SlideShare una empresa de Scribd logo
1 de 9
Descargar para leer sin conexión
TEMA 3
A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E OS
CAMBIOS SOCIAIS
1.- A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL
Desde mediados do século XVIII tiveron lugar, especialmente en Inglaterra, unha serie
de cambios e innovacións técnicas e económicas que transformaron radicalmente o
mundo agrario e a produción de manufacturas. Posteriormente, estes cambios
estendéronse ao resto do mundo (Europa, Estados Unidos, Xapón).
1.1.- A REVOLUCIÓN AGRARIA
É o conxunto de cambios e transformacións que deron lugar a un novo modelo agrario
que substituíu o do Antigo Réxime. As súas principais características:
• Novos sistemas de cultivo,
destacando a eliminación do
barbeito grazas á introdución da
rotación de cultivos cuatrienal,
alternando os tubérculos coas
plantas forraxeiras e os cereais
(sistema Norfolk).
• Renovación técnica: mellora das
ferramentas, de novos arados e
de aparellos mecánicos para
sementar, mallar, segar. A partir de
1830 introduciuse a máquina de
vapor como forza motriz da
maquinaria agrícola.
• Especialización agraria e incremento dos rendementos. A agricultura pasou de
ser de autosuficiencia e policultivo a especializada e comercial, con producións
destinadas a ser vendidas no mercado. Os rendementos aumentaron grazas ás
máquinas, os novos
sistemas de cultivo, ao
emprego de fertilizantes,
a extensión do regadío,
selección de razas e
sementes...
• Cambios de réxime da
propiedade da terra.
Mediante as leis de
cercado (enclosures
acts) gran parte das
terras comunais e
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 1
baldías pasaron a ser propiedade privada e explotadas para obter beneficio
individual. Púxose fin ao sistema comunal de explotación da terra, chamado
openfield (campos abertos) e agrupáronse as parcelas en grandes propiedades
cercadas por muros ou sebes. A propiedade da terra concentrouse en mans de
aristócratas (Lores, Baróns) comerciantes e campesiños ricos. Moitos campesiños
-pequenos propietarios e campesiños pobres- víronse obrigados a emigrar ás
cidades -éxodo rural- para traballar nas novas fábricas.
• Cambio na mentalidade dos propietarios agrícolas que converteron a terra
nunha fonte de beneficios (fin da mentalidade rendista) que podían ser investidos
na mellora das explotacións agrarias, na industria ou no comercio.
1.2.- A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
É o conxunto de transformacións técnicas,
económicas e sociais que tiveron lugar no
sistema de produción de mercadorías a partir de
mediados do s. XVIII. Inciáronse en Inglaterra
e no XIX espalláronse polo resto do mundo. En
Europa, os primeiros países en industrializarse
tras Inglaterra foron Francia, Bélxica e Alemaña
(First comers).
Os cambios máis destacados foron:
• A máquina substitúe o traballo manual
• A fábrica despraza o taller.
• O artesán transfórmase en obreiro
asalariado.
• A cidade e a industria dominan sobre o
mundo rural.
Características:
• Invención de máquinas, cada vez máis
especializadas
• Emprego da enerxía do vapor como forza motriz grazas a invención da máquina
de vapor en 1769 (James Watt), empregando o carbón como fonte calorífica.
Axiña se aplicou na navegación (Fulton) e nas locomotoras (Stephenson).
• Instalación de fábricas, unidades de produción dotadas de máquinas e nas que se
concentran traballadores asalariados.
Os sectores punteiros que primeiro se mecanizaron foron:
• A industria téxtil do algodón foi a primeira que introduciu innovacións técnicas
(máquina de fiar, lanzadeira voante, tear mecánico)
• A industria siderúrxica foi o segundo sector en industrializarse debido á crecente
demanda de ferro. As innovacións permitiron empregar carbón como fonte
calorífica nos altos fornos. Deles saían ferramentas e máquinas para outras
industrias, a agricultura e a vida cotiá.
• O ferrocarril: A aplicación da máquina de vapor no arrastre de vagóns culminou
coa invención da locomotora de vapor por Stephenson. En 1825 circulou o 1º
tren mineiro e en 1830 o primeiro de pasaxeiros. O seu desenvolvemento estimulou
o resto dos sectores produtivos e permitiu a interrelación dos mercados, e a
redución do tempo nas comunicacións.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 2
2. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E AS
TRASFORMACIÓNS DEMOGRÁFICAS
2.1. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Entre 1870 e 1914 tivo lugar a segunda fase da revolución industrial. Estendeuse por
Europa, América e tamén Xapón. As características básicas son:
• Novas fontes de enerxía. O carbón engádeselle agora o petróleo, empregado
fundamentalmente como combustible para motores (Daimler, Benz, Diesel), e a
electricidade, con múltiples aplicacións: invento da dínamo (Siemens), lámpada
eléctrica (Edison),...
• Novos sectores industriais: o siderometalúrxico con novos metais (aceiro) e
aliaxes (aluminio); a industria química que produce novos produtos (colorantes,
explosivos – dinamita, Nóbel)- , pinturas, fibras sintéticas, plásticos...); a industria
eléctrica que fabricou gran cantidade de motores, turbinas e aparatos
electrodomésticos; os transportes que revolucionaron os sistemas tradicionais coa
invención do motor de explosión, orixe do automóbil (Benz) e do avión (irmáns
Wright) e a electricidade (tranvía, metro...). Nos medios de comunicación houbo
numerosos inventos como o telégrafo (Morse), o teléfono (Bell) ou a radio
(Marconi).
• Nova organización do traballo, buscando producir máis no menor tempo posible.
Destaca o taylorismo (coa redución dos movementos inútiles dos obreiros nas
fábricas) e o fordismo (fabricación en serie en cadeas de montaxe, e pago de bos
salarios aos traballadores).
• Novas formas de organización empresarial, orixinadas pola necesidade de
conseguir grandes recursos financeiros, de dominar os mercados, e o desexo de
obter os máximos beneficios:
◦ Sociedades anónimas: cada socio achega capital mediante a compra de
accións da empresa na Bolsa.
◦ Cártel: acordo entre empresas dun mesmo sector polo que se reparten zonas
de mercado e fixan os prezos.
◦ Trust: fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova gran empresa que
busca controlar un sector de produción.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 3
◦ Holding:grupo de empresas controladas por unha sociedade que posúe a
maioría das súas accións.
A expansión da Revolución Industrial
A Revolución Industrial xurdida en Gran Bretaña expandiuse por varios países.
• En Europa, Bélxica foi o primeiro país que se industrializou tras o Reino Unido. As
industrias principais foron a téxtil e a siderúrxica.
• A industrialización en Francia produciuse entre 1830 e 1850 e nunca acadou o
desenvolvemento británico.
• Alemaña viu dificultada a súa industrialización por non ser un Estado unificado,
pero creou o Zollverein (1834), unha unión aduaneira que permitiu crear un gran
mercado interior.
• No resto de Europa só destacaron Dinamarca e Suecia.
• Estados Unidos converteuse nunha gran potencia industrial a finais do século XIX
pola rápida mecanización agraria, a abundancia de recursos naturais e a creación
dun gran mercado interior favorecido pola rápida construción dunha rede ferroviaria
que percorría todo o país de costa a costa.
• En Xapón, tras séculos de illamento, desenvolveuse na era Meixi (1868) un
proceso de industrialización no que se combinou o respecto polas tradicións coa
tecnoloxía moderna.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 4
2.2. A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA
O aumento de alimentos que se produciu como consecuencia das melloras na
agricultura e na gandaría, así como as innovacións médicas e hixiénicas, provocaron
grandes cambios na poboación europea ao longo do século XIX.
• Cambio do réxime demográfico. No século XIX produciuse un forte descenso
da mortalidade, especialmente da infantil, como consecuencia de: incremento da
produción de alimentos eliminando as fames cíclicas; os progresos na medicina
coa extensión das vacinas, mellora das anestesias e asepsia nos hospitais;
mellora da hixiene (auga corrente nos domicilios, redes de sumidoiros nas
cidades, uso do xabón no aseo persoal...). Como seguiu manténdose unha
elevada natalidade, o resultado foi un forte crecemento da poboación.
• Éxodo rural e crecemento das cidades. O aumento da poboación, a introdución
de maquinaria agrícola, que libera man de obra no campo, o aumento do traballo
nas fábricas, e a mellora dos transportes, ocasionaron un transvase masivo de
xente dos campos ás cidades (éxodo rural). As cidades experimentan un
constante crecemento, nos países máis industrializados. A chegada masiva de
xente transformou o urbanismo: derrubo das murallas, creación de ensanches e
barrios obreiros, organización das redes de transporte (tranvías, metro...) e de
servizos urbanos (auga, gas, sumidoiros...). A falta de espazo favoreceu o
incrementou en altura das casas facilitada polos novos materiais (cemento armado,
ferro fundido, cristal) e inventos (ascensor).
• Emigración transoceánica. O aumento da poboación tamén propiciou unha forte
corrente migratoria desde Europa cara ao exterior. Calcúlase que entre 1812 e
1924 saíron 55 millóns de emigrantes europeos que se dirixiron fundamentalmente
a América. Entre as causas destacan: recursos de traballo insuficientes;
abaratamento dos transportes; grandes posibilidades dos novos países
americanos.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 5
3.- O CAPITALISMO E A SOCIEDADE DE CLASES
As transformacións económicas, sociais e políticas que se produciron a finais do século
XVIII e comezos do século XIX orixinaron un novo sistema económico –capitalismo- e
un novo modelo de sociedade –sociedade de clases-.
3.1.- O CAPITALISMO
O capitalismo é o sistema económico xurdido en Europa Occidental a finais do
século XVIII, froito do desenvolvemento da revolución industrial e do establecemento dos
sistemas políticos e xurídicos liberais. Presenta os seguintes trazos básicos:
• O capital (terras, fábricas, máquinas, mercadorías, materias primas...) é o factor
básico para o investimento, o aumento da produción e a obtención de
beneficios.
• A liberdade económica debe ser total. Liberdade de prezos, de salarios, de
mercado, de empresa... O mercado debe regularse pola lei de oferta e demanda.
• A propiedade privada dos medios de produción e dos bens producidos, debe
estar garantida e protexida pola lei.
• Man de obra formada por traballadores asalariados. Os obreiros venden a súa
forza de traballo a cambio dun salario.
• A división de tarefas: consiste en asignar tarefas concretas a cada traballador
(especialización que permite aumentar a produción).
• Procura do máximo beneficio que é o principal factor que estimula as
actividades económicas.
• A riqueza individual como criterio de organización social.
• Desigualdade, dependencia e explotación dos que non posúen bens ou medios
de produción e teñen que estar sometidos aos capitalistas.
• Actividades económicas suxeitas a flutuacións e crises cíclicas.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 6
3.2.- A SOCIEDADE DE CLASES
A sociedade baseada no privilexio herdado é
substituída pola sociedade baseada na
riqueza, organizándose en clases sociais
(desaparecen os estamentos). As principais
características son:
• A igualdade xurídica dos seus
membros.
• A riqueza como criterio de diferenciación
social.
• A desigualdade económica
• O dinamismo social, con posibilidades
de ascenso e descenso na escala social.
• O protagonismo de novos grupos:
burguesía e proletariado.
3.2.1.- A BURGUESÍA, CLASE DOMINANTE
A burguesía foi a principal impulsora dos
cambios políticos e económicos e a máis
beneficiada. Converteuse no grupo social
dominante baseado no seu dominio económico (acumulación de capitais e control
do mercado) e no dominio político-ideolóxico (lexislación favorable control da cultura
que lle permite impor a súa mentalidade e gustos burgueses).
Grupos: Alta burguesía formada por grandes industriais, comerciantes e banqueiros, e
pequena burguesía composta por pequenos comerciantes e industriais, avogados,
médicos e outras profesións liberais.
3.2.2.- O NACEMENTO DO PROLETARIADO
O proletariado estaba formado polos traballadores das fábricas e os xornaleiros do
campo. Venden a súa forza de traballo a cambio dun salario. Quedaron a expensas dos
intereses burgueses xa que: non existía lexislación laboral, a man de obra era moi
abundante, as xornadas de traballo eran moi longas, os salarios eran moi baixos o
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 7
que obrigaba o traballo infantil e das mulleres, as condicións de traballo da fábrica
eran mínimas en cuestión de hixiene e seguridade, os códigos de disciplina eran moi
ríxidos e severos.
As duras condicións de vida e de traballo provocaron o nacemento do movemento
obreiro que vai loitar polos seus dereitos.
4. O NACEMENTO DO MOVEMENTO OBREIRO
As duras condicións de vida e de traballo do proletariado deron orixe ao movemento
obreiro para conseguir melloras salariais e laborais. Paralelamente, desenvolvéronse
novas ideoloxías que defendían cambios radicais e revolucionarios do sistema vixente: o
socialismo e o anarquismo.
4.1. AS PRIMEIRAS FORMAS DE PROTESTA E DE ORGANIZACIÓN OBREIRA
Para conseguir melloras das súas condicións de salario e de traballo, os obreiros e
xornaleiros empregaron diversos medios:
• A destrución das máquinas a quen os obreiros consideraban culpables do
empeoramento das condicións laborais e do desemprego. Estas accións reciben o
nome de ludismo.
• As sociedades obreiras. Nos primeiros momentos formaron sociedades de
socorro mutuo para axudarse en casos de paro e enfermidade. Máis tarde
crearon unións de oficio ou sindicatos (Trade Union) que agrupaban os
traballadores dunha mesma fábrica ou da mesma profesión. Posteriormente
formaron sindicatos xerais nos que se integraban obreiros de distintos oficios e de
todo o país. En Inglaterra os sindicatos legalizáronse en 1824, pero en España
houbo que agardar a 1887.
• A protesta organizada. A folga ou paro masivo no traballo.
4.2. AS IDEOLOXÍAS MOVEMENTOS OBREIRO: MARXISMO E ANARQUISMO
4.2.1. O MARXISMO
É o movemento ideolóxico e político que xorde como reacción
ás consecuencias negativas que provocaba a revolución
industrial e a extensión do capitalismo. Os seus creadores foron
Carlos Marx e Federico Engels. As súas características básicas
aparecen recollidas no Manifesto comunista (1848):
• A industrialización provoca o dominio da burguesía,
pero tamén o desenvolvemento do proletariado, numeroso
e sometido.
• A historia da humanidade é unha historia de loita de
clases, de oprimidos e opresores. Na sociedade
industrial, as clases enfrontadas son a burguesía e o
proletariado.
• Para modificar a súa situación, o proletariado debe organizarse e conquistar o
poder mediante a revolución.
• Unha vez controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado,
expropiando a propiedade privada e os medios financeiros e de produción,
que pasarán ao Estado.
• Unha vez que desaparezan as diferenzas de clase e a opresión, quedará
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 8
Karl Marx
establecida a nova sociedade comunista, o obxectivo final dos cambios que
propón o marxismo.
4.2.2. ANARQUISMO
Movemento ideolóxico e sindical que defende a eliminación de
todo tipo de poder. Entre os seus líderes destacaron Miguel
Bakunin e Pedro Kropotkin. As súas características básicas son:
• Abolición do Estado e eliminación de todo tipo de
autoridade e institucións (políticas, militares, policiais,
relixiosas, económicas...).
• Eliminación da propiedade privada.
• Supresión de todo tipo de diferenza social e económica para
establecer unha nova sociedade sen clases.
• Organización da vida social en comunas ou libres asociacións de produtores e
consumidores. Todos os recursos e os traballos da comuna son patrimonio común.
Na comuna suprímese o salario ao considerarse que o traballo realizado por cada
quen lle dá dereito a satisfacer as súas necesidades nos recursos que ten a
comuna.
• A educación debe de estar baseada en principios científicos e laicos.
• Formación da familia sobre a base do amor, libre de todo vínculo legal e de todo
prexuízo relixioso.
• Abolición das fronteiras e das nacións, substituídas pola federación libre de
comunas solidarias.
Para lograr esta transformación, os anarquistas rexeitaban a loita política e defendían a
vía revolucionaria, aínda que por diferentes medios; a maioría defendían a folga
revolucionaria e outros atentados contra os representantes do poder (propaganda polo
feito).
7.3. A ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES
Os líderes obreiros foron conscientes de que os problemas do proletariado eran
comúns en todos os países e de que era necesario asociarse para dar máis forza ás
súas reivindicacións.
• Fundación da Primeira Internacional. Reunida en Londres en 1864 (Asociación
Internacional de Traballo - AIT) na que estaban representadas todas as
tendencias. Os seus obxectivos eran potenciar o asociacionismo obreiro e
concienciar aos traballadores para loitar unidos pola súa emancipación.
• Expansión da Internacional. Pouco a pouco fóronse sumando á AIT sindicatos
e organizacións. En España creouse, en 1870, a Federación Rexional Española
(FRE) da AIT.
• Tensión no seo da AIT. As disputas internas enfrontaron aos socialistas e
anarquistas e os seus principais líderes polo control da asociación e do
movemento obreiro internacional. As ideas marxistas de conquistar o poder e
impoñer a ditadura do proletariado chocaban frontalmente coas ideas
anarquistas de desprezo da loita política e de oposición a calquera tipo de
poder.
• Escisión da AIT e do movemento obreiro. No Congreso da Haia de 1872 foron
expulsados da AIT Bakunin e os anarquistas. Paralelamente, o temor á
revolución obreira fixo que os distintos gobernos prohibisen a actividade da AIT,
que acabou por disolverse en 1876.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 9
Bakunin

Más contenido relacionado

La actualidad más candente

T E M A 2 Rev Industrial
T E M A 2  Rev  IndustrialT E M A 2  Rev  Industrial
T E M A 2 Rev Industrialcamposseijo
 
Actividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en EspañaActividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en Españaprofesor historia
 
Tema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade IndustrialTema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade IndustrialRosacidgalante
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez Méndez
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreirovelazquezturnesnieves
 
A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades pablokatt
 
Tema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos IndustriaisTema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos Industriaisluis gomez amoedo
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrialRosacidgalante
 
Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)masinisa
 
O espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbana
O espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbanaO espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbana
O espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbanaprofesor historia
 

La actualidad más candente (19)

4º historia temas 2 e 3 primeira parte
4º historia temas 2 e 3 primeira parte4º historia temas 2 e 3 primeira parte
4º historia temas 2 e 3 primeira parte
 
T E M A 2 Rev Industrial
T E M A 2  Rev  IndustrialT E M A 2  Rev  Industrial
T E M A 2 Rev Industrial
 
Actividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en EspañaActividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en España
 
Tema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade IndustrialTema 6 Actividade Industrial
Tema 6 Actividade Industrial
 
Revolución industrial
Revolución industrialRevolución industrial
Revolución industrial
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
 
A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades A industrializacións dassociedades
A industrializacións dassociedades
 
Tema3
Tema3Tema3
Tema3
 
Presentación de Sociales
Presentación de SocialesPresentación de Sociales
Presentación de Sociales
 
Tema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos IndustriaisTema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos Industriais
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrial
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
O espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbana
O espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbanaO espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbana
O espazo urbano: morfoloxía e estrutura urbana
 

Similar a Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrialManubure
 
A Revolución Industrial
A Revolución IndustrialA Revolución Industrial
A Revolución Industrialnuriaccastelo
 
Shaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN
Shaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓNShaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN
Shaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓNEVAVIDALFERRO
 
A Revolución Industrial
A Revolución IndustrialA Revolución Industrial
A Revolución Industrialaulapdc
 
Idade contemporánea
Idade contemporáneaIdade contemporánea
Idade contemporáneacharinho
 
Industrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento ObreiroIndustrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento ObreiroAgrela Elvixeo
 
Tema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrialTema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrialagreloroberto
 
UNIDADE 5: Colonialismo
UNIDADE 5: ColonialismoUNIDADE 5: Colonialismo
UNIDADE 5: Colonialismocamposseijo
 
Revolución Industrial Jorge Vázquez
Revolución Industrial Jorge VázquezRevolución Industrial Jorge Vázquez
Revolución Industrial Jorge Vázquezcurradbc
 
UD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialUD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialEvaPaula
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaul
 

Similar a Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais (20)

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
UNIDADE 4 - 4º E.S.O.
UNIDADE 4 - 4º E.S.O.UNIDADE 4 - 4º E.S.O.
UNIDADE 4 - 4º E.S.O.
 
Tema 3. 4º Eso
Tema 3. 4º EsoTema 3. 4º Eso
Tema 3. 4º Eso
 
A revolución industrial
A revolución industrialA revolución industrial
A revolución industrial
 
3. A Revolución Industrial.
3. A Revolución Industrial.3. A Revolución Industrial.
3. A Revolución Industrial.
 
A Revolución Industrial
A Revolución IndustrialA Revolución Industrial
A Revolución Industrial
 
Shaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN
Shaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓNShaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN
Shaila. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
A Revolución Industrial
A Revolución IndustrialA Revolución Industrial
A Revolución Industrial
 
Idade contemporánea
Idade contemporáneaIdade contemporánea
Idade contemporánea
 
Industrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento ObreiroIndustrialización e Movemento Obreiro
Industrialización e Movemento Obreiro
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrialTema 1, revolución industrial
Tema 1, revolución industrial
 
UNIDADE 5: Colonialismo
UNIDADE 5: ColonialismoUNIDADE 5: Colonialismo
UNIDADE 5: Colonialismo
 
Revolución Industrial Jorge Vázquez
Revolución Industrial Jorge VázquezRevolución Industrial Jorge Vázquez
Revolución Industrial Jorge Vázquez
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
O proceso industrializador
O proceso industrializadorO proceso industrializador
O proceso industrializador
 
UD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución IndustrialUD 4 Revolución Industrial
UD 4 Revolución Industrial
 
Dhuihd
DhuihdDhuihd
Dhuihd
 
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismoTema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismo
 

Más de rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 

Más de rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 

Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais

  • 1. TEMA 3 A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E OS CAMBIOS SOCIAIS 1.- A REVOLUCIÓN AGRARIA E INDUSTRIAL Desde mediados do século XVIII tiveron lugar, especialmente en Inglaterra, unha serie de cambios e innovacións técnicas e económicas que transformaron radicalmente o mundo agrario e a produción de manufacturas. Posteriormente, estes cambios estendéronse ao resto do mundo (Europa, Estados Unidos, Xapón). 1.1.- A REVOLUCIÓN AGRARIA É o conxunto de cambios e transformacións que deron lugar a un novo modelo agrario que substituíu o do Antigo Réxime. As súas principais características: • Novos sistemas de cultivo, destacando a eliminación do barbeito grazas á introdución da rotación de cultivos cuatrienal, alternando os tubérculos coas plantas forraxeiras e os cereais (sistema Norfolk). • Renovación técnica: mellora das ferramentas, de novos arados e de aparellos mecánicos para sementar, mallar, segar. A partir de 1830 introduciuse a máquina de vapor como forza motriz da maquinaria agrícola. • Especialización agraria e incremento dos rendementos. A agricultura pasou de ser de autosuficiencia e policultivo a especializada e comercial, con producións destinadas a ser vendidas no mercado. Os rendementos aumentaron grazas ás máquinas, os novos sistemas de cultivo, ao emprego de fertilizantes, a extensión do regadío, selección de razas e sementes... • Cambios de réxime da propiedade da terra. Mediante as leis de cercado (enclosures acts) gran parte das terras comunais e Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 1
  • 2. baldías pasaron a ser propiedade privada e explotadas para obter beneficio individual. Púxose fin ao sistema comunal de explotación da terra, chamado openfield (campos abertos) e agrupáronse as parcelas en grandes propiedades cercadas por muros ou sebes. A propiedade da terra concentrouse en mans de aristócratas (Lores, Baróns) comerciantes e campesiños ricos. Moitos campesiños -pequenos propietarios e campesiños pobres- víronse obrigados a emigrar ás cidades -éxodo rural- para traballar nas novas fábricas. • Cambio na mentalidade dos propietarios agrícolas que converteron a terra nunha fonte de beneficios (fin da mentalidade rendista) que podían ser investidos na mellora das explotacións agrarias, na industria ou no comercio. 1.2.- A PRIMEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL É o conxunto de transformacións técnicas, económicas e sociais que tiveron lugar no sistema de produción de mercadorías a partir de mediados do s. XVIII. Inciáronse en Inglaterra e no XIX espalláronse polo resto do mundo. En Europa, os primeiros países en industrializarse tras Inglaterra foron Francia, Bélxica e Alemaña (First comers). Os cambios máis destacados foron: • A máquina substitúe o traballo manual • A fábrica despraza o taller. • O artesán transfórmase en obreiro asalariado. • A cidade e a industria dominan sobre o mundo rural. Características: • Invención de máquinas, cada vez máis especializadas • Emprego da enerxía do vapor como forza motriz grazas a invención da máquina de vapor en 1769 (James Watt), empregando o carbón como fonte calorífica. Axiña se aplicou na navegación (Fulton) e nas locomotoras (Stephenson). • Instalación de fábricas, unidades de produción dotadas de máquinas e nas que se concentran traballadores asalariados. Os sectores punteiros que primeiro se mecanizaron foron: • A industria téxtil do algodón foi a primeira que introduciu innovacións técnicas (máquina de fiar, lanzadeira voante, tear mecánico) • A industria siderúrxica foi o segundo sector en industrializarse debido á crecente demanda de ferro. As innovacións permitiron empregar carbón como fonte calorífica nos altos fornos. Deles saían ferramentas e máquinas para outras industrias, a agricultura e a vida cotiá. • O ferrocarril: A aplicación da máquina de vapor no arrastre de vagóns culminou coa invención da locomotora de vapor por Stephenson. En 1825 circulou o 1º tren mineiro e en 1830 o primeiro de pasaxeiros. O seu desenvolvemento estimulou o resto dos sectores produtivos e permitiu a interrelación dos mercados, e a redución do tempo nas comunicacións. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 2
  • 3. 2. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E AS TRASFORMACIÓNS DEMOGRÁFICAS 2.1. A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL Entre 1870 e 1914 tivo lugar a segunda fase da revolución industrial. Estendeuse por Europa, América e tamén Xapón. As características básicas son: • Novas fontes de enerxía. O carbón engádeselle agora o petróleo, empregado fundamentalmente como combustible para motores (Daimler, Benz, Diesel), e a electricidade, con múltiples aplicacións: invento da dínamo (Siemens), lámpada eléctrica (Edison),... • Novos sectores industriais: o siderometalúrxico con novos metais (aceiro) e aliaxes (aluminio); a industria química que produce novos produtos (colorantes, explosivos – dinamita, Nóbel)- , pinturas, fibras sintéticas, plásticos...); a industria eléctrica que fabricou gran cantidade de motores, turbinas e aparatos electrodomésticos; os transportes que revolucionaron os sistemas tradicionais coa invención do motor de explosión, orixe do automóbil (Benz) e do avión (irmáns Wright) e a electricidade (tranvía, metro...). Nos medios de comunicación houbo numerosos inventos como o telégrafo (Morse), o teléfono (Bell) ou a radio (Marconi). • Nova organización do traballo, buscando producir máis no menor tempo posible. Destaca o taylorismo (coa redución dos movementos inútiles dos obreiros nas fábricas) e o fordismo (fabricación en serie en cadeas de montaxe, e pago de bos salarios aos traballadores). • Novas formas de organización empresarial, orixinadas pola necesidade de conseguir grandes recursos financeiros, de dominar os mercados, e o desexo de obter os máximos beneficios: ◦ Sociedades anónimas: cada socio achega capital mediante a compra de accións da empresa na Bolsa. ◦ Cártel: acordo entre empresas dun mesmo sector polo que se reparten zonas de mercado e fixan os prezos. ◦ Trust: fusión de varias empresas que dan lugar a unha nova gran empresa que busca controlar un sector de produción. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 3
  • 4. ◦ Holding:grupo de empresas controladas por unha sociedade que posúe a maioría das súas accións. A expansión da Revolución Industrial A Revolución Industrial xurdida en Gran Bretaña expandiuse por varios países. • En Europa, Bélxica foi o primeiro país que se industrializou tras o Reino Unido. As industrias principais foron a téxtil e a siderúrxica. • A industrialización en Francia produciuse entre 1830 e 1850 e nunca acadou o desenvolvemento británico. • Alemaña viu dificultada a súa industrialización por non ser un Estado unificado, pero creou o Zollverein (1834), unha unión aduaneira que permitiu crear un gran mercado interior. • No resto de Europa só destacaron Dinamarca e Suecia. • Estados Unidos converteuse nunha gran potencia industrial a finais do século XIX pola rápida mecanización agraria, a abundancia de recursos naturais e a creación dun gran mercado interior favorecido pola rápida construción dunha rede ferroviaria que percorría todo o país de costa a costa. • En Xapón, tras séculos de illamento, desenvolveuse na era Meixi (1868) un proceso de industrialización no que se combinou o respecto polas tradicións coa tecnoloxía moderna. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 4
  • 5. 2.2. A REVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA O aumento de alimentos que se produciu como consecuencia das melloras na agricultura e na gandaría, así como as innovacións médicas e hixiénicas, provocaron grandes cambios na poboación europea ao longo do século XIX. • Cambio do réxime demográfico. No século XIX produciuse un forte descenso da mortalidade, especialmente da infantil, como consecuencia de: incremento da produción de alimentos eliminando as fames cíclicas; os progresos na medicina coa extensión das vacinas, mellora das anestesias e asepsia nos hospitais; mellora da hixiene (auga corrente nos domicilios, redes de sumidoiros nas cidades, uso do xabón no aseo persoal...). Como seguiu manténdose unha elevada natalidade, o resultado foi un forte crecemento da poboación. • Éxodo rural e crecemento das cidades. O aumento da poboación, a introdución de maquinaria agrícola, que libera man de obra no campo, o aumento do traballo nas fábricas, e a mellora dos transportes, ocasionaron un transvase masivo de xente dos campos ás cidades (éxodo rural). As cidades experimentan un constante crecemento, nos países máis industrializados. A chegada masiva de xente transformou o urbanismo: derrubo das murallas, creación de ensanches e barrios obreiros, organización das redes de transporte (tranvías, metro...) e de servizos urbanos (auga, gas, sumidoiros...). A falta de espazo favoreceu o incrementou en altura das casas facilitada polos novos materiais (cemento armado, ferro fundido, cristal) e inventos (ascensor). • Emigración transoceánica. O aumento da poboación tamén propiciou unha forte corrente migratoria desde Europa cara ao exterior. Calcúlase que entre 1812 e 1924 saíron 55 millóns de emigrantes europeos que se dirixiron fundamentalmente a América. Entre as causas destacan: recursos de traballo insuficientes; abaratamento dos transportes; grandes posibilidades dos novos países americanos. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 5
  • 6. 3.- O CAPITALISMO E A SOCIEDADE DE CLASES As transformacións económicas, sociais e políticas que se produciron a finais do século XVIII e comezos do século XIX orixinaron un novo sistema económico –capitalismo- e un novo modelo de sociedade –sociedade de clases-. 3.1.- O CAPITALISMO O capitalismo é o sistema económico xurdido en Europa Occidental a finais do século XVIII, froito do desenvolvemento da revolución industrial e do establecemento dos sistemas políticos e xurídicos liberais. Presenta os seguintes trazos básicos: • O capital (terras, fábricas, máquinas, mercadorías, materias primas...) é o factor básico para o investimento, o aumento da produción e a obtención de beneficios. • A liberdade económica debe ser total. Liberdade de prezos, de salarios, de mercado, de empresa... O mercado debe regularse pola lei de oferta e demanda. • A propiedade privada dos medios de produción e dos bens producidos, debe estar garantida e protexida pola lei. • Man de obra formada por traballadores asalariados. Os obreiros venden a súa forza de traballo a cambio dun salario. • A división de tarefas: consiste en asignar tarefas concretas a cada traballador (especialización que permite aumentar a produción). • Procura do máximo beneficio que é o principal factor que estimula as actividades económicas. • A riqueza individual como criterio de organización social. • Desigualdade, dependencia e explotación dos que non posúen bens ou medios de produción e teñen que estar sometidos aos capitalistas. • Actividades económicas suxeitas a flutuacións e crises cíclicas. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 6
  • 7. 3.2.- A SOCIEDADE DE CLASES A sociedade baseada no privilexio herdado é substituída pola sociedade baseada na riqueza, organizándose en clases sociais (desaparecen os estamentos). As principais características son: • A igualdade xurídica dos seus membros. • A riqueza como criterio de diferenciación social. • A desigualdade económica • O dinamismo social, con posibilidades de ascenso e descenso na escala social. • O protagonismo de novos grupos: burguesía e proletariado. 3.2.1.- A BURGUESÍA, CLASE DOMINANTE A burguesía foi a principal impulsora dos cambios políticos e económicos e a máis beneficiada. Converteuse no grupo social dominante baseado no seu dominio económico (acumulación de capitais e control do mercado) e no dominio político-ideolóxico (lexislación favorable control da cultura que lle permite impor a súa mentalidade e gustos burgueses). Grupos: Alta burguesía formada por grandes industriais, comerciantes e banqueiros, e pequena burguesía composta por pequenos comerciantes e industriais, avogados, médicos e outras profesións liberais. 3.2.2.- O NACEMENTO DO PROLETARIADO O proletariado estaba formado polos traballadores das fábricas e os xornaleiros do campo. Venden a súa forza de traballo a cambio dun salario. Quedaron a expensas dos intereses burgueses xa que: non existía lexislación laboral, a man de obra era moi abundante, as xornadas de traballo eran moi longas, os salarios eran moi baixos o Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 7
  • 8. que obrigaba o traballo infantil e das mulleres, as condicións de traballo da fábrica eran mínimas en cuestión de hixiene e seguridade, os códigos de disciplina eran moi ríxidos e severos. As duras condicións de vida e de traballo provocaron o nacemento do movemento obreiro que vai loitar polos seus dereitos. 4. O NACEMENTO DO MOVEMENTO OBREIRO As duras condicións de vida e de traballo do proletariado deron orixe ao movemento obreiro para conseguir melloras salariais e laborais. Paralelamente, desenvolvéronse novas ideoloxías que defendían cambios radicais e revolucionarios do sistema vixente: o socialismo e o anarquismo. 4.1. AS PRIMEIRAS FORMAS DE PROTESTA E DE ORGANIZACIÓN OBREIRA Para conseguir melloras das súas condicións de salario e de traballo, os obreiros e xornaleiros empregaron diversos medios: • A destrución das máquinas a quen os obreiros consideraban culpables do empeoramento das condicións laborais e do desemprego. Estas accións reciben o nome de ludismo. • As sociedades obreiras. Nos primeiros momentos formaron sociedades de socorro mutuo para axudarse en casos de paro e enfermidade. Máis tarde crearon unións de oficio ou sindicatos (Trade Union) que agrupaban os traballadores dunha mesma fábrica ou da mesma profesión. Posteriormente formaron sindicatos xerais nos que se integraban obreiros de distintos oficios e de todo o país. En Inglaterra os sindicatos legalizáronse en 1824, pero en España houbo que agardar a 1887. • A protesta organizada. A folga ou paro masivo no traballo. 4.2. AS IDEOLOXÍAS MOVEMENTOS OBREIRO: MARXISMO E ANARQUISMO 4.2.1. O MARXISMO É o movemento ideolóxico e político que xorde como reacción ás consecuencias negativas que provocaba a revolución industrial e a extensión do capitalismo. Os seus creadores foron Carlos Marx e Federico Engels. As súas características básicas aparecen recollidas no Manifesto comunista (1848): • A industrialización provoca o dominio da burguesía, pero tamén o desenvolvemento do proletariado, numeroso e sometido. • A historia da humanidade é unha historia de loita de clases, de oprimidos e opresores. Na sociedade industrial, as clases enfrontadas son a burguesía e o proletariado. • Para modificar a súa situación, o proletariado debe organizarse e conquistar o poder mediante a revolución. • Unha vez controlado o poder, establécese a ditadura do proletariado, expropiando a propiedade privada e os medios financeiros e de produción, que pasarán ao Estado. • Unha vez que desaparezan as diferenzas de clase e a opresión, quedará Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 8 Karl Marx
  • 9. establecida a nova sociedade comunista, o obxectivo final dos cambios que propón o marxismo. 4.2.2. ANARQUISMO Movemento ideolóxico e sindical que defende a eliminación de todo tipo de poder. Entre os seus líderes destacaron Miguel Bakunin e Pedro Kropotkin. As súas características básicas son: • Abolición do Estado e eliminación de todo tipo de autoridade e institucións (políticas, militares, policiais, relixiosas, económicas...). • Eliminación da propiedade privada. • Supresión de todo tipo de diferenza social e económica para establecer unha nova sociedade sen clases. • Organización da vida social en comunas ou libres asociacións de produtores e consumidores. Todos os recursos e os traballos da comuna son patrimonio común. Na comuna suprímese o salario ao considerarse que o traballo realizado por cada quen lle dá dereito a satisfacer as súas necesidades nos recursos que ten a comuna. • A educación debe de estar baseada en principios científicos e laicos. • Formación da familia sobre a base do amor, libre de todo vínculo legal e de todo prexuízo relixioso. • Abolición das fronteiras e das nacións, substituídas pola federación libre de comunas solidarias. Para lograr esta transformación, os anarquistas rexeitaban a loita política e defendían a vía revolucionaria, aínda que por diferentes medios; a maioría defendían a folga revolucionaria e outros atentados contra os representantes do poder (propaganda polo feito). 7.3. A ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES Os líderes obreiros foron conscientes de que os problemas do proletariado eran comúns en todos os países e de que era necesario asociarse para dar máis forza ás súas reivindicacións. • Fundación da Primeira Internacional. Reunida en Londres en 1864 (Asociación Internacional de Traballo - AIT) na que estaban representadas todas as tendencias. Os seus obxectivos eran potenciar o asociacionismo obreiro e concienciar aos traballadores para loitar unidos pola súa emancipación. • Expansión da Internacional. Pouco a pouco fóronse sumando á AIT sindicatos e organizacións. En España creouse, en 1870, a Federación Rexional Española (FRE) da AIT. • Tensión no seo da AIT. As disputas internas enfrontaron aos socialistas e anarquistas e os seus principais líderes polo control da asociación e do movemento obreiro internacional. As ideas marxistas de conquistar o poder e impoñer a ditadura do proletariado chocaban frontalmente coas ideas anarquistas de desprezo da loita política e de oposición a calquera tipo de poder. • Escisión da AIT e do movemento obreiro. No Congreso da Haia de 1872 foron expulsados da AIT Bakunin e os anarquistas. Paralelamente, o temor á revolución obreira fixo que os distintos gobernos prohibisen a actividade da AIT, que acabou por disolverse en 1876. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 9 Bakunin