SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
TUTORIAL BLOG ENTRECULTURAS GALICIA
CAPÍTULO I

1.- Recibiches unha invitación no teu correo electrónico para participar no blogue
Entreculturas Galicia? Pois dalle a aceptar.
2.- Entra na dirección do blogue: http://entreculturasgalicia.blogspot.com.es/
3.- Na parte superior dereita atoparás a indicación “Acceder”. Pois accede
4.- Te mandarán agora poñer o teu nome e o teu enderezo electrónica. Lembra que
soamente poderás acceder a través dunha conta con gmail (que é o patrocinador de
blogger). Así que si non tes conta con gmail, tes mais chollo que facer: abrir unha conta
nova. E non penses que é doado, porque ás veces te marean pedindo un número de
móbil (non o deas) ou mandándoche escribir unhas letras e números que nin escritos
por un médico.
5.- Ah, esquecíamos de decirvos que tedes tamén que meter un contrasinal, e isto
tamén é as veces para volverse tolo (sabemos que hai moita xente que ten centos de
contrasinais, para o caixeiro automático, para o facebook, e outras moitas
mandangas).
6.- Tendo feito os pasos anteriores (que non che é ningunha coña), Ah, hai que darlle a
continuar. Pois iso, xa estaredes na páxina de blogger, que vos indica que tedes un
blogue (algúns xa figurarán con outros blogs, que sabemos que hai moitos
“avanzadillos”.
7.- Premer enriba do nome do blog: ENTRECULTURAS GALICIA e vos levará a unha
páxina con moitísima información, que por suposto, non tedes que dominar nin moito
menos. Centrádevos na banda lateral esquerda, onde atoparedes a palabra “ENTRADA
NUEVA”, nun rectángulo de cor laranxa enriba de todo. Pois ide pensando xa no que
queredes escribir.
8.- No espazo que hai arriba e que pon “Título de la entrada”, pois poñedes o título, e
recordade, que por motivos de “estilo” estaría ben que o fixeramos todos en letras
maiúsculas.
9.- Vedes un rectángulo en branco e moi, moi grande? Pois ese é o espazo para encher
de texto… Non vos agobiedes. Para aqueles que non teñan moitos recursos
cervantinos, xa sabedes que podedes meterlle algunha fotiño e algún vídeo e quedar
moi ben.
10.- Para meter esas fotiños tan recurridas, buscade o icono que é como unha foto
dunha paisaxe cun marquiño branco (no é tan doado atopala). Unha pista, está entre o
espazo do título e o espazo para escribir o texto, e entre a palabra “enlace” e un icono
dunha claqueta de cine. Buff.
11.- Pois agora que xa atopamos ese icono, se vos abrirá unha ventá que pon
“Seleccionar un archivo”, e tendes que elixir o arquivo (a foto) que queirades
pendurar. E aí veñen os problemas… Onde estará? No escritorio, que é iso de
escritorio, buff, e cantas carpetas por aí, e non me lembro onde metín a foto, a terei
no meu pincho. Ah!! É que non a gardei, a vin en google images e me ghustou.
(Lembrade de baixar as fotos que queirades pendurar).
12.- Ben, pois se perdíchedes moitísimo tempo facendo este último apartado,
preparádevos agora para esperar a que o voso ordenador cargue o arquivo. E xa sabes
que estes ordenadores son un pouco anárquicos, ás veces van a fume de carozo, e
outras (a maioría) fannos perder a paciencia.
13.- A foto xa está cargada. Agora picade sobre ela para que se lle poña un borde
azulito, e xa podedes finalizar a tarefa dándolle a “Añadir las imágenes
seleccionadas”.
14.- Unha cousa moi importante é etiquetar a entrada, isto é, poñer algunha palabra
clave para que no futuro se poda chegar a ela dun xeito directo. Estaría moi ben incluír
aquí o nome no voso centro, ademais da temática.
15.- Xa por último, pulsamos o botón “Publicar”, que é un rectángulo laranxa que está
na parte superior dereita.
16.- Vos aparecerá agora unha páxina con todas as entradas. Se pasades co rato por
enriba da vosa entrada recién saída do forno, veredes que aínda estades a tempo de
facer algunha corrección ou incluso de eliminala toda (non creo que fóra para tanto)…
17.- Se queredes ver que bonito quedou todo… premede o botón “Ver blog”, que é
rectangular e de cor gris, e está enriba de todo.
18.- Se tedes algún problema non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
19.- Nas próximas sesións vos indicaremos o xeito de pendurar vídeos, presentacións
power point, pdf, documentos word, arquivos de audio (creo que non nos queda nada
máis). Ah, tamén elaboraremos un tutorial con imaxes para aqueles que nos manden
un SOS.
20.-

ÁNIMO…. Aínda que non é tan doado como mandar un washap

More Related Content

More from satelite1

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Tutorial blog entreculturas galicia

  • 1. TUTORIAL BLOG ENTRECULTURAS GALICIA CAPÍTULO I 1.- Recibiches unha invitación no teu correo electrónico para participar no blogue Entreculturas Galicia? Pois dalle a aceptar. 2.- Entra na dirección do blogue: http://entreculturasgalicia.blogspot.com.es/ 3.- Na parte superior dereita atoparás a indicación “Acceder”. Pois accede 4.- Te mandarán agora poñer o teu nome e o teu enderezo electrónica. Lembra que soamente poderás acceder a través dunha conta con gmail (que é o patrocinador de blogger). Así que si non tes conta con gmail, tes mais chollo que facer: abrir unha conta nova. E non penses que é doado, porque ás veces te marean pedindo un número de móbil (non o deas) ou mandándoche escribir unhas letras e números que nin escritos por un médico. 5.- Ah, esquecíamos de decirvos que tedes tamén que meter un contrasinal, e isto tamén é as veces para volverse tolo (sabemos que hai moita xente que ten centos de contrasinais, para o caixeiro automático, para o facebook, e outras moitas mandangas). 6.- Tendo feito os pasos anteriores (que non che é ningunha coña), Ah, hai que darlle a continuar. Pois iso, xa estaredes na páxina de blogger, que vos indica que tedes un blogue (algúns xa figurarán con outros blogs, que sabemos que hai moitos “avanzadillos”. 7.- Premer enriba do nome do blog: ENTRECULTURAS GALICIA e vos levará a unha páxina con moitísima información, que por suposto, non tedes que dominar nin moito menos. Centrádevos na banda lateral esquerda, onde atoparedes a palabra “ENTRADA NUEVA”, nun rectángulo de cor laranxa enriba de todo. Pois ide pensando xa no que queredes escribir. 8.- No espazo que hai arriba e que pon “Título de la entrada”, pois poñedes o título, e recordade, que por motivos de “estilo” estaría ben que o fixeramos todos en letras maiúsculas. 9.- Vedes un rectángulo en branco e moi, moi grande? Pois ese é o espazo para encher de texto… Non vos agobiedes. Para aqueles que non teñan moitos recursos cervantinos, xa sabedes que podedes meterlle algunha fotiño e algún vídeo e quedar moi ben.
  • 2. 10.- Para meter esas fotiños tan recurridas, buscade o icono que é como unha foto dunha paisaxe cun marquiño branco (no é tan doado atopala). Unha pista, está entre o espazo do título e o espazo para escribir o texto, e entre a palabra “enlace” e un icono dunha claqueta de cine. Buff. 11.- Pois agora que xa atopamos ese icono, se vos abrirá unha ventá que pon “Seleccionar un archivo”, e tendes que elixir o arquivo (a foto) que queirades pendurar. E aí veñen os problemas… Onde estará? No escritorio, que é iso de escritorio, buff, e cantas carpetas por aí, e non me lembro onde metín a foto, a terei no meu pincho. Ah!! É que non a gardei, a vin en google images e me ghustou. (Lembrade de baixar as fotos que queirades pendurar). 12.- Ben, pois se perdíchedes moitísimo tempo facendo este último apartado, preparádevos agora para esperar a que o voso ordenador cargue o arquivo. E xa sabes que estes ordenadores son un pouco anárquicos, ás veces van a fume de carozo, e outras (a maioría) fannos perder a paciencia. 13.- A foto xa está cargada. Agora picade sobre ela para que se lle poña un borde azulito, e xa podedes finalizar a tarefa dándolle a “Añadir las imágenes seleccionadas”. 14.- Unha cousa moi importante é etiquetar a entrada, isto é, poñer algunha palabra clave para que no futuro se poda chegar a ela dun xeito directo. Estaría moi ben incluír aquí o nome no voso centro, ademais da temática. 15.- Xa por último, pulsamos o botón “Publicar”, que é un rectángulo laranxa que está na parte superior dereita. 16.- Vos aparecerá agora unha páxina con todas as entradas. Se pasades co rato por enriba da vosa entrada recién saída do forno, veredes que aínda estades a tempo de facer algunha corrección ou incluso de eliminala toda (non creo que fóra para tanto)… 17.- Se queredes ver que bonito quedou todo… premede o botón “Ver blog”, que é rectangular e de cor gris, e está enriba de todo. 18.- Se tedes algún problema non dubidedes en poñervos en contacto connosco. 19.- Nas próximas sesións vos indicaremos o xeito de pendurar vídeos, presentacións power point, pdf, documentos word, arquivos de audio (creo que non nos queda nada máis). Ah, tamén elaboraremos un tutorial con imaxes para aqueles que nos manden un SOS. 20.- ÁNIMO…. Aínda que non é tan doado como mandar un washap