Publicidad
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo
Próximo SlideShare
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Cargando en ... 3
1 de 2
Publicidad

Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI _ Concello de Lugo

  1. 20/11/2016 Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI | … http://lugo.gal/gl/novas/emprendedores­de­lugo­recibiran­de­xeito­gratuito­formacion­e­apoio­integral­para­crear­con 1/3 Galego Español Busca en toda a web Atópao! Concello Áreas Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico Alcaldía Áreas Benestar Social, Igualdade e Inclusión Concello e Cidadanía Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua Deportes e Medio Rural Desenvolvemento Sostible e Persoal Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico Que facemos? Centros e servizos Publicacións Preguntas frecuentes Actualidade Educación e Infraestruturas Urbanas Órganos de goberno Outros órganos Corporación Centros e servizos municipais Ordenanzas municipais Transparencia Distincións Tema Alcaldía, Emprego, Emprendemento, Políticas activas de emprego, Fomento do emprego Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI Compartir Hoxe púxose en marcha para os vindeiros dous anos o Coworking de Lugo, froito dun acordo de colaboración entre o Concello e a Escola de Organización Industrial, cofinanciado polo Fondo Social Europeo A Alcaldesa e o Director de Innovación da EOI presentaron este programa, que acollerá o CEI-NDOUS, e cuxo obxectivo é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de viabilidade e futuro dos proxectos emprendedores Queda aberto ata o 28 de novembro o período de inscrición para os proxectos emprendedores de Lugo que desexen participar nesta primeira convocatoria, a través da web www.lugo.gal ou en www.eoi.es  Luns, 07 de novembro de 2016 Fonte: Gabinete de Prensa Emprendedores de Lugo poderán recibir apoio integral para crear con éxito novas empresas grazas ao espazo coworking que se habilitou no Centro de Empresas e Innovación (CEI-NOUS), no marco dunha actuación impulsada conxuntamente polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI), coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). O programa terá lugar nas instalacións do CEI-NODUS durante dous anos e prevese que haberá catro convocatorias sucesivas que se desenvolverán ao longo de 5 meses cada unha. Beneficiaranse uns 22 proxectos por convocatoria, de calquera tipo de sector, premiándose o cooperativismo e proxectos levados a cabo por colectivos vulnerables, participando en total nesta iniciativa uns 88 proxectos, nos que poderán tomar parte unhas 260 persoas, dado que cada proxecto pode atender a 3 persoas. A presentación do espazo coworking tivo lugar este luns, no Salón de Plenos, nun acto no que participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director de Iniciativa Emprendedora, Innovación e PEMES da EOI, Miguel Sánchez, e o que será o mentor residente-coordinador dos proxectos lucenses, Roberto Touza, que coincidiron en destacar a importancia da cooperación entre administracións e organizacións para darlle un impulso ao emprendemento, proporcionándolles a todos os emprendedores os recursos precisos para que o seu proxecto sexa solvente, tanto espazos de traballo, como formación ou titorización. Así mesmo, ambos os tres coincidiron en chamar á inscrición para participar nesta iniciativa, que consiste nun acompañamento paso a paso para lanzar un proxecto con garantías de futuro. O prazo será ata o 28 de novembro, a través da web www.lugo.gal ou en www.eoi.es. CONCELLO SERVIZOS TURISMO E LECER INVESTIR EN LUGO Actualidade Escoitar  MENÚ
  2. 20/11/2016 Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral para crear con éxito novas empresas da man do Concello e a EOI | … http://lugo.gal/gl/novas/emprendedores­de­lugo­recibiran­de­xeito­gratuito­formacion­e­apoio­integral­para­crear­con 2/3 Identidade visual Actualidade Galerías Durante o acto de presentación, a rexedora ensalzou a figura do emprendedor, “que deberíamos chamalo heroe”, ben sexa por necesidade, o 73,5% dos emprendedores, ou por oportunidade, o 24,8%. “De todas formas, independentemente de por necesidade ou oportunidade, o que está claro é que o Concello e EOI temos que garantir ese éxito e axudar a ese emprendedor”, subliñou Lara Méndez, quen puxo en valor a importancia da actividade que levan a cabo os emprendedores e as PEMES, que xeran preto do 70% do emprego do país, o que os sitúa como principal motor da economía. “Para o goberno o emprego é algo fundamental, ao igual que inculcar e apoiar a cultura do emprendemento”, continuou a Alcaldesa, ao tempo que lembrou outras medidas a favor do emprego levadas a cabo polo Concello, como o plan de emprego 100% municipal, (Con) trato feito!, ou os obradoiros Emprega-TIC, que se suman, entre outros, ao Plan Mellora Lugo. A Alcaldesa tamén fixo fincapé neste Coworking como un revulsivo máis para o CEI-NODUS, e un reforzo para estas instalacións que recentemente acolleron a sede de AJE Galicia, así como outras máis de 20 firmas que funcionan no seu viveiro de empresas, cos que poderán crear sinerxías. Un apoio asentado sobre 5 piares Tal e como adiantou Sánchez, quen agradeceu a confianza da Alcaldesa neste proxecto, o Coworking aséntase sobre 5 piares: obradoiros de formación; asesoramento personalizado e especializado; networking ou rede de contactos; presentación do proxecto ante inversores e busca de financiamento. Pola súa banda, Touza subliñou a dificultade para montar unha empresa, de aí a importancia de proxectos como o Coworking, que inclúen asesoramento personificado e individualizado para sacar adiante proxectos, paso por paso, centrándoo en aspectos como recursos humanos, competencias, comercialización ou xestión de equipos. Trátase de aumentar a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polos emprendedores de Lugo nun período limitado de tempo, identificando aqueles con maior potencial de desenvolvemento e facilitando a súa posta en marcha e consolidación. Orzamento Ao amparo do correspondente convenio de colaboración, o Coworking contará cun orzamento conxunto de 800.000 euros. A EOI achega o 80%, é dicir, 640.000 euros –que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo- e o Concello, o 20% restante, 160.000 de fondos propios, 40.000 en cada unha das catro edicións. O de Lugo é un dos máis de 50 Coworking que a EOI ten en España e un dos 11 en Galicia, para emprendedores, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento dos mellores proxectos empresariais presentados. Audio Lara Méndez, sobre o Coworking de Lugo | Descargar mp3 Máis información  Folleto informativo Coworking de Lugo|Descargar pdf Lugo Cultural App Lugo Turismo App liña verde MIHL Casa das Linguas Xuventude & Lugo Prevención Drogas Deportes Muralla Dixital Espazo Lab CEI-Nodus Cemiterio San Froilán Outras Webs NOTICIAS RELACIONADAS  Domingo, 20 de novembro de 2016  Sábado, 19 de novembro de 2016  Venres, 18 de novembro de 2016 Aberto o prazo para solicitar as axudas do Concello para promover e fomentar a práctica deportiva O Concello adquire material laboral e de seguridade por importe duns 11.000 euros a cargo do bonus bueno A Alcaldesa asiste ao acto pola eliminación da violencia contra as mulleres, que tivo lugar na Milagrosa
Publicidad