VIDA
 O 30 de xaneiro de 1886 naceu en Rianxo
Alfonso Rodríguez Castelao, fillo do patrón de
pesca Mariano Rodríguez Dios...
VIDA: EMIGRACIÓN
 A experiencia da emigración percorre toda a
existencia de Castelao.
 O neno Daniel viviuna en carne pr...
VIDA
 De regreso da emigración, no inicio do
século XX, cursará o Bacharelato e a
carreira de Medicina en Compostela.
 R...
VIDA
 Castelao casa en 1912 coa moza
estradense Virxinia Pereira.
 O seu único fillo, Afonso Xesús,
nace ao ano seguinte...
VIDA
 En 1916 comeza a publicar na prensa as estampas do
álbum Nós, nas que se conxuga o amor polas clases
populares e un...
1916-1929. O artista galeguista
 Durante os anos vinte Castelao convértese na principal
figura da arte galega. Desta etap...
1930-1939. Esplendor e traxedia:
escritor e dirixente político
A vida política da IIª República descobre o Castelao políti...
VIDA En Castelao sintetízanse as tarefas
culturais que cómpre acometer sobre
Galiza:
• a pintura, o gravado, o cartelismo...
VIDA
 O compromiso con Galiza, canalizado por vía artística até o de agora, vaise
converter en acción política ata a súa ...
CASTELAO POLÍTICO
Durante a Segunda República (1931-1936) desenvolve un importante labor político:
- En 1931 resulta elixi...
- Foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz
en novembro de 1934.
- Durante o seu desterro esc...
- En 1936 foi escollido de novo deputado na
candidatura da Fronte Popular.
- Protagonizou a campaña pro-Estatuto de Autono...
MITIN PRO-ESTATUTO
PRAZA DE TOUROS DE
PONTEVEDRA
INTERVÉN
ALEXANDRE BÓVEDA,
SINÁLASE AALFONSO
D. CASTELAO.
- O maior éxito...
CARTEIS PRO-ESTATUTO
DE CASTELAO
GUERRA CIVIL (1936-1939)
DITADURA FRANQUISTA
(1939-1975)
A longa noite de pedra
.- O golpe de estado colleuno en Madrid ca...
Atila en Galicia (1937)Galicia mártir (1937)
Milicianos (1938)
Embarca cara a Nova York (20-VII-1938) ao encomedarlle o go...
O 15 de novembro de 1944,
fúndase en Montevideo o Consello
de Galiza, coa sinatura de Alfonso
Rodríguez Castelao, entre ou...
Castelao morreu enfermo o 7 de xaneiro
de 1950 no sanatorio do Centro Galego
de Bos Aires e foi soterrado o 9 de
xaneiro n...
MORTE
Os restos de Daniel Castelao, en Bos Aires, foron
envoltos coa bandeira, para el sagrada, da patria
galega e cuberto...
Narrativa de ficción:
Un ollo de vidro. Memorias dun
esquelete
Retrincos
Os dous de sempre
Cousas
(escritos antes da Guerr...
OBRA
“Debaixo do humorismo hai
sempre unha grande door; por iso
no ceo non hai humoristas” (cita
de Mark Twain).
 En 1922...
OBRA
Castelao sérvese do
Modernismo para a estética
decorativa deste libro
 A obra narrativa de Castelao
arranca dos pés ...
NARRATIVA: Características
 Uso dun número limitado de motivos e recursos cos que
consegue un amplo abano de situacións.
...
NARRATIVA: Temática
 O fracaso do emigrante
 O sentimento da morriña
 A mentira piadosa que se mantén lonxe
 O retorno...
NARRATIVA: Características
 Crítica social: denuncia das inxustizas que
sofre os máis débiles
 Reivindicación da lingua ...
ENSAIO
 A primeira edición data do 1944 en Bos Aires, a
segunda, xa póstuma aparecerá na mesma
cidade no 1961
 O libro c...
—¡Un padrenuestriño para que Deus nos liberte da xusticia!
En Galiza non se pide nada. Emígrase.
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Castelao
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Castelao

1.281 visualizaciones

Publicado el

Presentación sobre Castelao padra 4º de ESO

Publicado en: Educación
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Castelao

  1. 1. VIDA  O 30 de xaneiro de 1886 naceu en Rianxo Alfonso Rodríguez Castelao, fillo do patrón de pesca Mariano Rodríguez Dios e de Xaquina Castelao Jannes.  O seu nome familiar nunca foi Afonso como lle puxera o crego, senón Daniel, como o profeta Daniel, a quen o Mestre Mateo retratou sorrindo no Pórtico da Gloria por ser o primeiro santo que soubo rir.
  2. 2. VIDA: EMIGRACIÓN  A experiencia da emigración percorre toda a existencia de Castelao.  O neno Daniel viviuna en carne propia desde fóra e desde dentro: • fillo dun pai emigrado ás Pampas arxentinas ao pouco de nacer, en 1886 • estadía de tres anos nas propias Pampas, onde se reencontra co pai.  O adulto Castelao acabará sufrindo a emigración forzosa: • a experiencia do exilio • morte en Bos Aires en 1950
  3. 3. VIDA  De regreso da emigración, no inicio do século XX, cursará o Bacharelato e a carreira de Medicina en Compostela.  Renunciará a exercer a profesión e só axudará circunstancialmente como médico rural nas epidemias de gripe dos anos vinte.  En Compostela xorde a súa vocación pola pintura e pola caricatura na súa vertente humorística. Tamén desempeña papeis en obras de teatro e participa na tuna.
  4. 4. VIDA  Castelao casa en 1912 coa moza estradense Virxinia Pereira.  O seu único fillo, Afonso Xesús, nace ao ano seguinte de casaren; pero morrerá prematuramente en 1928, con só catorce anos. Este feito dramático, unido á segunda crise de cegueira sufrida por Castelao nas mesmas datas (a primeira fora en 1914) son o preludio da súa entrega á causa política do país.  Os seus vencellamentos políticos non pasan nesta época (1915) das colaboracións no xornal anticaciquil local "El Barbero municipal" e comeza a gañarse un creto como caricaturista na prensa galega e madrileña.
  5. 5. VIDA  En 1916 comeza a publicar na prensa as estampas do álbum Nós, nas que se conxuga o amor polas clases populares e unha crecente preocupación polos dereitos nacionais de Galiza.  Castelao é consciente de que Galiza está sumida na subordinación e no atraso.  Comparte a aspiración a conseguir a propiedade da terra e retrata a represión contra as mobilizacións agrarias, a través do álbum Nós e Un ollo de vidro.  Neste contexto Castelao ve a especificidade da realidade galega e a necesidade dun proxecto político propio.
  6. 6. 1916-1929. O artista galeguista  Durante os anos vinte Castelao convértese na principal figura da arte galega. Desta etapa son os seus mellores cadros, a consagración definitiva como caricaturista (Nós), as viaxes por Europa para desenvolver estudos artísticos e os primeiros pasos en relación coa que será a súa futura vida política.
  7. 7. 1930-1939. Esplendor e traxedia: escritor e dirixente político A vida política da IIª República descobre o Castelao político. A campaña polo Estatuto ou os seus repetidos escanos nas cortes de Madrid ocupan boa parte do seu tempo e constrúenlle unha gran sona en toda Galiza. Asemade, desenvolve unha grande actividade como escritor, especialmente, a través dos xornais. A guerra rompe a súa vida e condénao ao exilio. CONTOS DE CASTELAO 1930-1939. Esplendor e traxedia: escritor e dirixente político
  8. 8. VIDA En Castelao sintetízanse as tarefas culturais que cómpre acometer sobre Galiza: • a pintura, o gravado, o cartelismo, a caricatura e o debuxo humorístico, • os valores etnográficos • as cruces de pedra • o refraneiro popular • a ilustración de libros, xornais, revistas, • o teatro de Arte.  Exemplos destas contribucións fanse patentes na revista Nós.
  9. 9. VIDA  O compromiso con Galiza, canalizado por vía artística até o de agora, vaise converter en acción política ata a súa morte.  Como persoa de gran popularidade, Castelao é dos artistas que renuncian á súa obra por asumir un lugar na política, porque “para modelar un povo de barro é forzoso luxar as mans”. • Fundación do Partido Galeguista. • Deputado nas Cortes da República • Unificación do nacionalismo político. • Estatuto de Autonomía de Galiza. • Desterro durante o Bienio Negro (1934-1935) de Lerroux. • Compromiso antifascista durante a Guerra civil. • Exilio e loita pola continuidade da causa galega.  Desde 1936 a 1950 non puido pisar terra galega, pero seguía a pensar que o peor desterro é o que se sofre na propia terra privada de liberdade.  Así o recolleu na peza de oratoria Alba de Groria.  Un ano antes da súa morte, en 1950, publicou o traballo As cruces de pedra na Galiza.
  10. 10. CASTELAO POLÍTICO Durante a Segunda República (1931-1936) desenvolve un importante labor político: - En 1931 resulta elixido deputado como galeguista nas Cortes Constituíntes. - Participou na constitución do Partido Galeguista.
  11. 11. - Foi desterrado por medio dun traslado administrativo forzoso a Badaxoz en novembro de 1934. - Durante o seu desterro escribiu para A Nosa Terra unha serie de artigos co título Verbas de chumbo que posteriormente integraría no ensaio Sempre en Galiza (1944), libro de referencia para o nacionalismo galego. Homenaxe do Partido Galeguista a Castelao en 1934
  12. 12. - En 1936 foi escollido de novo deputado na candidatura da Fronte Popular. - Protagonizou a campaña pro-Estatuto de Autonomía de Galiza, aprobado en plebiscito o 28 de xuño de 1936.
  13. 13. MITIN PRO-ESTATUTO PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA INTERVÉN ALEXANDRE BÓVEDA, SINÁLASE AALFONSO D. CASTELAO. - O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936). - Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936. - As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.
  14. 14. CARTEIS PRO-ESTATUTO DE CASTELAO
  15. 15. GUERRA CIVIL (1936-1939) DITADURA FRANQUISTA (1939-1975) A longa noite de pedra .- O golpe de estado colleuno en Madrid cando participaba na delegación que facía entrega oficial do estatuto ao presidente das Cortes. - Promoveu a organización dunhas milicias galegas en colaboración co PCE. - Instalouse en Valencia en decembro de 1936 e logo en Barcelona: xa nunca volvería a Galiza.
  16. 16. Atila en Galicia (1937)Galicia mártir (1937) Milicianos (1938) Embarca cara a Nova York (20-VII-1938) ao encomedarlle o goberno a realización dunha campaña de axuda á República en América, para o que contou coa colaboración das Sociedades Hispánicas Confederadas e da Casa de Galicia Unidade Galega. Conseguiu recadar 50.000 dólares e organizou a Fronte Popular Antifascista Galega, Álbums da Guerra Civil
  17. 17. O 15 de novembro de 1944, fúndase en Montevideo o Consello de Galiza, coa sinatura de Alfonso Rodríguez Castelao, entre outros. Na foto, Castelao falando no banquete do Día de Galiza en 1944. 1940-1950. O exilio. A esperanza esmorecente A vida na posguerra pasa pola reorganización das comunidades galegas no exilio, na esperanza de que a ditadura franquista caíse, e Castelao fai continuas viaxes por América e Europa. Maniféstanse os primeiros síntomas da enfermidade. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a pintura pola súa cegueira, concéntrase na publicación da súa principal obra política Sempre en Galiza. En xullo de 1940 marchou para Bos Aires. Foi ministro sen carteira do goberno republicano no exilio presidido por José Giral (1946-47) e estableceuse en París, cidade onde viviu Castelao até agosto de 1947.
  18. 18. Castelao morreu enfermo o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires e foi soterrado o 9 de xaneiro no cemiterio da Chacarita. Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres en 1984 entre grandes protestas populares que acusaban as autoridades de que "os que o exiliaron agora fanlle honores". Especial d’A Nosa Terra á súa morte.
  19. 19. MORTE Os restos de Daniel Castelao, en Bos Aires, foron envoltos coa bandeira, para el sagrada, da patria galega e cubertos por terra tamén galega.
  20. 20. Narrativa de ficción: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete Retrincos Os dous de sempre Cousas (escritos antes da Guerra) Teatro: Os vellos non deben de namorarse (escrita e estreada no exilio bonaerense en 1941) Ensaio: Sempre en Galiza (entre 1935 e 1944) OBRA GRÁFICA Cincoenta homes por dez reás (1930) Cousas da vida (1926-29) Album Nós (1931) Galicia Mártir (1937) Atila en Galicia (1937) Milicianos (1938)
  21. 21. OBRA “Debaixo do humorismo hai sempre unha grande door; por iso no ceo non hai humoristas” (cita de Mark Twain).  En 1922 publica a súa obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (o seu primeiro relato publicado como libro independente). Publicouna a editorial Céltiga, promovida polas Irmandades da Fala de Ferrol. Pretendía contribuír á divulgación da literatura en lingua galega entre as clases populares cun xénero doado de ler e atractivo polos asuntos tratados. Semella concibida para a intervención pública: foi inserida previamente na conferencia “Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura”
  22. 22. OBRA Castelao sérvese do Modernismo para a estética decorativa deste libro  A obra narrativa de Castelao arranca dos pés literarios dos seus debuxos e estampas, que van ocupando cada vez maior extensión. En 1926 e 1929 publícanse os dous libros de Cousas, formado por relatos con ilustracións. É considerado un “subxénero autóctono” e unha das máis orixinais creacións da literatura galega contemporánea. No limiar, “A carón da Natureza”, Castelao reflexiona sobre as limitacións da pintura á hora de expresarse; por iso decide ser “un ventureiro das letras”. Ofrecen un mosaico da realidade galega do seu tempo. Supoñen unha síntese entre a narrativa e a plástica.
  23. 23. NARRATIVA: Características  Uso dun número limitado de motivos e recursos cos que consegue un amplo abano de situacións.  Estruturas binarias e narrativa curta  Visión expresionista da experiencia humana na que a paisaxe non xoga ningún papel  A recreación da realidade sempre ten como referente a Galicia labrega e mariñeira  Toda a materia narrativa de Castelao vén da realidade mesma  Utiliza con frecuencia unha especie de simbiose entre debuxo e texto  Estreita relación entre ética e estética  O sentimento predominante do narrador é o humor
  24. 24. NARRATIVA: Temática  O fracaso do emigrante  O sentimento da morriña  A mentira piadosa que se mantén lonxe  O retorno do emigrante fracasado  As lembranzas como emigrado  A vida mariñeira e labrega  O caciquismo
  25. 25. NARRATIVA: Características  Crítica social: denuncia das inxustizas que sofre os máis débiles  Reivindicación da lingua galega  Humor acedo: retranca  Lirismo: recursos expresivos como anáforas, comparacións, paralelismos…  Concisión e brevidade
  26. 26. ENSAIO  A primeira edición data do 1944 en Bos Aires, a segunda, xa póstuma aparecerá na mesma cidade no 1961  O libro consta dunha especie de prólogo titulado "Adro"  Desde Badaxoz rememora a súa Galicia en contraste cos homes e coas terras de Estremadura  Catro partes ou libros nos que predomina a reafirmación do pensamento galeguista  Análise dos principios básicos da identidade do pobo galego con xustificacións doutrinais, históricas e comparativas  Propón liñas de acción de goberno para rematar coa postración e indefensión das clases populares
  27. 27. —¡Un padrenuestriño para que Deus nos liberte da xusticia!
  28. 28. En Galiza non se pide nada. Emígrase.

×