g i n a
A PANTASMA
Esta é a historia
da pantasma Xusto
que todas as noites
morre do susto.
Vive o pobriño
nun subterráneo
entre unhas arañas.
Tan pronto escurece
tremen de pavor
- Virá esta noite?
-Que susto! Que terror!
Ao soar as doce
chegou Luis Vampiro
ven acompañado,
pois son moi amigos.
David 2º ESO
11 | P á g i n a
Érase unha vez unha moura
que vivía no pozo do Lago
Maior; un lago que atraía
moito turismo debido á súa
vexetación, fauna e zona
xeográfica. A moura chamábase
Manuela e vivía alí, no fondo
do lago, nunha escura e
sombría cova, pero cada vez
que os turistas ían por alí
tiraban o lixo e os desperdicios
todos. Facendo así que, un
atractivo lugar natural como
ese, se convertese nun
vertedoiro municipal. Isto
afectaba especialmente aos
peixes, cobras e réptiles da
contorna. Tamén as e os
aldeáns que habitaban nun pobo que quedaba alí, un pouco máis abaixo, chamado
Hospital da Condesa. Dependían desa fonte natural para sacar auga e así realizar
diferentes tarefas. Á moura Manuela tamén lle afectaba, pois collía auga de alí
para facer as apócemas. Tanto habitantes da aldea de Hospital da Condesa como
a moura, os xabariles, corzos e demais animais da contorna facían saber que había
que acabar cos “turistorcos” (alcume que provén de turistas + porcos). Foi entón
cando a moura optou por botarlles un mal de ollo a todos e todas as que tiraban
lixo, facendo que por cada obxecto que depositaran no lago tiveran que recoller o
quíntuplo de cousas arroxadas. E colorín colorado este relato está acabado.
Sofía Carrete 2º ESO
12 | P á g i n a
.
13 | P á g i n a
A pequena gota
gústalle viaxar
e nunca se agota
de tanto saltar.
Ao ceo sobe
despois de voar
e vai ata a nube
dende o fondo do mar.
Se polo río pasa
é de desconfiar
ira cara a miña casa…
ou ao fondo do mar?
Ás veces sinto que
no meu vaso está
a bebo sedenta
que felicidade xa!
Paula Pol 4º ESO
14 | P á g i n a
CANTIGAS DE AMIGO
Morriña de ti meu amigo
coma os paxaros se bicaban
so pido volver a verte
mais todo nos ha de separar.
Non podo camiñar
sen non é en ti o apoio
Morriña de ti meu amigo
mais todo nos ha separar.
Coma os paxaros se bicaban
onte os vin voar,
lástima que nós non poidamos
mais todo nos ha separar.
Se non é en ti apoio
o camiño non sei se o darei andado
de menos te boto, meu amigo
mais todo nos ha separar.
Carla 3º ESO
15 | P á g i n a
Un dia camiñando puiden ver como aquel regato que ía dar ao río
estaba morto, descoidado,… Cheguei ao río, esa zona na que pasaba a
maioría do tempo cando era máis nena, ese lugar no que xogaba, no que
ría, no que me divertía. Partíuseme a alma e o corazón en mil anacos.
Levei unha triste sorpresa, de estar limpo, con auga clara que corría
pasou a ser un regato calquera… suxo, con auga escura, estancada,…
Como podía ser iso posible en tan pouco tempo? Como as persoas
podemos contaminar tanto?
Púxenme moi triste, empecei a pensar e a intentar amañar ese desastre
que estaba partindo o corazón da xente. Con moito traballo e moita
paciencia puidemos entre todos recuperar gran parte dese río, no que
pasaba boa parte do tempo cando era nena, costounos moito pero en
ningún momento nos rendimos e a día de hoxe todo volveu á
normalidade.
Patricia Montero López 4º ESO
16 | P á g i n a
Vaia mentira esa, que é moi habitual, que os ríos non temos sentimentos nin gustos;
outra ben gorda é que nos gusta estar contaminados. Somos todo o contrario aos
humanos; por exemplo, a eles gústalles respirar aire contaminado, pero a nós, os ríos,
encántanos respirar aire puro e que as nosas augas estén ben limpiñas.
Bueno, cousas aparte, eu son o Río Miño, Miniño para os amigos. Son un río galego,
en concreto lucense, vou algo vello, xa que nacín en Meira, fai moitos anos. Eu non
tiven unha familia coma vós, pero sempre me acompañan os meus amigos os peixes,
que non calan nin debaixo da auga, nunca mellor dito, pola contra, as algas falan
moito menos ca eles. Outro gran amigo é o Narla, forma parte de min, quedamos
todas as tardes para intercambiar pedras e ver cómo xogan as londras no noso
caudal.
Teño moitos fillos, pero o máis grande é o Sil, ao pobre os humáns téñeno recluído,
aínda que o deixan saír no inverno, posto que as súas augas aumentan e senón
desbordan, claro. Sobre nós hai un refrán que di “o Miño leva a fama e o Sil, a auga”,
aínda que a min paréceme unha mentira, pero para gustos, cores.
Os ríos andamos algo escasos de saúde, os humáns verten refugallos encima noso, eu
sempre pensei “Por que se portan tan mal connosco?”. Así é que nós, os ríos, non
imos tirando lixo ao chou, pero que se fastidien, que as nosas augas van cara aos
acuíferos e de alí sae a auga que eles beben, e os peixes tamén tragan ese lixo das
miñas augas, é dicir, que cando coman os meus peixes, tamén tragarán o lixo que vai
dentro deles.
Conto con durar moitos anos máis para ver cómo medran os meus peixes, ver novos
tipos de rochas e aos meus animais favoritos, que son os cangrexos. Para iso preciso
que vós, os humanos, colaboredes comigo xa que de seguir tirando lixo e vertidos
tóxicos axiña desaparecerei. Espero que cumprades coa vosa palabra e me axudedes,
pensade que é polo meu ben e polo de todos e todas.
Laura Viña 1º ESO
17 | P á g i n a
Comezamos o curso pensando que este momento non sería posible, pero acabamos o primeiro trimestre e foi unha
realidade, celebramos o festival de Nadal! Diferente si, pero feito co mesmo agarimo, coa mesma ilusión ou incluso máis
que outros anos. Foi posible grazas ao traballo de todos e de todas: o noso organizador Benjamín, a nosa presentadora
Sara, Gabriel que é polivalente, Javi como compositor, músico e solista, Jullián coa cámara e a guitarra, os titores e
titoras no seu papel de coreógrafos e ata decoradores, Adrián
outro dos nosos talentos compositores, Marisa coa parte histórica
e teatral e así ata o infinito.
Comezamos a xornada coa recollida das Cartas a Papá Noel,
Apalpador, Reis Magos,... que foron recollidos polo noso Papa
Noel inmellorable e as súas e elfas que tivo a paciencia de falar
con todos os nosos rapaces e as nosas rapazas por se alguén
esquecera calquer detalle na súa carta. Quedamos sen palabras...!!!
Non podemos agradecer o traballo da nosa Papa Noel e as
súas elfas!
As rapazas e rapaces de ESO tiveron o tradicional concurso de
cancións que Javi organiza con toda a ilusión do mundo, este
ano coa temática BSO, mentras o resto do alumnado ensaiaba as súas actuacións estelares. Así ás 12 da mañá deu
inicio no polideportivo do centro o Festival de Nadal. A nosa profe Sara foi unha presentadora inmellorable que deu
paso a cada unha das nosas actuacións, comezando polo alumnado de 4º a 6º de Primaria que fixo a súa propia
versión da canción dos Beatles Obladi-Obladá con toques moi de nadal e cun ritmo contaxioso.
Despois os rapaces e rapaza de 2º de ESO tocaron a panxoliña "Canto de Nadal" co profe Julián e coas guitarras
que este ano substitúen as frautas! Xulgade se por sorte ou non... Detrás chegaron os peques de 1º a 3º de Primaria
coa súa panxoliña "A árbore de Nadal" e un "atrezzo" de luxo.
18 | P á g i n a
Non podía faltar o tradicional coloquio en latín de Javi
coa rapazas de 4º de ESO, breve pero expresivo!
As estrelas do festival chegaron a continuación, os peques
de infantil que estiveron "Buscando unha estrela",
atoparíana?
Laura e Sofía, coa
axuda de Marisa,
quixeron poñernos
un pouco en contexto
e que aprendésemos
algo de historia,
pedindo axuda a
Teodisio para que quedara máis claro.
Os rapaces e rapazas de 4º a 6º quixeron volver a pisar o escenario, esta vez
acompañados do profe Adrián para interpretar a "Panxoliña Novoneira".
A actuación estrela foi a panxoliña "Pastores do colexio" adaptada por Javi e coa música de Gabriel, Javi e
Benjamín e as voces de todo o profesorado e alumnado de ESO, aínda que non todos/as tiveron valor para pisar o
escenario. O ritmo era contaxioso!
E o broche final foi con música e baile, "Desastre con Longarela" levaba por título para despistarnos, porque o
resultado foi espectacular.
Finalizamos coa entrega de premios. Este curso tiramos a casa pola ventá: aos participantes, aos gañadores do
concurso de postais por clases, ...
PRESENTACIÓN SOBRE 1ºs AUXILIOS
DAS ALUMNAS DE 4º ESO
“Profe: Paula mareouse, que fago?”,
“profe: Sofía fíxose dano no pulso
patinando, é mellor frío ou calor?”…
como todos e todas sabemos, nos
centros escolares poden xurdir un
sinfín de imprevistos relacionados cos
1ºs auxilios, polo que canto mellor
formados e preparados teñamos ao
noso alumnado, máis tranquilos
poderemos estar, tanto nós, coma eles,
como as familias. Ademais, é moi
importante dotar de ferramentas e protocolos básicos de actuación ao noso
alumnado por calquera situación que poidan vivir nas súas casas, convivindo con
persoas maiores ou irmáns de curta idade que podan facerse dano fácilmente.
O pasado luns 25 de xaneiro, as alumnas de 4º realizaron unha exposición dos
principais protocolos de primeiros auxilios e protocolos de actuación; dita charla
realizouse para todo o alumando da ESO e para o profesorado que asistiu á mesma.
Puxeron exemplos prácticos de actuación para: accidentes deportivos, lesións
frecuentes, mareos ou pérdidas de coñecemento que poden ser habituais nas clases,
sobre todo, de EF; así como tamén explicaron o algoritmo do SVB (Soporte Vital
Básico) e a cadena de actuacións a levar a cabo en caso de accidente máis grave e
necesidade de reanimación cardiopulmonar (RCP).
Tras 30 minutos aproximados de exposición e explicacións, realizouse un turno de
preguntas que deu lugar a comentar algunhas actuacións máis concretas e a
profundizar en algún aspecto como a colocación na postura “antishock” dunha vítima
ou a correcta realización da maniobra de Heimlich en persoas embarazadas ou bebés.
Noraboa ás alumnas de 4º polo traballo realizado e as labores de investigación de
estudos relacionados sobre a Posición Lateral de Seguridade e a Manobra Frente
Mentón, así como pola implicación persoal.
Benjamín Longarela Pérez (Xefe de Departamento de EF)
20 | P á g i n a
Non podiamos ter unha mellor conmemoración do Día Internacional da Paz e Non
Violencia que acercarnos e recordar aos máis vulnerables, que este ano máis que nunca
vemos que precisan da cooperación de cada un e unha de nós. Contamos coa visita de
Miguel, un dos papás do noso alumnado e membro da ONG "Hospitaleros sin
fronteras", que nos acercou á realidade dos nenos talibé e a Senegal, adaptándose á
idade de cada un dos nosos grupos estables de
convivencia,
falounos sobre algunha das características
da vida neste lugar: os xoguetes tan
diferentes aos nosos, os instrumentos que
tivemos a sorte de probar, a diferente forma de comer
(compartindo e sentados/as no chan), a árbore nacional de Senegal, o baobab,
21 | P á g i n a
os caiucos nos que pescan os senegaleses, a visible contaminación por plásticos produto
do noso estilo de vida e da práctica ausencia de colectores de lixo, que levan a
atravesar estas zonas aos nenos e nenas senegaleses desccalzos ou desprovistos dun
calzado que lles proporcione protección. Falounos de cómo poucos deste nenos e nenas
poden ir á escola, da sorte que temos os e as que podemos ter dereito a ela, de
cómo parte deles teñen que afastarse das súas familias para traballar para
"marabouts" que teñen o soporte económico suficiente para poder proporcionarlles un
futuro, lonxe da súa familia dende moi pequenos. En moitos casos ese futuro que as
familias esperan que teñan os seus fillos non é tan idílico e convértese en explotación
e soidade, en perda do vínculo familiar e en descoñecemento do motivos que levaron a
esa situación. Miguel fíxonos ser conscientes da sorte que temos asistindo cada día á
escola, cunha familia que se preocupa por nós e da que podemos disfrutar cada día.
Como peche final, tivemos a sorte de falar por videochamada con algúns dos rapaces
cos que traballa esta ONG e que nos emocionou especialmente.
A media mañá, a través de webex (dada a situación COVID da comunidade e as
restriccións) tivemos o acto conxunto coordinado por Gabriel, Mari e Marga cun
manifesto do alumnado de ESO a favor da desaparación dos grandes conflitos mundiais,
seguido por unha pegada de pombas por grupos no mapa mundi no que aparecían
22 | P á g i n a
recollidos ditos conflitos, pedindo que sobre eles triunfen os valores da igualdade, da
paz, o amor, a concordia, o fin da discriminación racial, da xenofobia e do racismo.
Uxía, como reperesentante do grupo de 4º a 6º e da súa titora Sonia, fixo lectura do
manifesto pola Paz tras o que David, de 2º de ESO, fixo lectura dunha carta dirixida
a aqueles rapaces que se ven obrigados a vivir e participar sen poder decidir nos
conflitos armados, e Jesús que representou "Longa noite de pedra" de Celso Emilio
Ferreiro, o poema que mellor pode representar a similitude dos sentimentos do pobo
galego despois de moitos anos de represión coa realidade de todos estos rapaces e
rapazas que viven soñando cun mundo cheo de paz.
Grazas Miguel, pola túa sensibilidade para acercanos a súa realidade e grazas rapaces e
rapazas e profes por traballar por axudar a que o noso mundo sexa mellor e aportar o
posible a que a Paz sexa unha das metas que acadaremos.
23 | P á g i n a
Planctus pro Introito
et inde ipsius testamentum
generale.
Ai, que Antroido morre
Farto de feixós!
Escáchese en laios
Con mágoas a voz!
Ai, que Antroido morre,
Que nos deixa sos!
Ai, que Antroido morre!
Que vai ser de nós?
Antroido, Antroidiño,
Meu ben, meu amor!
Se morres, o mundo
Perde todo o bo!
Se fuches, Antroido,
Un pouco chufón...
Un pouco argalleiro...
Un pouco lambón...
24 | P á g i n a
Eras tamén ledo,
Contento e risón,
Convidabas sempre
A viño e rixóns.
Non marches, Antroido,
Non marches aló
Onde todo é negro
E non se ve o sol!
Non vaias á cova
Con mal de torrón!
Non vaias, Antroido!
Non marches de acó!
Antroido, Antroidiño,
Meu rei, miña flor!
Se marchas do mundo
Murchiña me estou!
Ai que bonitiño!
Que afouto señor!
E agora esmorece
Foupeiro e fozón!
25 | P á g i n a
Que ben que cantaba!
Que pouco durou!
Que ben lle acaían
Monteira e malló!
Que deixa o Antroido
Se ó cabo chegou?
Un saco de máscaras
Para tododiós.
Máscaras e máscaras
Antroido deixou,
Que amosan os ollos
E agachan a voz.
Mascaritas novas
Por herdo mandou,
Que serán a moda
Por un ano ou dous.
Mascaritas blancas...
Negras ou de cor...
Cirúrxicas unhas
Ou efepepé dous.
Mascaritas sempre
Que ninguén usou
Ata que o bechoco
No mundo se entrou.
Antroido nos deixa,
Mais non marcha, non,
Que tanta antroidada
Queda aquí con nós.
Arre demo, Antroido!
Déixanos feixós...
Orellas...
26 | P á g i n a
Chourizos...
Cacheira...
Rixós...
Touciño co caldo...
Costela a cachón...
Unhas pataquiñas...
Grelos e lacón.
Non deixes connosco
Tanto mascarón,
Que estamos con gana
De ter un feirón.
Déixanos, Antroido,
Con gaita e tambor
Bailar nas verbenas
Sen pedir perdón.
E que volva o Combo
A montar follón,
E que cas orquestras
Baile o bailador.
Que poidamos vernos
Ó noso sabor,
E estar todos xuntos,
Non de dous e dous.
Antroido, Antroidiño,
Dános, por favor...
Un bico...
Unha aperta...
Da festa a calor...
27 | P á g i n a
Mais lévache as máscaras
Ben lonxe de nós,
Que destas receitas
Ben nos abondou!
Agarden un pouco,
Señoras, non choren,
Que este testamento
Non remata aí.
Deixou don Antroido
Outro codicilo!
Eu son o notario
E o teño eu aquí.
Hailles nove mandas
Máis particulares
Que deixou Antroido
Para se cumprir;
Pídolles que as lean
Diante de todos,
Que foi o desexo
De Antroido na fin.
28 | P á g i n a
Estas mandas que nos manda
Don Antroido repartir,
Queremos lelas sen erro,
Sen enganar nin mentir.
E se alguén as ten por malas,
Por cativas, por ruíns,
Manda Antroido que por pago
Non leve nada de aquí.
Que lle deixa Antroido
A Mari, a de Inglés?
Que lle deixou? Que lle deixou?
Unha cesta chea
De “irregular verbs”.
Déixalle a Marisa
Antroido algún ben?
Que lle deixou? Que lle deixou?
Un paraugas vello
Feito de papel.
Que lle deixa a Gabi,
Que o quero saber?
Que lle deixou? Que lle deixou?
Deixoulle un morcego
Gordiño abofé.
E que leva Sico?
E que pode ser?
Que lle deixou? Que lle deixou?
Equis, ys e cetas...
Non se entende ben.
E Javi que leva
Logo desta vez?
Que lle deixou? Que lle deixou?
29 | P á g i n a
A Yu, Miki e Ginta
E Arimi tamén.
E que leva Benja,
Se se pode ler?
Que lle deixou? Que lle deixou?
Deixoulle uns patines
Na punta do pé.
E a Sara lle deixa
Algo?
Non cho sei.
Que lle deixou? Que lle deixou?
Un libro de verbos
Fritidos en mel.
E Julián que leva?
Non o chego a ver...
Que lle deixou? Que lle deixou?
Un bombo lle deixa
E un pucho de pel.
E Marga a de Reli,
Que leva, por Deus?
Que lle deixou? Que lle deixou?
Un cocho pintado
Pra pór no Belén.
Cúmprase esta manda
Como manda a lei;
Se alguén non a quere,
Pois... tanto nos ten!
Javi (coa lectura de 4º ESO)
O 8 DE MARZO REPENSAMOS OS
ESTEREOTIPOS… AS RAPAZAS NON
PODEMOS FACER QUE??
Este 8 de marzo tan diferente decidimos facer unha análise dos estereotipos que levan a que as
rapazas teñan condicionados moitos aspectos da súa vida… os xoguetes que nos ensinan
habilidades para o noso futuro, as expectativas sobre o noso futuro laboral en función de que
sexamos nenas ou nenos, as cores e xoguetes que asociamos a cada sexo, as habilidades que
consideramos innatas en rapaces e rapazas (os coidados, a conducción, etc.), a asociación de
muller e maternidade como algo natural en todos os casos, restando a liberdade que sexa unha
opción e non algo que tanto homes coma mulleres podemos e debemos decidir. Hay unha morea de
estereotipos que encorsetan o que significa “ser muller, nena ou rapaza” e por tanto “ser home,
neno ou rapaz”. Nós apostamos pola liberdade de decidir o que queremos ser sen condicionantes de
ningún tipo. Ser conscientes destes estereotipos é o primeiro paso para que sexamos máis libres na
nosas opcións e decisións.
31 | P á g i n a
MINI CAMIÑATAS NOS
TEMPOS DE LECER
¿Qué mellor maneira
de ocupar o tempo de
lecer que paseando e
disfrutando
da natureza?
Pois eso mismo é o que
pensamos o equipo que formamos o profesorado e o alumnado de
secundaria do noso cole; por iso, sempre que o tempo o permite,
realizamos diferentes rutas camiñando desde o colexio aproveitando
para ir realizando concursos relacionados con probas físicas, bailes,
cantar, etc. Mínimo unha vez á semana o alumnado sae do colexio co
profesor de garda correspondente para
gastar unhas cantas calorías e poñer a
musculatura a tono. Hai que dicir que o
entorno axuda moito, mágoa de non poder ir
disfrutando ó máximo dos aromas do campo
e non poder respirar aire puro ó 100%,
esperemos que pronto poidamos facelo. De
momento, cumprindo con todas as normas,
non nos queda outra que ir lucindo máscaras
e falarnos a unha distancia mínima. Seguimos
promocionando a Actividade Física no noso alumnado tratando de
consolidar neles hábitos de non sedentarismo como camiñar un mínimo
de tempo ao día.
32 | P á g i n a
O CAMIÑO QUE NOS UNE
Este luns 22 de marzo tivemos a actividadade “on line” da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo “O
camiño que nos une” dirixida á ESO para impulsar o camiño como unha oportunidade de desenvolvemento económico da comarca
ao tempo que se avoga pola ruptura dos estereotipos de xénero na adolescencia. Para isto contamos coa intervención dunha das
nosas deportistas de renome con importantes éxitos malia a súa curta idade, como é Lara Balseiro, viveirense e xogadora do
Club de Fútbol Sala Viveiro. A figura da muller no deporte sempre foi complicada e non se nos ocorre mellor forma de
exercitar o corpo e coñecer de primeira man os beneficios do deporte que co Camiño de Santiago. Importante a súa mensaxe:
que o deporte non entende de xénero, senón que se rexe pola constancia, dedicación, sacrificio e, por suposto, recompensa.
“Loita cada día polo que soñas cada noite”. Ista é a frase que
podría resumir a actividade que tivemos a oportunidade de
realizar con Lara Balseiro. A actividade consistíu na relación
dos valores entre o deporte e o camiño de Santiago, polo que
quén mellor que unha deportista de élite do mellor equipo de
fútbol sala feminino do mundo para iso. A charla comezou co
rexidor Anxo, que realizou ó noso alumnado preguntas
referentes ó camiño de Santiago relacionadas coa cantidade de persoas que o fan cada día,
cantas salen desde Sarria, cantas desde Pedrafita, etc. Logo desta
introducción, comezou a charla de Lara Balseiro, que nos fixo un
repaso da súa vida explicando todas as barreiras coas que tivo
que loitar (desigualdade, comentarios machistas, ter que
desprazarse da súa cidade para buscar un equipo feminino,
etc.). Este proxecto combina tres eixos fundamentáis na vida
desta xogadora de élite que son: o camiño de Santiago, ser
muller e a igualdade e o deporte. Logo de explicar a importancia
destes tres contidos no seu desenvolvemento como deportista,
terminou falando da importancia dos valores que comparten o
camiño e o deporte: constancia, alimentación, descanso, esforzo… Toda unha
historia baseada nos valores. Puidemos terminar esta gran actividade realizando preguntas
algo máis persoais a este gran icono do deporte. Moitísimas gracias á Asociación Amigos do
Camiño de Santiago e, especialmente, a Lara Balseiro.
32 | P á g i n a
O martes 23 de marzo foi un día que merece polo menos estar recollido
na revista deste curso. Por primeira vez tivemos unha saída que abarcou
toda a xornada escolar e por primeira vez fixemos escalada deportiva e
rápel, todo un reto que superar e demostración de que con esforzo,
autoconfianza e capacidade de superación (e algo de seguridade de contar
cun experto) non hai metas imposibles nin obstáculos insuperables.
O noso bautizo como escaladores e escaladoras tivo lugar en Fontaneira
(Concello de Baleira) equipados con arnés, casco e, o sempre presente na
actualidade, xel hidroalcohólico. Subir foi unha experiencia única, sobre
todo comprobar cómo os nosos medos ían desaparecendo e o que viamos
imposible, de repente estaba sucedendo. Eso si! A baixada xa é outra
cousa, palabras maiores! Sobre todo cando te deixas caer e estás en mans
dun compi algo despistado/a.
Romper os nosos límites e recuperar experiencias semellantes a cursos
anteriores, en contacto coa natureza e compartida cos demais compañeiros
e compañeiras foi un momento moi especial este curso. Grazas aos profes
Benjamín, Gabriel e Adrián e á Kate, a nosa auxiliar, por acompañarnos
nestes momentos.
DE NOVO, ANTONIO REIGOSA. NON TARDES TANTO
EN VOLVER!
Antonio Reigosa é unha desas persoas que empeza a falar e o tempo
para… porque as súas verbas paralizan en certa forma o tempo e fai
que o tempo pasado e o que estamos a vivir tome
valor, porque somos porque outros foron, e as
nosas vidas grazas as historias que deixaremos,
formarán parte do que as futuras xeracións serán. Empezou recordando
diferentes relatos e obras de autores da nosa zona: Pedrafita, Cervantes, O
Courel... Pero non so falou, senón que escoitou e completou as lendas dos
rapaces e rapazas, contestou ás súas preguntas, xa que durante estas semanas
estiveron traballando coas súas obras, explicou cómo naceu a súa paixón por
escribir, por contar as historias de cada un, de cada zona e sobre todo puxo
en relevancia, a importancia de non deixar de contarnos historias e anécdotas
porque niso se asenta o valor de cada pobo. Recalcou a importancia de
valorar o noso, nada máis bonito que facer que unha parte de nós perdure no
tempo a través da palabra, quizais unha lenda viva que atravese as barreiras temporais.
35 | P á g i n a
Este curso esixía a liberación de adrenalina e os nosos e as nosas profes sabíano, así que
partimos cara a Mariña Lucense, con xornada de multiaventura no Roqsport de
Viveiro: paintball, circuito con diferentes probas (de altura e con altura!),
tirolina,…. As risas, o vértigo (que a algún/algunha le fixo cambiar de cor e subir
os latexos, incluso algún berro que outro escapou) e o equilibrio, a satisfacción de
superar medos,… acompañáronnos en todo momento.
Ademais estábamos en pleno Monte de San Roque, espazo central do ocio desta vila, e
dende o seu miradoiro desfrutamos dunhas vistas que nos deixaron sen palabras.
36 | P á g i n a
Dentro do noso Plan Proxecta "Aliméntate ben" tivemos a sorte de contar no cole coa actividade
"Ponlle as pilas ao teu bocata", con algunhas adaptacións pola situación actual, xa non puidemos
ser nós os que preparamos o noso bocata (o que non impediu que contásemos coa oportunidade
de degustalo) senón que o recibimos preparado, mentras nos contaban a súa valiosa (e rica)
aportación á nosa dieta. Usamos as conservas do mar, ricas en proteínas e vítamina B12. Dentro
destas conservas podemos elaborar bocatas fríos coma hoxe coas xoubiñas (poderíamos usar o
atún tanto en lata como en bote de cristal) ou quentes bo polbo, os mexilóns,... Collede ideas!
37 | P á g i n a
Teñen pinta
de ser
anxiños!
Deixaranos os
peixes para
xogar con eles?
Iso é o que me
din na casa!!!
Había que comer máis
vieiras no cole, que teñen
moita vitamina B12 e
estamos en época de
medrar!
Que listo camuflándose o
peixe sapo! Pobres
peixiños!
EDLG
38 | P á g i n a
Este 2021 trouxo a unha muller, das pouquiñas ás que se lle adicaron polo momento
as Letras Galegas, aos nosos centros e bibliotecas, Xela Arias. Unha muller
transgresora, loitadora por diversas causas de xustiza social como a defensa do medio
ambiente, a igualdade entre homes e mulleres, etc., puxo sobre a mesa unha visión da
maternidade moi diferente á que imperaba naquel momento, unha muller libre,
defensora da súa lingua, da nosa lingua,…
O xoves 20 tivemos un obradoiro combinando música, narración e ilustración gracias á
visita de “Polo correo do vento” que de forma divertida non só nos ensinou un montón
de acontecementos da vida de Xela, senón tamén a debuxala como auténticos
artistas.
EDLG
39 | P á g i n a
En infantil traballamos coloreando un retrato da autora e pensamos palabras con xis,
esa letra tan nosa, tan da lingua galega. O mesmo que fixeron en Primaria e ESO que
decoraron o xis xigante que nos fixo Marisa para a entrada do centro cos xis da vida
de Xela: Xustiza, Xénero, paiXón, deseXos de libertade, Xornal,…
Ademáis das letras do seu nome, seleccionamos fragmentos da súa obra e a profe
Sonia, con Uxía e Mencía crearon un precioso retrato.
40 | P á g i n a
Á volta da ponte de Letras Galegas as rapazas e rapaces de Secundaria
cambiamos o cole pola auga e pasámolo de medo nunha xornada de
iniciación ao piragüismo dentro do PDC deste curso. Aprendimos sobre
tipos de embarcacións, as súas medidas e adecuación según o medio polo
que se despracen, sobre a postura, a colocación da pala e como movela
para avanzar, xirar, etc.
Non as tiñamos todas con nós pero a seguridade dos monitores e
monitoras e dos profes fixeron que vencéramos eses medos, que nos
“lanzásemos” á auga e que chegaramos a desfrutar dun contacto coa
natureza diferente.
Sección bilingüe
41 | P á g i n a
Kate
When I came to Spain to be
an Auxiliar, I didn’t know
what the job would be like
or what would end up being
my favorite part. I thought
that maybe I would really
enjoy teaching and want to
pursue that as a career
path, or that I would like
being in a rural town so
different from the one I grew up in. My favorite part of the job however,
are the kids I get to spend time with everyday. From ages 8 to 17 the
students at CPI UXIO Novoneira are shining lights. They all have their own
distinct personalities and styles while also creating a very loving and healthy
space for each other. The students act as a
family and treat each other with respect
and kindness. Although the language gap
between us makes communicating difficult
I am so proud of how the students have
grown and improved in their english and
most importantly in their engagement
with the language. I hope I can return
next year to continue to watch them
grow and explore the world around them.
42 | P á g i n a
O día 11 de Mayo de 2021, saímos ás 10:00 do colexio de Pedrafita,
poñíamonos en marcha ata Triacastela. O primeiro tramo é subir dende
Pedrafita ata o Cebreiro, 5Km, fomos pola estrada ata a Igrexa do Cebreiro,
onde nos esperaba D. Paco para darnos as chaves das Igrexas que pasan polo
camiño (Liñares, Hospital, Padornelo/O Poio, e Fonfría). Neste primeiro tramo
estivo boa mañá, é dicir, cas nubes baixas pero non choveu nin granizou. Na
igrexa do Cebreiro Javi, explicounos como era a Igrexa fai uns anos, antes de
reformala e vela como esta agora. Tamén nos explicou sobre a lenda que todos
e todas coñecemos, A lenda do milagre, onde nos contou que había dúas
versións. O segundo tramo foi do Cebreiro ata Liñares onde nos choveu un
pouco, e chegando a Liñares granizou pero aguantamos todo e seguimos
andando ata chegar a Liñares, onde había moitos tratores, xa que eses días era
día de ITV, mirámolos un pouco e seguimos ata a nosa seguinte Igrexa que é a
de Liñares. Alí paramos un pouco onde Javi nos explicou de que ano era ese
retablo e nos falou das súas características e das columnas que teñen estes
retablos nos seus lados. Sacámoslle unha foto a Igrexa, bebemos un pouco de
auga, puxemonos por grupos e seguimos andando ata o Alto de San Roque,
onde porsuposto nos sacamos unha ou varias fotos. O terceiro tramo foi
do Alto de San Roque ata Hospital, fomos polo camiño que hai preto da
estrada, tamén fixemos amigos de California que estaban facendo o
Camiño de Santiago. Cando chegamos ao Hospital, Sofía foi polas chaves
á súa casa para poder entrar na Igrexa e non ter que saltar o muro. Javi
explicounos que aínda sendo todas reformadas polo mesmo arquitecto,
este reformabas de diferente forma algunhas de forma medieval e
outras so lles poñía un retablo novo. Comemos unha froita, bebemos
auga, collemos ao noso compañeiro e seguimos o camiño ata Padornelo.
O cuarto tramo é do Hospital a Padornelo e de Padornelo ata o Poio,
aínda paramos na Igrexa de Padornelo, que metade é de Padornelo e a outra metade e do Poio. Aquí Javi
explicounos que non todos os retablos teñen que ter as columnas retorcidas e poden ser de diferente forma
aos que normalmente vemos. Cando salimos de Padornelo empezou a chover, e subimos a costa que vai ata o
Poio chovendo, esto ocasionou que nos empaparamos de todo, pero no Poio entramos no bar da riba a comer
os nosos bocatas, que levabamos na mochila. Alí fixemos a un amigo que é a metade de nós, un can, non
sabemos como se chama, pero fíxonos moita ilusión atopar un can tan grande. O quinto tramo foi dende o
Alto do Poio ata Fonfría, alí paramos na Igrexa tamén está era a última porque as outras xa están fóra do
Concello de Pedrafita. A verdade é que se agradecía visitalas para poder sentarse e descansar, aínda que
algunhas estiveran en mal estado. O ser esta a última Javi non retocou un pouco nas columnas xa que este
retablo era diferente aos outros, non tiñan as columnas iguais nin uns monicreques que tiña este retablo.
Ao salir de Fonfría fomos directos a Triacastela, pasando por
Viduedo, As pasantes, Ramil ata chegar a Triacastela. Alí nos estaba
esperando Manolo no bus na outra punta de Triacastela, que non
será moi grande pero despois de andar uns 28 Km, todo parece
máis grande do que é. Despois disto cada un/unha parou na
“estación” onde nos estaban esperando.
43 | P á g i n a
III CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA
Gabriel Dasilva Alonso
Vai pola 3ª edición deste Congreso
Científico entre os colexios da montaña de
Lugo. Este ano participamos 5 escolas:
Courel, Cervantes, Becerreá, Mondoñedo e
Pedrafita. Entre as 5 escolas, o alumnado
presentou un total de 23 proxectos de
investigación. Ademáis, uniuse nalgunha
das sesións a escola de Navia e unha
representante da USC de Xuvenciencia.
Cada ano hai máis proxectos. Ademáis, os
proxectos son cada vez máis
interdisciplinares. Tamén se realizaron
traballos entre diferentes cursos. E
participaron tamén os alumnos e alumnas
de primaria de Pedrafita con 2 traballos. O
que supón máis traballo coordinado e en
equipo polo profesorado e alumnado.
Mostra diso é que houbo presentacións
conxuntas feitas dende materias como
Química e Galego, presentacións de
Bioloxía, de Historia, de Tecnoloxía, das 4 linguas, dende Titoría coa temática de
igualdade, de Relixión, de Hábitos de vida saudable, Matemáticas, etc.
Por mor das medidas COVID non puidemos celebralo de xeito presencial, polo que cada
escola se uniu por videochamada dende unha sala onde o alumnado podía seguir as
presentacións de todos e todas e facer as súas.
Comezamos ás 10 da mañá e rematamos sobre as 4 da tarde. Fixemos 4 sesións con 5-6
traballos en cada unha. Ao finalizar cada exposición houbo quenda de preguntas. Cada
traballo recibiu unha pregunta dos presentadores da sesión (unha sesión cada escola) e
ademáis, a medida que avanzou a xornada foise animando a cousa e houbo varias
preguntas espontáneas.
A valoración xeral tanto do profesorado coma do alumnado foi moi positiva. O alumnado
fixo unhas presentacións, en moitos casos, merecedoras de matrícula. O cal reflicte o
esforzo e enorme traballo realizado todos os meses previos ao Congreso. Noraboa a todos
e todas!
44 | P á g i n a
Aquí queda un resumo dos traballos realizados polo alumnado de Pedrafita:
1. Alimentación e COVID. 1ºESO
Hábitos de vida saudable. O presente traballo está baseado na relación entre a
alimentación e o Covid-19. Realizamos unha revisión de artigos científicos para
comprobar se os diferentes tipos de alimentos, tiñan ou non algún efecto sobre o
organismo en relación á protección ou sintomatoloxía do coronavirus. Podemos
afirmar que está demostrado que algúns alimentos protexen o organismo fronte a
este tipo de virus.
2. Robots. 2º e 3º ESO
Tecnoloxía. A robótica é unha mestura de diversas disciplinas da rama das
enxeñerías que se ocupa do deseño, construción e aplicacións dos robots. A propia
palabra robot provén do checo robota, e significa traballos forzados ou traballador.
Os robots levan entre nós moitos anos axudándonos en facetas repetitivas e
laboriosas das nosas vidas. Pero esta automatización das tarefas humanas tamén
trae consigo un cambio dos nosos hábitos e como tal do modelo produtivo. Como
inflúen os robots nas nosas vidas? Que efectos producira a robotización das
actividades humanas? Cal será o impacto dos robots no mercado laboral? Os
alumnos de 2 e 3 ESO fixeron unha pequena investigación sobre varios campos nos
que os robots están presentes para tratar de dar resposta a estas e outras
cuestións.
3. Ante Notario (Historia social de Santiago de Compostela, 1465-1469,
por medio dun minutario da notaría de Sancho de Cardama. 2º ESO
Historia. Neste traballo, logo de facer unha introdución sobre a fonte que imos
empregar, ímonos centrar en 3 aspectos: a dispersión xeográfica da
documentación, que nos permitirá afirmar que se trata dunha sociedade rural; a
representación desiogual de homes e mulleres nos textos, que nos permitirá
albiscar unha sociedade na que o masculino ocupa o espazo público; e finalmente o
45 | P á g i n a
reparto e xerarquización dos individuos conforme a principios funcionais, que
testemuñan a existencia dunha sociedade estamental.
4. As terras do Concello de Pedrafita do Cebreiro a mediados do s. XVIII
(unha achega por medio das respostas do catastro de Ensenada) 3º ESO
Historia. No presente traballo, logo
de analizar como foi realizado o
Catastro en Pedrafita en 1752,
pasamos a estudar a definición
dos marcos que encadraban ós
individuos nese momento, tanto
no aspecto relixioso como no civil.
Faremos tamén unha valoración
demográfica, comparando a
situación en 1752 coa realidade actual. A análise da estrutura estamental poderá
axudarnos a comprender o desigual reparto da riqueza e dos medios de
producción. Finalmente, os datos proporcionados polas respostas ao interrogatorio
permitirán que coñezamos o funcionamento do sector primario, tanto na súa
producción coma nos seus métodos de explotación da terra.
5. A auga: recurso científico e literario. 3º e 4º ESO
Galego, Bioloxía, Química. Neste traballo acercámonos á auga dende prismas moi
diversos, para ver a importancia que este recurso natural ten para nós. Primeiro,
usamos a auga coma un recurso científico. O noso obxectivo era comparar a
calidade medioambiental de Pedrafita coa dunha cidade coma Lugo. Para iso
analizamos auga de ríos, fontes e casas e tamén a auga da choiva coma un
indicador da calidade do aire. Entre os parámetros estudados: nitratos, nitritos, pH,
amonio, etc. En segundo lugar, usámola coma unha fonte de inspiración literaria.
Escribimos microrrelatos coa temática da auga que participaron dun concurso de El
Progreso do que obtivemos un premio. Tamén creamos metáforas en base á auga.
En terceiro lugar, estudamos o uso da auga como recurso literario que fixeron
grandes autores e autoras coma Rosaía, Cunqueiro, Novoneyra, ou nas Cantigas de
Amigo.
6. Os refráns, reflexo da nosa cultura. 1º e 2º ESO
Galego, Castelán, Francés e Inglés Neste traballo investigamos como a auga está
presente na nosa cultura a través dos refráns que se din nas nosas aldeas: 1)
Refráns referidos ao carácter galego. 2) Refráns referidos á mala fama. 3) Refráns
referidos á pureza da auga. 4) Refráns referidos á meteoroloxía. 5) Refráns noutras
linguas.
46 | P á g i n a
7. Rede Natura Ancares-Courel: paraíso natural e cultural. 3º ESO
Bioloxía. Neste pequeno documental quixemos mostrar a beleza de Ancares e
Courel. Comezamos destacando que se trata dun espazo protexido baixo a Rede
Natura 2000 e tamén unha parte foi recoñecida recentemente coma Xeoparque
pola Unesco. Con fotos, vídeos, e algunhas entrevistas fomos retratando: a paisaxe,
a orixe destas montañas, a flora, a fauna, o clima, as estacións, os ríos, as
emocións que nos evoca todo isto, o patrimonio cultural, arquitectónico, relixioso,
gastronómico, a economía.
8. Funcionan as medidas anti-COVID?. 1º e 2º ESO. 1º-2º-3º Primaria
Bioloxía, Química, Ciencias. Neste
traballo quixemos comprobar a
eficacia das principais medidas de
prevención contra o coronavirus que
temos na nosa escola: máscara,
hixiene de mans, e ventilación das
aulas. Primeiro, cultivamos bacterias
para usalas como modelo, xa que os
virus non os poderíamos manexar no
laboratorio. Probamos diferentes
medios de cultivo, construímos unha
estufa de cultivo caseira, etc.
Segundo, investigamos como fabricar xel hidroalcohólico e xabón. Fixemos 8 tipos
distintos de cada engadíndolle sustancias supostamente “bactericidas” (allo, herba
punteira, etc) segundo o que indagamos nas nosas aldeas. Terceiro, con todo esto
a punto, tocamos unhas placas petri coas mans sucias e outras coas mans lavadas
con cada un dos tipos de xabón e xel. Tamén respiramos por riba das placas con e
sen máscara. Cuarto, analizamos a calidade do aire das diferentes aulas do colexio
cun medidor de CO2 (canto tempo podemos estar coa porta e ventá pechadas ?,
canto tempo temos que ventilar?...). En xeral a hixiene de mans funciona, pero uns
xabóns-xeles foron máis eficaces que outros. A máscara tamén é moi efectiva. E
respecto da ventilación, descubrimos o importante que é ter a ventá aberta e o
rápido que empeora a calidade do aire.
47 | P á g i n a
9. O tempo nas nubes. 4º e 6º Primaria
Ciencias. Neste traballo quixemos aprender sobre o tempo meteorolóxico dun xeito
práctico, facendo unha investigación sobre o poder das nubes para predicir o tempo
e analizando diariamente diversos parámetros da estación meteorolóxica da escola.
Aprendemos a ler temperaturas máximas e mínimas, a presión atmosférica co
barómetro, a velocidade e dirección do vento, a humidade relativa e as
precipitacións cunha probeta. Con todo isto construímos o noso climograma de
Pedrafita. Concluímos que a presión atmosférica é un excelente indicador do estado
xeral do tempo (altas e baixas presións) e tamén que ao ver cirros no ceo, case
sempre se observa que chove aos 2-3 días. Finalmente, tamén analizamos como o
tempo inflúe no noso modo de vida.
10. Estereotipos de xénero: xenética ou comportamento social?. 4º ESO
Titoría Neste traballo quixemos
comprobar se determinados estereotipos
de xénero, coma por exemplo: “facer
algo coma unha nena”, son algo innato
ou aprendido ó longo da nosa vida. Para
iso, baixo a falsa premisa de que íamos a
rodar un corto na escola, fixemos un
casting a todo o alumnado, profesorado
e persoal administrativo do noso centro.
Temos a vantaxe de ser un centro rural
moi pequeno, e puidemos gravar a tódalas idades, dende 3 anos ata os máis
maiores de case 60. Nese suposto casting tiñan que representar as frases: “correr
coma unha nena”, “lanzar unha pelota coma unha nena”, e “pelexar coma unha
nena”. Observamos como os e as máis pequenas, ata os 12 anos
aproximadamente, non facían ningunha diferenza. Sen embargo, a partires desa
idade os estereotipos comezan a ser moi marcados, incluso esaxerados en moitos
casos. Concluímos que se trata de algo social, que a través dos medios, da familia,
da escola, etc, imos interiorizando. Polo tanto, non é nada xenético.
48 | P á g i n a
Neste atípico curso que vimos de rematar, participamos de dúas edicións de Galiciencia. A do
ano pasado, suspendida pola COVID, e a deste ano. Lamentablemente, foron edicións online.
Dende Pedrafita presentamos un total de 3 traballos e participamos de talleres sobre
microbioloxía, cociña molecular e sobre as técnicas que usa o CSI para investigar os delitos. A
continuación amósase un breve resumo dos traballos presentados
“A pandemia da avispiña dos castiñeiros (Dryocosmus kuriphilus)”. De Jesús, Sofía e
David que realizaron durante o curso 19-20. Neste póster amósase un resumo e no código
podedes acceder a un vídeo de 1 minuto explicando o proxecto
“Estereotipos de xénero: xenética ou comportamento social?”
De Paula P, Patricia e Paula V de 4º da ESO. Neste traballo
quixemos comprobar se determinados estereotipos de xénero, coma
por exemplo: “facer algo coma unha nena”, son algo innato ou
aprendido ó longo da nosa vida. Para iso, baixo a falsa premisa de
que íamos a rodar un corto na escola, fixemos un casting a todo o
49 | P á g i n a
alumnado, profesorado e persoal administrativo do noso centro. Temos a vantaxe de ser un
centro rural moi pequeno, e puidemos gravar a tódalas idades, dende 3 anos ata os máis
maiores de case 60. Nese suposto casting tiñan que representar as frases: “correr coma unha
nena”, “lanzar unha pelota coma unha nena”, e “pelexar coma unha nena”. Observamos como os
e as máis pequenas, ata os 12 anos aproximadamente, non facían
ningunha diferenza. Sen embargo, a partires desa idade os
estereotipos comezan a ser moi marcados, incluso esaxerados en
moitos casos. Concluímos que se trata de algo social, que a través
dos medios, da familia, da escola, etc, imos interiorizando. Polo tanto,
non é nada xenético.
Neste traballo quixemos comprobar a eficacia
das principais medidas de prevención contra o
coronavirus que temos na nosa escola:
máscara, hixiene de mans, e ventilación das
aulas. Primeiro, cultivamos bacterias para
usalas como modelo, xa que os virus non os
poderíamos manexar no laboratorio. Probamos
diferentes medios de cultivo, construímos unha
estufa de cultivo caseira, etc.
Segundo, investigamos como fabricar xel hidroalcohólico e xabón. Fixemos 8 tipos distintos de
cada engadíndolle sustancias supostamente “bactericidas” (allo,
herba punteira, etc) segundo o que indagamos nas nosas aldeas.
Terceiro, con todo esto a punto, tocamos unhas placas petri coas
mans sucias e outras coas mans lavadas con cada un dos tipos de
xabón e xel. Tamén respiramos por riba das placas con e sen
máscara. Cuarto, analizamos a calidade do aire das diferentes aulas
do colexio cun medidor de CO2 (canto tempo podemos estar coa
porta e ventá pechadas?, canto tempo temos que ventilar?...). En xeral a hixiene de mans
funciona, pero uns xabóns-xeles foron máis eficaces que outros. A máscara tamén é moi
efectiva. E respecto da ventilación, descubrimos o importante que é ter a ventá aberta e o rápido
que empeora a calidade do aire.
SECCIÓN BILINGÜE PRIMARIA
50 | P á g i n a
EDUCACIÓN INFANTIL
Olaya López López
51 | P á g i n a
No último trimestre o alumnado de infantil tivo a sorte de ver en vivo e en
directo o nacemento duns seres que nos encandilaron a todos: 4 pitiños, que
como non… foron bautizados polos nosos nenos e nenas. De seguida volos
presentamos, pero primeiro imos ver cómo foi todo o proceso…
En primeiro lugar preparamos a incubadora cos nosos ovos.
Agora tócanos esperar 21 días!! (Qué emoción!!!)
EDUCACIÓN INFANTIL
Olaya López López
52 | P á g i n a
E pasados 21 días…. Xa comezan a saír! Aquí temos a… SÚPERPITIÑO E
OSCURIDAD!
E por fin, tamén saíron COLORIDO E SOL!
Aquí están moi ledos na súa casiña…
Dende ese día xa comezaron a formar parte do noso grupo, por iso tamén os
incluímos nas nosas rutinas diarias como pasar lista. Perderíase algún esta
noite?
EDUCACIÓN INFANTIL
Olaya López López
53 | P á g i n a
E o encargado do día levaba a cabo a limpeza da casiña, darlles de comer e
poñerlles auga limpa para beber.Cómo nos gusta ter responsabilidades! Somos
moi maiores!
Foi unha experiencia extraordinaria. Disfrutamos todos moitísimo dos nosos
amiguiños. Agora están vivindo nunha granxa en compañía de moitos máis
pitiños, xa que no noso cole comezaba a facerselles pequena a casiña…
Entrevistas de ciencia na escola
Carla (3º ESO)
Estar cos nenos de primeiro, segundo, e
terceiro de primaria este día foi moi
divertido. Eles fixéronme preguntas sobre
os osos, a auga...
En clase de bioloxía, fixen uns
experimentos con Gabriel para levárllelos e
poder explicarlles así o que eles se
preguntaban. A min resultoume moi boa a
experiencia, porque os nenos colaboraron
todo o que puideron e máis, e a estancia
fíxose moi agradable.
Laura (1º ESO)
Fai uns meses cando entrei ó laboratorio
para dar clase, Gabriel xa me estaba
facendo o lío para facerlle outra
presentación aos de 4º,5º e 6º de primaria,
sobre unhas dúbidas que tiñan sobre as
plantas, que curiosamente era o tema que
estabamos dando en bioloxía.
Aínda que me queixara todo o que quixera,
Gabriel seguíame obrigando a que llelo tiña
que facer. Cando estaba presentando
pensei que era bastante mellor do que eu
imaxinaba e teño que confesar que non o
pasei mal e aprendín moito máis que en
clase de bioloxía sobre as plantas.
55 | P á g i n a
Javier Rey Souto
Un ano sen comedia é un ano longo de máis. É
como se cambaleasen os alicerces do noso ser.
Botámolo de menos. Fondamente. O feito de
non poder compartir escenario, de non nos
poder berrar, golpear, alcumar e ensarillar
debidamente diante do público, fai que estar
nos derradeiros cursos da ESO non sexa o
mesmo. É vivir unha experiencia mancada.
Por iso, chegar a este final de curso e
atopar que de novo temos a posibilidade
de actuar encheunos de ledicia. Aínda
con todas as limitacións que nos rodean.
Aínda que non tivésemos moi claro como se
ía desenvolver a nosa representación. Nunca
pensamos que para as nosas obras de teatros
nos fose tocar estar atentos ás decisións do
ministerio de sanidade. Os tempos andan
tolos.
A nosa fábula deste ano chámase “Salud,
dinero y amor”. Así, en castelán. Brutamente.
En lembranza a unha cancionciña rancia que
de cando en vez resoa nas nosas cabezas.
Unha historia un pouco sórdida. Ou turbia,
se preferides. Herdanzas, cartos, envexas,
ambicións e cobiza. E todo co fondo dun
pasado escuro que vai saír á luz os poucos,
coma quen non quere a cousa.
Aínda que vos poida parecer mentira, unha obra de teatro é moito traballo. Non
pouco. Moito traballo. E que saia ben, ou máis ou menos ben, é un verdadeiro
milagre. Ensaiar, aprender, coordinar
movementos, xestos e sons. Procurar
vestiario e ambientación.
Montar e desmontar o escenario, os
panos, os fondos. E no medio, exames e
traballos, como en todo final de curso.
Hai moito esforzo por parte das rapazas de
terceiro e cuarto, Carla, Patricia e as
nosas Paulas, Viña e Pol. Esforzo e gana.
Xa desde agora, cruzamos os dedos,
agardando que o día da representación
público e actores poidamos saír
contentos co resultado.
Revista uxio novoneira 2021

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 

La actualidad más candente (20)

Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 5 - Abril 2009 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍPIPO AÍNDA SEGUE AÍ
PIPO AÍNDA SEGUE AÍ
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
 

Similar a Revista uxio novoneira 2021

A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015Diana Sánchez
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010A Solaina
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similar a Revista uxio novoneira 2021 (20)

A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Unha escritora entre nós
Unha escritora entre nósUnha escritora entre nós
Unha escritora entre nós
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 

Más de CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

Más de CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
 

Revista uxio novoneira 2021

  • 1.
  • 2. Vou permitirme por primeira vez en 10 anos ter unas palabras en primeira persoa, a pesar de que ningunha me parece suficiente. Non atopo palabra que me permita expresar todo o que foi compartir 10 anos con vós. Podería falar de ledicia, porque foron tantos os momentos que compartimos… de morriña, polos que me gustaría seguir compartindo, de nostalxia de tantos recordos, de gratitude por todo o que aprendín ao voso lado, de satisfacción polo que todos e todas medramos en diferentes aspectos, de admiración por todo o que medrastes en todos os campos… pero sobre todo de gratitude, por todo o que me axusdastes a ser despois de todos estos anos, os valores que vexo en vós (a loita por un mundo máis igualitario, a responsabilidade sobre as nosas decisións, o coidado dos demáis,…) e a mellora da convivencia no centro a través da escoita e do diálogo. Foi difícil prescindir de todos eses abrazos, da cercanía nas actividades que compartimos pero o único que son capaz de dicir realmente é… GRAZAS! Polo voso compromiso con cada unha das actividades realizadas, pola vosa comprensión e empatía, pola ilusión en cada momento, polo apoio, pola capacidade de sacar sempre o positivo,… E por suposto non me esquezo de desexarlle de parte de todas e todos nós a maior sorte do mundo a Sonia no seu novo destino e darlle as grazas por todo o traballo ao longo destes anos, a Sara que só leva un ano con nós pero coa que foi un auténtico pracer traballar e as nosas rapaciñas de 4º de ESO que inician un novo camiño, que de seguro lles traerá moitas cousas novas e tan boas como elas merecen porque sobre todo son grandes persoas. Coma sempre desfrutade do verán e repoñede forzas para o novo curso, este ano foi un reto que todas e todos superamos con boa nota!
  • 3. INDICE Editorial 2 Os Bolechas 112 Índice Ciencia na escola Cociña molecular Día da paz Samaín e Magosto 8 de marzo 25 de Novembro : Día internacional contra a violencia de xénero Ligas internas de pong pong e badminton Festival de Nadal Entroido Primeiros auxilios Rincón literario 3 4 5 6 7 8 9 10 17 19 20 23 30 Camiñatas 31 O camino que nos une 32 33 Escalada Antonio Reigosa 34 Viveiro 35 Aliméntate ben 36 Etapa Cebreiro- Triascastela 51 Infantil Sección bilingüe Galiciencia Congreso científico 41 48 Letras galegas 38 Piragüismo 40 42 43 Sección bilingüe Primaria 50 Making off Ciencia na escolar 55 54
  • 4. 4 | P á g i n a OS BOLECHAS E O 112 INAUGURAN AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO CURSO O 5 de outubro inauguramos no cole as actividades extraescolares e complementarias despois de moitos meses, con todas as medidas de seguridade e grazas á colaboración de edicións Bolanda e da Axencia Galega de Emerxencias, que nos fixo chegar os rapaces e rapaza de 1º a 3º de Primaria a mensaxe dun dos nosos Bolechas favoritos, Braulio, que este ano non nos visitou pero que grazas ás novas tecnoloxías nos trasmitiu a importancia de facer un uso responsable do 112, un servizo esencial e importantísimo para axudar ante as emerxencias, pero do que non todo o mundo sabe facer bo uso. Así, o alumnado do grupo de 1º a 3º de Primaria xa está perfectamente preparado para diferenciar cando e en que situacións se debe chamar ao 112 e qué datos debemos facilitar para axudar a que esta tarefa se faga de forma correcta e eficaz. Ademáis levamos un agasallo literario para axudarnos a aprender sobre o 112, do que temos unha morea de información na web educativa www.https://osbolechas.gal/112
  • 5. 5 | P á g i n a UN SAMAÍN E UN MAGOSTO UN TANTO DIFERENTES PERO MOI DESEXADOS Este ano as conmemoracións non son iguais, nin sinxelas, pero iso non significa que non sexan posibles. Con algunha modificación, con moito coidado e coa ilusión que sempre teñen os nosos rapaces e rapazas foi posible un pequeno Samaín, con caracterizacións e moito cine, e un magosto ao quentiño das nosas casas e elaboración de postres típicos, coa mágoa de non poder compartilos pero si saborealos a través da ollos, para que logo digan que non se pode saborear dunha ollada!
  • 6. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Cada ano o 25 de novembro e o noso compromiso por un mundo libre de violencias machistas reúnenos en diferentes actividades conxuntas de todo centro. Este curso o protocolo ante a COVID limita en certa medidas a realización destas actividades e incidimos na parte de “en certa medida” porque sempre conseguimos a alternativa para traballar entre todos na denuncia desta violencia. Baixo a dirección artística do noso profe de Educación Física, Benjamín, e a gran profesionalidade cunha cámara na man de Julián, o noso profe de Tecnoloxía, conseguimos a creación dun vídeo conxunto na defensa da libertade, do respecto, da necesidade de respectar, da denuncia do control dentro dunha relación para procurar na que a igualdade e o respecto sexan a base do amor e da amizade. Aquí quedan parte das imaxes que reflicten o traballo que levou a un vídeo que non podíamos deixar de ver mentras cantábamos “Y si te digo que no es que no”.
  • 7. COMEZO DAS LIGAS INTERNAS DE PING PONG E BÁDMINTON Un curso máis e a pesar de todas as pedras que van surxindo no camiño, o alumnado e profesorado de Pedrafita deu comezo ó campionato interno de pingpong e bádminton que se celebra no polideportivo, nos tempos de lecer; por suposto atendendo a tódalas medidas de seguridade e hixiénicas establecidas para o momento. Non debemos esquecer, como nos recorda ademáis o Procotolo do 4 de novembro, a importancia da promoción de AF, agora máis que nunca, e de hábitos saudables entre o alumnado. Un saúdo especial ó resto de coles da montaña ós que por estas datas aproximadas, estaríamos vendo e xuntándonos para un Xogade de bádminton; practicaremos o máximo posible para cando nos podamos volver a ver.
  • 8. COCIÑA MOLECULAR Todo o alumnado de secundaria participamos nuns talleres de Cociña Molecular que seguimos en streaming mentres tratamos de replicar as receitas que nos iban explicando: esferificacións de zume, cocacola, iogurt e chocolate, e ravioli de agar-agar
  • 9. 9 | P á g i n a ENTREVISTAS DE CIENCIA NA ESCOLA Os rapaces e rapaza de 1º, 2º, e 3º de primaria fixéronlle unha entrevista a Carla de 3º de ESO sobre cuestións q viron en ciencias: os osos, a sua dureza, osteoporose.. Sobre a auga, os cambios de estado, a súa orixe na Terra, a súa potabilización. Carla foilles explicando mediante diferentes experimentos coma: osos descalcificados en vinagre, disolución de rochas con ácido, filtro potabilizador de area, etc. Esta foi a nosa primeira sesión das diversas entrevistas ao longo do curso, polo que non podíamos evitar deixar testemuño gráfico.
  • 10. 10 | P á g i n a A PANTASMA Esta é a historia da pantasma Xusto que todas as noites morre do susto. Vive o pobriño nun subterráneo entre unhas arañas. Tan pronto escurece tremen de pavor - Virá esta noite? -Que susto! Que terror! Ao soar as doce chegou Luis Vampiro ven acompañado, pois son moi amigos. David 2º ESO
  • 11. 11 | P á g i n a Érase unha vez unha moura que vivía no pozo do Lago Maior; un lago que atraía moito turismo debido á súa vexetación, fauna e zona xeográfica. A moura chamábase Manuela e vivía alí, no fondo do lago, nunha escura e sombría cova, pero cada vez que os turistas ían por alí tiraban o lixo e os desperdicios todos. Facendo así que, un atractivo lugar natural como ese, se convertese nun vertedoiro municipal. Isto afectaba especialmente aos peixes, cobras e réptiles da contorna. Tamén as e os aldeáns que habitaban nun pobo que quedaba alí, un pouco máis abaixo, chamado Hospital da Condesa. Dependían desa fonte natural para sacar auga e así realizar diferentes tarefas. Á moura Manuela tamén lle afectaba, pois collía auga de alí para facer as apócemas. Tanto habitantes da aldea de Hospital da Condesa como a moura, os xabariles, corzos e demais animais da contorna facían saber que había que acabar cos “turistorcos” (alcume que provén de turistas + porcos). Foi entón cando a moura optou por botarlles un mal de ollo a todos e todas as que tiraban lixo, facendo que por cada obxecto que depositaran no lago tiveran que recoller o quíntuplo de cousas arroxadas. E colorín colorado este relato está acabado. Sofía Carrete 2º ESO
  • 12. 12 | P á g i n a .
  • 13. 13 | P á g i n a A pequena gota gústalle viaxar e nunca se agota de tanto saltar. Ao ceo sobe despois de voar e vai ata a nube dende o fondo do mar. Se polo río pasa é de desconfiar ira cara a miña casa… ou ao fondo do mar? Ás veces sinto que no meu vaso está a bebo sedenta que felicidade xa! Paula Pol 4º ESO
  • 14. 14 | P á g i n a CANTIGAS DE AMIGO Morriña de ti meu amigo coma os paxaros se bicaban so pido volver a verte mais todo nos ha de separar. Non podo camiñar sen non é en ti o apoio Morriña de ti meu amigo mais todo nos ha separar. Coma os paxaros se bicaban onte os vin voar, lástima que nós non poidamos mais todo nos ha separar. Se non é en ti apoio o camiño non sei se o darei andado de menos te boto, meu amigo mais todo nos ha separar. Carla 3º ESO
  • 15. 15 | P á g i n a Un dia camiñando puiden ver como aquel regato que ía dar ao río estaba morto, descoidado,… Cheguei ao río, esa zona na que pasaba a maioría do tempo cando era máis nena, ese lugar no que xogaba, no que ría, no que me divertía. Partíuseme a alma e o corazón en mil anacos. Levei unha triste sorpresa, de estar limpo, con auga clara que corría pasou a ser un regato calquera… suxo, con auga escura, estancada,… Como podía ser iso posible en tan pouco tempo? Como as persoas podemos contaminar tanto? Púxenme moi triste, empecei a pensar e a intentar amañar ese desastre que estaba partindo o corazón da xente. Con moito traballo e moita paciencia puidemos entre todos recuperar gran parte dese río, no que pasaba boa parte do tempo cando era nena, costounos moito pero en ningún momento nos rendimos e a día de hoxe todo volveu á normalidade. Patricia Montero López 4º ESO
  • 16. 16 | P á g i n a Vaia mentira esa, que é moi habitual, que os ríos non temos sentimentos nin gustos; outra ben gorda é que nos gusta estar contaminados. Somos todo o contrario aos humanos; por exemplo, a eles gústalles respirar aire contaminado, pero a nós, os ríos, encántanos respirar aire puro e que as nosas augas estén ben limpiñas. Bueno, cousas aparte, eu son o Río Miño, Miniño para os amigos. Son un río galego, en concreto lucense, vou algo vello, xa que nacín en Meira, fai moitos anos. Eu non tiven unha familia coma vós, pero sempre me acompañan os meus amigos os peixes, que non calan nin debaixo da auga, nunca mellor dito, pola contra, as algas falan moito menos ca eles. Outro gran amigo é o Narla, forma parte de min, quedamos todas as tardes para intercambiar pedras e ver cómo xogan as londras no noso caudal. Teño moitos fillos, pero o máis grande é o Sil, ao pobre os humáns téñeno recluído, aínda que o deixan saír no inverno, posto que as súas augas aumentan e senón desbordan, claro. Sobre nós hai un refrán que di “o Miño leva a fama e o Sil, a auga”, aínda que a min paréceme unha mentira, pero para gustos, cores. Os ríos andamos algo escasos de saúde, os humáns verten refugallos encima noso, eu sempre pensei “Por que se portan tan mal connosco?”. Así é que nós, os ríos, non imos tirando lixo ao chou, pero que se fastidien, que as nosas augas van cara aos acuíferos e de alí sae a auga que eles beben, e os peixes tamén tragan ese lixo das miñas augas, é dicir, que cando coman os meus peixes, tamén tragarán o lixo que vai dentro deles. Conto con durar moitos anos máis para ver cómo medran os meus peixes, ver novos tipos de rochas e aos meus animais favoritos, que son os cangrexos. Para iso preciso que vós, os humanos, colaboredes comigo xa que de seguir tirando lixo e vertidos tóxicos axiña desaparecerei. Espero que cumprades coa vosa palabra e me axudedes, pensade que é polo meu ben e polo de todos e todas. Laura Viña 1º ESO
  • 17. 17 | P á g i n a Comezamos o curso pensando que este momento non sería posible, pero acabamos o primeiro trimestre e foi unha realidade, celebramos o festival de Nadal! Diferente si, pero feito co mesmo agarimo, coa mesma ilusión ou incluso máis que outros anos. Foi posible grazas ao traballo de todos e de todas: o noso organizador Benjamín, a nosa presentadora Sara, Gabriel que é polivalente, Javi como compositor, músico e solista, Jullián coa cámara e a guitarra, os titores e titoras no seu papel de coreógrafos e ata decoradores, Adrián outro dos nosos talentos compositores, Marisa coa parte histórica e teatral e así ata o infinito. Comezamos a xornada coa recollida das Cartas a Papá Noel, Apalpador, Reis Magos,... que foron recollidos polo noso Papa Noel inmellorable e as súas e elfas que tivo a paciencia de falar con todos os nosos rapaces e as nosas rapazas por se alguén esquecera calquer detalle na súa carta. Quedamos sen palabras...!!! Non podemos agradecer o traballo da nosa Papa Noel e as súas elfas! As rapazas e rapaces de ESO tiveron o tradicional concurso de cancións que Javi organiza con toda a ilusión do mundo, este ano coa temática BSO, mentras o resto do alumnado ensaiaba as súas actuacións estelares. Así ás 12 da mañá deu inicio no polideportivo do centro o Festival de Nadal. A nosa profe Sara foi unha presentadora inmellorable que deu paso a cada unha das nosas actuacións, comezando polo alumnado de 4º a 6º de Primaria que fixo a súa propia versión da canción dos Beatles Obladi-Obladá con toques moi de nadal e cun ritmo contaxioso. Despois os rapaces e rapaza de 2º de ESO tocaron a panxoliña "Canto de Nadal" co profe Julián e coas guitarras que este ano substitúen as frautas! Xulgade se por sorte ou non... Detrás chegaron os peques de 1º a 3º de Primaria coa súa panxoliña "A árbore de Nadal" e un "atrezzo" de luxo.
  • 18. 18 | P á g i n a Non podía faltar o tradicional coloquio en latín de Javi coa rapazas de 4º de ESO, breve pero expresivo! As estrelas do festival chegaron a continuación, os peques de infantil que estiveron "Buscando unha estrela", atoparíana? Laura e Sofía, coa axuda de Marisa, quixeron poñernos un pouco en contexto e que aprendésemos algo de historia, pedindo axuda a Teodisio para que quedara máis claro. Os rapaces e rapazas de 4º a 6º quixeron volver a pisar o escenario, esta vez acompañados do profe Adrián para interpretar a "Panxoliña Novoneira". A actuación estrela foi a panxoliña "Pastores do colexio" adaptada por Javi e coa música de Gabriel, Javi e Benjamín e as voces de todo o profesorado e alumnado de ESO, aínda que non todos/as tiveron valor para pisar o escenario. O ritmo era contaxioso! E o broche final foi con música e baile, "Desastre con Longarela" levaba por título para despistarnos, porque o resultado foi espectacular. Finalizamos coa entrega de premios. Este curso tiramos a casa pola ventá: aos participantes, aos gañadores do concurso de postais por clases, ...
  • 19. PRESENTACIÓN SOBRE 1ºs AUXILIOS DAS ALUMNAS DE 4º ESO “Profe: Paula mareouse, que fago?”, “profe: Sofía fíxose dano no pulso patinando, é mellor frío ou calor?”… como todos e todas sabemos, nos centros escolares poden xurdir un sinfín de imprevistos relacionados cos 1ºs auxilios, polo que canto mellor formados e preparados teñamos ao noso alumnado, máis tranquilos poderemos estar, tanto nós, coma eles, como as familias. Ademais, é moi importante dotar de ferramentas e protocolos básicos de actuación ao noso alumnado por calquera situación que poidan vivir nas súas casas, convivindo con persoas maiores ou irmáns de curta idade que podan facerse dano fácilmente. O pasado luns 25 de xaneiro, as alumnas de 4º realizaron unha exposición dos principais protocolos de primeiros auxilios e protocolos de actuación; dita charla realizouse para todo o alumando da ESO e para o profesorado que asistiu á mesma. Puxeron exemplos prácticos de actuación para: accidentes deportivos, lesións frecuentes, mareos ou pérdidas de coñecemento que poden ser habituais nas clases, sobre todo, de EF; así como tamén explicaron o algoritmo do SVB (Soporte Vital Básico) e a cadena de actuacións a levar a cabo en caso de accidente máis grave e necesidade de reanimación cardiopulmonar (RCP). Tras 30 minutos aproximados de exposición e explicacións, realizouse un turno de preguntas que deu lugar a comentar algunhas actuacións máis concretas e a profundizar en algún aspecto como a colocación na postura “antishock” dunha vítima ou a correcta realización da maniobra de Heimlich en persoas embarazadas ou bebés. Noraboa ás alumnas de 4º polo traballo realizado e as labores de investigación de estudos relacionados sobre a Posición Lateral de Seguridade e a Manobra Frente Mentón, así como pola implicación persoal. Benjamín Longarela Pérez (Xefe de Departamento de EF)
  • 20. 20 | P á g i n a Non podiamos ter unha mellor conmemoración do Día Internacional da Paz e Non Violencia que acercarnos e recordar aos máis vulnerables, que este ano máis que nunca vemos que precisan da cooperación de cada un e unha de nós. Contamos coa visita de Miguel, un dos papás do noso alumnado e membro da ONG "Hospitaleros sin fronteras", que nos acercou á realidade dos nenos talibé e a Senegal, adaptándose á idade de cada un dos nosos grupos estables de convivencia, falounos sobre algunha das características da vida neste lugar: os xoguetes tan diferentes aos nosos, os instrumentos que tivemos a sorte de probar, a diferente forma de comer (compartindo e sentados/as no chan), a árbore nacional de Senegal, o baobab,
  • 21. 21 | P á g i n a os caiucos nos que pescan os senegaleses, a visible contaminación por plásticos produto do noso estilo de vida e da práctica ausencia de colectores de lixo, que levan a atravesar estas zonas aos nenos e nenas senegaleses desccalzos ou desprovistos dun calzado que lles proporcione protección. Falounos de cómo poucos deste nenos e nenas poden ir á escola, da sorte que temos os e as que podemos ter dereito a ela, de cómo parte deles teñen que afastarse das súas familias para traballar para "marabouts" que teñen o soporte económico suficiente para poder proporcionarlles un futuro, lonxe da súa familia dende moi pequenos. En moitos casos ese futuro que as familias esperan que teñan os seus fillos non é tan idílico e convértese en explotación e soidade, en perda do vínculo familiar e en descoñecemento do motivos que levaron a esa situación. Miguel fíxonos ser conscientes da sorte que temos asistindo cada día á escola, cunha familia que se preocupa por nós e da que podemos disfrutar cada día. Como peche final, tivemos a sorte de falar por videochamada con algúns dos rapaces cos que traballa esta ONG e que nos emocionou especialmente. A media mañá, a través de webex (dada a situación COVID da comunidade e as restriccións) tivemos o acto conxunto coordinado por Gabriel, Mari e Marga cun manifesto do alumnado de ESO a favor da desaparación dos grandes conflitos mundiais, seguido por unha pegada de pombas por grupos no mapa mundi no que aparecían
  • 22. 22 | P á g i n a recollidos ditos conflitos, pedindo que sobre eles triunfen os valores da igualdade, da paz, o amor, a concordia, o fin da discriminación racial, da xenofobia e do racismo. Uxía, como reperesentante do grupo de 4º a 6º e da súa titora Sonia, fixo lectura do manifesto pola Paz tras o que David, de 2º de ESO, fixo lectura dunha carta dirixida a aqueles rapaces que se ven obrigados a vivir e participar sen poder decidir nos conflitos armados, e Jesús que representou "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro, o poema que mellor pode representar a similitude dos sentimentos do pobo galego despois de moitos anos de represión coa realidade de todos estos rapaces e rapazas que viven soñando cun mundo cheo de paz. Grazas Miguel, pola túa sensibilidade para acercanos a súa realidade e grazas rapaces e rapazas e profes por traballar por axudar a que o noso mundo sexa mellor e aportar o posible a que a Paz sexa unha das metas que acadaremos.
  • 23. 23 | P á g i n a Planctus pro Introito et inde ipsius testamentum generale. Ai, que Antroido morre Farto de feixós! Escáchese en laios Con mágoas a voz! Ai, que Antroido morre, Que nos deixa sos! Ai, que Antroido morre! Que vai ser de nós? Antroido, Antroidiño, Meu ben, meu amor! Se morres, o mundo Perde todo o bo! Se fuches, Antroido, Un pouco chufón... Un pouco argalleiro... Un pouco lambón...
  • 24. 24 | P á g i n a Eras tamén ledo, Contento e risón, Convidabas sempre A viño e rixóns. Non marches, Antroido, Non marches aló Onde todo é negro E non se ve o sol! Non vaias á cova Con mal de torrón! Non vaias, Antroido! Non marches de acó! Antroido, Antroidiño, Meu rei, miña flor! Se marchas do mundo Murchiña me estou! Ai que bonitiño! Que afouto señor! E agora esmorece Foupeiro e fozón!
  • 25. 25 | P á g i n a Que ben que cantaba! Que pouco durou! Que ben lle acaían Monteira e malló! Que deixa o Antroido Se ó cabo chegou? Un saco de máscaras Para tododiós. Máscaras e máscaras Antroido deixou, Que amosan os ollos E agachan a voz. Mascaritas novas Por herdo mandou, Que serán a moda Por un ano ou dous. Mascaritas blancas... Negras ou de cor... Cirúrxicas unhas Ou efepepé dous. Mascaritas sempre Que ninguén usou Ata que o bechoco No mundo se entrou. Antroido nos deixa, Mais non marcha, non, Que tanta antroidada Queda aquí con nós. Arre demo, Antroido! Déixanos feixós... Orellas...
  • 26. 26 | P á g i n a Chourizos... Cacheira... Rixós... Touciño co caldo... Costela a cachón... Unhas pataquiñas... Grelos e lacón. Non deixes connosco Tanto mascarón, Que estamos con gana De ter un feirón. Déixanos, Antroido, Con gaita e tambor Bailar nas verbenas Sen pedir perdón. E que volva o Combo A montar follón, E que cas orquestras Baile o bailador. Que poidamos vernos Ó noso sabor, E estar todos xuntos, Non de dous e dous. Antroido, Antroidiño, Dános, por favor... Un bico... Unha aperta... Da festa a calor...
  • 27. 27 | P á g i n a Mais lévache as máscaras Ben lonxe de nós, Que destas receitas Ben nos abondou! Agarden un pouco, Señoras, non choren, Que este testamento Non remata aí. Deixou don Antroido Outro codicilo! Eu son o notario E o teño eu aquí. Hailles nove mandas Máis particulares Que deixou Antroido Para se cumprir; Pídolles que as lean Diante de todos, Que foi o desexo De Antroido na fin.
  • 28. 28 | P á g i n a Estas mandas que nos manda Don Antroido repartir, Queremos lelas sen erro, Sen enganar nin mentir. E se alguén as ten por malas, Por cativas, por ruíns, Manda Antroido que por pago Non leve nada de aquí. Que lle deixa Antroido A Mari, a de Inglés? Que lle deixou? Que lle deixou? Unha cesta chea De “irregular verbs”. Déixalle a Marisa Antroido algún ben? Que lle deixou? Que lle deixou? Un paraugas vello Feito de papel. Que lle deixa a Gabi, Que o quero saber? Que lle deixou? Que lle deixou? Deixoulle un morcego Gordiño abofé. E que leva Sico? E que pode ser? Que lle deixou? Que lle deixou? Equis, ys e cetas... Non se entende ben. E Javi que leva Logo desta vez? Que lle deixou? Que lle deixou?
  • 29. 29 | P á g i n a A Yu, Miki e Ginta E Arimi tamén. E que leva Benja, Se se pode ler? Que lle deixou? Que lle deixou? Deixoulle uns patines Na punta do pé. E a Sara lle deixa Algo? Non cho sei. Que lle deixou? Que lle deixou? Un libro de verbos Fritidos en mel. E Julián que leva? Non o chego a ver... Que lle deixou? Que lle deixou? Un bombo lle deixa E un pucho de pel. E Marga a de Reli, Que leva, por Deus? Que lle deixou? Que lle deixou? Un cocho pintado Pra pór no Belén. Cúmprase esta manda Como manda a lei; Se alguén non a quere, Pois... tanto nos ten! Javi (coa lectura de 4º ESO)
  • 30. O 8 DE MARZO REPENSAMOS OS ESTEREOTIPOS… AS RAPAZAS NON PODEMOS FACER QUE?? Este 8 de marzo tan diferente decidimos facer unha análise dos estereotipos que levan a que as rapazas teñan condicionados moitos aspectos da súa vida… os xoguetes que nos ensinan habilidades para o noso futuro, as expectativas sobre o noso futuro laboral en función de que sexamos nenas ou nenos, as cores e xoguetes que asociamos a cada sexo, as habilidades que consideramos innatas en rapaces e rapazas (os coidados, a conducción, etc.), a asociación de muller e maternidade como algo natural en todos os casos, restando a liberdade que sexa unha opción e non algo que tanto homes coma mulleres podemos e debemos decidir. Hay unha morea de estereotipos que encorsetan o que significa “ser muller, nena ou rapaza” e por tanto “ser home, neno ou rapaz”. Nós apostamos pola liberdade de decidir o que queremos ser sen condicionantes de ningún tipo. Ser conscientes destes estereotipos é o primeiro paso para que sexamos máis libres na nosas opcións e decisións.
  • 31. 31 | P á g i n a MINI CAMIÑATAS NOS TEMPOS DE LECER ¿Qué mellor maneira de ocupar o tempo de lecer que paseando e disfrutando da natureza? Pois eso mismo é o que pensamos o equipo que formamos o profesorado e o alumnado de secundaria do noso cole; por iso, sempre que o tempo o permite, realizamos diferentes rutas camiñando desde o colexio aproveitando para ir realizando concursos relacionados con probas físicas, bailes, cantar, etc. Mínimo unha vez á semana o alumnado sae do colexio co profesor de garda correspondente para gastar unhas cantas calorías e poñer a musculatura a tono. Hai que dicir que o entorno axuda moito, mágoa de non poder ir disfrutando ó máximo dos aromas do campo e non poder respirar aire puro ó 100%, esperemos que pronto poidamos facelo. De momento, cumprindo con todas as normas, non nos queda outra que ir lucindo máscaras e falarnos a unha distancia mínima. Seguimos promocionando a Actividade Física no noso alumnado tratando de consolidar neles hábitos de non sedentarismo como camiñar un mínimo de tempo ao día.
  • 32. 32 | P á g i n a O CAMIÑO QUE NOS UNE Este luns 22 de marzo tivemos a actividadade “on line” da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo “O camiño que nos une” dirixida á ESO para impulsar o camiño como unha oportunidade de desenvolvemento económico da comarca ao tempo que se avoga pola ruptura dos estereotipos de xénero na adolescencia. Para isto contamos coa intervención dunha das nosas deportistas de renome con importantes éxitos malia a súa curta idade, como é Lara Balseiro, viveirense e xogadora do Club de Fútbol Sala Viveiro. A figura da muller no deporte sempre foi complicada e non se nos ocorre mellor forma de exercitar o corpo e coñecer de primeira man os beneficios do deporte que co Camiño de Santiago. Importante a súa mensaxe: que o deporte non entende de xénero, senón que se rexe pola constancia, dedicación, sacrificio e, por suposto, recompensa. “Loita cada día polo que soñas cada noite”. Ista é a frase que podría resumir a actividade que tivemos a oportunidade de realizar con Lara Balseiro. A actividade consistíu na relación dos valores entre o deporte e o camiño de Santiago, polo que quén mellor que unha deportista de élite do mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo para iso. A charla comezou co rexidor Anxo, que realizou ó noso alumnado preguntas referentes ó camiño de Santiago relacionadas coa cantidade de persoas que o fan cada día, cantas salen desde Sarria, cantas desde Pedrafita, etc. Logo desta introducción, comezou a charla de Lara Balseiro, que nos fixo un repaso da súa vida explicando todas as barreiras coas que tivo que loitar (desigualdade, comentarios machistas, ter que desprazarse da súa cidade para buscar un equipo feminino, etc.). Este proxecto combina tres eixos fundamentáis na vida desta xogadora de élite que son: o camiño de Santiago, ser muller e a igualdade e o deporte. Logo de explicar a importancia destes tres contidos no seu desenvolvemento como deportista, terminou falando da importancia dos valores que comparten o camiño e o deporte: constancia, alimentación, descanso, esforzo… Toda unha historia baseada nos valores. Puidemos terminar esta gran actividade realizando preguntas algo máis persoais a este gran icono do deporte. Moitísimas gracias á Asociación Amigos do Camiño de Santiago e, especialmente, a Lara Balseiro.
  • 33. 32 | P á g i n a O martes 23 de marzo foi un día que merece polo menos estar recollido na revista deste curso. Por primeira vez tivemos unha saída que abarcou toda a xornada escolar e por primeira vez fixemos escalada deportiva e rápel, todo un reto que superar e demostración de que con esforzo, autoconfianza e capacidade de superación (e algo de seguridade de contar cun experto) non hai metas imposibles nin obstáculos insuperables. O noso bautizo como escaladores e escaladoras tivo lugar en Fontaneira (Concello de Baleira) equipados con arnés, casco e, o sempre presente na actualidade, xel hidroalcohólico. Subir foi unha experiencia única, sobre todo comprobar cómo os nosos medos ían desaparecendo e o que viamos imposible, de repente estaba sucedendo. Eso si! A baixada xa é outra cousa, palabras maiores! Sobre todo cando te deixas caer e estás en mans dun compi algo despistado/a. Romper os nosos límites e recuperar experiencias semellantes a cursos anteriores, en contacto coa natureza e compartida cos demais compañeiros e compañeiras foi un momento moi especial este curso. Grazas aos profes Benjamín, Gabriel e Adrián e á Kate, a nosa auxiliar, por acompañarnos nestes momentos.
  • 34. DE NOVO, ANTONIO REIGOSA. NON TARDES TANTO EN VOLVER! Antonio Reigosa é unha desas persoas que empeza a falar e o tempo para… porque as súas verbas paralizan en certa forma o tempo e fai que o tempo pasado e o que estamos a vivir tome valor, porque somos porque outros foron, e as nosas vidas grazas as historias que deixaremos, formarán parte do que as futuras xeracións serán. Empezou recordando diferentes relatos e obras de autores da nosa zona: Pedrafita, Cervantes, O Courel... Pero non so falou, senón que escoitou e completou as lendas dos rapaces e rapazas, contestou ás súas preguntas, xa que durante estas semanas estiveron traballando coas súas obras, explicou cómo naceu a súa paixón por escribir, por contar as historias de cada un, de cada zona e sobre todo puxo en relevancia, a importancia de non deixar de contarnos historias e anécdotas porque niso se asenta o valor de cada pobo. Recalcou a importancia de valorar o noso, nada máis bonito que facer que unha parte de nós perdure no tempo a través da palabra, quizais unha lenda viva que atravese as barreiras temporais.
  • 35. 35 | P á g i n a Este curso esixía a liberación de adrenalina e os nosos e as nosas profes sabíano, así que partimos cara a Mariña Lucense, con xornada de multiaventura no Roqsport de Viveiro: paintball, circuito con diferentes probas (de altura e con altura!), tirolina,…. As risas, o vértigo (que a algún/algunha le fixo cambiar de cor e subir os latexos, incluso algún berro que outro escapou) e o equilibrio, a satisfacción de superar medos,… acompañáronnos en todo momento. Ademais estábamos en pleno Monte de San Roque, espazo central do ocio desta vila, e dende o seu miradoiro desfrutamos dunhas vistas que nos deixaron sen palabras.
  • 36. 36 | P á g i n a Dentro do noso Plan Proxecta "Aliméntate ben" tivemos a sorte de contar no cole coa actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata", con algunhas adaptacións pola situación actual, xa non puidemos ser nós os que preparamos o noso bocata (o que non impediu que contásemos coa oportunidade de degustalo) senón que o recibimos preparado, mentras nos contaban a súa valiosa (e rica) aportación á nosa dieta. Usamos as conservas do mar, ricas en proteínas e vítamina B12. Dentro destas conservas podemos elaborar bocatas fríos coma hoxe coas xoubiñas (poderíamos usar o atún tanto en lata como en bote de cristal) ou quentes bo polbo, os mexilóns,... Collede ideas!
  • 37. 37 | P á g i n a Teñen pinta de ser anxiños! Deixaranos os peixes para xogar con eles? Iso é o que me din na casa!!! Había que comer máis vieiras no cole, que teñen moita vitamina B12 e estamos en época de medrar! Que listo camuflándose o peixe sapo! Pobres peixiños!
  • 38. EDLG 38 | P á g i n a Este 2021 trouxo a unha muller, das pouquiñas ás que se lle adicaron polo momento as Letras Galegas, aos nosos centros e bibliotecas, Xela Arias. Unha muller transgresora, loitadora por diversas causas de xustiza social como a defensa do medio ambiente, a igualdade entre homes e mulleres, etc., puxo sobre a mesa unha visión da maternidade moi diferente á que imperaba naquel momento, unha muller libre, defensora da súa lingua, da nosa lingua,… O xoves 20 tivemos un obradoiro combinando música, narración e ilustración gracias á visita de “Polo correo do vento” que de forma divertida non só nos ensinou un montón de acontecementos da vida de Xela, senón tamén a debuxala como auténticos artistas.
  • 39. EDLG 39 | P á g i n a En infantil traballamos coloreando un retrato da autora e pensamos palabras con xis, esa letra tan nosa, tan da lingua galega. O mesmo que fixeron en Primaria e ESO que decoraron o xis xigante que nos fixo Marisa para a entrada do centro cos xis da vida de Xela: Xustiza, Xénero, paiXón, deseXos de libertade, Xornal,… Ademáis das letras do seu nome, seleccionamos fragmentos da súa obra e a profe Sonia, con Uxía e Mencía crearon un precioso retrato.
  • 40. 40 | P á g i n a Á volta da ponte de Letras Galegas as rapazas e rapaces de Secundaria cambiamos o cole pola auga e pasámolo de medo nunha xornada de iniciación ao piragüismo dentro do PDC deste curso. Aprendimos sobre tipos de embarcacións, as súas medidas e adecuación según o medio polo que se despracen, sobre a postura, a colocación da pala e como movela para avanzar, xirar, etc. Non as tiñamos todas con nós pero a seguridade dos monitores e monitoras e dos profes fixeron que vencéramos eses medos, que nos “lanzásemos” á auga e que chegaramos a desfrutar dun contacto coa natureza diferente.
  • 41. Sección bilingüe 41 | P á g i n a Kate When I came to Spain to be an Auxiliar, I didn’t know what the job would be like or what would end up being my favorite part. I thought that maybe I would really enjoy teaching and want to pursue that as a career path, or that I would like being in a rural town so different from the one I grew up in. My favorite part of the job however, are the kids I get to spend time with everyday. From ages 8 to 17 the students at CPI UXIO Novoneira are shining lights. They all have their own distinct personalities and styles while also creating a very loving and healthy space for each other. The students act as a family and treat each other with respect and kindness. Although the language gap between us makes communicating difficult I am so proud of how the students have grown and improved in their english and most importantly in their engagement with the language. I hope I can return next year to continue to watch them grow and explore the world around them.
  • 42. 42 | P á g i n a O día 11 de Mayo de 2021, saímos ás 10:00 do colexio de Pedrafita, poñíamonos en marcha ata Triacastela. O primeiro tramo é subir dende Pedrafita ata o Cebreiro, 5Km, fomos pola estrada ata a Igrexa do Cebreiro, onde nos esperaba D. Paco para darnos as chaves das Igrexas que pasan polo camiño (Liñares, Hospital, Padornelo/O Poio, e Fonfría). Neste primeiro tramo estivo boa mañá, é dicir, cas nubes baixas pero non choveu nin granizou. Na igrexa do Cebreiro Javi, explicounos como era a Igrexa fai uns anos, antes de reformala e vela como esta agora. Tamén nos explicou sobre a lenda que todos e todas coñecemos, A lenda do milagre, onde nos contou que había dúas versións. O segundo tramo foi do Cebreiro ata Liñares onde nos choveu un pouco, e chegando a Liñares granizou pero aguantamos todo e seguimos andando ata chegar a Liñares, onde había moitos tratores, xa que eses días era día de ITV, mirámolos un pouco e seguimos ata a nosa seguinte Igrexa que é a de Liñares. Alí paramos un pouco onde Javi nos explicou de que ano era ese retablo e nos falou das súas características e das columnas que teñen estes retablos nos seus lados. Sacámoslle unha foto a Igrexa, bebemos un pouco de auga, puxemonos por grupos e seguimos andando ata o Alto de San Roque, onde porsuposto nos sacamos unha ou varias fotos. O terceiro tramo foi do Alto de San Roque ata Hospital, fomos polo camiño que hai preto da estrada, tamén fixemos amigos de California que estaban facendo o Camiño de Santiago. Cando chegamos ao Hospital, Sofía foi polas chaves á súa casa para poder entrar na Igrexa e non ter que saltar o muro. Javi explicounos que aínda sendo todas reformadas polo mesmo arquitecto, este reformabas de diferente forma algunhas de forma medieval e outras so lles poñía un retablo novo. Comemos unha froita, bebemos auga, collemos ao noso compañeiro e seguimos o camiño ata Padornelo. O cuarto tramo é do Hospital a Padornelo e de Padornelo ata o Poio, aínda paramos na Igrexa de Padornelo, que metade é de Padornelo e a outra metade e do Poio. Aquí Javi explicounos que non todos os retablos teñen que ter as columnas retorcidas e poden ser de diferente forma aos que normalmente vemos. Cando salimos de Padornelo empezou a chover, e subimos a costa que vai ata o Poio chovendo, esto ocasionou que nos empaparamos de todo, pero no Poio entramos no bar da riba a comer os nosos bocatas, que levabamos na mochila. Alí fixemos a un amigo que é a metade de nós, un can, non sabemos como se chama, pero fíxonos moita ilusión atopar un can tan grande. O quinto tramo foi dende o Alto do Poio ata Fonfría, alí paramos na Igrexa tamén está era a última porque as outras xa están fóra do Concello de Pedrafita. A verdade é que se agradecía visitalas para poder sentarse e descansar, aínda que algunhas estiveran en mal estado. O ser esta a última Javi non retocou un pouco nas columnas xa que este retablo era diferente aos outros, non tiñan as columnas iguais nin uns monicreques que tiña este retablo. Ao salir de Fonfría fomos directos a Triacastela, pasando por Viduedo, As pasantes, Ramil ata chegar a Triacastela. Alí nos estaba esperando Manolo no bus na outra punta de Triacastela, que non será moi grande pero despois de andar uns 28 Km, todo parece máis grande do que é. Despois disto cada un/unha parou na “estación” onde nos estaban esperando.
  • 43. 43 | P á g i n a III CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA Gabriel Dasilva Alonso Vai pola 3ª edición deste Congreso Científico entre os colexios da montaña de Lugo. Este ano participamos 5 escolas: Courel, Cervantes, Becerreá, Mondoñedo e Pedrafita. Entre as 5 escolas, o alumnado presentou un total de 23 proxectos de investigación. Ademáis, uniuse nalgunha das sesións a escola de Navia e unha representante da USC de Xuvenciencia. Cada ano hai máis proxectos. Ademáis, os proxectos son cada vez máis interdisciplinares. Tamén se realizaron traballos entre diferentes cursos. E participaron tamén os alumnos e alumnas de primaria de Pedrafita con 2 traballos. O que supón máis traballo coordinado e en equipo polo profesorado e alumnado. Mostra diso é que houbo presentacións conxuntas feitas dende materias como Química e Galego, presentacións de Bioloxía, de Historia, de Tecnoloxía, das 4 linguas, dende Titoría coa temática de igualdade, de Relixión, de Hábitos de vida saudable, Matemáticas, etc. Por mor das medidas COVID non puidemos celebralo de xeito presencial, polo que cada escola se uniu por videochamada dende unha sala onde o alumnado podía seguir as presentacións de todos e todas e facer as súas. Comezamos ás 10 da mañá e rematamos sobre as 4 da tarde. Fixemos 4 sesións con 5-6 traballos en cada unha. Ao finalizar cada exposición houbo quenda de preguntas. Cada traballo recibiu unha pregunta dos presentadores da sesión (unha sesión cada escola) e ademáis, a medida que avanzou a xornada foise animando a cousa e houbo varias preguntas espontáneas. A valoración xeral tanto do profesorado coma do alumnado foi moi positiva. O alumnado fixo unhas presentacións, en moitos casos, merecedoras de matrícula. O cal reflicte o esforzo e enorme traballo realizado todos os meses previos ao Congreso. Noraboa a todos e todas!
  • 44. 44 | P á g i n a Aquí queda un resumo dos traballos realizados polo alumnado de Pedrafita: 1. Alimentación e COVID. 1ºESO Hábitos de vida saudable. O presente traballo está baseado na relación entre a alimentación e o Covid-19. Realizamos unha revisión de artigos científicos para comprobar se os diferentes tipos de alimentos, tiñan ou non algún efecto sobre o organismo en relación á protección ou sintomatoloxía do coronavirus. Podemos afirmar que está demostrado que algúns alimentos protexen o organismo fronte a este tipo de virus. 2. Robots. 2º e 3º ESO Tecnoloxía. A robótica é unha mestura de diversas disciplinas da rama das enxeñerías que se ocupa do deseño, construción e aplicacións dos robots. A propia palabra robot provén do checo robota, e significa traballos forzados ou traballador. Os robots levan entre nós moitos anos axudándonos en facetas repetitivas e laboriosas das nosas vidas. Pero esta automatización das tarefas humanas tamén trae consigo un cambio dos nosos hábitos e como tal do modelo produtivo. Como inflúen os robots nas nosas vidas? Que efectos producira a robotización das actividades humanas? Cal será o impacto dos robots no mercado laboral? Os alumnos de 2 e 3 ESO fixeron unha pequena investigación sobre varios campos nos que os robots están presentes para tratar de dar resposta a estas e outras cuestións. 3. Ante Notario (Historia social de Santiago de Compostela, 1465-1469, por medio dun minutario da notaría de Sancho de Cardama. 2º ESO Historia. Neste traballo, logo de facer unha introdución sobre a fonte que imos empregar, ímonos centrar en 3 aspectos: a dispersión xeográfica da documentación, que nos permitirá afirmar que se trata dunha sociedade rural; a representación desiogual de homes e mulleres nos textos, que nos permitirá albiscar unha sociedade na que o masculino ocupa o espazo público; e finalmente o
  • 45. 45 | P á g i n a reparto e xerarquización dos individuos conforme a principios funcionais, que testemuñan a existencia dunha sociedade estamental. 4. As terras do Concello de Pedrafita do Cebreiro a mediados do s. XVIII (unha achega por medio das respostas do catastro de Ensenada) 3º ESO Historia. No presente traballo, logo de analizar como foi realizado o Catastro en Pedrafita en 1752, pasamos a estudar a definición dos marcos que encadraban ós individuos nese momento, tanto no aspecto relixioso como no civil. Faremos tamén unha valoración demográfica, comparando a situación en 1752 coa realidade actual. A análise da estrutura estamental poderá axudarnos a comprender o desigual reparto da riqueza e dos medios de producción. Finalmente, os datos proporcionados polas respostas ao interrogatorio permitirán que coñezamos o funcionamento do sector primario, tanto na súa producción coma nos seus métodos de explotación da terra. 5. A auga: recurso científico e literario. 3º e 4º ESO Galego, Bioloxía, Química. Neste traballo acercámonos á auga dende prismas moi diversos, para ver a importancia que este recurso natural ten para nós. Primeiro, usamos a auga coma un recurso científico. O noso obxectivo era comparar a calidade medioambiental de Pedrafita coa dunha cidade coma Lugo. Para iso analizamos auga de ríos, fontes e casas e tamén a auga da choiva coma un indicador da calidade do aire. Entre os parámetros estudados: nitratos, nitritos, pH, amonio, etc. En segundo lugar, usámola coma unha fonte de inspiración literaria. Escribimos microrrelatos coa temática da auga que participaron dun concurso de El Progreso do que obtivemos un premio. Tamén creamos metáforas en base á auga. En terceiro lugar, estudamos o uso da auga como recurso literario que fixeron grandes autores e autoras coma Rosaía, Cunqueiro, Novoneyra, ou nas Cantigas de Amigo. 6. Os refráns, reflexo da nosa cultura. 1º e 2º ESO Galego, Castelán, Francés e Inglés Neste traballo investigamos como a auga está presente na nosa cultura a través dos refráns que se din nas nosas aldeas: 1) Refráns referidos ao carácter galego. 2) Refráns referidos á mala fama. 3) Refráns referidos á pureza da auga. 4) Refráns referidos á meteoroloxía. 5) Refráns noutras linguas.
  • 46. 46 | P á g i n a 7. Rede Natura Ancares-Courel: paraíso natural e cultural. 3º ESO Bioloxía. Neste pequeno documental quixemos mostrar a beleza de Ancares e Courel. Comezamos destacando que se trata dun espazo protexido baixo a Rede Natura 2000 e tamén unha parte foi recoñecida recentemente coma Xeoparque pola Unesco. Con fotos, vídeos, e algunhas entrevistas fomos retratando: a paisaxe, a orixe destas montañas, a flora, a fauna, o clima, as estacións, os ríos, as emocións que nos evoca todo isto, o patrimonio cultural, arquitectónico, relixioso, gastronómico, a economía. 8. Funcionan as medidas anti-COVID?. 1º e 2º ESO. 1º-2º-3º Primaria Bioloxía, Química, Ciencias. Neste traballo quixemos comprobar a eficacia das principais medidas de prevención contra o coronavirus que temos na nosa escola: máscara, hixiene de mans, e ventilación das aulas. Primeiro, cultivamos bacterias para usalas como modelo, xa que os virus non os poderíamos manexar no laboratorio. Probamos diferentes medios de cultivo, construímos unha estufa de cultivo caseira, etc. Segundo, investigamos como fabricar xel hidroalcohólico e xabón. Fixemos 8 tipos distintos de cada engadíndolle sustancias supostamente “bactericidas” (allo, herba punteira, etc) segundo o que indagamos nas nosas aldeas. Terceiro, con todo esto a punto, tocamos unhas placas petri coas mans sucias e outras coas mans lavadas con cada un dos tipos de xabón e xel. Tamén respiramos por riba das placas con e sen máscara. Cuarto, analizamos a calidade do aire das diferentes aulas do colexio cun medidor de CO2 (canto tempo podemos estar coa porta e ventá pechadas ?, canto tempo temos que ventilar?...). En xeral a hixiene de mans funciona, pero uns xabóns-xeles foron máis eficaces que outros. A máscara tamén é moi efectiva. E respecto da ventilación, descubrimos o importante que é ter a ventá aberta e o rápido que empeora a calidade do aire.
  • 47. 47 | P á g i n a 9. O tempo nas nubes. 4º e 6º Primaria Ciencias. Neste traballo quixemos aprender sobre o tempo meteorolóxico dun xeito práctico, facendo unha investigación sobre o poder das nubes para predicir o tempo e analizando diariamente diversos parámetros da estación meteorolóxica da escola. Aprendemos a ler temperaturas máximas e mínimas, a presión atmosférica co barómetro, a velocidade e dirección do vento, a humidade relativa e as precipitacións cunha probeta. Con todo isto construímos o noso climograma de Pedrafita. Concluímos que a presión atmosférica é un excelente indicador do estado xeral do tempo (altas e baixas presións) e tamén que ao ver cirros no ceo, case sempre se observa que chove aos 2-3 días. Finalmente, tamén analizamos como o tempo inflúe no noso modo de vida. 10. Estereotipos de xénero: xenética ou comportamento social?. 4º ESO Titoría Neste traballo quixemos comprobar se determinados estereotipos de xénero, coma por exemplo: “facer algo coma unha nena”, son algo innato ou aprendido ó longo da nosa vida. Para iso, baixo a falsa premisa de que íamos a rodar un corto na escola, fixemos un casting a todo o alumnado, profesorado e persoal administrativo do noso centro. Temos a vantaxe de ser un centro rural moi pequeno, e puidemos gravar a tódalas idades, dende 3 anos ata os máis maiores de case 60. Nese suposto casting tiñan que representar as frases: “correr coma unha nena”, “lanzar unha pelota coma unha nena”, e “pelexar coma unha nena”. Observamos como os e as máis pequenas, ata os 12 anos aproximadamente, non facían ningunha diferenza. Sen embargo, a partires desa idade os estereotipos comezan a ser moi marcados, incluso esaxerados en moitos casos. Concluímos que se trata de algo social, que a través dos medios, da familia, da escola, etc, imos interiorizando. Polo tanto, non é nada xenético.
  • 48. 48 | P á g i n a Neste atípico curso que vimos de rematar, participamos de dúas edicións de Galiciencia. A do ano pasado, suspendida pola COVID, e a deste ano. Lamentablemente, foron edicións online. Dende Pedrafita presentamos un total de 3 traballos e participamos de talleres sobre microbioloxía, cociña molecular e sobre as técnicas que usa o CSI para investigar os delitos. A continuación amósase un breve resumo dos traballos presentados “A pandemia da avispiña dos castiñeiros (Dryocosmus kuriphilus)”. De Jesús, Sofía e David que realizaron durante o curso 19-20. Neste póster amósase un resumo e no código podedes acceder a un vídeo de 1 minuto explicando o proxecto “Estereotipos de xénero: xenética ou comportamento social?” De Paula P, Patricia e Paula V de 4º da ESO. Neste traballo quixemos comprobar se determinados estereotipos de xénero, coma por exemplo: “facer algo coma unha nena”, son algo innato ou aprendido ó longo da nosa vida. Para iso, baixo a falsa premisa de que íamos a rodar un corto na escola, fixemos un casting a todo o
  • 49. 49 | P á g i n a alumnado, profesorado e persoal administrativo do noso centro. Temos a vantaxe de ser un centro rural moi pequeno, e puidemos gravar a tódalas idades, dende 3 anos ata os máis maiores de case 60. Nese suposto casting tiñan que representar as frases: “correr coma unha nena”, “lanzar unha pelota coma unha nena”, e “pelexar coma unha nena”. Observamos como os e as máis pequenas, ata os 12 anos aproximadamente, non facían ningunha diferenza. Sen embargo, a partires desa idade os estereotipos comezan a ser moi marcados, incluso esaxerados en moitos casos. Concluímos que se trata de algo social, que a través dos medios, da familia, da escola, etc, imos interiorizando. Polo tanto, non é nada xenético. Neste traballo quixemos comprobar a eficacia das principais medidas de prevención contra o coronavirus que temos na nosa escola: máscara, hixiene de mans, e ventilación das aulas. Primeiro, cultivamos bacterias para usalas como modelo, xa que os virus non os poderíamos manexar no laboratorio. Probamos diferentes medios de cultivo, construímos unha estufa de cultivo caseira, etc. Segundo, investigamos como fabricar xel hidroalcohólico e xabón. Fixemos 8 tipos distintos de cada engadíndolle sustancias supostamente “bactericidas” (allo, herba punteira, etc) segundo o que indagamos nas nosas aldeas. Terceiro, con todo esto a punto, tocamos unhas placas petri coas mans sucias e outras coas mans lavadas con cada un dos tipos de xabón e xel. Tamén respiramos por riba das placas con e sen máscara. Cuarto, analizamos a calidade do aire das diferentes aulas do colexio cun medidor de CO2 (canto tempo podemos estar coa porta e ventá pechadas?, canto tempo temos que ventilar?...). En xeral a hixiene de mans funciona, pero uns xabóns-xeles foron máis eficaces que outros. A máscara tamén é moi efectiva. E respecto da ventilación, descubrimos o importante que é ter a ventá aberta e o rápido que empeora a calidade do aire.
  • 51. EDUCACIÓN INFANTIL Olaya López López 51 | P á g i n a No último trimestre o alumnado de infantil tivo a sorte de ver en vivo e en directo o nacemento duns seres que nos encandilaron a todos: 4 pitiños, que como non… foron bautizados polos nosos nenos e nenas. De seguida volos presentamos, pero primeiro imos ver cómo foi todo o proceso… En primeiro lugar preparamos a incubadora cos nosos ovos. Agora tócanos esperar 21 días!! (Qué emoción!!!)
  • 52. EDUCACIÓN INFANTIL Olaya López López 52 | P á g i n a E pasados 21 días…. Xa comezan a saír! Aquí temos a… SÚPERPITIÑO E OSCURIDAD! E por fin, tamén saíron COLORIDO E SOL! Aquí están moi ledos na súa casiña… Dende ese día xa comezaron a formar parte do noso grupo, por iso tamén os incluímos nas nosas rutinas diarias como pasar lista. Perderíase algún esta noite?
  • 53. EDUCACIÓN INFANTIL Olaya López López 53 | P á g i n a E o encargado do día levaba a cabo a limpeza da casiña, darlles de comer e poñerlles auga limpa para beber.Cómo nos gusta ter responsabilidades! Somos moi maiores! Foi unha experiencia extraordinaria. Disfrutamos todos moitísimo dos nosos amiguiños. Agora están vivindo nunha granxa en compañía de moitos máis pitiños, xa que no noso cole comezaba a facerselles pequena a casiña…
  • 54. Entrevistas de ciencia na escola Carla (3º ESO) Estar cos nenos de primeiro, segundo, e terceiro de primaria este día foi moi divertido. Eles fixéronme preguntas sobre os osos, a auga... En clase de bioloxía, fixen uns experimentos con Gabriel para levárllelos e poder explicarlles así o que eles se preguntaban. A min resultoume moi boa a experiencia, porque os nenos colaboraron todo o que puideron e máis, e a estancia fíxose moi agradable. Laura (1º ESO) Fai uns meses cando entrei ó laboratorio para dar clase, Gabriel xa me estaba facendo o lío para facerlle outra presentación aos de 4º,5º e 6º de primaria, sobre unhas dúbidas que tiñan sobre as plantas, que curiosamente era o tema que estabamos dando en bioloxía. Aínda que me queixara todo o que quixera, Gabriel seguíame obrigando a que llelo tiña que facer. Cando estaba presentando pensei que era bastante mellor do que eu imaxinaba e teño que confesar que non o pasei mal e aprendín moito máis que en clase de bioloxía sobre as plantas.
  • 55. 55 | P á g i n a Javier Rey Souto Un ano sen comedia é un ano longo de máis. É como se cambaleasen os alicerces do noso ser. Botámolo de menos. Fondamente. O feito de non poder compartir escenario, de non nos poder berrar, golpear, alcumar e ensarillar debidamente diante do público, fai que estar nos derradeiros cursos da ESO non sexa o mesmo. É vivir unha experiencia mancada. Por iso, chegar a este final de curso e atopar que de novo temos a posibilidade de actuar encheunos de ledicia. Aínda con todas as limitacións que nos rodean. Aínda que non tivésemos moi claro como se ía desenvolver a nosa representación. Nunca pensamos que para as nosas obras de teatros nos fose tocar estar atentos ás decisións do ministerio de sanidade. Os tempos andan tolos. A nosa fábula deste ano chámase “Salud, dinero y amor”. Así, en castelán. Brutamente. En lembranza a unha cancionciña rancia que de cando en vez resoa nas nosas cabezas. Unha historia un pouco sórdida. Ou turbia, se preferides. Herdanzas, cartos, envexas, ambicións e cobiza. E todo co fondo dun pasado escuro que vai saír á luz os poucos, coma quen non quere a cousa. Aínda que vos poida parecer mentira, unha obra de teatro é moito traballo. Non pouco. Moito traballo. E que saia ben, ou máis ou menos ben, é un verdadeiro milagre. Ensaiar, aprender, coordinar movementos, xestos e sons. Procurar vestiario e ambientación. Montar e desmontar o escenario, os panos, os fondos. E no medio, exames e traballos, como en todo final de curso. Hai moito esforzo por parte das rapazas de terceiro e cuarto, Carla, Patricia e as nosas Paulas, Viña e Pol. Esforzo e gana. Xa desde agora, cruzamos os dedos, agardando que o día da representación público e actores poidamos saír contentos co resultado.