O 4 de xullo de 2015 anunciouse que Manuel María sería o autor
protagonista do Día das Letras Galegas de 2016. En 1996 esc...
Un Día das Letras
para un adaíl da Lingua
Canto ao idioma galego
Idioma meu, humilde, nidio, popular,
labrego, suburbial e...
Eu son Manuel María.
Nacín no 29, o 6 de Outono,
en Outeiro de Rei da Terra Chá.
Son dunha caste rexa de labregos
fieles á...
Estudos iniciais
Nos anos da Guerra Civil comeza a súa formación académica.
Unha anécdota da súa etapa de ensino primario ...
Un precoz conferenciante
O 20 de marzo de1949, con só dezanove anos,
pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa
primeira...
Primeiro poemario
Muiñeiro de brétemas é o seu primeiro libro de poemas, acada un grande eco nos xornais e recibe o eloxio...
Cara a ti
Vou a ti decote cada día
co ollar enmallado nunha nao
que o vento desfiaña pouco a pouco
na espuma dorida do teu...
1943: Orfo de pai e sobriño de crego
En maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación
o sacerdote Xosé Fern...
1951: Morte do irmán
A morte en accidente do
seu irmán máis novo (23
de marzo de 1951)
prodúcelle unha profunda
crise ínti...
1953: Libro de pregos
O meu mundo íntimo, persoal, é un anceio de Deus. Nestes poemas,
desesperadamente inxenuos, nacen as...
1954: Terra Chá
¡Carballos rexos, potentes,
calados ou musicales
que loitais como valentes
coas xistras e os vendavales!
¡...
1958: Documentos persoais
Segundo se le no artigo 10 do Regramento,
apartado terceiro, quinto párrafo,
débese traballar de...
Documentos persoais (2)
Guía comercial
Dende agora os poetas non precisan
andar ollando a lúa para inspirarse,
abóndalles ...
1959: Casa con Saleta
Canción pra lle decir a Saleta
¡Ouh amiga e compañeira cotidián;
sinxela, doce costume habitual:
ti ...
1961: Versos para
un país de minifundios
A fala é comuñón e sentimento,
historia compartida intimamente,
sufrimento de tod...
1963: Mar Maior
Estou entre a néboa, aquí en Galiza.
Non teño dornas para navegar o mar
que peta en min, mouro e terríbel....
1968: Os soños na gaiola
Labrego
Toda a miña xente
de labregos foi,
xunguidos á terra
con xugo de boi.
Meu pai é labrego,
...
1968: Barriga Verde
Foi a primeira obra que
viu sobre as táboas
(1969) e unha das máis
representadas do autor.
Barriga Ver...
1970: Unha moi Real Academia
pouco Galega
O 19 de abril de 1970 foi
elixido membro
correspondente da Real
Academia Galega,...
1970: A libraría dos galegos
Nace a libraría Xistral, "a libraría dos
galegos", coa finalidade primordial de
achegar o lib...
1973: Krikoi, Fanoi e D. Lobonis
Colección de sete contos/relatos: "O
Kricoi está no Cereixal", "O Forquitas", "A
loita de...
1974: Manuel María aos 45 anos
Algún día cecais chegue a ser
-Deus non mo permita-
un morto profesor de Historia,
de Liter...
1975: Unha vez foi o trebón
Teatro sobre a revolución irmandiña. Manuel María convoca nos seus poemas os sentimentos daque...
1977: A poesía ao poder!
Nas eleccións xerais de 1977
presentouse pola provincia de Lugo
na candidatura do BN-PG.
Nas muni...
1979: Farsa de Bululú
Estreada en 1979 e publicada en 1992, é unha
sátira que fai referencia á situación política no
franq...
1979: A Berenguela
Aventuras e desventuras dunha espiña
de toxo chamada Berenguela (máis
coñecida como A Berenguela) é unh...
1986: Pasamento da nai
A nai era a vontade e a enteireza,
a voz dos devanceiros e da terra,
a loita, a teimosía, a xorda g...
1989: Abril de lume e ferro
Dramatización dos sucesos da revolución de 1846 que comezan o 2 de
abril dese ano en Lugo co l...
1991-1994:
Recordos da infancia
A triloxía de Manuel de Paderna: unha lembranza dos tempos da infancia.
Manuel de Paderna ...
1993: Madrigal á cidade de Tui
Tui, episcopal e fronteiriza,
-“Fronteira de que e para que”-
ollando a túa propia imaxe
no...
2002: Nunca máis
"... O nome de Costa da Morte impón. Para explicalo abundan teorías e lendas.
Quizais se deba á multitude...
2003: Académico numerario
O 15 de febreiro de 2003 volve a
entrar na RAG como académico
numerario, a proposta de Xosé
Luís...
Testamento
Morre o 8 de setembro de 2004
Enterrádeme en Outeiro
que quero escoitar o Miño
co seu paso silandeiro
nos prado...
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
Próxima SlideShare
Cargando en…5
×

Manuel maría, escritor e galego

1.166 visualizaciones

Publicado el

a vida e obra do escritor a partir dalgúns dos seus textos

Publicado en: Educación
0 comentarios
0 recomendaciones
Estadísticas
Notas
  • Sé el primero en comentar

  • Sé el primero en recomendar esto

Sin descargas
Visualizaciones
Visualizaciones totales
1.166
En SlideShare
0
De insertados
0
Número de insertados
708
Acciones
Compartido
0
Descargas
1
Comentarios
0
Recomendaciones
0
Insertados 0
No insertados

No hay notas en la diapositiva.

Manuel maría, escritor e galego

  1. 1. O 4 de xullo de 2015 anunciouse que Manuel María sería o autor protagonista do Día das Letras Galegas de 2016. En 1996 escribiu contra o ritualismo do Día das Letras: ... As Letras Galegas, por exemplo, xa se converteron nun rito en que os galegos debemos participar. Este rito desgrazadamente está sendo un ritualismo penoso. Á nosa lembranza acoden os versos de Rubén Darío adicados a don Quijote -“Quijote” e non “Quixote”- que din así: soportas elogios, memorias, discursos; resistes certámenes, tarjetas, concursos y, teniendo a Orfeo, tienes Orfeón. Iso mesmo lle acontece á figura que é honrada no Día das Letras Galegas. Xeralmente, chegado o mes do florido maio, escolas, institutos... despachan o evento cun discurso sobre o personaxe e, ás veces, acompáñano doutras alegrías e frivolidades, e até o ano que vén. Todos tan felices porque nós xa cumprimos... ...A celebración das Letras Galegas ten que ser algo máis que o día da augardente, do caldo de ósos... ou dos biosbardos á vinagreta. Tal como se fan as cousas neste país, compadecemos a personalidade designada -por esa academia que sabemos- para honrala polas Letras Galegas. (Manuel María, El Correo Gallego, 17/05/1996)
  2. 2. Un Día das Letras para un adaíl da Lingua Canto ao idioma galego Idioma meu, humilde, nidio, popular, labrego, suburbial e mariñeiro, que fas avergoñar ao burgués, ao señorío e ao tendeiro levas sangue do pobo e raigañas escuras que anuncian un día novo sen mágoas nin tristuras. Idioma proscrito, asoballado, soterrado, refugado, negado, como a pobreza e o delito, fala do emigrante e do maldito solo resoas nos lares das xentes populares. Ti tes que rexurdir puro, poderoso, enteiro para erguer o noso futuro de pobo absoluto e verdadeiro! Cantos rodados para alleados e colonizados
  3. 3. Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus. Documentos persoais A casa erguida con xisto e cantería, por obra dos avós, era fermosa. Aí está: forte, firme, fachendosa chea de beleza, prestancia e harmonía. Toda ela é unha lección de xeometría, unha doce tenrura pudorosa, unha lareira tépeda, amorosa e un deslumbrante sol ao mediodía. A presenza da casa é imborrábel: unha fonda experiencia que vivín de maneira fatal e irrenunciábel. Nesta casa eu nacín, amei, sufrín... A súa memora, firme e perdurábel, que lembranza conservará de min Sonetos á Casa de Hortas Eu son...Eu son...
  4. 4. Estudos iniciais Nos anos da Guerra Civil comeza a súa formación académica. Unha anécdota da súa etapa de ensino primario na escola de Domingo Cabana: O que máis me chamou a atención foi que don Domingo, na escola, non se apeaba do castelán... Estaba decidido a pedirlle permiso ao mestre para saír mexar. Pro decateime que non sabía decir "mexar" en castelán. Facía mentalmente a tradución de "mexar" e dábame "mejar". Aquelo non me soaba... Permanecín calado... Cando cheguei á casa fun a precura de meu pai... Espeteille sin mais: "¿Cómo se dice "mexar" en castelán?" Educación Secundaria Cursa o bacharelato nos anos corenta (nos Maristas e no Instituto de Lugo) .
  5. 5. Un precoz conferenciante O 20 de marzo de1949, con só dezanove anos, pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia falando sobre Juan Ramón Jiménez , dentro do ciclo de "Jóvenes valores lucenses"; intégrase na tertulia luguesa do café Méndez Núñez con xente como Luís Pimentel, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro,Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero ou Aquilino Iglesia Alvariño; nesta mesma época tamén inicia a súa relación con Uxío Novoneyra. Convértese en editor da revista Xistral onde publica os seus primeiros versos en galego.
  6. 6. Primeiro poemario Muiñeiro de brétemas é o seu primeiro libro de poemas, acada un grande eco nos xornais e recibe o eloxio de figuras como Otero Pedrayo; ten un triple valor histórico: é o primeiro libro que publica Manuel María, é a primeira obra que sae á luz dun poeta novo e é o texto que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega: a Escola da Tebra (caracterizada pola influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, así como pola obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus) Con este poemario converteuse tamén no primeiro autor novo en publicar en galego tras a Guerra Civil.
  7. 7. Cara a ti Vou a ti decote cada día co ollar enmallado nunha nao que o vento desfiaña pouco a pouco na espuma dorida do teu peito. E brillas nesa espuma sedenta dunha luz tremelucente que escintila nunha bágoa xa ferida na manteliña prateada dunha estrela. Vou a ti, sedento de saloucos e de brétemas, depenicando alalás entre a follaxe acesa por folerpas que fuxían no afiado coitelo do sorriso. (Non debullo lonxanías polo ermo nin o vento morno me desvía). Vou a ti deixando nun luceiro unha vella ronseira que se afoga nun estraño fío prateado que garda un chirlo amorosiño. Ollo fuxir cara o nordés un pensamento que vai só para ti, para que che diga a mensaxe calada dun retorno. Muiñeiro de brétemas
  8. 8. 1943: Orfo de pai e sobriño de crego En maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o sacerdote Xosé Fernández, tío paterno O meu pai era un home bo, paciente, sinxelo, tolerante, preocupado cos lerios do concello, co ganado ou cunha viaxe súpeta e urxente. Era o xefe do clan. O confidente. O ser máis xeneroso, o confiado. O amigo de respecto, o respectado. Aquel no que fiaba toda a xente. A vida foi, para el, un campo aberto que sementou de luz e de alegría, recolleitando amor, garimo certo. Agora lembro ao pai na lonxanía... E sinto a súa presencia tan de perto que me sirve de exemplo, norte e guía. Sonetos á casa de Hortas O tío Pepe foi crego. Alto e forte, distinguido, sutil, moi elegante. A súa fala era á vez leda e punzante e xó tiña ao deber por guía e norte. Home culto, esixente e importante. A familia seguía o seu dictado como se fora oráculo sagrado e imperioso mandato apouvigante. Eu recordo ao tío Pepe con ternura, enorme comprensión, certa tristeza pois morreu casemente na pobreza. Amou a Xesucristo e a súa luz pura. Viviu de pé. Morreu con enteireza. ¡Agora é deslembranza cruel e dura! Sonetos á casa de Hortas
  9. 9. 1951: Morte do irmán A morte en accidente do seu irmán máis novo (23 de marzo de 1951) prodúcelle unha profunda crise íntima e relixiosa que o leva a escribir Libro de pregos (1953): versos irados, nos que pregunta, inquire, suplica, esixe... Deus é o interlocutor silencioso. A morte do noso irmao, o benxamín, foi un golpe mortal, inxusto e cruel. ¡Endexamais esquecerei o intre aquel, o trauma que vivín, canto sufrín! Era un mociño xentil, aínda doncel, tiña os seus ollos abertos ao alén, agora murcha flor; perdido ben con arrecendos a rosa e caravel. A súa mirada doce e transparente fíxose mítica luz, feble e ausente, exemplo de infortunio e breve vida. Aínda a súa lembranza ben querida vai no meu corazón continuamente e ten forma de espiña. E de ferida. Sonetos á casa de Hortas
  10. 10. 1953: Libro de pregos O meu mundo íntimo, persoal, é un anceio de Deus. Nestes poemas, desesperadamente inxenuos, nacen as verbas que a Deus lle digo cada hora, na miña linguaxe de terra e cinza. Un revoar de ventos, cheos do po dos camiños do mundo, póusase moitos días no meu corazón de home. Entón o meu espírito de home chora con soedade de home. E fálolle a Deus con verba núa. Mais Deus segue en néboa e en silencio.... como un antergo mar maior en tebra florecido... Eso é. (Libro de pregos, limiar) ¡Ben sabes, Señor, que perdemos a paz! ¡Quero unha paz limpa, clara como o vento! ¡Quero unha paz de luz para ser sinxelo! Escoita, Señor, este humilde prego: ¡Quero unha paz nova para escoitar simplemente como cantan os melros! Libro de pregos
  11. 11. 1954: Terra Chá ¡Carballos rexos, potentes, calados ou musicales que loitais como valentes coas xistras e os vendavales! ¡Duros carballos verdeados, petrucios e sedentarios! ¡Estades na Chá chantados solemnes e centenarios! ¡Como amo a vosa beleza da máis baril sobriedade! ¡Que sensación de forteza ollando prá eternidade! Terra Chá En 1954 publica Terra Chá , un canto ás esencias da súa Chaira labrega, rural: o home, os traballos do home, as festas, os costumes e ritos populares, a natureza, os animais, as plantas, as cousas...
  12. 12. 1958: Documentos persoais Segundo se le no artigo 10 do Regramento, apartado terceiro, quinto párrafo, débese traballar de nove a unha e de catro a sete pola tarde. Eu coa miña Musa estou desesperado, a miña Musa non cumpre o Regramento nin tampouco o horario de traballo. Terei que demandala. O xuzgador ten que acordar que fique cesante por sentencia firme, xusta, inapelábel. Estón poñerei este anuncio nos xornais: "Precísase unha Musa en bo estado, pagaránselle pluses, vacaciós, quinquenios, luz e máis criada i unha paga de máis de cando en cando" Documentos persoais Poemas en verso libre na liña da poesía civil galega da preguerra, coas limitacións impostas polas condicións sociopolíticas da ditadura... Sinxeleza expresiva, ironía e incorporación das fórmulas propias da linguaxe xurídica son os trazos expresivos definidores deste poemario, xunto coa protesta social, que fai del o primeiro libro de versos da corrente socialrealista ou de compromiso e denuncia na poesía galega da segunda metade do século.
  13. 13. Documentos persoais (2) Guía comercial Dende agora os poetas non precisan andar ollando a lúa para inspirarse, abóndalles con ler os nosos ANUNCIOS POR PALABRAS: "Véndense angurias, estrelas, albas, lúas e solpores. Véndense diccionarios da rima tenros como nata. Temos almas de flores e chíos de paxaros. Todo moi barato. Damos 30 prazos. Remesamos os pedidos a reembolso, en gran velocidade e porte pago." Documentos persoais
  14. 14. 1959: Casa con Saleta Canción pra lle decir a Saleta ¡Ouh amiga e compañeira cotidián; sinxela, doce costume habitual: ti éresme necesaria como o pan, como o aire, como o lume, como o sal! Ti eres o meu pasado, o meu porvir, a muller de verdá, sangue do pobo. Ti décheslle claridade ó meu vivir: un camiño sinxelo, puro e novo. ¡Ouh compaña fiel, maina sorrisa; estrela centilante, arrolo e canto! Ti eres o furacán, i eres a brisa que limpa, no meu ceo, tanto espanto. Ti eres o que eu soño: luz e rosa recendo vida, florecendo a eito. ¡Eres a realidade máis fermosa que levo latexando no meu peito! Ti trócasme en ledicia cada coita e daslle ó meu esprito rumbo certo. ¡Eres o esteo preciso pra esta loita de sementar de flores o deserto! Canciós do lusco ao fusco
  15. 15. 1961: Versos para un país de minifundios A fala é comuñón e sentimento, historia compartida intimamente, sufrimento de todos, amor de cada un e tamén amor de todo o pobo, laio e canción, nai que nos abrangue e arrola, estrela milagreira que nos guía e fai que os nosos corazóns latexen xuntos. A fala é a voz da terra e máis do mar, o vencello que nos xungue no tempo co que foron e máis cos que han de ser. Desconfía, ¡ouh pobo meu!, estén alerta contra aqueles que deixan a túa fala e dicen que te aman. Quen non está contigo é teu nemigo, aínda que os seus beizos che mintan un amor que nunca alumou seu corazón. Versos para un país de minifundios
  16. 16. 1963: Mar Maior Estou entre a néboa, aquí en Galiza. Non teño dornas para navegar o mar que peta en min, mouro e terríbel. Profesei de labrego dende neno na miña Terra Chá, senlleira e longa. Por sucos teño as miñas veas, unha soidade fonda por semente e por terra cativa este meu corpo feito de arxila feble e pecadora. Deus riba de min e eu debaixo de Deus co meu amor. Dos meus escuros beizos estas verbas que anceian voar como paxaros polo ceo pequeno de min mesmo. Agardo, ano tras ano, pola rosa que ten de agromar, fermosa e branca, para xustificar así a miña vida escura e caladiña baixo o vento sutil e misterioso da saudade. E falo decote nesta música na que canta Galiza dende sempre. Mar Maior
  17. 17. 1968: Os soños na gaiola Labrego Toda a miña xente de labregos foi, xunguidos á terra con xugo de boi. Meu pai é labrego, tamén meus avós: ¡pasáronse a vida tripando terrós...! Meu pai é labrego, labrego naceu, ¡e labra nos eidos traballando a treu! Meu pai é labrego, labrego naceu. ¡Meu pai é labrego, sen terra de seu! Meu pai é labrego, labreguiño eu son. ¡Pasarei a vida xunguido ao terrón! Os soños na gaiola
  18. 18. 1968: Barriga Verde Foi a primeira obra que viu sobre as táboas (1969) e unha das máis representadas do autor. Barriga Verde é un personaxe popular e atemporal que, a medida que avanza a obra, vai gañando cometidos: padriño de noivos, árbitro na disputa amorosa, xuíz e parte no desenlace.
  19. 19. 1970: Unha moi Real Academia pouco Galega O 19 de abril de 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución resultaba ineficaz na defensa da lingua. Responso por unha Academia Xace eiquí una Academia. De nena atacouna a anemia e acometeulle a diglosia. Sempre foi inmovilista e, ¡cómo non!, bilingüista. Viviu en pura ortodoxia de costas ao seu país. ¡Sufriu arteroesclerosia E morreu dun paralís…!.
  20. 20. 1970: A libraría dos galegos Nace a libraría Xistral, "a libraría dos galegos", coa finalidade primordial de achegar o libro galego e a realidade galega a unha sociedade que estaba rematando a longa noite de pedra. "Abrimos a libraría en setembro de 1970... Desde o comezo o galego tivo unha presenza principal, no noso rótulo, no escaparate, na relación coa clientela. Os nenos dicían: Imos á libraría dos galegos...”
  21. 21. 1973: Krikoi, Fanoi e D. Lobonis Colección de sete contos/relatos: "O Kricoi está no Cereixal", "O Forquitas", "A loita de Fanoi", "O Xesús", "A abella chamábase Avesás", "Informe político- cívico-municipal encol do concello e dos ilustres rexidores da vila de Caravel da Raíña"e "Suceso da ovella Merela e Don Lobonis", aproximacións realistas e reflexivas sobre a problemática rural e labrega galega con estrutura de fábulas.
  22. 22. 1974: Manuel María aos 45 anos Algún día cecais chegue a ser -Deus non mo permita- un morto profesor de Historia, de Literatura ou de Filosofía e terei que poñer ceros a rapazas xeitosas, con coxas de non vencidas plumas e seos de ritmos sensitivos. Os meus amigos, ao ollarme pasar, cecais me paren, pra dicirme: "Manuel María: ti es unha momia que vives a cen légoas desta vida..." E eu marcharei insensibelmente paseando a ridícula caricatura de min mesmo, escribirei poemas ben medidos, estarei ás 9 en punto no instituto e diranme os meus alumnos ao atoparme no paseo vespertino: "Boas tardes teña vostede, don Manueliño..."
  23. 23. 1975: Unha vez foi o trebón Teatro sobre a revolución irmandiña. Manuel María convoca nos seus poemas os sentimentos daquelas xentes: a carraxe pola inxustiza, pola imposición desde fóra; a rebeldía; o soño dunha patria propia e liberada e tamén a traizón, a covardía, a vinganza, o desencanto...Polos poemas desfilan os Andrade, os Sarmientos, os Lemos, os Moscosos; Pedro Madruga, Diego de Lemos, Osorio; os heroes e resistentes Lanzós e Roi Xordo e os mártires da Almáciga.
  24. 24. 1977: A poesía ao poder! Nas eleccións xerais de 1977 presentouse pola provincia de Lugo na candidatura do BN-PG. Nas municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras fracasar nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural.
  25. 25. 1979: Farsa de Bululú Estreada en 1979 e publicada en 1992, é unha sátira que fai referencia á situación política no franquismo. Deste xeito, tras o Bululú, o Gran Mariscal e a Raíña Facunda están Franco, Carrero e demais personaxes do réxime. Esta farsa, que bebe das fontes satíricas da tradición galego-portuguesa das cantigas de escarnio e maldicir e na que se critica claramente ó exército, tamén ten claras referencias ás obras de Valle-Inclán e de Lorca.
  26. 26. 1979: A Berenguela Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (máis coñecida como A Berenguela) é unha obra de teatro infantil escrita por Manuel María cara a 1974 e publicada en 1979. para o grupo de teatro dun amigo. A espiña pica, sen ela querelo, e por iso mesmo debe enfrontarse coa incomprensión e o desprezo de moitos personaxes que rifarán con ela. A ecoloxía, as clases humildes e a súa relación co poder forman o transfondo desta obra composta de nove cadros.
  27. 27. 1986: Pasamento da nai A nai era a vontade e a enteireza, a voz dos devanceiros e da terra, a loita, a teimosía, a xorda guerra contra a preguiza, a fame e a pobreza. E aínda a súa palabra clama e berra axotando soidades e incerteza. Logrou vencer desgracias e tristeza. E sabía que o xusto, ás veces, erra. Era a casa de pe: segura, ergueita. A tradición firme, a liña dereita como o cedro da horta ou a nogueira. ¡A nosa nai foi grao, flor e colleita! ¡Que existencia exemplar e verdadeira! ¡Que tarefa cumplida! ¡E que ben feita!                                        Sonetos á casa de Hortas
  28. 28. 1989: Abril de lume e ferro Dramatización dos sucesos da revolución de 1846 que comezan o 2 de abril dese ano en Lugo co levantamento do coronel Solís e rematan o 26 do mesmo mes co fusilamento dos Mártires en Carral.
  29. 29. 1991-1994: Recordos da infancia A triloxía de Manuel de Paderna: unha lembranza dos tempos da infancia. Manuel de Paderna era un xornaleiro da casa de Manuel María que o iniciou no mundo da poesía, nos mediodías do verán, á sombra dunha oliveira. A tribo ten catro ríos (1991), Cando o mar foi polo río (1992) e Viaxes e vagancias de M.P. (1994) son as tres obras ás que nos estamos a refeir: mestura de lendas, poesía, crónicas e nostalxias que teñen como referencia constante o retorno ao paraíso perdido da infancia e aos seus espazos.
  30. 30. 1993: Madrigal á cidade de Tui Tui, episcopal e fronteiriza, -“Fronteira de que e para que”- ollando a túa propia imaxe no fráxil espello fuxidío das doadas augas do Pai Miño sen que os teus ollos cansos acaden contemplar o máxico fulgor dos fogos de San Telmo. É a ti a quen pregunto: ¿Sentiches, cecais, a tentación de botarte, libre, a navegar río abaixo na percura da roita que te poida levar ao infinito? (XIII Festival da Poesía do Condado)
  31. 31. 2002: Nunca máis "... O nome de Costa da Morte impón. Para explicalo abundan teorías e lendas. Quizais se deba á multitude de naufraxios e catástrofes que se producen no lugar. O propio sería que o Atlántico fose coñecido, nesta paraxe, como Mar da Morte. O recentes e tráxicos sucesos ocorridos co petroleiro Prestige dannos a razón. Mais a traxedia e a imprevisión xa veñen de lonxe e chámanse Polycommander, Andros  Patria, Casón ademais doutras calamidades significativas. A nosa costa sempre foi a Costa da Vida. O que acontece é que a matan, ante a pertinaz ineficacia dos nosos mandamais, malia que as xentes de nós, ateigadas dunha impotencia xorda e rabiosa, loitan até o imposíbel, utrapasando a heroicidade máis sublime, con todo o amor do mundo, para conservala dignamente, recuperala e mantela viva para sempre endexamais" (El Correo Gallego, "Homes, feitos e palabras", 15/12/2002)
  32. 32. 2003: Académico numerario O 15 de febreiro de 2003 volve a entrar na RAG como académico numerario, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe", respondido por Méndez Ferrín.
  33. 33. Testamento Morre o 8 de setembro de 2004 Enterrádeme en Outeiro que quero escoitar o Miño co seu paso silandeiro nos prados de Xuncaíño. Quero sentir a túa verba, ¡ouh miña amada xentil!, ollar como nace a herba e oír ao cuco en abril. Quero escoitar as campás da miña aldea natal, tan compañeiras e humás ¡que fan falar ao metal! E quero ouvir dende a cova aos veciños e aos amigos, contemplar a lúa nova e ollar espigar os trigos. Quero ser como o abeneiro: fidel a unha só corrente. ¡Pido un lugar en Outeiro na campa da miña xente! Escolma de poetas de Outeiro de Rei 

×