Saltar al contenido principal
A cantiga de amor é un poema no que un home se dirixe a unha dona,

mostrando o seu amor por ela. Unha amada inalcanzable, á que se rende

vasalaxe como se fose un señor feudal.

En contra do que sucedía nas cantigas de amigo, o suxeito lírico é

masculino.

Estamos ante un xénero prestixioso.

Constitúen a maior parte das 1679 cantigas profanas que conservamos e

dedícaselle en exclusiva o Cancioneiro de Ajuda.
O xénero poético da
 CANTIGA DE AMOR
consistía en que unha
     voz poética
masculina expresaba
 o seu amor a unha
 dama idealizada da
      nobreza.
Coa palabra “SENHOR” o home facía referencia a
             unha DONA que reunía

CARACTERÍSTICAS ABSTRACTAS DO IDEAL DE
             BELEZA FEMININO.




      Daquela o morfema -or era o
        empregado para os dous
      xéneros: a senhor, a pastor…
Por tanto…

   Na cantiga de amor a voz presente é a
    masculina: é o home quen expón a súa coita
    amorosa a unha muller.
   A palabra senhor, que fai referencia á amada,
    adoita aparecer nos primeiros versos destas
    cantigas, converténdose na marca de xénero.
“FALAR BEN”, “SER
FERMOSA”, “BEN
 TALLADA” OU “A
 QUE DEUS FIXO
 MELLOR” son os
únicos eloxios que fai
      o poeta.
Este non podía citar
ningunha parte física
concreta dela porque
rompería o código da
MESURA, que impedía
desvelar a identidade
 da dama gabada no
       poema.
Pola COITA (PENA
DE AMOR) que sufría
 pola dama, a voz
poética podía chegar
   a MORRER DE
AMOR, o que se deu
na cantiga de amor
    provenzal.
…   moir*’ eu porque non vexo
              aquí
a dona que por meu mal vi.
 *morro
                       (Afonso X)
Os personaxes
A senhor: descrita de xeito vago e impreciso. Só
sabemos que é moi bela, case perfecta (bon
semelhar, ben talhada). Da súa psicoloxía tampouco
temos adxectivos nin positivos nin negativos (bon
sen, bondade).

O namorado: desempeña o papel de vasalo (seer
vosso) e preséntase á dama como un ser fiel e
honesto para gañar o seu favor. Expresa
repetidamente o seu amor pola senhor aínda que ás
veces o oculta por medo á saña. Pode chegar á morte
por amor, ao non lle conceder galardón (recompensa)
Os personaxes
   Os miscradores: eran os competidores do
    poeta polo amor da dama. Cualificados de
    mentireiros porque así o autor atraía a
    atención da amada sobre el.
O amor cortés
• Este ideal baséase na concepción do amor
  como servizo. O home, como namorado,
  estaba sometido á súa namorada igual ca un
  vasalo ao seu señor. A amada é
  representación de todas as virtudes e bens.
  Hai que exaltar a muller como suma de
  calidades positivas. O poeta aspira a través
  dun camiño de aprendizaxe amorosa ao
  grao máis alto de felicidade, ao Joi d´amor.
  Aínda que non sempre é así.
O amor cortés
• O amor cortés configúrase como unha arte
  con graos diferentes que o amante vai
  superando na escada amorosa:
FENHEDOR: limítase a suspirar pola
  amada, sen dirixirse a ela.
PRECADOR: diríxese a ela rogándolle o seu
  amor.
ENTENDEDOR: a dama corresponde o seu
  amor.
DRUDO: prodúcese contacto físico
O amor cortés
• A característica fundamental do amante é a
  mesura e a vontade de servir polo pracer
  de facelo, para realizarse a un mesmo
  mediante o amor, orixe da perfección.
DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR

• A muller da lírica provenzal a quen se
  dirixen as composicións é real e casada. Na
  nosa o poeta diríxese a unha dona
  idealizada , solteira ou casada.
• Na cantiga de amor, o gozo de amar e a
  sensualidade son substituídos por un amor
  platónico dominado pola coita de amor. O
  namorado nunca é correspondido e na cançó
  si; non, pois, hai contacto físico nin
  adulterio.
DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR

• Ausencia de descrición física da dama, é
  algo intocable e etéreo. Só se describe
  moralmente.
• Ausencia de locus amoenus e exordium
  primaveral.
• Os nosos poetas case nunca superan a fase
  de fenhedor, como moito chegan a
  precadores.
DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR
• Maior     sinxeleza    formal:    Na   cançó
  composicións de mestría, con 5 ou 7 cobras
  unisonantes ou dobras, rima consonante e 800
  esquemas estróficos diferentes.
Na cantiga de amor, cantigas de mestría ou
refrán, de 4 ou 5 cobras con rima asonante e só
200 esquemas estróficos diferentes.
Os recursos propios deste tipo de cantiga son O
          DOBRE E O MORDOBRE.

   O PRIMEIRO É A REPETICIÓN DUNHA
PALABRA NA MESMA COBRA OU ESTROFA.
DOBRE


Pois sempre há en vós mesura
e todo ben e cordura,

que Deus fez en vós feitura
qual non fez en muller
      nada       (Don Dinís)
O MORDOBRE repite unicamente o
  lexema, creando un xogo de
conceptos do AMOR CORTÉS aínda
        maior có dobre.
MORDOBRE


Pois me tal coita faz sofrer

qual sempr’ eu por ela sofrí,

   des aquel día que a vi,

 e non se quer de min doer

  …             (Afonso X)
As cantigas de amor acostumaban ser de
 mestría, sen estribillo ou refrán, de aí que o
poeta debese amosar o seu bo facer poético ao
      non poder repetir versos enteiros.
Quer’ eu en maneira de
                proençal
       fazer agora un cantar d'
                amor
     …                     (Don Dinís)
A rima MACHO (AGUDA) destas composicións
  seguía máis fielmente o modelo provenzal,
fronte á rima grave, máis propia das de amigo.
.




    TEMAS
Amor cortés
  A doutrina do amor cortés codifica o
     ritual amoroso nas cantigas.
  Dáse unha traslación do concepto
     do servicio feudal ao servizo
     amoroso: o trobador entrégase
     como vasalo á sua dona (que se
     converte así na súa senhor con
     dominio     pleno      sobre    el)
     aceptando os deberes que os
     lazos    feudais     implican    e,
     asemade, esperando o seu
     merecido ben, que nunca chega
     a acadar o abnegado e fiel
     amante     da    lírica    galego-
     portuguesa.
Amor cortés
.
O bon amador ha posuír calidades de seu:
    constante no servizo amoroso, fiel, xeneroso,
    mesurado e de bon sen.
O trobador ten divinizada a súa dama, contémplaa
    como a un ser superior; por iso, malia ser un
    amor non correspondido (desprezo da dama
    ou separación), este servizo amoroso supón
    para o trobador, alén de sufrimento, un
    proceso de perfeccionamento espiritual.
Loanza da dama
A senhor das cantigas de amor -a diferenza da dona
   virgo das cantigas de amigo- é adoito unha
   muller nobre casada, o que impón a mesura por
   parte dos amantes; isto é, a discreción deste
   amor adúltero.
Louvanza da dama con escasas referencias ás
   súas calidades físicas e piscolóxicas para manter
   en segredo a súa identidade.
Idealización da dama con figuras estereotipadas:
 fremosa mha senhor
 senhor ben talhada
 senhor de bom parescer
 senhor do melhor prez
 boa senhor
 senhor de bon ssem
Loanza da dama
Aparece polo xeral na primeira parte da cantiga. Pode referirse á beleza
física ou moral:
Senhor, en tan grave día
                                                        vos vi que non podería
                                                        máis; e por Santa María,
                                                        que vos fex tan mesurada,
                                                        doede-vos algún día
                                                          de mí, senhor ben talhada.

                                                        Pois sempre ha en vós mesura
                                                        e todo ben e cordura,
                                                        que Deus fez en vós feitura
                                                        qual non fez en molher nada,
                                   Cancioneiro da
Don Dinis, trobador e rei de   Biblioteca Nacional de   doede-vos por mesura
Portugal                              Lisboa (B)           de min, senhor ben talhada.

                                                        E por Deus, senhor, tomade
                                                        mesura por gran bondade
                                                        que vós el deu, e catade
                                                        qual vida vivo coitada,
                                                        e algún doo tomade
                                                           de min, senhor ben talhada.

                                                        
                                                        Cantigade amor de Don Dinís
                                                         562 V 176
                                                        B
Coita de amor
O   amor na lírica galego-
  portuguesa -a diferenza da
  occitana- é fonte de COITA.
O desdén e/o rexeitamento da
  dama      ou      a      simple
  separación dos amantes é a
  causa      do       sufrimento
  constante do trobador e de
  toda     a     sintomatoloxía
  amorosa que o acompaña:
  loucura, perda do sen e
  mesmo morte de amor.
Coita de amor
Preséntanse diferentes graos de sufrimento por amor: o
   pranto, a loucura ou a morte por amor. Algúns
   elementos           léxicos      comúns         son:
   coita, doo, penar, sofrer, lazerar, chorar, sandecer
   (tolear), perder o sen, morrer…

   Ora non moiro, nen vivo, nen sei
   como me vai, nen ren de mi, se non
   tanto que ei eno meu coraçon
   coita d´amor qual vos ora direi:
   tan grand´é que me faz perder o sén
   e mia senhor non sab´ ende ren.
                                          Nuno Fernández Torneal
Muitos dizem com gram coita d'amor
A dona que eu am'e tenho por senhor                que querriam morrer e que assi
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,        perderiam coitas; mais eu de mi
se nom dade-mi-a morte.                            quero dizer verdad'a mia senhor:
                                                       queria-me lh'eu mui gram bem querer,
A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus              mais nom queria por ela morrer
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
                                             com'outros morrerom. E que prol tem?
se nom dade-mi-a morte.
                                                   Ca, des que morrer, non'a veerei,
                                                   nem bõo serviço nunca lhi farei.
Essa que vós fezestes melhor parecer               Por end'a senhor que eu quero bem
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,            queria-me lh'eu mui gram bem querer
se nom dade-mi-a morte.                                mais nom queria por ela morrer

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,      com'outros morrerom no mundo já,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,               que depois nunca poderom servir
se nom dade-mi-a morte.                            as por que morrerom, nem lhis pedir
                                                   rem. Por end'a que m'estas coitas dá
    Cantiga de amor de Bernal de Bonaval              queria-me lh'eu mui gram bem querer
    B 1066 V 657                                      mais nom queria por ela morrer;

                                                   ca nunca lhi tam bem posso fazer
    Versión musicada por Amancio Prada en:
                                                        serviço morto como se viver.
     http://cantigas.fcsh.unl.pt/http://sondepoetas.
     blogspot.com/
                                                       Cantiga de amor de Paio Gomes
                                                        Chainho
                                                       B 809 V 393
Amor do poeta
                                  Pois que m'hei ora d'alongar
                                  de mia senhor, que quero bem,
                                  porque me faz perder o sem,
                                  quando m'houver del'a quitar,
                                  direi, quando me lh'espedir:
                                  de mui bom grado queria ir
                                  log'e nunca [m'end'ar] viir.

                                  Pois me tal coita faz sofrer,
                                  qual sempr'eu por ela sofri,
                                  des aquel dia 'm que a vi,
                     Afonso X O   e nom se quer de mim doer
                     Sabio        atanto lhi direi por en:
                                  moir'eu e moiro por alguém
O     fiel amante cortés          e nunca vos direi mais en.

    anuncia o seu amor pero       E já eu nunca veerei
                                  prazer com estes olhos meus,
    non é quen de llo             de[s] quando a nom vir, par Deus,
                                  e com coita que haverei,
    manifestar á súa dama         chorando lhi direi assi:
                                  moir'eu porque nom vej'aqui
                                  a dona que por meu mal [vi].
    (precador) polo que sofre
                                       Cantiga de Afonso X
    amando en silencio...              B 469
Amor do poeta
Transmítese a través de breves
  enunciados ao longo das
  composicións: amar muito, querer ben,
  amor… Case sempre son fórmulas
  estereotipadas.

      Meu senhor Deus, pois me tan muit´amar

       Fezestes, quan muit´amo, ua molher

                               Pedro Amigo de Sevilla
Reserva da dama
*O segredo, a prudencia e a discreción preside a
relación de amor: mesura, razón, non dicir…
*A prohibición de vela ou falarlle imposta pola dama ao
poeta: alongar, alongado, mandar ir, fazer partir…
*O rexeitamento, a despreocupación pola sorte do
namorado,           a         indiferenza…:         ser
sañuda, desamar, desamparar, non nembrar, fazer
mal…

       Am´eu tan muito mia senhor
       que sol non me sei conselhar
       ela non se quer nembrar
       de min… e moiro-me de amor.
       E assi morrerei por quen nen quer meu mal, nen quer meu ben.
                                                               Nuno Fernández Torneal