A linguaxe literaria
Que é a Literatura?• Calquera forma de comunicación escrita.• Unha forma determinada de mensaxe  verbal.• A comunicación é...
Que é a Literatura?• Na obra literaria, a lingua sofre distintas  alteracións que teñen como finalidade a  LITERATURIZACIÓ...
Que é a Literatura?• A historia da Literatura é unha constante  exploración das posibilidades  significativas da lingua e ...
Sobre a Literatura• Félix de Azúa :“Sobre a poesía,canto menos se diga, mellor.A poesía é a verdade da arte,non nace da co...
Sobre a Literatura• José Ángel Valente :“A poesía non é comunicación, é  incomunicación, para andar no oculto,  para nos m...
1. Literatura e comunicación• A Literatura é unha arte que utiliza unha  lingua como medio de expresión, un  permanente ac...
Elementos do acto comunicativo1.   Emisor: autor ou autora.2.   Receptor: lector@s ou oíntes.3.   Mensaxe: obra literaria....
Características da lingua literaria1. Predominio da función poética: o acto de  comunicación céntrase na mensaxe, na  súa ...
Características da lingua nonliteraria1. Predominio da función representativa.2. Uso da lingua denotativa.3. Emprego dunha...
2. A linguaxe literaria e os seusrecursos• A lingua literaria caracterízase por presentar a mensaxe dun xeito atractivo a ...
2.1. Recursos literarios1. Tropos: símil, metáfora, alegoría, metonimia…2. Figuras:  1.       De dicción       •     De ca...
1 . Tropos : τρόπος en grego significa   “dirección” ou “desprazamento” e designa o   uso dunha palabra nun sentido distin...
Tropos• Símil : comparación entre dous termos      expresos, que se fai explícita coa palabra      “como”:  –     Unha can...
Tropos• Alegoría : é unha metáfora continuada:  –   A negra sombra. (Rosalía de Castro)  –   A roseira. (Ramón Cabanillas)...
Tropos• Metonimia : substitución dun elemento por      outro co que garda unha relación de      contigüidade:  –     Non t...
2. Figuras : utilización de palabras no seu   sentido habitual, pero con algunha   particularidade fonética, gramatical ou...
Figuras de dicción, de carácterfonolóxico e morfolóxico• Aliteración : repetición de fonemas ou      sílabas en palabras p...
Figuras de dicción, de carácter fonolóxico e morfolóxico• Onomatopea : Repetición de fonemas  que reproducen sons naturais...
Figuras de dicción de caráctersintáctico• Anáfora : repetición dunha ou máis      palabras ao comezo de varios enunciados:...
Figuras de dicción de caráctersintáctico• Anadiplose : repetición dunha ou varias      palabras finais dun verso ao comezo...
Figuras de dicción de caráctersintáctico• Poliptoto e Derivación : Repetición dun  mesmo lexema con diversos morfemas- o q...
Figuras de dicción de caráctersintáctico• Paralelismo : Repetición de construcións  similares- Ti destérrasme por un; /   ...
Figuras de dicción de caráctersintáctico• Enumeración : consiste en expresar  rapidamente diversas ideas.- para min eras /...
Figuras de pensamento• Hipérbole : esaxeración desmesurada e      inverosímil:  –     Estou tan canso que non podo dar un ...
Figuras de pensamento• Oxímoro : pór en contacto palabras de sentido   contrario que parecen excluírse mutuamente.  – Músi...
Figuras de pensamento• Ironía : consiste en dicir o contrario do  que se quere dar a entender.- Que boa sorte teño!• Inter...
2.2. Recursos literarios do verso: amétrica1. O verso:  1.   Medida: palabra final e licenzas poéticas.  2.   Rima: conson...
1. O verso• Unidade rítmica en que pode dividirse un    poema, xeralmente superior á palabra e inferior    á estrofa.•   C...
1.1. Medida do verso•       Palabra final:    –     Aguda: + 1 sílaba: unha casa de marfil (7+1=8)    –     Esdrúxula: - 1...
1.2. Rima• Repetición dunha secuencia de fonemas ao      final de dous ou máis versos a partir da      última vogal acentu...
1.3. Ritmo• Movemento marcado pola sucesión regular      de elementos fortes e débiles, que se logra      mediante a repet...
2. A estrofa• Estrofa : é un grupo de versos unidos   por unha serie de criterios fixos de   extensión, rima e ritmo. As e...
2.1. Tipos de estrofas•   Pareado: dous versos de rima consonante AA•   Terceto: tres versos de rima consonante A-A•   Cua...
2.1. Tipos de estrofas• Quintilla: combinación libre de cinco  versos octosílabos con dous xogos de  rimas consonantes aab...
2.1. Tipos de estrofas• Romance: número indeterminado de  versos octosílabos de rima asonante• Silva: número indeterminado...
3. O poema• Poema : é a obra poética en verso.• Poesía : é un tipo de texto e mais un xénero literario, habitualmente refe...
3.1. Tipos de poema• Himno: de ton solemne destinada á    afirmación colectiva•   Oda: ton elevado e glorificadora•   Bala...
3.1. Tipos de poema• Égloga: de tema amoroso, xeralmente    entre pastores•   Alba: alude á separación dos amantes ao    n...
A linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bac
A linguaxe literaria 1º de bac
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

A linguaxe literaria 1º de bac

793 visualizaciones

Publicado el

0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
793
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
166
Acciones
Compartido
0
Descargas
10
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

A linguaxe literaria 1º de bac

  1. 1. A linguaxe literaria
  2. 2. Que é a Literatura?• Calquera forma de comunicación escrita.• Unha forma determinada de mensaxe verbal.• A comunicación é transmisión de información. O xeito máis importante de comunicación é a linguaxe. Por tanto, a comunicación é a función esencial da lingua, pero• Cando a mensaxe é literaria, a esa función sumáselle unha función
  3. 3. Que é a Literatura?• Na obra literaria, a lingua sofre distintas alteracións que teñen como finalidade a LITERATURIZACIÓN do código lingüístico. O emisor chama a atención sobre a lingua.• A linguaxe literaria caracterízase por representar un mundo imaxinario e pola súa plurignificación• O signo lingüístico é portador de múltiples dimensións semánticas, lonxe do significado unívoco das linguaxes científica, xurídica…
  4. 4. Que é a Literatura?• A historia da Literatura é unha constante exploración das posibilidades significativas da lingua e unha permanente creación de novos recursos expresivos.• A Literatura pode servir como vehículo de evasión e ao mesmo tempo de crítica social.
  5. 5. Sobre a Literatura• Félix de Azúa :“Sobre a poesía,canto menos se diga, mellor.A poesía é a verdade da arte,non nace da conciencia do poeta, senón da súa coraxe.A conciencia do homesó fala do paso do tempo”.
  6. 6. Sobre a Literatura• José Ángel Valente :“A poesía non é comunicación, é incomunicación, para andar no oculto, para nos meter nun cuarto pechado sen chave, sen que ninguén apareza e nos saque e nos suplicie a xorda ladaíña cotiá, a ladaíña aciaga da morte”.“Como fuxir da morte? A través da poesía”
  7. 7. 1. Literatura e comunicación• A Literatura é unha arte que utiliza unha lingua como medio de expresión, un permanente acto de comunicación lingüística.- Creación verbal ou tradición oral (uso da lingua falada, por ex. as primeiras composicións como cancións, lendas e contos).- Creación escrita (literatura culta).
  8. 8. Elementos do acto comunicativo1. Emisor: autor ou autora.2. Receptor: lector@s ou oíntes.3. Mensaxe: obra literaria.4. Canle: libro ou formato dixital.5. Código: lingua literaria.6. Contexto: factores históricos e sociais.
  9. 9. Características da lingua literaria1. Predominio da función poética: o acto de comunicación céntrase na mensaxe, na súa disposición, na forma como se transmite. A linguaxe ten un propósito estético.2. Uso da linguaxe connotativa: as palabras cárganse de significacións subxectivas.3. Emprego de recursos literarios.
  10. 10. Características da lingua nonliteraria1. Predominio da función representativa.2. Uso da lingua denotativa.3. Emprego dunha lingua informativa.
  11. 11. 2. A linguaxe literaria e os seusrecursos• A lingua literaria caracterízase por presentar a mensaxe dun xeito atractivo a través da utilización de recursos literarios.• Estes recursos empréganse tanto na prosa como no verso (ex. as figuras e os tropos), aínda que algúns deles aparecen só na poesía (ex. a métrica).
  12. 12. 2.1. Recursos literarios1. Tropos: símil, metáfora, alegoría, metonimia…2. Figuras: 1. De dicción • De carácter fonolóxico e morfolóxico: aliteración, paronomasia… • De carácter sintáctico: anáfora, epífora, anadiplose, epanadiplose… 1. De pensamento: hipérbole, antítese, oxímoro, personificación…
  13. 13. 1 . Tropos : τρόπος en grego significa “dirección” ou “desprazamento” e designa o uso dunha palabra nun sentido distinto do habitual, polo que ten carácter semántico. O tropo é o cambio de dirección dunha expresión que se desvía do seu contido orixinal para adoptar outro contido distinto. Son: o símil, a metáfora, a alegoría e a metonimia.
  14. 14. Tropos• Símil : comparación entre dous termos expresos, que se fai explícita coa palabra “como”: – Unha canción tan lonxana… / como a sombra do aire sobre a herba. (Luís Pimentel)• Metáfora : substitución dun elemento por outro, habitualmente co uso do verbo ser ou da aposición: – Dime onde vas, miña cerva querida. (Álvaro Cunqueiro)
  15. 15. Tropos• Alegoría : é unha metáfora continuada: – A negra sombra. (Rosalía de Castro) – A roseira. (Ramón Cabanillas) Nas artes visuais é un tema artístico que pretende representar unha idea valéndose de formas humanas, animais ou de obxectos cotiáns, como por exemplo, a alegoría da República Española, que se representaba por medio dunha muller con gorro frixio que sostiña unha balanza na man dereita e unha bandeira na esquerda.
  16. 16. Tropos• Metonimia : substitución dun elemento por outro co que garda unha relación de contigüidade: – Non traias viños tristes de Hungría. Quero Burdeos. Quero Marsala ardente. – Comprou dous Laxeiros.
  17. 17. 2. Figuras : utilización de palabras no seu sentido habitual, pero con algunha particularidade fonética, gramatical ou semántica que as afasta do seu uso na lingua cotiá. Hai figuras de dicción (segundo a colocación dos sons ou das palabras) e figuras de pensamento (serven para expoñer dun modo peculiar unha idea ou concepto: plano semántico da lingua).
  18. 18. Figuras de dicción, de carácterfonolóxico e morfolóxico• Aliteración : repetición de fonemas ou sílabas en palabras próximas: - Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da gavilla, Vítor Vaqueiro).• Paronomasia : colocación próxima de palabras con significantes parecidos, pero significados diferentes:– No sagrado segredo de Vigo. (Luz Pozo Garza)
  19. 19. Figuras de dicción, de carácter fonolóxico e morfolóxico• Onomatopea : Repetición de fonemas que reproducen sons naturais- Fiu, Fiu (asubío)• Calembur: as sílabas dunha ou máis palabras reagrúpanse para obter outro significado diferente-Aí van cen tolas con centolas.
  20. 20. Figuras de dicción de caráctersintáctico• Anáfora : repetición dunha ou máis palabras ao comezo de varios enunciados: – Era Galicia un puro val… Era Galicia a chaira máis espida… Era Galicia a patria do traballo… (Xosé Luís Méndez Ferrín)• Epífora : repetición dunha ou máis palabras ao final de varios enunciados: – Camiños de mortos, hortos de mortos, feixes de mortos, medas de mortos. (Arcadio López Casanova)
  21. 21. Figuras de dicción de caráctersintáctico• Anadiplose : repetición dunha ou varias palabras finais dun verso ao comezo do seguinte: – Que non se debe ter por trobador / trobador que troba por trobar. (Uxío Novoneyra)• Epanadiplose : repetición dunha palabra ao principio e ao final dun verso: – ‘Amén, miña vella, amén’ .
  22. 22. Figuras de dicción de caráctersintáctico• Poliptoto e Derivación : Repetición dun mesmo lexema con diversos morfemas- o que queremos quérenos/ aínda que non queira querernos• Polisíndeto : Repetición de conxuncións para unir varios elementos- E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba.• Asíndeto : Supresión de conxuncións.
  23. 23. Figuras de dicción de caráctersintáctico• Paralelismo : Repetición de construcións similares- Ti destérrasme por un; / Eu destérrome por catro• Elipse : Omisión de elementos que se sobreentenden- Mercou un pantalón de cincuenta euros e unha chaqueta de setenta
  24. 24. Figuras de dicción de caráctersintáctico• Enumeración : consiste en expresar rapidamente diversas ideas.- para min eras /branca aurora e craro sol /auga limpa en fresca fonte /rosa do xardín de Dios /alentiño do meu peito /vida do meu corazón(Rosalía de Castro (de "Quíxente tanto meniña")• Hipérbato : Alteración da orde normal da oración- Volverán as escuras andoriñas no teu balcón os seus niños a colgar
  25. 25. Figuras de pensamento• Hipérbole : esaxeración desmesurada e inverosímil: – Estou tan canso que non podo dar un paso máis• Antítese : contraposición entre dúas palabras: – Invoca a luz desde esta dura tebra.
  26. 26. Figuras de pensamento• Oxímoro : pór en contacto palabras de sentido contrario que parecen excluírse mutuamente. – Música silenciosa• Personificación : atribución de características humanas a seres inanimados: – Hoxe cásanse os paxaros (Luís Amado Carballo)
  27. 27. Figuras de pensamento• Ironía : consiste en dicir o contrario do que se quere dar a entender.- Que boa sorte teño!• Interrogación retórica : Pregunta da que non se agarda resposta.
  28. 28. 2.2. Recursos literarios do verso: amétrica1. O verso: 1. Medida: palabra final e licenzas poéticas. 2. Rima: consonante, asonante e sen rima. 3. Ritmo: acento, pausas e encabalgamento.1. A estrofa e o poema:número de versos e esquema métrico.
  29. 29. 1. O verso• Unidade rítmica en que pode dividirse un poema, xeralmente superior á palabra e inferior á estrofa.• Conxunto de palabras suxeitas a medida, rima e ritmo, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos.• Provén do latín versus, que significa “suco ou liña", por oposición a prorsus, que significa “dereitamente, todo seguido”, de onde vén prosa).• A disciplina que estuda as clases de versos e estrofas denomínase métrica.
  30. 30. 1.1. Medida do verso• Palabra final: – Aguda: + 1 sílaba: unha casa de marfil (7+1=8) – Esdrúxula: - 1 sílaba: estas claras efemérides (9-1=8)• Licenzas poéticas: – Sinalefa: para a virtude o humilde (10 > 8) – Sinérese: recollendo realidades (9 > 8) – Diérese: fragor e süavidade (7 > 8)• Segundo o número de sílabas os versos poden ser de arte menor (ata 8) ou maior (desde 9).
  31. 31. 1.2. Rima• Repetición dunha secuencia de fonemas ao final de dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada, incluída esta. – Asonante: cando se repiten só as vogais; é característica da poesía tradicional ou de inspiración popular: terra-ela (“Airiños, airiños aires” de Rosalía de Castro). – Consonante: cando se repiten vogais e consoantes; é característica da poesía culta, de raíz trobadoresca, eclesiástica ou italianizante: verdecente-transparente (Himno galego - “Os pinos” de Eduardo Pondal).
  32. 32. 1.3. Ritmo• Movemento marcado pola sucesión regular de elementos fortes e débiles, que se logra mediante a repetición de acentos e pausas e mais polos encabalgamentos: – Acento: último acento presente no verso, corresponde sempre á penúltima sílaba. – Pausas: silencios que delimitan elementos do verso tales como os hemistiquios. – Encabalgamento: desaxuste entre a pausa versal e a pausa sintáctica.
  33. 33. 2. A estrofa• Estrofa : é un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de extensión, rima e ritmo. As estrofas clasifícanse polo número de versos que conteñen (habitualmente de 2 a 14).
  34. 34. 2.1. Tipos de estrofas• Pareado: dous versos de rima consonante AA• Terceto: tres versos de rima consonante A-A• Cuarteto: catro versos hendecasílabos de rima consonante ABBA• Serventesio: catro versos hendecasílabos de rima consonante ABAB• Redondilla: catro versos octosílabos de rima consoante abba• Cuarteta: catro versos octosílabos de rima consoante abab
  35. 35. 2.1. Tipos de estrofas• Quintilla: combinación libre de cinco versos octosílabos con dous xogos de rimas consonantes aabab, aabba, abaab• Quinteto: igual que a quintilla pero con versos de arte maior.• Oitava real: oito versos de arte maior e rima consoante ABABABCCA• Décima: dez versos de arte menor.
  36. 36. 2.1. Tipos de estrofas• Romance: número indeterminado de versos octosílabos de rima asonante• Silva: número indeterminado de versos heptasílabos e hendecasílabos de rima consonante• Soneto: Catro estrofas, as dúas primeiras de catro versos –cuartetos- e as outras dúas tercetos. Case sempre con hendecasílabos.
  37. 37. 3. O poema• Poema : é a obra poética en verso.• Poesía : é un tipo de texto e mais un xénero literario, habitualmente referido á poesía lírica.
  38. 38. 3.1. Tipos de poema• Himno: de ton solemne destinada á afirmación colectiva• Oda: ton elevado e glorificadora• Balada: ton melancólico• Elexía: expresa sentimentos de dor pola perda de alguén• Pranto: chórase a morte de alguén
  39. 39. 3.1. Tipos de poema• Égloga: de tema amoroso, xeralmente entre pastores• Alba: alude á separación dos amantes ao nacer do novo día• Pastorela: un cabaleiro require en amores a unha pastora• Madrigal: de tema amoroso con ton alegre• Sátira: censúrase ou atácase a alguén

×